Unidade 4.pdf

  • Uploaded by: Yoli-Javier Blindmonty
  • 0
  • 0
  • November 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Unidade 4.pdf as PDF for free.

More details

  • Words: 7,272
  • Pages: 58
GALICIA 360

Que ben se come aquí!

Unidade 4. Que ben se come aquí! 0. Como funciona esta unidade? 0.1. Axuda 1. Introdución 1.1. Benvidas e benvidos ao Celga 3! 1.2. Obxectivos 2. Lido e feito! Comprensión oral e escrita 2.1. A nosa gastronomía. Comprensión escrita 2.2. Galicia segue os pasos do boom do albariño. Comprensión oral 3. Debullando a lingua. Gramática 3.1. O sistema pronominal 3.2. Os encontros pronominais 3.3. A colocación do pronome átono 4. Con boa letra. Expresión escrita 4.1. Palabras con sal e pementa: elaboramos unha receita 5. Con voz propia. Cultura e sociedade galega 5.1. Coñecendo a Dani Pampín 5.2. Prazas e mercados de Galicia 6. Proba de lume 6.1. Pero antes... Galego ConCurso! 6.2. Avalíate 6.3. Preparámonos para o CELGA 3 6.4. Amplía 6.5. Na Rede

0. Como funciona esta unidade?

0.1. Axuda Menú A unidade está estruturada en apartados e subapartados. Podes acceder a eles a través do menú lateral.

Tamén podes acceder ao apartado anterior e seguinte a través das frechas laterais. Dentro de cada apartado, preme nas frechas da parte inferior para visitares os diferentes subapartados.

Actividades de reforzo En cada sección hai actividades de reforzo non avaliables. Estas actividades axúdanche a aprenderes os contidos da unidade. Hai diferentes tipos de actividades, pero todas teñen uns elementos comúns. Acceso ás actividades dun bloque. Podes ver a actividade que queiras pulsando en cada unha delas. Botón de comprobar. Envía a túa resposta. Reintentar. Se a túa resposta for incorrecta, podes facer a actividade de novo. Intentos. Nas actividades de reforzo tes tres intentos. Lámpada. De esgotares os tres intentos e non marcares as respostas correctas, podes ver as respostas da actividade. Ollo! Presta atención ás palabras que precisan maiúscula inicial nas actividades de escritura.

Avaliación Na última sección hai un bloque de 10 actividades. Estas actividades son avaliables. Para aprobares a unidade tes que realizar correctamente oito preguntas. Tes un único intento por actividade para resolveres a avaliación. Unha vez rematada, podes ver as solucións pulsando en "Revisar" e na lámpada de cada actividade. Lembra que para completares a unidade tes que realizar todas as actividades de reforzo e visitar todos os apartados e subapartados.

Recursos da unidade Na parte superior dereita podes ver a versión para imprimir da unidade. Tamén podes buscar palabras. O buscador amosa as seccións onde aparece a palabra procurada. Se pulsares nunha sección, poderás ver a palabra que pescudaches resaltada en cor.

1. Introdución

1.1. Benvidas e benvidos ao Celga 3! A lingua dun pobo é o seu sinal de identidade, canle de comunicación e de coñecemento, e Galicia é posuidora dunha lingua propia: o galego. Neste curso en liña presentámosvos as pautas e contidos para acadar as competencias lingüísticas que vos axuden a superar as probas do Celga 3. Preténdese que as persoas que realicen este curso poidan desenvolverse sen moitas dificultades en contextos nos que o galego sexa lingua de estudo, traballo e interacción.

(1)

(2)

A través de dez unidades, compartiremos con vós un pouco máis da nosa terra, da nosa lingua e da nosa realidade social, cultural, económica e etnográfica. Percorreremos as paisaxes de Galicia, falaremos de ciencia en galego, coñeceremos un pouco máis do noso deporte e saborearemos a nosa gastronomía… Sen esquecernos de gozar coa nosa arte, literatura, música e cine.

Queres seguir a aprender máis da nosa lingua? Vente con nós! Mira quen nos vai axudar a saber máis de galego… Imos aló!

Compañeiro de traballo de Sabela Traballa como enfermeiro nunha residencia de maiores É de Muros, pero a súa familia paterna é de Burela. Traballa en Santiago de Compostela Gústalle moito ler e viaxar

Compañeira de traballo de Paulo Traballa como animadora social nunha residencia de maiores É de Vigo pero traballa en Santiago de Compostela Está preparando oposicións ao ensino secundario Gústanlle moito os deportes

Obxectivos

(1)

O obxectivo do curso é adquirir as habilidades de comprensión e expresión oral e escrita para conseguir un nivel de Celga 3 en competencia lingüística, cun alto grao de corrección normativa. A persoa que aprobe este exame vai posuír un nivel de galego que lle permitirá dominar distintas situacións de comunicación, tanto a nivel social como laboral ou educativo.

Estrutura Paralelamente, cada unidade conta con apartados dedicados ao estudo da gramática e á ampliación do léxico, así como un espazo para a autoavaliación despois de estudar cada unidade. Deste xeito, quen realice este curso en liña de galego contará cun apoio complementario para poder presentarse con maiores garantías aos exames do Celga 3, avaliados pola Dirección Xeral de Política Lingüística.

(2)

1.2. Obxectivos Obxectivos da unidade Coñecer as calidades e os trazos xenuínos da gastronomía galega. Analizar o sistema pronominal galego e interiorizar os encontros pronominais entre os clíticos de acusativo e dativo. Consolidar as regras que rexen a colocación do pronome átono en galego. Profundar no léxico galego, especialmente naquel xenuíno ou diferencial respecto do castelán. Redactar textos instrutivos e expositivos adecuados a diversas situacións comunicativas, con coherencia e cohesión. Expresar gustos, desexos e opinións argumentadas. Coñecer personaxes relevantes do ámbito gastronómico e alimentario galego, xunto cos produtos representativos da nosa terra. Pór en valor as iniciativas innovadoras e singulares que se desenvolven no noso país no eido da industria alimentaria e da restauración. Analizar os trazos característicos do texto descritivo e realizar a descrición dunha persoa, obxecto ou situación. Desenvolver o interese pola lectura de textos en galego e a escoita activa de producións orais, pertencentes a distintos xéneros discursivos e con fins comunicativos diversos.

