os meus poemas
MONCHO GARCÍA
Mondoñedo
Meu Mondoñedo da i-alma terriña que me criou este que hoxe che canta cantas veces te chorou. Meu corazón leva dentro unha pena e vai medrando ó ver que o seu vello pobo tan soliño vai quedando. Terra de cregos e nobles, de músicos e poetas, hoxe somentes lembranzas do nome que onte tiveras. Meu Mondoñedo da i-alma terriña que me criou este que hoxe che canta cantas veces te chorou. Cántas bágoas de tristura mollaron os meus olliños por non ver-he diante deles seu pobo tan queridiño. "Lonxe de tí non son eu, e sinto tanta morriña que namais me lembro de onte cando cheo de ledicia me atopaba na terriña onde vin nacer o sol tantas, tantas mañanciñas..."
O Mariscal
A Paula
Por terras do Valadouro, no Castelo da Frouxeira viviu fai xa tantos anos Don Pedro Pardo de Cela.
Dín que a filla i a muller foran a pedir clemencia e firmáranlle-lo indulto aló en terras de Castela.
Un nobre Señor feudal da gloriosa Idade Media que, por defender o seu, contan que un día o prenderan.
Mais de nada lles valeu pois según contan as lendas na Ponte do Pasatempo uns crégos entretivéronas.
Loitou con forza e honor, por defender as suas terras, mais foi preso por traizón, seus criados o venderan.
Mentres na Praza o verdugo rabexoulles a cabeza, e soaban as campás pra anunciar que xa morreran.
A carón da Catedral do que foi o Val de Brea agardou o Mariscal amarrado con cadeas.
Maila historia non morreu e hoxe o pobo aínda se lembra do seu nobre Mariscal Don Pedro Pardo de Cela.
Foi a morte condenado o bo Señor da Frouxeira, i o seu fillo canda él por ter as mesmas ideas.
Campaniñas do meu pobo tocade ata reventar, haber se, todas a unha, conseguides acalar a esa bizarra xigante que co seu fero badal faille tremar ao ceo no alto da Catedral.
Brisas do Masma
Fonte Vella
Saltade mozos e mozas, brincade nenos, ruliños, que xa estan aqui os gaiteiros tocando polos Muíños. Sonche os de Brisas do Masma co seu andar paseniño, traen aire de bos maestros veñen de tomar os viños. Escoitadeos pola rúa tocando o seu "Manoliño"
Fonte-Vella, Fonte-Vella calada i acolledora entre as pedras milenarias que te manteñen alteira. Fonte-Vella, Fonte-Vella hoxe de Alvaro Cunqueiro, ao teu carón aínda gardas tantos recordos de Leiras. Fonte-Vella, Fonte-Vella que ás portas da Catedral do histórico Val de Brea a i-auga crára nos deixas. Fonte-Vella, Fonte-Vella do meu corazón sinxelo brota armonioso o cantar nista noite chea de estrelas.
Lúa
Festa do Santiago
Fonte-Vella de Cunqueiro fermosa como ningunha, preto de tí a miña lúa:
Hai que ir á festa ós Muiños hoxe é o día do Santiago. Brincar á beira do río, beber auga dos Pelamios, bailar cas mozas bonitas e despois: "poñer o santo".
María Concepción Ferreiro... Non hai, e podes creélo, mellor festiña no ano.
Val do Brea
A Leiras Pulpeiro
Teño unha mágoa moi fonda no meu corazón galego, sinto chorar unha gaita no bico do Padornelo.
Pico leva a melodía i o Canelo faille a baixa, Marcelino toca o bombo i eu vou petando na caixa. E somos o Val do Brea, o mellor grupo de gaitas non da provincia de Lugo, pero si desta comarca. Tocamos coma maestros non bebemos mais que "auga" e tras de nós sempre veñen unha chea de rapazas.
Tristeiro é o son que ela leva ata fai tremar o ceo, soia entre os pinos requinta sen tamboril nin pandeiro. De Seivane ata Lindín, do Monfadal ata Estelo chegan as mainiñas notas do seu humilde punteiro. Non deixes que cale, non, e segue a tocar gaiteiro que a túa canción ha chegar ata o vello cimenterio. E pra quen vai o cantar seica o escoitará de certo... Con nós sempre o teu recordo Don Manuel Leiras Pulpeiro.
