Exit #14 - 13/03/09

  • Uploaded by: Xornal de Galicia
  • 0
  • 0
  • April 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Exit #14 - 13/03/09 as PDF for free.

More details

  • Words: 9,989
  • Pages: 16
EXIT XORNAL DE GALICIA Suplemento de lecer 13 de marzo de 2009 Número 14

MUSA DE MODISTOS E DRAG QUEENS BARBARA MILLICENT ROBERTS, MÁIS COÑECIDA COMO BARBIE, CUMPRE MEDIO SÉCULO COMO ICONO DO AMERICAN WAY OF LIFE

2 EXIT

XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 13 de marzo de 2009

P PORTADA

O armario de Barbara

NOVOS MODELOS

UNHA FACETA DESCOÑECIDA

A FIN DO MITO

FOI KEN?

Barbie alcohólica, presidiaria ou condutora descoidada son parte das propostas de internet

A Barbie embarazada, un exceso das ansias de manter a moral que vira nacer ao xoguete

BERLÍN-MALIBÚ: BARBIE CUMPRE MEDIO SÉCULO COMO ICONO DO AMERICAN WAY OF LIFE

Ken, o secundón

A falta de éxito entre as nenas do acompañante de Barbie case o leva a desaparecer no 2004 cando se anunciou o divorcio da parella

En 1961 Ken adiantouse a unha serie de amigas multiculturais e irmáns menores da Barbie. Este compañeiro nunca tivo tanto éxito entre as nenas americanas, que teñen un para unha media de dez Barbies. No 2004 Mattel anuncio o divorcio e no 2006 veu a reconciliación

Os cambios

Perfecta americana, no 76 foi introducida nunha cápsula que se abrirá no tricentenario do país

OS DESEÑADORES DE MATTEL CONVENCERON ÁS NENAS CUNHA ADICTA ÁS COMPRAS, EXHUBERANTE E CAPAZ DE ACADAR O ÉXITO EN 75 PROFESIÓNS NATALIA ARIAS. A CORUÑA [email protected]

Criticada por fomentar un ideal de beleza inaccesible, musa de modistos e drag queens, ídolo de millóns de nenas e un dos máis claros símbolos da cultura americana, Barbara Millicent Roberts, Barbie, cumpre 50 anos. Chega á madurez con axustes de presuposto e asediada pola competencia e, aínda así, moitas das nenas que imaxinaron o seu futuro vestindo e desvestindo a esta explosiva loira nada en California, querería ter avellentado coma ela: medidas de vertixe, un rostro rexuvenecido a golpe de bisturí e un armario con mil millóns de vestidos. A España, o produto máis emblemático de Mattel chegou a fins dos setenta e non foi quen de implantarse nun mercado copado polos fabricantes alacantinos ata ben entrados os oitenta, década na que tivo que facer fronte a unhas rivais menos voluptuosas e sen tanto marketing. A Nancy tiña o privilexio de ser o primeiro xoguete femenino para o gran público e as nenas da época elixían como compañeira a unhas bonecas de peto, gordechas e multiculturais coñecidas como Barriguitas. Porén, foi a Chabel a que lle puxo as cousas difíciles ata a súa desaparición no 92. As nenas respondían ao grito de “Chabel, co-

mo tú quieres ser” e identificábanse cunha colexiala de estética nipona, amante do deporte e que tiña liña de obxectos de papelaría.

O PRIMEIRO PRODUTO DA FIRMA ERA UNHA RÉPLICA DUNHA BONECA GUERRA PSICOLÓXICA A apertura de mercados dos 90 PARA ADULTOS deixou fóra de xogo aos fabricantes QUE ENCARNABA españois, namentras os deseñado- O IDEAL FEMININO res de Mattel mudaban ao ritmo que marcaba o cambio social pa- DOS ALEMÁNS ra abrirlle camiño a unha boneca DA POSGUERRA que encarnaba o ideal americano do éxito en máis de 75 profesións. Da casta maniquí do 59, quedaba pouco cando chegou á península a bordo do seu descapotable e algo máis lixeira de roupa. A multinacional estadounidense lograra combinar a feminidade extrema dun xoguete destinado a consumir máis que calquera adulto, co cambio dunhas nenas que se adiantaban en xogos á súa incursión en profesións aínda inalcanzables para a muller. A Barbie permitíalles vivir unha vida adulta en troques de postergar o rol materno con bonecas que, coma o Nenuco, non sufrían ningunha evolución psicolóxica. Era independente, libre e capaz de triunfar sen un Ken, que non deixaba de ser un complemento máis. O icono de plástico resistíu os envites das feministas que o acusaban de fomentar a anorexia engorando uns quilos, asumíu o papel

de defensora da humanidade como embaixadora da ONU, debutou no McDonald´s, gañou medallas olímpicas, codeouse coa Monroe como símbolo ianqui e non tivo reparos en deixar a súa casiña rosa para entrar no Bundestag, como alegoría de Merkel. Pero coma todos os éxitos do marketing americano, tamén esta loura viña dos baixos fondos. O matrimonio Handler, fundador de Mattel, reconvertera un xoguete para adultos que se vendía nos bares da Alemaña, Lilly, nunha moza virtuosa á que bautizaron coma a súa filla, Barbara. Klokusai Boekeki Kaisha suavizou a exhuberancia daquela personaxe que debutara na tira erótica creada en 1952 por Reinhard Beuthien para o Bild Zeitung para que servise de modelo ás nenas estadounidenses.

