Unidade 10.pdf

  • Uploaded by: Yoli-Javier Blindmonty
  • 0
  • 0
  • November 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Unidade 10.pdf as PDF for free.

More details

  • Words: 7,100
  • Pages: 54
GALICIA 360

Empresa e tecnoloxía

Unidade 10. Empresa e tecnoloxía 0. Como funciona esta unidade? 0.1. Axuda 1. Introdución 1.1. Benvidas e benvidos ao Celga 3! 1.2. Obxectivos 2. Lido e feito! Comprensión oral e escrita 2.1. Castañas para recuperar os Ancares. Comprensión escrita 2.2. Castañas en tendas gourmet. Comprensión oral 3. Debullando a lingua. Gramática 3.1. Os adverbios e as locucións adverbiais 3.2. A orde dos constituíntes oracionais 4. Con boa letra. Expresión escrita 4.1. A presentación dixital 4.2. Mellorar as presentacións 5. Con voz propia. Cultura e sociedade galega 5.1. Coñecendo as Mulleres Colleiteiras 5.2. Tecnoloxía feita “na casa” 6. Proba de lume 6.1. Pero antes... Galego ConCurso! 6.2. Avalíate 6.3. Preparámonos para o CELGA 3 6.4. Amplía 6.5. Na Rede

0. Como funciona esta unidade?

0.1. Axuda Menú A unidade está estruturada en apartados e subapartados. Podes acceder a eles a través do menú lateral.

Tamén podes acceder ao apartado anterior e seguinte a través das frechas laterais. Dentro de cada apartado, preme nas frechas da parte inferior para visitares os diferentes subapartados.

Actividades de reforzo En cada sección hai actividades de reforzo non avaliables. Estas actividades axúdanche a aprenderes os contidos da unidade. Hai diferentes tipos de actividades, pero todas teñen uns elementos comúns. Acceso ás actividades dun bloque. Podes ver a actividade que queiras pulsando en cada unha delas. Botón de comprobar. Envía a túa resposta. Reintentar. Se a túa resposta for incorrecta, podes facer a actividade de novo. Intentos. Nas actividades de reforzo tes tres intentos. Lámpada. De esgotares os tres intentos e non marcares as respostas correctas, podes ver as respostas da actividade. Ollo! Presta atención ás palabras que precisan maiúscula inicial nas actividades de escritura.

Avaliación Na última sección hai un bloque de 10 actividades. Estas actividades son avaliables. Para aprobares a unidade tes que realizar correctamente oito preguntas. Tes un único intento por actividade para resolveres a avaliación. Unha vez rematada, podes ver as solucións pulsando en "Revisar" e na lámpada de cada actividade. Lembra que para completares a unidade tes que realizar todas as actividades de reforzo e visitar todos os apartados e subapartados.

Recursos da unidade Na parte superior dereita podes ver a versión para imprimir da unidade. Tamén podes buscar palabras. O buscador amosa as seccións onde aparece a palabra procurada. Se pulsares nunha sección, poderás ver a palabra que pescudaches resaltada en cor.

1. Introdución

1.1. Benvidas e benvidos ao Celga 3! A lingua dun pobo é o seu sinal de identidade, canle de comunicación e de coñecemento, e Galicia é posuidora dunha lingua propia: o galego. Galicia é sobradamente coñecida pola súa riqueza cultural, gastronomía e oferta turística. Non obstante, unha visión reducionista da nosa terra como destino de vacacións e paparotas non lles faría xustiza a outros moitos eidos en que o noso país tamén é pioneiro. Nas últimas décadas, por mor de diversos factores (desde unha decidida aposta tecnolóxica, pasando polos rigores da crise económica, ata a propia localización xeoestratéxica de Galicia), está a agromar un puxante sector empresarial, na meirande parte dos casos apoiado nas novas tecnoloxías. Dos múltiplos casos de éxito que poderiamos analizar, escollemos uns cantos que poden resultar representativos das oportunidades de traballo que Galicia ofrece a quen apostar polo seu potencial.

(1)

(2)

Este curso remata, polo tanto, cunha unidade que lle dedicamos a algunhas das moitas propostas empresariais emerxentes e innovadoras do noso país. Un capítulo final para poñer en valor o traballo de milleiros de persoas que contribúen, día tras día, a alcanzar as máis altas cotas de progreso e sustentabilidade. Neste camiño de aprendizaxe da lingua seguen acompañándonos dous bos amigos e compañeiros de traballo. Lembra quen son...

Queres seguir a aprender máis da nosa lingua? Vente con nós! Mira quen nos vai axudar a saber máis de galego… Imos aló!

Compañeiro de traballo de Sabela Traballa como enfermeiro nunha residencia de maiores É de Muros, pero a súa familia paterna é de Burela. Traballa en Santiago de Compostela Gústalle moito ler e viaxar

Compañeira de traballo de Paulo Traballa como animadora social nunha residencia de maiores É de Vigo pero traballa en Santiago de Compostela Está preparando oposicións ao ensino secundario Gústanlle moito os deportes

Obxectivos O obxectivo do curso é adquirir as habilidades de comprensión e expresión oral e escrita para conseguir un nivel de Celga 3 en competencia lingüística, cun alto grao de corrección normativa. A persoa que aprobe este exame vai posuír un nivel de galego que lle permitirá dominar distintas situacións de comunicación, tanto a nivel social como laboral ou educativo.

(1)

Estrutura Paralelamente, cada unidade conta con apartados dedicados ao estudo da gramática e á ampliación do léxico, así como un espazo para a autoavaliación despois de estudar cada unidade. Deste xeito, quen realice este curso en liña de galego contará cun apoio complementario para poder presentarse con maiores garantías aos exames do Celga 3, avaliados pola Dirección Xeral de Política Lingüística.

