XORNAL DE GALICIA Suplemento de lecer 6 de Marzo de 2009 Número 13
WATCHMEN: DA VIÑETA Á PANTALLA O DIRECTOR DE ‘300’ LEVA AO CINE A OBRA QUE FOI DEFINIDA COMO O ‘CIDADÁN KANE’ DO CÓMIC
2 EXIT
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 6 de marzo de 2009
P PORTADA
Un clásico
FALSO DOCUMENTAL
METACÓMIC
MINUTEMEN
FRAGATA NEGRA
Un DVD recollerá as orixes dos heroes, afondando nas tramas que quedaron fóra da película
Gerard Butler (Leónidas en 300), pon voz ao protagonista deste filme de debuxos, presente no papel
SUPERHEROES NO DIVÁN ZACK SNYDER ADAPTA O MÁIS ELOXIADO LIBRO DO XÉNERO O REALIZADOR DE ‘300’ ASUME O RETO DE TRASLADAR Á PANTALLA GRANDE UN PROFUNDO E METAFÍSICO ESTUDO DE FICCIÓN SOBRE A FIGURA DO HEROE VÍCTOR PAZ MORANDEIRA. A CORUÑA
[email protected]
“Non creo que cando eu fixen Watchmen, ou Frank Miller O cabaleiro escuro, estivésemos intentando salvar aos superheroes. Máis ben, intentabamos asasinalos”. Toda unha declaración de intencións por parte de Alan Moore, autor da obra mestra que salta hoxe á pantalla grande, representante da Nova Narrativa dos oitenta, reeditada agora con motivo da súa adaptación ao cinema. A historia comeza co único vixiante en activo –unha lei forzounos a retirarse, pero este negouse– investigando o asasinato dun antigo compañeiro. Logo de deducir que pode haber un complot para matar aos heroes que quedan con vida, decide avisar aos seus ex colegas do perigo. Watchmen empeza coma un relato detecti-
vesco con gancho para acabar converténdose nunha interesantísima reflexión metafísica. O impacto desta novela gráfica de vivas cores de Higgins, que redondean un debuxo dun tan esmerado como academicista Gibbons, foi brutal no seu momento. Afeitos ás aventuras sen fin dos incombustíbeis Spider-man e Batman, Watchmen presentaba por primeira vez no mainstream un relato superheroico cun desenlace definitivo. As contribucións formais tamén eran considerábeis. Mediante unha estrutura fraccionada e multiperspectivista e interesantes xogos de flashbacks e flashforwards, Moore desarma as personalidades traumáticas das súas criaturas, realizando unha deconstrución e profunda análise do xénero. Mais o que perdura no lector é a humanidade dos seres imperfectos que o barbudo de Northampton deseña para desenvolver algunhas das constantes que lle obsesionan: a loita contra o totalitarismo –ou se se prefire, a constatación da natureza fascista do vixiante–, o eterno retorno nitzschiano e a reivindicación da imperfección fronte á calculada –e pouco humana– simetría. O obxectivo, aniquilar un xénero pétreo que se movía moi a miúdo por terreos infantís e banais. Paradoxos da vida, esta historia
GUÍA DE PERSONAXE
Walter Kovacs
Rorscharch
Adrian Veidt
Cando se aprobou a lei Keane, que pretendía acabar cos enmascarados, el foi o único que non se quixo retirar. Considerado un psicópata, é perseguido pola policía. Descobre o asasinato do Comediante e alerta aos seus ex compañeiros. Así arrinca Watchmen.
O home máis intelixente e rico do mundo. Aproveitou as súas habilidades para se exercitar e converterse así nun grande atleta. É un filántropo playboy que vive da súa imaxe. Está máis preocupado polas tensións con Rusia que pola súa propia seguridade.
