1. A palabra como constituínte sintáctico 1.4. Artigos e pronomes
1. Introdución A gramática tradicional adoita contemplar as clases de palabras léxicas (substantivo, adxectivo, verbo, adverbio), as clases relacionantes (preposicións e conxuncións) e tamén as clases artigo e pronome. Dentro da clase pronome podemos atopar diferentes tipos, aínda que todos comparten características comúns: 1) persoais, 2) demostrativos, 3) posesivos, 4) indefinidos: 1) cuantificadores (significado de cantidade), 2) identificadores (significado de identidade, próximos ao demostrativo ou o artigo) 5) numerais, 6) relativos, interrogativos e exclamativos. 1.1.Punto de vista morfolóxico
1) Teñen morfoloxía nominal coma o substantivo e o adxectivo1, cos que comparten os morfemas de xénero e número. 2) Algúns pronomes poden ter outro tipo de morfemas: a) Persoa: persoais, posesivos. b) Caso. 3) Outros pronomes poden carecer de variación de número (numerais cardinais, que só concordan en plural agás un, unha que só ten singular). Exemplo: cada / *cadas, *ambo / ambos. 4) Poden constituír paradigmas con unidades variables e invariables. Exemplo: o paradigma dos demostrativos contén unidades variables (esta, estas, estes, estas) e invariables (isto). 1.2.Punto de vista semántico
Tamén están relacionados co adxectivo e o substantivo: 1) Son basicamente adxectivos pola súa función de complementación, aínda que esta ten características específicas, polo que se trata de Det. e non de Mod. 2) Algúns son só “coma substantivos”, como é o caso dos persoais e boa parte dos relativos. 1.3.Punto de vista sintáctico
1) Ao igual có adxectivo e o substantivo funcionan de xeito directo na FN, podendo funcionar como: a) N de FN. b) Complementación directa do N da FN. 2) Hai pronomes que: a) Nunca funcionan “coma adxectivos”: persoais, isto, alguén... 1
Lembremos que os adxectivos poden ter catro clases de xénero e número (bo, boa, bos, boas) ou dúas (difícil, difíciles) ou unha (larafuzas), o que se debe só ás características formais do adxectivo (rematar en vogal, en –l ou en –s, nestes casos) xa que o xénero e o número está rexido polo substantivo co que concordan. Morfoloxía galega 2008/2009 1 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.4. Artigos e pronomes
b) Nunca funcionan “como substantivos”: posesivos, cada... Exemplo: Este é seu pai e este é o meu. c) Teñen a función constante de relacionar unidades oracionais: relativos. É dicir, o pronome comparte características co adxectivo e o substantivo, podendo asumir á vez a función de complementación directa ou de N de FN, mentres que adxectivo e substantivo só poden asumir unha destas posibilidades. Ademais, o normal é que o pronome nunca perda a función de Det., xa que cando funciona como N de FN a función de N está sumada á de Det. Exemplo: algúns amigos → algúns [Det. + N de FN]. Ademais, malia as diferenzas entre as especies de pronomes, todos comparten trazos comúns, polo que poden adscribirse a unha mesma clase. Por outra banda, o artigo comparte as características do pronome, polo que o podemos estudar canda el. 1.4.Outras cuestións a ter en conta
1) Na gramática tradicional é habitual a confusión entre unidade e función, de xeito que poden presentarse como clases separadas: a) Pronomes substantivos, con función de N de FN. Exemplo: Non quero estas. b) Pronomes adxectivos ou determinativos, con función de Det. Exemplo: Non quero estas cousas. O certo é que nun e noutro caso a unidade é a mesma, aínda que varíe a súa función. É a mesma confusión que se produce ao referírmonos a oracións adxectivas, substantivas ou adverbiais, xa que en tódolos casos estamos perante oracións, pero que desempeñan funcións diferentes (características do adxectivo, do substantivo ou do adverbio)2. 2) Dentro dos pronomes hai unidades que coinciden formalmente con outras, como tamén acontece con outras clases de palabras. Exemplo1:
a) Correu moito = adv. b) Ten moitas = adx. Exemplo2:
a) O mesmo amigo = pronome. b) Mesmo llo dixo = adv. Poden darse situacións particulares, como acontece cos relativos (que sempre teñen unha función). É o que acontece con unidades coma onde: Exemplo1: Deixeino
onde me dixeches. CD
2
Porén, non é o mesmo caso có de galego adx. e galego subs., xa que son unidades pertencentes a clases diferentes, con complementacións diferentes e morfoloxía diferente.
2
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.4. Artigos e pronomes
CC Exemplo2: Deixeino
onde a ti che gusta. Sux.
CC Exemplo3: Dime onde o deixo. CC
CD
2. Caracterización do artigo e pronome O pronome, como clase de palabra, defínese por determinadas características sintácticas, morfolóxicas e semánticas. Cómpre ter en conta que é pronome tanto cando funciona “como adxectivo” (complemento directo do N da FN) coma cando funciona “como substantivo” (N de FN). A diferenza de substantivo e adxectivo, que non poden asumir as dúas posibilidades: Exemplo1: Dáme outras ideas / Dáme outras vs. Dáme boas ideas / *Dáme boas.
