4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado Carballo
1. Introdución ao século XX Na literatura do século XX distínguense tres períodos principais: 1) Inicial, até as Irmandades da Fala. 2) 1916 – 1936, momento moi importante para a creación literaria xa que é cando se desenvolve a actividade do Grupo Nós (segundo rexurdimento). 3) Posguerra – actualidade, no que se distinguen dúas partes: a) Até 1975 / 1980, é dicir, até os inicios da democracia e da autonomía. b) Dos anos 80 en diante. Méndez Ferrín (De Pondal a Novoneyra) establece diferentes grupos:
1) Antes da guerra: a) Escola formalista, inaugurada por Pondal e que supón unha reacción idealista a finais do século XIX contra o realismo anterior (Rosalía). Forman parte dela autores nacidos na década dos 60 do século XIX, como é o caso de Ramón de Lores ou Lugrís Freire. b) Promoción antre dous séculos, formada por autores nados na década dos 70 do século XIX ou algo antes, como é o caso de Noriega Varela, Francisca Herrera Garrido, Cabanillas, López Abente, A. de Nóvoa. É un grupo que non ten coherencia como tal, de feito autores coma Cabanillas integraranse no grupo seguinte. c) Xeración Nós, un grupo cohesionado, con obxectivos comúns e cunha doutrina política. Levan a cabo moitas actividades culturais e establecen canles para o seu desenvolvemento. d) Xeración de 1925, formada por autores nados entre 1895 e 1909 e que coincide no tempo coa Generación del 27 española. Non se dá unha ruptura ideolóxica co grupo anterior e, ademais, usan as súas mesmas canles de expresión xa que son coetáneos. Hai unha estreita colaboración entre as dúas xeracións, de aí o esplendor cultural e literario. Pero aparecen con esta xeración novas actividades: Seminario de Estudos Galegos. Revista Ronsel. Creación do Partido Galeguista. 2) Despois da guerra aparecen tres grupos xeracionais ao mesmo tempo porque entre 1936 e 1950 se interrompe a publicación de obras en galego e dáse un illamento a tódolos niveis. Estas xeracións son: a) Xeración de 1936, formada por autores nados entre 1910 e 1920 que xa iniciaran a súa actividade antes da guerra. Descríbeos Ferrín como escritores accidentados, traumatizados e interruptos pola guerra, pero que aínda así son quen de poñen de novo en marcha o sistema literario galego. Forman parte desta xeración autores coma Aquilino Iglesia Alvariño, Cunqueiro ou Celso Emilio Ferreiro. b) Promoción de Enlace, grupo formado por autores nados nos anos 20 e que ten pouca cohesión e moitas dificultades vitais, xa que son persoas que xa se educan na ditadura. Son unha especie de elo entre a Xeración de 1936 e a das 1 Comentario literario de textos galegos 2007/2008 USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado Carballo
Festas Minervais. Forman parte da Promoción de Enlace Antonio Tovar, Luz Pozo Garza, Cuña Novás, Neira Vilas ou Alonso Montero. c) Xeración das Festas Minervais, formada por autores nados entre 1930 e 1940 e á que pertence o propio Ferrín. Non viviran a guerra pero críanse nos seus resultados e están en estreita relación coa Xeración do 36, co que romperán axiña no que se refire á creación literaria e á política. Ademais, xa son coñecedores das tendencias europeas (nova narrativa). De entre os seus feitos colectivos temos que nomear: Restauración das Festas Minervais en Compostela. Colaboración en La Noche. Creación da colección Illa Nova en Galaxia. Fundación da editorial e grupo Brais Pinto. Aparición do nacionalismo revolucionario. 