Dr. Manhattan John Osterman
PERDURA NO LECTOR A HUMANIDADE DUNS SERES IMPERFECTOS QUE DESENVOLVEN A NATUREZA FASCISTA DO HEROE, O ETERNO RETORNO E UN CLARO REXEITAMENTO AOS TOTALITARISMOS
Un xenio da Física que quedou así de azul por culpa dun experimento. É literalmente un Deus que inclina a balanza da guerra cara os EUA. Pero que ocorrería se o Dr. Manhattan se fugase a Marte, farto da humanidade? Tensións de Guerra Fría en clave metafísica.
está hoxe considerada o máximo expoñente do relato superheroico. A FORMA GARANTIDA O encargado de levar ao cinema esta obra mastodóntica foi Zack Snyder, realizador de 300, que debutara co non menos visual remake de Amanecer de los muertos. Polas imaxes que se puideron ver até o momento, ninguén dubida de que a forma da película estará coidadísima. Do que moitos non se fían é do fondo, por consideralo inadaptábel. O impacto visual está garantido, e as subtramas que se desenvolven na novela gráfica non se deixarán de lado grazas aos extras que comercializará fóra das salas. A pregunta é: saberá transmitir o espírito da obra aos que a descoñezan sen lle restar profundidade? A resposta, hoxe nas salas de cinema de todo o mundo.
Ozymandias
WATCHMEN
Alan Moore, Dave Gibbons PÁXINAS: 464 COR EDITORIAL: PLANETA DE AGOSTINI PREZO: 35 ¤
EXIT 3
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 6 de marzo de 2009
MÁIS LISTO QUE LEPE
O VIDEOXOGO
VÍDEOS NA REDE
ZACK SNYDER
BEAT’EM UP
POR UN TUBO
Experto en marketing, a súa campaña na rede e a venda de extras estanlle a encher o peto
Pretende resucitar un xénero morto, ese de mallar nos malos pola rúa, en pulo nos 80-90
YouTube aloxou diversos falsos programas de TV que explican o universo ficticio de Watchmen
ES
O Comediante
Dan Dreiberg
Bufo nocturno
Edward Blake
Unha sorte de Batman moi humanizado. Afeccionado á ornitoloxía e un bo enxeñeiro, os seus gadgets axúdano a combater o crime, seguindo os pasos do seu mentor, dos Minutemen. Vive retirado, coa nostalxia de tempos mellores co seu colega Rorscharch.
Antigo membro dos Minutemen, primeira asociación de heroes. Logo da prohibición dos vixiantes, Blake seguiu a traballar para o goberno en misións secretas. É unha clara parodia do Capitán América máis imperialista. A súa morte propicia o inicio da trama.
Espectro de seda
Laurie Jupiter
Filla da superheroína co mesmo nome, veuse obrigada a seguir unha vida que non a satisfacía. Parella de John, cando comeza a historia séntese baleira sendo a compañeira dun home que se interesa máis nas curvas do infinito universo que nas súas.
WATCHMEN” Zack Snyder JACKIE EARLE HALEY, BILLY CRUDUP, PATRICK WILSON, MALIN AKERMAN
Ambientada nuns EUA alternativos dos 80, onde a Guerra Fría está no seu apoxeo e os superheroes, unha vez respectados, son agora perseguidos pola lei. Un día aparece morto un deles, o Comediante. O seu ex socio Rorscharch, único heroe enmascarado que queda en activo, emprende unha investigación para aclarar as causas do seu falecemento. Chega á conclusión de que queren eliminalos un a un e avisa aos seus antigos compañeiros de fatigas, pero pode que a verdade sexa moito máis complexa do que o xusticieiro pensa. Adaptada da novela gráfica máis exitosa de todos os tempos.
Así locen os Vixiantes no filme de Zack Snyder
MOORE, A PRIMEIRA ESTRELA DO CÓMIC O BARBUDO DE NORTHAMPTON PERTENCE A UNHA XERACIÓN DE GUIONISTASAUTORES Quen compraba nos 70 un cómic polo seu autor? O público xuvenil non se fixaba máis que nos seus heroes preferidos. Hoxe, iso é inconcebíbel. A banda deseñada ten as súas estrelas, coma o cinema, a literatura ou calquera outra forma de arte madura e ben mercantilizada. Isto só se pode entender grazas á xeración de guionistas británicos que revolucionaron o cómic nos 80, con relatos máis escuros e adultos, e introducindo formas de narrar da literatura e o cinema. Por estas razóns, coñécese este periodo como a Era Escura ou a da Nova Narrativa. E os abandeirados deste movemento son Neil Gaiman, Frank Miller –este dos EUA– e Alan Moore.