"Garda a gaitiña gaiteiro vólvete a tocar prá aldea que os vilegos desleigados xa estoxan a muiñeira ".
A Pascual Veiga
Manolo Montero
Gaitiña roucadora que ceibas noutras terras as notas da Alborada no día sin estrelas, lembrandolle ós galegos do outro lado do mar a Patria onde naceran: Non deixes de tocar, loita pra que froleza no sentir dos galegos a mensaxe de Veiga. ... ... ... Cántos, no corazón, levaron o seu canto pra poder esquecer a época do pranto.
Semella ser de outra vila preto da mais alta estrela, semella ser rei de reises, principe de escuras tebras, cabaleiro das cruzadas, Colón no mar das sereas... Mais eu ben sei que é tan noso como foi o Mariscal, como foi Lence Santar, Cunqueiro, Leiras ou Veiga. Manolo Montero Rego mindoniense dos que levan no corazón a sua Terra.
Lázaro
Suso da Gaita
Vai este poema en recordo de Lázaro, o zapateiro, o coxo internacional da Coral de Mondoñedo. E que voz tiña, señores, afinaba ben, de certo, mentras cosía no coiro no seu taller dos Remedios. A súa voz apagóuse, a naide perdoa o tempo, se cadra agora é cantor no orfeón de San Pedro. Vai este poema en recordo de Lázaro, o zapateiro, o coxo internacional da Coral de Mondoñedo.
Sentado nun rinconciño rente á porta da súa casa, recordando aqueles anos tan ledos e feiticeiros, co seu cachabo na man estaba "Suso da Gaita", quen fora de Mondoñedo un dos mellores gaiteiros, Aínda lembro aquel homiño cando na rúa pasaba co seu chaleque de pana requintando no punteiro muiñeiras e alboradas, camiñando paseniño. Ás xentes engaiolaba ó son da gaita e pandeiro. Tocábache aquel gaiteiro que parecía que as fadas alumábanlle o camiño. No San Antonio en Valiño, no Conde Santo, na Brava, nas San Lucas, como non, i en Betanzos nos Caneiros. Eu penso que medio mundo percorreu noso Susiño, o noso "Suso da Gaita", que fora de Mondoñedo un dos mellores gaiteiros, de partitura, rapaces, de lacón, monteira e viño...
Chamosa
Panchiño dos Muíños
Tamborileiro Maior do pobo de Mondoñedo redoblache coma naide sacando pra fora o peito. Pisa firme cando vai marcando o paso na Banda e anque peta forte o coiro o instrumento ben aguanta. Cántas veces el tocou muiñeiras i alboradas, pois tamén formou nas filas do grupo Brisas do Masma. Músico de toda a vida Tamborileiro Maior, dos poucos que fan soar por partitura o tambor.
Vagabundo aparentaba aquel Pancho dos Muíños, co seu cadelo detrás andaba polos camiños. Si o escoitárades falar ficaríades pasmados, as súas verbas semellaban lingoaxe de diputados. Eu diría que aquel home, dos caminiños peón, tiña dotes de avogado, de xuíz ou procurador. Agora Panchiño é historia co seu cadelo pequeno, mais vivirán no recordo das xentes de Mondoñedo.
Pernas, o fotógrafo
"Pisa la culebra Don José, dónde está mi chica, no lo sé..." Amigo da xuventude e do viño do ribeiro, era Pernas, o fotógrafo de troulas bo compañeiro. Cando xa dadas as doce da noite, na Catedral, baixaba polo Cantón marcando o paso marcial, facía un alto no camiño pra cantarnos unhas coplas pois gostáballe a canción outro tanto como as copas, e coa maquiniña ó lombo, sen carrete, -quén souberaentonaba acompasado o seu: "pisa la culebra..." Amigo da xuventude e do viño do ribeiro, era Pernas o fotógrafo de troulas bo compañeiro.