2. A Xeración de 19251 É a xeración coa que se leva a cabo a renovación da poesía galega. A súa obra literaria ten só finalidade artística, non política e distinguimos tres estéticas principais: 1) Vangardismo, na que só se pode incluír a Manuel Antonio que en vida publica De catro a catro (1928) e de xeito póstumo, en 1979, publicaríase o resto da súa obra (influíndo así nos autores do momento). 2) Hilozoísmo (C. Calero), Imaxinismo (Ferrín) ou Impresionismo eglóxico (A. L. Casanova). É Amado Carballo o máximo representante desta estética coas súas obras Proel (1927) e O galo (1928, póstuma). Imos ver a explicación das diferentes denominacións: Hilozoísmo: uso da prosopopea a nivel absoluto. Imaxinismo: a imaxe como núcleo. Impresionismo eglóxico: trazos impresionistas e paisaxismo. 3) Neotrobadorismo: a denominación desta estética achégaa Rodrigues Lapa nunha carta a Bouza Brey, na que describe a súa poesía como neotrobadoresca. Dáse así un diálogo entre a estética medieval e a actual. 2.1. O neotrobadorismo 2.1.1. Descuberta dos cancioneiros
No século XIX publícanse diversas edicións de cantiga medievais, pero todas elas con pouca difusión: 1) 1823: versión parcial do Cancioneiro da Ajuda editada por Lord Stuart. 2) 1875: edición paleográfica do Cancioneiro da Vaticana da man do medievalista italiano Monaci. 3) 1878: Teófilo Braga elabora unha edición crítica do Cancioneiro da Vaticana baseándose na anterior. 4) 1880: E. Molteni publica o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de xeito parcial. 1
Á que Carvalho Calero denominou Os novecentistas e Arcadio López Casanova a Xeración de 1922. 2 Comentario literario de textos galegos 2007/2008 USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado Carballo
5) 1904: edición crítica do Cancioneiro da Ajuda feita po C. Michaëlis. Nestes momentos estase a desenvolver en Galiza o Rexurdimento e é posíbel que non chegasen as novas sobre a lírica medieval. Con todo aparecen dúas publicacións en relación a isto: 1) En 1876 Teodosio Vesteiro Torres publica en El Heraldo Gallego as sete cantigas de amigo de Martín Codax cunha visión moderna, xa que as considera como unha unidade narrativa. 2) En 1886 Antonio de la Iglesia publica a antoloxía El idioma gallego, na que se recollen un bo número de cantigas. Con todo, non será até os anos 20 do século XX cando se difundan grazas ás edición das Cantigas de amigo (1928) e das Cantigas de amor (1932) de José Joaquim Nunes. Ademais, existe xa un público preparado para achegarse á literatura medieval. 2.1.2. Antecedentes
O feito de considerar ou non o neotrobadorismo como unha vangarda aínda é debatido, xa que supón unha renovación, pero non unha ruptura. Pero si podemos dicir que foi unha estética con moito éxito, que se mantivo no tempo até a actualidade, aínda que foi na preguerra cando máis se cultivou. Entre os antecedentes ao neotrobadorismo debemos destacar: 1) “O canto do vixía” (aproximadamente de 1905) de Pondal, poema no que se aprecia a influencia de Johan Zorro. 2) Carles Riba, autor de 5 cantares de amigo datados en 1911 e editados en 1987 (Papers de juventut), dedicados á súa moza galega Pepita Vila. No seu cantar nº 2 atopamos: Características propias da lírica medieval: leixa – prén, paralelismo literal por pares de estrofas, coita de amor, paisaxe, refrán, dísticos, estrofas alternas, rima asonante... Características que difiren das da lírica medieval: léxico moderno (xeitosa), a voz emisora non é feminina senón que hai dúas voces: a dun narrador omnisciente e a do amigo. 3) Afonso Lopes Vieira, quen escribe un poema neotrobadoresco que se publicaría en A Nosa Terra en 1917. 4) Xan Vicente Viqueira, autor do “Poemeto da vida” (1919), publicado en Ensayos y poesías (1930), no que atopamos: Unha rúbrica introdutoria en prosa, coma na cantiga V de Martín Codax. Catro dísticos con refrán, coma na cantiga de amigo paralelística. Unha ambientación que lembra á das albas provenzais (ao raiar do sol) 2.1.3. Etapas
