Proxecto Club 09 Minimizado

  • June 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Proxecto Club 09 Minimizado as PDF for free.

More details

  • Words: 2,737
  • Pages: 3
SOLICITUDE CLUBS DE LECTURA 2009-2010 - I. E. S. XESÚS TABOADA CHIVITE. VERÍN.

Club de lectura A Árbore Vermella do I.E.S. Xesús Taboada Chivite-http://bibliochivite.blogia.com FINALIDADES  Gozar da lectura pola lectura, fóra das obras recomendadas polos departamentos do centro.  Espertar nos participantes a necesidade de comunicarse non só por medio da palabra falada senón tamén a través da escrita como acto creativo.  Acadar que o espírito do club (comunicación, creatividade, valores, cooperativismo, sociabilidade...) trascenda dun espazo e tempo concretos á vida do centro a través dos membros do club, das actividades, das creacións...  Potenciar o acto de ler unindo a dimensión privada e íntima á dimensión pública que implica a escoita, discusión e comparación de outras sensibilidades e puntos de vista.  Aproximarse, mediante a lectura voluntaria, a xéneros literarios que habitualmente provocan certa resistencia por parte do alumno: poesía, artigos de xornais, etc.  Servir de apoio e estímulo para ler obras e autores variados, representativos de diversas tendencias artísticas e intelectuais, clásicas e contemporáneas.  Comprender a obra literaria no contexto da súa creación; é dicir, saber que opinan dela o autor, o crítico literario, etc.  Estimular o emprego da literatura, a música e o cine como complemento do aprendido nas aulas.  Coñecer múltiples linguaxes expresivas: imaxe, música, pintura, escultura...  Ademais de todo o anterior, hai que recalcar que o obxectivo primordial é o de aumentar o pracer da lectura e a sensibilidade ante calquera expresión artística.

COMPOSICIÓN. NÚMERO DE PARTICIPANTES. PROFESORADO RESPONSABLE E COLABORADOR Funcionará un primeiro grupo integrado por 17 alumnos de ESO todos os xoves ás 16:30. Haberá un segundo grupo formado por 9 alumnas de 2º de Bacharelato. Encontrarémonos ao rematar a lectura das obras escollidas para intercambiar impresións sobre elas. Haberá dúas ou tres reunións trimestrais mais poderán asistir ás reunións semanais con alumnos de ESO, que tamén consideramos interesantes para elas, ás 16.30. Un posible grupo de lectura de outros membros da comunidade educativa estaría integrado inicialmente por 8 profesores do IES, pero aberto á incorporación de novos membros interesados en participar nesta actividade. As reunións serían os mércores as 16.30 na biblioteca do centro e estaría coordinado polo equipo da Biblioteca Escolar, sendo o profesor responsable desta coordinación de adultos D. Isaac César González Abellás. Os dous grupos de alumnos estarán coordinados por Dª Mª Carmen Fernández González, profesora de Lingua Galega, coa colaboración permanente de Dª Antonia Roncero Martín, profesora de Lingua Castelá e Literatura e Dª Isabel Cota Muñiz, profesora de Inglés. Contaremos coa axuda e participación nalgunhas sesións de D. Víctor Romero, do Dpto. de Plástica, D. David Rodríguez Rivada, do Dpto. de Música e D. Francisco Javier Fontenla García, do Dpto. de Lingua Castelá e Literatura. Aínda que non está este ano connosco no centro, seguiremos contando coa sabedoría e a valiosísima axuda de Dª Mónica Pazos Martínez, profesora de Lingua Galega. O club de lectura terá tamén unha vinculación especial coa Axenda 21 do noso instituto (blog: http://bioquimchivite.blogia.com), que ten como coordinador a D. Javier Rodríguez García, do Dpto. de Ciencias. A Axenda 21 é un programa para desenvolver a sostibilidade a nivel planetario e gran parte dos seus obxectivos dependen case en exclusiva do papel das comunidades locais, das actitudes e comportamentos dos cidadáns. É preciso concienciar o noso alumnado e inculcarlles valores que os convirtan e cidadáns comprometidos coa vida do seu planeta, e pensamos que os cidadáns sensibles ante os problemas de sostibilidade do seu medio ambiente tamén o son ante a cultura en todas as súas manifestacións. Este ano no club leremos poemas incluidos no libro Cultivos transxénicos, de Carlos Negro, que falan da perda do mundo rural. Cremos que os valores que intentamos transmitir a través da arte son coincidentes cos que reivindica a Axenda 21 mais nas sesións que versarán sobre a obra de Carlos Negro na que se fala do fin do rural, esas coincidencias van ser aínda máis evidentes. Igualmente, o club de lectura colaborará con e recibirá a axuda do equipo da Biblioteca Escolar, do que é responsable Dª Paula Castro Rocha. A partir deste ano, toda a información sobre o Club de lectura A Árbore Vermella, que ata o ano pasado aparecía no blog dunha das profesoras participantes (o blog Oracle Night: http://isabelcota.blogia.com), estará no blog da biblioteca do instituto (http://bibliochivite.blogia.com)