A dobre funcionalidade característica dos pronomes non ten porque darse en todos, como xa apuntamos: 1) O pronome persoal ten sempre función de N de FN. 2) O posesivo non ten a función de N de FN como primaria. 2.1.O pronome/artigo na función de N de FN: pronomes e substantivos 2.1.1.Significado léxico do substantivo e significado referencial da FN Significado léxico Significado virtual, de lingua (funcional), que explicitamos mediante a enumeración de acepcións (variacións do significado de lingua nos diferentes contextos). É propio do substantivo. libro s. m. 1. Conxunto de follas escritas ou impresas unidas por un dos cantos e protexidas por unhas cubertas. 2. Conxunto de follas ou impresos unidos para ir escribindo cousas diversas: Libro de reclamacións. Libro de contas. 3. Obra que se escribe e se destina á publicación: Xa teño adiantado o libro sobre a gaita. 4. Unha das catro partes do estómago dos ruminantes (DObradoiro).
A acepción 4. non se encadra dentro do mesmo significado unitario cás demais, polo que se trataría doutra palabra. Porén, nos dicionarios non sempre se fai esta distinción, xa que se atende
Significado virtual Significado contextual: conexión en cada uso e contexto dun substantivo (a través dunha das súas acepcións) coas entidades extralingüísticas. É propio da FN, malia ter como base o significado léxico do substantivo, polo que nel tamén contribúen os demais constituíntes da FN (Det. e Mod.)
(a) Vende libros = significado de clase, sen
(b) (c)
3
restricións (‘obxecto impreso’). Neste caso aparece sen artigo, pero noutros contextos pode ser necesarios para expresar este mesmo significado (Os libros véndense) Vende libros galegos, de Medicina... = acepción restrinxida a un tipo de libros (significado de tipos, non xeral). Onte vendeu poucos libros (galegos, de Medicina...) = acepción restrinxida a membros cuantificados. Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.4. Artigos e pronomes
(d) Xa vendeu o libro que me gustaba = membro definido e único. O significado referencial cambia por mor dos Mod. e Det. da FN, referíndose a un só membro presentado como coñecido.
tamén a outro tipo de criterios (economía, comodidade de consulta...)
2.1.2. O pronome/artigo como N substituto O pronome/artigo pode ser N de FN de dous modos, substituto ou autónomo, os dous diferentes a como é N o substantivo. Como N substituto: 1) Recolle/substitúe o significado léxico dun substantivo identificable contextualmente (anafórica ou cataforicamente). 2) Mantén o significado de pronome/artigo como unidade pertencente a certo paradigma (demostrativo, indefinido...). 3) A relación coa referencia pode ser de: a) Igualdade: frecuente no pronome persoal de 3ª persoa e nos demostrativos (Pablo recomendoume algúns libros que el tiña, pero a min non me atraeron; Recomendoume algúns libros de poesía que el tiña, e levei eses). b) Parcial: mantendo o significado léxico, o referencial pode ser de tipos, porcións... (Recomendoume algúns libros de poesía que el tiña, e levei algúns). c) Non igualdade: pódese manter o significado léxico sendo a referencia diferente (Recomendoume algúns libros de poesía que el tiña, pero levei un de aventuras). Exemplos: (a) Pablo recomendoume algúns libros que EL tiña, pero a min non me atraeron. (b) Recomendoume algúns libros de poesía que el tiña, e levei ESES. (c) Recomendoume algúns libros de poesía que el tiña, e levei ALGÚNS. (d) Recomendoume algúns libros de poesía que el tiña, pero levei UN de aventuras.
EL é N de FN: - SIGNIFICADO LÉXICO: Recolle o contido nominal expresado antes por un substantivo polo que pode ser substituído: Pablo. - O xénero é de concordancia, xa que está rexido polo substantivo (neste caso tamén o número está rexido polo substantivo, pero non sempre é así). - SIGNIFICADO REFERENCIAL: mesma referencia. ESES é N de FN: - SIGNIFICADO LÉXICO: Recolle o contido nominal expresado antes polo substantivo libros, que se pode repoñer (eses libros). - O xénero e o número están rexidos polo substantivo libros. - SIGNIFICADO REFERENCIAL: mesma referencia. ALGÚNS é N de FN: - SIGNIFICADO LÉXICO: Recolle o contido nominal expresado antes polo substantivo libros, que se pode repoñer (algúns libros). - O xénero e o número están rexidos polo substantivo libros. - SIGNIFICADO REFERENCIAL: manteno de xeito parcial (porción de). UNé N de FN: - SIGNIFICADO LÉXICO: Recolle o contido nominal expresado antes polo substantivo libros, que se pode repoñer (un libro). - O xénero está rexido polo substantivo libros, pero o número non. - SIGNIFICADO REFERENCIAL: referencia diferente.