A)
Xurdimento
(anos 20 e 30, até a Guerra Civil), na que destacan autores coma:
3 Comentario literario de textos galegos 2007/2008 USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado Carballo
1) Bouza Brey con Nao senlleira (1933), obra que contén 20 poemas dos cales 15 xa se publicaran nos anos 20 en revistas coma Nós. Son 9 os propiamente neotrobadorescos, nos que distinguimos: Elementos medievalizantes: diálogo con algún poeta, vocabulario, forma (dísticos, procedementos paralelísticos...) Elementos de vangarda como: • algunha imaxe hilozoísta; • elementos populares (costumes, oficios tradicionais, tipos humanos, crenzas, tradicións...), moi definidores da súa poesía. 2) Cunqueiro con Cantiga nova que se chama riveira (1933) na que mestura: Elementos vangardistas. Elementos medievalizantes: • Formais: técnicas de repetición (refrán, paralelismo...) • Caracterizadores de xénero, en especial da cantiga de amigo: termo amigo, aínda que xeralmente inverte os esquemas de xeito que o amigo é o confidente dunha voz emisora tamén masculina. 3) Blanco Amor con Romances galegos (1928), que contén algún poema neotrobadoresco. 4) Carvalho Calero co seu poemario Vieiros, do que unha das seccións é “Cantigas do amor lonxano” (D. Denís). B)
reaparece o neotrobadorismo pero de xeito diferente xa que hai un maior coñecemento da poesía medieval (en 1952 comézase a publicar a escolma de Galaxia, cuxo primeiro volume foi preparado por Álvarez Blázquez) e ademais os autores tamén están influídos polo neotrobadorismo da primeira etapa. Autores desta segunda etapa son: A partir de 1950
1) Cunqueiro: Dona do corpo delgado (1950) e, en especial, a sección “Cantigas do amor cortés”, onde amplía os elementos medievais: • Introduce elementos da cantiga de amor. • Hai unha maior fidelidade ás características do xénero. • Introduce alusións literarias a cantigas concretas. Reedítase Cantiga nova que se chama riveira en 1957 con novos poemas. 2) Filgueira Valverde con Seis cantigas de amor in modo antico (1941). 3) Bouza Brey con Seitura (1955), obra na que o diálogo coa lírica medieval non é tan claro. C)
ata a actualidade acódese de xeito esporádico, pero relativamente frecuente, á tradición medieval. Isto fano tanto autores de novas xeracións coma outros que aínda seguen escribindo: A partir de 1975 / 1980
1) Cunqueiro introduce en Herba aquí e acolá (1980) o poema “Pero Meogo no verde prado”. 2) Carvalho Calero con Cantigas de amigo e outros poemas (1986). 3) Outros coma Xabier Seoane, Álvarez Cácamo, Darío Xohán Cabana, Antón Reixa...
4 Comentario literario de textos galegos 2007/2008 USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado Carballo
2.1.4. Elementos da literatura medieval
a) Formais: dístico + refrán, leixa – prén, paralelismo... Son os máis comúns. b) Temáticos: morte por amor, paisaxe, ausencia do namorado... Adoitan aparecer mesturados cos anteriores. c) Léxicos: termos caracterizadores de xénero, sobre todo da cantiga de amigo2. Podemos atopar poemas que: a) Dialogan cunha cantiga medieval concreta. b) Toman como modelo un xénero concreto para seguilo ou subvertelo. ► Comentarios → “Con auga de sede vella” (Cunqueiro, Cantiga nova que se chama riveira) Elementos medievalizantes Forma Contid o
-
-
Elementos innovadores
Dístico + refrán exclamativo. Leixa – prén
-
Elementos da natureza: auga, herba...
