1.1. Lingua escrita e escrita
1. Introdución: lingua escrita e escrita 1.1.Diferenzas entre lingua escrita e lingua oral
No que se refire ás diferenzas entre lingua escrita a lingua oral, debemos sinalar que existen dúas visións diferentes: 1) A Lingüística científica, que toma como base a lingua falada, concibe que a lingua escrita é unha variedade da lingua oral, é dicir, a transmisión gráfica da lingua oral. A Lingüística científica dálle prioridade (que acaba sendo exclusividade) á lingua falada nos seus estudos por considerala un fenómeno natural, xa que o feito de que a lingua escrita sexa un artefacto 1 é un impedimento para o seu estudo científico2. Porén, a Lingüística acabaría por estudar a lingua escrita con voz xa que, por exemplo, o que a lingüística tradicional considera sintaxe da lingua é a sintaxe da lingua escrita, non da oral. Isto leva consigo un importante desenvolvemento da Fonética e a Fonoloxía. Así, a única diferenza entre lingua falada e lingua escrita sería o medio de transmisión (Fonética, Fonoloxía vs. Grafemática). 2) Desde mediados do século XX hai un maior recoñecemento da lingua escrita, que deriva na visión de lingua oral e lingua escrita coma dúas modalidades independentes, aínda que cun núcleo común. Así, podemos atopar diferenzas a tódolos niveis: Nivel Pragmático
Semántico
Léxico
Sintáctico
Texto oral (conversa) constrúese en colaboración, é improvisado, prodúcese en presenza do interlocutor A significación é menos precisa, xa que: existe posibilidade de apoiar a significación no contexto, o interlocutor pode preguntar (feedback), o nivel de coñecemento previo compartido é coñecido polos interlocutores (que se coñecen e, de non ser así, poden preguntar) Densidade léxica (Halliday, 1990): menor número de elementos con carga léxica (substantivos, adxectivos e verbos); menor especificidade deses elementos (palabras comodín...) Intrincacidade sintáctica (Halliday, 1990): é labiríntica (anacolutos, oracións sen rematar, ausencia de concordancia, conexións non explicitadas...) é máis complexa debido ao número de licencias que nos permite. -
Texto escrito -
constrúeo un emisor fóra de contexto, é elaborado, os interlocutores non están presentes
A significación é máis precisa porque: non se pode apoiar a significación no contexto, o interlocutor non pode preguntar,
-
o nivel de coñecemento previo compartido é descoñecido para o emisor (non sabe quen pode ler o seu texto3)
Densidade léxica (Halliday, 1990): maior número de elementos con carga léxica (substantivos, adxectivos e verbos); maior especificidade deses elementos. Intrincacidade sintáctica (Halliday, 1990): é máis lóxica, é menos complexa porque permite menos licencias.
1
A lingua oral é adquirida, pero a lingua escrita é aprendida, esixe unha instrución específica. Lembremos que a pretensión de ser considerada unha ciencia por parte da Lingüística é moi importante. 3 Así, un interlocutor que non teña coñecemento sobre o tema ten moi difícil a comprensión, mentres que un interlocutor con moito coñecemento pode considerar o texto redundante e apagarse a comunicación. 2
1
Historia do Galego Escrito 2007/2008 USC
1.1. Lingua escrita e escrita
3) Vachek, estudosos do Círculo lingüístico de Praga, considera que a lingua oral e a lingua escrita non son nin totalmente independentes nin totalmente dependentes, senón que as considera autónomas. Así, as diferenzas máis salientábeis entre lingua oral e lingua escrita están relacionadas coa planificación que require a segunda, planificación que: a) facilita a elaboración do texto; b) esixe unha maior elaboración (contexto, coñecemento previo compartido, necesidade de ser claro). Por outra banda, texto escrito ten unha grande permanencia no tempo, preséntase a si mesmo coma un estado e adoita presentar do mesmo xeito a realidade; mentres que o texto oral é un proceso e normalmente presenta a realidade de forma dinámica. Esta permanencia no tempo do texto escrito suscita a reflexión metalingüística por parte do emisor4. 1.2.Lingua escrita e escrita
En conclusión, a lingua oral e a lingua escrita son dúas modalidades independentes. O estudo da lingua escrita en toda a súa complexidade sería moi amplo, polo que aquí ímonos centrar só nunha parte, á que denominaremos escrita e que se refire á grafemática. 1.3.Da lingua oral á lingua escrita
Como xa dixemos, a lingua falada supón un desenvolvemento natural das facultades humanas, mentres que a lingua escrita é unha produción artificial e cultural. Na evolución da lingua escrita dáse un proceso de enriquecemento, de manexo de recursos, xa que nun principio é moi dependente da oralidade, mais despois tende a volverse máis autónoma. Podemos considerar varias fases neste proceso: 1) Oralidade primaria: é a que se dá nas sociedades analfabetas, que son dependentes da oralidade. 2) Literacía incipiente: desenvolvemento da escrita. 3) Literacía avanzada: dáse unha autonomización da lingua escrita con respecto á falada, que dá lugar á aparición da oralidade secundaria, é dicir, a unha oralidade mediatizada pola lingua escrita (radio, televisión, planificación previa – guións – etc.). A oralidade secundaria pode ter como consecuencia fenómenos coma as pronuncias gráficas (ao). O feito de que o medio usado pola lingua escrita sexa o visual pode facer que non poidamos dispoñer de recursos que si podemos usar na lingua oral, pero tamén nos achega novas posibilidades de organización: índices, cadros, frechas, tamaños de letra... Cómpre dicir tamén que a escrita foi un apoio imprescindíbel para o desenvolvemento da civilización científico-técnica e, en xeral, da civilización occidental. 4
En calquera comunidade lingüística ou individuo a lingua escrita axuda a desenvolver a conciencia lingüística, por exemplo, sobre o recoñecemento das unidades. 2
Historia do Galego Escrito 2007/2008 USC
1.1. Lingua escrita e escrita
Por outra banda, debemos ter en conta a importancia da lingua escrita nos procesos de
3
Historia do Galego Escrito 2007/2008 USC