4
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.4. Artigos e pronomes
Cómpre ter en conta que o significado léxico e o referencial poden existir sen estaren explícitos pronominalmente: Vende libros, pero a min non me atraeron (o suxeito está expreso mediante marcas morfolóxicas). 4) Tamén podemos considerar que o pronome/artigo non actúa como N de FN, senón que fai posible a elisión do N (unha característica que non teñen os adxectivos), polo que o N estaría implícito. Porén, esta explicación non é xeral, xa que non explica os casos nos que o pronome é N autónomo ou nos que o persoal P3 é substituto, polo que sería preferible a postura anterior. Análise 1 eses CD | FN | (Det.) N Cómpre lembrar que se mantén o significado de determinante de eses, aínda que habitualmente non se sinale nas análises.
Análise 2
levei
levei
Det.
eses CD | FN | (N)
2.1.3. O pronome/artigo como N autónomo 1) O pronome funciona como N de FN sen substituír a ningún substantivo, polo que a denominación de pronome é menos axeitada ca na situación anterior. 2) Contido nominal: expresado polo propio pronome, respondendo a un de dous trazos moi xerais: a) Persoa. b) Algo non animado. 3) Significado referencial moi aberto: a) Extralingüístico. b) Intralingüístico: oracións, enunciados. 4) Mantense o significado do pronome como pertencente a un determinado paradigma. 5) Formas nos paradigmas pronominais e funcións: a) Específicas formalmente diferenciadas para a función de N autónomo (Sempre aparecía alguén que botase unha man; Leva algo para comer no camiño, pero iso non lle parece suficiente.). b) Unidades que tamén poden funcionar como N substitutos ou como Det (Iso faicho calquera / colle calquera libro / colle un calquera; todo lle gusta) c) Unidades que só son deste tipo: 1P e 2P nos persoais (Recoméndame algúns libros de aventuras). (a) Sempre aparecía ALGUÉN que botase unha man. (b) Leva ALGO para comer no camiño, pero ISO non lle parece
ALGUÉN: - Contido nominal de persoa (existencia positiva vs. ninguén). - Significado referencial extralingüístico. ALGO: - Contido nominal de algo inanimado.
5
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.4. Artigos e pronomes
suficiente.
(c) RecomendouME algúns libros de aventuras. (d) Iso faicho CALQUERA. (e) TODO lle gusta.
Significado referencial extralingüístico.
ISO: - Contido nominal. - Significado referencial intralingüístico: recolle o contido de toda a oración leva algo para comer no camiño, pero non dun substantivo. ME: - Contido nominal de persoa, neste caso específico de P1, é dicir, de ‘persoa que coincide co emisor’3. CALQUERA: - Contido nominal de persoa. TODO: - Contido nominal de algo inanimado.
2.1.4.Os pronomes denominados “neutros”
A etiqueta de pronomes neutros aplicada a formas coma isto ou algo pola gramática tradicional baséase en: 1) A diferenza formal entre este, algún (masc.) / esta, algunha (fem.) e isto, algo (neutro). 2) A analoxía co xénero das formas latinas das que proviñan (isto < ISTUD (neutro)). Con todo, as formas chamadas neutras funcionan de xeito diferente en latín e en galego: a) En latín o substantivo rexía concordancias, ao igual ca en galego, e existían tres tipos formais de substantivos en canto ao xénero, é dicir, tres clases de xénero (masc., fem. e neutro). Exemplo: magnum periculum, istud periculum, ista pericula... b) En galego → O substantivo rexe concordancias, pero só hai dúas clases de xénero (masc. e fem.), é dicir, non hai ningunha clase de concordancia neutra. → Tampouco hai unha oposición de categoría. → Pero ademais, formas coma isto ou algo non aparecen nunca como Det. de substantivos, senón coma N de FN autónomos co trazo de ‘non animado’, polo que son estas unidades as que impoñen concordancias, pertencendo á clase masc. Exemplos: Isto que me dis é claro. Sempre se lle ocorría algo apropiado para eludir as súas responsabilidades. Nunca se lle ocorría nada apropiado para eludir as súas responsabilidades. Á fin, aquilo tan estraño que vimos onte non era tan raro como coidamos.
→ Por outra banda, cando outros pronomes/artigos con formas non diferenciadas funcionan como N de FN autónomos co trazo nominal 3
O significado referencial dos pronomes P1 (‘persoa que coincide co emisor’) e P2 (‘persoa que coincide co receptor’) depende dos interlocutores de cada acto de fala, é dicir, son deícticos, mentres que o de P3 non. De aí que tamén se lles aplique a etiqueta de significado ocasional (respecto da referencia). Morfoloxía galega 2008/2009 6 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.4. Artigos e pronomes
‘non animado’ sen presentaren formas especiais adoptan a forma de masc. sg. Exemplos: Todo lle gusta. Non o quero. Estivo o de onte. Levou moito do que había.(moito é un N autónomo co trazo de ‘non animado’, que formalmente pertence a unha clase masc. e sg.)