A ama de casa Nos 60 a Barbie mativo a imaxe dunha virtuosa ama de casa e apenas mudou o seu aspecto físico

Estrela rock

Nos oitenta adoptou un estilo acorde co momento e debutou como cantante

A máis famosa

De Pasarela

No seu aniversario foi vestida por 50 deseñadores

é unha das máis famosas e parodiadas

A Malibú

EXIT 3

XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 13 de marzo de 2009

NA ERA DIXITAL

HITCHCOCK

AS ORIXES

BARBIE HACKER

PAXAROS

A BARBIE MODOSA

Astronauta, paleontóloga, política e ata hacker. Non hai límites para Barbie

No seu 45 aniversario, Mattel atreveuse mesmo a emular a Tippi Hedren

Nos primeiros anos, cumpriu todos os clichés: azafata, enfermeira e modelo

Dani, o amigo de Chabel

Este personaxe ocupaba un lugar difuso como amigo-mozo da adolescente fabricada pola marca española Feber

A fins dos 80 Chabel consolídase como a boneca das nenas españolas. Esta adolescente tiña un amigo chamado Dani, alter ego do Ken americano, que nunca chegou a ser un modelo de pasarela, senón máis ben un compañeiro de xogos para a boneca de Feber

A primeira dunha saga En 1959 Mattel comeza a comercializar por 9 dólares a súa primeira Barbie. Ese ano as vendas superaron os 300.000 exemplares deste primeiro prototipo que lucía un traxe de baño de raias e representaba a unha modelo

Nancy a pioneira

Emblema de Famosa, a Nancy víu a luz en 1968 e aguantou asventas ata o 1996

A Sindy inglesa

Florido trouxo a España esta boneca pouco resistente ao sol que debutou en 1974

A FOTÓGRAFA GINA GARAN RECUPEROU ESTE XOGUETE QUE ATERRABA AOS NENOS

50’S

60’S

70’S

Un bebé de peto

Apareceron no 69 e son as únicas bonecas españolas que gañaron a batalla do tempo

80’S Chabel, que ben!

90’S

00’S

O DESQUITE DAS BONECAS BLYTHE

Foi a boneca preferida das nenas entre o 88 e o 92 e desaparecu en pleno auxe

A máis forte

As Bratz perderon a pugna xudicial contra a Barbie pero son a súa competencia máis dura en 50 anos

De testa sobredimensionada e mirada expresiva, as Blythe quixeron facer competencia nos Estados Unidos á vaidosa Barbie, pero morreron no intento. Foron lanzadas no 72, a partir dos deseños de Margaret Keane, e só resistiron un ano no mercado. Os comerciais apelaban á capacidade da boneca para cambiar a cor de ollos, de laranxa a rosa, e para mirar de esguello grazas a un interruptor situado nas súas costas, pero non convenceron ás nenas americanas, que saían correndo espavoridas. Durante anos,as bonecas sobreviviron en armarios, caixóns e círculos de amantes do coleccionismo de obxectos curiosos. Foi a era Vintage Blythe, termo inglés de orixe agrícola, empregado para definir algo que, sendo

vello, ten unha procedencia respectada e é considerado como algo clásico e con calidade. Porén, o gran rexurdimento destas bonecas veu con Gina Garan, que recibíu unha Kenner Blythe orixinal en 1997 e comezou a utilizala como modelo para mellorar as súas habilidades fotográficas. Acompañouna en todas as súas viaxes, ata que no 2002 publicou This is Blythe. Nese momento, aquela boneca desbotada polo público infantil foi descuberta como referente artístico e pasou a lucir modelos de Issey Miyake, Chisato Tsumori e Hysteric, e a debutar en museos. Garan tamén convenceu á empresa xaponesa Cross World Connections para lanzar as Neo Blythe, dirixidas, esta vez, a adultos por prezos moi afastados dos 1.200 euros que pode custar hoxe un modelo orixinal da boneca lanzada nos anos setenta.

