2. A Época Nós. Poesía
1. Introdución A comezos do século XX os labregos vivían malamente por mor dos trabucos e os foros, ademais de que na agricultura galega non existían as innovacións que xa estaban presente na agricultura doutras zonas de Europa. Isto fixo se producisen mobilizacións contra esta situación e, neste contexto, o cultivo da poesía perdeu protagonismo. Con todo, non se produce un baleiro total na literatura, como veremos deseguido. 2. Ramón Cabanillas (1876 – 1959) 2.1.
Vida
Traballa desde os 17 anos no Concello de Cambados, polo que ten unha posición acomodada. Estudaría no Seminario e en 1910 emigra a Cuba atraído polas novas que lle chegan de América, non por necesidade, e alí coñece a Roberto Blanco Torres e a Basilio Álvarez, quen ve nel un sucesor de Curros (que acababa de morrer) que podería cultivar unha poesía combativa e anticaciquil. 2.2.
Formación
Cabanillas pasa por diversos movementos estéticos e ideolóxicos, así como por diferentes réximes políticos, mantendo unha actitude bastante regular: ■ ■
■ ■
2.3.
É unha persoa bastante devota (formárase no seminario); a súa principal faceta vai ser a de poeta social, como sucesor de Curros, contribuíndo a formar un sistema de ideoloxemas para o discurso nacionalista que estaba nacer no momento; a súa obra presenta algúns trazos modernistas1 (gusto polo exotismo – relixións e culturas orientais –, cromatismo...); a súa obra non presenta trazos vangardistas, pero aínda así é respectado polos poetas das vangardas e converterase nun dos patriarcas máis honrados da cultura galega. Obra
1) No desterro (1913): ■ intimismo, ■ trazos modernistas:
1
Como consecuencia da crise de 1898 a poesía española vivira un momento de pesimismo, feito que só cambia con Rubén Darío quen introduce o Modernismo, que pode ser de dous tipos: 1) sensual e cromático, a estética que se impoñerá; 2) máis próximo ao pesimismo da Xeración do 98.
1
Literatura Galega das Irmandades da Fala á Guerra Civil 2007/2008 USC
2. A Época Nós. Poesía
A PRINCESA ROIBA...
■
Reza un merlo no souto frorido de cereixos relixioso ofertorio duns místicos amores. Pasa un vento de bicos que vai buscando beixos, como enxame de abellas que vai buscando frores.
Nas follas dos salgueiros pelexas e chilidos. Un trasno luxurioso estala en gargalladas ollando, sobre o espello das augas, os despidos corpos, cristal e neve, dun fato de driadas.
Fío a fío debulla súa madeixa a fonte barbullando chorosa o verso lexendario do Paxe do Castelo aforcado na Ponte e da Reina encantada no Pazo solitario.
Nos cálices das rosas hai comunión de orballo. Mentras no rexio alcázar xunto ó baleiro trono por ela espera a Corte, á sombra dun carballo texe a Princesa roiba un encaixe de Ensono.
poesía anticaciquil.
2) Vento mareiro (1915): ■ predomina o intimismo; ■ incitación á loita e mesmo á violencia, feito do que se arrepentirá posteriormente: ACCIÓN GALLEGA
Encomenda
Hino ¡Irmáns! ¡Irmáns gallegos! ¡Dende Ortegal ó Miño a folla do fouciño fagamos rebrilar!
A ti, miña muller, arca pechada que no seu fondo garimoso encerra o que me queda santo sobre a terra, van estes versos de visión dourada.
Que vexa a Vila podre, coveira da canalla, a Aldea que traballa disposta pra loitar.
Eles diranche que, ó través da vida, sempre, sempre miña alma soñadora pideulle a Dios que na postreira hora cerre os meus ollos esa man querida.
Antes que ser escravos, ¡irmáns, irmáns gallegos! que corra a sangre a regos dende a montana ó mar.
E neles vai, paxaro cara ó niño, agardando que o colla con cariño, este meu rogo que a visión compreta:
¡Ergámonos sin medo! ¡Que o lume da toxeira envolva na fogueira o pazo siñorial!
Quero na lousa que me dé sosego esta palabra que ten luz: "Gallego" e esta palabra que ten ás: "Poeta".
Xa o fato de caciques, ladróns e herexes, fuxe ó redentor empuxe da alma rexional. Antes que ser escravos, ¡irmáns, irmáns gallegos! que corra a sangre a regos dende a montaña ó val.
3) Da terra asoballada (1917): en 1915 volvera a Galiza e ingresara nas Irmandades da Fala, de xeito que se convertería no Poeta da Raza. En poemas coma “En pé” Cabanillas usa unha serie de símbolos que serven para reforzar o discurso nacionalista que se está creando:
2
Literatura Galega das Irmandades da Fala á Guerra Civil 2007/2008 USC
2. A Época Nós. Poesía
■ ■ ■
Pardo de Cela (1483), referencia aos Suevos, referencia ao Medulio. ¡EN PÉ! A Lois Porteiro ¡Irmáns! En pé, sereos, a limpa frente erguida, envoltos na brancura da luz que cai de riba, o corazón aberto a toda verba amiga, e nunha man a fouce e noutra man a oliva, arredor da bandeira azul e branca, arredor da bandeira da Galicia, ¡cantémo-lo dereito a libre, nova vida! Validos de treidores a noite da Frouseira a patria escravizaron uns reises de Castela. Comestas polo tempo, xa afloxan as cadeas… ¡irmáns asoballados de xentes estranxeiras, ergámo-la bandeira azul e branca! ¡E ó pé da enseña da nazón galega cantémo-lo dereito a libertar a Terra! ¡Irmáns no amor á Suevia de lexendaria historia, ¡en pé! ¡en pé, dispostos a non morrer sin loita! ¡O día do Medulio con sangue quente e roxa mercámo-lo dereito a libre, honrada chouza! ¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca! A oliva nunha man, a fouce noutra, berremos alto e forte: "¡A nosa Terra é nosa!"