O amigo como confidente dunha voz emisora masculina, invertendo así o esquema da cantiga de amigo.
→ “Triadas no mar e na noite” (Bouza Brey) Elementos que remiten a “As froles do meu amigo” de P. Gomez Charinho
-
Elementos innovadores
Mestura de metros breves (pentasílabos) e longos (octosílabos). Termos coma navío ou frol.
-
Existencia de dous planos temporais: pasado e presente.
Uso da tríada e non do dístico. Imaxes hilozoístas: O faro de Corrubedo / co seu ollo largasío; Leda vai a nao; Deitouse o mar.
→ “Lelías ao teu ouvido” (Bouza Brey) Elementos medievalizantes
Elementos innovadores
2
Os poemas neotrobadorescos que fan referencia a cantigas de escarnio son máis tardíos porque estas non se publican até 1965, antes coñecíanse pero non eran de fácil acceso. Así, Alonso Montero escribirá poemas neotrobadorescos satíricos. Tense falado tamén da obra Cantigas de escanio e maldecir (1968) de Celso Emilio Ferreiro (pero asinada co pseudónicmo de Arístides Silveira) coma unha obra neotrobadoresca e satírica, peor o certo é que non hai máis elementos medievalizantes có título. 5 Comentario literario de textos galegos 2007/2008 USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado Carballo
-
Imaxes:
• -
Dístico – refrán.
•
Verso breve que sigue ao “refrán”e repite o final do verso anterior a ese “refrán”. Esta repetición lembra ao leixa-prén. Temática amorosa.
-
Hilozoístas: nosos dous corazóns beilan. Creacionistas: O pumariño da noite quer froitificar estrelas; madurecen os luceiros.
-
Inspiración popular:
• • •
As nove ondas do ensono. a fror da auga fría. herbiñas de namorar.
→ “Contrabando de amigo” (Antón Reixa) 3
Elementos medievalizantes
Respect oá cantiga de Mendiño
-
-
Xerais
Elementos innovadores
-
O tempo real é o momento de reflexión da moza nas dúas composicións, pero o tempo poético varía: • Na cantiga de Mendiño o tempo está diluído para crear unha atmosfera suxestiva. Así, nas dúas primeiras cobras úsase o pasado contrastando co futuro do refrán (que leva ao presente reflexivo); nas cobras terceira e cuarta mestúrase presente e pasado; nas dúas últimas aparece unha liña lóxica, xa que como resultado dun presente vai haber unha consecuencia no futuro (morrerei). • Porén, no texto de Reixa a voz emisora fala desde o seu presente na primeira estrofa e o primeiro pseudorefrán, despois usa o pasado até a última estrofa, onde aparece o futuro para dicir o que vai facer (Sentada non vou quedar).
-
Non se usa a paisaxe con valor suxestivo e simbólico4 (soidade), senón que se actualiza para plasmar un conflito da sociedade actual (contrabando). Este uso social da poesía constitúe unha novidade respecto á lírica medieval.
Lugar: Illa de San Simón. Actante: a moza. Situación de espera.
Texto destinado para ser cantado. Posíbel referencia a Pero Mego no verso “Mentiches meu amigo, mentiches meu amor”, que lembra a “mentís mia filla, mentís por amigo”.