El saltou ao mercado norteamericano con La cosa del pantano, unha saga de terror que agonizaba e que logrou salvar coas súas doses de sensualidade e ecoloxismo panteísta. Despois virían V de Vendetta e Watchmen, coa que pasaría a ser considerado o mellor guionista de BD da historia. A primeira ten unha adaptación cinematográfica salvábel, que garda o romanticismo da proposta, pero que bota a perder o seu radical discurso anarquista e antitatcherista cun happy ending. A súa outra grande novela gráfica é From Hell, sobre Jack o Destripador, tamén cunha versión en cinema lamentábel. La liga de los hombres extraordinarios non correu mellor sorte, polo que Moore odia que o adapten e non quere aparecer nos créditos das películas.
4 exit
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 6 de marzo de 2009
p pantallas
Cine
Outro REMAKE
primeiras imaxes
desafío total
a sombra do poder
O clásico moderno de ciencia-ficción terá unha nova adaptación do relato de Philip K. Dick no que se basea
Xornalismo de investigación e política con Russell Crowe e Ben Affleck. É o próximo do director escocés Kevin MacDonald
A IDENTIDADE do século xxi
d
desde melmac
Jekyll
CLINT eastwood interpreta a un veterano de guerra no seu derradeiro papel como actor Víctor paz morandeira. a coruña
[email protected]
Dirixir un bo filme tras outro cada dous anos é toda unha proeza, pero estrear dúas fitas salientábeis en seis meses xa é demasiado. O artífice deste récord é Clint Eastwood, que con Gran Torino –hoxe nas salas españolas–, logo de agasallar ao público coa excelente El intercambio, confírmase coma o gran representante do clasicismo no cinema internacional. Na era dixital, pódese falar do realizador californiano como un resistente anacrónico, pero rabiosamente xenial. O primeiro adxectivo non lle vai nada mal neste caso, pois na película Eastwood interpreta a un veterano de Corea con moi mal xenio, no que será o derradeiro papel da súa carreira, segundo comunicou el mesmo –con 78 anos, pode estar contento de ter chegado até aquí co vigor que o caracteriza–. A historia do filme arrinca cun Walt Kowalski (Eastwood) solitario, a quen os fillos queren enviar a un xeriátrico. É un home doutro tempo, que vive nun barrio cunha alta taxa de asiáticos como se aínda se atopase no apartado Oeste. Odia que eses amarelos –cantos mataría co seu rifle Garand– se acheguen ao seu Gran Torino –o coche que dá título á fita–, pero cando un día unha banda violenta amola aos seus veciños, el sae na súa defensa, ameazando aos atacantes con enchelos de chumbo se non liscan de alí decontado. A partires dese momento, convértese nun inesperado heroe para a
comunidade Hmong –grupo étnico do sudeste asiático–. A proposta é interesante en canto retrata o proceso de adaptación, de asimilación, dun vello WASP (Branco, Anglosaxón e Protestante) a unha nova identidade nacional, na que as etnias estranxeiras conforman a sociedade das cidades estadounidenses e, por extensión, as de todo o mundo.
a fita é interesante en canto retrata o paulatino proceso de asimilación dun vello wasp a unha nova e multiétnica sociedade
despedida polo alto Todo funciona grazas a un excelente Eastwood, que amosa a súa depuración actoral máis refinada, cunha paleta de matices que poucos rostros poden debuxar. O seu personaxe débese analizar coma unha autohomenaxe á súa carreira, na que os ecos de Harry o Sucio e William Munny se advirten na súa curtida pel. A despedida non podía ser mellor, e para aqueles que gosten de buscar analoxías en todas partes, de seguro
que en Gran Torino serán capaces de atopar unhas cantas. O nome do protagonista coincide co de Vanishing Point, onde se conducía un coche parecido, aínda que o vehículo sexa en realidade o de Starsky e Hutch. O bólido é un orixinal dos 70, detalle de produción que achega realismo, así como as armas, modelos reais da Guerra de Corea.
JUDITH MUÑOZ. crítica
«GRAN TORINO” Clint Eastwood CLINT EASTWOOD, CORY HARDRICT, GERALDINE HUGHES, BRIAN HALEY
Clint Eastwood, no derradeiro papel da súa carreira, interpreta a Walt Kowalski, un veterano da guerra de Corea que descobre que o seu veciño adolescente de orixe asiática intenta roubarlle o seu tesouro máis prezado, un Gran Torino de 1972, o precioso coche que dá nome ao título do filme.
