4. Descrición E Análise Da Situación Sociolingüística Galega. Coordenadas Sociais E Dinámica Do Bilingüismo En Galicia

  • Uploaded by: Luz Varela Armas
  • 0
  • 0
  • May 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View 4. Descrición E Análise Da Situación Sociolingüística Galega. Coordenadas Sociais E Dinámica Do Bilingüismo En Galicia as PDF for free.

More details

  • Words: 5,061
  • Pages: 21
4. Descrición e análise da situación sociolingüística galega. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia

1. Variables básicas para a descrición sociolingüística 1.1.Competencia lingüística

Esta é unha noción psicolingüística, pero con relevancia sociolingüística. Refírese á capacidade para codificar e descodificar mensaxes / textos nun idioma. 1) Tipos: Produtiva (“activa”)

Receptiva (“pasiva”)

Son preferibles os temos produtiva e perceptiva, xa que os segundos dan a entender que a recepción dun texto é unha actividade pasiva, pero non é así porque require activar competencias.

2) Eixos: a competencia lingüística desenvólvese nos eixos da oralidade e a lectoescritura que, combinados coa produción e a recepción, definen as catro destrezas básicas: Receptiva Produtiva

Oralidade comprender falar

Lecto-escritura ler escribir

En principio, estas destrezas están organizadas en escala implicacional (comprender > falar > ler > escribir), é dicir, cada unha delas vai implicada na seguinte. Isto acontece no proceso normal de adquisición da lingua nativa, pero altérase en situacións de bilingüismo e na aprendizaxe de segundas linguas. 3) Adquisición e aprendizaxe: a psicolingüística (moi afiliada á gramática xenerativa) distingue de xeito tallante estes dous conceptos. a)

Adquisición:

proceso natural polo que se obtén competencia nunha lingua primeira, en especial nas destrezas propiamente naturais (oralidade).

b)

Aprendizaxe:

obtención de competencias en segundas linguas, en xeral por vía do estudo regrado.

Desde o punto de vista dunha situación ideal de monolingüísmo e da gramática xenerativa1 esta distinción é moi importante. Porén, a sociolingüística cuestiónaa xa que, por exemplo, existen persoas bilingües iniciais. Con todo, é de utilidade a distinción entre a adquisición como proceso natural e a aprendizaxe como proceso formal. 4) Fluidez e corrección

a)

Fluidez:

rapidez na produción / recepción de enunciados máis ou menos complexos, adecuados, precisos, con amplitude de recursos lingüísticos na expresión.

b)

Corrección:

conformidade a unha determinada norma, estándar ou non.

1

Segundo a gramática xenerativa existen uns universais lingüísticos que se concretan nos parámetros de cada lingua. Unha vez aprendida a lingua nativa os parámetros desta definen toda a aprendizaxe posterior. 1

Introdución á sociolingüística galega 2007/2008 USC

4. Descrición e análise da situación sociolingüística galega. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia

A competencia lingüística implica o manexo de varias normas, non se pode limitar á variedade estándar. 1.2.Competencia comunicativa

Este é un concepto que xorde da pragmática, pero é desenvolvido polo sociolingüista Dell Hymes. A competencia comunicativa fai referencia á capacidade para interaccionar usando unha determinada lingua, para o que non é suficiente a competencia lingüística, xa que cada lingua se usa de xeito diferente (non en todas se di o mesmo nos mesmos contextos). É dicir, para conseguir a competencia comunicativa é necesario: 1) Aprendizaxe formal: apoio, en especial para a aprendizaxe do estándar e de segundas linguas. 2) Exposición: tempo no que se reciben mensaxes nunha lingua. 3) Uso ou interacción. Así, para conseguir competencia comunicativa na variedade estándar do galego non é suficiente co ensino, senón que se precisa tamén unha exposición a esa variedade (para o que son precisos medios de difusión) e usala. É dicir, ten que darse unha normalización social para que haxa normalización lingüística. 1.3.Bilingüismo 1.3.1. Ambilingüismo e bilingüismo asimétrico

