7. O Superrealismo

  • Uploaded by: Luz Varela Armas
  • 0
  • 0
  • May 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View 7. O Superrealismo as PDF for free.

More details

  • Words: 2,251
  • Pages: 6
7. O superrealismo

1. O Dadaísmo 1.1. Definición

O Dadaísmo é unha reacción de rebeldía1 contra o carácter absurdo da I Guerra Mundial e os postulados humanistas que levaron a ela e supuxeron a ruína de dou países. É un movemento de rexeitamento contra o sistema social, a cultura dominante, a clase dirixente, as institucións (xustiza, exército...), a relixión, a ciencia (que fixo posíbel a guerra), a literatura consagrada... É dicir, adopta unha posición de rebeldía nihilista a partir do escepticismo, que mesmo leva á negación dun mesmo, ao rexeitamento de pretender comprender algo. 1.2. Influencias

Inspírase en movementos e persoas coma: Futurismo italiano (Marinetti), que se desenvolve uns dez anos antes. Cubismo (Picasso). Pintura abstracta (Kandinsky). Apollinaire e os seus caligramas. A publicidade moderna (carteis). Alfred Jarry, autor de Ubo roi (1888), obra na que, usando unha linguaxe absurda, se parodia o esquema de Shakespeare achegándose ao dadaísmo. g) Freud e a teoría da psicanálise (André Breton e Louis Aragon eran médicos e coñecedores da psicanálise). a) b) c) d) e) f)

1.3. Xurdimento e desaparición

O movemento xorde en Zürich en 1916, no Cabaret Voltaire (dirixido polo revolucionario Hugo Ball), onde se levaban a cabo espectáculos provocadores. En 1920 Tristan Tzara desprázase a París, onde se atopa co grupo Littérature2, formado por Philipe Soupault, André Breton, Louis Aragon e, posteriormente, Paul Éluard. De 1920 a 1923 levan a cabo unha intensa actividade: conferencias, exposicións, concertos e todo tipo de manifestacións provocadoras nas que amosan a súa actitude crítica cos valores da sociedade da época. É unha crítica ás formas de espectáculo habituais, mesturando xéneros, parodiándoos e parodiando tamén a moitas personalidades. Contaron con revistas divulgadoras coma: 1) Dadá. 2) Cannibale. 3) 391. 4) Manomitre. Son rexeitados polo público do momento, xa que é un movemento non comprendido na súa época. Aínda así, foron autores que nos deixaron unha grande cantidade de obras, non só literarias (tamén pictóricas).

1

Di Tristan Tzara: “destrúo os caixóns do cerebro e os da organización social”. Revista fundada o 01/03/1920 e dirixida polos compoñentes do grupo. No primeiro número publicaríanse poemas deles e tamén de Lautréamont. 2

1 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

7. O superrealismo

Desde 1922 Tristan Tzara e André Breton están cada vez máis afastados. Así, en xullo de 1923, na representación de Cœur de gaz, enfróntanse fisicamente. Desde entón o grupo máis numeroso sigue a André Bretón e integrarase no movemento superrealista, feito que suporá a fin do dadaísmo. 1.4. Postulados teóricos (!) A) Rexeitamento dunha sociedade baseada na razón e na intelixencia e reivindicación do inconsciente:  A razón e a intelixencia son fonte de prohibicións e tabús que reprimen os instintos do individuo. É o que chaman “a ditadura do espírito”. Por iso rexeitan a literatura, mesmo a máis innovadora, que se asenta na tradición.  Baseándose nas teorías de P. Janet e Freud reivindican o inconsciente como guía das accións e o pensamento, xa que a conciencia racional é hipócrita. Para captar o inconsciente hai que explorar os estados que están entre o sono e a vela e a psicanálise é un dos xeitos para conseguilo. Trátase, en definitiva, de asumir a subxectividade sen ter en conta convencións e normas estéticas e morais, para o que a única guía son as pulsións inevitábeis do individuo. B) A arte debe ser privada: cando a arte se fai pública institucionalízase, vólvese coma un edificio sólido e morto que lembra ao pasado, e a esencia da arte é a existencia, mantela viva. C) O máis importante é o acto de crear en si, non o obxecto creado : nun primeiro momento mesmo rexeitan constituír obras de arte. Esta idea da importancia do acto creador ten unha grande influencia en todo o século XX. 1.4.1. A escritura como espectáculo

Estes postulados teóricos levan á concepción da escritura como espectáculo, xa que o importante é atopar novas asociacións que provoquen o inconsciente. Para isto usan: a) Collage. b) Xogos tipográficos (combinación de tipografías). c) Sintaxe incoherente e rexeitamento da sintaxe tradicional (fragmentariedade). Para os dadaístas a escritura non é máis ca unha das formas de expresión artística, un dos elementos do espectáculo. É unha introversión, pero tamén unha mestura de niveis (interior e exterior). Buscan unha unidade orixinal mesturando diferentes elementos (diferentes xéneros, diferentes artes), o que os leva a rexeitar tódolos sistemas artísticos, incluíndo o seu propio, porque non queren elaborar un sistema artístico coherente3 (ao contrario cós superrealistas). ***

3

No manifesto de 1918, asinado por Tristan Tzara, obsérvase unha proximidade a Nietzsche. Nel fálase de homes fortes e novos e obras que proclamen a liberdade e mesturen xéneros.