4) A man de Santiña (1921): peza teatral que lle piden en 1919 para estrear no Conservatorio Nazonal d’Arte Galego2 fundado pola Irmandade da Coruña. É unha peza que pretende dignificar a lingua, por iso a pon en boca de personaxes burgueses afastándose do ruralismo do século XIX, que identificaba o galego só co ambiente rural. 2
A creación desta institución é un feito moi alentador xa que intenta cubrir un baleiro importante no sistema cultural galego. Así, promove traducións de pezas doutras literaturas e a creación de pezas galegas renovadoras.
3
Literatura Galega das Irmandades da Fala á Guerra Civil 2007/2008 USC
2. A Época Nós. Poesía
5) O mariscal (1926): peza teatral que escribe inducido e coa colaboración de Antón Villar Ponte. ■
■ ■
Contido: pretende reactivar o mito do Mariscal Pero Pardo de Cela (1483), describíndoo coma un precedente do nacionalismo (malia que a verdade histórica é moi diferente). Antecedentes: ciclo de romances (“A Frouseira”). Representación: non se representa ata 1994.
6) Na noite estrelecida (1926): ■ ■ ■
■
Contido: galeguización do mito nórdico do rei Artur e o Santo Graal. Antecedentes: literatura medieval. Estrutura en tres sagas: A espada escalibor, O cabaleiro do Santo Grial, O sono do rei Artur. Forma: verso alexandrino (solemnidade) + octosílabo (aceleración do ritmo).
7) A rosa de cen follas (1927): ■ Contido: Saudosismo, escola portuguesa que ten unha importante acollida en Galiza, en especial a partir da obra de Teixeira de Pascoaes3. Así, a saudade comeza a ser usada coma un ideoloxema, un trazo propio dos países do arco atlántico (Galiza, Portugal, Bretaña vs. Castela e o Mediterráneo). Descríbese a saudade coma unha vivencia de perda, incerta (será tratada despois da Guerra por Ramón Piñeiro ou T. Queiroga). Derivado do anterior, comeza a formarse o sistema de oposicións Atlántico vs. Mediterráneo e norte vs. sur, sobre as que tamén se vai construíndo o discurso nacionalista. É unha poesía lírica, sen dependencias ideolóxicas, o tipo de poesía que Cabanillas buscaba. 8) Despois da guerra: a) Camiños no tempo (1949). b) Da miña zanfona (1954). c) Versos de alleas terras e de tempos idos (1955). d) Samos (1958). e) Obra completa (1959), costeada polo Centro Galego de Buenos Aires.
3. Noriega Varela (1869 – 1947)
3
Quen mantén correspondencia con Noriega Varela, Álvaro Cebreiro e Risco, entre outros.
4
Literatura Galega das Irmandades da Fala á Guerra Civil 2007/2008 USC
2. A Época Nós. Poesía
Noriega Varela non é un autor comprometido co nacionalismo de esquerdas e, posteriormente, sería próximo ao réxime. Salva, en parte, o baleiro literario que se dá durante o período agrarista. As principais características da súa obra son: a) Forma: perfección métrica clásica e habilidade para compoñer sonetos. b) Contido: Continuador do costumismo do XIX, pero con valores propios (perfección métrica); franciscanismo: expresión da emoción que lle causan as cousas pequenas; certo saudosismo; trazos modernistas (poesía cromática), É autor de: 1) Montañeses (1901) 2) Do ermo (1920), obra que lle publican Risco e Otero Pedrayo. 4. Manuel Antonio (1900 – 1930) 4.1.
Vida
Manuel Antonio nace en Rianxo e queda orfo de pai aos dous anos, cando vai vivir para Padrón cun parente. Estudaría Bacharelato en Santiago e, posteriormente, Náutica en Vigo. 4.2.
Pensamento
Sabemos que Manuel Antonio posuía unha biblioteca excepcional (revistas galegas, españolas e estranxeiras, libros en francés e inglés...), pero a mellor fonte sobre a súa vida e o seu pensamento é a súa correspondencia (con Dieste, Castelao, Álvaro Cebreiro...), da que dispoñemos grazas a que adoitaba gardar copas das súas cartas. Así, en 1978 García Sabell recompílaas e publícaas. Algúns dos datos que tiramos da correspondencia de Manuel Antonio son: a) En 1918 escríbelle, xunto co seu primo Rogelio Pérez González, ao cónsul de Francia para se alistar no exército francés, unha mostra do seu espírito revolucionario e idealista. b) Destaca tamén a súa correspondencia co director da revista Suevia, ao que lle pide que lle publique o soneto “Solo tú, luna pálida” (composición en castelán e cun rastro romántico que posteriormente abandonará), que lle é rexeitado nun primeiro momento, pero publicaríanllo no nº 15 (1918). Cando lle rexeitan os poemas Manuel Antonio contesta dun xeito moi firme, o que desvela unha personalidade forte. 4.3.