A noción de bilingüismo está vinculada coa de competencia, en especial o bilingüismo individual, pero a pesar das diferenzas entre o bilingüismo social e o individual (por exemplo, o primeiro non implica o segundo) podemos establecer algunhas analoxías entre eles. Así, no bilingüismo social o normal é que as dúas linguas non estean en igualdade de condicións en tódolos parámetros (territorial, funcional, social), o mesmo acontece co bilingüismo individual, no que podemos atopar: 1) Ambilingües ou bilingües perfectos: persoas que teñen unha competencia equiparable nas dúas linguas e que non teñen interferencias entre elas. Ademais, son quen de usalas independentemente do contexto, tema ou interlocutor. Esta é unha definición moi esixente, polo que son moi poucos os individuos ambilingües. 2) Bilingües asimétricos, que son a maioría dos individuos bilingües e presentan diferenzas entre unha e outra lingua, que se poden manifestar de diferentes xeitos: a) Competencia desigual. b) Competencia similar pero con tendencia a usar só as estruturas comúns entre as dúas linguas. Isto nunha situación de bilingüismo social conduce á dinámica de converxencia lingüística ou ismorfismo. c) Especialización funcional: uso dunha ou outra lingua dependendo do contexto, o tema ou o interlocutor. 2

Introdución á sociolingüística galega 2007/2008 USC

4. Descrición e análise da situación sociolingüística galega. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia

1.3.2. Bilingüismo adquirido e bilingüismo consecutivo

1) Bilingüismo adquirido: adquisición simultánea das dúas linguas antes dos 3 ou 4 anos. 2) Bilingüismo consecutivo: aprendizaxe dunha segunda lingua. 1.3.3. Bilingüismo aditivo e bilingüismo substrativo

1) Bilingüismo aditivo: aprendizaxe da segunda lingua como ampliación do repertorio lingüístico do individuo. 2) Bilingüismo substrativo: a) En sentido feble: a aprendizaxe da segunda lingua supón a distorsión de parte do repertorio lingüístico (tendencia á fusión, distorsión, interferencias). b) En sentido forte → semilingüismo: noción que nace do estudo de comunidades lingüísticas de inmigrantes que viven en condicións de illamento da comunidade de orixe e non posúen medios para a boa aprendizaxe da segunda lingua nin para manter en condicións a primeira. O que acontece é que se deteriora a competencia lingüística na lingua nativa sen obter competencia suficiente na segunda lingua, de xeito que se dá unha desestruturación, unha anomía lingüística. 2. Descrición da situación sociolingüística galegai 2.1.Introdución

Para a análise e descrición da situación sociolingüística galega imos comparar os datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia (datos de 1991 – 1992) cos da enquisa realizada en 2003 polo Instituto Galego de Estatística. Aínda que 11 anos é un lapso de tempo reducido para detectar mudanzas e tendencias, o galego está a sufrir un proceso de cambio moi rápido e a comparación destes datos pode darnos unha idea da evolución da situación sociolingüística. Por outra banda, debemos ter en conta a diferenza entre os datos declarados e os observados. A fiabilidade dos primeiros depende do tema que se trate (por exemplo, en cando á lingua inicial poden ser fiables, pero non así no que se refire á habitual), mentres que os segundos son, en xeral, máis fiables.

3

Introdución á sociolingüística galega 2007/2008 USC

4. Descrición e análise da situación sociolingüística galega. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia

2.2.Lingua inicial declarada (2003)

Como podemos observar, en 2003 máis da metade da poboación ten o galego como lingua inicial, menos dun terzo o castelán, arredor do 16% as dúas e unha porcentaxe moi reducida outras. -

Bilingües iniciais + galego lingua inicial = 2/3 da poboación teñen o galego como lingua inicial.

-

Bilingües iniciais + castelán lingua inicial = menos da metade da poboación ten como lingua inicial o castelán.

2.3.Lingua habitual declarada (2003)

-

Monolingües en galego + bilingües de dominancia galega = máis do 60% da poboación usa o galego. 4

Introdución á sociolingüística galega 2007/2008 USC

4. Descrición e análise da situación sociolingüística galega. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia

-

Bilingües de dominancia galega + bilingües de dominancia castelá = menos do 40% da poboación é bilingüe.

-

Monolingües en galego + monolingües en castelán = máis do 60% da poboación é monolingüe.

