6. M. Proust

  • Uploaded by: Luz Varela Armas
  • 0
  • 0
  • May 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View 6. M. Proust as PDF for free.

More details

  • Words: 1,304
  • Pages: 4
6. M. Proust

1. Vida e obra 1.1. Vida

Pertence á alta burguesía parisiense e ten unha dobre orixe: xudía, por parte da nai, e francesa, por parte do pai. Admirou aos simbolistas e aos románticos (Anatole France, quen aparece como Bergotte na súa obra). Estuda Ciencias Políticas e traballa un ano como bibliotecario. Desde que leva a cabo o servizo militar (1889 – 1890) até 1905 ten unha intensa vida social, movéndose no ambiente da alta burguesía e a nobreza, ambiente que retratará na súa obra. Desde 1905/1908 retírase na súa casa até a súa morte (era tamén de saúde débil). Será neste período cando escriba À la recherche du temps perdu. En 1919 gañaría o premio Goncourt. 1.2. Obra

a) Pequenos relatos. b) Jean Santeuil, obra autobiográfica escrita entre 1896 e 1899, pero publicada en 1952. c) À la recherche du temps perdu: 1) Du côte de chez Swann (1913) 2) À l’ombre des jeunes filles en fleurs (1918) 3) ... 4) Le temps retrouvé (1926), é o último tomo. d) Obra crítica importante: Contre Sainte-Beuve, onde critica o método de análise da obra literaria en función da vida do autor, defendido por SainteBeuve. 2. À la recherche du temps perdu 2.1. Estrutura

Estamos perante unha estrutura binaria, un movemento circular constante que se repite nos diferentes episodios: 1) Busca do pasado. 2) Recuperación do pasado unido ao presente. A estrutura corresponde á evolución da vida de Swann1, personaxe que é unha transposición do propio autor. Proust non sigue unha estrutura lineal, senón que intercala episodios correspondentes a diferentes épocas A unidade vén dada polos personaxes, que sempre son os mesmos pero nun movemento constante. É dicir, evolucionan, pero tamén cambia a perspectiva sobre eles. 2.2. Sociedade e personaxes

Describe a sociedade aristocrática e burguesa de finais do século XIX, unha sociedade na que os xudeus son moi importantes. A aparición da clase obreira limítase aos personaxes que gravitan en torno á aristocracia e a nobreza (criados...) Os personaxes son descritos: 1

É unha evolución desde a infancia, de feito a obra comeza coa frase “Durante moito tempo deiteime cedo”.

1 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

6. M. Proust

a) Fisicamente. b) Psicoloxicamente, de xeito moi preciso. c) Atendendo aos contextos nos que están. Os diferentes contextos reflicten os cambios dos personaxes, unha evolución que o narrador explora coidadosamente:  Analiza as súas contradicións.  Analiza minuciosamente a mobilidade social (ex: prostituta da aristocracia que acaba sendo a muller de Swann).  Moitas veces son tratados ironicamente. (ex: reunións dos Verdurin, dos que se resaltan os seus aspectos ridículos). 2.3. Narrador

O mundo do narrador e o do autor son o mesmo xa que a obra contén moitos elementos autobiográficos, mais isto non nos pode levar a identificar o narrador co autor. Por outra parte, hai dous narradores: 1) Narrador omnisciente. 2) Focalización interna, centrada no protagonista. Porén, é capaz de evocar acontecementos posteriores, polo que moitas veces é coma se o narrador omnisciente se introducise na mente do personaxe (os cambios de narrador prodúcense moi rapidamente), un personaxe central non é unitario, senón que ten percepcións sucesivas diferentes. 2.4. Estilo

O estilo de Proust é moi particular, algunhas das súas características principais son: a) Coherencia. b) Lonxitude das frases (hainas de até 1500 palabras), feito que corresponde ao seu pensamento asociativo e tamén ao seu gusto. c) Claridade, unha influencia do XVIII: busca a palabra adecuada, evita detalles innecesarios... d) Uso da metáfora, quizais o trazo máis destacábel. 2.5. Tempo (!) O tempo é o elemento de maior importancia en À la recherche du temps perdu, un tempo que se caracteriza por: a) A lembranza de vivencias pasadas. b) Non conformar unha estrutura cronolóxica definida: os detalles que nos permitirían situarnos historicamente son escasos e desordenados, mestúranse episodios de épocas diferentes. Así, sabemos que Un amour de Swann comeza en 1779 e remata en 1789, pero a cronoloxía interna é difusa. c) Apréciase unha evolución cronolóxica en detalles coma os gustos no que se refire ás vestimentas. d) Describe o final do século XIX, pero non cronoloxicamente, senón mediante a asociación de vivencias relacionadas pola memoria afectiva. 2 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