OUTRAS estreAs más allá de los sueños
the code
Director
Directora
Adam shankman
MIMI LEDER
adam sandler, keri russell, guy pearce, courteney cox, teresa palmer, russell brand, lucy lawless
ANTONIO BANDERAS, MORGAN FREEMAN, ROBERT FORSTER, RADHA MITCHELL, RADE SERBEDZIJA
A vida dun ocupado arquitecto complícase cando, de súpeto, os contos que le aos seus sobriños para que durman se converten en realidade. Comedia da Disney estilo Jumanji, co pallasete Adam Sandler coma protagonista desta fita de acción e efectos visuais.
Filme de roubos no que Freeman interpreta a un veterano ladrón de guante branco e Banderas a un impulsivo delincuente. Ambos alíanse para extraer dous ovos de Fabergé dun gran valor económico dunha empresa rusa con altas medidas de seguridade.
Actores
Actores
Serie británica emitida por la BBC en 2007, un año después en España por la cadena Cuatro en horario nocturno veraniego y vuelta a emitir a altas horas de la madrugada hace escasamente un mes. Da miedo pero no tanto. La historia se desarrolla en el Londres del siglo XXI. Su protagonista es el Dr. Jackman, un Jekyll del 2000, interpretado por un grandioso James Nesbitt, que sufre alteraciones físicas y psicológicas convirtiéndose así en Mr. Hyde. El relato de Dr. Jekyll y Mr. Hyde es ampliamente conocido por el gran público, pero esta serie da una vuelta de tuerca más a la narración descubriendo un personaje único en su especie, un actor soberbio en su papel y una ambientación perfecta que nos regala una miniserie con final asombroso y continuación obligatoria. Los británicos no sólo hacen buenas sitcom sino que también saben crear, de una historia ya manida, un thriller de ambiente turbio con tensión narrativa, de esos que dejan clavado en el sofá con ganas de ver más y más, de esos cuyo protagonista pone los pelos de punta y solo seis capítulos saben a muy poco. Como de costumbre la versión original es infinitamente más espeluznante que la doblada. Ese “Daddy” (Papi) que busca Hyde desesperadamente no se me va de la cabeza. l
EXIT 5
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 6 de marzo de 2009
M MÚSICA
Ao vivo
XABEL VEGAS
NENA DACONTE
Y LAS UVAS DE LA IRA
EN CAIXANOVA
O irmán pequeno de Nacho Vegas presenta as cancións de El óxido na Reserva de Carballo
Mai Meneses e Kim Fanlo presentan Retales de carnaval en Pontevedra (sábado) e Vigo (domingo)
ESE TIPO RARO QUE SUSPENDE XIMNASIA SR CHINARRO ATERRIZA EN FERROL PARA PRESENTAR ‘RONRONEANDO’, UN DOS DISCOS MENOS LÚCIDOS DUNHA DISCOGRAFÍA FUNDAMENTAL IAGO MARTÍNEZ. A CORUÑA
[email protected]
Talvez un chinarrista de novo cuño, ao que se lle inoculase o virus logo da reinvención de Sr Chinarro con El fuego amigo (2005), apuntalada con El mundo según (2007), probablemente un dos mellores traballos da súa extensa discografía, atope en Ronroneando (Mushroom Pillow, 2008) un disco á altura das súas expectativas. Porén, aos que teñan na casa algunha edición de Pequeño circo (1993) ou aínda se desarmen diante de Antonio Luque cando interpreta “Quiromántico” ou “Cero en gimnasia” en directo, o último disco do sevillano resultaralles como pouco decepcionante. Se hai algo que segue intacto na banda andaluza é a súa capacidade para incomodar á parroquia. Como acontecera con Chucho e o seu Tejido de felicidad (1999), a luz entrou no universo de Sr Chinarro de súpeto e sen avisar con El fuego amigo, un disco que provocou moitos danos colaterais. Sen trazar paralelismos entre as vidas privadas de Fernando Alfaro e Antonio Luque, para o grupo andaluz foi un punto de inflexión irreversíbel. Para moitos dos que devoraran os seus primeiros discos, porén, foi un golpe letal. Deixar Acuarela, o seu selo de toda a vida, para poñerse nas mans de Los Planetas en El Ejército Rojo, non foi unha boa decisión, e pouco tarda-
RONRONEANDO Sr. Chinarro
MUSHROOM PILLOW, 2008
Antonio Luque reinventouse con El fuego amigo (2005) e El mundo según (2007), dous discos inseparábeis e xeniais sen os que non se podería entender a impresionante evolución de Sr Chinarro dende as súas primeiras referencias para Acuarela no soño indie dos primeiros anos noventa. Con Ronroneando, porén, a liña clara vai demasiado lonxe e a proverbial lucidez do sevillano perde pé, os contornos desaparecen e o que queda é un disco anecdótico, mol e sen arestas. Talvez un dos peores dunha carreira brillante.