2.4.Competencia nas catro destrezas básicas (2003)

-

Observamos unha frecuencia decrecente: receptiva oral < produtiva oral < receptiva escrita < produtiva escrita. O elevado nivel de comprensión do galego pode estar relacionado coa proximidade lingüística co castelán e coa grande presenza ambiental que ten.

-

Cómpre ter en conta as distorsións de autopercepción de competencias: Os castelanfalantes son optimistas no que se refire ás súas competencias en galego. Os galegofalantes son pesimistas no que se refire ás súas competencias en galego e optimistas en castelán, aínda que non tanto coma os anteriores.

5

Introdución á sociolingüística galega 2007/2008 USC

4. Descrición e análise da situación sociolingüística galega. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia

2.5.Lingua inicial por tramos de idade (2003)

Comezamos agora a cruzar as variables sociolingüísticas anteriores con variables sociolóxicas. Para isto é necesario identificar as variables sociolóxicas máis relevantes. A idade é unha variable de grande importancia en procesos de asimilación ou substitución e normalización, xa que nos permite facer proxeccións en tempo aparente a partir de datos obtidos en tempo real, é dicir, a partir dos datos sincrónicos podemos facer unha proxección diacrónica da evolución do galego como lingua inicial neses anos -

Nos individuos nacidos entre 1938 e 1968 prodúcese unha forte caída do galego como lingua inicial, coincidindo con: A emigración, un fenómeno que sofren sobre todo os galegofalantes, pero que en épocas anteriores ao franquismo era unha emigración de ida e volta e, ademais, a presión do castelán non era tan forte. O franquismo: que exerce unha forte presión contra o galego perseguíndoo nos usos públicos (represión difusa) de xeito que os galegofalantes deixan de transmitírllelo aos seus fillos;



6

Introdución á sociolingüística galega 2007/2008 USC

4. Descrición e análise da situación sociolingüística galega. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia ►

ademais dispón de novos instrumentos de asimilación moi potentes: os medios de comunicación e o ensino (aumenta tamén a poboación escolarizada).

Estes factores preexistían, pero nunca se dera unha combinación tan potente cunha política de estado que lle dese tanta importancia á lingua. -

Estancamento

da perda do galego como lingua inicial tralo franquismo:

Abonda con que o Estado afrouxe a presión exercida sobre o galego e con que a emigración decaia para que deixe de perderse o galego como lingua inicial. Isto pon de manifesto que aínda que a decisión da lingua que se lles transmite aos fillos é privada, é unha decisión condicionada en parte polo ambiente, é dicir, tamén ten parte de sociolóxica. -

Lingua inicial castelá

:

Aumenta en relación á caída do galego, pero acompañada tamén do aumento do bilingüismo inicial. No último tramo aumenta a custa do bilingüismo inicial, non do galego. Por iso podemos falar dun bilingüismo2 de transición de tipo asimilatorio, xa que serve para o paso gradual ao castelán. 2.6.Lingua habitual na familia por idade (2003)

Gráfico baseado non en porcentaxes, senón nunha fórmula numérica: 2

O bilingüismo pode ser: equilingüismo, asimilatorio ou de recuperación. 7

Introdución á sociolingüística galega 2007/2008 USC

4. Descrición e análise da situación sociolingüística galega. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia

1

2

3

← máis castelán

4 máis galego →

-

En tódolos tramos de idade vai diminuíndo o galego como lingua habitual do seguinte xeito: avós > pais > irmáns > parella > fillos, agás nos tramos de 26 a 35 e de 16 a 35 nos que a lingua habitual coa parella é menor ca cos fillos, xa que hai parellas que falan castelán pero que aos fillos lles falan galego, polo que hai un proceso de recuperación (maior conciencia lingüística).

-

Noutras enquisas a estudantes de 10 a 14 anos compróbase que hai moita variabilidade nos usos lingüísticos na familia: é maior a presenza do galego nas xeracións máis vellas e menor nas máis novas; os avós son en moitas ocasións os que transmiten a competencia en galego aos netos, xa que os pais lles falan castelán aos fillos.