(2)

1.2. Obxectivos Obxectivos da unidade Coñecer algúns proxectos empresariais innovadores e exitosos desenvolvidos en Galicia. Interpretar adecuadamente distintos enunciados e obter a información solicitada de acordo cos datos extraídos deles. Escribir, con corrección gramatical e textual, enunciados breves con carácter sinóptico. Extraer a información máis relevante dun texto e representala sinteticamente en esquemas e textos adecuados, coherentes e cohesionados. Interpretar correctamente a información procedente de textos orais que reflictan unha comprensión activa orientada á expresión escrita. Recoñecer a estrutura dunha locución adverbial, así como os seus valores expresivos e semánticos. Reparar nas implicacións sintácticas e pragmáticas da ordenación dos constituíntes oracionais. Aprender os trazos característicos das presentacións dixitais e elaborar documentos sinxelos con corrección, partindo de información previa. Afianzar as competencias precisas para superar a proba oficial do nivel Celga 3, concretamente na expresión escrita, mais tamén na comprensión oral e escrita.

2. Lido e feito! Comprensión oral e escrita

2.1. Castañas para recuperar os Ancares. Comprensión escrita 1. Le o seguinte artigo. Toma as notas que precises.

Animan a recuperar miles de hectáreas de soutos abandonados nos Ancares A cooperativa A Carqueixa destaca que volver explotalos para vender castaña axudará a economía da comarca Miles e miles de quilos de castañas que poderían ser vendidas ou aproveitadas podrecen cada outono ata desapareceren caídas sobre a terra dos Ancares. E nesa circunstancia aséntase unha das metas da cooperativa A Carqueixa, con sede en Cervantes e persoas socias en varios municipios, que anima a recuperar miles de hectáreas de soutos abandonados na comarca. «O aproveitamento da castaña forma parte da visión que temos do uso integral do monte», explica o seu xerente, Román Sánchez Besteiro, que engade que outros produtos como o mel e os cogomelos tamén teñen cabida nesa ambiciosa estratexia, cuxo obxectivo final é axudar a fixar poboación nunha zona de alta montaña, onde as oportunidades laborais son reducidas, ademais de pór en valor e recuperar o medio natural e o patrimonio cultural.

Román Sánchez Besteiro, xerente da cooperativa A Carqueixa.

Nos últimos tres anos, segundo apunta Sánchez Besteiro, a cooperativa seguiu centrando a súa actividade na gandaría, especialmente na explotación vacúa de carne, pero multiplicou a venda dun froito que durante séculos se utilizou para consumo de persoas e de gando; pasouse das 14 toneladas comercializadas no 2014 ás 220 do 2016. E iso, apunta o técnico, a pesar de que unha alta porcentaxe dos soutos dos Ancares presenta un estado de abandono importante, posto que os seus propietarios son persoas anciás que xa non poden traballalos como antes ou que viven fóra da comarca, na emigración. Falta man de obra As cifras tamén son boas a pesar de que nas últimas campañas un bo número de propietarios e propietarias de soutos non atopou man de obra para recoller as castañas. Por iso é polo que nos últimos anos aumentou o número de familias, sobre todo novas, que tratan de comprar ou alugar este tipo de bosques para completaren os seus ingresos.

«Nos últimos anos aumentou o número de familias que tratan de comprar ou alugar este tipo de bosques»

Porén, a declaración como zona de especial protección (Rede Natura) da maior parte da montaña lucense, o que limita moitos usos forestais e patrimoniais, tamén xera confusión. «A xente ten a teima de se informar nos bares en lugar de formarse ou preguntar, e escóitanse moitas parvadas», expón un empresario, que ve na castaña unha boa fonte de ingresos para unha zona tradicionalmente deprimida. «Moitos problemas veñen pola falta de cultura da xente», finaliza. Texto adaptado e traducido da noticia «Animan a recuperar miles de hectáreas de soutos abandonados en Os Ancares

[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/lugo/2017/04/18/animanrecuperar-miles-hectareas-soutos-abandonados-osancares/00031492463832273227558.htm]» La Voz de Galicia. 18/04/2017

Bloque 1 de actividade…

1

2. Sinala se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. a. O artigo permite reflexionar sobre o abandono do rural galego. Verdadeiro Falso b. Entre outubro e decembro pérdense miles de quilos de castaña anualmente por non seren recollidas. Verdadeiro Falso c. A cooperativa A Carqueixa promove a recuperación dos soutos, así como a explotación comercial do mel e dos cogomelos. Verdadeiro Falso d. O abandono dos soutos dos Ancares pon de manifesto outra problemática: o avellentamento poboacional no rural e a escaseza de man de obra neste ámbito. Verdadeiro Falso e. A actividade principal da citada cooperativa é a venda de castaña para consumo de persoas e do gando. Verdadeiro Falso f. Quen comeza a explotar novamente os soutos son, eminentemente, persoas mozas. Verdadeiro

Falso

3. Le este texto expositivo sobre a castaña galega e, a seguir, realiza a actividade proposta. Toma os apuntamentos que precises. Ademais, tamén podes consultar as principais variedades de castaña galega [http://www.castanadegalicia.org/documentacion/variedades. pdf].

Realiza un esquema das ideas principais do texto que contemple: A forma de cultivo da castaña Os obxectivos desta técnica As características básicas do cultivo da castaña As variedades galegas da castaña foron multiplicadas por enxerto e cultivadas nos soutos durante séculos co fin de producir castaña destinada á manutención das persoas e tamén do gando. En cada souto enxertábanse de tres a cinco variedades diferentes ou máis, coa finalidade de obter produtos óptimos para as diferentes formas de consumo (castaña asada, cocida ou seca); para estender o período da colleita; para asegurar a produción (pois existen variedades aneiras e multianuais) etc. Os vellos soutos que se conservan na actualidade en Galicia foron creados maiormente para fornecer de alimento unha sociedade de autoconsumo. Unha das súas características é a diversidade na súa composición. Así, como consecuencia desta gran mesturanza, moitas castañas non son aptas para a transformación en industria e son pouco valoradas para a venda en fresco. Nalgunhas zonas de soutos, con todo, propagáronse as variedades locais máis valoradas no mercado. Aínda que algunhas variedades se cultivan en varias comarcas, estas adoitan presentar unha distribución xeográfica moi restrinxida a certos territorios: a montaña ou a chaira lucense, Valdeorras, Terra de Trives e o extremo suroeste da provincia de Ourense. Esta diversidade varietal debe ser conservada e pode ser útil, pero é tamén o motivo de que as producións de castaña de certas variedades demandadas pola industria non sexan as suficientes para seren a materia prima de procesos de transformación baseados nelas. Texto extraído e adaptado da páxina Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia [http://www.castanadegalicia.org/site/index.php? lang=gl].

