04. O Teatro Na Posguerra

  • Uploaded by: Luz Varela Armas
  • 0
  • 0
  • May 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View 04. O Teatro Na Posguerra as PDF for free.

More details

  • Words: 1,265
  • Pages: 5
4. O teatro na posguerra

1. Etapas 1.1.Ata os anos 60 1) A escrita teatral coma un acto privado: acto de creación individual comparable á poesía, sen conciencia escénica (os autores non pensan na escenificación nin manteñen relacións coas compañías teatrais, que neste momento non existen). 2) Longo proceso de construción textual, de xeito que adoita haber importantes desfases entre a época de redacción e a de publicación. 3) Dificultade de situar os autores na cronoloxía da literatura galega, un problema que deriva do anterior. Así, cómpre ter en conta: a) O momento no que foi escrita a obra. b) O momento no que foi publicada. 4) Textos non realistas: pretenden transcender a realidade pola imposibilidade de tratar abertamente os problemas do momento, de xeito que abordan conflitos existenciais do ser humano. 1.2.Desde os anos 60 1) Incipiente preocupación social: a) Temas: → Falta de liberdade. → Perda da identidade. b) Exploración das posibilidades do teatro como instrumento de intervención social (como xa acontecera na época das Irmandades da Fala). c) Preocupación por facer textos coidados e que funcionen na súa representación. d) Textos: → Acurrados (1961) de Mariñas del Valle. → Obras de Manuel María. 2) Acontecementos fundacionais do teatro galego contemporáneo: a) Concurso Castelao de Textos de Teatro (1963-1965): → Convocado pola agrupación cultural O Galo. → Recádanse fondos por medio da “campaña do peso” (pídenlle á xente un peso para o premio), o cal amosa a implicación social para potenciar o teatro. b) Creación de agrupacións culturais: → Agrupacións:  O Galo (Santiago).  O Facho (A Coruña).  A Auriense (Ourense). → Razóns:  Momento de certa apertura.  Son a tapadeira para outras actividades políticas que doutro xeito non se poderían realizar. 1

Literatura Galega da Guerra Civil á actualidade 2008/2009 USC

4. O teatro na posguerra

c) Teatro Circo (1967): → Primeiro grupo de teatro organizado con vocación de continuidade. → Trae a Galiza o espírito do “teatro independente” dos 60 e 70, un teatro xeralmente vinculado á universidade que nalgúns casos é o xermolo de compañías profesionais → O teatro independente desenvolverase desde 1973 en Abrente. d) Outros fitos: → I Concurso Nacional de Teatro Infantil (1973), promovido pola agrupación O Facho. → Cadernos da Escola Dramática Galega (1978). → Primeiras compañías profesionais (1978). 2. Autores 2.1. Cunqueiro 1) Cronoloxía: produción teatral entre os 50 e os 60. 2) Obras: Hamlet e outras. 3) Produción teatral coherente co resto da súa produción literaria. 2.2.Carvalho Calero 1) Produción teatral coherente co resto da súa literatura, en especial coa poesía, con elementos recorrentes coma: a) Cuestión existencial. b) Figura da muller, como interrogante. 2) Produción extensa e moi variada. 3) Obras: a) O fillo (1935): → Estaba preparada para ser publicada en Nós e 1935. → Gaña o Premio Castelao de Teatro do Centro Galego de Bos Aires en 1947. → Non se publica ata 1982, no volume que contén as súas obras teatrais completas. → Presenta unha temática mítico-simbólica que será recorrente no resto das súas pezas teatrais. b) Isabel: publícase no volume de 1982. c) A sombra de Orfeu (1948): → Aparece no volume Catro pezas (1981). d) A árbore (1948): → Aparece no volume Catro pezas (1981). → Peza simbólica sobre o amor:  Tres personaxes simbólicos: home, muller e árbore (árbore bíblica do ben e do mal).  Concepción escéptica e desencantada do amor. e) O redondel (1951): adaptación dunha peza chinesa. 2