4 EXIT

XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 13 de marzo de 2009

P PANTALLAS

Cine

SEXO E RISOS

DANDO O CANTE

KEVIN SMITH

JIM CARREY

Volve polemizar co título do seu próximo filme, A Couple of Dicks, que conta con Bruce Willis como protagonista

O popular cómico pásase ao musical con Jake Gyllenhaal en Damn Yankees, gañadora de sete premios Tony

“A PREMISA É ENTRETER” ÁNGEL DE LA CRUZ ESTREA A ACCIDENTADA ‘OS MORTOS VAN ÁS PRÉSAS’, COMEDIA ACEDA MOI GALEGA “CANDO ENTREI NO CADALEITO, NON ME Ángel de la Cruz debuta no cinema PODÍA MOVER. QUEDEI de acción real logo de dúas fitas de ENCAIXADO. NUNCA animación –O bosque animado e a súa continuación– para Dygra, PENSEI QUE SERÍA TAN compañía que comezou financian- INCÓMODO, ASÍ QUE do Os mortos van ás présas, pero DECIDIMOS COMPRAR que se retirou do proxecto, deixando ao realizador colgado. Logo dun- UN MÁIS FOLGADO” VÍCTOR PAZ MORANDEIRA. A CORUÑA [email protected]

ha accidentada rodaxe en dous tempos e recortes no orzamento, De la Cruz estrea hoxe en salas comerciais un filme moi persoal no que investiu esforzos inxentes. Conta como uns veciños discuten sobre se se debe desmontar unha camioneta que bloquea a entrada ao camposanto da vila.

deo. O que pasa é que eu esaxero os tópicos e os estereotipos. Poño por referente Bienvenidos al Norte. Non todo o mundo desa rexión ao norte de Francia é como se retrata no filme. De aí sae a comedia.

Como está integrada a temática da morte, tan galega, no filme? Ante todo, quería facer unha comedia. Contar en clave de humor, buscando a retranca, esa especial relación que temos coa morte en Galicia, que ten algo de piadoso por unha banda, pero tamén lúdico por outra. Un día escoitei na radio como un camión atascara a porta do cemiterio en Cerdeira, e de aí naceu a idea. Pareceume un bo arrinque.

Que anécdota curiosa garda da accidentada rodaxe? Hai un detalle morboso. Quixen probar o cadaleito antes que o actor. Cando entrei, non me podía mover. Quedei encaixado. Aínda que por que me ía querer mover, se é o seu uso? Nunca pensei que sería tan incómodo, así que decidimos comprar un máis folgado. Aí tiña que entrar Fernando Fernán-Gómez, un tipo grande, aínda que faleceu e foi o dobre quen o substituiu.

E non se atopou con reticencias cun tema tan delicado? Todo o contrario. Coido que os velorios das aldeas trataban de desdramatizar, vían a morte como parte da vida, e iso chamábame a atención. É algo natural. Conto cousas que vivín e sentín, que foron moi ben recibidas entre as 800 persoas que participaron dalgún xeito no filme en Riba-

O reparto final coincide co orixinal ou tiveron que cambialo? Home, sempre hai suxerencias ao longo dos anos, pero hai xente que estivo dende o principio. Sabía que quería a Pico e a Chete Lera, e outros foron cambiando. Pero coido que menos Dorotea Bárcena e Manuel Millán,

porque estaban facendo televisión no momento de comezar a segunda rodaxe, todos repetiron. Tivo que cambiar o guión para a segunda rodaxe. Como resultou? Acabou gañando a historia. Ao ter que abaratala, houbo que escribir as secuencias complexas doutro xeito. Poño o exemplo da escea do accidente, na que había unhas grúas orzamentadas e ao final resolveuse xogando coas emocións. Creo que gañou en coherencia. Eu tería engadido un día ou dous máis de rodaxe, para coidar máis a realización, pero o resultado é máis ou menos o que quería.

Hai reflexión detrás? Cada un entende o cine como cre oportuno. Para min, a premisa é entreter. Por suposto, hai unhas referencias fílmicas por debaixo e un pode profundizar nos subtextos. En que quedou o das 50 copias en versión dobrada ao galego? Só vai haber tres ou catro. Os distribuidores rexéitanas porque din que é moi complicado colocalas. A min teríame gustado que houbese máis, sendo este un filme tan galego.

OS MORTOS VAN ÁS PRÉSAS Ángel de la Cruz NEUS ASENSI, CHETE LERA, MANUEL MANQUIÑA, ERNESTO CHAO

Unha camioneira deixa atascado o seu camión por un erro na entrada ao cemiterio nunha vila galega, xusto o día do enterramento dun veciño. A comunidade debátese entre desmontar o vehículo ou a estatua coa que chocou.

Ángel de la Cruz, autor d’Os mortos van ás présas

OUTRAS ESTREAS R.A.F. FACCIÓN DEL EJÉRCITO ROJO Director ULI EDEL

Actores MARTINA GEDECK, MORITZ BLEIBTREU, BRUNO GANZ, JOHANNA WOKALEK

Alemaña, anos 70. Os fillos radicalizados da xeración nazi libran unha violenta guerra contra o que cren un novo fascismo: o imperialismo ianqui.

THE VISITOR Director THOMAS MCCARTHY

Actores

RICHARD JENKINS, HAAZ SLEIMAN, DANAI JEKESAI GURIRA, HIAM ABBASS

Walter Vale, un profesor universitario que viaxa a Nova York, vese envolto na vida dunha parella inmigrante de mozos que descobre vivindo no seu apartamento de Manhattan.

LEJOS DE LA TIERRA QUEMADA Director GUILLERMO ARRIAGA

Actores

CHARLIZE THERON, KIM BASINGER, JENNIFER LAWRENCE, DANNY PINO

Sylvia é a amábel xerente dun restaurante que enmascara un tormentoso pasado ao que se ten que enfrontar cando a visita un estraño dende México.

