6. Literatura infantil e xuvenil
1.Definición Ao intentarmos definir a literatura infantil ou xuvenil pódennos xurdir cuestións coma se se trata de literatura escrita para nenos, lida por nenos, literatura con ilustracións, etc. Así, á hora de definila cómpre ter en conta: 1) A literatura infantil non se pode xulgar en contraposición coa literatura para adultos, xa que ten características que a literatura para adultos non posúe, polo que non existe unha base de comparación entre as dúas. 2) Cando se comeza o estudo da literatura infantil e xuvenil foi considerada con certo desprezo nos estudos literarios, por autores coma Benedetto Croche. 3) Desde os anos 70 do século XX aplicóuselle á literatura infantil e xuvenil a teoría do campo literario de P. Bourdieu: a) Este teoría considera que a literatura é un sistema sometido ás súas propias leis de funcionamento, polo que se pregunta como un autor produce unha determinada obra en relación coa súa procedencia social, a súa vida anterior... b) Deste xeito a literatura infantil e xuvenil convértese nun campo literario dentro dun sistema literario. 4) Desde entón comezan a definirse os trazos da literatura infantil e xuvenil como campo literario: a) Destacan os trazos achegados por Towsend e Soriano: → Así, Towsend sinala: Adecuación a uns lectores determinados. Popularidade potencial do libro. Importancia da lectura para o enriquecemento persoal (educación). Mérito literario. → Estes trazos foron vistos por autores coma Julio Emilio Vicente como limitacións, aínda que outros autores consideran que só se trata doutra maneira de facer literatura. b) Función: → Función literaria: formación do lectorado nos condicionamentos dunha obra literaria, nuns modelos literarios determinados aprendidos a través da experiencia da lectura. → Función educativa: transmisión dunha visión do mundo determinada. Esta funcionalidade literaria e educativa foi a que produciu o cuestionamento destes textos como pertencentes á literatura. → Acceso ao imaxinario colectivo: na literatura infantil e xuvenil achéganse mitos literarios que despois reaparecen repetidamente na literatura para adultos (Penélope, Ulises, Pandora, etc.) c) Dobre receptor: → Receptor primario: público infantil. → Receptor secundario ou mediador: adultos encargados de facerlles chegar as obras aos nenos (pais, mais, mestres, bibliotecarios, etc. Neste senso, pode que a obra teña un dobre nivel de lectura (Caderno de animalista, de Antón Fontes) 1
Literatura Galega da Guerra Civil á actualidade 2008/2009 USC
6. Literatura infantil e xuvenil
2.Historia da Literatura infantil e xuvenil 1) Nos anos 60-70 xérase a sociedade postindustrial, na que existen novos valores que achegan unha nova visión do mundo e da infancia. No que se refire á literatura infantil e xuvenil: a) Cobra moita importancia a fantasía (como forza emanada dos valores do maio do 68), en contraste co realismo imperante trala II Guerra Mundial. Na literatura galega destacan: → Memorias dun neno labrego (1961) de Neira Vilas non foi unha obra concibida para o público infantil e xuvenil, aínda que despois fose moi difundida neste ámbito. Con todo, cómpre destacar que aínda é unha obra realista. → A galiña azul (1968) de Carlos Casares é xa unha obra fantástica, na que