2.2. Castañas en tendas gourmet. Comprensión oral

Bloque 2 de actividade…

1

2

4. Tras visionar esta noticia [http://www.crtvg.es/informativos/unha-empresa-de-allariz-aprimeira-en-comercializar-castanas-maias-elaboradas-dunxeito-artesan-947515] dos informativos da CRTVG, completa o texto cos enunciados escollidos en cadansúa pestana. Dous emprendedores de Allariz apostaron pola recuperación do cultivo da castaña. Dedícanse concretamente ao traballo con castaña maia

, que se vende sen pel e cocida

que tamén a distribúen asada

, aínda

. A castaña maia, tamén

denominada “do carrizo”, consómese tradicionalmente

en

países como Italia, Alemaña e Francia. O seu traballo é principalmente automatizado laborioso, pois as castañas deben ser lavadas

e moi no

sequeiro ata dúas veces ao día. Tras seren quentadas durante doce lávanse

días, pélanse. Posteriormente, , todo isto a man.

En pouco máis dun ano xa comercializaron máis de dous mil quilos de castañas maias, un produto con moita exposición en

Internet e nas tendas de produtos de alta gastronomía. Ademais, tamén distribúen fariña de castaña

, co fin de recuperar o

espazo deste froito na cociña tradicional galega.

5. A industria alimentaria consegue xerar un importante valor engadido aos seus produtos mediante o seu procesamento e a súa transformación. Accede a esta noticia [http://www.crtvg.es/informativos/90-empresas-galegaspromocionan-os-seus-produtos-en-alimentaria-20162009768] da CRTVG, visiona o vídeo e, despois, redacta un breve texto para reflectires a túa opinión sobre os pros e os contras de que certos produtos transformados se destinen maioritariamente aos mercados de alto poder adquisitivo.

6. Sabela e Paulo conversan sobre unha noticia dun diario tecnolóxico. Escoita a súa leria e, despois, indica se as afirmacións son verdadeiras ou falsas.

a. Paulo é un entusiasta dos videoxogos. Verdadeiro Falso b. A Sabela enfastíana os videoxogos bélicos de inspiración futurista. Verdadeiro Falso c. O micromecenado consiste nunha estratexia de financiación baseada na colaboración de persoas anónimas a cambio de certas compensacións non económicas. Verdadeiro Falso d. Paulo chancea con Sabela polos seus gastos durante as campañas de ofertas tecnolóxicas. Verdadeiro Falso e. Entre os premios por colaborar na financiación do videoxogo encóntrase a degustación de comida e bebida galega, como a cervexa celta. Verdadeiro

Falso

A leria de Sabela e Paulo

(3)

Paulo: Ei!, Sabela! Bótalle unha ollada a esta noticia... Sabela: A ver, déixame ler: “Recta final para facer realidade o videoxogo da Galicia mítica”... Aleluia! Por fin un videoxogo que recrea a nosa cultura. Xa vou estando algo fartiña de aturar a cada canto unha nova guerra nuclear espacial entre faccións de poderosas potencias mundiais... o nunca visto! Paulo: Co adicta que es ti aos videoxogos, xa sabía eu que che ía prestar a nova. Sabela: A ver, adicta, adicta... non diría tal! Afeccionada... talvez. Paulo: Afeccionada dis? Queres que che recorde o que gastaches no último “Venres negro”? Sabela:Vaites, vaites! Como se nunca me viras mercar tecnoloxía! Paulo: Non me tires da lingua, que me perdo... Mira, aquí di que o videoxogo estao a desenvolver unha produtora galega con sé na Coruña e que aínda se pode colaborar na súa campaña de micromecenado. Sabela: Ah! Un crowdfunding deses... non si? Paulo: Arredemo! Sempre co inglés na boca! Como se nota que tes exame na academia dentro de nadiña... Sabela: Non me amoles con iso, Paulo, que xa é un dos últimos que me quedan... e logo ata cando se pode colaborar na campaña? Paulo: Aquí di que aínda fica unha semana para alcanzar a cifra de... carafio!, 150 000 euros. E xa están preto dos 140 000! Tamén di que haberá unha recompensa especial para quen achegue 1000 euros: unha viaxe á Coruña, con dous días de estadía nunha recreación dun castro e visitas guiadas aos lugares que aparecen no xogo; degustación de comida e bebida galega; unha armadura exclusiva; un epitafio personalizado e... un torque feito de ouro! Quen te vería polo choio adiante coa túa alfaia! Sabela: Se cadra con 20 € teño dereito a unha cervexa celta! Vou que me mato...

3. Debullando a lingua. Gramática

3.1. Os adverbios e as locucións adverbiais

As engrenaxes da lingua Adverbios e locucións adverbiais O adverbio é unha clase de palabra invariable (isto é, non posúe ningún tipo de flexión) que expresa nocións de tempo, lugar, modo, afirmación, dúbida etc. A súa función sintáctica é a de modificar outra palabra, normalmente un verbo (Chegou axiña), un adxectivo ( Está moi cansa) ou outro adverbio ( Quere moito máis). Xa que a súa característica esencial é indicar certos valores ou circunstancias, é moi frecuente que a nivel sintáctico constitúan complementos circunstanciais, cuxa tipoloxía é moi variable. Así pois, segundo as circunstancias que estas palabras expresaren, podemos clasificalos en adverbios de lugar, de tempo, de modo, de cantidade e precisión, de afirmación, de negación ou de dúbida. Porén, ao seren aínda insuficientes os adverbios para expresar todas as circunstancias verbais que a lingua pode reflectir, existen combinacións de dúas ou máis palabras que equivalen a un adverbio. Son as locucións adverbiais: Polo xeral, as locucións adverbiais están formadas por unha preposición mais outra clase de palabra: Preposición + (artigo) + substantivo: á beira, a deshora, a/de propósito, ás veces, á/de/en fronte... Preposición + adxectivo: de novo, en van, de certo... Preposición + verbo: a correr, a fartar... Preposición + adverbio: de pronto, de máis, de todo... O conxunto de adverbios e locucións adverbiais na nosa lingua é bastante extenso. Velaquí tes unha listaxe xeral [https://www.udc.es/export/sites/udc/snl/_galeria_down/documentospdf/Sintes e_gramatical.pdf] (páxs. 107 a 110)