EXIT 5

XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 13 de marzo de 2009

DO CÓMIC Á CIENCIA-FICCIÓN

REMAKE DE ‘LOS PÁJAROS’

DO TABOLEIRO Á PANTALLA

O NOVO NOLAN

CON CLOONEY

MONOPOLY

Prepara Incepcion, unha película futurista sobre a mente humana con Leonardo Dicaprio

Martin Campbell (007: Casino Royale) adaptará a fita de Hitchcock. Naomi Watts tamén está no reparto

Ridley Scott, director de Alien e Blade Runner, pretende levar ao cinema unha versión do coñecido xogo de mesa

D

DESDE MELMAC

Doctor Mateo

MONTSE CERNADAS. CRÍTICA

Julianne Moore e Mark Ruffalo, xunto a outros cidadáns invidentes, en A ciegas

METÁFORA DO DESARRAIGO DA SOCIEDADE O REALIZADOR DE ‘CIDADE DE DEUS’ ADAPTA O ‘ENSAIO SOBRE A CEGUEIRA’ DE JOSÉ SARAMAGO VÍCTOR PAZ MORANDEIRA. A CORUÑA [email protected]

Que ocorrería se un país enteiro se sentise invadido por unha cegueira colectiva, provocada por unha epidemia descoñecida? Iso se pregunta Fernando Meirelles na súa segunda incursión en Hollywood, logo de El jardinero fiel e Cidade de Deus, o seu traballo máis honesto e espectacu-

lar até o momento, rodado este no seu brasileiro natal. Se nestas dúas fitas, o cineasta facía unha crítica directa á depravación dos poderes sociais, desta volta opta por incidir no mesmo de maneira soterrada. Cun relato propio do cinema de catástrofes e de ciencia-ficción, constrúe unha historia arquetípica, que ten interese como exercicio de ritmo. A fidelidade ao orixinal non

importa, máis que como escusa para sustentar o discurso. Porén, José Saramago sempre se mostrou moi contento cos resultados dende o principio. O seu interese evidénciase no feito de que quixo viaxar até Cannes para a súa estrea e, por non poder por problemas de saúde, o propio Meirelles achegouse até Lisboa para lle ensinar a fita. MORNA ACOLLIDA Non obstante, a película obtivo críticas moi irregulares no festival por ser considerada unha metáfora evidente e superflua dos males que invaden a sociedade contemporánea, a síndrome de mirar para outro lado sen que os problemas do mundo vaian a conto cun mesmo. O seu director deféndese dicindo que non se entendeu ben en Europa, e que esta é unha película moito máis comprensíbel nos países suramericanos, que precisan abrir os ollos ante os seus réximes.

A CIEGAS Fernando Meirelles JULIANNE MOOORE, MARK RUFFALO, DANNY GLOVER, ALICE BRAGA

Adaptación de Ensaio sobre a cegueira, de José Saramago, historia na que unha curiosa epidemia deixa sen vista a todo un país.

NOVIDADES EN DVD

RESERVOIR DOGS

TRILOXÍA EL PADRINO

PINOCHO

TROPIC THUNDER

Edición en Blu-ray do debut do enfant terrible de Hollywood

Os mellores filmes de mafia da historia, en alta definición

Edición 70 aniversario, cun moi interesantes cómo se fixo

Parodia hilarante das películas bélicas. Montaxe do director

de Quentin Tarantino

de Francis Ford Coppola

de Ben Sharpsteen e Hamilton Luske

de Ben Stiller

El domingo por la noche, momento en que apetece tomar asiento en el sillón para terminar la semana, ha sido interesante desde que se inició la emisión de Doctor Mateo, una serie que resulta “fresca y divertida”, sin caer en la chabacanería de otras, que tras varios meses de emisión empiezan a resultar algo cansinas. La historia, que transcurre en el pueblo asturiano de San Martín del Sella, está basada en la llegada a la localidad de un nuevo médico, Mateo, interpretado por un fantástico Gonzalo de Castro (anteriormente conocido por su papel de Gonzalo en la serie Siete Vidas). El carácter introvertido y serio del doctor no es en principio bien aceptado por unos habitantes que buscan más un confidente y amigo que la curación de sus males, en muchos casos inexistentes, narrados con humor. La serie refleja con gran ironía un pueblo pequeño en donde todos sus habitantes son conocidos, y en donde los cotilleos circulan de boca en boca con una rapidez vertiginosa, gracias a la inefable colaboración de la radio municipal, provocando escenas de gran hilaridad. Ha logrado hacerse líder de su franja horaria, con un share cercano al 20%. Veremos cuál continúa siendo su aceptación, ya que otras cadenas anuncian estrenos prometedores. 

