PROXECTO INTERDISCIPLINAR TÍTULO: A RUTA DA AUGA NA NOSA CIDADE XUSTIFICACIÓN: O profesorado do I.E.S Canido decidiu elixir este tema debido á importancia que consideramos que ten para o noso alumnado coñecer a ruta da auga na súa cidade dende a súa captación ata a súa devolución ao ciclo natural, así como analizar os distintos elementos que forman parte da condución da auga ata os seus domicilios e que valoren as consecuencias xerais do uso e abuso da auga. OBXECTIVOS: • Recoñecer e valorar a importancia da auga como recurso imprescindible, tanto a nivel vital como no sistema urbano actual. • Orientar as actitudes de uso da auga cara a outras que fomenten o aforro, o seu uso máis racional e ecolóxico. • Investigar, seguir e recoñecer a ruta que segue a auga que utilizas na cidade, dende a súa captación ata a súa devolución ao ciclo natural. CONTIDOS: • O CICLO DA AUGA. 1. a auga na natureza: que é a auga, a auga e o orixe da vida, cantidade de auga no planeta terra, os ríos de Galicia. 2. o ciclo da auga: fases do ciclo e tempo de renovación. 3. a auga e o home: a auga como recurso vital, a auga para o ocio, a auga para a fabricación dos distintos materiais, a evolución que o home fixo coa auga para o seu propio uso ( muíños,
martelos hidráulicos… ata as hidroeléctricas actuais). 4. distribución da auga a nivel mundial.
centrais
• A RUTA DA AUGA NA NOSA CIDADE. 1. o embalse das Forcadas: situación, ríos que forman o embalse, evolución do embalse co paso dos anos ( sequías…). 2. a natureza do embalse: as aves e outros animais do embalse, árbores do embalse. 3. o camiño da auga ata a nosa cidade: a localización dos depósitos de auga na nosa cidade. 4. tratamentos da auga: a potabilizadora de Catabois e a depuradora de auga de Betanzos. • O USO E O ABUSO DA AUGA NA CIDADE. 1. Usos da auga a nivel global e local. Festas da
auga nos pobos. 2. Hábitos de consumo responsables. Medidas de aforro. 3. Divertíndonos coa auga: refráns, cantigas, adiviñas, pasatempos…. 4. Noticias relevantes sobre a auga no curso 20072008.
METODOLOXÍA Metodoloxía activa: é fundamental que o alumnado participe activa e progresivamente na construcción do seu propio coñecemento, para que sexa o protagonista da súa propia aprendizaxe. O alumnado deberá desenvolver habilidades de uso de información, consultando fontes documentais diversas en soportes e formatos diferentes e que estarán a disposición do alumnado na biblioteca e na aula de informática do centro, o que permitirá que o noso alumnado sexa formado nalgunhas das competencias
básicas do currículo (aprender a aprender, tratamento da información e competencia dixital). O alumnado traballará en grupo os distintos contidos do proxecto, nos que terá que demostrar unha serie de actitudes cívicas e intelectuais que impliquen o respecto aos demais, a ser responsable, escoitar as distintas opinións, argumentar as súas, traballar en equipo, ser capaz de solucinar distintos problemas… ACTIVIDADES. Requisitos das actividades: •
Motivar os alumnos a profundizar no estudo do tema.
•
Cumprir os obxectivos propostos, mediante a secuencia
de
actividades
cada
vez
máis
complexas, que necesiten unha maior análise por parte do alumnado. •
Actividades variadas que se citan a continuación.
1º AVALIACIÓN: • Búsqueda, análise e selección de información por grupos
na
biblioteca
do
centro
e
na
aula
de
informática sobre os contidos a desenvolver. •
Construción dunha maqueta en tres dimensións na que apareza reflectado o ciclo da auga.
•
Mapa dos ríos de Galicia.
• Mapa da distribución desigual da auga
a nivel
mundial. •
Realización dun cómic sobre a evolución dos distintos usos que o home fixo coa auga o longo do tempo.
•
Procura de historias da relación do home coa auga en distintos países.
•
Saída a AQUACIENCIA e Aula de Ecología Urbana de Ferrol
para facer fotografías do muíño hidráulico,
martelo hidráulico, nora manual, nora de pedais… para utilizar no traballo. •
Búsca de cantigas, refráns, adiviñas sobre a auga.
• Búsqueda de noticias relevantes sobre a auga nos periódicos.
2º AVALIACIÓN • Búsqueda, análise e selección de información por grupos
na
biblioteca
do
centro
e
na
informática sobre os contidos a desenvolver. •
Construción dun martelo hidráulico.
•
Realización dunha depuradora en miniatura.
aula
de
•
Saída o embalse das Forcadas, potabilizadora de Catabois e depuradora de Betanzos para aprender sobre a ruta da auga na nosa cidade, así como a realización de fotografías nesta viaxe.
•
Busca de fotografías sobre os distintos animais que son máis frecuentes no embalse.
• Observación da natureza do embalse. •
Pequeno herbario sobre as árbores de ribeira.
•
Localización nun mapa do embalse das Forcadas, así como da potabilizadora, depuradora e de depósitos de auga.
• Coñecer e nomear os distintos animais e vexetais do embalse en castelán e galego. •
Procura de cantigas, refráns, adiviñas sobre a auga.
• Búsqueda de noticias relevantes sobre a auga nos periódicos.
3º AVALIACIÓN
• Búsqueda, análise e selección de información por grupos
na
biblioteca
do
centro
e
na
aula
de
informática sobre os contidos a desenvolver. •
Facer un taboleiro “de gota a gota e tiro porque me tocaÓ, no que aparecerán reflectidos nos distintos casilleiros hábitos de consumo responsables e algúns non responsables da agua.
•
Elaboración dun pequeno periódico coas noticias máis relevantes do curso 2007- 2008.
•
Conmemoración do “día da augaÓ( 22 de marzo), pegar carteis no instituto para concienciar sobre hábitos máis responsables da auga.
•
Facer diagramas de sectores onde aparezan reflectidos o consumo da auga a nivel local e a nivel mundial.
•
Enquisa
realizada
no
instituto
sobre
hábitos
consumo. TEMPORALIZACIÓN. 1 hora á semana, tódolos luns de 9:20 ata 10:10. 1º Avaliación: 12 días. 2º Avaliación: 8 días. 3º Avaliación: 12 días. RECURSOS
de
•
• • • •
• •
• • •
• • • • • • •
•
Libros de texto das distintas materias: galego, ciencias naturais, ciencias sociais, lingua castelá, lingua galega.. Biblioteca do centro. Aula de informática do centro. Revistas, periódicos de actualidade. Cartolinas. Pegamento. Tesoiras. Goma Rotuladores. Lapis de colores. Afías Cartón. Cola. Cámara fotográfica. Mapas. Plastilina. Material para a construción da depuradora de auga: vasos de plástico, palliñas, punta, area, auga sucia, algodón, filtro do café, sosa caústica. Material para a construción da roda hidráulica: envase de colacao, envase de plástico, palliñas, culleres de plástico…
AVALIACIÓN Terá como referente a contribución á consecución das competencias básicas facendo fincapé nos seguintes aspectos: competencia en comunicación lingüística, competencia dixital, competencia aprender a aprender, competencias en resolución de problemas, competencia en habilidades sociais e autonomía.