2. Lido e feito! Comprensión oral e escrita

2.1. A nosa gastronomía. Comprensión escrita 1. Le a introdución e o artigo. Un dos maiores atractivos de Galicia é, sen dúbida, a súa gastronomía. A particular situación da nosa terra, no noroeste da Península Ibérica, bañada polos océano Atlántico e o mar Cantábrico e “encaixada” polo río Miño mais varias cadeas montañosas, propicia que existan zonas de clima oceánico e outras con clima subtropicalizado. Isto, unido aos variados microclimas que se esfarelan por todo o territorio, incide decisivamente na proliferación de toda clase de explotacións agropecuarias, sen esquecermos que Galicia é, ademais, potencia pesqueira. Alén diso, nas dúas últimas décadas Galicia vive un auténtico auxe da restauración: na actualidade conta con 11 restaurantes recoñecidos coa prestixiosa Estrela Michelin (que chegaban a 13, en 2016). Con certeza, a estreita relación entre a gastronomía e o turismo está a promover unha cociña enxebre, centrada no produto galego e de proximidade, con modernas reinterpretacións e proxectos de éxito. Presentámosche unha unidade, por tanto, para nos adentrar un bocadiño nesta gorentosa materia. Imos, logo, petiscar!

O aceite de oliva de Galicia segue os pasos do boom do albariño

O CSIC identifica novas variedades autóctonas polas que se interesa cada vez máis un maior número de produtores É raro o día no que Carmen Martínez non reciba unha chamada preguntando polas dúas plantas de oliveira autóctona que recuperaron desde a Misión Biolóxica de Galicia (CSIC). Todos queren plantar as variedades de Brava galega e Mansa galega, que xa foron recoñecidas polo Ministerio de Agricultura e que ofrecen, segundo as probas realizadas, un aceite virxe extra de excelente calidade. Pero aínda haberá que esperar polo menos dous anos para completar o proceso. «Existe un interese enorme», asegura a directora do grupo de Viticultura do centro, que considera que a espera pagará a pena. Tampouco ten dúbidas de que son tan só a punta de lanza dunha puxante e futura industria galega do aceite de oliva. Porque hai máis na reserva. De momento identificáronse un total de 13 variedades distintas procedentes das 45 oliveiras centenarias en que se realizaron análises de ADN e a descrición botánica dos exemplares. Quedan outras 25 nas que o estudo aínda non se completou, polo que o número podería aumentar. E aínda se seguen buscando novas oliveiras centenarias por toda Galicia dentro dun proxecto a catro anos financiado pola Fundación Juana de Vega e no que tamén participan a Asociación de Produtores de Aceite de Galicia e a Asociación de Viveiristas do Noroeste. O interese e a expectación polos resultados é enorme. É unha situación que non lle resulta allea a Carmen Martínez, que a mediados da década dos oitenta do pasado século participou na recuperación da uva de albariño. O que pasou desde entón xa é historia, con adegas que exportan o viño a todo o mundo nun próspero negocio. «Eu vivín esa historia —di— e o que está a pasar agora coas oliveiras lémbrame exactamente ao mesmo. Estou segura de que de aquí vai xurdir unha industria do aceite».

Tradición da oleicultura Lonxe do que poida pensarse, en Galicia si existía unha enorme tradición da oleicultura. De feito hai exemplares centenarios nas catro provincias, aínda que especialmente en zonas como Quiroga (Lugo), onde hai auténticos bosques da especie. Mesmo se atoparon en Ortigueira (A Coruña). A talla masiva destas árbores durante o mandato dos Reis Católicos fixo desaparecer a maioría dos exemplares, pero non cortou as raíces dunha tradición que agora tenta rebrotar. «Desde novembro do 2016 localizamos e marcamos 72 oliveiras, todas centenarias, agás os dous testemuños de Arbequina e Picual, en localidades das

catro provincias», corrobora Carmen Martínez. No estudo tamén se atopou un exemplar de variedade portuguesa, o Cobrancoça. Das olivas de 14 destas árbores tamén se elaboraron pequenas cantidades de aceite de «bastante calidade e moi diferentes a todo o que hai no mercado». Tradución e adaptación da noticia «El aceite de oliva de Galicia sigue los pasos del bum del albariño [https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/02/23/aceite-olivagalicia-sigue-pasos-bum-albarino/0003_201802G23P30994.htm]». La Voz de Galicia. 23/02/2018

Bloque 1 de actividade…

1

2. Verdadeiro ou falso? a. O grupo de Viticultura do CSIC identificou 13 variedades autóctonas de oliva, das cales dúas xa acadaron o recoñecemento oficial do Ministerio. Verdadeiro Falso b. A calidade das olivas que se están a estudar fai que as persoas expertas pensen nun auxe da industria do aceite en Galicia. Verdadeiro Falso c. As novas variedades descubertas proceden dun total de 70 oliveiras centenarias, que aínda non se analizaron na súa totalidade. Verdadeiro Falso d. Os Reis Católicos acabaron coa tradición da oliva que se concentraba concretamente na provincia de Lugo, nomeadamente na zona de Quiroga. Verdadeiro Falso e. O aceite da variedade portuguesa, denominada Cobrancoça, ofrece un produto de calidade, diferente ao que se pode encontrar no mercado. Verdadeiro

Falso

2.2. Galicia segue os pasos do boom do albariño. Comprensión oral 3. Mira o vídeo que acompaña a noticia incluída no bloque anterior. Escoita atentamente o seu contido.

Bloque 2 de actividade…

1

4. De acordo coa información do vídeo, escolle as respostas correctas, das opcións de cada pestana: Julio Quiroga, da almazara Ouro de Quiroga, é o responsable da produción de aceite nesta empresa lucense, que conta con tres hectáreas de oliveiras, das cales o noventa

por cento están

plantadas con variedades autóctonas. A maneira de traballar as oliveiras mestura técnicas novas e técnicas tradicionais; unha destas novas técnicas consiste no traballo cun vareador eléctrico

que

permite botar as olivas sobre unhas redes. Antigamente utilizábanse varas, dependendo das condicións climáticas

e incluso se

recollían as olivas a man. A maior parte das plantacións realizáronas hai catro anos na zona de Ourense e Pontevedra

.