6 EXIT

XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 13 de marzo de 2009

M MÚSICA

Discos e revoltas

DEATH CAB FOR CUTIE

DAFT PUNK

CARAS B DUN Nº 1

TRON 2.0

Preparan The Open Door, un EP con caras B e rarezas de Narrow Stairs, o seu primeiro nº 1 no Billboard

Se Walt Disney Pictures acaba o seu remake 2.0 de Tron, Daft Punk serán os encargados da súa BSO

HAI VIDA MÁIS ALÁ DE ‘FAR FROM PERFECT’ OS GALEGOS 6PM VOLVEN CON CATRO CANCIÓNS, UN SELO PROPIO E UNHA VERSIÓN INVEROSÍMIL IAGO MARTÍNEZ. A CORUÑA [email protected]

Os músicos son reacios a explicar os seus discos. Cando lles preguntas, non contestan. Deféndense. Combaten o interrogatorio con un ou dous adxectivos. Pouco máis. Por iso saber que o novo disco de 6pm é máis orgánico, máis escuro, máis analóxico que o seu debut, aquel soprendente Far From Perfect (Junk, 2006) que os puxo decontado no cumio do pop-galego-despois-do-bravú, é máis do que parece. Tape Worms estará nas tendas o vindeiro día 3 de abril editado polo seu propio selo, In Silence Recordings, e para entón comezarán unha xira que os levará por varias salas galegas e españolas, e talvez a Alemaña. Son cinco temas. Un deles, unha versión inverosímil de José González. Raúl Mon e Iván Oubiña empezaron ben, as cousas claras. Talvez o seu momento perfecto fose a vaga da indietrónica, aquela lentura tan fin de século, pero os curmáns galegos de bandas como The Nottwist e Hood foron quen de facturar na

6pm, os curmáns galegos de Hood

TAPE WORMS 6pm

IN SILENCE RECORDINGS, 2009

Gravado por eles mesmos no seu estudio e local de ensaio, está agora mesmo rematándose en Nova Jersey nas mans de Alan Douches, colaborador de Animal Collective e Sufjan Stevens, entre outros. Amais do tema que lle dá nome e outros catro inéditos, inclúe unha versión do “Down The Line” de sueco José González. Sairá á venda o vindeiro día 3 de abril coincidindo co inicio da súa nova xira polo estado español.

súa casa un disco á altura de moitos selos europeos coa complicidade de Arturo Vaquero (Abrigueiro). Agora abandonan Junk, o selo que compartiran con outros galegos como Jugoplastika, para iniciar a súa propia aventura en In Silence Recordings, unha casa aberta a outras bandas e experiencias. DA ESCRAVITUDE AOS EUA No seu novo local de ensaio na Escravitude, perto de Santiago, outra casa aberta, neste caso á gravación e produción de música enlatada, enviaron a Nova Jersey os temas de Tape Worms para que os remate Alan Douches, enxeñeiro de son que está atrás de varias gravacións de Sufjan Stevens, Animal Collective, Antony and the Jonhsons, Galaxie 500, Beirut o Radio 4, entre outros.

FOI AUTOPRODUCIDO POR RAÚL MON E IVÁN OUBIÑA E A TAL HORA ESTÁ A SER MASTERIZADO EN NOVA JERSEY POR ALAN DOUCHES, COLABORADOR DE SUFJAN STEVENS

Algunha caixa de ritmos nova, algún sintetizador, pero pouco máis. 6pm seguen fieis á instrumentación coa que levaran ao vivo o seu primeiro traballo, do trombón e a trompeta aos teclados e o portátil. En Tape Worms, amais do tema que

lle dá nome e outros catro inéditos, inclúese unha singular versión do “Down The Line” do sueco José González que xa non se parece tanto á tocaban ás veces nos seus concertos. Versión de versión, daquela, e xa ao dispor de calquera en www.6pm.es ou en www.myspace. com/sixpostmorning, é unha boa mostra da evolución da banda. A partir do 3 de abril, cando compartirán o escenario da sala Capitol (Santiago) con Niño y Pistola, toca xirar. Pasarán por Vigo (El Ensanche), Pontevedra (Karma), A Illa de Arousa (Con do Moucho) e A Coruña antes de saír para Madrid, Zamora, Barcelona, Lleida, Zaragoza e Valencia. De momento, esas son as datas confirmadas antes da tempada de festivais. Un ano despois, 6pm está de novo en ruta.

MÚSICA ENLATADA ELVIS PERKINS

Elvis Perkins in Dearland

JULIE DOIRON

I Can Wonder What You Did with Your Day

O disco máis áspero na carreira da autora de Woke Myself Up.

Tras o éxito de Ash Wednesday, Perkins perfecciona a fórmula en Elvis Perkins in Dearland, o seu segundo disco. Se gostaches dos seis minutos e pico de “While You Were Sleeping”, non busques unha suite semellante porque non a hai. Todo o demais, porén, si que está.

CASIOTONE FOR THE PAINFULLY ALONE Advance Base Battery Life

Miniaturas de pop doméstico.