ría Luque en mudarse a Mushroom Pillow. Pero o que si funcionou foi o cambio de rexistro. El fuego amigo atopou en El mundo según a súa continuación perfecta e consolidou un Sr Chinarro máis luminoso, claro e accesíbel, un autor moito máis interesado en facerse entender sen que iso significase perder unha miga de lucidez, precisión e xenialidade compositiva. Luque quería e podía (case) cantar, e podía facelo ademais por enriba dos instrumentos. Disque mesmo tiña dereito a ser feliz. Ronroneando non ten ningunha das virtudes de El mundo según. O primeiro era un disco inzado de cancións perfectas, da flamenquísima e telúrica “Gitana” á entrañábel, tenra, inofensiva “G. G. Penningstone”. A carón deses cortes ou de calquera outro dese inmenso traballo, “El teórico”, “Anacronismo” ou mesmo a inicial “Los Ángeles” parecen ensaios frustrados, cancións demasiado calculadas e abandonadas xusto antes da cuadratura do círculo. Con todo, hai cando menos catro razóns que seguen facendo recomendábel o concerto que Sr Chinarro ofrece esta noite en Ferrol. A primeira, que Ronroneando ten escusa: ás veces, como nas Cajas de música difíciles de parar de Nacho Vegas, a emoción do que se conta reborda as paredes da canción e esmaga o artefacto. A segunda, que o último de Luque só é un disco entre vinte nunha discografía brillante e indispen-
Antonio Luque é o nome civil de Sr Chinarro
sábel. A terceira, que o ciclo Vagardas Sonoras de Caixa Galicia chega tarde a case todo, e iso ten a vantaxe de que se animan os que antes tiñan prexuízos. A cuarta, que Antonio Luque e compañía son cadora máis grandes sobre un escenario. Como diría Kerouac: teñen iso.
VENRES 6
CAIXA GALICIA 21.00 horas. 6 euros. Ferrol
DISCOS RECOMENDADOS AIDAN MOFFAT AND THE BEST OF’S
How To Get To Heaven From Scotland
NEKO CASE Middle Cyclone
Sen The New Pornographers, Neko Case segue a ser xenial.
A cara máis accesíbel da media laranxa de Malcolm Middleton nos desaparecidos Arab Strap. Escoitando as cancións de amor do que é o seu primeiro disco cos Best Of’s (Chemikal Underground, 2009), todo o anterior parece inverosímil.
ANDREW BIRD
PETER BRODERICK
Difícil obxectivo: superar Armchair Apocrypha (2007).
Guitarra acústica, entre Jose Gonzalez e Nick Drake.
Noble Beast
Home
6 exit
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 6 de marzo de 2009
m moda
Tendencias
Tea e deseño
leica para coleccionistas
vinilo cover
un antollo
Vinilo como motivo e material. A marca Giovanina Design non escapa a este revival do clásico soporte musical
Leica acaba de sacar unha serie de 500 pezas da Safari M8.2. Pesa tan só 180 gramos e custa 7.500 euros
Unha tenda de pasarela en vigo Vistiendo a candela reúne o mellor do deseño independente español Natalia arias. A coruña
[email protected]
Vistiendo a Candela é o nome do proxecto personal que a galega Iria Botana comezou a xestar no 2003, cando vivía en Londres, e que un ano despois se materializou nunha tenda afincada en Vigo. Este establecemento é un dos poucos que comercializan en España deseños de Arrogant Cat e unha parada obrigada á hora de ir de compras ou darse un capricho. Logo de traballar no Reino Unido, Botana trouxo os modelos da firma inglesa a Galicia, que hoxe conviven no seu establecemento con pezas dos mellores deseñadores do panorama independente español e internacional. Vestidos de Paul & Joe Sister, Josep Font ou Angel Schlesser poden complementarse con artículos de Miriam Ocáriz, tocados de Malababa e zapatos de Chie Mihara.
