NVU INSTALACIÓN A instalación debe facerse sempre desde la páxina Web do programa: www.nvu.com xa que están saíndo versións continuamente e o facelo desde unha recompilación (por exemplo un CD ou DVD dunha revista) non nos asegura que instalemos a última versión. Unha vez que abrimos un navegador e tecleamos a súa dirección, na parte superior da pantalla atoparemos enlaces para descargas segundo o sistema operativo e o idioma que seleccionaremos.
INICIAMOS NVU Para arrancar NVU podemos facer dúas cousas: Facer dobre clic sobre o icono de acceso directo que nos crea en el escritorio. Ou ben pinchar no menú Inicio » Todos os programas » NVU » icono NVU.
1
NVU Na ventá de traballo de NVU nos atopamos os seguintes elementos (de arriba abaixo):
1. Barra de titulo: Á esquerda desta barra aparece o título da páxina Web que estamos editando e o nome do arquivo en caso de que xa o teñamos gardado con anterioridade. 2. Barra de menús: Cos menús Arquivo, Ver, Inserir, Formato, Táboa, Ferramentas, Axuda. A través destes menús podemos acceder a todas as opcións do programa. 3. Barra de redacción: Nela aparecen botóns coas opcións de uso mási habitual que se atopan na barra de menú.
4. Barras de Formato: Con botóns que nos permiten acceder a opcións máis básicas de formato de texto e parágrafos. Estas son similares ás de calquera procesador de
2
NVU textos. Baixo esta temos outra barra con máis opcións de formatos e ademais de outras relacionadas co formato aplicando estilos e as capas. 5. Ventá administración sitios Web: Esta situada á esquerda e nela configuraremos os nosos sitios Web, para poder acceder de forma rápida ás túas distintas páxinas Web. A través dela tamén poderemos publicar en Internet as nosas Webs e editar directamente as páxinas xa publicadas sen necesidade de telas gardadas no noso disco local.
6. Ventá de área de edición: Nesta área é onde deseñaremos e editaremos as nosas páxinas. O noso espazo de traballo. Cada páxina que esteamos a editar se mostrara nesta área, podendo cambiar dunha a outra mediante as pestanas que se amosan na parte superior con titulo de cada páxina. Tamén podemos mostrar as regras nesta área, que nos axudaran a dimensionar diversos obxectos.
7. Barra de modo de edición: Aparecen catro pestanas coas que poderemos cambiar o modo de edición:
3
NVU •
Normal (ou modo WYSIWYG)
•
Etiquetas HTML (mostra de forma esquemática as etiquetas utilizadas)
•
Código Fonte (acceso ó código HTML da páxina)
•
Vista Preliminar (Como se vería a páxina no navegador)
8. Barra de estado: Proporciona información, como a relativa a dentro de que etiqueta nos atopamos. Ademais a través dela podemos seleccionar etiquetas cos seus contidos para realizar accións sobre eles como dar formatos, eliminar, etc. ALGÚNS CONCEPTOS BÁSICOS LA WORLD WIDE WEB E AS PÁXINAS WEB A World Wide Web (WWW) é un servizo gráfico de Internet que proporciona unha rede de documentos interactivos. Foi inventada por un laboratorio suízo, o CERN, en 1991. É o servizo de Internet con maior éxito e que crece con máis rapidez. O seu éxito se debe á facilidade de uso, á capacidade de presentar información diversa, actualizada e proveniente de calquera punto do planeta, e á sinxeleza coa que é posible crear e publicar documentos neste sistema. Por suposto que non é un “lugar”; se trata, en realidade de seccións de información separadas e almacenadas en ordenadores denominados servidores, estando todos eles conectados a través de diversos medios (satélites, liñas telefónicas, fibra óptica,...) e entendéndose cun protocolo (linguaxe) común. Cando se navega pola Web utilizamos un “navegador” e accedemos a ficheiros almacenados en ditos servidores. Un explorador de Web é un programa que permite navegar pola WWW, por exemplo, Mozilla Firefox ou Internet Explorer. Tamén se lles coñece como navegadores, visualizadores, browsers, etc. O explorador solicita unha páxina a un servidor (proporcionándolle a información necesaria sobre a súa dirección en Internet) e este lla envía. Para establecer o
4
NVU intercambio de información, os exploradores e os servidores empregan un conxunto de regras de comunicación chamadas Protocolo de Transferencia de Hipertexto (HTTP); por este motivo, todas as direccións de páxinas Web comezan con http:// aínda que non é necesario teclear estes caracteres nos navegadores actuais. Os ficheiros ós que accedemos se denominan páxinas Web, que poden conter: •
Texto.