No procesamento da oliva unha vez chega á fábrica o primeiro que se realiza é o o pagamento ao produtor

, tras o cal se introduce

nunha moega ou moxega, onde comeza o proceso. Este proceso pasa polas seguintes fases: lavado, desfollado, moído e amasado

, tras o

cal se extrae o aceite. O rendemento que dá a oliva flutúa entre un litro de aceite por cada catro quilos de oliva ata un litro de aceite por dez quilos de froito, produción que na empresa destinan maioritariamente ás tendas gastronómicas

.

5. O entrevistado, aínda que posúe unha fonética galega xenuína, incorre nalgúns “desvíos á norma” que cumpriría evitar. Repara nas seguintes definicións adaptadas do DRAG [https://academia.gal/dicionario], DIGALEGO [https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php] e do Dicionario galego da alimentación e intenta escribir a variante normativa para cada unha delas. Se coñeces máis dunha palabra, escríbeas separándoas con comas. Se o precisares, bota man do tradutor automático Gaio [http://tradutorgaio.xunta.gal/TradutorPublico/traducir/index], da Xunta de Galicia. Tirarlle o leite do ubre ás femias de certos animais premendo e estirándolles os tetos ou mediante procedementos mecánicos. Apeiro que consta dun mango rematado nun dos extremos por un pau atravesado onde van uns dentes de madeira ou de ferro, formando unha especie de peite. Froito en drupa [https://academia.gal/dicionario//termo/busca/drupa] de pequeno tamaño e forma arredondada, de cor verde, morada ou negra segundo o seu grao de madurez e cunha croia no interior, que se utiliza para a obtención de aceite ou para o seu consumo directo. Porción de gran ou fariña que se lle paga ao muiñeiro por cada vez que se moe. Recipiente en forma de pirámide truncada e invertida que se coloca sobre as cubas e onde se baleiran os froitos que se van procesar. Engrenaxe na cal unha peza cilíndrica fai xirar unha roda dentada. En sentido figurado, orientación que segue unha persoa ou un grupo no seu modo de pensar ou actuar.

Búscaas! Se descoñeces o significado dalgunha palabra, busca no dicionario en liña da Real Academia Galega.

3. Debullando a lingua. Gramática

3.1. O sistema pronominal Os pronomes persoais son unha clase de palabras que designan as tres persoas gramaticais: primeira (emisor), segunda (receptor) e terceira (o obxecto do discurso). Na oración, funcionan como substantivos e poden substituílos. Os pratos de Xiana son moi imaxinativos. Ela é unha cociñeira incrible.

As engrenaxes da lingua O sistema pronominal As formas dos pronomes persoais van asociadas ás funcións que desenvolven na oración e, por esta razón, cómpre distinguir unha serie tónica e unha serie átona, cada unha delas con funcións específicas e diferenciadas.

Serie tónica

Singular

Suxeito

Plural

1.ª

2.ª

3.ª

persoa

persoa

persoa

eu

ti

el/ela

Formas que rexen

min

ti

si

preposición Formas ligadas

comigo

contigo

consigo

1.ª persoa

2.ª persoa

nós

vós

nosoutros/

vosoutros/

as

as

nós

vós

nosoutros/

vosoutros/

as

as

connosco

convosco

3.ª persoa

eles/ela s

si

consigo

Serie átona Función de CD Singular 1.ª persoa

2.ª persoa

me

te

Plural 3.ª persoa o/lo

a/la

/no

/na

1.ª persoa

2.ª persoa

nos

vos

3.ª persoa os/los

as/las

/nos

/nas

Función de CI Singular

Plural

1.ª persoa

2.ª persoa

3.ª persoa

1.ª persoa

2.ª persoa

3.ª persoa

me

che

lle

nos

vos

lles

Formas reflexivas Singular

me, se

Plural

nos, vos, se

Outras formas pronominais Ademais dos pronomes persoais, tamén existen outras clases de pronomes: demostrativos, posesivos, numerais, indefinidos, relativos, interrogativos e exclamativos. A maior parte deles son, como no caso dos pronomes persoais, palabras variables (admiten flexión de xénero, número e, algúns deles, persoa) e poden desempeñar a función dun substantivo (cando o substitúen): Aquelas están verdes, ou dun adxectivo (cando o acompañan): Aquelas mazás están verdes.

As variantes do pronome átono de 3.ª persoa en función de CD Esta forma do pronome (o, a, os, as) posúe outras dúas variantes combinatorias: 1. As formas lo(s), la(s) empréganse cando o pronome aparece: detrás dunha forma verbal conxugada que remate en –r ou –s, Trouxémosche os flans. Quérelos ou non? (queres + os) detrás dunha forma pronominal que remate en –s, Claro que os quero! Impórtavos se volos pago mañá? (vos + os) tras o adverbio interrogativo u, que se utiliza para preguntar onde está algo ou alguén. E as laranxas que vos encarguei, ulas? 2. As formas no(s), na(s) empréganse cando o pronome aparece detrás dunha forma verbal conxugada que remata en ditongo. Non quería sacar o asunto, pero ao final pregunteino porque me puido a curiosidade.

Outras formas e usos expresivos dos pronomes átonos Nosoutros/as, vosoutros/as Ao lado de nós e vós, existen tamén as formas nosoutros, nosoutras; vosoutros, vosoutras, que aínda se manteñen en moitas zonas de Galicia cun significado específico: delimitar un grupo dentro doutro máis grande. Nós formamos un equipo sólido, mais vosoutras, as dianteiras, sodes as máis decisivas. O pronome de solidariedade É unha forma átona ( che, vos para un tratamento familiar; lle, lles para a cortesía) que se emprega para implicar afectivamente a persoa receptora da mensaxe na acción expresada polo verbo e manter a súa atención. A dita persoa non participa realmente nos feitos, por iso se se elimina o pronome non cambia o significado da oración, pois non cumpre ningunha función sintáctica: Tenche moitas historias que contar. / Ten moitas historias que contar. Eu sonlle unha persoa de mundo. / Eu son unha persoa de mundo. O dativo de interese É unha forma átona que designa a persoa que ten un especial interese na acción verbal, xa que dela depende o seu beneficio ou prexuízo, principalmente desde o punto de vista emocional. As formas deste dativo son as mesmas que as dos pronomes de CI: me, che, lle, nos, vos, lles. Estas formas, ao igual que o pronome de solidariedade, tampouco cumpren función sintáctica ningunha e son propias do ámbito coloquial: Demo de rapaz! Non me cala un só minuto. / Seica os fillos lles saíron madrugadores.