VETIVER Tight Knit

Andy Cabic está moi tranquilo no seu cuarto disco.

exit 7

xornal de galicia. Suplemento de lecer. 13 de marzo de 2009

neil young

nacho vegas

máis primavera

en vigo

A conta atrás para unha nova edición do festival Primavera Sound de Barcelona está en marcha. A última confirmación, Neil Young

Estará o 23 de abril nun ciclo de Caixa Galicia presentando as cancións de Manifiesto desastre, o seu novo disco

Os vigueses cancelaron o seu concerto en Santiago, pero actuarán hoxe á noite en Pontevedra

catpeople electroacústico os vigueses afincados en barcelona editaron a finais do ano pasado what’s the time mr wolf? redacción. a coruña [email protected]

Cancelado o concerto que ían compartir onte á noite cos lugueses de Holywater en Santiago, a de hoxe en Pontevedra é a única oportunidade para ver a CatPeople ao vivo. Nun inusual set electroacústico, ao que se pode acceder tamén co billete da frustrada cita en Compostela –se é que non pediches que che devolvesen a pasta–, estes vigueses afincados en Barcelona interpretarán para o público galego, máis unha vez, as cancións do seu

segundo traballo, What’s The Time Mr Wolf? (Pias, 2008), que empezaran a presentar en Francia no outono do ano pasado. Logo da boa acollida do seu primeiro traballo, Reel#1 (Pupilo Records, 2006), un disco na liña de Interpol, Editors e compañía que os meteu decontado na axenda dos festivais de verán, os galegos embarcáronse nunha longuísima tempada de concertos á espera de que chegase un novo relampo. Case dous anos logo, cando a obsesión do pospunk esmorecera e os seus principais valedores andaban a apañar referen-

venres 13

Karma

23 horas. 10 euros. Pontevedra

cias noutras leiras, os galegos volveron ás tendas cun álbum feito para funcionar. Moitos hits, algún deles xa debullado ao vivo, máis esmero na produción e un paso adiante nas mesmas referencias, de Interpol a Chameleons, ao tempo que unha procura nas raíces do grupo, con chiscadelas a Radiohead e certos acenos de banda grande.

Moito máis solvente sobre o escenario que cando empezou hai catro anos, a banda liderada por Adrián Pérez funciona moi ben diante do público, como desmostrou nalgunhas das súas últimas visitas a Galicia. O formato electroacústico é unha proba difícil, unha ocasión para baixar ao detalle das cancións dos dous primeiros discos dos autores de “Radio”. Como debe acontecer cos grupos, o segundo chanzo na discografía de CatPeople disipa os tópicos e amosa que a voz poderosa e singular de Adrián atopou un encofrado á súa medida.

«what’s the time mr wolf?» CatPeople PIAS, 2008

Debut dos vigueses para Pias logo do éxito de Reel#1 (Pupilo, 2006), un álbum na liña de Interpol e Editors que os meteu decontado na axenda dos principais festivais de verán no estado español. Máis solvente.

máis propostas para a fin de semana VENRES 13

sábado 14

venres 13

PINK TONES

Capitol. 21 horas. 18 euros Santiago

vetusta morla

Festa do Queixo. 21 horas. De balde Arzúa

Kathaarsys

Tan excesivo como certas etapas na traxectoria de Pink Floyd, o espectáculo que rende homenaxe aos autores de The Dark Side Of The Moon (1973) visita a sala Capitol de Santiago coa parafernalia habitual. Rock sinfónico de cámara.

Vetusta Morla, a versión edulcorada, mainstrean e mol dos Standstill de Vivalaguerra, comparten cartel con Le Punk como un dos pratos fortes –literalmente– da Festa do Queixo de Arzúa. De balde, a partir das nove da noite.

Os galegos presentan “Anonymous Ballad”, o seu terceiro disco, gravado en Buenos Aires en La Nave de Oseberg e de nuevo con artwork a cargo de Kris Verwimp (Marduk, Immortal, etc).

Mardi Grass. 22.30 horas. 7 euros A Coruña

8 exit

xornal de galicia. Suplemento de lecer. 13 de marzo de 2009

a axenda

Fin de semana

cómic

dvd

as serpes cegas

o equipo a

BD Banda e Dargaud publican esta historia sobre fanatismos en francés, galego e castelán

Edítase por primeira vez en DVD a serie completa do equipo máis famoso da televisión dos oitenta

arte

mañá

veNRes 13

A mancha humana O Centro Galego de Arte Contemporánea vén de inaugurar unha exposición de arte conceptual que non deixará indiferente. CGAC Até o 31 de maio Entrada libre Rúa Valle Inclán, s/n. Santiago

tarde Universo Figueras Acaba de chegar ao mercado galego unha recompilación das historietas do autor catalán Alfons Figueras. Humor cómico condensado en viñetas únicas. Estampas Malignas Alfons Figueras 15 euros El Patito Editorial

A ciegas A adaptación á pantalla grande da novela de José Saramago Ensaio sobre a cegueira, protagonizada por Julianne Moore. A ciegas Fernando Meirelles Consultar carteleira Miramax Films

teatro de rúa

O novelista xaponés Haruki Murakami presentou esta semana en Santiago de Compostela a súa última obra, Do que estou a falar cando falo de correr, que Galaxia publica en galego. Foi traducida ao noso idioma antes que ás demais linguas do Estado. Relata as experiencias do autor como corredor de maratóns. Do que estou a falar cando falo de correr. Haruki Murakami. Galaxia

