Presentación Antonio Fraguas Fraguas

  • Uploaded by: Equipo Biblioteca
  • 0
  • 0
  • August 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Presentación Antonio Fraguas Fraguas as PDF for free.

More details

  • Words: 767
  • Pages: 18
ANTONIO FRAGUAS, CON A DE AGARIMO E F DE FOLCLORE

CRIOUSE NO RURAL •Naceu en Insuela (Cotobade) o 28 de decembro de 1905. •Nai: Teresa, labrega e ama de casa. •Pai: Manuel, canteiro no Brasil. •A mamá Antonia: traballaba na súa casa e foi moi importante para el. •Foi fillo único.

FOI UN ALUMNO BRILLANTE •Foi á escola de Famelga co mestre Antonio. •Cursou o bacharelato en Pontevedra. •Estudou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. •Leu a tese de doutoramento en Madrid. Froito dela son as obras Historia del Colegio de Fonseca e Los colegiales de Fonseca.

COMO ERA ANTONIO FRAGUAS? • Traballador incansable • Ameno conversador • Bo profesor • Agarimoso e xeneroso • Polifacético e polígrafo • Comprometido coa lingua e a cultura galega • Defensor de causas xustas • Loitador sempre • Amante dos libros

DESENVOLVEU VARIAS PROFESIÓNS: • ESCRITOR (ENSAÍSTA, ARTICULISTA E BIÓGRAFO) • HISTORIADOR E ARQUEÓLOGO • XEÓGRAFO • ANTROPÓLOGO • ETNÓGRAFO • CONFERENCIANTE • POLÍTICO • LOCUTOR • ACTOR • PROFESOR (a que máis lle gustaba)

FOI CHAMADO:

• Antonio de Insuela • Antonio o da aldea • O picheleiro de Cotobade • San Fraguas • O vello profesor • O campesiño ilustrado • O Indiana Jones das corredoiras • Señor deputado por Listanco • Catedrático de agricultura • O bo mestre, o mestre bo • Mestre da memoria

ESCRIBIU NUMEROSOS ARTIGOS:

- Os primeiros, no xornal A Nosa Terra e na revista Nós. Por exemplo: • “Unha serán na catedral” (1929) • “O Entroido nas terras do Sul de Cotobade” (1930) • “O culto ós mortos” (1931) • “Do folk-lore de Armeses-Listanco” (1931) • “As lendas da fonte Pormás” (1932) -Tamén publicou artigos en castelán, na revista Cuadernos de Estudios Gallegos.

PUBLICOU MOITOS LIBROS:

ESCRIBIU VARIAS BIOGRAFÍAS: •Alfonso Daniel Rodríguez Castelao •Emilia Pardo Bazán •Aquilino Iglesia Alvariño •Celso Emilio Ferreiro •Manuel Murguía

FOI UN PROFESOR EXTRAORDINARIO: • Utilizaba unha metodoloxía innovadora. • Encantáballe facer saídas e traballos de campo co seu alumnado. • Convencía coa palabra, sempre repleta de tenrura e de rigor. • Non era un profesor convencional de programa e libro. • Agasallaba o seu alumnado cos seus saberes e estudos prácticos. • Dicía, con respecto ao seu labor docente: “ Eu non fixen máis que cumprir cunha obriga, a obriga de ensinar, principalmente de ensinar a aprender e de fortalecer a personalidade”.

DEU CLASES EN: • Institutos de segunda ensinanza de Santiago de Compostela e da Estrada • No Instituto Masculino de Lugo (actual Lucus Augusti) • No que hoxe é o Instituto Rosalía de Castro en Compostela • Na Universidade de Santiago de Compostela • Na Academia Menéndez Pelayo

COMPROMETIDO CON GALICIA: • Afiliouse ás Irmandades da Fala. • Ingresou no Seminario de Estudos Galegos. • Afiliouse ao Partido Galeguista. • Defendeu o Estatuto de autonomía. • Foi un referente do galeguismo. • Foi fundador, director e presidente do Museo do Pobo Galego. • Foi membro da Real Academia Galega. • Foi membro do Consello da Cultura Galega.

RECIBIU PREMIOS: • Premio Otero Pedrayo das catro deputacións provinciais • Premio Pedrón de Ouro • Premio Trasalba da Fundación Ramón Otero Pedrayo • Premio de Investigación da Xunta de Galicia • Premio das Letras e das Artes da Xunta de Galicia • Premio Galego do Ano instituído polos xornais composteláns • Premio San Martiño de Normalización Lingüística • Cronista Xeral de Galicia

MEDALLAS E TÍTULOS: • • • • • • • • • •

Medalla Castelao Medalla de Ouro ao Mérito Cidadán e Cultural de Santiago Medalla da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas Medalla de Ouro da Asociación do Traxe Galego de Santiago de Compostela Insignia de Ouro da Sociedade de Fillos e Amigos da Estrada Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela Insignia de Ouro do Museo do Pobo Galego Título de Fillo Adoptivo de Santiago Título de Fillo Predilecto de Cotobade Galego do Ano

Faleceu en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999 (con case 94 anos). Descansa no cemiterio de Boisaca (a carón de Aurelio Aguirre, Valle-Inclán e Isaac Díaz Pardo).

Este ano dedícaselle o

DÍA DAS LETRAS GALEGAS Homenaxe ben merecida por:  Traballar a prol da cultura galega  Defender o galego  Axudar as persoas máis desfavorecidas  Levar Cotobade do local ao universal  Dar fe da cultura patrimonial do século XX  Ser un galego de ben  Ser dos primeiros en escribir sobre ciencia en galego  Ser un dos pioneiros en falar en galego na radio

“Sempre desinteresadamente, non máis que polo ben de Galicia. Por amor á nosa Terra.”

Related Documents

Li. Fraguas
November 2019 12
Presentacin Magdiely
June 2020 42
Antonio
June 2020 28
Antonio
April 2020 41

More Documents from "sandra"

August 2019 18
July 2020 41
Carnaval
December 2019 60
Maraton De Lectura
May 2020 36
519.5/l665/7a.ed
October 2019 40