2 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

7. O superrealismo

En conclusión, o Dadaísmo é un movemento de grande importancia para a pintura do século XX, o action-painting (reflectir o movemento creador do artista), a pop art, o happening (representacións teatrais que só se fan unha vez, intentando borrar os límites entre o teatro e a vida cotiá) e a noción de performance. 2. O superrealismo 2.1. Historia e compoñentes

O Superrealismo fúndase oficialmente en 1924 e disólvese en 1969, tres anos despois da morte de André Breton. É un movemento que exerce unha grande influencia nos anos 20. Caracterízase por: a) Estar liderado por André Breton. b) Admitir novos membros e expulsar violenta e escandalosamente a outros: Admisións -

1924: A. Artaud, teórico do teatro que resaltou a importancia dos signos que non son o texto. 1925: Jaques Prévert e Yves Tanguy. 1929: René Char e Salvador Dalí

-

-

Expulsións 1926: P. Soupault. 1927: A. Artaud. 1929: M. Leiais. Yves Tanguy. 1932: Louis Aragon marcha por razóns políticas, por permanecer vinculado ao comunismo cando o grupo abandonara a loita política. 1939: P. Éluard.

2.2. Actividades

Nos anos 20 levan a cabo diversas actividades colectivas: exposicións, accións públicas, manifestos (1924, 1929). Desde 1924 contan coa revista La Revolution Surrealiste e, máis adiante, contarán tamén coa revista Le Minotaure. Nos seus espectáculos a hipnose e o delirio teñen importancia como forma de creación artística. 2.3. Postulados teóricos

A) Reivindicación da subxectividade: ven a imaxinación e as alucinacións como liberadoras, de xeito que o modelo artístico debe ser o interior do individuo e a representación da realidade subxectiva. O autor non debe someterse á cultura da súa época. Neste senso, admiran a arte primitiva da Polinesia e a arte india. B) Rexeitamento da razón: a razón pode provocar agresividade. Afirman a importancia do inconsciente, da exploración do descoñecido, do que escapa á lóxica. É unha nova forma de facer arte.  Os soños amosan os desexos e os sentimentos fundamentais, polo que a nosa vida debe xirar en torno a eles. O soño permite achegar cousas distantes, polo que debe ser o modelo de creación artística. Permite unha volta ao caos mediante a exploración de aspectos próximos ao inconsciente (marabilloso, loucura, alucinacións). 3 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

7. O superrealismo

 

Usan a hipnose ou a psicanálise para achegarse ao mundo onírico4. O desexo é moi importante, xa que os superrealistas queren liberar ao home das cadeas ideolóxicas e morais que lle impidan a libre realización dos seus desexos. Avogan por transgredir os tabús. Neste senso é importante a sexualidade e o erotismo.

2.4. Técnicas artísticas

Para levar a cabo a busca sistemática do azar e a captación do inconsciente os superrealistas usan técnicas coma: a) Escrita automática, a máis importante:  Consiste na abstracción do mundo exterior para logo practicar unha escrita rápida que plasme os pensamentos que van xurdindo (ver fotocopia “Composición surrealista escrita, o primer y último chorro”).  Ten como finalidade ● Renovar a creación artística, o azar na sucesión das frases de xeito sistemático. ● A produción de signos incoherentes e incomprensíbeis que sexan o reflexo do inconsciente, para logo reiterpretalos (“paranoia crítica” de Dalí). ● Romper coa figura do escritor tradicional, coa personalidade unitaria do autor a prol da pluralidade de facetas da personalidade. ● Asociacións inéditas, sen normas, de elementos cada vez máis afastados, evitando os tópicos e o evidente5. Isto ten como consecuencia unha moi importante ampliación das asociacións que chegou a tódalas literaturas.  Con todo, cabe preguntarnos se o automatismo é total. A resposta é que non, xa que adoitaban reelaborar os poemas, polo que sempre hai unha parte non automática.  Exemplo desta escrita automática é Os campos magnéticos (1919) de André Breton e Philippe Soupault. b) Collage. c) Alteración das normas do idioma. d) Xogos, coma comezar todas as palabras coa mesma letra ou coa mesma sílaba (Duchamp, M. Leiris, Crever). e) O humor negro. Todo isto é usado non só na literatura, senón tamén noutras artes. Ademais é frecuente a mestura de artes (poemas con imaxes). 2.5. Posición política

Partindo de cambiar o mundo espiritual chegaron á idea de cambiar a sociedade, para o que precisaban unha acción política: 4

Dalí falaba da “paranoia crítica”, consistente en desenvolver unha obra para logo analizala. Di André Breton que canto máis arbitrarias son as asociacións máis interesantes son tamén. Segundo Louis Aragon “o vicio chamado superrealismo é o uso desaxustado e con paixón do estupefaciente imaxe”. 5

4 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

7. O superrealismo

❑ ❑ ❑

En 1927 André Breton, P. Éluard e Louis Aragon adhírense ao comunismo. En 1930 Breton distánciase do comunismo (segue o trotskismo, xa relegado na URSS e en toda Europa). En 1935 André Breton rompe definitivamente co comunismo.

