PRESENTACIÓN A adopción e o emprego das novas tecnoloxías nos procesos económicos pode aportar importantes vantaxes competitivas. Desenvolver estas vantaxes diferenciais nunha nova economía que esixe innovación, coñecemento e desenvolvemento do talento non se entende sen a existencia dun sistema educativo que busque a introducción e o emprego das Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación nas aulas, tanto para a búsqueda dun ensino máis eficaz como para unha formación dos alumnos no emprego de ferramentas hoxe en día imprescindibles para seren competitivos. A mesma esixencia de adopción das novas tecnoloxías como vía de mellora e adaptación ás correntes do mercado é patente no ámbito cultural e turístico. Neste sentido, a Mancomunidade do Salnés levou a cabo novidosos proxectos.
OBXECTIVO Reunir nun mesmo espazo a expertos, institucións e empresas dos ámbitos público e privado que na actualidade destacan polo emprego das TIC´s, de xeito que se produza unha interacción e intercambio de coñecementos e experiencias entre todos os actores impricados que contribúan a orientar e impulsar a implantación e o emprego das TIC´s nas empresas turísticas, centros culturais e de ensino do Salnés.
DESTINATARIOS Profesionais: todos aqueles que desenvolven unha actividade profesional relacionada coa educación, a cultura, a xestión do patrimonio cultural, o turismo e a hostelería. Futuros Profesionais: este grupo fórmanno os estudantes das escolas universitarias de Ciencias da Educación, Xeografía e Historia, Hostelería e Turismo, Comunicación Audiovisual, etc.
Organiza Mancomunidade do Salnés. www.osalnes.com Lugar Parador de Turismo de Cambados. Data 30 e 31 de outubro de 2008. Matricula Gratuita, previa inscrición ata completar o aforo. Inscricións Carlos Cubeiro & Asociados Tel. 981 613 151 Fax. 981 676 273
[email protected]
PROGRAMA Xoves día 30:
Novas Tecnoloxías no ámbito da Educación 17:00 -17:15 h. Inauguración 17:15 -18:15 h. “E-learning. Máis alá de 2.0” Miguel Murás. Socio-Director de FactorSIM, especialista na xestión de proxectos de aprendizaxe con novos medios e Consultor colaborador da Área Corporativa do Instituto de Formación Continua da Universidad de Barcelona. 18:15 - 19:15 h. “Imaxinateosalnes.com. Unha comunidade educativa a través de encerados interactivos” Francisco J. Alfonso Domínguez. Socio de Imaxina Novas Tecnoloxías. 19:15 - 19:30 h. Descanso 19:30 - 20:30 h. “Proxecto Grimm: un enfoque creativo da tecnoloxía nas aulas” Manel Rives. Membro do Proxecto Grimm e Director do CEIP Sigüeiro. Francisco Iglesias. Webmaster do Proxecto Grimm, Asesor TIC no Colexio Miralba e Apple Distinguished Educator.
Venres día 31:
Novas Tecnoloxías en Cultura e Turismo 09:30 -10:30 h. “Mundos virtuais e promoción turística dos destinos. Gijón en Second Life” Joaquín Miranda. Director da Sociedad Mixta de Turismo de Gijón 10:40 -11:40 h. “YouTube e Marketing en medios sociais no Entorno Turístico” Lasse Rouhiainen. Consultor de marketing de novas tecnoloxías 11:40 - 12:00 h. Descanso 12:00 - 13:00 h. “Travel 2.0” Juan Llantada. Agencia Valenciana de Turismo. 13:15 - 14:15 h. “As TICS´s como vía de promoción do patrimonio cultural” César Carreras. Grupo de Investigación Oliba. Universitat Oberta de Catalunya (UOC) 16:30 - 17:30 h. “A Comarca do Salnés. As novas Tecnoloxías ao servizo do Turismo” J. Ramón García Guinarte. Xerente da Mancomunidade do Salnés. 17:45 - 18:45 h. “Ferramentas dispoñibles para e-marketing e venta on-line no sector turístico” David Marrodán. Associate Industry Manager Travel Google Spain & Portugal 18:45 - 19:00 h. Clausura
FICHA DE INSCRICIÓN: Entidade / Establecemento / Centro
Nome a apelidos
Teléfono
Mail
Asistirá: Día 30 Día 31 En función do establecido no Artigo 5 da L.O.P.D. os datos de carácter persoal contidos neste documento cumpren coa garantía de confidencialidade e integridade que establece dita Lei. O interesado gozará en todo momento dos dereitos de acceso, oposición e rectificación dos datos recollidos que ampara a Lei.