•
Hipervínculos. Para explorar a WWW os usuarios navegan dunha páxina a outra sinalando e facendo clic en hipervínculos de texto ou gráficos, que son puntos do documento que permiten acceder a outra sección do mesmo (hipervínculos internos) ou a outro documento (hipervínculos externos). Se lles denomina tamén vínculos, enlaces, nodos ou links. Os exploradores soen sinalar a presenza dun hipervínculo no documento mediante a transformación da aparencia do punteiro do rato: xeralmente, ó colocarse encima dun hipervínculo, se transforma nunha man que sinala algo.
•
Táboas.
•
Formularios.
•
Marcos (frames).
•
Imaxes estáticas ou en movemento.
•
Sons.
•
Etc.
As páxinas Web son os documentos básicos da World Wide Web. Están baseadas na tecnoloxía hipermedia, que integra as posibilidades dos multimedia e do hipertexto, co que se pode “navegar” nun mar de información textual, gráfica e sonora. Un sitio Web é, simplemente, unha colección de páxinas enlazadas que conteñen información relacionada. A LINGUAXE HTML (nocións básicas) Ata hai pouco a creación de páxinas Web era algo reservado a persoas con grandes coñecementos de informática, posto que “debaixo” dunha páxina subiace
5
NVU unha linguaxe: a Linguaxe de Marcas de HiperTexto (Hypertext Markup Languaje) ou HTML., algo así como un “armazón” informático que non vemos cando navegamos polas páxinas, pero que está alí, tras o que si vemos, para facer que iso exista. O HTML é unha linguaxe en permanente evolución. A meta é conseguir un sistema que integre cada vez máis e mellores formas de presentación de información. A medida que o HTML evoluciona, as novas versións dos exploradores agregan funcionalidades máis avanzadas, como controles ActiveX, programas VBSript, programas CGI, programas Java, Flash, etc., que reforzan, sobre todo, as características interactivas da tecnoloxía hipermedia. A modo de exemplo, xa que non vamos a empregar o HTML directamente para crear os documentos Web, pero si coñecer a súa estrutura para futuras aplicacións, poden verse a continuación algunhas das regras de funcionamento da linguaxe: •
Todos os documentos HTML deben estar entre as marcas e : [Todo o documento]
•
O documento en si está dividido en dúas zonas principais: O encabezamento, que se pecha coas etiquetas e ; dentro do encabezamento hai información do documento, que non se ve na pantalla principal, principalmente o título do documento, comprendido entre as etiquetas <TITLE> e . Todas as etiquetas necesitan ter unha marca de inicio e unha de final (apertura e peche): <X> Inicio dunha etiqueta (signo “menor que” + marca + signo “maior que”) Peche dunha etiqueta (signo “menor que” + barra + marca + signo “maior que”).
O “corpo” é unha parte fundamental do documento: é todo o que aparecerá na pantalla principal (texto, imaxes, etc.). Está comprendido entre as etiquetas e A estrutura típica dunha páxina Web é a seguinte:
6
NVU <TITLE> Título da páxina [Contido: texto, fotos, táboas, etc.] Afortunadamente, cos programas actuais (Mozilla Composer, NVU...) non é necesario que coñezamos nada de HTML para facer as nosas páxinas. O programa emprega unha interfaz parecida a un procesador de textos, na que o usuario engade texto e lle da formato, inserta imaxes,... e xera as correspondentes etiquetas de HTML. Isto se coñece como O‐Que‐Ves‐É‐O‐Que‐Obtés (WYSIWYG, What‐You‐See‐Is‐What‐ You‐Get). CUESTIÓNS PRELIMINARES Cando se deseñe unha Web, con obxecto de evitar problemas cos nomes dos arquivos, é moi importante que os que cree (tanto páxinas html, imaxes, carpetas,...) cumpran os seguintes requisitos: •
Utilizar unha soa palabra como nome dun arquivo.
