Estatutos (regulamento Interno) De +bng

  • June 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Estatutos (regulamento Interno) De +bng as PDF for free.

More details

  • Words: 2,374
  • Pages: 6
1 REGULAMENTO INTERNO 2 3CAPITULO I: PREÁMBULO 4 51.- Co presente documento regúlanse as bases estatutarias da corrente política 6que toma a denominación de +BNG 7 82.- +BNG constitúese como corrente organizada dentro do BNG, asumindo os 9principios ideolóxicos programáticos e orgánicos do BNG. 10 113.-, Dentro das devanditas coordenadas, e no ámbito do nacionalismo galego, 12o ideario propio de +BNG é o que se recolle no Documento de Principios 13Ideolóxicos e Políticos. 14 15CAPITULO II: CRITERIOS ORGANIZATIVOS 16 171.- +BNG basea o seu funcionamento no estrito respecto á democracia e na 18participación das bases na toma de decisións, así como na 19corresponsabilidade das persoas adscritas á organización que actuarán dentro 20dunha estrutura orgánica áxil e dinámica. 21 222.- De acordo con esta formulación xeral, +BNG adopta como criterios 23organizativos fundamentais os seguintes: 24 25 a. Territorialidade. +BNG dótase dunha estrutura territorial baseada na 26 constitución dos grupos asemblearios comarcais. Garantirase a 27 representación dos grupos de base nos órganos de dirección 28 superiores. 29 b.- Adhesión individual. A adscrición a +BNG farase a título individual. 30 c.-Adcrición voluntaria, liberdade de expresión e decisións maioritarias. 31 A corrente nace coa intención compartida de de por en común opinións 32 diferentes no seo do BNG que teñen entre sí un nexo común definido 33 nos principios fundacionais da corrente. A adscrición voluntaria á 34 corrente implica compartir esos principiose esa intención. Xa que logo 35 todos os membros da corrente teñen a obriga de aceptar as decisións 36 que democraticamente se adopten. 37 d.- Flexibilidade e revogabilidade dos cargos. Todos as persoas 38 adscritas á corrente serán electoras e poderán ser elixidas para 39 calquera cargo. Todos os seus cargos poderán ser rexeitados, en 40 calquera momento, polos seus electores. 41 e.- Direccións colexiadas. Nos diferentes niveis os órganos de dirección 42 terán un carácter colexiado, tomándose as decisións por maioría dos 43 seus integrantes. O Coordenador Xeral ou a Coordenadora Xeral, aos 44 coordenadores e ás coordenadoras comarcais e no seu caso locais, 45 competeralles a representación pública de +BNG nos diferentes niveis 46 para os que foron elexidos. 47 48CAPÍTULO III: DAS E DOS MEMBROS 49 501.- Poderá ser membro de +BNG calquera persoa que, aceitando os criterios 51organizativos e os principios da mesma, solicite o seu ingreso. 52 532.- A solicitude de ingreso farase diante de calquera membro da corrente que 54o transmitirá ao responsable comarcal ou calquera membro da coordenadora 55nacional que tomará nota da alta.