Contexto
Durante a Época Nós hai unha serie de autores que se poden denominar vangardistas, xa que seguen certas propostas dos manifestos das vangardas europeas, pero sen levalas aos extremos. Por esta razón, para moito autores a 5
Literatura Galega das Irmandades da Fala á Guerra Civil 2007/2008 USC
2. A Época Nós. Poesía
existencia de vangardas en Galiza é discutible, polo que quizais sexa máis axeitado dicir que houbo a vangarda posible para unha cultura emerxente que se debatía entre: a) a creación dun novo discurso nacionalista; b) e o feito de dirixirse a unha sociedade difícil, na que seguramente non triunfarían propostas extremadamente renovadoras (coma a escrita automática, que non chegou a practicarse neste momento). Con todo, a figura máis plenamente vangardista ou que máis se achega ás vangardas foi Manuel Antonio, que pertence á chamada Xeración Novecentista (autores nacidos arredor de 1900) que, xunto coa Xeración da República é a encargada de darlle á literatura galega e ás artes en xeral un pulo renovador. 4.4.
obra
Manuel Antonio comeza escribindo unha poesía moi convencional, mesmo na liña da de Cabanillas (combativa e previsible), pero axiña vai abandonando isto en favor de formas máis vangardistas (versolibrismo, metáforas múltiples...) 4.4.1.
Manifesto ¡Máis Alá! (1922)
Escríbeo aos 22 anos coa colaboración do artista plástico Álvaro Cebreiro e contén os trazos retóricos dos manifestos vangardistas: irreverencia, provocación e iconoclastia. Sen pretensións de suficiencia doutoral, nin de ningún outro xeito semellante, a rebeldía duns mozos galegos fai esta chamada á Mocidade intelectual da nosa Terra.
O xesto Non nos erguemos do xeito que o fan a maioría dos que noutras terras publican manifestos máis ou menos literarios. Case todos eles tencionan arrecadar adeptos para algún novo ismo que aparece querendo ser a deriadeira verba da moderna Estética cando, en verdade, non son máis que unha nova proba de que un esnobismo operetesco invade a.Liieratura. Nós tencionamos tan só facer unha protesta forte,densa e implacable contra os vellos.
-
Chamada á mocidade para que non continúe a facer o mesmo cós epígonos.
-
Ataca mesmo ás vangardas.
-
Critica os que escriben no século XX coma no XIX, non aos devanceiros.
-
Afírmase que unha verdadeira renovación do país, desde o punto de vista nacionalista, ten que pasar primeiro por unha renovación estética.
Os vellos Os vellos non son os que escribiron ha= moitos anos -ueles son os devanceiros. Os vellos son os que escriben hoxe como se vivisen no antonte dos séculos. E a lei de sucesividade que nos fai respetar ás devanceiros, é a mesma que nos ergue e move para enterrar os vellos en vida, baixo a lousa inrnábil da súa vulgaridade, pola acefalia que supón o desexo de definir co pasado a hora de hoxe. Esta gafuara, de ser leigada a si mesma, debera irse, por exemplo, a Madrid, metrápole peninsular da barbarie civilizada, onde a súa teimosía anti-cronolóxica encadraría moi ben, completando aquel ambiente de inferioridade. Pero é a nosa desgracia que non só non fan =so senón que aínda teñen o pretendemento, que en parte conseguen, de pasar por persoeiros da nosa cultura; e isto con outras cousas máis, é o que non pode seguir sendo. A nosa razón Non é que nás adoezamos do tan extendido andacio de desbotar o vello por sistema e sen razón, cousa que se ve facer a miúdo ás Juventudes doutras terras. É que xa va= tendo carácter crónico a atrofia de sensibilidade na maioría dos que escriben en galego, e arneázanos o contaixo do pobo se non se atalla o mal, Este contaxio arrepiente será unha realidade se a xeración galega que hoxe medra ó acougo das Irmandades Nacionalistas, chega a tomar por mestres de sensibihdade os nosos prestixos literarios. Tida en conta a importancia primordial que a Arte ten nos rexurdimentos raciais (miudean os movementos nacionalistas que comenzan polo arredismo artístico) chegaremos a coidar senán fracasado polo menos de remota eficacia o actual movemento rexurdente na Galicia se non se consegue un troque radical no aspecto da nosa Literatura. Porque é pretender
6
Literatura Galega das Irmandades da Fala á Guerra Civil 2007/2008 USC
2. A Época Nós. Poesía
andar cos pes atados o tratar de libertarnos dos trabamentos externos sen facer antes o mesmo coa podredume interior.
-
Insístese na necesidade dunha renovación estética antes cá política.
-
Uso do adxectivo enxebre de xeito vangardista, xa que se pretenden non renunciar ao significado desta palabra que non existe noutras linguas romances. Con todo, este uso non triunfaría dada a carga de ruralismo do termo, que fora unha mot clée no XIX.
