1. Converxencia Entre Literatura E Informática

  • Uploaded by: Luz Varela Armas
  • 0
  • 0
  • May 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View 1. Converxencia Entre Literatura E Informática as PDF for free.

More details

  • Words: 1,014
  • Pages: 3
1. Converxencia entre literatura e informática

1. Introdución 1.1.

Literatura e novas tecnoloxía: algunhas figuras importantes

a) Unha das figuras máis importantes no que se refire a literatura e novas tecnoloxías é G. P. LANDOW. A súa web dedicada á literatura e a cultura dixital e os enlaces que nela atopamos (coma victorianweb ou cyberspace) poden sernos de grande axuda. b) SUSANA PAJARES TOSCA, investigadora no eido do hipertexto e os videoxogos. c) LAURA BORRÁS CASTANYER, profesora da Universitat Oberta de Catalunya. d) JOHN UPDIKE, o primeiro en propor unha novela colaborativa (Murder makes the magazine). 1.2.

Intertextualidade e remediación

Intertextualidade é un termo acuñado por M. BAJTÍN e retomado por JULIA KRISTEVA e GENETTE. Este termo fai referencia á relación entre textos (cita, plaxio, alusión). Hai un caso concreto de intertextualidade que se refire a adaptación de xéneros (por exemplo, partindo dunha obra literaria facer un filme ou partindo dun filme facer un videoxogo), é o que se denomina remediación (remediation). 1.3.

O concepto de hipertexto

En sentido xeral o concepto de hipertextualidade fai referencia á relación que un texto B ten co seu predecesor A. Así, a Eneida de Virxilio e o Ulises de Joyce son hipertextos que remiten á Odisea de Homero. Porén, na actualidade a aparición da linguaxe HTML (HyperText Markup Language) volve este concepto moito máis amplo. Deste xeito, as diferentes relacións vólvense múltiples, danse bifucacións ad infinitum. Isto é o que GILLES DELEUZE e FÉLIX GUATTARI denominaron rizoma, concepto que sería aplicado pola teoría do hipertexto para describir a estrutura da internet, que funciona grazas a entradas enlazadas de xeito non xerárquico mediante as denominadas ligazóns, links, nodos, enlaces ou lexia. Este último termo, lexia (do fr. lexie) foi acuñado por ROLAND BARTHES en relación cos fragmentos de texto, non coa internet. Sería LANDOW quen aplicaría este concepto á rede. 1.2.1. Algunhas características da literatura hipertextual

a) b) c) d) e)

Inicio múltiple. Traxectoria que varía en función do inicio e que se bifurca. O final non é conclusivo nin fechado e depende da traxectoria que se seguise. O autor pode ser individual ou múltiple. O lector tamén é diferente porque é interactivo1 e, ao interactuar coa obra, vólvese en parte autor dela. É o que se denominou wreader (escrilector, lectoautor) ou prosumidor (produtor+consumidor).

1

Isto levou algúns teóricos a falar da morte do autor, o cal non é así xa que aínda que o receptor interactúe coa obra hai unha planificación previa por parte do autor ou autores.

1

Ciberliteratura e cultura dixital 2006/2007 USC

1. Converxencia entre literatura e informática

f) Combínase o texto con outros elementos coma a imaxe ou o son, por iso dicimos que as obras son obras multimedia. g) Facer crítica deste tipo de obras non é doado, pero debemos ter en conta tódolos elementos que contén, non só o texto.   

1.4.

Imos ver algúns exemplos de literatura hipertextual: Gabriella infinita, de Jaime Alejandro Rodríguez, a primeira novela hipertextual en castelán. Golpe de gracia, de Jaime Alejandro Rodríguez. Faith, de Robert Kendall, un exemplo de poesía cinética. Algúns sites de interese

   

Revista espéculo (hipertulia). Amazon, un dos sitios máis seguros para mercar por internet. Bookfinder, buscador de libros. Bibliofind, buscador de libros.

2. Os libros electrónicos Os libros electrónicos son aqueles que atopamos en formato dixital (o formato Acrobat Reader é o máis usado) e que podemos ler nun e-book2 (aparello especialmente deseñado para esta finalidade), nun ordenador, nun PDA ou mesmo nun teléfono móbil. Estes libros en soporte electrónico teñen grandes vantaxes:  Ocupan menos espazo.  Maior capacidade de almacenaxe.  O soporte é máis caro, pero os libros son máis baratos.  Mellor conservación.  Aforro de papel.  Permítenlle ao autor ser á vez autor e editor, ademais de garantir os dereitos de autor (moitos dos libros electrónicos non permiten a súa copia e impresión). Porén, a aparición dos libros electrónicos deu lugar a un debate, aínda non superado, sobre o futuro do libro. Para moitos isto podería supor a desaparición do libro en soporte físico, pero co tempo vimos que isto non foi así. Malia a aparición de numerosos proxectos de bibliotecas virtuais que nos permiten un acceso máis fácil a multitude de obras, o libro tradicional sigue a usarse. 3. Pedagoxía da literatura e novas tecnoloxías Un dos elementos máis importantes para a pedagoxía da literatura vencellado ás novas tecnoloxías son as chamadas bibliotecas virtuais, imos ver algunhas:  Biblioteca Virtual Galega  Projecto Vercial  Biblioteca Nacional e Biblioteca Nacional Digital (Portugal)  Cervantes Virtual  Gallica, biblioteca de literatura medieval 2

O termo e-book ou libro electrónico serve para referírmonos ao libro en formato dixital e ao aparello deseñado especificamente para ler ese tipo de libros.

2

Ciberliteratura e cultura dixital 2006/2007 USC

1. Converxencia entre literatura e informática

    

Project Gutenberg Bibalex Biblioteca Virtual Universal Biblioteca do estudante en língua portuguesa Biblioteca Virtual de pribi.com.br

4. Literatura electrónica e xenerativa Cando falamos de literatura xenerativa referímonos á creación de textos por parte dun ordenador ao que previamente se lle introduciu a información necesaria para que sexa quen de realizar esta tarefa. Un exemplo é o Gerador automático de poesía galega, feito polos Aduaneiros sem fronteiras. Outro sitio de interese é OuLiPo, un obradoiro de literatura potencial ou 5. Literatura Flash Con literatura flash referímonos a textos pertencentes aos diferentes xéneros tradicionais, agás o teatro, e en soporte dixital. Nos seus inicios aparece un Manifesto no que se define este tipo de literatura, que se caracteriza por: a) Estar moi preto da narrativa curta, do conto e o microrrelato. A condensación deste tipo de literatura obriga ao lector a interpretar todo aquilo que non se di e, ademais, fai que os personaxes adoiten ser simples, lineais, pouco caracterizados. b) O texto vai acompañado dunha imaxe, característica que non a afasta moito da literatura tradicional que tamén conta con ilustracións entre os paratextos. Entre os sitios web nos que podemos atopar literatura flash destaca flashquake. 6. Webquests

3

Ciberliteratura e cultura dixital 2006/2007 USC

Related Documents


More Documents from ""

May 2020 6
May 2020 3
May 2020 4
May 2020 2
May 2020 3
May 2020 4