3. O Discurso Narrativo Durante O Franquismo E O Posfranquismo

  • Uploaded by: Luz Varela Armas
  • 0
  • 0
  • May 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View 3. O Discurso Narrativo Durante O Franquismo E O Posfranquismo as PDF for free.

More details

  • Words: 4,227
  • Pages: 10
3. O discurso narrativo durante o Franquismo e o Posfranquismo

1. Breve introdución a: Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe (1972) 1.1.

Bio – bibliografía de Blanco Amor

Da vida de Blanco Amor (Ourense1 1897 – Vigo 1979) cómpre destacar os seguintes puntos:  En 1919 emigra á Arxentina, onde traballa no diario La Nación, que o envía a Madrid como correspondente en 1929, época na que visitaría Ourense.  Entre 1929 e 1931 comprometeríase definitivamente co galeguismo e o republicanismo, se ben xa tiña un vínculo anterior con Risco.  En 1933 volve a Galiza, coincidindo coa visita de Lorca (1932 – 1933) e a aparición dos seus seis poemas galegos, que se considera que foron alentados por Blanco Amor, Ernesto Guerra da Cal e Serafín Vázquez, entre outros. Envía crónicas a La Nación que profetizan a Guerra Civil. Nese mesmo ano, 1933, marchará a Buenos Aires e non volvería até 1965.  Durante a súa estadía en Buenos Aires até 1965 será unha figura clave do exilio xunto con Luís Seoane: dirixe a revista Céltiga e o xornal Galicia da Federación de Sociedades Galegas.  En 1965 volve a Galiza e manterá desde entón unha existencia desacougada e penosa. Blanco Amor foi poeta, dramaturgo, narrador, xornalista... Da súa obra destaca: A) POESÍA  Romances galegos (1928), obra coa que se revela como poeta. Unha obra debedora das modas do momento (neopopulismo da Xeración do 27) e cunha tendencia neotrobadoresca. Moitos dos seus temas xiran arredor do amor non correspondido e a natureza actúa como correlato escénico, como confidente coa que dialoga o autor.  Poema en catro tempos (1931), unha elexía pola morte dun pescador, algo insólito por supoñer unha auténtica sinfonía. B) NARRATIVA  En Os nonnatos (1927) e A escaleira de Jacob (1933) Blanco Amor amósase alleo á problemática galega, tratando problemas cotiáns da grande urbe.  La catedral y el niño (1948), obra na que un narrador maduro lembra as vivencias da nenez. Nesta obra danse por primeira vez unhas constantes que se repetirán en tódalas demais, facendo da obra de Blanco Amor un macrotexto:  Un só espazo literario: Auria ou A.  Un narrador homodiexético en primeira persoa (testemuña, protagonista).  Ambientación en fins do século XIX e comezos do XX.  Reflicte unha sociedade provinciana, hipócrita e xerarquizada.  A esmorga (1959): novela novidosa pola técnica (técnica telefónica), pola súa plasticidade cinematográfica e o tremendismo. Nela hai unha omnipresencia da

1

En A esmorga e Xente ao lonxe aparece a cidade de Ourense baixo o nome de Auria ou A. Ourense é a cidade máis novelada de Galiza, quizais porque os novelistas máis ilustres son ourensáns. En Xente ao lonxe Auria (“curral de vacas”) aparece a cidade da nenez e a adolescencia do autor como marco narrativo, pero non a exalta como cidade.

1 Curso monográfico de narrativa galega 2006/2007 USC

3. O discurso narrativo durante o Franquismo e o Posfranquismo



 

choiva2. Foi obxecto da censura e a primeira edición é da editorial Citania, Buenos Aires. Os biosbardos (1962), relatos sen tensión dramática (non son, polo tanto, un conto) nos que os protagonistas son nenos que sofren a indiferenza dos seus pais. Ademais trátase a sufrida figura da nai fronte ao carácter despótico do pai, o que nos pode facer pensar en ronseis autobiográficos de Blanco Amor. Los miedos (1963), finalista do premio Nadal, amosa a crueza da infancia e da adolescencia nun pazo preto de Auria (trazos autobiográficos). Xente ao lonxe (1972), en 1976 aparece xa sen censurar. É a primeira novela galega na que aparece o proletariado3 como clase social, aínda que xa se albiscaba en A esmorga.