(4)

Bloque 1 de actividade…

1

1. Emparella os adverbios e locucións da columna da esquerda co seu significado, da columna da dereita. A boca de cano

Contrariamente ao esperado Dando tombos polo chan

Á mantenta Cara a atrás Ás avesas De baluto

Ás vorcalladas

Montado sobre algo coas pernas abertas; ás carranchas De maneira súbita, a balavento; de improviso; a queimarroupa Sen interrupción

A cachapernas

A ceacú Decontino

De maneira intencionada; de propósito, adrede Inultimente, en balde

2. Velaquí algunhas locucións máis. Es quen de as emparellares todas? A eito

Sen quitar a vista do punto onde se dirixe

A embute Por fas En fite Ás toas De socate Ao carricho Ao desbarate

De maneira inesperada, por sorpresa; de súpeto Sen reflexionar Sen escoller A ombreiros, ás cabaleirolas, a requichas En gran cantidade; a barullo, a esgalla, a varrer A moi baixo prezo Con razón ou sen ela, de calquera forma

Lembra!

(4)

Na última actualización das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (NOMIGa), aló por volta do ano 2003, algúns adverbios e locucións ficaron desbotados como formas normativas. Tamén se fixou a grafía correcta doutras formas, así como a súa acentuación prescritiva. Resaltamos, a seguir, algúns dos casos que poden resultar dubidosos: Escríbense como forma plena os adverbios apenas, talvez, acotío, decontado, decontino, deseguida/deseguido (e enseguida), amodo, adrede e devagar. A locución *alomenos non é normativa. As formas equivalentes son ao menos, polo menos ou cando menos. Da mesma maneira, o adverbio *entonces (un españolismo que se consideraba normativo sorprendentemente ata a citada revisión) foi substituído polas formas xenuínas entón ou daquela. Os adverbios acabados en –mente non se acentúan. Só no caso dunha construción coordinada, con dous adverbios de modo con esta terminación, do tipo: Realizaron o traballo rápida e eficazmente, o primeiro adverbio de modo (ao que se lle retira o sufixo para evitar a cacofonía: rapidamente e eficazmente) pode levar o acento que lle cumpra polas normas xerais de acentuación. Tradicionalmente téñense empregado con certa frecuencia, sobre todo na literatura, adverbios con carácter presentativo (co fin de presentar algo ou alguén que xa está á vista, localizándoo no espazo): eis, velaquí e velaí. Destas tres, a primeira [https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/eis] ficou excluída da normativa: Onde van as tesoiras? Velaquí/velaí as tes.

3.2. A orde dos constituíntes oracionais A lingua galega presenta unha orde sintáctica elemental: Suxeito + verbo + complementos, que lle dá maior “importancia” ao elemento que ocupe a posición inicial no enunciado. Non obstante, esta ordenación é flexible, e calquera deses elementos pode aparecer en posicións indistintas: A avogada gastou moitos cartos. Gastou moitos cartos a avogada. Moitos cartos gastou a avogada.

As engrenaxes da lingua A orde dos constituíntes oracionais En calquera caso, o elemento que apareza no inicio resultará sempre destacado, e convértese no máis relevante dentro do enunciado. Xa que logo, a ordenación dos constituíntes da oración responde á vontade de transmitir a información dun xeito determinado, outorgándolle máis “peso” informativo a un elemento sobre os demais. No plano sintáctico, calquera dos enunciados anteriores é igualmente correcto, mais do punto de vista da comunicación existen diferenzas, segundo se queira realzar quen realiza a acción do verbo (A avogada gastou moitos cartos), que acción verbal se desenvolve (Gastou moitos cartos a avogada) ou que complemento se relaciona coa forma verbal (Moitos cartos gastou a avogada). Ademais, esta variabilidade na ordenación dos constituíntes oracionais tamén pode ter outro tipo de implicacións, especialmente no caso da posición que ocupe o obxecto directo (OD), que pode provocar cambios na sintaxe: Colocación normal: Nós aprobamos as mudanzas na normativa. Colocación “marcada”: As mudanzas na normativa aprobámolas nós. Colocación normal: Escribireiche unha carta desde Budapest. Colocación “marcada”: Unha carta che escribirei desde Budapest. No primeiro enunciado, a colocación do OD no inicio esixe a súa reduplicación nunha forma do pronome átono coa mesma función, detrás do verbo: (l)as. No segundo enunciado, a colocación do OD no inicio non provoca a reduplicación, mais obriga a unha colocación proclítica do pronome átono de OI: che escribirei.

(5)

Bloque 2 de actividade…

1

3. Observa o exemplo e realiza os cambios precisos nos seguintes enunciados co fin de destacar a información subliñada. Repara nos cambios que son necesarios para respectar a gramática galega. Na medida do posible, mantén a orde das palabras igual que nas oracións das que partes e escribe as maiúsculas e minúsculas correctamente. Exemplo: Eu goberno a miña vida > A miña vida gobérnoa eu. a. Vimos as noticias desde o hotel. . b. Vanche contratar unha nova póliza o mes entrante. . c. Adoptaran o gato nunha protectora. . d. Durante a fin de semana atopou varios ex-alumnos na praia. .

Lembra!

(5)

Ás veces, os enunciados van encabezados por expresións (máis ou menos complexas) que expresan as circunstancias do verbo e cuxa posición lóxica os situaría pospostos sempre ao suxeito. Na maioría das ocasións, trátase de locucións con valor adverbial ou subordinadas adverbiais, que se separan cunha coma do resto da oración: Desgrazadamente, o avión aterrou noutro aeroporto por mor da néboa. Tras aprobar o exame, marchou de vacacións. Aínda que lle negaron a subvención, sacou o proxecto adiante. Por imitación desta ordenación sintáctica, existe unha certa tendencia a colocar unha coma sistematicamente antes dos verbos, o que se converte nun problema de cohesión textual cando esta separa o suxeito do predicado, sobre todo cando o suxeito está integrado por un número relativamente amplo de palabras: *A empresa galega con sé en Cataluña, presentou os seus drons na feira de tecnoloxía. Recomendable: *A empresa galega con sé en Cataluña presentou os seus drons na feira de tecnoloxía.