2.7. Lingua inicial por tamaño de hábitat (2003) Castelán IGE 51,7

Nas Dúas IGE

19,9

Máis de 50.000

Galego IGE 28,4

31,1 22,9

De 10.000-50.000

46

16,9 13,1

Menos de 10.000

70

0

10

20

Tipos de hábitats

30

40

50

60

non urbano semiurbano (vilas) urbano (cidades)

8

70

80

90

100

→ menos de 10.000 habitantes → 10.000 – 50.000 habitantes → máis de 50.000 habitantes

Introdución á sociolingüística galega 2007/2008 USC

4. Descrición e análise da situación sociolingüística galega. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia

O hábitat é unha variable sociolóxica importante, que nos permite explicar boa parte da variación sociolingüística. Como podemos comprobar as diferenzas entre estes tres tipos de hábitats son moi notables: -

Menos de 10.000 habitantes:

o galego é lingua inicial de ata o 70%; hai menos bilingüismo inicial ca noutros hábitats; é o hábitat no que a presenza do castelán como lingua inicial é menor. -

10.000 – 50.000 habitantes:

o galego sigue sendo a lingua inicial máis importante; é o hábitat no que hai máis bilingüismo inicial; o castelán é a lingua inicial de arredor dun terzo da poboación. -

Máis de 50.000 habitantes:

o castelán é a lingua inicial maioritaria; o bilingüismo inicial é importante, pero non tanto coma no hábitat anterior; o galego é a lingua inicial minoritaria. 2.8.Lingua inicial nas sete cidades (2003) 59,7

60

54,6

54,2

39

35,8

40

32,9

30,7

20

50,1

39,8

45,3

33

28,5

13,1 1,9

24,1

24,9

24,5

23,5

19,7

15,9

17,4

2,1

0,9

1,9

3,5

0,3

1,6

0

A Coruña

Ferrol

Santiago En castelán

-

20,9

Lugo En Galego

Ourense Nas dúas

Pontevedra

Vigo

Noutra/s

As cidades presentan perfís moi diferentes e que non sempre responden á percepción social: A Coruña non é a cidade máis castelanizada de Galiza en contra do que se puidera pensar, xa que o discurso público contra o galego creou unha imaxe na que os cidadáns se recoñecen, pero non é real.

9

Introdución á sociolingüística galega 2007/2008 USC

4. Descrición e análise da situación sociolingüística galega. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia

Vigo é a cidade máis castelanizada de Galiza, aínda que non ten a imaxe de cidade castelanizada que ten A Coruña e o galego está relativamente presente na vida pública. Ourense e Lugo son as cidades das que máis se mantén o galego. Como vemos, a realidade sociolingüística é complexa e en Galiza hai ambientes moi galeguizados, pero tamén os hai moi castelanizados xa que non é un bloque homoxéneo. Isto haino que ter en conta: a) Para calquera intervención normalizadora (hai que ter en conta non só os datos obxectivos dos diferentes ambientes, senón tamén as percepcións sociais). b) Para o ensino, xa que non se pode aplicar o mesmo modelo en ambientes tan diversos. 2.9.Evolución da lingua inicial (1992 > 2003)

A evolución que se observa nestes dous gráficos non quere dicir que siga habendo unha perda do galego como lingua inicial, xa que se no 1992 o galego era lingua inicial maioritaria nos tramos de maior idade pero non nas persoas máis novas, isto explícase só por evolución vexetativa.

10

Introdución á sociolingüística galega 2007/2008 USC

4. Descrición e análise da situación sociolingüística galega. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia

2.10.Evolución da lingua habitual (1992 > 2003) 70

MSG ECVF

60

50

42,85

40 38,7 30

29,9 20 18,47

20,8

19,86

18,82

10

10,6

0 Só Galego

Máis Galego

Máis Castelán

Só castelán

Como podemos observar a tendencia que reflicte este gráfico é: a) O aumento do monolingüísmo, tanto galego como castelán. b) A diminución do bilingüismo, tanto de dominancia galega coma de dominancia castelá. Estes datos son congruentes coa freada da perda do galego como lingua inicial e non se poden explicar pola evolución da competencia, pero si en termos de ocasións de uso e motivación (LePage): 1) Aumento dos monolingües en castelán (que en principio se explica polo aumento do castelán como lingua inicial → evolución vexetativa): ■

Ocasións de uso dos castelanfalantes para falar galego: En xeral aumentan, xa que aumenta a presenza do galego na vida pública e hai unha maior mobilidade da poboación, pero isto depende de moitos factores. En ámbitos concretos coma o ensino non podemos dicir que se dea un grande aumento das ocasións de uso, xa que é un ámbito máis galeguizado onde o galego xa é lingua de uso, e máis castelanizado onde o castelán é a lingua de uso habitual.