1.2.

Xente ao lonxe

O aspecto máis importante de Xente ao lonxe é contar unha historia, a historia da familia Vilar, mais de xeito fragmentado. É a primeira vez na narrativa galega que o proletariado aparece como protagonista. Hai dous feitos que sitúan a novela: a) O nacemento de Alberte, co que Suso se sinte coma o “príncipe destronado”. b) A inminente morte do pai. Por outra banda, son tres os personaxes nos que descansa toda a acción. Personaxes ben definidos que representan a clase proletaria: a) Suso: sobre o que recae a grande parte da narración, pero non ten porque ser el o que conte os feitos máis importantes. É o aparente protagonista. b) Evanxelina ou Vanxe: irmá de Suso á que o autor lle concede a última palabra na novela. c) Aser: pai de Suso e Evanxelina, é un mártir que desde un segundo plano sementa nos outros personaxes a súa actitude modélica ante a vida. Son tres personaxes dunha mesma familia, proletarios e ao lonxe albíscanse as demais clases sociais de Auria. Dicimos que Suso é o aparente protagonista porque estamos perante unha novela de protagonista colectivo4, con máis de 170 personaxes (“personaxe porción”). É, ademais, a primeira novela tremendista5 da literatura galega. Por outra banda, nesta novela Auria é a fatalidade en relación aos personaxes e criaturas que nela habitan, a fatalidade que persigue ao heroe até a morte. Así, hai un tratamento despectivo da cidade (“curral de vacas”, “recinto de pedra”, “cidade mortecina”), unha cidade provinciana e pechada en si mesma. A súa hostilidade non é algo inherente a ela, senón que está provocada por unha serie de elementos (en La catedral y el niño nome a beatas, funcionarios...) 2

Igual ca en No ventre do silencio, e o mesmo acontece coa neve no Ulises de Joyce ou coa calor abafante en Agosto do 36. 3 A figura dos graxos (“delincuentes” que no inverno durmían ao carón das Burgas), tipicamente ourensá, retratada por Valentín Lamas Carvajal e outros autores do século XIX é o antecedente dos personaxes de A esmorga e Xente ao lonxe. 4 O mesmo acontece en La colmena de Cela ou en Manhattan Transfer de John dos Passos. 5 O Tremendismo é unha corrente literaria xurdida nos anos 40 do século XX en España, que buscaba testemuñar os aspectos máis tétricos da realidade social mediante a descrición de escenas grotescas e violentas.

2 Curso monográfico de narrativa galega 2006/2007 USC

3. O discurso narrativo durante o Franquismo e o Posfranquismo

Nos feitos que conta hai unha base real que é motor que xera a literatura , o que non quere dicir que se reproduzan feitos reais. Hai unha estilización que xoga coa lembranza melancólica do pasado e un futuro incerto no que os personaxes camiñan cara a súa destrución. 6

1.2.1.

Clases sociais

Hai dous grupos sociais enfrontados: a) O señorío explotador e caracterizado negativamente e que conta co xornal El eco del calvario. Está formado por:  Clérigos (“cleripallo”), con privilexios e grande poder que usan para defender os seus propios intereses e reprimir o proletariado. Son ultraconservadores e son tratados con crueza7 ou ridiculizados8.  Comerciantes maragatos, “señoritos de caldo á merenda” (funcionarios...) b) A clase obreira, tratada positivamente, formada por xente que vive a súa vida (ama, odia; acerta, erra, sálvanse, pérdense). Conta co xornal Vértigo. As relacións entre ámbalas dúas son de conflitividade: a) de aldraxe (clase alta  clase baixa), coma cando un señorito deixa preñada á Ceboliña. b) de reivindicación (clase baixa  clase alta), coma cando Andrea chantaxea ao xuíz a prol de Aser. 1.2.2.