6. M. Proust

Son moitos os estudos que se fixeron sobre o tempo en À la recherche du temps perdu, imos ver a postura dalgúns teóricos: A) G. Poulet (Etudes sur le temp humaine): 1) Personaxe dividido entre o futuro e as lembranzas do pasado (densidade temporal):  Nun primeiro momento o personaxe (aínda neno e adolescente) e o futuro como algo positivo, un tempo de improvisación, descoñecido e desexábel, o único tempo perdido.  Nunha segunda etapa: ● Constátase a imposibilidade de acadar ese tempo futuro, a distancia entre o personaxe e aquilo que desexa, comeza a dúbida das esperanzas e renuncia á espera. ● Entón búscase a lembranza como refuxio, a lembranza dun pasado que é un tempo perdido, pero non de xeito definitivo. ● Despois dun lapso de tempo o personaxe pode volver soñar, é dicir, a lembranza do pasado que se volve vivir volve dar esperanza sobre o futuro. 2) Continuidade: o tempo non é lineal, senón que se asocia o presente ao futuro e ao pasado. É dicir, hai unha serie de episodios asociados (presente que evoca o pasado e anuncia o futuro) que producen unha descontinuidade constante. Ademais, a primeira etapa da vida é o patrón dunha serie indefinida de vivencias posteriores, é dicir, o pasado é o fundamento do presente2. 3) Beleza e felicidade: nunca están na vivencia inmediata senón que é a superposición de episodios pasados (recuperación de sensacións agradábeis asociadas aos acontecementos) e a evocación do futuro o que enriquece e fai especial o intre presente. Ademais, o tempo tamén nos permite ver as contradicións das cousas e os seres e a pluralidade do individuo. É por esta razón que os personaxes son complexos e contraditorios, tanto o principal coma os secundarios. B) Gilles Deleuze (Proust et les signes, 1964): a obra é tamén unha busca da identidade do personaxe e do seu xeito de apreciar o tempo. Así, para este filósofo, na obra de Proust é máis importante a busca da verdade (a aprendizaxe da vida, do personaxe, dos signos) có tempo. C) Paul Ricoeur (Temps e recit, I e II): intenta conciliar as dúas posicións. Así, para P. Ricoeur o personaxe leva a cabo un longo percorrido no que descobre o seu pasado, a súa vocación de escritor e a súa identidade perdida, que recupera mediante a lembranza. Se non é pola arte o tempo é irrecuperábel, Proust consigue resolver tódalas contradicións do tempo (aporías) mediante a arte, que permite superalas mediante a asociación de sensacións e lembranzas que o escritor consigue plasmar mediante a metáfora, que permite elevar ao nivel da esencia, fóra da continxencia do instante, a experiencia vivida. Este proceso é explicado polo propio autor: 2

O principio da obra escríbeo cando tiña arredor de 25 anos, polo que amosa unha predilección polo pasado desde moi novo. Despois, desde 1908, a fraxilidade da súa saúde fará que a lembranza sexa un elemento fundamental na súa literatura.

3 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

6. M. Proust

1. Vivencia 2. A impresión, como gozo inmediato, pérdese. 3. Recuperación da experiencia liberada do que a provocou, do seu obxecto exterior. 4. Transposición da experiencia nunha idea. 5. A idea debe atopar un equivalente espiritual na obra de arte. É dicir, toda obra de arte é un equilibrio inestábel entre as impresións que foron e a forma en que se descifran os signos para convertela en obra de arte.

É dicir, o proceso de escritura é un mecanismo para descifrar os signos e resolver as contradicións das impresións máis fugaces.

4 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

Related Documents

6. M. Proust
May 2020 2
M&m Interest 6-8
November 2019 3
M-6.pdf
November 2019 0
M Iii (5-6)
October 2019 8

More Documents from ""

May 2020 6
May 2020 3
May 2020 4
May 2020 2
May 2020 3
May 2020 4