No inverno
A aldea quedou soliña na pecha noite de inverno, que farían as súas pedras pra merecer ese inferno... No remate do outono morreu o velliño Xoán, houbo ser o derradeiro que pisou naquel lugar. Morreu con pena ó saber que xa ninguén máis quedaba pra defender os seus eidos, a terra que tanto amaba. Sete casas e cabozos, un canciño orfo, sen pai, o carro ó pé do camiño, unha vida que se vai. Quén vai a vagar agora polas mestas carballeiras, quén ha recoller os froitos, quén ha labrar as súas leiras...
A nosa língoa
Derradeiras verbas dun carballo
Fermosa coma unha nena de longos cabelos mouros, xeitosa coma unha saia bordada con fíos de ouro. Melosa como os olliños dun vello can de palleiro, teimosa como a semente dos ben enrrugados leiros. Saunosa como a anduriña que voa lonxe da terra, garimosa como a estrela que aluma ó mar na Fisterra...
Aquí nacín, na verde terra, baixo este ceo azul e máis branco, medrei ollando o que acontecera nesta paisaxe que quero tanto. Prantado embaixo do Padornelo ledo vivín tantas primaveras, días escuros de frio inverno noites de xullo cheas de estrelas. Hoxe, chorando, adeus vos digo envolto en bágoas e cheo de fume, quizais mañán habedes xuzgar as mans que agora me prenden lume.
Sentimentos
Vento
Sentín chorar unha gaita, mirei caer unha estrela ollei a Patria amarrada con milleiros de cadeas. Unha nación aldraxada berce de palla e xenreira, e no chao asoballada a súa orfa bandeira. Aldeas morrendo a escuras, lume e calor na lareira, cidades colonizadas por unha lingoa estranxeira. Sentín chorar unha gaita, mirei caer unha estrela...
Vento que chegas do Norde asubiando o triste son, leva tras ti os neboeiros déixalle saír ó sol.
Xuramento
Versos de loita
Poesía é vento, poesía é pan, é amor e tristura, é ceo i é mar, i as vegadas lume que prende no povo... bandeira de espranza, recuncho de paz." Mentras poda ver o sol no meu ceo azul e branco i as estreliñas da noite acompañen o meu canto.
Se escoitas de lonxe o meu berro na noite, se o vento asubía un tristeiro cantar, i o ceo se racha en versos de loita que foron escritos con terra e con mar.
Mentras os pés me manteñan para seguir camiñando i os dedos das miñas mans podan pechar os furados:
Se a lúa abrillanta eses teus ollos cegos, i as vellas feridas deixan de sangrar, aliña as estrelas no teu pensamento nelas a mensaxe verás alumar:
Xuro ante tí, Breogán, i ante os espritos dos bardos, que a nosa GAITA GALEGA vai a seguir requintando.
CAMIÑA I ESPERTA DO SONO NOXENTO QUE O DÍA DO LOITO SEMPRE HAS DE LEMBRAR. MORREU O POETA, POETA DA TERRA, DA LOITA, DO POVO E DA LIBERTÁ... O amor pola Patria foi mel da súa vida i a pruma unha espada que ergueu pra loitar, sementou con verbas de honra e de gloria a Fala que algunhos quixeron calar.
Primavera
Desperta
Chegou o tempo en que os grilos cantan i as anduriñas voan de novo no ceo. Chegou o tempo en que o sol levanta e nas mariñas non ruxe o vento.
Desperta pobo galego ergue ó ceo o teu cantar que escoite o son da muiñeira o Cristo da Libertá.
Chegou o tempo: naceu a Primavera morreu o Inverno.
Cantar
"Galiza, fogar enxebre, mistura de terra e mar, naiciña que, longo tempo, sofriches rexo penar, que menos podo facer-he que adicarche este cantar..." Vento, choiva, sol e neve, non me canso de agardar, por unha Galiza ceibe compre seguir a loitar. Inda que sexa cantando con verbas de espranza e paz imos seguir sementando pra ter-he o noso mañán. -TEREMOS NOVO AMENCER CON LUS AZUL E MAIS BRANCA I A POMBA DA LIBERDADE ALUMARÁ A NOSA ESPRANZA. - GALIZA TERRIÑA ESCRAVA AS CADEAS HAN RACHAR, A SEMENTE DARÁ O FROITO I A GAITA CEIBE HA SOAR... Xa está alapreando o lume o ceo empeza a tremar seica agarda preto o intre que a nosa estrela ha brilar. Patria de algúns esquecida, de outros ledo fogar, para nós a nosa vida, NÓS que por ti hemos loitar.
