2. H. Balzac

  • Uploaded by: Luz Varela Armas
  • 0
  • 0
  • May 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View 2. H. Balzac as PDF for free.

More details

  • Words: 1,774
  • Pages: 5
2. H. Balzac

Honore Balzac (1799 - 1850) é un autor que leva a cabo unha intensa actividade literaria. Ten pretensións aristócratas, mais as súas orixes sociais non lle permitían estar á altura das súas arelas. Sempre ten problemas económicos, feito que se reflicte na súa escrita, e colabora con xornais e revistas. 1. Obra O conxunto da súa obra foi reagrupado polo propio autor baixo a denominación de “La comédie humaine”, un cadro da vida da época que, seguindo o modelo das ciencias, supón un exame sistemático de costumes e medios sociais a través das accións dos personaxes. Así, divide a súa obra en tres grandes apartados: 1) Etudes de Moeurs (estudos de costumes): a) Escenas da vida privada: Le père Goriot, Eugenie Grandet. b) Escenas da vida de provincias. c) Escenas da vida parisina. d) Escenas da vida política. e) Escenas da vida no campo. f) ... 2) Etudes philosophiques. 3) Etudes analytiques. Hai, polo tanto, unha vontade de detallar a sociedade da época. Porén, cada unha destas novelas teñen unha unidade, mais tamén unha autonomía. A orixinalidade da obra de Balzac reside en que non só dá unha visión panorámica da sociedade, senón que tamén achega unha visión do mundo moi precisa, analiza de xeito realista a vida cotiá para demostrar as leis que subxacen ao comportamento humano:  O home está en loita dentro da sociedade, a vida é un campo de batalla onde o home, separado da harmonía inicial (idea romántica), loita pola subsistencia.  O personaxe ten que tomar unha máscara para chegar aos seus fins xa que o mundo é un mundo de aparencias falsas e hai que xogar con elas para desenvolverse nel. Esta é unha das ideas fundamentais da obra de Balzac. Así, amais de dar unha visión panorámica da sociedade do momento, denuncia e critica a orde establecida (“realismo crítico”). 2. Fontes literarias A) B) C)

Romanticismo. Novelas costumistas: son novelas de comezos do século XIX que, se ben non teñen unha grande calidade literaria, proporcionan unha descrición realista da sociedade da época, a miúdo satírica. Novela histórica: novela que se desenvolve desde 1820 en Francia preocupándose pola expresión do home na sociedade. Será unha das orixes da novela francesa moderna.  Walter Scott: inflúe en Balzac en diferentes aspectos:  Busca crear unha ambientación da época con personaxes representativos mediante unha documentación precisa.  Grandes escenas de exposición (descricións). 1 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

2. H. Balzac



 Preocupación polos detalles.  Construción de intrigas moi sólidas.  Importancia do diálogo. Obras importantes son:  Balzac: Les choans1 (1829).  Víctor Hugo.  Alfred de Vigni: Cinq – Mars2 (1826)

3. Técnica “realista” 3.1. Descricións

As descricións son fundamentais na estética de Balzac e caracterízanse por: a) A elaboración de retratos parciais que, a partir de detalles simbólicos, establecen unha descrición dinámica dos personaxes. Eses detalles:  Describen a complexidade dos personaxes, ilustrando a súa psicoloxía.  Contribúen a reflectir con precisión a sociedade.  Dan unha sensación de verosimilitude. b) Seren unhas descricións sistemáticas desde o máis amplo até o máis concreto (Así acontece en Le père Goriot, que comeza cunha extensa descrición da pensión) c) Teren un carácter afectivo. É, en ocasións, considerado un autor realista, pero o seu realismo contén interpretacións con connotacións afectivas. 3.2. Personaxes

