PROXECTO DAS ACTUACIÓNS PREVISTAS POLO CLUB DE LECTURA “AS CAMPAÍÑAS” Introdución No CPI Aurelio M. Rey García de Cuntis existe desde o curso pasado (2008-09) o Club de Lectura ‘As Campaíñas’. Este ano temos a intención de continuar coa tarefa, con cambios, na coordinación e na relación de profesorado, membro do club debidos aos traslados de centro dalgúns dos compoñente do club máis implicados durante o curso anterior. A creación do club veu motivada polo interese pola lectura amosado por un grupo significativo de alumnos e alumnas e, tamén, ás eivas apreciadas na redacción do Plan Lector do Centro na competencia lectora do alumnado, imprescindible para acadar uns resultados académicos satisfactorios. Tamén se pretende contribuír á mellora do funcionamento da Biblioteca escolar, coma un espazo de lectura e convivencia, no que se comprometan todos os membros da comunidade educativa. No CPI temos alumnos de 3 a 15 e máis anos. O Club non pode deixar de lado aos alumnos de Infantil e Primaria, polo que ademais de contar co eles como membros activos do Club, as actividades programadas teraos tamén a eles como destinatarios. Temos o propósito de que as actividades levadas a cabo polo club transcendan ao ámbito do club, repercutindo no proceso educativo desenvolvido en xeral no Colexio. Finalidade
Crear un ámbito de goce e aprendizaxe arredor do hábito lector.
Impulsar a lectura coma unha actividade de lecer e de mellora da formación persoal e académica.
Desenvolver a competencia lectora.
Favorecer a competencia literaria.
Contribuír á mellora da competencia lingüística.
Facilitar o desenvolvemento da autonomía persoal e da interacción social a través do libro e o coloquio.
Mellorar a expresión oral e escrita.
Impulsar a colaboración e a comunicación entre o alumnado de diferentes niveis educativos, e cos pais e profesores.
Crear un ambiente lúdico e cooperativo arredor da lectura e corresponsable na toma de decisións que afectan ao funcionamento do club.
Fomentar a competencia dixital dos participantes por medio da creación e mantemento colectivo dun blog do grupo.
Educar no uso crítico da información.
Fomentar o hábito da lectura.
Apoiar a adquisición das competencias básicas.
Actividades previstas - Información e difusión da existencia do club e das súas actividades (tríptico, carteis, panel do Club, blog, comunicados, prensa, marca páxinas...). - Lectura guiada de libros seleccionados. 1
- Proxección de filmes creados a partir dunha obra literaria. - Recreación das obras escollidas (relacións coas artes plásticas, audiovisuais, ambientación temática...). - Saídas culturais: Bibliotecas, Salón do Libro, rotas literarias, editoriais, presentación de libros - Visita de escritores/as, ilustradores/as, etc. - Participación en actividades de animación á lectura, conta contos, obradoiros, etc. - Realización de concursos para todo o Centro: micro-relatos, banda deseñada, etc. - Colaboración co Equipo da Biblioteca, co Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do colexio, cos Departamentos da ESO e Ciclos de Infantil e Primaria, e ca Biblioteca municipal de Cuntis. - Participación nas celebracións levadas a cabo no Centro: Día do Libro, Día das Letras Galegas, Xornadas Culturais D. Aurelio, Día da Muller, Día dos Dereitos Humanos, Día da Paz, etc. - Mantemento e actualización do blog do Club: http://www.blogoteca.com/ascampainhas/ - Elaboración dunha guía de ‘Comentario dun libro’. - Edición e distribución entre os membros da comunidade educativa de guías de lecturas temáticas. - Elaboración e uso dunha axenda persoal de lectura do club. - Deseño e creación dun carné persoal de pertenza ao Club. - Creación e mantemento dun expositor con propostas de lectura temáticas e coas novas adquisicións realizadas polo Club e a Biblioteca. - Propostas de compras a realizar pola Biblioteca en función do interese e da actualidade. - Creación de espazos de lectura (na Biblioteca e/ou noutros espazos do Centro) atractivos e cómodos. - Realización de enquisas sobre o hábito lector entre os membros da comunidade educativa. - Difusión e colaboración co Concello de Cuntis