A procesión
Xa escoito as gaitas na festa tocando unha muiñeira xa están bailando os rapaces i as mociñas feiticeiras. Xa redoblan as campás co seu bulideiro son i os vellos quitan a boina: ta saíndo a procesión. Diante ven o San Cristobo, despois ben o San Antón, mais atrás o San Isidro, que é dos labregos patrón. O cura vai moi galano leva sombreiro e bastón, tamén veñen os gaiteiros rematando a procesión.
O gaiteiro
Outras gaitas...1
Pola costa do Bizarro vai o gaiteiro soprando, pola costa do Bizarro apretando ben o fol.
Pola costa do Bizarro vai o gaiteiro soprando, pola costa do Bizarro apretando ben o fol.
Có seu chaleque de festa vai ergueito camiñando, leva camisa de liño, monteira nova e calzón.
Cada casiña que atopa á xente vai despertando ca súa leda melodía, co seu garoufeiro son.
Os frecos da gaita ó vento i o punteiro requintando unha xeitosa alborada mentras vai nacendo o sol.
Chiscándolle o ollo as nenas que tras dél van rebrincando - a cantas delas noutrora co seu aire namorou-.
Pola costa do Bizarro vai o gaiteiro soprando, pola costa do Bizarro apretando ben o fol.
Pola costa do Bizarro vai o gaiteiro soprando, pola costa do Bizarro apretando ben o fol.
Nos seus ollos hai tristura, outros tempos vai lembrando, cándo na terra sopraba o vento da emigración, cándo a gaita era bandeira de tódolos bos galegos que escoitaban a muiñeira tan lonxe da súa nación.
Os frecos da gaita ó vento i o punteiro requintando. Nos seus ollos unha estrela, ...Galiza no corazón.
Góstame tocá-la gaita polas mañás ben cediño e despertar coa Alborada a tódo-los meus veciños.
Meniña de Mondoñedo bonitiña e feiticeira, heiche tocar pra que bailes unha leda muiñeira.
Gaiteiro do Val do Brea bótalle unha muiñeira que xa estoupan os foguetes e van comenzar As Feiras.
Tocade ben, compañeiros, tocade ata reventar, que se escoiten as gaitiñas, hai que gañá-lo xantar.
Outras gaitas...2
Outras gaitas...3
Fumos a tocar un día unha festa no Bizarro, tocar, tocámosche ben, tamén lle demos ó "xarro".
Díxome un home velliño na festa da Margarita: -Gaiteiro, prepara o fol e tócame unha "raspita".
Meniña loira e galana se o corpo queres cansar ven a bailar ós Muiños a noitiña do San Xoán.
E bailarémo-la muiñeira, e tocarémo-la pandeirada, e cantaremos prá rematar-he as ledas verbas dunha alborada.
Escoita chirlar a gaita, sinte o teu peito estoupar mentras ao ceo se erguen as notas do seu penar.
Hemos de ir ó San Cristobo a tocá-la procesión, Hemos de ir ao San Cristobo a xantar un bo lacón.
Se vas á festa da Brava o "paraguas" has levar, xa que se non o levares seguro que choverá.
Armamos unha foliada na terra do Conde Santo, eu non recordo na vida día en que bebera tanto.
As San Lucas
Xa chegaron as San Lucas a festa vai comezar, veña música gaiteiro que as mozas queren bailar. Escoitade pequerrechos e correde sen parar que veñen zurrando os "Cocos" por diante da Catedral. As rúas cheas de xente xa non hai quen poda andar agardemos que este ano non se nos vaia mollar. Na feira hai moitos cabalos os tratantes
Canto de berce
Non chores meu ruliño que moita pena me das, teu pai hoxe cediño canda nós ha de voltar. El ha traguer un peixe moi grandiño pra cear, e pra que durmas ledo un conto vaiche contar. Amarrando a súa lanchiña diante da casiña está, non vés que ven aí correndo, non o escoitas asubiar. Á nai caéndolle as bágoas non deixaba de cantar, ela sabía, de certo, que xamáis había voltar. I o seu corazón ferido cheo de mágoa e soedá viviría para sempre no fondo do bravo mar. Non chores meu ruliño que teu pai deitado está chegou moi cansadiño, ai, de tanto navegar. Acouga caladiño que mañán vaite levar con él na súa lanchiña cando empece a alborexar. I á nai caéndolle as bágoas non deixaba de cantar...