Para esta amante da moda, o máis destacable é que non se trata de prezos de alta costura, pero tampouco de roupa de marcas. Cun presuposto de entre 200 e 1.000 euros as súas clientas visten firmas, reciben asesoramento e contan coa tranquilidade de que lucirán prendas exclusivas, posto que na tenda só existe unha peza por cada deseño, sempre nas tallas máis acordes ao tipo de persoa á que lle poden sentar ben. Botana vai incorporando novos deseñadores e elabora o selo de Vistiendo a Candela logo das pescudas que realiza en webs especializadas e nas visitas a feiras internacionais como a London Fashion Week ou a Bread & Butter. Por iso, entre as perchas do establecemento non faltan algúns dos vestidos que pasaron por mostras como a de Madrid. Outro dos reclamos deste establecemento é a súa versatilidade,
Instalacións de Vistiendo a Candela en Vigo
porque, aínda que pola tempada dominan os deseños pensados para cerimonias nupciais, hai moitos de rúa e incluso prendas que poden combinarse, tanto cuns tacóns para asistir a un evento, como con sandalias planas para levar no verán. Para as vodas, unha das pezas estrela son os tocados, que poden partir dun prezo de 60 euros para chegar a 180, no caso dos de Malababa, ou que as clientas poden elixir en función da prenda coa que queiran combinalos.
Tocados de Malababa
Internet, o novo filón Dende hai un ano Vistiendo a Candela conta tamén cun blog (www. vistiendoacandela.blogspot.com), que recibe unhas 500 visitas diarias, e un perfil en Facebook. Grazas a
As clientas deste establecemento poden atopar todos os complementos que necesitan, tanto para unha cerimonia nupcial como para o día a día estas ferramentas Botana colocou os seus produtos fóra das fronteiras españolas. Comezou cun par de zapatos e agora ten unhas 20 vendas mensuais, tamén de téxtil. Así, o deseño español chega a países como Alemaña ou Bulgaria a través deste establecemento sito en Vigo.
Como as vellas glorias
Common people
A revista musical spin comercializa a través da súa web camisetas con eslogans baseados en vellos deseños de algúns dos máis famosos intérpretes do rock
“Vestir como os teus ídolos musicais” é o reclamo empregado pola revista Spin para comercializar a través da súa web unha liña de camisetas vintage baseadas en eslogans, deseños e frases popularizadas por algúns dos grandes artistas do rock. En troques de limitarse a pór un logo representativo de artistas como Iggy Pop, Kurt Cobain, Debbie Harry, Frank Zappa ou Joe
Strummer, a revista aproveita vellos deseños destes astros para estampar sentenzas como “I Wiped Out The 60’s” (Iggy Pop) ou “Oh Yeah?” (Jeff Beck). Esta homenaxe aos clásicos non ten un prezo modesto. As
pezas de roupa, agrupadas na colección Worn Free, poden adquirise en www.wornfree. com por 49,95 dólares, uns 35 euros. Porén, o envío é gratuito a calquera parte do mundo e é independente da cantidade de produtos que se soliciten na web. Outra chiscadela para subirse ao carro do retro de man da grande competidora no mundo da Rolling Stone.
EXIT 7
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 6 de marzo de 2009
V
VIDEOXOGOS
Lecer binario
CENTRO MULTIMEDIA DE BLU:SENS
SISTEMA EN GALEGO
BLU BRAIN
PRIMEIRO PARCHE
A empresa galega confirma que o seu novo dispositivo para unir todos os aparellos da casa sairá en maio ou xuño
O Galinux, o sistema operativo de software libre e en galego, xa ten na rúa o seu primeiro paquete de melloras
O MUNDO EN GUERRA TOTAL
e
eLIFE
64 bits
EMPIRE: TOTAL WAR, A SAGA PÁSASE ÁS GUERRAS COLONIAIS E ÁS REVOLUCIÓNS DO SÉCULO XVIII ARTURO LOSADA. A CORUÑA
[email protected]
No mundo do ocio binario, as palabras Total War causan o mesmo número de aplausos que de xestos de desinterese. Trátase dunha franquicia que logrou algo semellante á cuadratura do círculo, que xogos de estratexia complexos, realistas e sisudos teñan éxito comercial, un fito que espera manter co novo membro da familia, Empire: Total War, –46,95 euros, +12 anos–. A quinta entrega da saga de Creative Assembly, que chegou ás tendas –e ás redes de descarga– esta mesma semana, pon o xogador a gobernar un dos grandes imperios coloniais da Idade Moderna. Despois de dirixir exércitos na era das guerras civís do Xapón, no Medievo europeo –en dúas ocasións–, e no auxe de Roma, desta toca dominar
o mundo con grandes navíos e armas de pólvora. Coma sempre, o xogo ten dúas partes, un mapa estratéxico do mundo, no que se pode construír, investigar e negociar cos rivais mentres a acción avanza en pausados turnos; e un simulador de batallas en tempo real, que é o máis veraz que un se pode atopar dentro dun ordenador. DO SIMPLE AO COMPLEXO As principais novidades son que se simplificou moito o control da economía e a política, pero engadíronse unha chea de opcións. Agora é posible cambiar a forma de goberno, dende o absolutismo á liberté, egalité e fraternité, e mesmo designar ao completo os gabinetes ministeriais A quen lle damos a carteira de Economía, ao mellor coas finanzas ou ao máis honesto?