4. Con boa letra. Expresión escrita

4.1. A presentación dixital A presentación dixital é un conxunto de textos, amosados en secuencia mediante unha aplicación informática, que condensa a información fundamental que se quere transmitir sobre unha idea, un traballo ou un proxecto. A presentación dixital presenta moitas vantaxes sobre a exposición oral tradicional, sobre todo no ámbito profesional, por mor do apoio visual e de recursos que achega. Con todo, convén empregar as presentacións de maneira sensata, tendo claro que a súa finalidade é servir de axuda a unha exposición, e nunca substituíla nin repetir o seu contido. 1. Le o seguinte texto.

A galega Avansig, gañadora global do South Summit na sección de mobilidade intelixente Avansig, empresa de enxeñaría de software creada por investigadores ligados ao CITIC (Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña) e integrada no Clúster TIC de Galicia, vén de proclamarse gañadora na sección de Mobilidade Intelixente no evento South Summit Innovation 2017. E fíxoo coa solución Avansig Smart Drons, un desenvolvemento que lles permite aos drons voaren dentro dos edificios cunha precisión centimétrica e de maneira completamente autónoma. O obxectivo desta tecnoloxía de Avansig é automatizar tarefas en interiores (vixilancia física, inventarios automáticos, inspección de grandes estruturas ou seguimento de procesos industriais). Os responsábeis da empresa emerxente galega salientaron o privilexio de poder participar no evento (unha palestra de innovación á vista do mundo) e agradecéronlle ao xurado da devandita sección a valoración feita sobre o seu

proxecto.

Traballadoras e traballadores de Avansig.

O South Summit, segundo lembra o Clúster TIC, é un evento referencial que pon en contacto os emprendedores máis innovadores cos investidores internacionais máis importantes e as empresas interesadas en melloraren a súa competitividade a través da innovación. O evento celebrouse entre os días 4 e 6 de outubro de 2017, en Madrid. Na fase final do certame, Avansig participou xunto cun centenar de novas firmas, seleccionadas por máis de 90 especialistas en tecnoloxías de vangarda. A empresa galega, que conta cunha ampla experiencia no desenvolvemento de sistemas de navegación autónomos, foi seleccionada co proxecto Autonomous Smart Drones de entre un total de 3500 proxectos (un 53% deles internacionais), procedentes de máis de 72 países. Para quen non saiba da natureza da actividade de Avansig, cómpre sinalar que se centra en boa medida no desenvolvemento de sistemas de videovixilancia en edificios mediante o emprego de drons. Un exemplo disto é o proxecto SINDA (Sistema de Seguridade en Interiores con Drons Autónomos), encamiñado a xerar tecnoloxías de videovixilancia en interiores mediante o emprego de drons autónomos baseados en visión artificial 3D. Texto adaptado da noticia « A galega Avansig, gañadora global do South Summit na sección de mobilidade intelixente [https://codigocero.com/Agalega-Avansig-ganadora-global-do-South-Summit-na-seccion-demobilidade]» Fernando Sarasketa. Código Cero. 18/10/2017

Bloque 1 de actividade… 2. De acordo coa información do artigo anterior, selecciona os enunciados que deberían incorporarse a unha exposición académica, de entre os que se che ofrecen, segundo a súa importancia. Avansig é unha empresa de enxeñaría de software vinculada ao CITIC da UDC. A empresa Avansig foi creada por investigadores da UDC. A empresa Avansig acadou un recoñecemento no South Summit Innovation 2017 cun proxecto de drons para interiores, que permite automatizar diferentes tarefas. Os responsables da empresa galega salientaron o privilexio de participar no certame. O South Summit permite poñer en contacto emprededores innovadores con investidores e empresas. O evento celebrouse en Madrid. O proxecto Autonomous Smart Drones, da empresa galega, impúxose a 3500 proxectos, dos cales máis da metade eran internacionais. A empresa Avansig centra o seu traballo no desenvolvemento de sistemas de video-vixilancia mediante drons, cuxo maior expoñente é o proxecto SINDA. Os drons autónomos baséanse na visión artificial.

1

4.2. Mellorar as presentacións Como se fai? Ofrecémosche, a seguir, algúns consellos para elaborares presentacións eficientes. Planifica adecuadamente Selecciona e organiza os contidos de maneira clara e cun propósito. Aínda que a información se ofreza en secuencias (as diapositivas), podes axustala á estrutura clásica de presentación, desenvolvemento e conclusión. Tamén debes axustarte ao tempo do que dispoñas para a presentación. Deseña con destreza Utiliza a tipografía racionalmente (tamaño e estilo da fonte, recursos tipográficos...): convén non mudar de fonte entre diapositivas e empregar as que teñen un estilo moi marcado (como a Comic Sans) de xeito contido. As cores da fonte deben casar coas do fondo da diapositiva (a combinación de verde, vermello e marrón é difícil de ler para moitas persoas) e as imaxes deben ter certa calidade para que se vexan ben en tamaño completo. Ademais, é mellor non abusar dos efectos de transición que incorporan as aplicacións informáticas

Redacta sinteticamente Recorda que a presentación é un apoio do que dis, así que se na pantalla aparece moito texto, o público perderase con facilidade entre o que escoita e o que le. A redacción debe ir ao miolo, procurando a concisión. Son máis efectivos os enunciados breves e as diapositivas con pouco contido. Por suposto, ollo con non cometer error ortográficos.

Expón con seguridade e axilidade Factores como a voz, a entoación, a dicción e a fluidez son esenciais para unha comunicación eficaz. Non dubides en ensaiar as veces que sexa necesario antes da presentación final, iso evitará as consecuencias dos nervios do directo: falar en voz baixa, de costas ao público, mirando ao teito ou ao chan... Ademais, hai unha importante diferenza entre moverse sen acougo nun mesmo sitio e desprazarse polo auditorio coa intención de conectar co público. Prevé os inconvenientes Ás veces o que falla non depende da túa presentación: a computadora non funciona, o proxector escangallouse, o lapis de memoria ten un virus... Leva sempre a túa presentación nun formato fácil de recuperar (en papel, por exemplo) ou en dous lapis. As precaucións poden salvarche o día!