Carta pro Tio Colás
No maio do 98
Queridiño Tio Colás que tal polos Buenos Aires, por eiquí tal coma sempre un pouquiño igual que antes.
Pois se chegases de noite como a luz eiqui escasea, non che vai a estar de mais i has facer bon uso dela.
Xa sei que qués que che conte cousiñas desta túa terra, pro agarrate forte á silla non te vaias a caer dela.
Trae tamén unhos bos zocos pra andar por riba das pedras que tampouco hai alquitran-he pra amañar as carreteras.
Na casa tamosche ben a non ser a Tia Manuela que anda fodida dos nervios e polas noites non cena.
Que agora moita autopista dende a Coruña a Santiago i as pistas da nosa aldea seguen "tocadas do nabo".
Pro eche curioso o conto, cando veu o "doutor" véla prohibiulle ver "Falcon-Crest" pola primeira cadena.
Teu primo Pepe Xirolo, o que vive na Cadeira, encargoume che dixese que veñas antes das feiras.
I as vacas sonche famosas, a Pinta salíu na Tele: fixeronlle unha entrevista polo da Cuota do Leite.
pois xa quedas invitado que van facer unha festa e inaugurar alí mesmo un monumento a "Dona Merda".
I a Pasiega no Progreso salíu moi ben retratada pedindo o voto ós galegos pra ser-he Eurodiputada.
E como podes ir vendo anque moita autonomía aínda nos seguen "fendendo" os mesmos que nos "fendían".
Tamén teño que decirche que cando voltes prá aldea non te esquezas de mercar-he e traguer unha linterna.
Namáis, Tio, moitos recordos un biquiño i unha aperta, xa sabes que cando veñas eiquí a casa téla aberta.
Vimos a cantálo Maio, vimos a cantálo ben e se nos saira mal que non se ría ninguén. Iste Maio que chegou vai ser o mellor da festa e se ti me dis que non dareiche cun pau na testa. Non cantamos coma os "bitles", nin coma os "bak estrit bois", pero berraremos alto, ténsenos que oir en Nois. E si a alguén lle gusta a copla, que aproveite esta ocasión é mellor cantálos Maios, que ir a "Eurovisión". Maio verde, Maio longo, que aventuras nos agardan. Eu coido que para Xuño xa poderemos contálas. E prométolles, señores, que o rematar esta copla iremos todos xuntiños a "toma-la última copa". Iste Maio que cantamos se a alguén lle parece mal levarémolo pro Xoves á "Parodia Nacional". Xa non cantaremos mais, por este ano vai ben, o que queira oir mais canto que poña a "Cadena 100". É un placer pra todos nós vir aqui cantálos Maios, nunha man a pandeireta, noutra o "cubata de Larios".
A resposta está no vento
Cántas estrelas hoxe ves brilar no ceo de escuro luar. Cántas vegadas quixeches fuxir buscando soio soedá. Tronzar cadeas, xuntar corazóns sementar unha leda canción. A resposta, irmán, poderala alcontrar si escoitas o vento asubiar. Cantos loitaron pra poder labrar un mundo de amor e igualdá, onde non houbera nin fame, nin medo, nin bomba nuclear e "napalm". Cantos poetas oiches falar con musicais verbas de paz... A resposta, irmán, poderala alcontrar si escoitas o vento asubiar.
"The answer ist blowing on the wind..." (Bob Dylan)
Soedade
Estrano sentimento que me envolve lúa branca que me abraia. Amor a escuras, ceo que se esconde, soedade... camiño triste pola area da praia.
Imaxino
Chégame
Soio, coa pruma na man, A verdade e que te quero o cigarro no cinceiro, e non o podo negar, a xanela aberta á noite... pró chégame con mirarte cando vés e cando vas Imaxino que os teus ollos pola beiriña do porto me aluman coma luceiros có teu ledo camiñar.. e dos meus versos son fonte.