AS BATALLAS NAVAIS E A POSIBILIDADE DE CAMBIAR DE FORMA DE GOBERNO SON ALGUNHAS DAS NOVIDADES NA FRANQUICIA QUE REINA NA ESTRATEXIA Ademais, as cidades perden algo de importancia, e as estruturas económicas que antes estaban tras das murallas espállanse polo mapa, complicando a súa defensa. Nas batallas, un dos alicerces de todos os Total War, inclúense
por primeira vez os combates no mar, cunha detallada simulación do efecto dos ventos e as mareas, e coa opción de afundir aos inimigos ou arriscarse a abordalos. E, na terra, mantéñense os acertos de sempre. O uso do terreo e a moral das tropas seguen a ter un peso decisivo, xa que non loitan ata a morte e poñen a funcionar as pernas en canto o combate pinta mal. Non é un xogo para todos os públicos, pero pódese considerar imprescindible para os amantes da estratexia. Non hai outro no que unha presa de homes ben adestrada e dirixida poida derrotar a unha organizada horda de inimigos.
Ingleses e franceses loitan a golpe de baioneta no mapa táctico
AS NOVIDADES DA SEMANA
DAWN OF WAR II
HALO WARS
BOMBERMAN 2
+16 anos, 46,95€, PC
+16 anos, 53,95€, 3600
+7 anos, 19,95€, DS
NECROVISION +12 anos, 36,95€, PC
Estratexia que obvia a xestión de recursos e potencia o manexo das tropas en combate
O mesmo equipo do Age of Empires encargouse deste salto do Halo á estratexia
Os clásicos son clásicos por algo. A fórmula de rebentar cadriños con bombas segue a funcionar
Un curioso xogo de tiros, ambientado na I Guerra Mundial con monstros asexando
ANONYMOUS.
[email protected]
Microsoft ha anunciado que, al igual que hizo con Windows Vista, publicará versiones de 32 y 64 bits de su futuro Windows 7. Decir que “esta decisión me ha decepcionado profundamente” sería quedarse bastante corto, sírvanse a leer entre líneas. Si existe ahora mismo una motivación para aparcar definitivamente XP, sería la de poder usar un sistema Windows de 64 bits que no tenga problemas de compatibilidad. Algo que precisamente se está penalizando manteniendo las dos versiones, permitiendo a los fabricantes de hardware evitar invertir en controladores de 64 bits estables y eficientes como máxima prioridad, publicando versiones poco optimizadas, que en demasiadas ocasiones rinden incluso peor que sus homólogos de 32 bits. Además las versiones de 32 bits de Windows tienen la limitación de no poder trabajar con más de 3,25 GB de memoria, cifra que ya están alcanzando los ordenadores de gama media, y que hace tiempo se superó en gama alta, existiendo multitud de equipos con 4GB que directamente tienen una buena parte de su memoria sin poder ser aprovechada. Es posible que con Vista los procesadores de 64 bits aún no estuvieran lo bastante extendidos, pero ahora no hay casi excusa posible, Microsoft debería forzar el cambio definitivo a 64 bits y “el que se mueva no sale en la foto”.