→ Ademais, a existencia ou non de formas diferenciadas depende da lingua. Así, o portugués ten a forma diferenciada que pode funcionar como N autónomo tudo, pero o galego non; ao igual que o español ten a forma lo do artigo cando funciona como N autónomo. Nos dous casos en galego coincide coa forma masculina (todo, o), pero non pasamos a denominala neutra cando funciona como N de FN autónomo. Exemplos: Gústalle todo o peixe (Det.). Colleu leite e caeulle todo (Nsubst.). Todo lle gusta (Naut.). Gústalle o peixe (Det.). Merquei peixe, mellor có de onte (Nsubst.). Come o que lle poñan (Naut.)
→ Existen unidades diferenciadas co trazo ‘humano’ que non por funcionaren como N autónomo rexen concordancias en masc. sg. Exemplo: Todos saben que iso é posible. 2.1.5.O “feminino de indeterminación”
1) Son pronomes que funcionan como N autónomos: a) Sen substituíren a ningún substantivo dado. b) Sen posuíren ningún trazo nominal específico. c) Aparecen sempre en feminino, sg. ou pl. 2) Relación cos autónomos non animados: a) PARÉCENSE aos autónomos non animados → En que adoitan ter a súa orixe en neutros latinos. → No seu uso, mesmo poden alternar mantendo o mesmo significado referencial. Anda sempre co mesmo / anda sempre coa mesma. Non me veñas con iso / non me veñas con esas.
b) DIFIREN dos autónomos non animados en que: → Non se aplican libremente a calquera referencia, senón que se usan restrinxidamente en expresións fixadas. → O seu significado referencial é impreciso. → Existe tanto no artigo coma en tódalas especies de pronomes. Artigo: Halo facer polas boas ou polas malas. Artigo e posesivo: Volveu facer das súas.
7
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.4. Artigos e pronomes
Persoal: Agora si que a fixeches boa. Hoxe tomouna convosco. Vasmas pagas todas xuntas. Demostrativo: Non me veñas con esas. Cuantificador: Xa leva pasado moitas. 2.1.6.Pronomes e artigo en función de N 2.1.6.1.N substituto
A función de N substituto existe, en principio, en tódalas clases de pronomes: Ofreceume bombóns e collinos. Ofreceume bombóns e collín estes. Ofreceume bombóns, pero non collín ningún, pois a min gústanme outros. Ofreceume bombóns; collín tres e non quixen máis. Ofreceume bombóns, que lle aceptei.
1) O posesivo: a) Aparentemente o posesivo (igual ca de + persoal, sintagma ao que equivale) non pode ser N substituto por si só, senón que aparece acompañado art. det. ou outros pronomes que funcionan como N: Ofreceu bombóns e collín os meus (*meus) Ti confías en teu pai e eu no meu (*meu). Non me gusta a última novela que publicou, pero si outras súas anteriores (outras (del) anteriores, pero *súas anteriores, *del anteriores).
b) O posesivo de 3P é substituto na súa función modificadora (persoal). Exemplo: Pedro escribe moi ben, pero non me gustou a súa última novela (súa é fem. sg. coma os subst. novela con que concorda, pero ao tempo neste contexto é 3P sg. substituíndo a Pedro)
2) Dentro de cada subclase de pronomes non tódalas unidades poden funcionar como N substituto e só algunhas como N autónomo: a) Algunhas unidades só son N autónomos: persoais de 1P e 2P b) Formas que normalmente funcionan como N autónomos, pero que tamén poden funcionar como N substitutos: quen, cada un. c) Unha mesma unidade pode ser N autónomo ou substituto: todo, calquera, coa mesma... d) Outros pronomes, amais dos posesivos, que non aparecen sós en FN sen N substantivo, senón acompañados dun pronome/artigo que funciona como N. Son unidades coma o mesmo, o tal, etc. que non deben confundirse con unidades compostas coma o cal ou o que (que son unha soa palabra de discurso).
8
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.4. Artigos e pronomes
2.1.6.2.Artigo
1) O artigo ao igual cós pronomes pode ser N substituto ou N autónomo: a) N substituto: Ofreceume un bombón e díxome que escollera o [bombón] que quixese. (o máis grande, o da esquerda...)
b) N autónomo: → ‘non animado’ (forma de masc. e sg.): Díxome que escollera o que quixese do que había no cuarto. Sempre fai o que lle dá a gana. O bo sempre gusta. O de onte foi unha labazada para el.
→ ‘persoa’: O que queira pode erguerse e marchar. (nestes casos o(s) que é igual a quen). Ao bo ás veces tómano por parvo.
→ feminino de indeterminación: Fixo as do demo. Hai que estar ás duras e ás maduras. ¡Dígoche eu que has de facelo, polas boas ou polas malas!