Literatura Galega da Guerra Civil á actualidade 2008/2009 USC

4. O teatro na posguerra

f) O auto do prisioneiro (1969): → Aparece no volume Catro pezas (1981). → O autor considéraa coma a máis representativa do seu teatro. → Influencias vagas do teatro existencial de Sartre. → Angustia existencial do home: conciencia dos seus límites vs. desexo de transcendencia. g) A forza das zocas (1948): → É a súa peza máis coñecida, pero tamén a menos representativa do seu teatro xa que a escribe para representala cos seus alumnos do Colexio Fingoi de Lugo, é dicir, ten só unha finalidade pedagóxica → Inspiración popular, pero con elementos que a afastan do realismo e que a achegan ao teatro épico:  Elementos metateatrais coma que o apuntador anuncie ao final da obra que esta rematou.  Personaxes que se presentan a si mesmos (tamén no teatro chinés). Despois desta etapa Carvalho Calero abandona a escrita teatral. 2.3. X. Mariñas del Valle 1) Cronoloxía problemática, xa que foi un autor moi lonxevo. 2) Influencias: a) Valle Inclán. b) Unamuno. c) Lorca. d) Blanco Amor. e) Pirandello. 3) Liñas: a) Teatro abstracto e filosófico, preocupado polos grandes temas (morte, paso do tempo, patria, poder, etc.). b) Teatro máis poético ou esperpéntico, desenvolto nas farsas e pequenas pezas dos 60-70. 4) Reflexións teóricas: destaca o discurso de ingreso na Real Academia Galega, “A importancia do público na revelación teatral” (1978). 5) Obras: a) A revolta: → Obtén o Premio Castelao de Teatro en 1965. → Publícase en 1965 no volume A revolta e outras farsas, xuntou con outras 6 pezas breves que lembran as farsas de Blanco Amor. → Drama simbólico que reflicte a situación dun home explotado que ten tres saídas: a emigración, a morte ou a revolta. Elixe esta última pero vólvese demasiado violenta, polo que a abandona e fica na mesma situación ca estaba. → Personaxes estereotipados. → Espazo e tempo indefinidos. 3

Literatura Galega da Guerra Civil á actualidade 2008/2009 USC

4. O teatro na posguerra

b) Pezas curtas nos 60-70 publicadas en Grial e nos Cadernos da Escola Dramática Galega. c) Ramo cativo (1990): → É a súa peza máis sólida. → Defínea coma un folcdrama. → Escenifica supersticións populares relacionadas coa loucura, a epilepsia, etc. → É unha homenaxe a Valle Inclán no seu centenario e está inspirada en Flor de santidad. 2.4. Manuel María 1) Teatro extenso, en número de obras e no tempo. 2) “Pezas circunstanciais”: escritas con motivo dalgún acontecemento (Entremés da OTAN, 1986) ou a petición de diversos colectivos. 3) Dimensión didáctica: claridade na transmisión da mensaxe. 4) Inspiración nas formas dramáticas populares, como acontece no caso dos autos, nos que os personaxes principais tamén son representativos dunha colectividade: a) Auto do taberneiro (1957). b) Auto do labrego. c) Auto do mariñeiro. d) Auto da costureira. 5) Barriga Verde (1968): obra para un público infantil e xuvenil na que homenaxea ao personaxe de monicreques que percorría as feiras Barriga Verde. 2.5.Xohana Torres É autora de: a) Á outra banda do Iberr (1965). b) Un hotel de primeira sobre o río (1968). 2.6. Arcadio López Casanova É o autor de Orestes (1963), unha obra que inaugura unha corrente de tema mítico vixente ata a actualidade na que destacaría Manuel Lourenzo (que comeza en Abrente nos 60). As razóns do interese por esta corrente son: a) Está de moda na Europa da época, polo que é un xeito de estar en contacto coa literatura do momento. b) É unha temática que lle achega prestixio á literatura galega. c) Permite abordar desde unha perspectiva atemporal a falta de liberdade, a figura do tirano, etc. 2.5.1.Daniel Cortezón 1) Dramaturgo serodio de difícil situación cronolóxica. 4

Literatura Galega da Guerra Civil á actualidade 2008/2009 USC

4. O teatro na posguerra

2) Temas históricos: a) Pode ser considerado o pai do teatro histórico contemporáneo, case sempre de tema medieval ou máis antigo. b) Influencia de Bertol Brecht na exploración das posibilidades didácticas do teatro histórico. 3) Obras: a) Prisciliano (1970). b) Pedro Madruga (1971). c) Os Irmandiños (1971). d) Tetraloxía sobre Castelao (80-90).

5

Literatura Galega da Guerra Civil á actualidade 2008/2009 USC

Related Documents

Teatro Na Escola
November 2019 17
Teatro - O Bolo Mensal
October 2019 10
O Teatro Grego
June 2020 10
Teatro
May 2020 26

More Documents from ""

May 2020 6
May 2020 3
May 2020 4
May 2020 2
May 2020 3
May 2020 4