No areal
Lonxe
Cando vexas que a noite, ó camiñar te envolve no seu manto: lémbrate de min. Nun rinconciño da praia unha noite de luar dous corazóns magoados, dous corazóns cara ao mar. Amarrados con cadeas na beiriña do areal, soños de leda tenrura, doce anceio de voar...
Cando vexas que o ceo no amencer perdeu o seu encanto: lémbrate de min. Cando vexas ó xoglar pola rúa entonar un triste canto: lémbrate de min. Cando vexas que o longo inverno recubre as pedras de pranto: lémbrate de min. ...que eu me lembrarei de ti porque te quero tanto.
Guitarra
Guitarra: Máxia que me envolve, soño de liberdade, ledicia en LA maior en DO menor saudade, contígo sinto amor sen tí, soio soedade...
Romance dos Remedios
Baixaba unha moreniña polos Remedios, cantando, co seu vestido noviño i o seu cabelo ondeando. E díxenlle de primeiras, sen reparar a pensalo: Onde vas moza fermosa con ese ar tan galano que parece que ata o ceo vai diante abrindoche o paso i os anxeliños a coro acompañan o teu canto.
Churrusqueiriña morena, anxo do ceo baixado, se ti queres, eu agora serei o teu namorado, pois abofé que o teu canto me deixou engaiolado, e se o teu amor me negas hei morrer desesperado.
Veño de falar coa Virxe, dona de tantos milagros, pra pedirlle un compañeiro que me ronde de contado, pois vivoche moi soliña no caminiño dos Castros Se hei seguir deste xeito véxome no Campo Santo.
Como che hei decir que non, mociño xeitoso e guapo, que mais quixera eu esta noite que durmir no teu regazo i ouvidar as soidades que tanto me atormentaron. "Gracias, Naiciña dos Ceos, por este meu namorado".
Romance de Xan e Pilar
-Pilariña da Poza que tas tola por mín regaleiche unha rosa que atopei no Xardín. -Non sexas mintireiro, Xan, cariña de can, unha rosa non era, que era un toxo, langrán. -Pilariña ben sabes que soio a ti te quero, ti es o meu amor, miña rula, meu ceo. -Eso non é verdade, Xanciño lambe pozas, que xa estou enterada de que tes sete mozas. -Pilariña es moi guapa, e ben sei, de contado, que de todolos mozos son o teu desexado. -Sábelo e cho repito, meu amiguiño amado, que o que mais desexara era verte escornado. - Pilariña, xeitosa, ven e dame un biquiño ben sabes que te quero con todo o meu cariño. - Xanciño que me falas, Xanciño que me dís, en ves de darche un bico hei romperche os cadrís.
Cantíga de Nadal
Vímoslle cantar ao neno unha cántiga galega pra que se lembre de nós e bendiga á nosa terra. Que cousa máis pequeniña, vinde pastores a velo, deitadiño entre unhas pallas vai a ser o rei do ceo. Toca o pandeiro, toca Mariquiña, e faille repinicar-he, que o neniño pequeno xa non chora e ten gañas de bailar-he, de bailar-he, meniña, de bailar-he toca o pandeiriño, toca. Xesusiño somos nos das terras de Mondoñedo para chegar a Belén saímos de mañá cedo. Vimos neno de moi lonxe cansados de camiñar-he, mais aínda nos quedan folgos para poderche cantar-he. Toca o pandeiro, toca Mariquiña, e faille repinicar-he, que o neniño pequeno xa non chora e ten gañas de bailar-he, de bailar-he, meniña, de bailar-he toca o pandeiriño, toca.
Noite en Belén
Festa no portal
Canta compañeiro, canta, que esta noite de Nadal en Belén naceu un neno e deitado está entre as pallas do escuro e frío portal. Canta compañeiro, canta, escoita os anxos tocar, que naceu o rei dos ceos e xa veñen os pastores, para podelo adorar. Canta compañeiro, canta, que esta noite celestial naceu o rei dos xudeus, e xa veñen aí os magos ¡non ves a estrela brillar! Canta compañeiro, canta, non pares xa de cantar para que non chore o neno nesta noite milagreira, nesta noite de Nadal.
