Rodolfo Ucha En Libreria Central Librera Ferrol Web

  • Uploaded by: Central Librera Ferrol ,S.L.
  • 0
  • 0
  • April 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Rodolfo Ucha En Libreria Central Librera Ferrol Web as PDF for free.

More details

  • Words: 1,129
  • Pages: 8
R odolfo U cha P iñeiro

100 ANOS de

Arquitecto Municipal de

Ferrol

PRÓLOGO Co gallo da celebración do 100 Aniversario do nomeamento de Rodolfo Ucha Piñeiro coma arquitecto municipal de Ferrol, a Fundación Ferrol Metrópoli, desexa contribuir a dita conmemoración coa publicación deste traballo. No mesmo, facemos un percorrido pola traxectoria profesional de Rodolfo Ucha e unha escolma das obras máis características que no eido do Modernismo deixou no barrio ilustrado da Magdalena. Deste xeito, a Fundación Ferrol Metrópoli quere dar a coñecer e realzar a figura dun persoeiro coma Rodolfo Ucha, o cal, deixou unha importante pegada na nosa urbe. Alfonso García Ascaso Presidente

Coordinación: Mónica Dopico Fotografías: A. Malde Deseño e maquetación: Pluma Estudio Gráfico Texto revisado polo servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol www.ferrol-modernista.org www.ferrolmetropoli.org Dep. legal: C 935 - 2009

RODOLFO UCHA PIÑEIRO: UN INNOVADOR DE AMPLOS REXISTROS Juan J. Burgoa Fernández Fundación Ferrol Metrópoli [email protected]

O

Modernismo, arquitectura renovadora deseñada para a clase burguesa nacida do proceso industrial iniciado no século XX, tivo unha gran incidencia nas localidades costeiras galegas máis desenvolvidas. O movemento arraigou con certa profusión, desprazando o Eclecticismo e as tendencias historicistas, para deixar paso deseguido ao Rexionalismo. Xunto coa arquitectura indiana, manifestouse de forma notable en Ferrol e noutras urbes coma Vigo, A Coruña, Sada ou Ribadeo, onde traballaron os arquitectos Rodolfo Ucha, Julio Galán, Pedro Mariño, Ricardo Boán e Jenaro de la Fuente. O barrio da Magdalena de Ferrol, racional conxunto do século XVIII, integrou exemplarmente a principios do século XX unha serie de obras modernistas de formas sobrias e tardías, que respectaron o clasicismo do barrio e lle deron un valor engadido ao seu patrimonio. O Modernismo en Ferrol estivo especialmente representado por Rodolfo Ucha, de quen se cumpre neste ano 2009 o centenario do seu nomeamento coma arquitecto municipal. Nomeamento de Arquitecto Municipal en propiedade (Ferrol 30 de decembro 1909)

Rodolfo Ucha Piñeiro naceu en Vigo o 27 de setembro de 1882. Tras estudar en Ferrol, Santiago e A Coruña, matriculouse na Escola Superior de Arquitectura de Madrid, obtendo no ano 1906 o título de

Edificio Correo Gallego (1912)

arquitecto. O ano 1907 volveu a Ferrol, onde foi nomeado arquitecto municipal en maio de 1909, cargo exercido ata o ano 1936. Arquitecto do Ministerio de Mariña ata 1915, entre os anos 1919 e 1952 pertenceu ao Corpo de Arquitectos de Facenda Pública, traballando tamén en Salamanca, Málaga e A Coruña. En 1921 contraeu matrimonio con María de los Ángeles Donate, coa que tivo seis fillos, o maior deles tamén arquitecto. Finalizada a Guerra Civil exerceu a súa profesión de forma particular ata o ano 1976. Decano dos arquitectos colexiados en Ferrol, como recoñecemento ao súa longa traxectoria recibiu unha homenaxe en 1977 catro

Detalle da fachada do Teatro Jofre (1921)

Antiguo Hotel Suizo (1913-16)

anos antes da súa morte, ocorrida á avanzada idade de noventa e nove anos. Académico de Belas Artes de San Fernando, proxectou notables obras dentro do Eclecticismo, Art Decó e Racionalismo, e foi dentro do Modernismo onde mostrou a súa mestría de deseño e logrou os seus maiores acertos.