FORMA DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO A partir da difusión da actividade, e contando coa motivación que os profesores fan na aula, os alumnos interesados acoden a unha reunión na biblioteca escolar cos profesores coordinadores. Nela expómoslles os obxectivos da actividade e propomos distintas posibilidades xa listadas no apartado de actividades previstas. Pensamos que o Club de Lectura debe combinar parte dirixida polo profesor coordinador coa participación dos lectores na selección das actividades a realizar, pois convén lembrar que estamos ante unha elección voluntaria do alumno. Estes transmitirannos as súas inquedanzas, intereses e motivacións, que trataremos de aproveitar. Seleccionados os textos e as actividades nas que se traballará, daremos comezo ás reunións na biblioteca escolar os xoves pola tarde. Nelas debateranse aqueles aspectos máis destacados das obras lidas, ó tempo que tamén faremos lecturas colectivas (especialmente nos casos de poesía, artigos de xornais, etc), asistiremos á proxección dalgunha presentación (pensamos traballar tamén con novela gráfica), curtametraxe ou película, que serán comentadas ó seu remate, escoitaremos pezas musicais de diferentes estilos, ou nos deteremos na observación e análise de cadros, esculturas... Igualmente, ante o éxito acadado o ano anterior coa visita do escritor verinés Xosé Carlos Caneiro, cuxa obra Blue Moon foi lida no club de lectura, temos previsto repetir a experiencia este ano coa visita do poeta Carlos Negro,

dado que leremos dúas obras súas. Ademais, aínda que non está todavía concretado e por iso non aparece reflictido no calendario, esperamos que o autor verinés faga un pequeno recital poético da súa última obra. De ser así, o club de lectura remataría o tres de xuño. Tamén interpretará pezas clásicas e contemporáneas ao chelo D. David Rodríguez Rivada, membro da Orquestra Clásica de Vigo e dos cuartetos Rock de Cámara e Ecco Vottos. Por último, organizaremos unha exposición permanente na Biblioteca Escolar que incluirá textos literarios dos alumnos participantes e profesores colaboradores. Estes textos serán lidos no club lector. Co remate do curso, intentaremos que estes textos, así como outras colaboracións recibidas, sexan publicados na revista literaria que ten previsto editar anualmente a Biblioteca Escolar.

MEDIOS PREVISTOS PARA A SÚA DIFUSIÓN ENTRE A COMUNIDADE ESCOLAR

Pretendemos dar a coñecer a existencia desta actividade a toda a comunidade escolar. Así, nos andeis do Instituto colocaranse carteis coa proposta de actividades pretendendo animar os alumnos a participar. Haberá paneis, no interior e exterior da biblioteca, que irán amosando as actividades que se van facendo no club. No boletín trimestral da Biblioteca enviarase información para que a actividade sexa coñecida polos pais. Ademais, ó tratarse dunha actividade aprobada polo Consello Escolar, consideramos que tódolos sectores da comunidade educativa teñen coñecemento do desenvolvemento da mesma. Finalmente, está previsto que a Biblioteca Escolar elabore unha revista literaria na que terán cabida as obras (poesía, contos, debuxos, etc.) elaboradas por alumnos do centro vinculados ao club de lectura, e que ademais incluirá un artigo-memoria do feito ao longo do curso. Esta revista será repartida a todos os alumnos co ánimo de que a leven ás súas casas, servindo para incrementar a difusión desta actividade