2) O artigo determinado: a) Fronte ao indeterminado, nunca aparece só, senón acompañado doutros pronomes ou Mod., xa que está en distribución complementaria co persoal de 3P (coinciden as formas de acusativo e teñen a mesma orixe latina). b) Como N de FN reparte usos co persoal de 3P: → persoal de 3P aparece só e non seguido de Mod: Tiña uns bos limoeiros e fíxenme con eles / e fíxenme cos máis vizosos.
→ artigo det. vai seguido sempre de Mod.: Ofreceume bombóns e collinos / collín os que quixen.
2.2. O pronome/artigo na función de Det: relación co adxectivo 1) A función de Det. é unha función de complementación directa do N da FN, polo que nese sentido está en relación coa función do adxectivo. 2) Con todo, hai diferenzas importantes entre a complementación do adxectivo (Mod.) e a do pronome/artigo (Det.) 3) A función de Det. é bastante xeral nos pronomes e no artigo, pero carecen dela: a) Persoais. b) A maioría dos relativos (pero téñena os interrogativos). c) As unidades especializadas como N autónomos (isto, algo, alguén...)
9
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.4. Artigos e pronomes
2.2.1.Diferenzas funcionais entre pronome/artigo e adxectivos
1) Os pronomes Det. poden ser tamén N substituto e mesmo autónomo, mentres que o adxectivo non ten esa posibilidade. Con todo, isto non se dá nos posesivos, malia que poden ter á vez por si sós significado autónomo (1P e 2P) ou substituto (3P). Exemplo: meu non pode ser N de FN, pero á vez significa ‘da persoa coincidente co locutor’. 2) As funcións do pronome/artigo como complemento dunha FN non coinciden coas da FAdx.: Det. FAdx. Mod., pero non Mod. aposto (só os Mod. dentro da FN posesivos, cuantificadores e cardinais) Atr.: - Só os posesivos, cuantificadores e cardinais poden ser N de FN. Atr. (externo á FN) - De identificación de dúas referencias (atributivo). Exemplo: Os seus libros son estes (os seus = estes). --CPvo. (externo á FN) 3) O adx. é N d FAdx., que pode estar integrada por constituíntes opcionais que modifiquen o adx., mentres que os pronomes determinantes: a) Poden ser N de FN e levar Mod. (Dáme aquelas azuis). b) Como Det. dun N subs. non constitúen unha FPron., aínda que algúns numerais cardinais e cuantificadores indefinidos poden admitir adv. cuantificadores como Mod. Exemplos: Un resultado altamente positivo para ela. O Mod. do N resultado é unha FAdx. co N positivo e os Mods. altamente e para ela.
O acto celebrouse con moi pouca asistencia de público. Viñeron case tódolos familiares. Moi determina a pouca e case a todos
Mercouno por case trinta mil euros. Case modifica a trinta mil.
2.2.2.Diferenzas morfolóxicas e de integración na frase
1) O pronome ten características similares ao adxectivo, pero non iguais: a) Ten morfemas de xénero e número rexidos na función de Det., e mesmo de xénero na función de N substituto, na que pode faltar a concordancia de número. b) Presenta morfoloxías particulares: → Morfemas de xénero e número particulares: Xénero este/esta meu/miña
Número eu/nós aquel/aqueles
10
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.4. Artigos e pronomes
dous/dúas
meu/noso
→ Unidades invariables: máis, calquera, cada, cinco, tres, ambos. Exemplo: cada home, cada muller. → Variación alomórfica en distribución complementaria: o/lo/no (artigo). → Contraccións: deste, neste, etc. 2) Os pronomes teñen variacións formais inexistentes no adxectivo: a) Causas: → Existencia de unidades autónomas diferenciadas: algún/algo/alguén. → Existencia doutras categorías: caso, reflexividade, etc. (el/o/lle/si) b) A primeira categoría morfolóxica opositiva (morfema radical) constitúe cada clase pronominal con unidades formalmente diferenciadas: persoal (eu, ti, el), demostrativo (este/ese/aquel), etc. 3) Ao contrario cós adxectivos, os pronomes non admiten os morfemas facultativos superlativo e diminutivo, aínda que pode darse esta posibilidade nalgúns cuantificadores e identificadores (moito, pouco, mesmo...). 4) Posición: a) Os pronomes e artigos van xeralmente antepostos ao N que modifican, aínda que algúns tamén se poden pospoñer (calquera, meu, este). b) Os adxectivos adoitan ir pospostos, aínda que os atributivos tamén se poden antepoñer pero cambian de función e, frecuentemente, tamén de significado. 2.2.3.Significado e tipo de complementación
1) O artigo e os pronomes están organizados en paradigmas pechados cun número limitado de unidades, aínda que con algúns matices nalgúns casos: a) Con algunha vacilación dentro dos indefinidos (cuantifiadores e identificadores). b) No caso dos numerais o inventario é aberto, pero con regras de formación moi precisas. 2) Significado: a) Os pronomes: → Non restrinxen o significado do substantivo, aínda que poden actuar en relación con tipo. → O seu significado determinativo corresponde a tipos moi limitados e mantense cando funcionan como N de FN: Actualización: paso do significado virtual ao uso concreto. Cuantificación. Identificación. b) Os adxectivos só poden ser cuantificadores e identificadores contextualmente, nunha das súas posibilidades e con características diferentes. Nunca poden funcionar como actualizadores.