Motivacións dos castelanfalantes para falar galego:

11

Introdución á sociolingüística galega 2007/2008 USC

4. Descrición e análise da situación sociolingüística galega. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia

Nun primeiro momento (ata os anos 90) a percepción da persecución do galego estaba máis presente e isto podía supoñer un elemento motivador para que algúns castelanfalantes falasen galego, xa que se vía a necesidade dunha reparación histórica. Posteriormente, en parte como produto do proceso normalizador, percíbese que esa reparación histórica xa se produciu. Isto, acompañado da recuperación do discurso nacionalista español promovido desde Madrid, fai que o grupo castelanfalante se reafirme e xa non teña a motivación que tivera antes para falar galego. 2) Aumento dos monolingües en galego, un aumento que en principio sorprende e que non se pode explicar pola evolución das competencias. ■

Ocasións de uso: o aumento da mobilidade fai que a comunidade galegofalante deixe de estar tan illada coma noutros momentos, polo que tamén aumentan as ocasións de uso do castelán.



Motivacións: é posible que o monolingüísmo en galego se alimente do bilingüismo de dominancia galega xa que aumenta a seguridade lingüística dos galegofalantes, polo que non ven a necesidade de falar castelán en determinadas ocasións nas que antes si o facían. Isto está directamente relacionado coa mellora do estatus social da lingua, aínda que tamén pode influír a mellora da competencia lingüística.

En conclusión, estamos asistindo a un proceso de escisión dunha comunidade lingüística complexa, unida pola diglosia, en dúas comunidades lingüísticas que van gañando autonomía. 2.11.Evolución da competencia lingüística 100 90

MSG

ECVF

97,1

80

85,3

86,4

97,3

90,1

70 60 50

49,8

40

45,9

30 20

27,1

10 0 Escribir

Ler

Falar

Entender

A caída do bilingüismo non leva consigo unha caída da competencia lingüística. Como podemos ver no gráfico, a evolución das diferentes destrezas en galego é a seguinte: -

Comprensión: mantense moi alta. 12

Introdución á sociolingüística galega 2007/2008 USC

4. Descrición e análise da situación sociolingüística galega. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia

-

Fala: increméntase e é tamén moi alta. Lectura: aumento notable da competencia, aínda que non plenamente satisfactorio. Escritura: aumento insuficiente.

Como vemos, as competencias da oralidade son moi elevadas pero na aínda que hai un incremento moi notable (presenza do galego no ensino), seguen sendo insuficientes. Por outra banda, a introdución do galego no ensino dá lugar a uns falantes alfabetizados en galego e, polo tanto, cunha maior conciencia lingüística e unha menor tendencia á asimilación lecto – escritura,

2.12.Lingua inicial segundo a lingua habitual (2003)

0,1

En galego 1,4 0,1

73,2 20,4

4,9

18,7 30,7

Nas dúas

37,4

13,2 0,1 4,9

En castelán

8,5 32,5

54

24,4 13,1

Noutra/s 0

10 Só castelán

15,3 15,8

20

31,4

30

40

Máis castelán

50

60

Máis galego

70 Só galego

80

90

100

Outra/s

Os resultados da lingua habitual segundo a lingua inicial son contraintuitivos, feito que pode translucir que existen fenómenos que non se ven ou que se dá unha distorsión dos mesmos por causa da percepción social. -

Hai un peso do bilingüismo maior do esperable.

-

Os falantes co galego como lingua inicial manteñen máis a lingua inicial cós que falantes de lingua inicial castelá. Isto é contraditorio co proceso de asimilación, xa que apunta a unha recuperación.