HORARIO E CALENDARIO PREVISTO PARA AS REUNIÓNS DE CARÁCTER PRESENCIAL

A) ALUMNOS DE ESO (Reunións todos os xoves as 16:30): O libro de lectura escollido para que os alumnos de ESO lean este ano é A miña planta de laranxa lima, de José Mauro de Vasconcelos. Tamén leremos poemas, fragmentos de ensaios e novelas, textos escritos polos propios alumnos, letras de cancións... Veremos curtametraxes, películas e novelas gráficas, escoitaremos música, visitaremos blogs moi interesantes, falaremos de arte, asistiremos a algún espectáculo teatral, posiblemente Pilobolous, recibiremos a visita de Carlos Negro, autor de moitos dos poemas que leremos no club de lectura, colaboraremos coa revista da biblioteca, Letterae, elaboraremos, coa axuda do profesor do Dpto. de plástica D. Víctor Romero e dos seus alumnos de Deseño Gráfico Dixital de 3º e 4º de ESO, paneis con información sobre as actividades que se están a realizar e sobre os libros que estamos a ler, teremos algunha sesión conxunta co grupo de teatro do IES Xesús Taboada Chivite, escoitaremos o noso compañeiro D. David Rodríguez Rivada, profesor do Dpto. de Música, tocar pezas ao violonchelo e ao piano.... A arte estará presente en todas as súas manifestacións. B) ALUMNOS DE BACHARELATO (Reunións alomenos tres veces ao trimestre): As alumnas de 2º de Bacharelato lerán A esmorga, de Eduardo Blanco Amor, Os dous de sempre, de Castelao, Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, En la ardiente oscuridad, de Antonio Buero Vallejo, El jinete polaco, de Antonio Muñoz Molina e o relato Emma Zunz, de Jorge Luis Borges. Nestas sesións contaremos coa presenza e inestimable axuda de D. Francisco Javier Fontenla, do Departamento de Lingua Castelá e Literatura. Ademais de A Esmorga, temos pensado que asistan a unha segunda obra teatral, posiblemente Por el placer de volver a verla, de Michael Trembley. C) OUTROS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA (Dúas reunións ao mes): Este ano pretendemos a apertura do Club de lectura a outros sectores da comunidade educativa. Contamos co interese e disposición a participar dun grupo de profesores e trataremos de vincular persoal non docente e outras persoas interesadas nesta experiencia. Trataríase dun club de lectura avanzado no que nos achegariamos a diversos tipos de lecturas, tanto en lingua galega como castelá e no que abordariamos a lectura de obras clásicas (O ruido e a furia de W. Faulkner ) e contemporáneas (Los hombres que no amaban a las mujeres de Stieg Larsson ou O home é un grande faisán no mundo de Herta Müller), poéticas, etc. Considerando o tipo de lectores, cremos que o calendario definitivo de lecturas será aprobado polos participantes na reunión previa constitutiva do grupo. Non desbotamos a posibilidade de complementar as lecturas realizadas coa asistencia a representacións teatrais e a proxección de películas e documentais que permitan unha visión máis ampla das obras lidas. Ademais, pretendemos colaborar coa revista literaria da Biblioteca Letterae.

ACTIVIDADES XA REALIZADAS: - 11 de Outubro: Asistimos coas lectoras de Bacharelato á representación de A Esmorga en Ourense. - 15 de Outubro: Lemos o poema No te salves de Mario Benedetti e vimos como o recitaba o impresionante actor Miguel Ángel Solá. Tamén lemos dous "relatos" de El libro de los abrazos de Eduardo Galeano. Escoitamos Silencio de Tony Zenet e Alalá das mariñas na voz de Uxía. Tamén música de África, as pezas Kothbiro de Ayub Ogada e Jammu Africa de Ismaël Lô, despois de ler un poema dun autor de Costa de Marfil, Anoma Kanié. Por último, os rapaces recitaron poemas escritos por eles mesmos. Este primeiro día houbo unha segunda sesión coas alumnas de Bacharelato, coas que comentamos a obra de Blanco Amor A Esmorga, que elas xa leran. - 22 de Outubro: Vimos a desgarradora curtametraxe I want to be a pilot na semana na que se celebrou o día internacional para a erradicación da pobreza. Tamén lemos fragmentos de El Imperio de la Vergüenza de Jean Ziegler e como nun deles o autor fala da UTOPÍA, detivémonos na célebre definición que dá Galeano. - 29 de Outubro: Seguindo coa nosa idea de mesturar texto escrito, imaxe e son, levamos a cabo as actividades: Lectura de poemas de Carlos Negro, dos seus libros Makinaria e Cultivos transxénicos, poemas que cremos que

foron moi atractivos e interesantes para os nosos rapaces. Tamén lemos un artigo escrito por este mesmo autor. Vimos a Mafalda en varios sketches e gozamos coa súa visión humoristicamente crítica do mundo. Escoitamos a canción La Vida, de Silvio Rodríguez, lendo previamente o fermoso poema que é letra desta canción. - 5 de Novembro: Visitamos o blog do profesor de música David Rguez. É Licenciado en Filoloxía Hispánica ademais de Diplomado en Violonchelo e no seu blog (http://davidov3.blogia.com) ofrécenos música, textos escritos por el e enlaces a fragmentos de obras literarias que lle chamaron a atención. David asistiu ese día ao club e guiounos nun interesante percorrido cheo de sons, imaxes e fermosas palabras. Tamén escoitamos o rap David contra Goliat de ZPU, do CD Contradicziones.