Bloque 2 de actividade… 3. Accede a esta noticia [https://codigocero.com/TeimasDesenvolvemento-exemplo-de-innovacion-tecnoloxica-nosector-da-reciclaxe] de Código Cero e prepara, en catro diapositivas, o contido escrito que debería ter unha presentación dixital sobre ela. Se tes conta de gmail.com [https://www.google.com/intl/gl/gmail/about/], podes empregar un documento de Google Presentacións [https://www.google.com/intl/gl/slides/about/]. Se non, usa calquera programa para crear diapositivas.

1

5. Con voz propia. Cultura e sociedade galega

5.1. Coñecendo as Mulleres Colleiteiras 1. Le a seguinte noticia e toma as notas que precises. Despois, responde as preguntas.

Mulleres Colleiteiras, modelos de éxito O proxecto de economía social para recoller aceite usado pulveriza as expectativas Montse Carneiro, 30/04/2018

Orgullo xitano o de Soraya Romero falando de territorio e saber. «Esa experiencia na ferralla e o cartón nós témola. Porque alí, nas Rañas, faise. Témola de vermos os nosos pais e as nosas irmás», presume esta muller de 20 anos sentada nunha nave do polígono de Iñás, cansa e famenta, ás catro da tarde, despois de completar a súa xornada recollendo aceite usado dos puntos xestionados pola cooperativa Mulleres colleiteiras. Con ela atópanse a súa irmá Violeta, presidenta; Emilia Allegue, socia, e Susana Peña, traballadora contratada e coordinadora deste proxecto de economía social, exemplar, que brinda a mulleres excluídas un posto de traballo e a ocasión de «sacar a cabeza ao mundo e dicir: "estou aquí"», subliña Emilia, que ata a súa entrada na cooperativa viviu a súa particular odisea como parada de longa duración con familia ao seu cargo. A oportunidade da ferralla Volvendo ao principio, a oportunidade naceu da ferralla. Un equipo de Arquitectos sen Fronteiras ocupado en mellorar a habitabilidade nos poboados xitanos das Rañas e A Pasaxe detectou, «ademais das necesidades, as fortalezas das mulleres dos asentamentos, que levaban moito tempo dedicándose á recollida de cartón,

papel e ferralla. Así que pensaron: E por que non aceite?», recorda Susana Pena.

Mulleres colleiteiras

Aceite doméstico usado. Un residuo de tratamento complexo que adoita ir polo desaugadoiro (dous terzos, segundo a estimación estatal), dispara o custo do saneamento e da depuración, e contén 5000 veces máis carga contaminante que as augas residuais que circulan polos sumidoiros. Un litro de aceite usado pode contaminar 40 000 litros de auga. Con ese material traballan: recólleno, almacénano e véndeno a unha empresa que realiza o primeiro dos filtrados para converter o residuo en biocombustible. Hai plans para abordar este proceso na nave de Iñás coa maquinaria adecuada. Tamén para xestionar unha rede pública de recollida en Arteixo, para a que xa presentaron a documentación, e nos oito municipios do Consorcio das Mariñas, no caso de lles adxudicaren os servizos.

«No 2017 as catro traballadoras recolleron 43 916 litros de aceite, o cuádruplo que o ano anterior»

Cinco anos despois do seu nacemento en Monte Alto como un proxecto piloto con decenas de mulleres implicadas, a cooperativa acumula experiencia, quilómetros de furgoneta, puntos de recollida (38 públicos, 34 semipúblicos en entidades e centros educativos e unha longa relación de lugares privados en bares e restaurantes) e coñecemento. O seu traballo e as charlas de difusión para alentar a reciclaxe deron resultado. A Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Bens renovou esta semana o convenio que mantén con Mulleres Colleiteiras desde a súa constitución como cooperativa. No 2017 as catro traballadoras recolleron 43 916 litros de aceite, o cuádruplo que o ano anterior. Soraya e Violeta, que agora viven coa súa nai nun piso de Eirís e achegan os únicos ingresos á familia, levántanse ás sete da mañá e collen o 23A e o autobús de Betanzos para chegaren a Iñás, pasadas as nove. Andan ás voltas co carné de conducir. «Aínda que o coche contamina», anota Violeta. As catro parecen satisfeitas. «Tamén porque somos mulleres —afirma Soraya—. Eu que sei. Adáptaste mellor. Traballas en confianza e todo iso». Texto traducido e adaptado da noticia « Mulleres Colleiteiras, modelos de éxito [https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/betanzos/2018/03/30/mullerescolleiteiras-modelos-exito/0003_201803H30C2991.htm]». La Voz de Galicia. 30/04/2018

Bloque 1 de actividade…

1

2. Indica se os seguintes enunciados sobre a información referente ao proxecto das Mulleres Colleiteiras son certos ou falsos. a. O proxecto Mulleres Colleiteiras foi promovido por socias dunha empresa que quedaron no paro. Verdadeiro Falso b. O proxecto está orientado a mulleres de idade avanzada, en risco de exclusión do mercado laboral. Verdadeiro Falso c. A idea de reciclar aceite usado xurdiu dun estudo do colectivo Arquitectos Sen Fronteiras. Verdadeiro Falso d. O equipo que integra o proxecto non tiña experiencia previa na recollida de materiais usados, mais conseguiu saír adiante a través da fórmula da cooperativa laboral. Verdadeiro Falso e. O investimento en maquinaria e os acordos con entidades públicas son dous obxectivos estratéxicos da cooperativa. Verdadeiro Falso f. O proxecto posúe unha vertente medioambiental clara, pois evita a contaminación das augas residuais. Verdadeiro

Falso

5.2. Tecnoloxía feita “na casa”

Bloque 2 de actividade…

1

3. Visualiza esta noticia [http://www.crtvg.es/informativos/unhaempresa-galega-a-unica-en-espana-que-fabrica-a-cartaproteses-para-animais-2371923] da CRTVG e escolle o enunciado que represente da maneira máis fiel o seu contido. A empresa BETA dedícase á fabricación de implantes para animais que sufriron algún traumatismo físico. A principal vantaxe destas próteses é que se adaptan á morfoloxía de cada animal. A empresa BETA, con sede en Salvaterra, dedícase á fabricación de implantes para animais que sufriron algún traumatismo físico. A principal vantaxe destas próteses é que se adaptan á morfoloxía de cada animal, unha circunstancia única en España. A empresa BETA dedícase á fabricación de próteses para animais con algún tipo de trauma. A principal vantaxe destas próteses é que poden personalizarse segundo as características do animal. A empresa BETA dedícase á fabricación de implantes para animais que sufriron algún traumatismo físico. A principal vantaxe destas próteses é que a tecnoloxía empregada as fai máis resistentes que as da competencia.