→ Composición II de “María das Falas5 di mal do noso tempo”, en Versos satíricos para hoxe ó xeito medieval6 (1998) (Alonso Montero) 3
Incluído no apartado “Cantares mercenarios” da obra Viva Galicia beibe (1994) na que se recollen letras de cancións e, neste apartado en concreto, letras escritas para outros intérpretes. 4 Segundo a lectura simbólica que fai Luz Pozo da cantiga de Mendiño, esta sería o relato da decisión de entrega amorosa por parte da moza. 5 Filgueira Valverde considera no prólogo da obra que María das Falas é un heterónimo, xa que é unha personaxe caracterizada. Ademais, sinala que as composicións da obra de Alonso Montero son de escarnio, máis ca de maldicir, porque non se trata de ataques persoais. 6 Esta obra está dividida en dúas partes (“María das Falas di mal do noso tempo” e “Airas Nunes volve ó camiño”). Consta tamén de dous apéndices: unha gabanza trobadoresca do viño do Condado (a partir dun poema de Bernal de Bonaval) e unha cantiga de amigo baseada na de Mendiño. 6 Comentario literario de textos galegos 2007/2008 USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado Carballo Elementos medievalizantes Respect oá cantiga de Mendiño
Xerais
-
Comezo da composición: Estando eu... Referencia a San Simón. Dístico + refrán.
Elementos innovadores
-
Non se sitúa na Illa de San Simón, senón na casa de Rosalía.
Leixa-prén. Número de estrofas (6)
Razó introdutoria.
Referencias literarias: - a Pondal: feros corvos.
-
A Rosalía: Casa Santa de Padrón; lar de Rosalía. A Hamlet de Shakespeare: fede en Dinamarca.
→ Composición IV de “María das Falas di mal do noso tempo”, en Versos satíricos para hoxe ó xeito medieval (1998) (Alonso Montero) Elementos medievalizantes
-
Elementos innovadores
Razó introdutoria, na que se explica que se fai referencia á Cantiga 260 de Afonso X. Dístico + refrán.
-
Voz feminina, dato que só podemos tirar da razó. Variación no refrán.
→ Composición V de “María das Falas di mal do noso tempo”, en Versos satíricos para hoxe ó xeito medieval (1998) (Alonso Montero) Elementos medievalizantes
-
-
Elementos innovadores
Razó introdutoria, na que se explica que se fai referencia a: • “Porque no mundo menguou a verdade”, cantiga de escarnio e maldicir de Airas Nunes. • “Bailemos nós já todas tres, ai amigas”, cantiga de seguir de Airas Nunes elaborada en relación a outra de Johan Zorro. Dístico + refrán.
-
Voz feminina, dato que só podemos tirar da razó. Variación no refrán.
Paralelismo.
2.2. A vangarda: Manuel Antonio
Manuel Antonio Pérez Sánchez (Rianxo 1900 – 1930) é un poeta individualista, de vida breve e que non creará escola na súa época, senón terá influencia nos autores dos anos 70 do século XX, que é cando se publica a maior parte da súa obra (en vida só publica De catro a catro en 1928). 2.2.1. Fontes poéticas
Manuel Antonio rompe coa tradición poética galega adheríndose ás vangardas europeas e americanas, que procuran unha poesía baseada na imaxe e na que estea ausente todo sentimentalismo, que o autor se afaste da obra e na que non ten cabida a poesía social. Isto rompe coa tradición do didactismo na poesía galega, de xeito que Manuel Antonio crea unha estética persoal, sendo o seu labor fundamental a reflexión arredor da creación poética.
7 Comentario literario de textos galegos 2007/2008 USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado Carballo
Nun dos seus tres artigos en prosa, “Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribeu”, fai unha reflexión sobre a súa creación e refírese á influencia que exercen na súa obra algúns ismos: a) Creacionismo (Vicente Huidobro): 1) Características do creacionismo: ■ o poeta como creador; ■ imaxes visionarias, é dicir, que relacionan dous termos moi distantes creando así algo novo; ■ uso do humor para conseguir o afastamento do autor. 2) O creacionismo en Manuel Antonio: ■ ■ ■
non é tan puro coma o de Huidobro; é a vangarda máis presente na súa obra; cando Manuel Antonio se achega á expresión dos sentimentos usa o humor para afastarse diso.