•
Que non teña máis de 8 caracteres.
•
Que non teña vocais con tildes, nin maiúsculas, nin eñes nin espazos en branco.
Ten en conta que todos os servidores non teñen o mesmo sistema operativo. Por tanto, é importante, para evitar problemas cos nomes de arquivo cando queiramos “subilos” ó servidor, que se teñan en conta as regras descritas anteriormente. Do contrario, pode acontecer que a nosa Web funcione perfectamente no noso equipo e no servidor non. Con respecto á resolución da pantalla, actualmente as resolucións estándar na Web son a de 800 x 600 píxeles ou 1024 x 768 píxeles, feito ó que contribuíu a
7
NVU xeneralización de monitores de 17 e incluso 19 pulgadas nos equipos novos. Cos monitores de 15 pulgadas, o estándar na Web era de 800 x 600 píxeles. Por tanto, a nosa Web vamos a realizala en 1024 x 768, polo que antes de arrancar o programa é conveniente que axustemos o noso escritorio a dita resolución. DESEÑO DA NOSA WEB É necesario que antes de que nos lancemos a facer páxinas dediquemos algún tempo a planificar e deseñar a nosa Web, para posteriormente non estar continuamente reordenando páxinas e cambiando arquivos de lugar. Comecemos por preguntarnos qué seccións terá a nosa Web, número de páxinas, a organización das mesmas, os mecanismos que permitirán a exploración da Web, etc. As etapas que se desenvolven nesta fase de deseño son as seguintes: •
Fragmentación dos contidos en bloques de información. Consiste decidir qué vai en cada páxina da Web.
•
Definición das relacións entre os bloques de información (construción dunha estrutura xerárquica). Unha vez que se estableceu qué debe ir en cada páxina, é necesario determinar as relacións que existen entre as páxinas en termos xerárquicos.
•
Creación dun sistema de navegación. O sistema de navegación dunha Web é o conxunto de elementos que permiten explorar as páxinas. Os elementos básicos do sistema son os hipervínculos; as conexións que estes crean constitúen auténticas rutas de exploración, camiños ou atallos.
O obxectivo desta etapa non é crear os hipervínculos senón planear as rutas de exploración dos contidos, decidir cál será o punto de partida que se desexa dar ó usuario da Web e cáles os puntos de chegada; ónde situar as bifurcacións dos percorridos; qué ferramentas de navegación se proporcionarán, etc., de forma que as conexións entre as páxinas deben permitir a exploración da totalidade da Web de forma lóxica e transparente.
8
NVU Unha boa forma de comezar a plantexarse a Web dunha materia pode ser ver qué están facendo outros compañeiros. http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros/centros_integrados.php3. http://www.juntadeandalucia.es/averroes/recursos_informaticos/paginas_concurso.p hp3 CUESTIÓNS A TER EN CONTA Facilidade de navegación Un factor importante é a forma de presentar a información. Hai que ter en conta que a medida que a cantidade de páxinas dunha Web aumenta, é cada vez máis difícil para as visitas atopar o que necesitan. A mellor forma de ofrecer a información é organizala en áreas definidas, permitindo así que a navegación sexa moi intuitiva. Se as visitas necesitan empregar moito tempo para encontrar a páxina buscada, é case seguro que non se vai a regresar posteriormente. Coidado co “tamaño” das páxinas É realmente frustrante, cando visitamos unha Web, ter que esperar “moito” tempo para que a páxina sexa completamente mostrada en pantalla. As páxinas compostas de texto, gráficos e elementos multimedia xeran una impresión agradable; sen embargo son máis lentas para mostrarse ó visitante. Proba as túas páxinas antes de publicalas Lembra sempre que os visitantes dunha Web non teñen por qué ter o mesmo sistema operativo (Windows 3.X, Windows 98, NT, XP, OS/2, MacOS, UNIX, Linux, etc.), que poden utilizar calquera navegador dispoñible no mercado (Internet Explorer, Mozilla, etc.), con diferentes tipos de resolución de pantalla (600 x 800, 1024 x 768 etc.) Estas diferenzas poden facer que os seus deseños sexan idóneos para un visitante particular e que sexan pésimos para outros; en xeral, se recomenda probar a túa Web na maior cantidade de condicións posibles.