56Aceitada ou aceitado por este, no caso de non pertencer previamente, deberá 57solicitar a súa afiliación como membro ao BNG. 58 593.- Son dereitos dos e das membros: 60 a) Participar activamente e libremente na definición da liña política de *** 61 así como na toma de decisións. 62 b) Elixir e ser elixida ou elexido para calquera cargo. 63 c) Recibir todo tipo de formación e información política xerada pola 64 corrente/organización. 65 d) Exercer o control político dos seus elixidos e responsábeis, mantendo 66 sempre o máximo respecto ás persoas e a suxección ás canles 67 regulamentariamente establecidas. 68 694.- Considéranse como deberes dos membros respectar os criterios 70organizativos e os principios políticos e programáticos de +BNG. 71 725.- A perda da condición de membro de +BNG atenderá aos seguintes 73supostos: 74 a) Por decisión voluntaria do propio membro. 75 b) Por decisión da coordenadora nacional, previo informe do 76 responsable comarcal e unha vez escoitado o interesado 77 78CAPÍTULO IV: DA ORGANIZACIÓN NACIONAL 79 801.- A ORGANIZACIÓN NACIONAL de +BNG estrutúrase con base na 81Conferencia Nacional, Xunta de Coordinación Nacional, a Comisión 82Permanente Nacional e a Coordenación Xeral 83 842.- A CONFERENCIA NACIONAL é o máximo órgano de decisión de + BNG e 85está composta por todas e todos os membros da mesma. As súas atribucións 86serán a definición ou modificación dos principios políticos e programáticos e 87dos criterios organizativos, a fixación política xeral e a elección dos cargos 88nacionais e responsables provinciais. As conclusións asembleares constitúen o 89corpo doutrinal de+ BNG e teñen que ser asumidas, respectadas e defendidas 90por todas as persoas adscritas á corrente. 91 92A CONFERENCIA NACIONAL reunirase dun xeito ordinario cada dous anos 93mediante convocatoria, con tres meses de antelación, feita pola Comisión 94Permanente Nacional, quen deberá presentar á mesma un informe da súa 95xestión. Asegurarase, en todo caso, o prazo de tempo imprescindíbel para a 96recepción dos relatorios e emendas que se presenten. 97Extraordinariamente poderase reunir a solicitude dun terzo dos membros da 98Xunta de Coordinación Nacional, ou mesmamente un tercio das Comarcais, 99debendo celebrarse a Conferencia nun prazo mínimo de tres meses e máximo 100de seis desde a data de solicitude. 101 1023.- A CONFERENCIA NACIONAL elixirá a 15 membros Da Xunta de 103Coordinación Nacional. Estas mesmas persoas constituirán tamén Comisión 104Permanente Nacional da que deberán formar parte os Coordinadores 105Territoriais, un por cada unha das catro provincias . Estes e estas serán 106electos e electas en lista fechada e a Xunta de Coordinación Nacional saínte 107poderá propor por maioría de 3/5 unha proposta de lista. Resultará electo 108Coordenador Xeral ou electa Coordenadora Xeral quen encabece a lista máis 109votada. 110

1114.- A XUNTA DE COORDINACIÓN NACIONAL constitúe o máximo órgano 112entre a celebración das Conferencias Nacionais. 113Estará composto polas e polos 15 membros elixidos pola Conferencia 114Nacional, sumándose ademais á mesma os coodenadores e coordenadoras 115comarcais, e os das cidades . Así mesmo formarán parte da Xunta de 116Coordenación Nacional os membros de +BNG pertencentes ao Consello 117Nacional do BNG, os membros da Corrente que, no seu caso, ocupasen os 118cargos de: Portavoz Nacional e Portavóz Parlamentar do BNG; en calquera 119caso o grupo parlamentar estará representado por un membro que pertenza a 120+BNG. De existir representación, igualmente formará parte do X.C.N. un 121representante de +BNG nas Cortes do Estado, e outro do Parlamento Europeo, 122así como dous alcaldes elexidos, de entre os que formen parte da Corrente e 123o máximo ou a máxima responsábel da organización xuvenil. 124 125Por decisión de 2/3 dos membros da Xunta de Coordinación Nacional de +BNG 126poderanse convidar e/ou incorporar a este órgano a outras persoas, que 127poderán participar nas deliberacións co voz pero sen voto. 128 129A X. C. N. reunirase ordinariamente cada tres meses, convocada polo 130Coordenador ou Coordenadora Xeral, e extraordinariamente a petición dun 131terzo dos seus membros ou da mesma Comisión Permanente Nacional, 132respectándose sempre o prazo de 7 días de antelación e facilitándose a orde 133do día previa. 134Serán competencias da Xunta de Coordinación Nacional a aplicación e 135concreción das liñas políticas xerais definidas pola Conferencia Nacional, 136definición de alternativas políticas concretas, a fixación do réxime de 137cotización, se o ouvese, e control das finanzas, formación, propaganda e 138relación cos medios de comunicación e outras organizacións políticas. 139 1405.- A COMISION PERMANENTE estará formada polos 15 membros da XCN 141elexidos pola Conferencia Nacional entre os que estarán, ademáis do/a 142Coordinador/a Xeral, as persoas que asuman as seguintes responsabilidades: 143a de Organización, a de Finanzas, a de Política Municipal, a 144Responsabilidade de Iniciativas Políticas, a de Muller e os catro 145Coordinadores Territoriais. A responsabilidade de Mocidade, recaerá no 146máximo ou a máxima responsábel da organización xuvenil, Durante o período 147entre Conferencias, poderá remodelarse este organismo, a proposta do 148Coordenador ou Coordenadora Xeral, contando cun refrendo dos 3/5 da Xunta 149de Coordenación Nacional. 150 151A Comisión Permanente Nacional terá como atribucións a coordinación e a 152dinamización da organización, propaganda e relación cos medios de 153comunicación e outras organizacións políticas, estas últimas por delegación da 154X.C.N. 155Igualmente é o órgano encargado de realizar todas as actividades que sexan 156precisas para o cumprimento das funcións da corrente e que non estean 157estatutaria ou regulamentariamente reservadas a outros órganos. As súas 158deliberacións serán reservadas, levantándose acta dos acordos tomados. 159Durante o período entre conferencias as diferentes responsabilidades da 160Comisión Permanente Nacional poderán ser renovadas por decisión da maioría 161absoluta da Xunta de Coordinación Nacional. 162 163A Comisión Permanente Nacional, é a conexión da Corrente coa realidade e a 164problemática social e para mellorar a súa efectividade impulsará comisións de