Comeza na cidade herculina a sétima ed do Festival Internacional de Teatro Manicó cos cun desfile inaugural dirixido por Pa González na zona do centro. Nas rúas da Coruña. Todo o día.

poesía teatral

dVD

A través da discusión de dous actores (Mónica Camaño e Zé Paredes) sobre a súa condición, establécese un diálogo poético co apoio e a interacción dun músico (Anxo Graña), actor tamén. Coa palabra na lingua é un percorrido emocional pola poesía, portuguesa e galega, unificadas no acto teatral. Nu mistura poesía, teatro e música, nunha peza conmovedora. Auditorio municipal. 11.30 h. Cangas do Morrazo

O Blu-Ray está a ser a escusa perfec para rescatar, en alta calidade, as grande xoias do cinema. Reservoir Dogs (1991) de Quentin Tarantino, saíu á venda nunh edición de dobre disco cun DVD cheo de trevistas, documentais e demais extras Edición Especial. 29,95 euros

éxito internacional

teatro

O Teatro Galileo levou con moito éxito esta peza por escenarios tan relevantes como Londres, Broadway, París ou Bruxelas. Náufragos é unha obra sobre as relacións de parella nunha illa paradisiaca logo dun naufraxio. É un espectáculo de amizade, sinceridade, amor e liberdade individual. É unha comedia con catro personaxes: o home, a muller, o amante dela e o cociñeiro. Entre eles, na illa deserta, terán que marcar certas normas de convivencia que complicarán as relacións sentimentais. Teatro Jofre. Praza de Armas, s/n. As 20.30h. Ferrol

Un avó e unha avoa, preocupados pola sú comunicarse con ela dende o alén. Un d indefinible sensación do desaxuste co m tías teñen a tola esperanza de poder axu a facer máis levadeira a existencia dos in actores disposta a non deixar que lle arr neto perdido e recobrado, unha acomp avogado a piques de perder o tren, tecen Auditorio García Márquez. Rúa Camil

exposición

cante

Despois de pasar por varias cidades galegas, chega a Santiago Galicia 25, a exposición das vodas de prata do Consello da Cultura, que revisa os feitos económicos, industriais e culturais dos últimos 25 anos. Museo do Pobo Galego. Rúa San Domingos de Bonaval. Santiago

A cantante malagueña presenta o seu Gracias a la vida, no que percorre e a clásicas da música latinoamericana. Teatro Colón. Ás 20.30h. 25-35 euros A C

falar correndo

a illa do (des)Amor

un cuarto de século en galicia

noite estrea de cine

libros

coa palabra na lingua

cómic

sába

comedia de tolos n coruña

reservoir dogs

dáme veleno, sarab

potente voz malag

música

estrea

Os Pink Tones levan o espectáculo The Pink Floyd Show á Sala Capitol de Santiago. Luces de láser, fume e unha coidada interpretación do universo creado polo cuarteto británico que levan ao público ao pasado durante dúas horas inesquecibles. Sala Capitol. Ás 21h. Santiago

Con Tocamos a dos balas por cabeza compañía Los Corderos leva ao teatro un civilización futura que non se enfronta nada. Os seus cidadáns aspiran a un existencia máis feliz e creativa, posib pero afastada. As armas multiplíca se e os bens naturais esgótanse. N mundo así, todo pode pasar. Sala Nasa. Ás 20h. 5 euros. Santia

o espectáculo de pink floyd

acústico

catpeople

CatPeople presentan os temas do seu último disco, What’s The Time Mr. Wolf?, nun concerto electroacústico que fará vibrar ao público. Rabia, intensidade, e un deixe de melancolía. Sala Karma. Rúa Riestra, 34. Ás 23h. 10 euros. Pontevedra

dúas balas por cab

festa do queixo

vetusta morla

Os madrileños traen o seu últim disco, Un día en el mundo, á Festa Queixo de Arzúa. Como abreconcert terán a Le Punk. Campo da feira. 18 euros. Arzúa

EXIT 9

XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 13 de marzo de 2009

LIBRO

PINOCHO

‘SARDINIA BLUES’

CELEBRA OS 70 ANOS

Galaxia edita a exitosa novela de Flavio Soriga, traducida para o galego por Carlos Acevedo, ambientada na illa da Sardeña

Para celebrar os 70 anos de este debuxo animado sae á rúa un DVD con escenas inéditas das súas películas

ADO 14

NA

dición ómiaco

cta es 1), ha e ens.