Os personaxes aparecen movidos por forzas externas e contraditorias que os superan e que determinan o seu comportamento. Están influídos polo seu espazo, pero non hai un determinismo absoluto (como acontece no Naturalismo). Neste senso, Balzac é: a) Realista, porque reflicte a realidade social. b) “Realista”, porque trata de reflectir costumes e modos de vida inseridos nun determinado espazo. En ocasións inventa espazos e personaxes, outra característica que o diferenza do Naturalismo. Existen esquemas clásicos de descrición do século XVII: historia do personaxe + retrato ou retrato + historia do personaxe. Porén, Balzac seguirá o seguinte esquema: a) Alusións. b) Retrato (descrición física). c) Historias ou anécdotas sobre o personaxe. d) Introdución de misterios que anticipan o desenvolvemento posterior da acción. A descrición sempre ten trazos afectivos e caracterízase pola sutileza da descrición psicolóxica. 1

Trata as revoltas que se produciran durante a Revolución ao sur da Bretaña (en Vendée) apoiadas por aristócratas e o pobo católico, que rexeitaban a república. 2 Trata a rebelión do nobre Cinq – Mars contra o cardeal Richelieu por prohibir os duelos. O nobre participa nun duelo e, como castigo, é decapitado.

2 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

2. H. Balzac

Exemplo: descrición de Vautrin (páx. 84 – 88 )

-

Personaxe maquiavélico O narrador desdóbrase en máis dunha ocasión para comentar o personaxe ou dar unha opinión. Introdúcense elementos que anuncian a falsa aparencia. Nunha páxina o autor é quen de describir o personaxe e presentar diferentes aspectos que se desenvolverán posteriormente.

Outros aspectos respecto dos personaxes de Balzac son: a) O autor inspírase na psicoloxía do médico suízo Lavateur, o que amosa o seu interese polos estudos psicolóxicos da época (con todo, a psicoloxía e a psiquiatría non se desenvolverían até a segunda metade do século XIX). Neste senso establece unha relación entre os trazos físicos e os trazos morais. b) Os retratos dos personaxes son dinámicos, forman parte da acción porque son personaxes determinados polo seu pasado e o seu futuro na novela (do que se dan indicios), ademais de por unha época e unha situación social determinadas. c) Son personaxes que á vez son:  Arquetípicos ou simbólicos. Exemplos: pai de Eugenie Grandet, prototipo do campesiño rico, ou o mesmo Père Goriot, que representa a paternidade abnegada.  Particulares, individualizados. d) Hai unha importante presenza da ironía, moitas veces cruel. Polo que tamén se dá unha implicación a respecto dos personaxes, opínase sobre eles (feito que non acontecerá nos textos naturalistas). e) Uso de semellanzas e contrastes para caracterizar os personaxes (aparencia vs. realidade, riqueza material vs. pobreza moral...). Exemplos: Rastignac, o heroe mal vertido, compárase a De Troilles (amante de Delphine), o nobre rico e ben vestido; Rastgnac recibe consellos semellantes de Vautrin (delincuente de alto nivek) e de Madame de Beauséant (aristócrata, curmá del). f) Os personaxes reaparecen en diferentes obras de Balzac:  Na “Comédie Humaine” hai uns 2000 personaxes, dos que máis de 570 reaparecen en varias obras, como é o caso de Rastignac (aparece unhas 25 veces máis).  Estes personaxes van evolucionando dunha obra a outra.  Esta característica fai que:  A obra se perciba coma un conxunto unitario.  Se transmita unha impresión de movemento, de evolución. 3.3. Estrutura da súa obra

A estrutura de Le Père Goriot, ao igual cá do resto das obras de Balzac, é peculiar. Consta de catro partes nas que se entrecruzan outras tantas intrigas. A) Partes: Contido

Importancia que lle concede o autor

3 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

2. H. Balzac

Comprende 15 días, polo que é unha Exposición dos personaxes e os das partes ás que lle confire maior seus modos de vida. importancia. Desenvólvese en 7 semanas, polo Segunda Preparación psicolóxica dos que é unha parte de grande parte personaxes. importancia. Arresto de Vautrin, despedida de Madame de Beauséant (marcha de Terceira parte París) e reconciliación entre Delphine Só comprende 3 días. e Rastignac (quen se vai transformando en corrupto). Morte de Père Goriot, abandonado Cuarta parte Desenvólvese en tan só 5 días. por tódolos personaxes. Primeira parte