-
Ataque ao canon decimonónico: Curros, Rosalía e Pondal.
-
Ataque a Valle Inclán, ao canon español, aínda que pola correspondencia de Manuel Antonio sabemos que o admiraba.
-
Oposición Galiza vs. Castela e Madrid como símbolo da anti – Galiza.
O ruralismo Os nosos poetas, dende os precursores ata os seus herdeiros actuais, non serviron máis que para embrutecer o noso sentimento. Esta verdade, espallada ás catro ventos, seria o verdadeiro comenzo da loita xeral galeguista, Porque o voluntario castramento espiritual e colectivo que supón na Galicia a existencia do caciquismo. da ignorancia. do renunciamento á vida e á dignidade, cómpre anulalo antes que no terreo pohtico-social, no senso estético. Unha conveniencia estética pura e enxebre é o primeiro paso da volta a nás mesmos. E o máximo crime de lesa patria é un verso dese xeito que pregoan as ras da lagoa académica querendo irnpor o seu anacrónico croar por riba de toda voz nova, ceibe e ceibista. Porque ese fato de eunucos literarios, de espírito choldo e ateigado dunha declamatoira cursilería palabreira, son os que farán arre egar de si mesmo a calquera bo galego de espírito amplexo e depurado que coide ver neles a alma da raza. Mentres que tódalas culturas europeas foron erguendo, de pouco tempo acá, mausoleos de escuridade encol dese xeito de mortos en vida, ¿que espectáculo é o que damos en Galicia? Momias que fan esculturas á súa imaxe e semellanza. Mentres eles, cinguidos ó pasado, seguen cicelando estatuas feitas, fagamos nós, coas nosas inquedanzas, unha nova figura, grotesca quizais pero nova ó fin, para retábulo dos tempos.
Os devanceiros Diciamos no comenzo que respetábamos os devanceiros, pero queremos facer constar que non é nado este respeto nin na admiración nin na inferioridade nosa. Nós non admiramos a ninguén nin nos coidamos inferiores a ninguén. 0 noso respeto vén de que eles non tiveron culpa de vivir nun tempo de choída incultura castelá. Inda que nos esforzaramos por atopar algo de bo nos precursores, o noso trabarlo sería infructuoso. Nós non podemos ollar sen carraxe o baixo e noxento ruralismo de Losada4. Nin ese interés en converter o galego na fala intérprete de tódalas indecencias e vulgaridades que tiveron Losada e a maioria dos "mestres" menores. Nin a baldeirez verbalista, importación madrileña e con isto xa se di todo, de Curros. Non podemos prestar a nosa louvanza á socorrida e ridícula "posse" do falso romantismo, enfermidade de moda naquel tempo, que chegou a deslucir algunha das páxinas verdadeiramente nosas, grandes e persoais de Rosalía. Nin interesarnos polo estreito xeito de Pondal, que tan só puido ser un imperceptible eco da grandiosidade dos rumorosos e da maxestosa paganía bárdica. 0 herdo dos devanceiros redúcese pois a un exemplo de vontade e patriotismo, espido de toda eficacia literaria como non sexa pola reacción que produce o desagrado.
II "Pollitos bien" Comenzaremos invocando a Valle-Inclán. Mestre: Chamámoslie mestre por ser vostede o "mestre" da Xuventude Imbécil de Galicia. Noso non; que, endebén, sabemos comparar a súa modernidade coa cobardía do debre tan só pode vivir facendo claudicantes concesións ó forte. Non tería o seu nome acolleita nestas liñas se quixeramos tan só chamarfle aquilo. Pero ten que ser ó falar dese fato de cabezas focas, nenos "foulard e de rubi", engaiolados polo innegable prestigio da prosa e da ridícula mentira dunha epopeia aventureira que vostede, unha e outra, falsifican. Sabemos que con intermedios himnarios ó Gran Pontifice da baldeireza en traxe de festa (Este Gran D. Ramón ...) entran a estrago pola fala meseteira, con gran desprestigio dela, por certo. Tamén sabemos que adoecen de imbecilidade, inxénita ou contaxiada, e que a vostede lle debemos o telos levado para "alá". Isto derradeiro é cousa que nunca ben lle agradeceremos. Agora, o que quixeramos conseguir da súa incensada personalidade sería que intensificase a campaña castelanizante porque nos arrepía o pensamento de que eles se coidasen chamados por estas nosas verbas de mocidade e chegase algún a desertar de la "lengua de Cervantes" para vir a baldeirar na nosa Fala as produccións do seu serrín encefálico. Esto estaría moi mal. Mal para o castelán, idioma oficial da cursilería, que, polo mesmo ten dereito a aquelas cousas, e mal para o galego, digno de moita meflor sorte. E a vós, pobriños mamaleites literarios, desexámosvos cordialmente que calquera día vos publiquen un verso na derradeira fofia dunha desas indixentes revistas madrileñas, doada palestra dos vosos esforzos, que é o máximo desiderátum voso, Madrid precísavos para personaxes da súa opereta 4
Losada é unha errata, Manuel Antonio refírese aquí a Lamas Carvajal.