Personaxes

Estamos, como xa dixemos, perante unha novela de protagonista colectivo, con máis de 170 personaxes, aínda que hai quen quere ver o protagonismo de Suso. De tódolos xeitos hai tres personaxes máis individualizados: A) 



SUSO O autor amosa o seu desenvolvemento prematuro de neno a home, o seu desacougo ao saír da nenez:  Paquito da Vendolla introdúceo nos misterios a vida e na masturbación que logo abandonará, ao igual cás prostitutas (proletariado como exemplo de saúde moral).  Elixio acláralle o tema da fecundación. Está moi ben definido e destaca a súa relación con dous personaxes da novela:  Aser, que exerce unha grande influencia nel.  Alberte, cuxo nacemento o fai sentir desprazado xa que non quere compartir a súa nai. O enfraquecemento de Berto fará que este sentimento de hostilidade cara el se volva tenrura.

6

No prólogo de La catedral y el niño define a obra coma unha mestura de vivencias/recordos, soños e estilización. 7 Coma no caso do crego de Santa María la Madre, que consigue que ninguén lle merque pan a un panadeiro ateo e teña que marchar; o cura da Peroxa que incide na avoa de Suso para que este non vaia á escola laica; o irmán Papuxas, que lle pega a Suso; o irmán Pierre, cualificado de pederasta. 8 Coma o cóengo Fabriqueiro e a súa falta de hixiene, fronte á limpeza da súa criada e da familia de Aser. Esta falta de hixiene sería tratada polo doutor Barada, trasunto dun médico ourensán xa homenaxeado por Otero Pedrayo no Libro dos amigos.

3 Curso monográfico de narrativa galega 2006/2007 USC

3. O discurso narrativo durante o Franquismo e o Posfranquismo

B) 



C) 

 

1.2.3.

EVANXELINA Sofre unha evolución: ao comezo da novela é unha personaxe con trazos masculinos, pero co tempo irá gañando beleza feminina e volvéndose unha líder obreira que renuncia ao cabal nas mozas do seu tempo, o matrimonio, pero non á maternidade. A súa relación con Suso, nun principio conflitiva, vólvese unha relación de amizade e agarimo mutuo. ASER É un home exemplar: asisado, busca a paz sen renunciar ás súas ideas, respectado polos traballadores, dotado de virtudes morais, exemplo de pai de familia e de marido. É un personaxe feito ao iniciarse o relato, que despois sofre o desterro e a cadea, dirixíndose cara a súa destrución. É un mártir da historia, un exemplo para os seus fillos nos que quedará a semente de futuro. O tempo e a súa posíbel extrapolación

O relato xira arredor do mitin de Oseira (1909) que aparece na terceira parte da novela. É o elemento nuclear da trama:  Prenden a Aser.  Comeza a amizade entre Suso, que primeiro se fiara do Elixio, e Xosé María Cerdeira, quen o levará polo camiño do honor.  Fala Evanxelina por vez primeira. En 1909 Blanco Amor tería a mesma idade ca Suso e, aínda que se podería falar dunha “posíbel identificación” do autor co personaxe, non podemos considerar autobiográfico o relato. Blanco Amor fai unha analoxía9 entre o momento de conflitividade de comezos do século XX e o dos anos sesenta e setenta dese mesmo século: a) A comezos do século XX vívese un momento de grande conflitividade social, especialmente polos foros, no que o pazo era o símbolo da opresión (igual có castelo para os Irmandiños). O autor tece, desde o presente, un relato nun momento histórico remoto, aínda que con alusións a outros momento (analepses) como é o caso do baldaquino de Ursaira, a desamortización de Mendizábal (1836) ou o desastre colonial. b) Nos anos sesenta e setenta do século XX había unha conflitividade social en Galiza equiparábel á de principios de século, situación que Blanco Amor denuncia con esta analoxía (clandestinidade das reunións, terxiversación da información por parte dos xornais, medo á represión, apoio mutuo entre autoridade civil e relixiosa). Os fitos máis importantes da conflitividade dos sesenta e setenta son:  1964: expropiación dos terreos para a construción do embalse de Castrelo de Miño.  1967: primeiras folgas na Universidade de Santiago, anteriores ao maio francés.  1970: proceso de Burgos. 9