Neste senso debemos distinguir entre o cambio interxerancional e o intraxeracional ou biográfico. Téndese a pensar que os dous van no mesmo sentido, pero non é así: mentres que no cambio interxeracional hai unha forte perda de falantes no biográfico hai unha leve recuperación. Como vemos, a situación global reflexa a interacción de diferentes microprocesos que camiñan en direccións diferentes. 13

Introdución á sociolingüística galega 2007/2008 USC

4. Descrición e análise da situación sociolingüística galega. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia

2.13.Destrezas segundo a lingua habitual (1992)

100%

98,60%

99,90% 99%

95,80%

97,80%

83,30%

80% 71,60%

60%

45,10%

59,20% 36,20%

40%

50% 28,10%

38,80%

30,40%

21,10%

20%

24,30%

0% só galego

máis galego escribir

falar

máis castelán ler

só castelán

entender

1) Paradoxos: a) Monolingües en galego: moita competencia nas destrezas da oralidade pero moi baixas na lecto-escritura. b) Bilingües de dominancia galega: increméntanse as competencias en lectoescritura, pero sigue habendo un desfase moi importante con respecto ás da oralidade. c) Bilingües de dominancia castelá: baixa a competencia nas destrezas orais e aumenta nas de lecto-escritura. É o grupo que menor desfase presenta entre estes dous tipos de destrezas. d) Monolingües en castelán: baixan as competencias nas destrezas orais, malia que a de comprensión continúa a ser alta. En lecto-escritura tamén son baixas, pero maiores cás dos monolingües en galego. 2) Fenómenos que se poden observar: a) Oralidade vs. lecto-escritura. b) Baixa competencia dos monolingües en galego nas destrezas de lectoescritura, un fenómeno relacionado co perfil sociolóxico deses falantes: son de maior idade, teñen unha capacitación educativa menor, viven no ámbito rural e están relacionados coa economía primaria3. 3

A capacitación requerida para o traballo (permanencia no sistema educativo e manexo de linguas) non é a mesma nas ocupacións do sector primario (aprendizaxes orais) ca nas do sector terciario (maior capacitación educativa, necesidade dunha maior competencia nas destrezas de lecto-escritura). Neste 14

Introdución á sociolingüística galega 2007/2008 USC

4. Descrición e análise da situación sociolingüística galega. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia

2.14.Destrezas segundo o nivel de estudos (1992)

100% 80%

98,50%

97,40% 96,40%

90%

96,80%

96,90%

77,90%

76,40%

68,70%

75,60%

60%

56,10%

51,30%

40%

36,50%

20% 0%

16,40% 8% 0,50%

ningúns

primarios escribir

ler

medios falar

universitarios entender

Como podemos observar, canto maior é o nivel de estudos menor é a competencia na oralidade activa e maior na lecto-escritura. É un dato bastante curioso e que está relacionado coa introdución do galego no ensino. 2.15.Destrezas segundo a idade (1992)

A idade é unha variable sociolóxica cun grande poder explicativo. Así, observamos: - A competencia na oralidade activa descende canto menor é a idade. sentido ten poder explicativo a asociación de ocupación, nivel educativo requerido e manexo da lecto-escritura, pero non a clase social (que é difícil de definir en termos socioeconómicos e que non achegaría resultados significativos). 15

Introdución á sociolingüística galega 2007/2008 USC

4. Descrición e análise da situación sociolingüística galega. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia

-

A competencia en lecto-escritura aumenta canto menor é a idade.

Así, por exemplo, os resultados dunha enquisa feita na USC reflectían que a competencia en lecto-escritura era maior nos alumnos ca nos profesores. *** Como puidemos ver, as variables sociolingüísticas máis importantes son as de lingua inicial, lingua habitual e competencia lingüística; mentres que as variables sociolóxicas relevantes son a idade, o hábitat, o nivel de estudos ou a profesión. Os cruces entre estes dous tipos de variantes reflicten tendencias evolutivas. Entre elas destaca o cruce entre lingua inicial e lingua habitual, que nos achega un resultado contra-intuitivo que demostra que a situación sociolingüística que estamos a analizar é complexa e está composta por diferentes dinámicas que non sempre van na mesma dirección nin ao mesmo ritmo. 3. Outras cuestións 3.1.Hábitats e redes de comunicación social

1) O hábitat é unha das variables sociolóxicas máis relevantes, feito que se explica por unha historia social na que as cidades foron enclaves castelanizadores: ■

A lenta urbanización que se deu en Galiza favorece que se dea a asimilación dos falantes que chegan ás cidades.