7
Literatura Galega das Irmandades da Fala á Guerra Civil 2007/2008 USC
2. A Época Nós. Poesía
Tamén hai outros Hai os que teñén algún valor e desménteno expresándos en castelán. A estes só queremos recomendarlles que escriban en catalán, inglés ou francés. Extranxeira por extranxeira, vale máis unha fala de Europa que a da Meseta. , Hai os galegos capacitados para vivir hoxe que, por rutina, seguen ollando para atrás. Porque agardamos a súa conversión, só queremos dicirlles que xa é hora. Hai os dunha certa clase derradeira, dos cales abonda con... non falar deles.
-
Refírese a persoas cuxa obra é interesante, pero que escriben en castelán.
-
Proclama o individualismo.
-
Avoga pola non fixación da lingua para que sexa un instrumento do artista, e non que o artista sexa escravo dela. Esta posición é defendida tamén por outros poetas coma Uxío Novoneyra.
-
Referencia á diglosia na literatura: uso do galego para os temas “menos serios”.
-
Crítica aos membros do Grupo Nós, aos que denomina alleiros por estar pendentes da que acontece na cultura fóra de Galiza.
-
Ataque ao mimetismo do Romanticismo.
-
Individualismo, que contrasta coa súa posición nacionalista. É unha postura que tamén podemos observar na obra poética de Manuel Antonio, por
III Nós Despois de ter dito que non traernos pretensións doutorais nin doutro xeito semellante, xa non cómpre dicir que estarnos moi lonxe de querer impor ningunha concreta lexislación estética. Cansos xa de percorrer canijos vellos e fracasados, temos arrenegado de todos eles; pero non queremos sinalar un camino determinado. A nosa ruta, nos primeiros pasos, quere tan só coñecer por onde non debemos ir: tódolos outros caminos poden ser nosos. ANovidade que enxerguemos é tan só un anedamento, un ceibamento do pasado sen a definición da súa resultanza: isto é arbitrariamente persoal, E aquí cómpre que manifestemos a falla de creto que nos merece a gran parte dos novos "movementos" literarios e artísticos, con ningún dos cales, enténdase ben, queremos que se trabuque a nosa rebeldía. Porque case todos eles esquecen unha daquelas dúas bases. Ou son un negamento non só do pasado se nón de tódolos tempos e tódalas cousas, dende o bo gusto ata a razón máis rudimentosa, ou queren encadrar a estética actualista en dogmáticos pieceptos, todo o novos que se queira pero pouco respetosos, dende logo, coa anárquica dilecn individual.
A fala Tamén nos temos, inda que noutra orde, os nosos imperativos, e comenzamos pola máis agresiva intrasixencia na Fala. Unha fala que non estea pervertida por académicos nin por puristas; que non sufrise os estancamentos de verdugos armados de gramática que; a -emparedasen nun feixe de regras como quen garda un mito en sete uchas concéntricas, terá que ser unha fala de inmellorables posibilidades porque o seu estado ceibe permitiralle axeitarse a tódalas navidades, a tódolos variamentos porviristas que tome o noso gusto. E consentirafle o seu indelineamento ser cicelado de xeito que ela sexa un instrumento do artista e non el escravo dela. Pero hai aínda unha razón de orde suprema: a nosa Fala é nosa. Pospola a outra calquera, é unha forma do suicidio. Esta nosa exaltación do Verbo tamén quere dicir algo ós vellos e castelanizantes. Algún deses escribidores híbridos. bilingües queremos dicir, que fan da literatura algo así como un deporte que favorece a dixestión, arrecada o galego cada vez que quere dicir unha estupidez moi grande, reservando o castelán para cando coidan ("eles") que están en razón. A maximidade da devoción que temos pola nosa Fala, pódelles dar a medida do desprecio que sentimos por eles.
Desbotando Arrenegamos de mestres e dos seus consellos. Toda voz allea tende a excusar a nosa sinceridade. que é sagra porque é a nosa vida e debemos espertala a non ser desleigados a nos mesmos. Arrenegamos da Le= e do Costume. Cada importa alleeira vén a roubarue á nosa mocidade unha á. Arrenegamos dos temas obrigados. É vergoñoso falar da escravitude da Terra, mentres non se teña feito todo o que cómpre por anulala. 0 pranto e a elexía, fixeron coidar ós alleos que somos un pobo de mulleres.Como bos cidadáns da futura República Gale gardemos os nosos cantos patrióticos para o día en que deam s o vento a sua Bandeira e non poidan ser testigos da cobardía e da mansedume. A literatura paisaxista ó deito de fotografía iluminada con notas de turista burgués é a maior caloña da nosa paisaxe, que aínda agarda a sensibilidade complexa do noso tempo para ser interpretada. Arrenegamos de toda imitanza. A dos vellos en nome da Vida; a dos nosos en nome da Novidade. Individualismo. Consagramos a individualidade ata o extremo de desexar que a definición de cada un de nós sexa unha verba: o seu propio nome.