Vamos ao portal rapaces na noite fría de inverno que os anxos cantan a coro e unha luz brilla no ceo. Vamos ao portal rapaces que xa naceu o neniño levade o gabán e as zocas por si hai lama no camiño. Vamos ao portal rapaces collede manteiga e mel para levarlle á María ao neno e a San Xosé. Vamos ao portal rapaces con bombo, gaita e tambor que hoxe en Belén é festa pois naceu o redentor.
E-mail para os Magos
Unha boliña de pan Decembro do 2003 Queridos Magos de Oriente envíovos este e-mail desde a mariña lucense. Como somos poucos nenos este ano tiña medo de que se vos esquecera o pasar por Mondoñedo. E sen máis presentación pasarei a relatarvos o que quixera pedir para Xaneiro deste ano. Quero un teléfono móbil para falar cos gobernantes e dicirlles que rematen esas guerras canto antes. Que van acabar co mundo en menos que canta un galo, como a cousa siga así ninguén vai a remedialo. Tamén quero, a ser posible na miña televisión, mais programas culturais e menos "reality shows". Traédeme un traxe branco unhas catiúscas e un bote para ir á praia de Foz a limpar o chapapote. Xa me despido de vos agardando que de novo neste ano 2004 pasedes polo meu pobo.
Xesusiño eiqui che traio unha boliña de pan da terra de Mondoñedo que é onde mellor o fan. E unha galiña do couto con tres pitos pra engordar, que non che falte de nada nesta noite de Nadal. E pra que durmas contento no colo da tua nai nesta noite milagreira hei cantarche un alalá: "Este neniño pequeno que naceu hoxe en Belén é guapo coma unha estrela e no ceo casa ten, e no ceo casa ten, ai lalelo, ai lalala... Este neniño pequeno que naceu hoxe en Belén fillo da Virxe María, seu pai chámase Xosé, seu pai chámase Xosé, ai lalelo, ai lalala...".
Foliada de Nadal
Veñen os Magos
Ahí veñen os Magos van para Belén, detras dos camellos vamos nós tamén. Toca o pandeiro meniño e faille repinicar que esta noite e Noiteboa que xa chegou o Nadal. Mira que ahí veñen os reis ó Neno Deus adorar e temos que armar foliada esta noite no portal. Enche ben o fol gaiteiro e non pares de tocar que esta leda muiñeira en Belén hase escoitar. Zúmballe ó bombo con forza pétalle ata rebentar que a Virxe e San Xosé unha peza han de bailar.
Camiñade amigos temos que ir a cen pra poder chegare antes que ninguén. Cantando estas coplas que forza nos dan de lonxe chegamos ó pé do Portal. Xesús no pesebre agardando está metido entre as pallas que calor lle dan. María e Xosé deixainos pasar vimos cansadiños xa de camiñar. Sómos os da Paula, os da catedral, traguémoslle ó Neno a tarta i o pan.
Pola Ponte dos Muíños
Deixádelle durmir
Camiñaba María, camiñaba Xosé, querían chegar cedo ó Portal de Belén. Correde pastorciños que o Neno xa naceu e xa cantan os anxos que baixaron do ceo. Mirade que fermoso entre as pallas está na noitiña de inverno querémoslle cantar. Xa veñen ahí os Magos a Xesús adorar abrídelles camiño pra que podan pasar. Rapaciños pequenos parade de bulir que o Neno xa esta canso deixádelle durmir.
Pola Ponte dos Muíños van os Magos pra Belén e pararon no Valeco para toma-lo café. Pola Ponte dos Muíños van os Magos pra Belén van correndo coma tolos, os camellos van a cen. Pola Ponte dos Muíños van os Magos pra Belén diante vai unha estreliña que moi longo rabo ten. Pola Pontre dos Muíños van os Magos pra Belén se apurades un pouquiño detrás imos nós tamén. Pola Ponte dos Muíños van os Magos pra Belén levan ouro, incienso e mirra pra regalarlle ó Recén. Pola Ponte dos Muíños van os Magos pra Belén queren pasa-lo Nadal con Xesús María e Xosé.