b) Futurismo (Marinetti): non está moi presente na obra de Manuel Antonio, quen mesmo chega a criticalo por cantar a cousas novas pero cun estilo vello. c) Dadaísmo (Tristan Tzara): movemento destrutor que se opón á construción dun camiño propio que sigue Manuel Antonio. Como vemos, non se adscribe estritamente a ningún deles, aínda que sexa o creacionismo o máis presente na súa obra. Con todo, rompe coa tradición poética galega anterior en canto a: a) Contido: ausencia de expresións persoais e sentimentos. b) Forma: eliminación da rima, a métrica, a división estrófica, o ritmo, a sintaxe, novidosa disposición dos espazos, tipografía... De xeito que o poema se condensa nunha xustaposición de imaxes novidosas. É, en conclusión, un camiño de despoxamento de todo o tradicional. 2.2.2. Obras Poesía Data na que se escribiu 1919
Obra Soneto
1920 – 1922
Con anacos do meu interior
1922 – 1925
Foulas
1926 – 1927 1923 – 1924
De catro a catro
segundo X. Luís Axeitos (xa Carvalho Calero considera que a estética desta obra sería un paso atrás), aínda que García Sabell cría que fora escrito en 1928
1928
Características Modernista e patriótico, escrito en alexandrinos 18 poemas 28 poemas nos que xa se inclúen trazos vangardistas 19 poemas
Sempre e máis dispois
Viladomar
6 poemas, inacabada
A súa obra poética é editada por Galaxia en 1972, preparada por García Sabell, e en 1979 publícase tamén o seu epistolario, preparado polo mesmo autor. 8 Comentario literario de textos galegos 2007/2008 USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado Carballo
Ademais da súa obra poética, destacan os seus artigos e, sobre todo, o Manifesto ¡Máis Alá! 2.2.3. De catro a catro. Follas sen data dun diario de abordo (1928)
Son dúas as principais interpretacións que se teñen dado de De catro a catro: 1) Primeira lectura: viaxe por mar en orde cronolóxica a bordo dun veleiro (Manuel Antonio era mariño de profesión e navegara nun veleiro). Así, a obra sería un diario da viaxe mentres se fai a garda de catro a catro: “Intencións”
Paradas en terra “Recalada” “Navy Bar”
“Adeus”
2) Lectura máis profunda (Arcadio López Casanova): viaxe iniciática. ■
■
En tres etapas: 1. Abandono do coñecido: “Intencións”. 2. Aventura: 17 poemas seguintes. 3. Regreso: “Adeus”. Con diferentes símbolos: Barco: identifícase co eu lírico e asociado a el están o mastro, a proa (abre camiño) e o ronsel (ataduras de terra). Terra vs. mar: - Terra: seguridade, estatismo, protección materna... Representa todo aquilo que hai que deixar atrás. - Mar: dinamismo vital, camiño que se percorre. É menos seguro e provoca dúbidas . Vento: pode ser positivo ou negativo dependendo de se está presente ou ausente. Noite: símbolo negativo das forzas ocultas.
Como vemos, De catro a catro ten unidade temática e estrutural, un trazo que se opón ao vangardismo. 2.2.4. Manifesto ¡Máis Alá!