Bloque 1 de actividade…

1

1. Le o seguinte poema e anota embaixo todas as formas de pronomes persoais que identifiques.

Digo si, digo non, ningunha cousa é certa. Son un longo camiño que en min ergueu a terra. Vin de non sei donde, voume pra onde me levan. Digo si, digo non, palabras mentireiras. Eu que sei quen son eu, eu, unha bolboreta que se afirma no sol que se empola na herba, un chafarís de sangue que rube, alanca e leva

a ilusión de quedarse no mundo a ser eterna, eu que son unha folla no vento que nos leva. Digo palabras, nomes que son como moxenas, quero alcender un lume para acrarar as tebras. Digo si, digo non. E de canto dixera a palabra máis vouga máis escura e tristeira é a palabra "eu" que no sangue navega.

Antón Tovar, O vento no teu colo (Poesía galega completa. Akal)

3.2. Os encontros pronominais Vexamos agora os encontros pronominais e as súas contraccións.

As engrenaxes da lingua Os encontros pronominais As formas átonas de CI poden concorrer nunha mesma oración con formas de CD de 3.ª persoa. Neste caso, é obrigatorio realizar a contracción entre ambas as formas. Neste encontro sempre vai primeiro a forma de CI e, despois, a de CD. Velaquí un cadro onde se reflicten as ditas contraccións:

O

A

OS

AS

ME

mo

ma

mos

mas

CHE

che

cha

chos

chas

LLE

llo

lla

llos

llas

NOS

nolo

nola

nolos

nolas

VOS

volo

vola

volos

volas

LLES

llelo

llela

llelos

llelas

Bloque 2 de actividade…

1

2. Escoita a conversa entre Sabela e Paulo. Ao tempo que a escoitas, vai anotando todas as contraccións de pronomes de CD mais CI que poidas identificar.

3.3. A colocación do pronome átono A colocación do pronome átono na oración é unha das cuestións gramaticais máis complexas e, á vez, “estimulantes” da lingua galega. Por vía de regra, preséntanse dúas premisas: 1. O pronome átono nunca pode encabezar un enunciado, isto é, non pode aparecer en posición inicial absoluta. Chámome Xan. / *Me chamo Xan. 2. A posición habitual (non marcada) do pronome átono é despois do verbo, o que se denomina posición enclítica. Ola, Xan! Eu chámome Mariña. Achégate un pouco, faime o favor.

As engrenaxes da lingua A colocación do pronome átono A colocación enclítica do pronome átono pode verse alterada pola presenza na oración doutros elementos e estruturas gramaticais, que provocan a anteposición do pronome ao verbo. Esta denomínase posición proclítica e dáse nos seguintes casos: Oracións negativas ou introducidas por palabras de sentido negativo Cando a oración é negativa ou vai introducida por adverbios, conxuncións ou pronomes indefinidos de significado negativo (non, nunca, nada; nin; ninguén, ningún, ningunha...). Non me fales; Nunca o dixen; Nada se sabe; Nin a vin nin a quero ver, Ninguén mo dixo; Ningunha nolo confesou Oracións para expresar desexos Cando a oración expresa un desexo. Oxalá nos leven outra vez aos Ancares!

Oracións con pronomes interrogativos ou exclamativos Nas oracións introducidas por un pronome interrogativo ou exclamativo. Quen cho mercou?; Como a miraba! Oracións introducidas por unha conxunción subordinante Nas oracións introducidas por unha conxunción subordinante (que, cando, se...). Se a tes en estima, dille a verdade; Quere que nos admitan antes do verán. Oracións con conxuncións subordinantes Cando o verbo vai precedido de certos adverbios e indefinidos. Entre os primeiros: aínda, ata/até, ben, case, disque, igual, máis, moito, seica, talvez, tamén, só, xa etc., e entre os segundos: algo, alguén, todo, bastante, ambos, calquera etc. Xa vos deron a noticia?; Calquera cho pide! Así e todo, o “xenio” da lingua encerra un potencial expresivo que tamén lles afecta aos pronomes átonos. Desta maneira, cando rompemos a orde sintáctica habitual da lingua (suxeito + verbo + complementos) para focalizar a atención nalgún elemento concreto, a posición do pronome átono tamén se ve “arrastrada” nese proceso: Xaquín confesoucho todo e todo mo negou a min. Na primeira oración (Xaquín confesoucho todo) o indefinido todo ocupa a súa posición habitual no predicado, despois do verbo, e a colocación do pronome é enclítica; porén, na segunda oración (Todo mo negou a min), o indefinido tórnase o suxeito da oración, desprazándose a unha posición anteposta ao verbo e provocando a “atracción” do pronome. A colocación non é, por tanto, caprichosa e depende de factores non só gramaticais, senón tamén estilísticos.

Bloque 3 de actividade…

1

3. Olla o seguinte vídeo do dúo artístico Aldaolado e reflexiona sobre a colocación do pronome na nosa lingua e a capacidade expresiva do idioma. As linguas deben ser obxectos inertes, sistematizables e reducibles a un conxunto de regras inquebrantables, ou construcións dinámicas e vivas, suxeitas á vontade creadora de quen as usar?

4. Con boa letra. Expresión escrita

4.1. Palabras con sal e pementa: elaboramos unha receita 1. Olla este vídeo e toma as notas que precises.

Bloque 1 de actividade… 2. Completa o texto que recolle os pasos para elaborar a bica de Laza coas palabras e expresións axeitadas.

1

Ingredientes Para a bica:

Para a crema inglesa:

8 claras de ovo 150

500

ml de nata

ml de leite

enteiro unha rama de canela casca de limón relada

350 gr de fariña 350 gr de azucre (para o amoado e a cobertura)

150

gr azucre

Preparación 1. Poñemos o forno a 160º

.