11
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.4. Artigos e pronomes
3. Artigo, pronome e tipos de determinación 3.1.Tipos de determinación A función xeral dos Det. (coma os morfemas dependentes do subst., en especial o número) é a de actualización, é dicir, a de precisar e dirixir a acepción léxica do substantivo que determinan cara aos referentes extralingüísticos. A función de actualización é constante, e pode engadirse a ela a de identificación e/ou cuantificación. 1) Actualización: a) Definición: consiste na aplicación dun significado léxico (virtual) nunha acepción e referencia determinadas, é dicir, a integración en cada acto de fala do significado de clase dun substantivo, coas súas posibles complementacións restritivas pero sen posteriores particularizacións referenciais. b) Tipos: a actualización ou integración pode necesitar ou non determinantes, dependendo de: → Trazos e características dos substantivos. → Función da FN. → Forma do substantivo (singular ou plural). Leváronme a ver o mar sendo de pouco máis de sete anos.
Sempre merca pan de centeo. Gústalle moito o pan de centeo. Puxo (o) abrigo.
Hoxe é o día do libro. Un libro axuda a triunfar. Pásame o/un libro de plantas. Pásame libros de plantas.
-
O artigo posibilita o uso de mar con sentido xeral de clase. - No primeiro caso non se precisa dun determinante para a actualización porque se trata dun substantivo continuo coa función de CD. - No segundo caso precisamos o artigo porque, malia tratarse tamén dun substantivo continuo, a función é a de Sux. (A función de Sux. adoita precisar máis do artigo cá de CD) Neste exemplo en plural non cómpre usar o determinante.
c) Unidades: → Só o artigo determinado e o indeterminado en singular teñen só a función de actualizar. → O artigo indeterminado adoita engadir segmentación, e os demais determinantes engádenlle á actualización o significado propio de cada subclase de pronome determinativo. → O artigo determinado e indeterminado poden sumar ao significado de actualización o de sentido referencial particular, é dicir, de identidade, en sentido definido (artigo determinado) ou indefinido e separador (artigo indeterminado). A folla que está enriba da mesa
O artigo actualiza o significado do substantivo, pero tamén o define.
12
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.4. Artigos e pronomes
Moitas follas.
Actualización + cuantificación
2) Identificación e/ou cuantificación: a) Identificación: → Pode facerse en diferentes sentidos. → Hai unha ampla compatibilidade entre as subclases de determinantes, aínda que non total: → O artigo determinado é incompatible cos demostrativos antepostos (xa conteñen o valor de Det.), con pronomes coma calquera (de valor contraposto ao artigo det.) → Hai outras moitas combinacións posibles: o outro, estes mesmos, estes meus, outro seu, outro calquera... b) Cuantificación: existe unha incompatibilidade ampla, aínda que non total, entre: → Cuantificación indefinida: todos, moito... → Cuantificación definida/numericamente exacta (dous, cinco): *algúns tres pero todas tres. 3) Implicacións
determinativas cuantificación:
que manteñen entre de actualización,
si as funcións identificación e
a) Pode haber só actualización. b) A identificación e a cuantificación implican actualización. c) A identificación non implica cuantificación, pero a cuantificación implica identificación (xeralmente non definida). Moitos libros. Aqueles días.
-
Cuantificación. Identificación non definida. Identificación. Non cuantificación.
4) Determinacións e determinantes: Tipos de determinación de actualización de identificación (‘cal’)
de cuantificación (‘canto’)
Clases de determinantes
- definida (totalizadora) - indefinida (segmentadora) definida mediante localización seleccionadora ou confrontativa posicional numérica persoal (secundaria, respecto de quen complenta) en relativas, interrogativas ou exclamativas indefinida numérica (exacta) en relativas, interrogativas ou exclamativas.
