NVU OS ENLACES Son estruturas que permiten organizar a información na pantalla. Son moi útiles para combinar texto, imaxes e espazo en branco en formas que non se poden levar a cabo de outro modo. Trátase dun enlace a: outras páxinas de Internet, a documentos almacenados no sistema (outros arquivos .html gardados no disco duro, nun CD, arquivos de son, de vídeo, etc.), a seccións dentro da mesma páxina (por exemplo, sóese empregar ó final da páxina un enlace “Ir arriba” que permite volver ó principio da mesma cun só clic do rato) ou a unha dirección de correo electrónico. Os enlaces poden estar asociados a case calquera elemento que aparece nunha páxina Web (imaxe, vídeo ou texto). Antes de crear un enlace, debemos seleccionar o elemento ó que vai a estar asociado. Unha vez seleccionado o elemento, podemos asociarlle un enlace de varias formas:
1. Facendo clic sobre o icono
que está na barra de ferramentas.
2. Seleccionando a opción Enlace no menú Inserir. 3. Facendo clic co botón dereito do rato en Crear enlace… e engadir a dirección url correspondente. Calquera destas accións producirá un cadro de diálogo (ver páxina seguinte) para definir o enlace.
1
NVU No campo correspondente escribiremos a dirección completa da páxina Web coa que está relacionada o enlace (podemos copiala de outro lugar e pegala aquí). No gráfico vemos que o enlace da imaxe vai a ser a páxina do proxecto Linex de Extremadura. Podemos igualmente realizar outras accións: •
Elixir arquivo: elixiremos un arquivo ó que enlazar a nosa imaxe.
•
O anterior é unha dirección correo electrónico: establece un enlace para enviar correo electrónico.
Notas: Para establecer un enlace entre dúas páxinas, é conveniente que foran creadas con anterioridade. Os enlaces os podemos ir vendo na vista previa. Se queremos velos na vista normal, temos que manter pulsada a tecla control e pulsar sobre o enlace. Hai veces que a vista previa non funciona correctamente; entonces convén recorrer directamente ó navegador pulsando sobre o icono
.
ENLACES INTERNOS OU MARCADORES (ENLACES DENTRO DUN DOCUMENTO) Os enlaces dentro do mesmo documento permiten ós visitantes dunha páxina facer clic e saltar rapidamente a unha parte da mesma. Por exemplo, pódese crear un índice ó principio da páxina e os usuarios poden facer clic nun elemento do índice para ver a sección da mesma á que apunta dito elemento. Estes enlaces dentro da mesma páxina se empregan cando non é demasiado grande. Se é así, o usual é distribuír o seu contido en varias páxinas e establecer enlaces entre elas (unha páxina xigantesca é máis lenta de cargar que varias pequenas, sobre todo cando nos interesa unicamente unha parte do seu contido).
2
NVU EXEMPLO: Na páxina nova que vamos a crear faremos dúas “seccións”. O deseño, o deixamos a gusto de cada cal: •
Formación académica.
•
Aficións.
Agora vamos a poñer tres marcadores: •
Arriba (na parte superior da páxina).
•
Formación (xusto diante da sección Formación Académica).
•
Aficións (xusto diante do epígrafe Aficións).
Un marcador é unha sinal que se crea na páxina Web para proporcionar a un enlace un punto de chegada exacto. É opcional cando se crea para enlaces que enlazan dúas páxinas distintas e obrigatorio cando se crean enlaces á mesma páxina (como “Ir arriba”, para ir desde o final, ó principio da mesma páxina). Vamos a subir o cursor ó principio da páxina (á primeira liña). Unha vez temos o cursor no sitio no que se quere crear un marcador, seleccionamos a opción Enlace interno… no menú Inserir. Unha vez feito isto, se nos amosa un cadro de diálogo no que debemos escribir un Nome do enlace interno: e despois agregalo á lista de enlaces internos. No noso caso vamos a escribir como nome de marcador Arriba. Pinchamos no botón Aceptar para validar este marcador que creamos. Baixamos agora o cursor ata situalo xusto diante da sección Formación Académica e aí inserimos un marcador ó que chamaremos Formación. Faremos o mesmo diante de Aficións (chamaremos ó marcador Aficións).
3
NVU
Como sabemos, un marcador actúa de modo similar a un enlace, polo que a forma de traballar con el é a seguinte: Para crear un vínculo que apunte a un marcador, deberemos facer o mesmo que se fósemos a asociar un enlace. Para elo vamos a seleccionar as palabras “Formación académica” e pulsamos o botón
da barra de ferramentas. Con este nos aparece
o seguinte cadro de dialogo.
Pinchamos no despregable que se nos amosa e aparecerán todos os marcadores que previamente creáramos na páxina. Unha vez elixido (neste caso o Marcador “Formación”) pinchamos no botón Aceptar.
4
NVU Este mesmo facémolo co marcador Aficións: seleccionamos o texto “Aficións” e establecemos un enlace ó marcador “Aficións”. Ó final da páxina poremos o texto “Ir arriba”; o seleccionaremos e establecemos un enlace co marcador “Arriba”. BORRAR E EDITAR ENLACES Se necesitamos editar ou borrar os enlaces faremos clic sobre el co botón dereito do rato, co que aparecerá un menú flotante, no que elixiremos a opción Propiedades de Enlace... Para editar ou borrar os enlaces tamén podemos facer dobre clic co botón esquerdo do rato sobre o enlace a editar.
5