se conta a historia dunha galiña que defende o seu dereito a ser azul, é dicir, a ser diferente. b) O cambio de valores dá lugar á introdución de novas temáticas na literatura infantil e xuvenil mundial: → Conflitos que antes se lles ocultaban aos nenos, expoñendo o enfrontamento á dor como parte da vida: Enfermidade: O caderno azul de Ana Alfaya, que conta a historia dunha nena que se contaxia de sida a o facer unha transfusión e enfronta a súa enfermidade escribindo os seus pensamentos. Abusos: A cabeza da medusa (2008) de Marilar Aleixandre, que conta a historia de dúas amigas que son violadas ao volver para a casa despois dunha noite de festa. Morte, etc. → Amor entre nenos. → Temáticas escatolóxicas. c) Ademais os temas son abordados desde unha variedade de enfoques e modalidades, sen achegar un modelo de moral común. Así, xa nos anos 70 aparece a literatura antiautoridade, que defende os dereitos individuais e as relacións tolerantes. Exemplo: colección A favor de las niñas de Adela Tourin, na que se modifican os contos clásicos intercambiando os roles feminino e masculino. Con todo, esta literatura non tivo éxito entre o público infantil, xa que non lle resultaba verosímil. 2) Nos anos 80: a) Desenvolvemento da industria editorial no que se refire á literatura infantil e xuvenil (demanda no ensino). b) Introdución de temáticas que reflicten as sociedades postindustriais: → Familia: diferentes modelos e análise dos conflitos que se producen dentro dela (deixa de ser un refuxio de conflitos exteriores). → Crítica ás sociedades postindustriais: Coidado da natureza: O ceo dos afogados de Francisco Castro, que conta a historia dun neno que se decata de que o mar nos está a enviar mensaxes para que deixemos de maltratar a terra. 2
Literatura Galega da Guerra Civil á actualidade 2008/2009 USC
6. Literatura infantil e xuvenil
Parodia dos que ostentan o poder: Das cousas de Ramón Lamote de Paco Martín, un alegato á liberdade e á demovracia.
→ Multiculturalidade como reflexo da sociedade actual na que se mesturan individuos de diferentes razas e culturas. Con todo, o tratamento do tema adoita ser bastante eurocentrista. Exemplo: A lagoa dos nenos mortos de Fina Casalderrey, unha obra na que se narra a historia dunha rapaza nixeriana que vén vivir a Galiza. → Memoria histórica, que favorece que os mozos coñezan o presente desde diferentes perspectivas. É un tema moi axeitado para desenvolver novelas de aventuras, un xénero recorrente na literatura xuvenil 3.Literatura infantil e xuvenil en Galiza 3.1.Introdución 3.1.1.Principais autores 1) Agustín Fernández Paz. 2) Fina Casalderrey. 3) Xabier Docampo. 4) Paco Martín. 5) Xelucho Abella. 6) Xosé Antonio Perozo. 7) Ferrín (Arnoia, Arnoia, 1985). 8) María Xosé Queizán (O segredo da Pedra Figueira). 9) Neira Cruz. 10) Antón Fortes. 11) Francisco Castro. 12) Miguel Vázquez Freire. 13) Fran Alonso. 14) Antonio García Teijeiro. 15) Paula Carballeira. 3.1.2.Editoras 1) Kalandraka, unha editora especializada en literatura infantil. 2) Xerais, coas coleccións: a) Merlín. b) Fóra de xogo. c) Sopa de libros. 3) Galaxia, coas coleccións: a) Costa Oeste (xuvenil). b) Árbore (infantil). 4) Rodeira. 5) Obradoiro. 6) Cumio. 7) Bahía. 8) OQO, especializada en literatura infantil e xuvenil.