13
artigo determinado e indeterminado demostrativo identificadores numerais ordinais posesivo relativos, interrogativos e exclamativos (só parte) cuantificadores indefinidos numerais cardinais (cuantificadores definidos) relativos, interrogativos e exclamativos (só parte) Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.4. Artigos e pronomes
a) Non se inclúen os pronomes persoais como determinantes. Nesta función atopamos como equivalentes do persoal: → O artigo determinado, como equivalente do persoal de 3P. → Os posesivos, que teñen a función de identificación respecto a persoa. b) En xeral tamén se exclúen os relativos, aínda que boa parte dos interrogativos e exclamativos poden aparecer como Det. , pero: → En contextos sintácticos particulares. → Con unidades diferentes dentro do seu paradigma: Unidades con determinación identificadora (cal, que, quen). Exemplos: o cal libro, que libro?, cal libro?, que libro! Unidades con determinación cuantificadora (cantos). Exemplos: cantos libros, cantos libros?, cantos libros! Unidades de carácter adverbial: onde, cando... c) O posesivo tamén é un caso especial dentro dos Det., xa que non se trata dun modo específico de complementar, senón que é un pronome persoal cuxa función é semellante á dos Mod. expresados mediante de+FN. Así, pode ser: → De carácter posesivo. → Expresar outro tipo de relacións: O libro de Antonio O seu libro
‘o libro que posúe el’ ‘o libro que ten nas mans’ (pero non posúe) ‘o libro que fixo el’
d) O s indefinidos comparten o trazo de ‘indefinición’, un trazo que indica separación, idea de que hai máis (fronte ao trazo ‘definido’ = único, completo) pero divídense en dous paradigmas diferentes, segundo a indefinición sexa dun ou doutro tipo: → Cantidade: cuantificadores: todos, ambos... → Calidade, identidade: identificadores: calquera, outro, tal, mesmo... e) No caso dos numerais: → A gramática tradicional xa distingue dous paradigmas diferenciados: Cantidade numérica exacta: cardinais (un, dous, tres...). Identificación segundo a posición en series numéricas: ordinais, que poden coincidir na forma cos cardinais (día catro = día cuarto; Afonso XII = Afonso duodécimo vs. doce Afonsos) → O resto de numerais, coma os colectivos, fraccionarios ou multiplicativos non son propiamente pronomes, senón: Substantivos: par, ducia, cento... Adxectivos: duplo, triplo, quinto... f) Os demostrativos son identificadores pero non sempre ‘sinalan’ (deícticos), senón que son localizadores espazo-temporais cos trazos de ‘definido’ e ‘localización’.
14
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.4. Artigos e pronomes
g) Posesivos e demostrativos son deícticos, pero isto non é un tipo de determinación, senón un modo de significar que pode expresarse mediante palabras ou morfemas (modo, tempo, etc.) e que se establece en cada acto de fala (cando, quen, onde...). 1. Identifica os artigos e pronomes e caracterízaos funcionalmente (desde o punto de vista sintáctico e do seu significado de determinación): Caracterización sintáctica
Contexto quen ¿Quen che dixo iso?
che iso o un
O oso é un animal en perigo de extinción. Aquí xa quedan moi poucos.
Significado de determinación
Pronome coa función N autónomo de FN, co trazo nominal de persoa. FN con función de Sux. N autónomo de FN co trazo nominal de P2 FN con función de CI. N autónomo de FN co trazo nominal de non animado FN con función de CD. Det. de N de FN FN con función de Sux. Det. de N de FN. FN con función de Atr. N substituto de FN (substitúe a oso de aí o xénero masc.) FN con función de Sux.
Identificación de persoa en sentido amplo. Carece de significado determinativo (é un pronome persoal) Identificación de localización Actualizador de tipo xeral. Actualizador con matiz de segmentación.
Neste caso moi é un adv. N dunha FAdv. que funciona como Mod. de poucos como Det (trazos adxectivos), non como N (trazos substantivos). poucos
Cantidade Mod. | FAdv. | N | adv. | moi
FN | Det.
N
poucos
15
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.4. Artigos e pronomes
algún
Aquí hai algún que ten enchufe cos xefes. que
cos alguén Alguén o saberá o calquer a ¡Calquera lle di iso a meu pai!
lle iso meu
N autónomo de FN co trazo nominal de persoa (pouco habitual en algún) FN coa función de CD N substituto (algún) de FN FN con función de Sux. dentro da súa oración (que ten enchufe cos xefes), oración que á súa vez funciona como Mod. de algún Det. de N de FN N autónomo de FN, co trazo de persoa FN coa función de Sux. N autónomo de FN, con trazo nominal de non animado FN coa función de CD N autónomo de FN co trazo de persoa FN coa función de Sux. N autónomo de FN co trazo nominal de P3 FN con función de CI. N autónomo de FN co trazo nominal de non animado FN con función de CD. Det. do N de FN FN coa función de CI
Identificador de persoa.
Identificador xeral.
Identificador definido. Cantidade (existencia), en oposición a ninguén
Identificador (‘non é importante a identidade’ vs. quen) Carece de significado determinativo (é un pronome persoal) Identificación de localización Identificación de persoa
2. Comenta a adscrición á clase “adverbio” en relación cos exemplos achegados: bens.m.
// adv. 5. De xeito suficiente, correctamente, convenientemente. Este traballo está ben pagado. Quedou ben feito o boneco. 6. Conforme á razón, á moral. Comportarse, aconsellarse ben. 7. Máis ou menos. Na voda había de haber ben uns douscentos convidados. 8. Moi, moito, bastante. Es ben parvo. Choveu ben esta noite. Bótallo ben frío. Hai ben tempo que non o vemos. 9. Con claridade. Viuno ben. ¿Enténdelo ben? 10. Reforza unha afirmación. OBS. Xeralmente precede ó verbo. El ben o viu. Nós ben o sabemos. // conx. 11.