8
Literatura Galega das Irmandades da Fala á Guerra Civil 2007/2008 USC
2. A Época Nós. Poesía
exemplo, en “Excelsior” de Foulas. IV ¡Mocidade! Agora cómprevos dicir, mozoa da nosa Terra, se pensades seguir indo costa abaixo polo tempo ou encarados co porvir. Se queredes libertarvos do xerme da veller e da morte. Se queredes adonarvos da vosa mocidade ou seguir sacrificándoa nun altar de Mitos e Fracasos. Cómpre romper a marcha pola mesma estrada que fagamos cos nosos pasos e afrontar nela unha peregrinaxe sen chegada, porque en cada relanzo do camiño agárdanos unha voz que nos berra: ¡Máis alá!
4.4.2.
1) a)
-
Chamada á mocidade
Principios poéticos Prosas metapoéticas: “Fatiguemo-nos”:
Crítica á poesía paisaxística e ruralizante do XIX e descrición do galego coma un pobo infatigable, que repite o xa feito unha e outra vez (coma a rima fácil: -iño, -iña). Polo que avoga por unha ruptura en relación coas vangardas europeas. Cita de Borges criticando o modernismo, nun momento no que aínda era un descoñecido. O fragmento si o único que nos trai o abril é un saldo de frores de bazar adiántase á afirmación de Elitot (abril é o mes máis cruel). Imaxes creacionistas (sen referente real) coma onde as imaxes vengativas disparan escándalos. b)
2) a)
b)
“Prólogo de un libro de poemas que ninguén escribeu” ,
ficción na que reconstrúe un prólogo para un libro inexistente, pero que lle gustaría que existise. Individualismo característico de Manuel Antonio, malia a súa participación en movementos coma o anarquismo e o nacionalismo (afíliase ás Irmandades da Fala). Estética popular concibida coma un punto de partida, ao contrario que Castelao, que a vía coma un fin. Asalto á razón: ataque á gramática. Referencia ao aforismo bíblico de que a letra mata e o espírito vivifica. Con todo, sempre queda na obra de Manuel Antonio algún trazo de sentimentalismo. Primeiros poemas:
(1918), poema en castelán de estética romántica. Posteriormente abandonará definitivamente o castelán e tamén os elementos románticos. “Solo tú, luna pálida...”
(1918): sextetos hendecasílabos (AABCCB) de estética romántica. Composición publicada no xornal La Razón en maio de 1918. “Lamentación”
9
Literatura Galega das Irmandades da Fala á Guerra Civil 2007/2008 USC
2. A Época Nós. Poesía
c)
(1918): composición ideoloxicamente próxima á poesía de Cabanillas (ideoloxía, referencias ao rei Artur...), na que o verso é rimado e metricamente medido. Estamos xa perante unha composición en galego5. “O sol d’a libertade”
O sol d’a libertade Cando o sol lostreguee tral-a outra6 montana colle a fouce sagrada e bota un forte aturuxo que se escoite n’a aldea e n’a cibdá lexana onde a servil Infamia seu negro trono puxo. Cando o sol alomée, lumioso e radiante, marcha ergueito e disposto pol-a ruta esquencida. Podes facer, si queres, a tual i-alma xigante Podes hachar, si loitas, o que val máis que a vida. Cando, longo n’a tarde, voe outro hourizonte, de xionllos recibe, dend’a cume d’o monte, a postreira raiola que revoe n’o val. E garda no teu peito o rayo derradeiro, e xura coma un vello i-andante cabaleiro, defendel-o hastra a morte, coma un Santo Graal.
d)
“Soio”:
soneto no que aínda está presente o eu psicolóxico. É probable que Manuel Antonio estivese a pasar unha crise relixiosa cando escribe esta composición, na que se reflicte a soidade romántica. Soio Soio m’atopo no medio das xentes, como unha folla antre as ondas do río; mentres no fondo do meu peito frío sinto sonar unhas horas doentes Ledas sorrisas susurran a rentes; son como bágoas d’un maino recío sobres do fogo. Tamén eu sorrío, porque os recordos me veñen ás mentes. Y-ó relembras as edás frorecidas, entre traxedias de amor, esquencidas, píntase a mente de azules paisaxes, brancas feituras de Virxe, sinxelas frores caídas do carro de estrelas onde pasean do Ensono as imaxes. [1918]
e)
“Rima”:
aínda non estamos perante o verso libre, unha das conquistas do Imaxinismo (T. S. Eliot e Ezra Pound).
5
Manuel Antonio fixera un pacto de sangue cos seus amigos para non volver escribir en castelán. É probable que haxa unha errata e que Manuel Antonio quixese escribir outa (termo recuperado da toponimia), non outra. 6
10
Literatura Galega das Irmandades da Fala á Guerra Civil 2007/2008 USC
2. A Época Nós. Poesía
Rima CHOVE, de xionllos, chove Cantiga d’a boa dor. A choiva xa non se move. O sono d’o mal amor. As horas van recolleitas n-un querer que non sei que é. Morren lá lonxe, desfeita, as badaladas sin fe. N-as ruas deitan as tellas un son silandeiro e xordo. N-o alaudo d’un trascordo as fraternidades vellas. Chove, de xionllos, chove. O cantar d’a boa dor, materno e fraterno, emove o sono d’o mal amor. Santiago, novembro, 1919
f)
“Dispois”: Dipois... Branca tea de liño, esquelete enrolado, rayola do camiño longo, teso, fatal y-enfariñado. Catro meigas peladas, unha angarella torta. A luz do sol deitando labazadas n’as catro meigas e na longa morta. Un branco can que turra c’os dentes do farelo: un corvo que o apurra desenrola n’os altos un novelo. Empedregouse a valgada. Ninguén. Unha mirou tres veces cara atrás Agardo inquedo a ver si pasa alguén pra meterme detrás. Que cousas conta a vella! (Esta vella esquencida, inquedante e sabida, que fai tremar c’a risa de chavella.) ......................................... Un can arripiante dixo ó lonxe non sei que longa cousa. Pasaba un camiñante d’unha roita que endexamais repousa. N’o fondo d’a valgada, doume inquedanza o vello casarello d’a vella abandoada. Había un forte arrecendor a cera Dispois... Dispois dixeron que morrera...