Rodolfo Ucha ao volante do seu Renault (1920)

A súa formación académica e a súa bagaxe artística permitíronlle destacar en todos os estilos imperantes na súa época, sendo un autor versátil e sincrético que, segundo que a obra tivese carácter institucional ou fose un encargo privado, utilizou un dobre linguaxe, oficialista e máis austero no primeiro caso e máis atrevido e decorativo no segundo. Nos seus primeiros traballos impuxo un carácter ecléctico ao seu traballo, mentres que a partir do año 1915, ao decaer ao estilo modernista, as súas obras seguiron mostrando gran orixinalidade e ousadía, experimentando con éxito solucións arriscadas.

Casa Rodríguez Fernández (1912)

Buscando sempre mellorar a estética das súas construcións, Ucha Piñeiro soubo estar ao día, malia traballar nun lugar afastado das novas tendencias. Recolleu de cada corrente os seus aspectos máis relevantes, adaptándose a todas as linguaxes artísticas, integrando elementos históricos e usando formulacións tradicionais. Da súa extensa

Casino ferrolán (1921)

Detalle da fachada da Casa Pereira (1912-13)

chada. A segunda ten un deseño máis atrevido e sofisticado, dentro da súa acentuada verticalidade. Chalé Antón. Rúa San Roque, 8. (1918). Edificio destinado a vivenda unifamiliar, hoxe convertido en colexio. Amosa numerosos detalles modernistas tales como o miradoiro saínte de planta hexagonal ou a artística marquesiña de entrada. Casino Ferrolán. Rúa Real, número 100. (1921). Reforma posterior. (1947). Edificio que emprega por vez primeira o formigón armado en Ferrol, combinando interesantes recursos do Modernismo e do Eclecticismo. No seu interior destacan as pinturas modernistas murais, o salón de festas e os patios.

Casa Brañas (1913-14)

produción destaca o diferente tratamento dado ás súas construcións, logrando que fosen singulares e irrepetibles. Coa aparición do racionalismo xeométrico abandeirado pola Bauhaus, evolucionou cara a un racionalismo estético, substituíndo as típicas galerías por saíntes de formigón. Rodofo Ucha foi autor dunha abundante obra, mostrando en Ferrol os diferentes estilos xurdidos na arte contemporánea desde comezos do século XX, en especial do Modernismo, corrente que aquí se recolle. Entre os anos 1900 e 1925 levantáronse en Ferrol máis de vinte construcións dentro do estilo modernista, a maioría delas da súa autoría. Entre as máis interesantes cabe citar:

Completan esta lista de obras de Rodolfo Ucha, as Casas Rodríguez Fernández e Rodríguez Trigo, a Fonda Suíza, o edificio de El Correo Gallego, as Casas Bruquetas, Vázquez y Brañas e Peixería do Mercado Central, así coma outras con trazos modernistas coma o Hotel Ideal Room, o Teatro Jofre, o Chalé de Canido e o Banco da Coruña. Por último, cómpre citar as obras pertencentes ao mobiliario urbano, xa desaparecidas, tales como o Café-teatro New England, situado na Alameda, ou os quioscos levantados nas prazas da cidade. Como obras proxectadas e non realizadas están o chalé de José Canalejas e a Casa Pereira (III).



Casa Romero. Rúa Concepción Arenal, 1. (1910). Adición dun ático. (1940). Obra de bo tamaño e exemplo do Modernismo aplicado a edificios residenciais. Mostra un ritmo destacable causado polas súas ventás e miradoiros de elaborada decoración. Antigo Hotel Suízo. Rúa Real, 134. (1916). Edificio de dous pisos, balcóns individualizados e remate de peitas. Os abundantes miradoiros e ventás outórganlle un estilo singular e unha gran verticalidade. Casa Munduate. Rúa Magdalena, 61. (1911). Fachada de tres corpos diferenciados. Dentro da tipoloxía tradicional, as súas características modernistas plásmanse na carpintaría e os ferros forxados de motivos vexetais. Casas de Pereira (I e II). Rúas María, 172 e Dolores, 64. (1912-1915). Na primeira contrasta o elaborado deseño das galerías e miradoiros coa liberdade compositiva da fa-

Chale Antón (1918)

Alzado orixinal da fachada principal da Casa Romero (1908)

Casa Romero (1909-10) Ático engadido en 1940

www.ferrol-modernista.org

ART NOUVEAU EUROPEAN ROUTE RUTA EUROPEA DO MODERNISMO

Related Documents

Ferrol
July 2019 16
Rodolfo
June 2020 10
Rodolfo
May 2020 11
Rodolfo
November 2019 12
Convenio Ferrol
May 2020 8

More Documents from ""