TEMA 8: A MONARQUÍA DOS REIS CATÓLICOS Capítulo 2: A monarquía dos Reis Católicos Capítulo 3: A articulación da nova monarquía Capítulo 5.2/6: Exemplos de pintrura, escultura e arquitectura renacentistas en España a) A monarquía dos Reis Católicos En 1469 contraeron matrimonio Fernando, herdeiro da Coroa de Aragón; e Isabel, irmá do rei de Castela. Dez anos máis tarde, no 1479, Fernando herda a Coroa de Aragón trala morte do seu pai, e ese mesmo ano Isabel proclámase raíña de Castela tras impoñerse nunha guerra civil á súa sobriña Xoana a Beltranexa. Desta forma, os reinos de Castela e Aragón quedaron unificados baixo o reinado dos Reis Católicos, Fernando e Isabel. Sen embargo, esta unión foi únicamente dinástica, xa que ambos territorios conservaron as súas leis, institucións e fronteiras. Aínda así os reis realizaron conxuntamente as súas empresas militares e nas súas relacións internacionais actuaban conxuntamente. Ademáis, os Reis Católicos desenvolveron conxuntamente unha política de expansión coa que pretendían unificar tódolos territorios da Península. Así no ano 1492 conquistaron o reino nazarí de Granada, o último reino musulmán da Península, tras dez anos de batalla, favorecidos pola súa superioridade militar e as disputas internas dos musulmáns. Tamén, no 1515 conquistaron o reino de Navarra, que se aliara con Francia, aínda que éste conservou as súas institucións. Os Reis Católicos desenvolveron unha política de enlaces matrimoniais co Reino de Portugal, que darían froito cando Felipe II herdou ese reino e o incorporou á Coroa. En canto á política exterior, a Coroa de Aragón continuou a súa expansión cara a zona mediterránea, e no 1505 logrou conquistar o reino de Nápoles. Tamén ocupou algúns lugares do norte de África (Melilla, Orán e Buxía) co obxectivo de frear o avance dos berberiscos. A outra dirección foi a expansión de Castela cara o Atlántico, que sería a base do futuro Imperio Español. Un exemplo foi a obtención da soberanía nas Illas Canarias (1496). b) A articulación da nova monarquía Ho reynado dios Reys Qatóliqo’s sijnifikoe mutio impossiceao dio neo modielo d’ Monarkyya Aktoritaktra, sistout em Kastelea. Assim, Fernant i Eisevelle propojeroe se akaetrokratoe en ses Estadie’s la aktrokrasseia ho Reys masistout calesker oetro.