165traballo abertas a todas as persoas adscritas e simpatizantes, coordenadas 166por unha persoa da Permanente e con dinámica de traballo propia. 167 1686.- A COORDENACIÓN XERAL será desempeñada polo máximo ou pola 169máxima responsábel da corrente en todos os ámbitos. Responderá 170conxuntamente do traballo da Comisión Permanente Nacional e presidirá todos 171os actos e órganos da Corrente. Á Coordenación Xeral correspóndenlle a 172portavocía da corrente sendo, salvo delegación específica, a única voz oficial. 173Poderá delegar nos diferentes membros da Comisión Permanente aquelas 174cuestións que considere oportunas, se ben esta delegación, cando se 175determine con criterio de permanente, deberá ser aprobada pola propia 176Permanente Nacional. 177Será electo ou electa pola Conferencia Nacional, unha vez que a candidatura 178que encabece teña atinxido o maior número de votos emitidos. 179De producirse, a súa vacante será cuberta até a celebración da Conferencia, 180pola persoa que ocupe o segundo posto da candidatura, debendo ser 181refrendada pola maioría de 2/3 do Consello Nacional. 182 1838.- A RESPONSABILIDADE DE ORGANIZACION terá como cometido o de 184impulsar a organización de +BNG a todos os niveis e sempre de acordo coas 185directrices emanadas da Xunta de Coordinación Nacional en colaboración 186directa coa Coordenación Xeral. 187 1889.- A RESPONSABILIDADE DE FINANZAS terá como competencias a xestión 189das finanzas e o seguimento da xestión dos servizos complementares que se 190aproben pola X.C.N.. A súa xestión será supervisada pola Coordenación Xeral 191 192 193CAPÍTULO V: ORGANIZACIÓN COMARCAL E LOCAL 194 1951.- +BNG basea a súa estrutura na constitución de grupos de traballo 196comarcais. Os grupos estarán formados por todos os membros adscritos a 197+BNG no referido territorio, tomando como base comarcal a determinada en 198cada momento polo BNG. 199 2002.- Para se constituír un grupo de traballo comarcal será necesario que 201existan, como mínimo, 25 membros adscritos á Corrente. De non existír este 202mínimo procederase a fusionar comarcas limitrofes co obxecto de facer 203operativo o funcionamento do grupo. 204Para proceder a esa fusión será suficiente: 205 a) Acordo maioritario da militancia desas localidades . 206 b) Ratificación da Xunta de Coordinación Nacional Nacional. 207 208 3.- A XUNTA COMARCAL é o máximo órgano de decisión de +BNG na 209comarca e está composta por todas as persoas adscritas á mesma. As súas 210atribucións será a definición dos criterios políticos e organizativos da comarca 211e a elección dunha Coordinadora Comarcal. 212 2134.- A XUNTA COMARCAL reunirase dun xeito ordinario cada tres meses 214mediante convocatoria, con 8 días de antelación pola Coordinadora Comarcal, 215quen deberá presentar á mesma un informe da súa xestión. 216 217