axenda Fin de semana
veNRes 6 . literatura
directo
música
Dotado dun fino humor negro, unha curiosa retranca e unha forte imaxinación, Kosztolányi narra feitos universais, partindo do local. Neste libro describe a vida centroeuropea de entreguerras, de burgueses e soñadores, cun filtro acedo e cruel, pero tamén atemporal. O tradutor cleptómano. Rinoceronte. 14 euros
Sr. Chinarro comeza a xira de presentación de su último disco, Ronroneando. Dentro do ciclo Vangardas Sonoras, a Fundación Caixa Galicia acollerá a Antonio Luque, alma desta formación xurdida en 1990 e que conxuga música e literatura. Fundación Caixa Galicia. Praza da Constitución, s/n. Ás 21.00 horas. 6 euros. Ferrol
Pop-psicodélico e música para olvidar as miserias da vida cotiá, todo un antídoto para tempos de crise. Isto é o que ofrece o primeiro disco dos daneses Man Among Animals: Bad times, all gone. Editado polo selo alemán Tapete Records, o álbum é toda unha declaración de principios, con temas como “Other ways”. IguanaClub. Rúa Churruca, 14. Ás 00.00 horas. Vigo
Unha pescuda SR CHINARRO, no ser humano RONRONEANDO
concerto
psicodelia danesa
unha rapeira nada en vigo
Jugando é o novo disco da viguesa Aíd. Comezou a descubrir o hip hop cando estaba no colexio. A súa afección polo grafitti e por compoñer temas, fixo que gravase o seu primeiro disco con tan só 13 anos. Café Antano. Avenida do Rocío. Ás 00.30 horas. Outes
sábado 7 na casa
teatro
A reedición da triloxía de Coppola O Padriño inclúe os tres filmes remasterizados, amais de dous DVD extra con escenas engadidas, unha árbore xenealóxica dos personaxes, o making off e catro curtas sobre a obra. El Padrino. Paramount. 59,95 euros
Unha viaxe pola Mariña luguesa da man dunha tropa estrafalaria. Músicos, danzantes e cantores concéntranse en Dunas co obxectivo de ensaiar números musicais para un spa. Salón Teatro. Rúa Nova, 34. Ás 20.30 horas. 10 euros. Compostela
Máis padriño
‘As dunas’, o novo de cadaval
música
UNHA FORMACIÓN CHEGADA DA ESCENA
Magritte é o primeiro proxecto musical da actriz de teatro Nate Borrajo (Sarabela Teatro, La Imagina Machina...) e o músico e compositor José Lameiras (El Pararrayos, Los Cambiantes...). Viaje a la Luna é o seu disco de presentación e inclúe 10 temas compostos por Lameiras, que gravou as guitarras e as voces. Café Auriense. Praza do Corredor, 11. Ás 21.00 horas. 4 euros. Ourense
CONCERTO
Noite a ritmo de garaxe
Os ritmos do garaxe invaden Portonovo. Ao estilo máis puro e ortodoxo dos galegos The Phantom Keys, únese a psicodelia herdeira dos sons dos 60 da banda liderada por Rudi Protrudi,os Fuzztones. Bogaloo. Praia Canelas. Ás 01.30 horas. De 15 a 18 euros. Portonovo
domingo 8 cine
‘Watchmen’ salta do cómic ás pantaias
Watchmen chega á pantalla nunha mestura de misterio e aventura. Ambientada nuns hipotéticos Estados Unidos á altura de 1985, os superheroes disfrazados son parte dunha sociedade complexa que vive a tensión coa URSS. Consultar carteleira
teatro
concerto
El rei de la soledat é un espectáculo de teatro visual que presenta un universo cheo de estruturas decadentes e personaxes solitarios. Unha máquina de escribir, unha vella caixa rexistradora, unha taza de café baleira... Sala Nasa. Rúa San Lourenzo, 51-53. Ás 21.30. De 7 a 9 euros. Compostela
Escrita por Lope de Vega, Fuenteovejuna ambiéntase no reinado dos Reis Católicos no pobo cordobés do mesmo nome. O director Laurence Boswell achega as preocupacións da época ao mundo actual.Auditorio Caixanova. Augusto González Besada, 2. Ás 21.00. De 15 a 18. Pontevedra
nUn mundo poético
concerto
estilo de autor con raíces clásicas
Xabel Vegas orienta as súas cancións ao rock e o folk con maiúsculas, cun estilo que recorda a Cohen, Johnny Cash ou Bob Dylan, entre otros, e uns textos en boa medida autobiográficos. Acompáñase de Las Uvas de la Ira. Aturuxo. Pazos Fontenla, 59. Ás 21.00 horas. Bueu
un clásico actual