B) Intrigas:  Iniciación de Rastignac, que comprende a corrupción da sociedade e asúmea. Neste sentido podemos considerala unha novela de iniciación.  A acción arredor de Père Goriot, comerciante rico que se sacrifica para que as súas fillas ascendan socialmente co seu matrimonio3. Cando isto acontece elas abandónano, sendo este abandono o tema central. É un personaxe con elementos tráxicos: é consciente do seu destino.  As aventuras de Vautrin, delincuente que será arrestado.  O destino de Madame de Beauséant, ben intencionada con respecto a Rastignac e maltratada polo seu amante. 3.4. Narrador

É un narrador omnisciente que a) Intervén dirixíndose ao lector (“imaxine”, “vexa”). Neste senso toma como modelo a técnica do contador e, de feito, o autor define as súas novelas coma contos. b) Explica o que describe. c) Anuncia o desenvolvemento da acción. 3.5. Diálogos

Dálles moita importancia: a) nos momentos decisivos (isto acentuarase en Flaubert). b) nas entradas e saídas de personaxes, que se tratan de xeito case teatral. 4. Recepción da súa obra 4.1. Recepción de Le Père Goriot A obra escríbese nuns catro meses, entre finais de 1834 e comezos de 1835, mentres se publica por entregas. Xa en 1835 publícase íntegra. O feito de que Balzac escribise para gañar a vida fixo que a crítica dixese que escribía con presas e as súas grandes descricións tiñan como finalidade entregar máis páxinas. Le Père Goriot ten un grande éxito, mais critícanselle dous aspectos: a) A inmoralidade. 3

Na época é normal que os nobres arruinados casen con fillos de comerciantes ricos para “volver dourar o escudo”. Isto é algo que acontece nos séculos XVII, XVIII e XIX. De feito, é o tema central de Georges Dandin de Molière.

4 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

2. H. Balzac

b) A inverosimilitude da acción. 4.2. Recepción da súa obra en xeral: o Realismo

O Realismo en Francia é un pouco posterior a Balzac, xa que se desenvolve entre 1850 e 1870, polo que Balzac é un autor realista pero que non se inscribe no movemento realista francés. A) Precursores do Realismo: son Balzac e Stendhal (Le rouge et le noir). B) Teóricos do Realismo, para os que seguindo este movemento se debe describir a realidade cotiá con detalles precisos e sen idealización:  Champflery.  Duranty, quen cita as características que debe ter unha obra realista.  Ser monográfica e describir un ambiente que o autor coñece.  Debe ter un carácter social e ser explicativa.  Debe fundarse na observación dos costumes cotiáns, o que implica o rexeitamento da novela histórica que estivera en auxe no Romanticismo.  Non debe deformar a realidade, senón plasmar as cousas na súa exacta proporción.  A linguaxe debe ser sinxela para que todo o mundo poida entendela.  A literatura debe ser didáctica e, para isto, ten que provocar sentimentos no lector. C) Realistas: entre eles destacan pintores coma Gustave Corubet (L’après midi à Moret), quen é un importante divulgador deste movemento e realiza reunións no seu obradoiro con outros pintores, con escritores, críticos etc. Os seguidores do Realismo reuníronse no café Momus (1843 – 1848) e na Brasserie Adler (1848 ...).

5 Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

Related Documents

2. H. Balzac
May 2020 3
Balzac - Analiza
May 2020 4
Balzac - Le Message
May 2020 15
Balzac - Otec Goriot
April 2020 6
Balzac Albert Savarus
June 2020 1
Vendetta Honore De Balzac
December 2019 12

More Documents from ""

May 2020 6
May 2020 3
May 2020 4
May 2020 2
May 2020 3
May 2020 4