2. Montamos a nata, separando o contido dos ovos en dous boles: as claras para a crema

e as xemas para a bica

Temos que ter coidado de que non caia xema xemas

.

no bol das

porque non montaría a clara.

3. Coa nata montada, engadimos o azucre aos poucos, deixando un pouco para a cobertura de azucre. A fariña cómpre engadila tamén aos poucos. Desta maneira, a bica vai quedar semellante a un amoado

.

Un consello! A bica non leva aditivos

e por iso hai que meterlle moito

aire ás claras e á nata. Tampouco leva manteiga amasada nin comeza a partir dunha masa de pan. Por certo, en Castrocaldelas e Trives tamén as fan moi ricas.

4. Engadimos os elementos aromáticos: casca de limón relada, para deixar o amoado

listo. Engádese o azucre por riba para

facerlle a “cotra” crocante

e, logo do enfornado, esta

quedará morena. 5. Para a crema inglesa, mesturamos 500

ml de leite enteiro,

canela, limón e azucre. A metade do azucre (75 gr) empregarémola para as xemas e a outra metade, para o leite. Un consello! A crema inglesa é sem ellante á crema catalá leva lévedo

, mais non

e non debe ferver. Non queda tan espesa,

senón como unha crema de ovo. Ademais, nas cremas inglesas os ingredientes fríos sempre van sobre os fríos

para evitar que callen as

xemas. 6. Verquemos o amoado sobre o leite quente para que se cociñe, a unha temperatura de 65º 7. Remexemos durante cinco

. minutos, sen que ferva, para

que colla corpo. 8. Poñemos o bol da mestura noutro bol con xeo para que arrefríe. 9. Tras 35 minutos de enfornado, a bica xa estaría lista. 10. Para o empratado, sérvese a bica sobre a crema inglesa.

Como se fai? O texto instrutivo A receita é unha modalidade de texto instrutivo (xa o estudaches na unidade anterior), que se emprega con moita frecuencia na nosa vida cotiá co fin de proporcionarlle a alguén os coñecementos necesarios para desenvolver unha tarefa. É frecuente que incorpore tamén partes expositivas (para ofrecer información relacionada) e descritivas (se for necesario detallar algún aspecto concreto das instrucións). Como recordarás, tamén son textos instrutivos, por exemplo, os folletos sobre o funcionamento de aparellos electrónicos, as regras para desenvolver un xogo, as disposicións legais ou as directrices para seguir un tratamento médico...

(3)

Bloque 2 de actividade…

(4)

1

3. A seguir ofrecémosche os ingredientes para cociñares un saboroso arroz caldoso con lumbrigante. Seguindo as pautas que xa coñeces, elabora a túa receita.

Ingredientes 500 g de arroz bomba 1 lumbrigante mediano 1 allo porro 2 cebolas medianas 1 cenoria ½ pemento vermello 1 dente de allo 1 tomate maduro 1 chorro de brandy 1,5 l de caldo (cebola, cenoria, porro) Azafrán Aceite e sal Tempo: 45 minutos Comensais: 4 persoas

Lembra!

(3)

A estrutura do texto instrutivo é moi doada: componse dun enunciado en que se indica a finalidade do texto (Receita / Instrucións / Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística...) e un conxunto de instrucións en que se enumeran os pasos que se deben seguir para realizar a tarefa. Para secuenciar adecuadamente o texto é conveniente manexar unha serie de conectores: temporais, de enumeración, de exemplificación... en primeiro/segundo/terceiro lugar; a continuación, a seguir; antes, despois; por último...

Trazos lingüísticos Por outra parte, o texto descritivo posúe uns trazos lingüísticos de seu: Emprego de formas verbais do futuro (Prepararemos...), do imperativo (Tome o desvío...) e do infinitivo (Enchufar o aparello á corrente...). Uso de construcións impersoais (Faise a masa...). Emprego da segunda persoa do singular (Tiras os dados...), da primeira persoa do plural (Engadimos sal...) ou da segunda persoa de cortesía (Meta a masa na neveira...). Sintaxe simple: as oracións adoitan ser curtas. Nos textos electrónicos incorpóranse con frecuencia distintos recursos tipográficos para destacar a información máis importante: subliñado e letra grosa para resaltar partes do texto; para ordenar a información, títulos e subtítulos, sangrados, enumeracións etc.

(4)

5. Con voz propia. Cultura e sociedade galega

5.1. Coñecendo a Dani Pampín 1. Le o seguinte artigo e despois fai as actividades. O pontevedrés Dani Pampín empezou no mundo da panadaría no negocio dos seus pais, con 12 anos. Desde os 16 non parou de medrar na profesión, ata lograr o título de mellor pan artesán de España en 2018. O talento culinario vénlle desde pequeniño? Ben, podería dicirse que si. Eu empecei na panadaría dos meus pais con 12 anos pero, aínda así, antes sempre xogaba por alí. O que pasa é que a min empezoume gustando a pastelaría, non a panadaría, o do pan foi algo que me pillou por sorpresa. Aos 15 ou 16 anos empecei como empregado do meu pai, empecei a botar unha man, e desde aí. O pan engancha moito, é moi diferente á pastelaría, porque nesta vas vendo todo o proceso e o progreso. Ao facer pan hai unha fermentación, que nunca sabes como che vai responder, así que é moito máis “chulo”, moito máis romántico que a pastelaría. Como decidiu dedicarse á panadaría como profesión? Non houbo un momento no que dixen "vou dedicarme á panadaría". Eu creo que foi aos poucos. Houbo momentos nos que dubidei se deixalo ou non, nos que pelexei comigo mesmo por traballar tantas horas, sobre todo de noite. É unha profesión dura, pero si que houbo un momento no que tomei a decisión de formarme máis, de dar un paso adiante e saquei un título de Formación Profesional, que é o único que hai en España no referente á panadaría. Ademais, tiven a sorte de conseguir unha bolsa, e puiden marchar para estudar fóra. Recorda o primeiro pan que meteu no forno?

Nunca me fixeron esa pregunta. Si, creo que si o recordo. É máis, recordo a miña nai como me explicaba cada paso que facer. Naquel momento non tiñas practicamente nada de maquinaria, era todo totalmente manual, todo a pulso. Acórdome daquel verán... mira se foi a pulso que adelgacei uns 14 quilos na panadaría!