en actividades relacionadas coa lectura. - Desenvolvemento de reunións do Club en espazos simbólicos da bisbarra: Casa da Cultura e Biblioteca Blanco Torres; Castrolandín; Campaíñas, parque do Castro, Monumento ao Sagrado Corazón, etc. - Colaboración con outros clubs de lectura da comarca: centros educativos de Caldas, A Estrada, etc. - Deseño e encargo dunha camiseta do Club - Bookcrossing: creación e mantemento dun espazo para intercambio de libros. - Lecturas, narracións e dramatizacións (dentro do Club e para o Colexio). Composición e número de participantes aproximado O club está composto por membros dos diferentes sectores que compoñen a comunidade educativa: - Profesorado: Eladio Anxo Fernández Manso (CC SS, Coordinador), Fernando Pazos (Lingua Galega) e Norma Pillado (Educación Física), Silvia López (Educación Física, Primaria), María Ocampo (Lingua Castelá), Luisa Vidal (Lingua Castelá), Emilia Monteagudo (Primaria) - Alumnado: Aproximadamente 35 alumnos dos distintos niveis educativos. - Persoal non docente: Carmen Iglesias (Cafetaría). 2
- Familias: En principio contamos con cinco pais. Implicación doutro profesorado do centro O Club de Lectura conta coa colaboración inestimable de Anxo Fernández (Matemáticas); Mª. Hortensia Fernández Torre (Educación Plástica e Visual), José Manuel García (Orientación), Xosé Álvarez (Lingua Galaga); José Manuel Correa (Departamento de Extra-escolares, Primaria); Marco A. Figueroa (Matemáticas); Ana Vilas (Infantil), Monserrat Villanueva (Infantil) Forma de organización e funcionamento O Club conta cun coordinador e seis profesores que se encargarán de supervisar o funcionamento do club, da dinamización das sesións e da xestión do blog. Este núcleo de profesores contará coa colaboración de oito profesores para a realización das actividades: elaboración das guías de lectura, proxección interna e externa do club, deseño e edición de material, actividades da Biblioteca, planificación de saídas culturais e as visitas de autores., etc. Ademais, cada ámbito de traballo contará coa participación do alumnado e dos pais implicados no proxecto. O funcionamento do club de lectura rexerase de acordo coas seguintes disposicións: estableceranse os tempos de lectura individual dos seus compoñentes para acadar acadar uns obxectivos comúns de lectura para as reunións, nas que terán lugar os coloquios guiados favorecendo a participación de todos os integrantes. Para pertencer ao club, o alumnado debe: Contar coa autorización dos pais; participar polo menos en dúas reunións mensuais ou participar no blog; ler un mínimo dunha obra por mes. Nas reunións e en todas as actividades do Club rexerá o Regulamento de Réxime Interno do Colexio. As reunións terán, unha periodicidade semanal, e a xuntanza do grupo terá lugar na Biblioteca do Centro. En determinados períodos lectivos (avaliacións, por exemplo), ou cando a análise do funcionamento do Club así o aconselle, establecerase un calendario de reunións máis espazado. Os membros do club poden realizar as lecturas que prefiran, baixo a supervisión do profesorado. En determinadas datas o profesorado, escoitados os alumnos e os pais, pode propoñer lecturas comúns dunha mesma obra ou sobre un mesmo tema, estando obrigados todos os membros a seguir as orientacións acordadas por consenso. Horario e calendario previsto para as reunións de carácter presencial •
Horario: o club reunirase os mércores entre as 14:10 e 15:10. Esta elección vén motivada polo horario lectivo do CPI, que contempla xornada partida de luns a xoves con saída ás 13:20 polas mañás e entrada ás 15:30 polas tardes para a ESO.
Medios previstos para a súa difusión entre a comunidade escolar - Entrega aos pais dunha nota anunciando a continuación do Club de Lectura este curso. - Colocación no Centro de carteis. - Realización e mantemento dun panel do Club na entrada do Colexio onde se difunden as distintas actividades ou anuncios. - Distribución entre a comunidade educativa das Guías de Lectura. - A través do blog do Club e das diferentes webs e bitácoras do colexio. - Envío á prensa da información xerada en torno ao club.
3