11
Literatura Galega das Irmandades da Fala á Guerra Civil 2007/2008 USC
2. A Época Nós. Poesía
Febreiro, 1920
■
■
g)
Elementos innovadores: Disposición das liñas; Fai referencia á comitiva dun enterro, pero non de xeito claro, polo que o lector ten que facer un esforzo ao ler o poema. Elementos tradicionais: Rima.
“Do xornadario d’un estudante”
(abril de 1920), unha composición que xa
ten moitos trazos vangardistas: D’o xornadario d’un estudante ISTA cidade un día solagou-se n-un fracaso que pra chorar orballa e n-a brétema d’unha luz loito – maino Dorme sonos antigos que espalla n-os sentimentos n-os pensamentos Fain-o c’un arrolo de canos fraternos cinguidos d’un esprito monoforme que os aconsella n-a desuada noite informe. Pousada de inconcreto disfrace de bohemia Intimidade ispida A luz acobardada Un cano preto espalla unha pademia A noite trasnoita mollada. A leición de mañán: Química Logaritmo Opinión encol d’un prestixio noxento: Mecanizar o ritmo pra... Orballa: Espalla: N-o sentimento... A ollada alleeira pousando-se n-as liñas Doemos unha coita Pensamos máis alá Aluciñante lírica chuvisca tí adiviñas o que me dí o teu son cando m’atopa só? Unha opinión da Química: H2O Abril, 1920
12
Literatura Galega das Irmandades da Fala á Guerra Civil 2007/2008 USC
2. A Época Nós. Poesía
■ ■ ■ ■
■
■ ■ ■
Especial disposición das liñas para completar o sentido do poema, algo que xa propuxera Marinetti. Verso libre coa vocación de non aterse a esquemas que axuden á memorización do poema. Con todo, hai algunha rima a distancia. Escaseza de puntuación (relacionada coa proposta de Marinetti). Hai unha certa narratividade, xa que se presenta unha cidade chuviosa na que a voz lírica está nunha pousada enfrontándose á lección de química, pero faise de xeito fragmentado mediante imaxes xustapostas. Vocabulario: De campos semánticos non considerados dignos para a poesía ata entón (química, logaritmo, H2O), o que supón o transvase da colaxe á literatura. Neoloxismos coma xornadario (xornal + diario) por diferencialismo con respecto ao castelán diario; luz loito – maino, neoloxismo sintagmático que pode remitir ao gris do loito de alivio ou a unha luz lúdica, aínda que a poesía de Manuel Antonio non é moi cromática. Desmitificacións coma a da choiva, que se reduce a H2O, rompendo coa tradición europea de magnificación da auga. Metapoesía: Opinión encol d’un prestixio noxento: / Mecanizar o ritmo. Construción de imaxes ao xeito hilozoísta, é dicir, atribuíndolle calidades humanas a realidades inanimadas da natureza. Este tipo de imaxes derivan no creacionismo. Exemplos: Ista cidade un día solagou-se / n-un fracaso que pra chorar orballa; canos fraternos; luz acobardada; noite que trasnoita; Un cano / preto / espalla unha pademia.
Neste poema apréciase como Manuel Antonio rompe coa poesía do século XIX e tamén coa de Cabanillas (desde “O sol d’a libertade”). 4.4.3.
De catro a catro (1928)
Obra publicada na editorial Nós, dirixida por Ánxel Casal, en 1928. As súas principais características son: 1) Influencia do Creacionismo de Vicente Huidobro (imaxes sen referente real), cuxa obra puido coñecer: a) Directamente; b) Indirectamente, a través de amigos coma Xabier Bóveda ou Euxenio Montes que acudían aos faladoiros que se celebraban en Madrid. Ademais, Euxenio Montes estaba na Residencia de Estudiantes, onde xurdira tamén o Ultraísmo. 2) Preséntase coma un diario, pero non se conta o día a día da viaxe, senón que se relata unha viaxe xa vivida a través dun mar abstracto e sen cor (só a veces é caracterizado como azul). É unha viaxe iniciática que se pode interpretar coma unha metáfora da vida. 3) En relación co anterior, contén moitos elementos de repetición que crean un tempo psicolóxico / do discurso moito máis amplo. Son elementos: a) Denotadores: travesía, o mesmo, troquel, repetición de versos. Un bo exemplo disto é o poema “Travesía”.
