NVU TÁBOAS Son estruturas que permiten organizar a información na pantalla. Son moi útiles para combinar texto, imaxes e espazo en branco en formas que non se poden levar a cabo de outro modo. Por exemplo, pódese utilizar as táboas para crear columnas de texto, para integrar texto e imaxes, para crear marxes amplos ou cadros laterais,...
INSERINDO UNHA TÁBOA Para inserir unha táboa de maneira rápida, seleccionaremos a opción de menú Inserir >> Táboa. Mostrarase una caixa de diálogo con varias solapas para establecer as características da táboa. Tamén podemos facer clic no icono Táboa mostrándose o mesmo cadro de diálogo.
1
NVU •
Rápido: para establecer o número de filas e columnas de forma visual co rato.
•
Preciso: aquí pódese indicar, nos campos adecuados, o número de filas e de columnas, así como establecer o ancho total da táboa en tantos por cen ou en píxeles. Tamén se pode indicar o grosor do borde.
•
Celda: establécense as características da celda, como a aliñación vertical e horizontal, o espaciado entre celdas.
•
Botón Edición avanzada: para establecer opcións avanzadas como atributos HTML, eventos de Javascript, estilos, etc.
Unha vez creada a táboa, poden editarse as súas propiedades desde a opción de menú Táboa >> Propiedades da táboa. Tamén co menú contextual, estando situado o cursor dentro da táboa se poden establecer as propiedades a nivel de celda, facendo clic en Propiedades de celda de táboa.
Outra forma de establecer o ancho e alto da táboa é pulsando e arrastrando sobre os recadros de control da táboa, ubicados nas esquinas e os puntos medios.
2
NVU INSERIR OU ELIMINAR FILAS E COLUMNAS Si se desexa engadir filas ou columnas (ou incluso celdas), pode facerse desde a opción de menú Táboa >> Inserir, seleccionando a opción desexada. •
Fila superior: inserta unha fila encima da fila en que está o cursor.
•
Fila inferior: inserta unha fila debaixo da fila en que está o cursor.
•
Columna anterior: inserta unha columna á esquerda da columna en que está cursor.
•
Columna posterior: inserta unha columna á dereita da columna en que está o cursor.
•
Celda anterior: inserta unha celda á esquerda da celda en que está o cursor.
•
Celda posterior: inserta unha celda á dereita da celda en que está o cursor. Si se desexa eliminar filas ou columnas (ou incluso celdas), pode facerse desde a
opción de menú Táboa >> Borrar, seleccionando a opción desexada. •
Táboa: elimina a táboa enteira.
•
Fila: elimina a fila en que está o cursor.
•
Columna: elimina a columna en que está o cursor.
•
Celda: elimina a celda en que está o cursor.
•
Contido da celda: elimina o contido da celda, pero non a celda en si. Si se desexa seleccionar filas, columnas, celdas ou a táboa enteira, pode facerse
desde a opción de menú Táboa >> Seleccionar, seleccionando a opción desexada. Tamén desde pulsando o botón secundario do rato, estando situado o cursor dentro da táboa poden realizarse todas estas acciones.
3
NVU UNIR DÚAS CELDAS Para unir dúas celdas dunha táboa, seleccionar as dúas celdas a unir e despois seleccionar a opción de menú Táboa >> Unir celdas. Tamén pode facerse desde o menú contextual.
DIVIDIR UNHA CELDA EN DÚAS Para dividir unha celda dunha táboa en dúas, estando situado na celda, seleccionar a opción de menú Táboa >> Dividir celda. Tamén pode facerse desde o menú contextual. Dentro dunha celda pódense introducir diversos contidos: texto, imaxes ou incluso outra táboa. Desta forma poden aniñarse táboas, creando estruturas máis complexas. Se xa temos traballado coas táboas no noso procesador de texto, non teredes ningún problema porque posúen as mesmas funcións que en dito programa e saberemos cómo inserir, borrar ou combinar celdas, filas e columnas. EXERCICIO: Vamos a inserir unha táboa na parte superior da páxina (de dúas columnas e dúas filas) para que nos quede aproximadamente como o que segue.
4
NVU Na fila de arriba seleccionamos as dúas celdas e combinámolas nunha soa. Para elo, pinchado co rato, botón esquerdo e sen soltar arrastramos ata seleccionar as dúas, a continuación, co botón dereito eliximos a opción Unir celdas seleccionadas.
A continuación escribimos un título referente ás dúas imaxes que vamos a inserir a continuación, unha en cada celda e centradas nas mesmas.
Deixamos os bordes con puntos transparentes para que vos guiedes. O normal é que o tamaño dos bordes sexa cero (así non se verá a táboa cando a visualicemos cun navegador .Para quitarllas hai que ir co botón dereito a propiedades de táboa e poñer a cero o tamaño do borde).
5