Con todo, na segunda metade dos anos 20 levan a cabo unha intensa participación política (contra o colonialismo, o nazismo....) *** Os seus métodos tiveron límites e os máis dos autores superrealistas evolucionaron e non romperon sempre coa tradición nin conseguiron cambiar o mundo espiritual, pero si foron quen de renovar as artes, as formas de asociación de imaxes, abrindo moito o campo da creación artística e rompendo coa literatura tradicional dominada pola razón. Ademais todos buscan un estado onde poidan coexistir os contrarios. 3. René Char (1907 – 1988) 3.1. Obra

É un autor superrealista cunha obra moi ampla, que foi recoñecida en vida do autor xa que foi publicada na colección Pleiade. É un autor que se considera completo desde a publicación do seu primeiro poemario. Algúns dos títulos que publicou son: a) Le marteau sans maître (1934) b) Feuillets d’hypnos (1949) c) La parole en archipel (1962) 3.2. Características xerais da súa obra

1) Malia formar parte do grupo superrealista (entra en 1928), non practica a escrita automática nin pretende reflectir o inconsciente. 2) Concibe a poesía coma un canto ao mundo fronte á poesía nostálxica romántica. A poesía ten que estar implicada na realidade, na aceptación e reivindicación da existencia. Exemplo. “Dan mon pays”, poema no que exalta a Provenza, de onde é orixinario. 3) Durante a II Guerra Mundial producirá unha poesía comprometida (Feuillets d’hypnos). O poeta debe resistir á opresión, feito que o pode levar a unha certa agresividade e violencia. Ademais participa na resistencia contra os nazis desde un posto relevante (capitán) que lle dará unha boa posición no mundo editorial trala guerra. 4) Trata de buscar oposicións entre elementos que resulten sorprendentes, que creen unha presenza conflitiva entre os elementos pero preservando sempre a separación entre palabras (non coma o resto dos superrealistas). Son asociacións de contrarios que dan lugar a un discurso paradóxico que reflicte as tensións da vida: a presenza de dous elementos só é posíbel se son diferentes. Son frecuentes as imaxes nas que mestura o presente e o pasado. 5 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

7. O superrealismo

5) Quere reflectir a metamorfose, o movemento constante, a inestabilidade. Neste senso, caracterízase por unha grande fragmentariedade que lle supón un esforzo ao lector, os relatos son escasos e moi curtos xa que quere reflectir o movemento máis cá continuidade. Exemplo: “Común presenza”, poema que supón unha poética e no que se percibe a idea da busca continua do cambio. Exemplo2: “Hóspede e amo”. 6) A súa poesía ten un ritmo rápido, dado pola fragmentariedade e as oposicións. 7) Coma os outros superrealistas, trata con frecuencia o misterioso, que non o hai que buscar no alén, senón na realidade, e que implica unha actitude de prudencia. É considerado un autor metafísico cunha obra que sempre supón unha interrogación sobre o sentido do mundo. 8) É unha poesía con poucas confidencias, que busca a impersonalidade. Considera que só cando o individuo se desfai dunha visión excesivamente persoal pode ser soberano. 3.3. Temas

1) Terra: dedícalle moitos poemas á Provenza, é un xeito de resaltar o misterio da humanidade, as relacións entre os homes. 2) Solidariedade: está relacionada co tema anterior (relacións entre os homes) e asociada ao espírito de resistencia. 3) Noite: é un momento misterioso do día, o momento do soño no que se percibe a realidade tal cal é (“Hóspede e amo”). 4) Morte: tema tamén moi frecuente. 5) Tempo: está interesado polo presente coma un momento no que se confunde o estiramento da duración e o intre. Introduce o pasado para falar do presente, coma se cada momento presente suscitase intres pasados. Todos estes temas concretos son tratados para buscar un elemento abstracto, é dicir, para desde o concreto reflexionar e facerse preguntas sobre o ser. É unha poesía que, por esta razón, é considerada moitas veces hermética. *** René Char colabora con moitos outros artistas (Picasso, Matisse...) e busca a asociación de artes, el mesmo comenta cadros.

6 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

Related Documents

7. O Superrealismo
May 2020 3
O 7
December 2019 11
7- O Sistema Solar
June 2020 5
O Provisional 7
December 2019 6
O O O O
June 2020 54

More Documents from "noridhka_aliena"

May 2020 6
May 2020 3
May 2020 4
May 2020 2
May 2020 3
May 2020 4