Así, a vida pública das cidades queda reservada ao castelán, feito que favorece a fragmentación do galego por carecer dun espazo de comunicación supradialectal. Un exemplo é o caso de Santiago, onde aínda están vivas as diferentes variedades dialectais.

2) A oposición entre hábitats rurais e urbanos está estreitamente vencellada con dous tipos de redes de comunicación social, tamén opostos: a) Redes sociais densas e múltiples:

16

Introdución á sociolingüística galega 2007/2008 USC

4. Descrición e análise da situación sociolingüística galega. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia

■ ■

Densas: cada un dos participantes relaciónase con todos os demais. Múltiples: os participantes relaciónanse entre si por varios conceptos.

b) Redes sociais difusas en sinxelas:

■ ■

Difusas: non todos os participantes se relacionan entre si. Sinxelas: a relación entre os participantes prodúcese por un só concepto.

Así, no medio non urbano a rede é densa e múltiple, mentres que no urbano predominan as difusas e sinxelas, que favorecen unha variedade lingüística máis impersoal e tamén ao castelán. A noción de redes de comunicación é unha ponte entre a de dominios de uso (macro) e a análise de situacións comunicativas concretas (micro). 3.2.Dominios de uso (macro)

1) A noción de dominio de uso resulta da correlación entre: a) Regularidades no uso lingüístico (variedades) → xéneros do discurso e tipos de texto específicos. b) Contextos nos que se impoñen determinadas pautas de uso lingüístico. É o que xustifica falar, por exemplo, do galego no ensino. 2) Tipos de dominios: a) Altos: formal, público, impersoal, variedades máis estandarizadas e elaboradas. b) Baixos: informal, privado, persoal, variedades máis relaxadas, espontáneas, menos estandarizadas e elaboradas. A pertinencia sociolingüística desta distinción ten moitas ramificacións en tódolos planos (uso, forma, significado, nivel de elaboración...). Así, a noción de diglosia constrúese sobre ela (funcións, prestixio, elaboración). Ademais, debemos ter en conta o carácter multiplicador dos dominios altos, importante para crear un ambiente sociolingüístico e para a exposición dos falantes á lingua, en especial en situacións de contacto. 17

Introdución á sociolingüística galega 2007/2008 USC

4. Descrición e análise da situación sociolingüística galega. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia

Por outra banda, a noción de redes pódese reconducir á de dominios: -

Dominios altos → redes difusas. Dominios baixos → redes densas. 3.3.Situacións comunicativas concretas (micro) 3.3.1. Proposta de Halliday

Existen diversas estratexias para analizar e interpretar os eventos comunicativos concretos, imos expoñer a proposta de Halliday que se basea na distinción de tres grupos de elementos: 1) Campo ou acción social na que se insire, no que distinguimos: a) Escenario institucional (fogar, rúa, escola...). b) Tema en relación co escenario institucional: máis institucionalizado ou máis persoal. É un elemento que define en gran medida a modulación lingüística. 2) Teor, no que se contemplan a) Identidade dos participantes, tanto individualmente como en relación á categoría social á que pertencen. b) Relación entre os participantes no evento. Por exemplo, non é a mesma relación entre un mecánico e unha médica nun hospital ca nun taller. 3) Modo, no que se inclúen: a) Canle: oral ou escrita, en persoa ou non... b) Xénero: existen diferentes xéneros codificados, con pautas claras de uso lingüístico. 3.3.2. Significado do uso e acomodación lingüística