Cal cre que é o segredo dun bo pan? O segredo dun bo pan é respectar o oficio e ser honesto contigo mesmo e co cliente, non hai nada máis, non ten ningún segredo. Hoxe en día está moi de moda a “masa nai”, por exemplo, moitas cousas que ás veces son máis mercadotecnia que outra cousa. Eu respecto a “masa nai” porque respecto a tradición, pero eu creo que o segredo está na formación, en saber os procesos do pan e no pan que facían non hai 30 anos, senón hai 60 ou 70 anos. Que significa para vostede gañar o Premio á Mellor Panadaría Tradicional? Sinceramente, non significa nada. Un premio non é nada se non segues traballando. Pode soar moi romántico, pero é a realidade. Este é un labor que require traballo, require vender pan e ter que facturar, se non quedas sen nada. Tradución e adaptación da noticia «Dani Pampín: "O pan engancha moito e é máis romántico que a pastelería" [https://www.diariodepontevedra.es/gl/articulo/pontevedra/%25C2%25ABopan-engancha-moito-mais-romanticopasteleria/20180712132806990633.html]». Diario de Pontevedra. 12/07/2018

Bloque 1 de actividade…

1

2. Indica se as seguintes afirmacións sobre a entrevista a Dani Pampín son verdadeiras ou falsas. a. Dani prefire facer pan antes que pasteis, porque a pastelaría é demasiado “romántica” para el. Verdadeiro Falso b. O proceso máis interesante da elaboración do pan é a fermentación, pola súa “imprevisibilidade”. Verdadeiro Falso c. A formación profesional nun módulo específico foi decisiva para que Dani Pampín se puidese dedicar á panadaría como o seu medio de vida. Verdadeiro Falso d. Dani marchou estudar ao estranxeiro cunha bolsa que lle deu boa sorte. Verdadeiro Falso e. O segredo para elaborar un bo pan é a honestidade coa profesión e o coñecemento das novas formas de mercadotecnia. Verdadeiro Falso f. Para acadar recoñecemento polo traballo ben feito cómpre mesturar o respecto pola tradición e unha boa formación. Verdadeiro

Falso

3. O sufixo –aría (ou –ería) pertence á categoría dos sufixos derivativos locativos: designa o lugar onde se desenvolve unha actividade profesional. Engádese a unha base substantiva para formar un novo substantivo. Repara no exemplo e forma novas palabras con este sufixo. De coñeceres máis dunha opción correcta, separa as palabras con comas: Exemplo: pastel > pastelaría 1. Cervexa

2. Peixe

3. Flor

4. Carne

5. Doces

6. Corda

7. Mármore

8. Pan

9. Xoia

10. Colchón

5.2. Prazas e mercados de Galicia

(5)

Bloque 2 de actividade…

1

4. Algunhas das seguintes afirmacións non se corresponden coa información do audio. Despois de o escoitares, indica cales: A boa localización dos mercados municipais fomenta a rexeneración dos centros urbanos. Nos mercados pódense mercar os produtos axeitados para seguir unha dieta determinada. Un dos valores engadidos dos mercados e prazas é a posibilidade de consumir produtos autóctonos. Mercar nos mercados municipais ofrece tres vantaxes: calidade, facilidades de pagamento e atención personalizada. Ademais de poñer en valor o xeito tradicional de mercar, os mercados ofrecen outros servizos personalizados que responden á súa vontade de modernización. O punto forte dos mercados municipais é que facilitan realizar grandes compras, grazas á súa amplitude de horarios.

5. Olla este vídeo e realiza un breve resumo das características do establecemento comentado, a xeito de “carta de presentación”.

Prazas e mercados de Galicia

(5)

Pola súa proximidade e situación estratéxica nas nosas cidades e vilas, os mercados municipais xogan un valioso papel dinamizador e revitalizador dos centros urbanos onde se asentan. Facilitan, ademais, a compra integral de alimentos frescos con toda a comodidade e sen necesidade de grandes desprazamentos. Comprar neles é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada, alén de garantía de boa compra, avalada polo labor dos milleiros de profesionais que traballan nos nosos mercados e fan deles os mellores lugares onde comprarmos os alimentos frescos que compoñen a nosa dieta diaria. Ofrécenlle sempre á súa clientela a máxima calidade, fomentan o consumo de produtos galegos de proximidade e ofrecen a xusta variedade en carnes, lácteos, froitas, verduras, peixes, mariscos, hortalizas... que require unha dieta equilibrada e saudable. Xuntan tradición e modernidade, adáptanse ás demandas da persoa compradora, ofertan os mellores prezos en produtos frescos de alimentación e incorporan cada día novos servizos complementarios e personalizados. A súa boa localización e a súa amplitude de horarios evitan a necesidade de compras “fortes” e permiten dispoñer, diariamente, dos alimentos máis frescos.

6. Proba de lume

6.1. Pero antes... Galego ConCurso! Imos agora repasar algún dos contidos que vimos na unidade. Para iso, mira este fragmento de vídeo, pertence á serie Galego ConCurso.

Agora fai as seguintes actividades relacionadas co vídeo.

Galego ConCurso

1

1. Neste anaco de vídeo faise fincapé no uso dunha palabra que resulta dunha galeguización «en falso». Que palabra é esta? Cal é a palabra normativa en galego? Describe brevemente como se elabora o produto descrito.

6.2. Avalíate

Autoavaliación Mostrámosche a continuación algunhas actividades para avaliarte. Dispós dun intento para superar cada actividade. 1. Escoita os audios e a continuación escolle o nome do peixe que mellor se adapte á definición.

sargo

sargo

sargo

sargo

sargo

sargo

2. Le os enunciados, adaptados da páxina Gastronomía de Galicia [http://www.gastronomiadegalicia.com/v_portal/apartados/ap artado.asp?te=743], e escolle o resultado de substituír as partes subliñadas polo pronome átono correspondente. Ten en conta se cómpre realizar algunha contracción de pronomes.