Este traballo está ben pagado.
-
Quedou ben feito o boneco.
-
N de FAdv. FAdv. coa función de Mod. directo de N de FAdx. FAdx. coa función de Atr. N de FAdv. FAdv. coa función de Mod. directo de N de FAdx. FAdx. coa función de Pvo.
16
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.4. Artigos e pronomes
Comportarse, aconsellarse ben. Na voda había de haber ben uns douscentos convidados.
-
-
-
N de FAdv. FAdv. coa función de CC (Mod. directo do verbo). N de FAdv. FAdv. coa función de Mod. externo de FN (uns douscentos ou uns douscentos invitados)
N de FAdv. FAdv. coa función de Mod. directo de N de Es ben parvo. FAdx. - FAdx. coa función de Atr. - N de FAdv. Choveu ben esta noite. - FAdv. coa función de CC (Mod. directo do verbo). frío = adx.: - N de FAdv. coa función de Mod. directo de N de FAdx. -
-
Bótallo ben frío.
Hai ben tempo que non o vemos. Viuno ben. ¿Enténdelo ben?
-
Pronome coa función de Det. de N de FN.
-
N de FAdv. verbo). N de FAdv. verbo). N de FAdv. verbo). N de FAdv. verbo).
-
El ben o viu. Nós ben o sabemos.
máis1 adv.
frío = subs.: - Pronome coa función de Det. de N de FN (ben como pronome non admite a función de ser N substituto)
-
coa función de CC (Mod. directo do coa función de CC (Mod. directo do coa función de CC (Mod. directo do coa función de CC (Mod. directo do
1. Indica un aumento ou superioridade en cantidade, intensidade ou número, que pode expresarse en comparación con outro elemento ou de maneira absoluta, sen pólo en relación con nada. Gústame máis a auga cá cervexa. Gasta máis do que gaña. É o máis alto de todos. Faime falta máis tempo. Xa non quero comer máis. ANT. menos. // s.m. 2.
Gústame máis a auga cá cervexa. Gasta máis do que gaña. É o máis alto de todos. Faime falta máis tempo.
-
-
N de FAdv. coa función de CC (Mod. directo do verbo). Pronome coa función de N autónomo de FN, co trazo de ‘non animado’. FN coa función de CD N de FAdv. coa función de Mod. directo de N de FAdx. Pronome coa función de Det. de N de FN.
17
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.4. Artigos e pronomes Xa non quero comer máis.
-
Pronome coa función de N autónomo de FN, co trazo de ‘non animado’. FN coa función de CD
3. Explica a clase de palabra a que pertence mais, ben soa ou ben formando locución (neste caso sinala cal é a locución en que se integra) (anacos procedentes das Coplas de Sarmiento): 1) Morrazo se forma mais chan seu terreo se vira de fronte casi todo
-
N de FAdv. coa función de Mod. directo de N de FAdx.
2) do ano que temos, âs duas da tarde, pouco mais ou menos, -
Constituínte da locución pouco mais ou menos. Podería pensarse que a locución é máis ou menos (tamén existente), pero neste caso non podemos prescindir nin cambiar o constituínte pouco.
3) Pois sua mollere!, deixemonos deso por non querer mais, fartou o desexo.
-
Pronome coa función de N autónomo de FN, co trazo de ‘non animado’. FN coa función de CD
4) e que se semellan, sim pór mais nen menos, a aquela casaca que ten San Lourenzo?
-
Pronome coa función de N autónomo de FN, co trazo de ‘non animado’. Dúas FN coordinadas (mais nen menos) coa función de CD (dúas unidades diferentes poderían aparecer coordinadas, pero a súa función debe ser sempre a mesma).
5) Maruxa das Rulas, ti que tes mais peito, contanos embora aquelo que deixo.
-
Pronome coa función de Det. de N de FN.
6) foliadas avia por centos mais que en outras prazas e con mais trebellos.
-
Pronome coa función de N substituto de FN
7) De tantos e cantos me canso, non quero contarvos os mais que viñan ao cheiro.
-
Pronome coa función de N autónomo de FN co trazo de ‘persoa’
18
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.4. Artigos e pronomes
8) Aos Christos de Ourense e Fizterra, mais a outros Christos rezeinlles deis Credos.
-
Conxunción copulativa
9) porque era pequena con farrapos vellos non puden entrare ala mais adrento.
-
N de FAdv. coa función de Mod. directo de N de FAdv.
10) Ysto e mais decia con gozo e contento o home do chuzo do conde galego.
-
Pronome coa función de N autónomo de FN co trazo de ‘non animado’ Dúas FN coordinadas (Ysto e mais) coa función de CD.
4. Con base nos exemplo que seguen, explica a inclusión de numeroso na clase dos adxectivos e de moito na clase dos pronomes:
19
Morfoloxía galega 2008/2009 USC