A sociolingüística tradicional tende a afirmar que as variedades lingüísticas están simplemente asociadas a certas situacións. Porén, a lingua é un elemento que tamén pode contribuír a definir a situación. É dicir, non só as mensaxes lingüísticas teñen significado e significante, senón que tamén o uso que se faga da lingua pode ter un significado4, é o que chamamos significado do uso: a) É importante para moldear a autopercepción e identidade do falante en relación con grupos socialmente recoñecidos (solidariedade ou non con eles). b) Coñecer e manexar o significado do uso forma parte da competencia comunicativa. c) Son significados non inherentes, senón socialmente atribuídos e tamén variables. En relación con isto están as estratexias de acomodación lingüística, é dicir, como se manexan nas situacións de interacción estes significados do uso mediante a converxencia ou diverxencia lingüística para expresar solidariedade, 4

Por exemplo nos estudos de xénero no uso lingüístico subxacen relacións de poder, pautas repetidas e transculturais (importante para a sociolingüística aplicada). 18

Introdución á sociolingüística galega 2007/2008 USC

4. Descrición e análise da situación sociolingüística galega. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia

disociación, dominación ou subordinación entre os falantes ou os grupos cos que se identifican: a) Converxencia: estratexia de acomodación típica na que se dá unha aproximación entre os interlocutores nas súas pautas lingüísticas, como expresión de solidariedade. Pode ser: ■ Mutua ou unilateral. ■ En situacións de contacto: ascendente (B → A) ou descendente (A → B) b) Diverxencia: disociación que se manifesta na tendencia ao uso de pautas lingüísticas claramente diferenciadas como mostra de antipatía. Un tipo especial de diverxencia é a desacomodación, consistente na repetición de mensaxes emitidas nunha lingua x por un interlocutor y noutra lingua por outro interlocutor. Debemos ter en conta que a interpretación da converxencia unilateral non é sempre a mesma, xa que os significados socialmente atribuíbles ao comportamento lingüístico son complexos5. Así, para un galegofalante o feito de que un castelanfalante lle use o galego pode ter varias interpretacións, e mesmo levar a unha converxencia cruzada (o castelanfalante fala galego e o galegofalante fala castelán). O cambio de lingua do castelanfalante nesta situación pode explicarse por solidariedade, pero o do galegofalante pode ter diferentes motivacións: ■

Que non perciba que o interlocutor lle está a falar galego, porque o fala moi mal ou porque non concibe que unha persoa pertencente a unha certa categoría social poida falar galego.



Se percibe que o interlocutor fala galego pode usar o castelán por diversos motivos: Razóns pragmáticas. Percepción dun uso condescendente (paternalista), é dicir, interprétase que o interlocutor fala galego porque cre que non vai ser entendido en castelán. Entón o galegofalante reacciona usando o castelán para demostrar que domina esa lingua.

Como vemos, nunha situación comunicativa sinxela hai moitas posibilidades xa que se vai moldeando de xeito dinámico e interactivo e interveñen moitos factores. Todo isto haino que interpretar en termos da percepción do falante6, non do observador, xa que os significados socialmente atribuídos están relacionados con esa percepción que combina información lingüística + identidade social + situación para identificar o que fala o interlocutor. De aí a complexidade deste tipo de análises. ***

5

Se a interpretación fose unidireccional nas situacións de diglosia non podería existir a converxencia descendente. 6 Así, por exemplo, trazos coma a entoación son moi importantes para a percepción do falante, aínda que sexa un elemento marxinal para a lingüística. 19

Introdución á sociolingüística galega 2007/2008 USC

4. Descrición e análise da situación sociolingüística galega. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia

En conclusión, a sociolingüística non pode ser só descritiva, senón que ten que incluír a interpretación e como os participantes perciben as situacións. As dúas cousas son necesarias para comprender a situación dun idioma.

20

Introdución á sociolingüística galega 2007/2008 USC

i

Bibliografía:

-

Lorenzo, A. / Monteagudo, H. (2005): A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992 – 2003). Santiago, Consello da Cultura Galega

-

www.loia.org

-

Fernández Rodríguez, M. & Rodríguez Neira, M. (coords.): Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña, Real Academia Galega, 1994

-

Fernández Rodríguez, M. & Rodríguez Neira, M. (coords.): Usos lingüísticos en Galicia. A Coruña, Real Academia Galega, 1994

Related Documents


More Documents from ""

May 2020 6
May 2020 3
May 2020 4
May 2020 2
May 2020 3
May 2020 4