ACTIVIDADES POR REALIZAR

(Excepto cando se indique o contrario, trátase de sesións con alumnos e alumnas de ESO, aínda que tamén están abertas á participación das lectoras de Bacharelato)

PRIMEIRO TRIMESTRE Día Hora

Actividades previstas

12/XI 16.30 Alumnas de 2º de Bacharelato: Análise de En la ardiente oscuridad, de Antonio Buero Vallejo. 19/XI 16.30 Lectura dalgunhas das cartas que D. Ramón Otero Pedrayo escribiu á súa nai, cartas que foron

26/XI 16.30 3/XII 16.30

10/XII 16.30

compiladas polas investigadoras Alicia Arias Chachero e Mónica Pazos Martínez nos dous volumes que compoñen a edición de Cartas á nai. Antes da lectura, daremos información aos alumnos e alumnas sobre o escritor ourensán. Visionado dun video sobre José Luis Sampedro, visita á súa páxina web oficial e lectura de fragmentos de La sonrisa etrusca e La vieja sirena. Sesión dedicada á escoita de cancións, algunhas de Fuxan os Ventos (Cantiga de berce, Muller, Irmaus) outras de heavy metal, por petición dalgún alumno, e outras seleccionadas pola profesora Antonia Roncero, con profundos coñecementos e grande sensibilidade para a música. Sesión dedicada á seguinte cuestión:Que é arte? O noso compañeiro Víctor Romero, arquitecto e artista ademais de profesor de plástica, falaranos deste tema. SEGUNDO TRIMESTRE A miña planta de laranxa lima. Presentación do que será o libro de lectura para os alumnos de ESO

14/I

16.30

21/I

16.30 Sesión conxunta cos integrantes do grupo de teatro do instituto, que están a preparar a obra Peter

Pan para representala na semana de teatro do noso IES e para levala tamén ao IES de Viana do Bolo. Trataremos os temas fundamentais do texto de J.M. Barrie, veremos breves fragmentos de adaptacións cinematográficas, aportaremos datos sobre J.M. Barrie e outras obras súas... e fundamentalmente falaremos do que supón crecer. 28/I 16.30 Sesión dedicada a A miña planta de laranxa lima. 04/II

16.30 Alumnas de 2º de Bacharelato: Análise da obra Os dous de sempre, de Castelao.

11/II

16.30 No primeiro trimestre os nosos alumnos entraron en contacto coa obra do poeta de Lalín Carlos

Negro. Nesta sesión, despois de que os alumnos lean na casa todos os poemas incluídos en Cultivos transxénicos e Makinaria, faremos unha sesión preparatoria da visita do autor, cun comentario máis en profundidade, información sobre o escritor e outras obras súas. 25/II 16.30 Visita de Carlos Negro. Falaranos da súa obra, con máis detalle dos libros lidos polos nosos alumnos, e estes formularanlle cuestións. 4/III

16.30 Sesión dedicada a A miña planta de laranxa lima.

11/III

16.30 Alumnas de 2º de Bacharelato: Análise da obra El jinete polaco, de Antonio Muñoz Molina.

18/III

16.30 Sesión dedicada a A miña planta de laranxa lima.

25/III

16.30 Visionado da novela gráfica La Fuga, de Pascal Blanchett, en preciosa e coidada edición de Barbara

Fiore. David Rodríguez Rivada, profesor de música do centro, poralle música á obra, que veremos nunha presentación de power-point. TERCEIRO TRIMESTRE 8/IV 16.30 Sesión dedicada a A miña planta de laranxa lima. 15/IV

16.30 Sesión final dedicada a A miña planta de laranxa lima.

22/IV

16.30 Lectura da obra Poemas a la luna, compilación de poemas de grandes poetas da literatura universal

29/IV

16.30 Alumnas de 2º de Bacharelato: Análise da obra Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro.

que falan da lúa nos seus versos, nunha fermosísima edición ilustrada por Gianni De Conno.

6/V

16.30 Sesión que levará por título: Arte e literatura e que versará sobre as conexións entre textos

literarios e outras disciplinas artísticas como música e pintura. Unha selección de textos, fragmentos musicais e obras pictóricas serviranos para reflexionar sobre este tema. Colaborarán nesta sesión o profesor de música David Rodríguez, o de plástica Víctor Romero e o de lingua castelá e literatura Francisco Javier Fontenla. 13/V 16.30 Alumnas de 2º de Bacharelato: Análise do conto Emma Zunz, de Jorge Luis Borges. 20/V 16.30 Visionado da película xaponesa Despedidas, dirixida por Yojiro Takita, cinta gañadora do Oscar de Hollywood á mellor película estranxeira no ano 2008. 27/V Fin da actividade, cun recital de poesías escritas ao longo do curso polos nosos lectores e lectoras. Valoración do club de lectura.

Related Documents