3
Literatura Galega da Guerra Civil á actualidade 2008/2009 USC
6. Literatura infantil e xuvenil
3.1.3.Revistas especializadas 1) Ámbito galego: a) Fada Morgana é a única revista galega especializada en literatura infantil e xuvenil. Publícase desde 1999 con periodicidade irregular. 2) Ámbito estatal: a) CLIJ (Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil). b) Educación y biblioteca. 3) Recursos en rede: a) http://www.culturagalega.org/lg3/ b) Imaginaria. c) BLIX (biblioteca de literatura infantil e xuvenil galega). 3.1.4.Organismos No ámbito galego só existe GALIX, a Asociación Galega da Literatura Infantil e Xuvenil, que é a parte galega do IBBY, un organismo internacional fundado por Jella Lepman en 1949 coa intención de que todos os nenos do mundo puidesen ter acceso á literatura, a pesar da difícil situación política. 3.2.Agustín Fernández Paz 3.2.1.Vida
Agustín Fenández Paz nace en Vilalba en 1947 e estudaría diversas carreiras, coma Peritaxe Industrial, Maxisterio ou Pedagoxía. Participa nos 80 en colectivos de renovación pedagóxica, coma Nova Escola Galega ou Avantar, ademais de formar parte do equipo que trazou os novos currículos escolares e ser autor de manuais de lingua para o ensino primario e secundario. 3.2.2.Características da súa obra
1) Tradición: a) A súa obra insírese conscientemente como parte da cultura galega en senso amplo e como parte da literatura galega en senso restrinxido (un dos personaxes de Aire Negro di que “cada persoa é dun tempo é dun país”). b) O autor é consciente do contexto de partida: escribe nunha lingua minorizada e nun campo literario pouco visible, polo que reivindica a súa posición. Así, usa a literatura para: → A normalización da tradición literaria galega: inclúe referencias a textos de autores galegos coma Castelao, Otero, Ferrín ou Cunquiero mediante citas e motivos temáticos para facer visible a tradición literaria, oral e escrita. → A difusión e dignificación do galego. Exemplo: O centro do labirinto é unha obra de ciencia-ficción situada no futuro que ten unha mensaxe de defensa das linguas minorizadas (o protagonista está perdido nunha aldea na que se fala unha lingua a piques de desaparecer).
4
Literatura Galega da Guerra Civil á actualidade 2008/2009 USC
6. Literatura infantil e xuvenil
2) Reivindicación dun estatus digno para a literatura xuvenil: a) Dirixe os seus libros a un lectorado en formación, non só en referencia aos mozos, senón tamén a aqueles adultos que non manexan ben as convencións do texto literario. Así, o autor di escribir para a idade da fronteira. b) Alude a autores da literatura xuvenil universal para visibilizar este campo literario. Algúns destes autores son: → R. Dahl, autor de Matilda. → P. Hartling, autor de Cando Hitler roubou o coello rosa. → Ch. Nöstlinger. → G. Rodaire. c) Os seus personaxes non se definen só polos seus feitos e palabras, senón tamén polos seus libros. Exemplo: en Noite de voraces sombras a protagonista, Sara, di “meu pai di que se pode coñecer a unha persoa examinando a súa biblioteca”.
d) Publica en coleccións de literatura xuvenil, aínda que moitas das súas novelas poderían ser consideradas para adultos (Aire negro). 3) Renovación: a) Antes dos 80 a literatura xuvenil caracterizábase por: → Realismo social, en parte como consecuencia do éxito de Memorias dun neno labrego. → Popularismo. → Fantasía incipiente, que non acababa de consolidarse malia os intentos de autores coma Carlos Casares. b) Desde os 80, cando Fernández Paz comeza a publicar: → O contexto social fai que as editoriais demanden textos de literatura xuvenil aos autores. → Prodúcese un forte cambio: Temático: fantasía, aventura, ficción, humor, protagonismo feminino (Rapazas de Fernández Paz). Formal: pluralidade de voces narrativas vs. omnisciencia da etapa anterior. → Autores que participan deste cambio: Paco Martín. Fina Caslderrey. Xabier Docampo. María Victoria Moreno. Agustín Fernández Paz. 4) Misterio: é o ingrediente fundamental da súa fantasía e o fío que move o desenvolvemento de moitas das súas obras (Aire negro, O laboratorio do doutor Nogueira, Avenida do parque, 17). a) Punto de partida realista: as historias comezan nun ambiente tranquilo e realista (con nomes reais de lugares ou pseudónimos), pero pouco a pouco pódese ir intuíndo que vai suceder algo fantástico, xeralmente tratado con humor. b) Os finais adoitan ser incertos, coa intención de amosarlle ao lector que a vida está chea de sucesos inexplicables. 5
Literatura Galega da Guerra Civil á actualidade 2008/2009 USC
6. Literatura infantil e xuvenil
c) Subtemas do misterio: → Ecoloxía, como instrumento para contemplar o planeta con outros ollos e construír un mundo mellor, xeralmente vinculada á mitoloxía. Exemplo: en A praia da esperanza o protagonista intenta resolver unha catástrofe natural coa axuda dun ser mitolóxico.