4. Nesta noticia [https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2016/08/17 /protesis-carta-animalesla-complutense-usa-implantes-firmamaster-traumatologia/0003_201608V18C8991.htm] de La Voz de Galicia amplíase a información que acabas de visualizar no vídeo anterior. A partir dela, intenta completar as palabras das definicións. Escribe unha letra en cada oco. a. Peza postiza para substituír unha orixinal. P .

E

b. Condición ou situación favorable. V

E.

c. Especialidade médica que consiste en realizar operacións manualmente, coa axuda de instrumentos, nun corpo vivo. C R X . d. Colocación de cartos nunha operación financeira, co fin de obter un rendemento futuro. V TI O. e. Conxunto de mil unidades, ás veces de xeito aproximado. MI R . f. Facer que algo resulte proveitoso a nivel económico. R D ZAR. g. Enumeración dunha serie de persoas, obxectos etc. E.

IS

6. Proba de lume

6.1. Pero antes... Galego ConCurso!

Galego ConCurso

1

1. Mira o vídeo e indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas segundo o que di Manuel Núñez Singala, profesor da Universidade de Santiado de Compostela.

O galego non adapta as palabras que proveñen doutras linguas. Verdadeiro En galego é preferible dicir rato a mouse.

Falso

Verdadeiro Falso O galego está ben posicionado respecto doutras linguas de analizarmos o seu uso nas novas tecnoloxías. Verdadeiro

Falso

6.2. Avalíate

Autoavaliación Mostrámosche a continuación algunhas actividades para avaliarte. Dispós dun intento para superar cada actividade.

1. Le o seguinte fragmento dunha noticia e emparella os enunciados relacionados pola información que achegan:

Cando a revolución do ‘low cost’ levou Galicia ao espazo A redución de custos puxo en marcha hai uns anos unha auténtica revolución no sector aeroespacial, ata ese momento copado por grandes axencias e corporacións, que lle facilitou a entrada a novas empresas e organizacións. Peza central nese proceso de democratización do espazo, coñecido como new space, son os nanosatélites, que no caso de España iniciaron a súa carreira co Xatcobeo, o cubesat deseñado e construído pola Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, lanzado ao espazo o 12 de febreiro do ano 2012. Logo de transcorreren case sete anos desde ese fito e once desde que comezou a carreira aeroespacial na institución académica, Vigo converterase no epicentro do new space o vindeiro 29 de novembro, co gallo da celebración de New Space España. Organizado pola propia universidade, o Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia (Cinae) e a spin-off Alén Space, o evento (o primeiro sobre new space que se celebra en España) reunirá máis dun cento de representantes, tanto de novas empresas, como de grandes axencias e corporacións aeroespaciais. Redución de custos

Xatcobeo Fito na Universidade de Vigo

Democratiza ción do espazo Nanosatélite Lanzamento do Xatcobeo New Space España

Revolución no sector aeroespacial Empresas, axencias e corporacións aeroespaciais Novas empresas e organizacións

2. Só unha das seguintes afirmacións, respecto da noticia anterior, é falsa. Indica cal. O Xatcobeo é un nanosatélite deseñado por un colectivo da Universidade de Vigo. O Cinae participou no primeiro evento sobre new space celebrado en España. A democratización do espazo significa que se permite a entrada a novas empresas e organizacións aeroespaciais. A Universidade de Vigo iniciou a súa andaina no envío de satélites ao espazo no ano 2007.

3. Ordena as caixas de texto para que o esquema resulte adecuado e coherente coa información do artigo da actividade 1. 1.

O fito en Galicia: lanzamento do Xatcobeo

1.

A referencia galega: o New Space España, organizado pola UVigo, o Cinae e Alén Space

1.

O new space ou “novo espazo”

1.

Ferramentas esenciais: os nanosatélites

1.

Definición: democratización do espazo e entrada de novas empresas na carreira aeroespacial

4. Repara nas expresións resaltadas nestes enunciados e escolle os adverbios e as locucións con significado equivalente. a. A empresa presentou un ERE sen previo aviso. Ás agachadas b. Non che podo contestar sen coñecer o contido da noticia. Ás agachadas c. Aparcou o coche marcha a atrás e riscou a defensa. Ás agachadas d. Adriana fai as cousas sen pensar e aínda así todo lle sae redondo. Ás agachadas e. Tras moitas pescudas, descubriron que a presidenta relizaba operacións arriscadas que non notificaba. Ás agachadas f. Con moi pouca frecuencia, saïamos pescar na chalana. Ás agachadas

5. Na seguinte listaxe procuramos adverbios que se escriben nunha soa palabra. Repara na súa clasificación e nas letras que xa aparecen e completa as ditas formas. Escribe unha letra en cada oco. Adverbio de cantidade e precisión: A

E

Adverbios de dúbida: T

Z IS I

A

Adverbios de tempo: G NT ÍO

D

A

Adverbio de modo: V

V

R

6. Escolle a opción axeitada para modificares o enunciado que aparece a continuación, co fin de que inclúa dous adverbios de modo relacionados polo sufixo -mente: Ás veces, a bolsa compórtase de xeito caótico e con aparente capricho. Ás veces, a bolsa compórtase caoticamente e caprichosamente. Ás veces, a bolsa compórtase caóticamente e de supetamente. Ás veces, a bolsa compórtase caótica e caprichosamente. Ás veces, a bolsa compórtase caotica e caprichosamente.

