4. O Naturalismo

  • Uploaded by: Luz Varela Armas
  • 0
  • 0
  • May 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View 4. O Naturalismo as PDF for free.

More details

  • Words: 494
  • Pages: 2
4. O Naturalismo

1. Introdución O Naturalismo é unha corrente literaria que busca imitar a realidade. Flaubert coincide con el no tempo, xa que se desenvolve entre 1860 e 1885 (en 1884 pubícase À rebours de Huysmans, que xa introduce elementos fantásticos). 2. E. Zola (1840 – 1902) É o grande mestre do Naturalismo e o autor máis influínte dentro deste movemento. Ademais, nas súas obras reflíctese a súa militancia política. 1.1. Obra

a) Rougon-Macquant: describe o ambiente social e os problemas da época, pretendendo explorar a sociedade e os seus antagonismos (coma a “Comédie Humaine” de Balzac). Reflicte as transformacións sociais da segunda metade do século XIX e o xeito en que os individuos se adaptan ou non a elas. b) Germinal (1885): describe unha folga nunha mina do norte de Francia (malas condicións dos traballadores). c) L’Assomoir (1887): ambiente proletario parisino (costureiras). 1.2. Temas

a) Económicos: condicións da vida e traballo das clases obreiras, conflitos sociais (folgas, represión). b) Desexo de militancia, de reivindicación da mellora das condicións para o proletariado. c) Marxes da sociedade: prostitución (en Nana narra o ascenso dunha prostituta). d) Transformacións sociais, ás que sobrevive o máis forte (Darwin):  Grandes cidades.  Grandes almacéns (Au bonheur des dames, 1883).  Educación.  Cultura.  Saúde pública.  ... 3. Correntes e feitos que inflúen no Naturalismo a) Positivismo, corrente filosófica da primeira metade do século XIX cuxo máximo representante é Auguste Comte (Cours de philosophie positive, 1830 – 1842).  Características:  Busca estudar as condicións e circunstancias nas que se producen os fenómenos, non as súas causas xerais, polo pretende estudar o real, útil e concreto.  Supón unha reacción aos idealismos.

1 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

4. O Naturalismo

 É moi útil para a Revolución Industrial e os avances científicos do século XIX.  Influencia no Naturalismo: o Naturalismo analiza minuciosamente o real, Zola mesmo busca unha sistematización científica. Estuda tamén o determinismo, rexeitando o libre albedrío. b) Progresos da ciencia no século XIX, en especial da Medicina.  Destaca o médico francés Claude Bernard (Introdution à la medicine experimental), quen estuda a herdanza xenética e usa o método científico (verificación dos feitos coa experiencia).  Influencia no Naturalismo:  Personaxes que se colocan en situacións sociais determinadas para estudar a súa reacción.  Considérase que o home está determinado por: - A herdanza biolóxica. - O medio social. 4. Características xerais do Naturalismo En relación co anterior, o Naturalismo caracterízase por: a) A preocupación por se documentar sobre o tema que se trata. b) O determinismo en relación ao carácter do individuo. c) A intención de facer análises psicolóxicas (influencia dos avances da Psicoloxía na segunda metade do século XIX) e o interese por temas coma a neurose, a loucura... d) Atender ás clases sociais máis desfavorecidas (Zola ocúpase da clase obreira, Jules et Edmond Goncourt das clases máis marxinadas).

2 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

Related Documents

4. O Naturalismo
May 2020 4
Realismo Naturalismo
October 2019 29
4-o
April 2020 4
O 4
December 2019 4

More Documents from ""

May 2020 6
May 2020 3
May 2020 4
May 2020 2
May 2020 3
May 2020 4