→ Memoria: é un xeito de educar os novos no pasado e tamén está en relación coa reivindicación da causa galeguista. Exemplos: o protagonista de O laboratorio do doutor Nogueira inventa un selector de lembranzas; é o tema central de Noite de voraces sombras, onde se trata a temática da Guerra Civil, que tamén está presente en Corredores de sombra, obras nas que o protagonista descobre o pasado da súa familia en relación coa guerra.
5) Amor, contemplado de dous xeitos: a) Amor da adolescencia. b) Amor entre adultos, cheo de contradicións e dificultades que xorden co paso do tempo. Exemplo: O único que queda é o amor (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil), obra na que aparece un amor dorido.
6) Premios. Comentario do relato “Ríos da memoria” de O único que queda é o amor
1) A memoria como fío do relato: contraposición entre o que pensa a nai da protagonista (a súa nai confesáralle que para eles aquel fora só un lugar de paso, onde non deixaran raíz ningunha) e o que ela conclúe (Agora comprendía que sempre deixamos unha parte da nosa vida nos lugares onde vivimos, abandonada neles coma eses farrapos de néboa que quedan enganchados entre as pólas das árbores cando o día vai abrindo e a brétema desaparece) 2) Amor: contraposición do amor idealizado da adolescencia (Carlos) e a indiferencia nunha relación entre adultos (María e o seu marido). 3) Reivindicación: referencia a autores da literatura xuvenil universal: A perla de Jonh Steimbeck. 4) Misterio: o home co que se atopa a protagonista no parque podería ser Carlos (p. 100). Entrevista a Fernández Paz [http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=13295&soportal =lg3]
1) Éxito da literatura infantil e xuvenil pero carencia de canles para chegar ao público. 2) Posibilidade de que o éxito da LIX se estenda a outros ámbitos. 3) A LIX como literatura de fronteira.
6
Literatura Galega da Guerra Civil á actualidade 2008/2009 USC
6. Literatura infantil e xuvenil
3.3. Teatro1 3.3.1.Características xerais 1) Dentro da LIX é o xénero menos cultivado, un feito que é consecuencia de diferentes factores: a) Reticencia dos autores. b) Reticencia das editoras por razóns de rendibilidade económica. c) Imposibilidade de inserir este tipo de pezas nos centros educativos, xa que son moi escasas. d) Reticencia da crítica a reflexionar sobre o teatro infantil e xuvenil. 2) Premios: a) Premio Barriga Verde de Teatro para Monicreques (Agadic, 2003). b) Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil (Agadic, 2006). 3.3.2.Principais autores 1) Manuel María (Barriga Verde) 2) Carlos Casares (As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas) 3) Manuel Lourenzo (Contos troianos) 4) Ana María Fernández (Zapatón e Libiripón) 5) Paula Carballeira: a) Boas noites. b) A cabana de Babaigá: conto tradicional adaptado. c) O lobishome. 6) Carlos Labraña (O teatro dos soños) 7) Xosé Antonio Neira Cruz: 8) Antonio Cordero Álvarez (O filibusteiro do mar da marola) 9) Tareixa González Costa (Pingueiras e tarteiras) 10) Núñez Singala (Comedia bífida, obra na que se reflexiona sobre o conflito lingüístico en ton humorístico) 3.4. Poesía 3.4.1.Introdución 1) Definición do xénero: a poesía infantil responde a tres tipos de obra: e) Poesía escrita para a infancia. f) Poesía escrita pola infancia. 1
Bibliografía: - http://www.pdfcoke.com/doc/16393267/Nos-27-130609 - http://www.pdfcoke.com/doc/13297138/Nos-8-31012009 - www.cirp.es/rec2/informes/upload/ultimo/07_infantil07.pdf
7
Literatura Galega da Guerra Civil á actualidade 2008/2009 USC
6. Literatura infantil e xuvenil