Isto mesmo faino Cervantes en El Quijote para denunciar a Inquisición, empregando unha institución anacrónica, a cabalería, polo que adopta un modelo paródico.

4 Curso monográfico de narrativa galega 2006/2007 USC

3. O discurso narrativo durante o Franquismo e o Posfranquismo



1.2.4.

1972: folgas nos estaleiros de Vigo e Ferrol.

A lingua

No “Prólogo útil”, aínda que é de temática moi dispar, o autor fai reflexións lingüísticas explicando o galego que vai usar: di que vai facer unha “cata e cala in vivo da lingua popular” rescatándoa do enxebrismo, o costumismo e o folclorismo. Con todo, isto non se corresponde sempre coa linguaxe da novela, que a veces soa artificial (exercicio literario). Tamén no “Prólogo útil” fai unha declaración de intencións dicindo que procura un ideal de sinxeleza que, aínda que non sempre o acada, se materializa na filtración dos feitos por medio de Suso. A ignorancia e a consecuente ousadía deste personaxe de pouca idade fan que as súas verbas non estean mediatizadas e se consiga esa sinxeleza. Ademais, dáse unha actualización lingüística, xa que a linguaxe deste personaxe está desvencellada da linguaxe literaria (sintaxe sinxela, descrición...) Outros trazos que caracterizan a lingua na novela son: a) Impudicias lexicalizadas: expresións da fala popular sen o seu significado literal obsceno, como por exemplo “hai que tocarse o carallo”. b) Eufemismos: propios de xente iletrada ou cursi, como é o caso de “me caso en mi padre”. c) Caracterización dos personaxes pola fala: segundo como falen os personaxes podemos facer un xuízo deles (Aser fala con cordura, os profesores da escola laica falan en catalán entre eles, os curas teñen unha fala falsa e hipócrita...). d) Intento de reflectir a situación diglósica: non o consigue, pero si ridiculiza aos que falan castelán. Ex: con Bricio Pampín o autor busca un efecto cómico (fala castrapo). 2. Breve introdución a: X. L. Méndez Ferrín, No ventre do silencio (1999)i Ferrín (Ourense, 1938) gaña con esta obra o premio Eixo Atlántico en 1999, obra que asina co pseudónimo de Albertina Recamaro. Este autor pertence, xunto con outros coma Beiras ou Fernández Ferreiro, á Xeración das Festas Minervais ou Xeración de La Noche. É, ademais, un autor moi prolífico desde que comeza a súa activade literaria (con 19 anos publica Voce na néboa), combinando a creación co labor filolóxico, o que fai del unha das figuras clave da literatura galega de tódolos tempos. 2.1.

Características xerais da obra de Ferrín

A) É o PRIMEIRO ESCRITOR PLENAMENTE MONOLINGÜE EN GALEGO: ten un compromiso cívico coa lingua e coa nación, proponse facer só literatura en galego e faino en toda a súa produción. Tamén en No ventre do silencio, unha obra cuxa temática non ten nada que ver coa lingua, podemos observar este compromiso. B) A súa obra é un grande MACROTEXTO, de xeito semellante á de Otero Pedrayo: é un corpus total no que poemas, contos, relatos... están interrelacionados. Así, por exemplo, nalgunhas obras atopamos personaxes que xa 5 Curso monográfico de narrativa galega 2006/2007 USC