7. Modifica os seguintes enunciados para resaltar a información da parte subliñada, tal e como se amosa no exemplo. Coloca sempre a forma verbal tras o elemento resaltado e, na medida do posible, mantén os demais elementos na mesma orde en que aparecen no enunciado de partida. Alexandre de Fisterra inventou o futbolín. > O futbolín inventouno Alexandre de Fisterra. a. Nós fixemos o xantar. > O xantar...

.

b. Tomé e Carla encontraron a solución. > A solución... c. Elisa xoga a partida ás tardes. > A partida...

.

.

8. Sinala cal é o enunciado onde o uso da comanon é recomendable. Cando chegue á casa, Lidia recomendarache unha boa película. Tras o terceiro mes de estancia, subíronlle o alugueiro sen previo aviso. Algúns domingos, Elisa xoga nun equipo profesional da terceira división. O conglomerado de empresas liderado pola factoría galega, foi elixido para desenvolver as obras da autoestrada.

9. Escoita estes consellos e escolle os que resultarían adecuados para realizar unha presentación dixital.

10. Accede a este vídeo [https://nostelevision.gal/os-premiosmanuel-beiras-celebran-a-sua-19-anos-potenciando-o-galegono-comercio-compostelan/] e contesta as preguntas con verdadeiro ou falso. a. Nas iniciativas comerciais cómpre dar unha visión do galego como un factor positivo. Verdadeiro Falso b. A presenza do galego no sector comercial é unha estratexia unicamente positiva para a normalización do idioma. Verdadeiro Falso c. O uso do galego nas actividades comerciais pode converterse nun factor diferencial para os negocios. Verdadeiro Falso d. A lingua galega é parte dun patrimonio que, no fundamental, ten unha función sentimental. Verdadeiro Falso e. Nos negocios, o galego é a ferramenta de transacción que dota de proximidade a relación entre empresa e cliente. Verdadeiro

Falso

6.3. Preparámonos para o CELGA 3

CELGA 3 Neste apartado poderás realizar unha proba similar ás que has afrontar nos exames oficiais. Traballarás coa parte escrita, aínda que tamén deberás desenvolver unha oral. Podes acceder a toda a información sobre os exames no Portal da Lingua Galega [http://www.lingua.gal/ogalego/aprendelo/celga-3], alén de consultar probas [http://www.lingua.gal/ogalego/aprendelo/celga-3/modelos-deexame] doutras convocatorias.

Proba escrita 1. Nesta ligazón [http://www.premiosmanuelbeiras.gal/A4_bases_2018.pdf], pode consultar as bases dos XIX Premios Manuel Beiras ao uso do galego na empresa. Vostede é a persoa encargada das relacións públicas da súa empresa, con sé en Compostela, e ten de preparar un informe co gallo de presentar unha candidatura a esta edición do certame santiagués. Neste informe, de 300 palabras, vostede debe: Presentar a súa empresa e o seu ámbito de actuación. Enumerar unha serie de actividades que puidesen resultar merecentes do galardón. Destacar unha iniciativa concreta da súa empresa que contribúa especialmente á promoción do idioma galego. Agradecer o estudo da candidatura presentada e valorar a incidencia dos Premios na normalización da lingua galega no ámbito empresarial.

1

6.4. Amplía 1. A influencia doutros idiomas exerce, en ocasións, un efecto prexudicial para a nosa lingua, pois introdúcense nela termos que desprazan as formas galegas xenuínas ou que se instalan, sen necesidade, no noso vocabulario. O habitual é que entren no idioma por seren formas máis curtas, aínda que a pronuncia sexa estraña para unha persoa galegofalante (incluso castelanfalante). No seguinte revoltallo de letras aparecen dez termos e expresións estranxeiras que se corresponden cos dez termos propios do galego que aparecen abaixo, todos do campo da empresa e as relacións laborais. Encontra os termos innecesarios do revoltallo e recorda que en galego temos recursos suficientes para xerar unha terminoloxía plenamente adaptada aos novos tempos: Termos en galego revisión médica crise bolsista adestramento personalizado acoso laboral crebafolgas arrendamento financeiro cadro de persoal lactación traballo cooperativo

6.5. Na Rede Ligazóns interesantes A continuación, propoñémosche unha serie de ligazóns interesantes: Teoría Adverbios e locucións adverbiais [https://www.edistribucion.es/anayaeduc acion/8421332/00gramatica/adverbios.pd f] Presentacións eficientes e de calidade [http://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesor amento/presenta/] (USC) Textos «Balnearios: a saúde que agroma do manancial [https://www.academiagalegadoaudiovisu al.gal/wp-content/uploads/2017/06/Ogalego-no-cinema-galego.pdf]» Recursos Academia.gal [https://academia.gal/dicionario%20] Digalego.xunta.gal [http://digalego.xunta.gal/digalego/Html/i ndex.php] Tradutor gaio [http://tradutorgaio.xunta.gal/TradutorPu blico/traducir/index%20] Glosario elemental plurilingüe de relacións laborais [https://www.udc.es/export/sites/udc/snl /_galeria_down/documentospdf/rrll_plurili ngue.pdf_2063069239.pdf] Vocabulario panlatino de material de oficina [http://www.oqlf.gouv.qc.ca/ressources/b ibliotheque/dictionnaires/panlatin_articles _bureau_20101126.pdf]

Créditos © La Voz de Galicia, S.A. [https://www.lavozdegalicia.es/] Estes materiais foron supervisados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia. Autora e autor dos contidos: Mercedes Pacheco Vázquez e David Paz Lafuente. Dirección do proxecto e dixitalización dos contidos por Netex Knowledge Factory S.A. 2018 [http://www.netexlearning.com/editoriales/].

Related Documents

Unidade
October 2019 27
Unidade
December 2019 22
Unidade 3
June 2020 8
Unidade 6
June 2020 11
Unidade I
May 2020 11

More Documents from ""

Unidade 4.pdf
November 2019 36
Unidade 10.pdf
November 2019 20
Lista De Temas.docx
December 2019 19