g) Poesía adoptada para a infancia pola súa facilidade, malia non estar concibida para este tipo de público. 2) Poesía e infancia: a) É un xénero moi natural para a infancia: → Está conectado coas cancións de berce. → Ten unha importante compoñente lúdica. → Está relacionado co proceso de aprendizaxe da linguaxe. b) É un xénero frecuente nos primeiros anos da infancia, pero vai sendo menos usual cara a adolescencia. 3) A poesía infantil e xuvenil no Estado Español: son escasas as coleccións de poesía para nenos. Só podemos citar tres: a) Ajonjolí, de Ediciones Hiperión. b) Luna al aire, do CELPI (Centro de Estudios de Literatura Infantil y Juvenil da Universidad de Castilla la Mancha). c) Tus versos, da editora valenciana Brósquil. 4) Premios, xeralmente organizados por editoras: a) Premio Luna al aire (CELPI). b) Premio Príncipe Preguntón (Ediciones Hiperioón & Diputación de Granada). c) Premio Ciudad de Orihuela (Faktoría K), premio ao que se poden presentar obras nas catro linguas do estado. d) Premio convocado pola Fundación Gloria Fuertes. 5) Forma: a) Xeralmente a métrica é moi regular e as composicións breves, con rima consonante (pegada das coplas populares e cancións). b) A forma adoita ser menos ríxida cando as composicións se dirixen a un lectorado xuvenil, que xa é quen de comprender o verso libre. 3.4.2.Principais autores
3.4.2.1.Antonio García Teijeiro
1) Vida: nado en Vigo, cidade na que traballa, en 1952, é o autor de LIX máis coñecido. É mestre de infantil e colaborou na edición e redacción de diferentes materiais educativos e tamén é autor de diversos artigos en revistas pedagóxicas. 2) Carreira literaria: a) Razóns polas que comeza a escribir poesía para nenos: http://www.youtube.com/watch?v=wiPDVHB8_hg b) Obras: → Parolando coa vixencia, primeiro poemario, concibido para adultos. → Aloumiños (1988). → As catro estacións (1991), poemario no que emprega os elementos máis tópicos das estacións do ano para simbolizar o decorrer do tempo que o eu lírico ve na natureza. → Lueiro de papel (1995): obra protagonizada pola Lúa na que tamén aparecen outros elementos naturais coma o Sol, a Terra ou o Mar. É unha 8
Literatura Galega da Guerra Civil á actualidade 2008/2009 USC
6. Literatura infantil e xuvenil
obra especialmente lúdica polos xogos coa linguaxe e as adiviñas que inclúe. → Na fogueira dos versos (1996): É o poemario máis importante do autor, co que consegue ser finalista no Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e entrar na lista do IBBY, en 1998. Características: - O eu lírico establece un diálogo temático e estilístico con boa parte dos poetas galegos (trobadores, Rosalía, Manuel Antonio, Ferrín, Xohana Torres, etc) e españois (Lorca, Alberti, etc.). Con todo, as composicións resultantes teñen unha identidade poética propia. - Coidado formal: importancia do ritmo; estruturas sinxelas; sonoridade. → Caderno de fume (1999), que consta de trinta e nove composicións: - Contido: protagonismo da natureza e referencias a poetas coma Lorca ou Rosalía. - Forma: imaxes coloristas de grande plasticidade que evocan os soños da nenez; linguaxe suxestiva; ritmos marcados. → O que ven os ollos dos nenos (2000): obra protagonizada por un neno e unha nena que se achegan a composicións doutros poetas (Alberti, Lorca, Celso Emilio, etc) e que coñecen tanto feitos dramáticos coma a fame en Sudán coma a esperanza das nais da Praza de Maio. → Aire sonoro (2001): é unha obra na que a música é a protagonista temática e tamén formal, con elementos fónicos como recurso esencial (aliteracións, rimas, paralelismos, etc). 3.4.2.2.Fran Alonso
1) Vida: nace en Vigo en 1963 onde exerce o seu labor como xornalista e, actualmente, como director das coleccións infantís e xuvenís de Xerais. 2) Carreira literaria: a) Autor para adultos: é autor de Trailer (1991), obra na que reflicte o duro traballo dos transportistas. b) Narrativa para nenos: → O brillo dos elefantes (1999). → A vida secreta de María Mariño (2007). c) Poesía para adultos: insírese na Xeración dos 90 con obras coma Persianas, pedramol e outros nervios (1992) ou Tortillas para obreiros (1996).