A agricultura ecolóxica a. A agricultura ecolóxica é unha forma alternativa de enfocar a produción agraria que se basea no respecto pola contorna que nos rodea para producir alimentos sans e de máxima calidade . - A agricultura ecolóxica é unha forma alternativa de

enfocarla

que se basea no respecto pola contorna que nos rodea para producirlles

.

b. Esta práctica garante o equilibrio co ecosistema, evitando o emprego de produtos químicos, como os fertilizantes. - Esta práctica

o garante

, evitándoo

.

c. Esta produción agraria ecolóxica ou biolóxica constitúe un método diferenciado de produción de alimentos que está regulado, co fin de asegurar a transparencia en todas as fases. - Esta produción agraria ecolóxica ou biolóxica constitúeo de asegurarla

en todas as fases.

, co fin

3. Nestoutros enunciados, adaptados da páxina Gastronomía de Galicia [http://www.gastronomiadegalicia.com/v_portal/apartados/ap artado.asp?te=743], a colocación do pronome átono pode verse alterada pola presenza dalgunha palabra concreta. Realiza as substitucións correspondentes, como na actividade anterior, tendo en conta eses posibles condicionantes.

A agricultura ecolóxica a. As técnicas empregadas na agricultura ecolóxica, en xeral, potencian a fertilidade do solo e aumentan a capacidade produtiva. Por suposto, respectan os ciclos naturais dos cultivos e proporciónanlles aos animais unhas condicións de vida saudables . Ademais, non lles engaden aos alimentos substancias que resulten prexudiciais para a saúde. - As técnicas empregadas na agricultura ecolóxica, en xeral, a potencian

e

a aumentan

. Por suposto,

proporciónanllas

aos animais. Ademais, non

llelas engaden

aos alimentos.

os respectan

e

b. Quen consuma produtos ecolóxicos galegos terá a certeza de que está a degustar alimentos máis saudables e nutritivos. Se vostede mercou produtos ecolóxicos, mercou saúde. - Quen

os consuma

a mercou

a terá

. Se vostede os mercou

,

.

c. A agricultura ecolóxica é un sistema de produción de alimentos que emprega prácticas sustentables. Fomentan o equilibrio do ecosistema, evitando case todos os produtos químicos . - A agricultura ecolóxica é un sistema de produción de alimentos que as emprega

. Foméntano

, evitándoos

.

4. Le o seguinte texto e indica se as afirmacións sobre este son

verdadeiras ou falsas.

Historia do queixo do Cebreiro O Queixo natural do Cebreiro, co seu peculiar gusto e a súa singular forma de fungo ou pucho de cociñeiro, tamén é notable pola súa traxectoria ao longo da historia. No ano 1989 era un produto a piques de desaparecer; tan só un pequeno grupo de mulleres o elaboraba para autoconsumo, nas súas casas. O Cebreiro é a entrada a Galicia do Camiño de Santiago, e un dos seus enclaves máis senlleiros. Os peregrinos que durante séculos pararon na vila e no seu santuario difundiron as excelencias do queixo que alí se fabricaba. Estas novas chegaron a oídos de reis españois, como o confirman os arquivos de Madrid e Simancas, que permiten bosquexar curiosos apuntamentos relativos ao despacho, con periodicidade anual, do Queixo do Cebreiro. Por outra parte, coñécense traballos, como un publicado por don Antonio Meijide, que falan do tema. No século XVIII a Coroa fixo unha encarga especial: un curioso surtido de certos produtos de Galicia con destino ás mesas reais de España e Portugal; entre eles, o Queixo do Cebreiro. Tamén se sabe que en 1762 era o queixo máis caro de España, pagándose a libra a doce reais e doce marabedís; o cuarto máis caro de Europa, despois dos franceses Brie, Marolles e Neufchâtel. O rei Carlos III regaláballo á súa irmá, a raíña de Portugal,

encargándose o cura de Vila Vella de velar polo coidado na fabricación dos queixos, para que fosen de grande calidade. Hoxe, grazas á colaboración de restaurantes, reposteiros e reposteiras, asociacións e particulares, o Queixo do Cebreiro converteuse nun produto tradicional para a cociña de calquera país. Adaptación de Consello Regulador Denominación de Orixe Cebreiro [https://cebreiro.es/producto.asp%20] a. O queixo do Cebreiro ten forma de chapeu ou cogomelo. Verdadeiro Falso b. Os peregrinos déronlle fama ao Queixo do Cebreiro nas súas viaxes á Corte de Castela. Verdadeiro Falso c. O Queixo do Cebreiro acadou sona en Portugal e Francia. Verdadeiro Falso d. Na segunda métade do século XVIII, era o queixo máis caro de España. Verdadeiro Falso e. A raíña de Portugal, irmá do rei Carlos III, encargoulle ao cura de Vila Vella a fabricación dos queixos. Verdadeiro

Falso

5. Volve ler estes enunciados extraídos do texto e indica cal é a razón de que o pronome átono resaltado vaia colocado nesa posición. No ano 1989 era un produto a piques de desaparecer; tan só un pequeno grupo de mulleres o elaboraba para autoconsumo.

O pronome vai enclítico porque a presenza da conxunción subordinante non afecta ao verbo do que depende o dito pronome.

Tamén se sabe que en 1762 era o queixo máis caro de España.

O pronome vai enclítico porque se dá o contexto propicio para a súa posición habitual.

Por outra parte, coñécense traballos que falan do tema.

O pronome vai proclítico pola presenza dun adverbio de cantidade.

O rei Carlos III regaláballe queixo do Cebreiro á súa irmá.

O pronome vai proclítico pola presenza dun adverbio de afirmación.

6. Un dos seguintes enunciados contén un erro canto á colocación do pronome átono. Indica cal: As luras límpanse ben e despois mestúranse co ovo e a fariña para rebozalas. Estouche tan cansa que non me podo erguer da cadeira de brazos. Se nos chaman esta mañá aínda nos daría tempo a chegarmos á tardiña. Alguén denunciouno polo cheiro do local, mais a policía achegouse e todo estaba en orde. Nin a vin o outro día porque me entraron as présas. A apertura dos postos de venda de marisco farase o domingo e seica a retransmitirán pola radio.