É o único texto considerado claramente un manifesto até entón7. Está asinado por Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro, se ben é o primeiro quen o escribe e Cebreiro pode que só inflúa nos trazos dadaístas do mesmo. 1) En canto ao contido, é un manifesto de tipo: a) Principalmente literario. b) Político, polas ideas lingüísticas (defensa do monolingüísmo). 2) Fronte a outros manifestos vangardistas, non busca atraer a ninguén xa que nel dise que cada un ten que seguir o seu camiño persoal. 7
Tamén se teñen interpretado como manifestos outros textos coma os prólogos de Rosalía. 9 Comentario literario de textos galegos 2007/2008 USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado Carballo
3) É un manifesto intransixente cos creadores do pasado, aínda que non é tan duro cos mestres directos (Xeración Nós), dos que non se dan nomes. 4) Ten un título ultraísta, mais Manuel Antonio non se adscribe a este movemento. Introdució n
Diríxese á mocidade intelectual galega. O xesto Os vellos
Parte I
A nosa razón O ruralismo
Os devanceiros
-
-
“Pollitos bien” Parte II Tamén hai outros Nós Parte III
A fala
Parte IV
Desbotando Individoalismo Mocedade
Conciencia da diferenza de ¡Máis Alá! respecto a outros manifestos. Intención de protesta contra os vellos. Crítica a algúns coma Vaamonde Lores, Lugrís Freire ou Carré. Propugnan unha selección artística. Crítica ao ruralismo temático da literatura galega e, polo tanto, a homes de Nós coma Castelao que buscan a identidade de Galiza no rural. Crítica á submisión dos devanceiros á cultura castelá. Crítica a Pondal por unha renovación estética insuficiente. Crítica a escritores sometidos á hexemonía castelá, en especial a Valle – Inclán, admirado pola Xeración Nós e Manuel Antonio pero criticado por escribir en castelán.
-
Referencia a aqueles que se expresan en castelán.
-
Comeza unha parte máis positiva cás dúas anteriores na que se di que cada un ten que seguir o seu propio camiño-. Intransixencia (Manuel Antonio rexeita a ortografía portuguesa por considerala allea, como explica nas súas cartas). Crítica indirecta a Risco (non se dá o seu nome).
-
-
-
Síntese do anterior. Apóstrofo á mocidade
É, polo tanto, un manifesto que se caracteriza pola súa intransixencia lingüística, por reivindicar a creación dun camiño persoal e polo gusto pola paisaxe. ► Comentarios → “Excelsior”, Foulas (1923) Elementos vangardistas
-
Tipograma que lembra á rosa dos ventos. Xogo cos tipos de letra (maiúscula e minúscula). Ausencia de estrofas.
Elementos tradicionais
-
Rima (instintos, laberintos).
Puntuación escasa. Uso expresivo do espazo en branco.
→ “Rima de noite e cidade antiga”, Foulas (1923) Elementos vangardistas
Elementos tradicionais
10 Comentario literario de textos galegos 2007/2008 USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado Carballo
-
-
Ausencia de rima.
-
Imaxes xustapostas. Ausencia de nexos.
-
Repetición de grupos fónicos (aliteración) en posición de rima. Medida: versos de 7 sílabas, agás o último que é de 8. Certa estrutura, unidade temática.
→ “O cartafol do vento”, De catro a catro (1928) Elementos tradicionais
Elementos vangardistas
-
-
Sucesión de imaxes, en xeral imaxes visionarias e / ou de base hilozoísta: Fan referencia a unha realidade (vento, chuvascos, mastros, gavotas, velas...) da que se distancian por ser unhas imaxes non convencionais. Exemplo: As gavotas non teñen quitasol / pero fan raudos equilibrios / pol-o aramio transparente / de todalas ortodrómicas d’o ceo. A imaxe é convencional, pero o feito de que os equilibrios os faga unha gaivota non.
Interpretacións
-
Símbolos: vento ausente, un símbolo negativo (por iso o pailebote non ten velas) e que marca o paso do dinamismo ao estatismo. Lecturas: Barco parado.
-
Certa unidade temática.
Referencias específicas á navegación: mastro, pailebote, velas, ortodrómicas (liñas imaxinarias de navegación).
Angustia, estatismo.
Uso do humor para conseguir un efecto de distanciamento: - cai-lle a baba- / está mirándo-nos o babión d’o Sol.
-
Ausencia de estrofas, medida, ritmo e puntuación. Referencia á mecanografía: futurismo.
→ “Lied onhe Worte”8, De catro a catro (1928) Elementos vangardistas
8
Interpretacións
Futurismo: estranxeirismos,
-
Interpretacións biográficas.
vocabulario técnico.
-
Interpretacións existencialistas.