13
Literatura Galega das Irmandades da Fala á Guerra Civil 2007/2008 USC
2. A Época Nós. Poesía
b) Connotadores: ronsel (paso do tempo e da vida), velas (paso dos días coma as follas do almanaque). 4) Estrutura: a) Comeza coa composición “Intencións”, na que predomina o futuro. b) Os poemas seguintes dan a sensación dunha realidade xa vivida, sen sorpresas e con sensación de monotonía e fatiga. c) A obra remata co poema “Adeus”, onde hai unha certa expresión de sentimentos non propia das vangardas, xa que se nota unha certa saudade da viaxe. 5. Amado Carballo (1901 – 1927) Amado Carballo é da mesma xeración ca Manuel Antonio, a chamada Xeración Novecentista, de 1922 (manifesto ¡Máis alá!) ou de 1925. Insírese dentro dun movemento que recibe diferentes denominacións: 1) Hilozoísmo7: termo que nace do ámbito da filosofía, da man de Ralph Cudworth en 1897 e remite á idea de que todo na Natureza ten un principio animado. En Galiza denomina a poesía de Amado Carballo e a súa escola e foi unha etiqueta proposta por Carvalho Calero, aínda que xa existía a de prosopopea no ámbito da literatura. 2) Imaxinismo eglóxico, proposta de Arcadio López Casanova que se basea na ausencia da figura humana na paisaxe, coma na poesía clasicista. 3) Escola imaxinista, etiqueta proposta por Méndez Ferrín, aínda que esta abrangue un movemento máis amplo que tivera a súa orixe no Reino Unido (Eliot). Usa unha métrica popular e curta, semellante á do neopopularismo da Generación del 27. É dicir, combina imaxes hilozoístas cunha forma popular. Algúns exemplos de composicións de Amado Carballo son “Sol-por” (Proel, 1927) ou “O galo” (O galo, 1928). 6. Neotrobadorismo 1) Antecedentes: Xohán Vicente Viqueira, Carles Riva... 2) Xorde a mediados dos anos 20 do século XX ao darse a coñecer a lírica medieval grazas ás edicións das cantigas que fai José Joaquim Nunes, aínda que xa en 1904 C. Michaëlis editara o Cancioneiro da Ajuda, mais era unha edición restrinxida. O descubrimento dos cancioneiros medievais permite achegar novos argumentos ao discurso identitario que se estaba a elaborar. 3) Caracterízase polo uso dalgúns recursos da lírica medieval. 6.1.
Bouza Brey (1901 – 1973)
7
Ten a súa orixe nos prescráticos, xónicos e estoicos que consideraban o mundo coma un ser vivo unitario. O termo hilozoísmo fai referencia á concepción do mundo como ser vivo no senso biolóxico, mentres que panpsiquimo fai referencia ao mundo como ser vivo con alma. 14
Literatura Galega das Irmandades da Fala á Guerra Civil 2007/2008 USC
2. A Época Nós. Poesía
1) Características da súa poesía: é o poeta galego que lle dedica máis atención á lírica galego-portuguesa medieval. 2) Obra: a) Nao senlleira (1933) b) Seitura (1955) -
6.2.
Exemplo: “Naquel biduído de bidos louzanos” (Nao senlleira) Voz lírica neutra; Refrán; Paralelismo.
Cunqueiro (1910 – 1981)
1) Características da súa poesía: presenta dous tipos de poesía: a) Vangardista, achegada á de Manuel Antonio. b) Neotrobadoresca e nepopulista, sen a rixidez formal da de Bouza Brey e que enlaza coa Generación del 27 española. 2) a) b) c)
Obra: Mar ao norde (1932), de carácter vangardista. Poemas do si e non (1933), vangardista. Cantiga nova que se chama ribeira (1933), neotrobadoresca e neopopulista. -
Exemplo: “Amor de auga lixeira” Paralelismo; Vocabulario: amiga, cantiga...
-
Refrán.
-
Exemplo: “Illa: oco insumiso” (Poemas do si e non) Vangardismo: poesía esencialista, xustaposición de imaxes e ausencia de narratividade.
Exemplo: “Con auga de sede vella”
6.3.
Euxenio Montes (1900 - 1982)
1) Características da súa poesía: surrealismo, colaxe (incorporación de novos campos léxico – semánticos e estranxeirismos). É un autor moi informado (Residencia de Estudiantes) que serve de transmisor de ideas para outros coma Manuel Antonio. Un exemplo da súa poesía é “Good-bye, Galicia”. 6.4.
Outros
1) Blanco Torres (1891 – 1936): xornalista emigrado a Cuba, onde mantivera contacto con persoeiros da cultura galega. É autor dunha poesía esencialista e concisa. 2) Pimentel (1895 – 1958). 3) Crecente Vega (1896 – 1948). 4) M. Luís Acuña (1889 – 1975). 5) Ánxel Xohán (1901 – 1965). 15
Literatura Galega das Irmandades da Fala á Guerra Civil 2007/2008 USC
2. A Época Nós. Poesía
6) Álvaro de las Casas (1906 – 1973). 7) Aquilino Iglesia Alvariño (1909 – 1961). 8) Carvalho Calero (1911 – 1991). 9) Antón Zapata García (1886 – 1953).
16
Literatura Galega das Irmandades da Fala á Guerra Civil 2007/2008 USC