d) Poesía para nenos: → Cidades (1999), Premio Rañolas de Literatura infantil. É unha obra na que se xoga coa maioría dos tópicos que se poden atopar nunha cidade e que busca empatizar co público xuvenil. Ver: http://www.youtube.com/watch?v=wQ-KRIQNLZ8 9
Literatura Galega da Guerra Civil á actualidade 2008/2009 USC
6. Literatura infantil e xuvenil
→ Poetízate2 (2006): Antoloxía para adolescentes que incide nas fronteiras do lúdico tentando que o lector xuvenil se interese no xénero. Contén todo tipo de poesía galega, desde os clásicos ata os máis novos, e ao final da obra contén unha guía de lectura para axudarlles aos lectores a comprender as composicións antologadas. Limiar “A poesía non morde”3 no que intenta achegarse aos adolescentes4: Comparación da poesía con actividades cotiás, coma o deporte (p. 8). Humor e linguaxe directa e coloquial, buscando establecer complicidade co lector. Texto desmitificador que busca facer da poesía algo cotián e convertela nun pracer. Enxalza as virtudes da poesía que conectan cos adolescentes: liberdade, divertimento, ruptura, etc. 3.4.2.3.Ana María Fernández
1) Vida: nace fóra de Galiza en 1949 e elabora diferentes libros de ficción e outros materiais para traballar con nenos xunto co seu marido, Xoán Babarro. 2) Carreira literaria: cultiva todos os xéneros dentro da literatura infantil e xuvenil, pero é a poesía no que recibiu un maior recoñecemento. Entre as súas obras cómpre citar: a) Polas rúas dos versos (1990): → Contido: consta de 14 poemas que xiran arredor do universo infantil (animais, familia, etc) a través de personaxes dos contos populares. → Forma: sonoridade e sinxeleza estrutural que se apoia en repeticións que conectan a obra co folclore infantil. b) Ondas de verde e azul (1994): → Contido: evocacións da natureza nas que os elementos da paisaxe son presentados de xeito idílico. c) Amar e outros verbos (2002), Premio Lazarillo en 2001 e inseriro na selección da Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich: → Contido: poemas construídos a partir de verbos de xeito que se tocan os grandes temas da poesía. É dos primeiros poemarios concibido especificamente para un público adolescente. → Forma: uso do verso libre. 3.4.3.Actividades didácticas que se poden levar a cabo usando a poesía 1) Actividades de creación: debuxo, recreación de historias. 2) Dramatizacións. 3) Lecturas combinadas con imaxes en PowerPoint. http://www.youtube.com/watch?v=ShX8Muh847A
Exemplo:
2
Ver algúns dos poemas antologados: http://www.megaupload.com/?d=9PS3QD8J http://www.megaupload.com/?d=PLIKB65H 4 Neste senso, cómpre nomear antoloxías coma O libro dos cen poemas de Álvarez Cáccamo e Marisa Núñez, unha antoloxía para adolestentes pero moito máis académica. 3
10
Literatura Galega da Guerra Civil á actualidade 2008/2009 USC
6. Literatura infantil e xuvenil
11
Literatura Galega da Guerra Civil á actualidade 2008/2009 USC