9
NVU CREACIÓN DUNHA WEB O primeiro que temos que facer é abrir o programa tal e como se explicou no comezo da unidade. Unha vez arrancamos o programa, xa temos n ventá do mesmo unha páxina Web en branco sobre a que poder traballar. Non obstante, antes de comezar coa confección das nosas páxinas, vamos a crear un sitio Web no noso ordenador para almacenar nel todas as páxinas que fagamos e os arquivos que conteñan (imaxes, obxectos asociados, etc.).
Para elo, despregamos o menú Arquivo, seleccionamos Novo e, na ventá que se abre, a opción Un documento baleiro.
10
NVU Podemos crear cando desexemos unha páxina utilizando a opción Novo do menú Arquivo tal e como aparece na figura anterior. Non obstante, convén recordar que cando se arranca o programa temos en pantalla unha páxina Web en branco sobre a que comezar a traballar. Cando acabemos o noso traballo sobre calquera páxina creada, seleccionamos a opción Gardar do Menú Arquivo (ou pulsar Ctrl + G ou o icono disquete da barra de ferramentas), co que poderemos poñerlle un nome a dita páxina e escoller a carpeta onde queremos gardala. ESTRUCTURA DE DIRECTORIOS Se a nosa Web vai a conter un pequeno número de páxinas e poucas imaxes, podemos almacenar todos os arquivos nunha única carpeta que constituirá o noso sitio Web (no noso caso C:\Documents and Settings\Nombre_de_usuario\Mis Documentos\webtic). Non obstante, se a nosa pretensión é que a nosa Web vaia crecendo nun futuro, debemos crear una estrutura de carpetas para poder localizar unha páxina en concreto. Establecer esta estrutura (denominado tamén mapeado do sitio Web) é esencial para a planificación dunha Web con pretensións de crecemento. MODOS DE EDICIÓN CON NVU Como a maioría das interfaces de aplicacións estándar, NVU está deseñado cunha barra de navegación estándar na parte superior, que inclúe comandos xenéricos de xestión de ficheiros, así como ferramentas específicas para editar e modificar páxinas. E como a maioría das aplicacións estándar, hai unha barra de estado na parte inferior que proporciona información de utilidade. Unha vez que a túa Web está aberta na interface do programa, podes editar a túa Web de diversos modos.
11
NVU •
Modo de edición normal: neste modo se mostra a páxina como un WYSIWYG (o que ves é o que obtés), permitindo unha edición normal, inserindo texto, imaxes, táboas, etc. Vese a aparencia final da páxina, pero as zonas e os obxectos están recadrados para facilitar a súa manipulación. Os obxectos dinámicos non se ven.
12
NVU •
Etiquetas HTML: nesta vista, se amosan as “etiquetas” da linguaxe HTML en fondo amarelo, vindo a estrutura da páxina dunha maneira visual.
13
NVU •
Código fonte HTML: nesta vista se pode editar directamente o código HTML da páxina en texto plano.
14
NVU •
Vista previa: vista previa da páxina practicamente igual a como se verá no navegador. Desde esta vista tamén pode editarse o texto e o formato dos obxectos.
En calquera destes modos se pode editar o contido da páxina. Mediante as solapas ubicadas na zona inferior, se pode cambiar sinxelamente dun modo a outro.
15