2185.- As Comarcas elixirán a Coordinadora Comarcal que estará composta por 219un número de membros non inferior a 3 nin superior a 5, ao frente da cal estará 220un Responsable Comarcal 221 2226.-CIDADES Cada unha das sete principais ciudades, si así o deciden e 223contan con un mínimo de 25 persoas adscritas poderán establecese como 224grupo de traballo independente. Contarán cunha estructura de dirección 225equiparable en nº de membros, responsabilidades e autonomía de xestión 226semellante á das Comarcas. 227Para proceder á súa creación será suficiente: 228 a) Acordo maioritario da militancia desas localidades . 229 b) Ratificación da Xunta de Coordinación Nacional. 230 231CAPITULO VI: DAS MOCIDADES 232 2331.- A Asemblea da organización xuvenil de +BNG, composta polos adscritos e 234polas adscritas mozas que actúa politicamente en ámbitos xuvenís, ten como 235función deseñar a política de xuventude de +BNG e, así mesmo, impulsar as 236ideas e liñas políticas de +BNG entre a mocidade. 237 2382.- Os adscritos e as adscritas da organización xuvenil de +BNG deberán, caso 239de non estaren xa, solicitar a súa afiliación como membros de Galiza Nova. 240 2413.- A Asemblea da organización xuvenil de +BNG escollerá ao seu máximo ou 242á súa máxima responsábel entre a súa militancia que a representará no 243Consello Nacional e na Comisión Permanente Nacional da corrente. As 244Mocidades manterán informada puntualmente das súas actividades á Comisión 245Permanente da corrente. 246 247CAPITULO VII: DOS/AS SIMPATIZANTES 248 249 Serán membros simpatizantes aquelas persoas que sin militar expresamente 250en +BNG, simpaticen coa corrente cos seus principios e obxectivos e 251manifesten a súa aceptación a incorporarse a unha base de datos na que 252figuren aquelas persoas que ostenten esa condición. 253Os/as simpatizantes terán dereito a asistir a cantos actos, reunións e 254asembleas, non restrinxidos, organice +BNG podendo expresar a súa opinión 255ao respecto dos temas a tratar aínda que sin dereito a voto. 256 257CAPÍTULO VIII: DA FORMACIÓN 258 259O Xunta de Coordinación Nacional de +BNG e as Xuntas Comarcais 260procurarán atención importante á formación da militancia, para isto a corrente 261dotarase de ferramentas de comunicación cuxa función principal será a 262información política, a formación teórica e o intercambio de ideas, experiencias 263de xestión, etc. Tamén se procurarán debates, charlas e encontros sobre 264temas específicos, e calquer outra actividade que mellore a concienciación e 265cualificación dos e das membros da corrente 266 267DISPOSICIÓNS ADICIONAIS 268 269Como norma xeral para as votacións, sempre que se proceda a elixir persoas 270para calquer cargo, farase a medio de votación secreta, aínda que por 271operatividade poderanse utilizar, si así se acorda, outros métodos de votación.

272En calquera caso abonda con que unha única persoa membro solicite o voto 273secreto, para que este sexa o procedemento a utilizar para a votación. 274Entre a celebración de cada Conferencia Nacional e a consecutiva, a 275interpretación deste documento é competencia do Xunta de Coordinación 276Nacional. 277 278DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS 279Unha vez celebrada a Conferencia Nacional, no prazo dun mes, ficarán 280formados os diferentes órganos que emanan das decisións da mesma. 281Facúltase ao Xunta de Coordinación Nacional de para as adecuacións 282necesarias do presente documento coa finalidade da súa legalización. 283 284DISPOSICIÓN FINAL 285Como medio de garantir a participación activa e o controlo das bases sobre a 286vida política da organización institúese o REFERENDO. Este referendo poderá 287ser convocado para a decisión en todos aqueles asuntos que se consideren 288dunha importancia especial, polo vinte por cento dos militantes, mediante o 289procedemento de recollida de sinaturas dirixidas á Xunta de Coordinación 290Nacional, sendo os resultados vinculantes para o conxunto da Corrente. A 291Xunta de Coordinación Nacional garantirá a súa realización no prazo de dous 292meses a partir da data de recepción das sinaturas, así como a comunicación 293dos resultados a todas as agrupacións comarcais. 294

Related Documents