3. O discurso narrativo durante o Franquismo e o Posfranquismo

aparecían en obras anteriores e nos que se reflicte o paso do tempo. É dicir, hai intertextualidade entre os seus textos, pero tamén respecto de textos doutros autores. C) Toda a súa obra xira arredor da FANTASÍA e a REALIDADE: xoga co límite entre o real e o ficticio, segundo o caso a fantasía transloce a realidade ou viceversa. D) LINGUAXE RICA e MANEXO DOS RECURSOS NARRATIVOS: son dous aspectos que requiren un esforzo por parte do lector, esforzo que ten a súa recompensa. E) ESCENARIOS RECORRENTES (explícitos ou aos que se fai referencia) e o seu VALOR SIMBÓLICO: a) Vilanova dos Infantes – Vilar de Rei: é a vila dos avós paternos do autor que lle supón a este o contacto co mundo oteriano dos pazos (Crónica de nós). É o mundo da fantasía e dos soños. b) Ourense: simboliza o mundo real10, opóndose ao anterior, o mundo das incertezas, da crueza da vida, árido, provinciano, das sotanas e dos falanxistas. c) Compostela: é o escenario case único de No ventre do silencio, unha Compostela moi peculiar. Esta cidade aparece sempre como un lugar misterioso11, difuminado, entre néboa, que o autor ve desde dúas perspectivas:  A Compostela ultramontana e intransixente das sotanas e o mal agoiro, que non debe ser a capital do galeguismo.  Deixa, porén, un lugar para a esperanza12. d) Vigo: a cidade industrial e naval, a cidade do futuro (“guión dunha Galicia futura”). Nela reside o proletariado, a esencia da nación, pero ademais supón un achegamento cara o sur para traspasar as fronteiras políticas que nos afastan do norte de Portugal. e) Outros coma Tagen Ata (Retorno a Tagen Ata, 1971): Ferrín recrea un espazo mítico, fantástico, que desde 1971 pasará a formar parte dos seus escenarios recorrentes. 2.2.

No ventre do silencio dentro do macrotexto que supón a obra de Ferrín

No ventre do silencio está relacionada con outros textos do autor, xa que culmina unha secuencia temporal iniciada anos atrás con: a) Os couces, a figueira e a fouce de ouro: novela inédita da que sabemos:  Que en 1985 e tamén en 1986, na segunda edición de Antón e os inocentes, Ferrín fai referencia a ela dicindo que esta obra forma parte dunha triloxía cuxa primeira parte sería Os couces, a figueira e a fouce de ouro, a segunda Antón e os inocentes e a terceira unha obra por escribir que sería No ventre do silencio.

10

No conto “Fría Hortensia” en Amor de Artur reflíctese a tristura de deixar o mundo dos pazos e da fantasía pola realidade. 11 En O crepúsculo e as formigas énchese de bafo un cristal a través do que se ve, difuminada, a realidade. 12 Tamén o fai R. Cabanillas nas súas sagas: Artur é enterrado en Compostela e na lousa pon “esperade”.

6 Curso monográfico de narrativa galega 2006/2007 USC

3. O discurso narrativo durante o Franquismo e o Posfranquismo

No conto “Prólogo. Impunidade”13 de Elipses e outras sombras faise tamén referencia a esta obra inédita. Sabemos por este conto que a novela se sitúa no comezo dos anos 50.  En 1969 Ferrín irá ao cárcere por atoparlle esta novela na casa, cuxos protagonistas son os guerrilleiros galegos. b) Antón e os inocentes (1976): obra inmediatamente anterior a No ventre do silencio. 