7. Le con atención o seguinte enunciado e indica cal é o pronome de solidariedade, cal o dativo ético e cal é o pronome átono con función sintáctica de CI. Morréuchelleme o avó a un amigo. Che Pronome de solidariedade Lle Pronome de solidariedade Me Pronome de solidariedade

8. Indica cal é o sentido que se debe interpretar a partir do seguinte enunciado: Neste grupo hai xente para todos os gustos, mais é certo que non se pode contar con nosoutros. Non é posible contar con ningunha persoa do grupo. Non é posible contar cunha parte restrinxida do grupo, mais si con algunhas persoas. Ningunha das opcións anteriores é correcta. O enunciado carece de sentido.

9. Le o texto que aparece a continuación e identifica a parte instrutiva, a parte expositiva e a parte descritiva.

Os robots de cociña A primeira destas máquinas, supostamente 'milagrosas', apareceu a mediados do século XX, cando o inventor Pierre Verdun se decatou do tempo que a xente perdía na cociña realizando labores tan cotiáns como cortar, picar ou bater os ingredientes. Distintos modelos agromaron como a herba nun mercado doméstico cada vez máis competitivo grazas ao auxe da industrialización e da tecnoloxía.

Os robots de cociña contan con dous tipo de potencia: a potencia de motor, que permite picar, cortar ou amasar; e a referida á cocción, encargada de quentar os alimentos. Un bo robot de cociña posúe, á vez, un aparello de cocción e un procesador de alimentos e tamén conta con múltiplas ferramentas para automatizar os procesos culinarios.

parte instrutiva

parte instrutiva

Con todo, á hora de mercar un robot de cociña, cómpre ter en conta algúns consellos: 1. Comparar prezos e expectativas de uso. A meirande parte dos modelos oscilan entre os 600 e os 1200 €. 2. Asegurarse de contar con repostos “accesibles”. Algúns robots poden ser baratos ao mercalos, mais quizais sexa difícil conseguir pezas de recambio ou o servizo técnico se localice nun só lugar. 3. Valorar o tempo necesario para entender o seu funcionamento. Familiarizarse co xeito de cociñar cun robot non é sinxelo e implica dispoñer de tempo para ler ben as instrucións.

parte instrutiva

10. Escoita de novo este anaco de audición da unidade e indica cales son as expresións sinónimas das que aparecen destacadas abaixo:

Equivalen a "a esgalla" a. A barullo __ b. A ferrados __ c. Á liña __ d. A eito __ e. A embute __ f. Ao pé da letra __ g. Á envorca __ h. A varrer

Equivalen a “a gardarrego”

6.3. Preparámonos para o CELGA 3

CELGA 3 Neste apartado poderás realizar unha proba similar ás que has afrontar nos exames oficiais. Traballarás coa parte escrita, aínda que tamén deberás desenvolver unha oral. Podes acceder a toda a información sobre os exames no Portal da Lingua Galega [http://www.lingua.gal/ogalego/aprendelo/celga-3], alén de consultar probas [http://www.lingua.gal/ogalego/aprendelo/celga-3/modelos-deexame] doutras convocatorias.

Proba escrita Nesta ligazón [http://turismogrove.es/festa-do-marisco/wpcontent/uploads/2018/10/Gallego.pdf] podes consultar o programa de actividades dunha festa gastronómica galega. Toma todas as notas que precises para redactar un texto, en 300 palabras, no que debes: Presentar a festa, para ser incluída no tríptico que se repartirá entre as persoas visitantes. Salientar as instrucións precisas para acceder ao evento: horarios, acceso aos postos de degustación... Describir as actividades dun dos días da festa. Propoñer á participación cidadá, tanto vilega como foránea.

1

6.4. Amplía

Ampliación 1. Pica nesta ligazón [http://www.benbo.eu/gl/actualidad/xuntacampana-noso-peixe-fiar-anisakis/] e comproba as características do texto expositivo e do texto instrutivo. Anota os trazos lingüísticos de cada un deles e reflexiona sobre o seu uso.

1

6.5. Na Rede Ligazóns interesantes A continuación, propoñémosche unha serie de ligazóns interesantes: Recursos: Academia.gal [https://academia.gal/dicionario%20] Digalego.xunta.gal [http://digalego.xunta.gal/digalego/Html/i ndex.php] Tradutor gaio [http://tradutorgaio.xunta.gal/TradutorPu blico/traducir/index%20] Ilg.usc.es [http://ilg.usc.es/pronuncia/%20] Dicionario de alimentación e restauración (PDF) [http://www.cirp.es/pub/docs/cite/dicion ario_alimentacion_restauracion.pdf] Textos Gastronomía de Galicia [http://www.gastronomiadegalicia.com/v_ portal/apartados/apartado.asp?te=480] Teoría O pronome persoal (teoría e actividades, con autoavaliación) [http://aprendogalego.com/APRENDO/4pronomebac/index.html%20] O pronome persoal (teoría e actividades, con autoavaliación) [http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_ud 4_01.html?orix=mor%20%20%20] O pronome persoal (Programa “Ben Falado”) [http://www.blogoteca.com/limiar/index.p hp? txtBus=pronome+persoal&cmdBuscar=Bu

scar&pag=0&aBuscar=1%20] A comunicación oral e a comunicación escrita. Tipos de textos [http://cotovia.org/proxecto/com/com_ud 1_01.html? orix=com&tema=com_ud1_01.html] Os textos instrutivos [https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/ sites/espazoAbalar/files/datos/13903896 85/contido/24_textos_de_instrucin_aspect os_tericos.html]

Créditos © La Voz de Galicia, S.A. [https://www.lavozdegalicia.es/] Estes materiais foron supervisados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia. Autora e autor dos contidos: Mercedes Pacheco Vázquez e David Paz Lafuente. Dirección do proxecto e dixitalización dos contidos por Netex Knowledge Factory S.A. 2018 [http://www.netexlearning.com/editoriales/].

Related Documents

Unidade
October 2019 27
Unidade
December 2019 22
Unidade 3
June 2020 8
Unidade 6
June 2020 11
Unidade I
May 2020 11
Unidade 4'
May 2020 10

More Documents from ""

Unidade 4.pdf
November 2019 36
Unidade 10.pdf
November 2019 20
Lista De Temas.docx
December 2019 19