Afastamento do sentimentalismo
“Canción sen palabras”. 11 Comentario literario de textos galegos 2007/2008 USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado Carballo mediante o humor:
“Noiva miña vestida de azul que romantizas ¡tan cursi!
-
Interpretacións amorosas (ecos en Cunqueiro, Ferrín e María Xosé
pol-o xardín”
Queizán).
“Sentei-me na proa fumando a miña pipa Pero outra noite pensarei en tí.
”
→ “Ao reverso da noite”, De catro a catro (1928) Elementos vangardistas
-
Imaxes creacionistas: ronseles infecundos.
Interpretacións
-
Visión negativa do paso da noite ao día (LOCEIROS degolados / desangran-se de ouro n-o Mar) e do mundo en xeral.
2.3. Hilozoísmo: Amado Carballo (1901 – 1927)
Amado Carballo foi mestre, xornalista, tradutor... e é o grande representante do hilozoísmo. Foi tamén o fundador da revista Alborada (catro números). 2.3.1. Prosa
1) Os probes de Deus (1925), novela breve escrita en 1923. Non é unha obra pesimista malia desenvolverse nun asilo de anciáns. 2) Maliaxe (1922). 2.3.2. Poesía A) Características
1)
Conxuga a tradición e a innovación:
a) Tradicional na forma, xeralmente de gusto popular: metro breve, rima asonante, mantemento da estrutura. b) Vangardista nas imaxes: uso absoluto da imaxe prosopopeica. 2) O seu tema fundamental é a paisaxe: a) Ten como antecedentes a poetas europeos ou a Noriega Varela. b) É unha paisaxe humanizada. c) A paisaxe é esencialmente rural, con moitos elementos da cultura tradicional (cruceiros, elementos agrícolas), pero tamén pode ser marítima (da ría) ou, en menor medida, urbana. Tamén se pode apreciar o tema do patriotismo, pero diluído nas imaxes. 3) Poesía alegre, vistosa, colorista, persoal, elitista e vangardista. 4) Ten moito éxito no momento e, polo tanto, moitos seguidores. 12 Comentario literario de textos galegos 2007/2008 USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado Carballo A) Obras
1)
Proel
(1927), a única obra que publica en vida. Escrita en 1924. Consta de 35 poemas divididos en varios apartados.
2)
O Galo
(1928), obra póstuma publicada polos seus amigos. É unha recompilación de diferentes poemas nos que non se aprecia un avance estético con respecto a Proel. O título é o do primeiro poema.
► Comentarios → “O cruceiro”, Proel (1927) Elementos tradicionais
Elementos vangardistas
-
Temática
-
Ausencia de estrofas.
Rima asonante.
-
Ausencia de medida.
Paisaxe rural:
Imaxes xustapostas.
Elementos da cultura tradicional coma o cruceiro.
→ “Misa da mañán”, Proel (1927) Elementos vangardistas
-
Elementos tradicionais
Afastamento da realidade galega na última estrofa: opio do día. Ausencia de estrofas. Imaxes hilozoístas.
-
Elemento relixioso, pero é unha relixiosidade popular (non hai reflexión filosófica) Rima asonante nos versos pares. Versos octosílabos.
→ “Romaxe”, Proel (1927) Elementos vangardistas
-
Elementos tradicionais
-
Imaxes auditivas.
Estrofas. Elementos de cohesión e estrutura circular.
→ “Saudade”, Proel (1927) Elementos vangardistas
Elementos tradicionais
Interpretacións
-
Imaxes auditivas
-
Elementos de cohesión e estrutura circular. Presenza do eu lírico. Sentimento de angustia que lembra a Rosalía.
-
Existencialista (saudade). Amorosa: polo apóstrofo a unha meniña e por estar incluído na parte inicial da obra, na que se atopan os poemas amorosos e patrióticos.
13 Comentario literario de textos galegos 2007/2008 USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado Carballo
14 Comentario literario de textos galegos 2007/2008 USC