Esta interrelación entre No ventre do silencio e outras obras do autor afirma neste caso concreto o carácter de macrotexto que ten toda a súa obra. Imos ver agora outros exemplos que corroboran a condición de macrotexto da obra de Ferrín: a) En No ventre do silencio nárrase un interrogatorio a un dos troianos redivivos nos que se describe unha mesa recuberta de cristal rota nunha esquina, onde un interrogado quedara sen un ollo. No relato “Animal” de Crónica de nós cóntase a historia da mesa rota, quen se desmaiou contra ela e quedou sen un ollo. b) En “Os ollos de Kelma” de Percival e outras historias Kelma é unha muller que é quen de quitar os ollos das concas e en No ventre o silencio aparece de novo Kelma e quita os seus propios ollos. c) En Antón e os inocentes aparece a parella formada por Alberto F. Comesaña e Narda Miguez14, parella que en No ventre do silencio xa está desfeita. 2.3.   

Espazo e tempo en No ventre do silencio

Ferrín crea unha Compostela propia e diferenciada da doutros autores: Sen función ornamental, xa que é un espazo case totalizador que artella a vida de tódolos personaxes que se moven nel. É un espazo capaz de alucinar, obsesionar, atraer e destruír, estando moi preto do concepto de cidade – personaxe15. Reflíctese a través da ollada dunha narradora invisíbel que conta uns feitos que presenciou e viviu 40 anos antes, pero a súa dificultade para lembralos fai que faga do pasado unha ficción. A crítica sinala dous trazos importantes nesta obra: a) Importancia das coordenadas espazo – temporais: o tempo e o espazo son o máis importante da novela, a Compostela fundamentalista e hipócrita dos duros anos 50 da posguerra. b) Parentesco afastado que, segundo Darío Villanueva, ten coas novelas de campus16. Ademais establece un antecedente: Pascual López (1879) de Emilia Pardo Bazán. Con todo, a vida universitaria está presente na obra, pero esta non se cingue só a iso. Ferrín define a súa novela do seguinte xeito: a) Pretendía reflectir a Compostela universitaria dos anos 50.

13

Faise unha radiografía do asasino, Lisardito Portela de Lis, desde que nace até que comete os crimes. Van ao cemiterio deixar flores nas tumbas de personaxes anarquistas, socialistas... 15 Con cidade – personaxe referímonos a un espazo que ten tanta transcendencia nunha obra que pode ser mesmo o personaxe máis importante, como acontece con París na obra de Dumas. 16 Concepto anglosaxón que engloba a narrativa referente á vida universitaria e con intención satírica, tamén chamadas novelas estudantinas na Península. 14

7 Curso monográfico de narrativa galega 2006/2007 USC

3. O discurso narrativo durante o Franquismo e o Posfranquismo

b) Non fai iso, senón que a obra se converte nunha construción inventada dese espazo e ese tempo. Con todo, son as súas vivencias as que impulsan a creación da obra. Así, a Compostela de Ferrín mestura simbolismo e realidade: A) SIMBOLISMO: a) É unha cidade labiríntica, con mofos, gretas nas pedras (o que lembra á visión de Otero Pedrayo en O espello na serán) que simbolizan unha cidade dividida, de vencedores e vencidos. b) As ratas que ve Ludivina presaxian un feito dramático. c) A vexetación anticipa a desaparición de Compostela como emblema da patria, do mesmo xeito que o templo de Angkor desapareceu entre a vexetación da selva. Unha cidade de sotanas e falanxistas non pode ser o centro do galeguismo para Ferrín. d) A choiva é omnipresente en toda a obra, pero non obedece ao tópico senón que é un elemento simbólico que abre máis esas fendas da pedra, as fendas entre os vencedores da guerra que van perdendo forza e os vencidos que emerxen co tempo. Ademais tamén será un elemento desencadeante de suicidios17. B) REALIDADE E HISTORIA: a) Aparecen personaxes históricos coma Suero Álvarez de Toledo (bispo compostelán acoitelado) ou o xeneral Eguía (que sofre un atentado cun paquete bomba). b) Descríbese unha xeografía física da cidade aínda recoñecíbel na actualidade. c) Hai unha descrición da sociedade compostelá:  Universitaria: vida dos estudantes, depuración do profesorado trala guerra (quedando só os peores).  Da sociedade en xeral: vencidos (familia de Leira Pazó, un dos troianos) e vencedores (familia de Santi Amezaga). Os vencedores van virando a chaqueta e os vencidos emerxen de novo. É unha Compostela na que predominan as cores azuis e grises, ao igual ca na Compostela de Otero, a Compostela da posguerra. 2.4.

Personaxes

Estamos perante unha obra sen protagonista, unha novela case que coral na que, de haber un protagonista, sería a cidade de Compostela. Con todo, hai dous personaxes que cómpre comentar: A) Arcinda Moreque: unha muller nova que coida á filla de Miras de la Torre, a quen lle leva unha cesta con sete pitos mortos. É unha muller que “plantou soa o seu naval18”. B) Maître Obscur: é unha personalidade magnética, sedutora. Actúa coma un flâneur, un paseante permeábel ao que acontece en Compostela, que representa o que foi o mundo da cultura e os seus homes. É o contrapunto 17

O suicidio é unha constante en toda a obra de Ferrín, como se aprecia no relato “Un chinche durme no teito” de Elipses e outras sombras (1974) e tamén en No ventre do silencio onde hai persoas que pensan en suicidarse e outras que o fan. 18 Isto, que podería parecer unha referencia a Rosalía, é en realidade unha alusión ao poema “Mujer con alcuza” de Hijos de la ira de Dámaso Alonso, feito que se corrobora na páxina 179: “é unha muller gorda con alcuza na man...”

8 Curso monográfico de narrativa galega 2006/2007 USC

3. O discurso narrativo durante o Franquismo e o Posfranquismo

dos demais personaxes, atrapados nese espazo, pero tamén un personaxe fóra de xogo: fisicamente no presente pero ancorado no pasado dunha Compostela inmemorial. Está por enriba do tempo. 2.5.

O galego en No ventre do silencio

Na obra de Ferrín reflíctese a persecución do galego durante a posguerra por parte dun réxime foráneo, pero tamén alude ao auto – odio, ao abandono da lingua por parte dalgunhas clases sociais coma a Igrexa. Así, a lingua aparece coma o estandarte contra o réxime e a opresión. 2.6.

A pegada da guerra e da posguerra

A presenza da guerra é case unha constante en toda a obra de Ferrín, quen adoita incluír o personaxe do asasino fascista, sen escrúpulos. Esta patoloxía do asasino observámola en: a) No ventre do silencio: aparecen asasinos sen escrúpulos coma Chucho Mascarado ou M. Furelos, que actúan baixo as ordes doutra persoa que non se mancha pero que incita a matar, neste caso Miras de la Torre. b) “Prólogo. Impunidade” de Elipses e outras sombras: reflíctese como Lisardito Portela de Lis ten desde a súa infancia hábitos criminais19, que o levarán a ser un auténtico asasino, adestrado por Loló Casalderrei. c) Antón e os inocentes: neste caso tamén observamos como Antón desde a súa infancia ten hábitos criminais20. A descrición deste tipo de personaxes tamén a observamos en obras doutros autores, como é o caso do poema “Xogo ruín” de Pimentel ou Agosto do 36 de Fernández Ferreiro. *** Estamos perante unha novela moi complexa e debemos ter en conta que para entender a Ferrín hai que entender primeiro a Otero Pedrayo, que subxace en Ferrín.

19 20

Intenta matar un paxaro cando é un cativo e como non morre mete a cabeza na súa boca. Fai o mesmo có anterior, pero cun lagarto.

9 Curso monográfico de narrativa galega 2006/2007 USC

i

Ver X. M. Ferrín. O home, o escritor.

Related Documents


More Documents from ""

May 2020 6
May 2020 3
May 2020 4
May 2020 2
May 2020 3
May 2020 4