BELA

úa descendencia , tentan dos seus netos vive coa mundo, mentres as súas udar, coas súas accións, nfelices. Unha parella de rebaten a paixón. Outro pañante misteriosa e un n un conto fantástico. lo Díaz. Ás 19h. Oleiros

GUEÑA

u quinto disco, actualiza as cancións

Coruña

BEZA

a, a nha aa nha ible anNun

ago

mo a do tos,

DOMINGO 15 DEPORTE

GUERRA ARMADA... CON PINTURA

Cada vez está máis de moda o paintball como xogo/deporte desestresante e altamente divertido, sempre coas consabidas precaucións. Poden participar persoas desde 14 ou 16 anos, estas con permiso paterno, en grupos de entre 5 e 20 persoas, dependendo da empresa organizadora. Todos os días da semana é posible reservar unha hora (ou máis, pero é cansado) para xogar ás guerras coa familia ou cos amigos. Hai unha Liga Galega de Paintball e nas catro provincias existen empresas dedicadas a esta oferta de ocio. Las tarifas varían desde os 15 aos 35 euros, pero dependen moito do pack de aventura que se elixa. Todo o material necesario facilítao a organización. www.paintballgalicia.com. Entre 15 e 35 euros

FILME

Por culpa do marisco

O camión de Irene queda atascado nunha estreita ponte que leva o cemiterio do pobo mariñeiro de Fariños de Mar xusto o día no que os veciños ían despedir a un vello mariñeiro do lugar. Os mortos van ás présas Consultar carteleira

MAXIA

RETRANCA GALEGA E ARXENTINA

O mago Marilyn e o mago Dani García, un arxentino e o outro galego, crearon Symbiosis mesturando aloucadas ideas e distintas disciplinas para transportar ao público a unha nova e alternativa realidade, na que non hai barreiras e onde todo toma un novo significado. Alí non existe a palabra imposible. Situacións cómicas, homenaxes a clásicos do cine, cancións populares e maxia, tradicional e de vangarda. Pazo da Cultura. Rúa do Pan. Ás18h. 3,5 euros. Carballo DANZA

SENTIMENTOS NEGROS

A compañía madrileña de Daniel Abreu está de xira por Galicia coa súa última peza, Negro. O xogo de luces e o escaso atrezzo realzan a coreografía e o sentimento. Teatro Rosalía. Riego de Agua, 37. Ás 19h. 9euros. A Coruña

LIBRO

Riofero

O río marca o camiñar dos personaxes da nova novela de Xelís de Toro, que se han de enfrontar ao espírito voraz do río que os atrapa. Riofero Xelís de Toro 16,55 euros Xerais

BAILE

UNHA VOLTA AO CLÁSICO

O Centro Dramático Galego ofrece unha adaptación libre de Giselle na súa terceira produción. Baixo a dirección de Cisco Aznar, esta peza do ballet clásica ilumínase cunha mirada contemporánea. A temática da obra, que coincide con certos códigos da cultura popular galega e algúns dos ideais románticos, achégana ao público. Centro Caixanova. Ás 20.30h. 8-15 euros. Vigo CONCERTO

LA PEGATINA

Este grupo catalán chega a Galicia, con trompeta e acordeón incluídos, co seu segundo disco e tras triunfar no novo escenario dos grupos emerxentes, MySpace. Vía Mandarina é o seu último traballo. Aturuxo. Rúa Pazos Fontela, 59. Ás 22h. Bueu

FILME

Mulleres na guerra

Filme ambientado na Segunda Guerra Mundial e protagonizado por cinco mulleres que chegan en paracaídas á Francia ocupada para protexer o segredo do Desembarco de Normandía. Espías en la sombra Consultar carteleira

10 exit

xornal de galicia. Suplemento de lecer. 13 de marzo de 2009

E exteriores

Viaxes

RUTAS GASTRONÓMICAS

www.EllasViajan.com

COÑECER A SIDRA

viaxar en feminino

O principado de Asturias presentou cinco itinerarios turísticos co obxectivo de dar a coñecer os seus produtos

Unha páxina web promociona viaxes dirixidos exclusivamente a mulleres, imitando un modelo xa existente nos EUA

bruxelas móvese ao ritmo das súas rúas A fama de cidade gris e aburrida acábase decontado. é abondo con dar un paseo polos seus barrios cheos de cores e matices as prazas seguen a ser na Cantaba Jacques Brel, o icono cul- capital europea tural belga por antonomasia, que importantes puntos “existiu un tempo no que Bruxelas de reunión, sobre soñaba”, no que vivía e vibraba coa vida que respiraban as súas rúas todo, no que se cheas de música e de arte. refire á vida musical Un día chegaron as institucións comunitarias e converteron a ci- e gastronómica dade na capital de Europa e do da cidade maría sabarís. a coruña [email protected]

funcionariado, pero a Bruxelas dos doces 60, da música nas esquinas, da creatividade na rúa, da cultura en cada esquina aínda non morreu e está máis viva ca nunca. A cidade flamenca, lonxe de converterse nunha cidade acomodada e gris, levántase cada día cunha cor especial froito da mestura de culturas que impregnan as prazas das diferentes comunas que rodean o centro da cidade. Dende Matongué, o barrio negro, ata Anderlecht, barrio principal de asentamento dos emigrantes galegos, os recendos e sabores varían e enriquecen o viaxeiro. Les Marolles é quizais o barrio máis carismático da capital dos belgas e tamén un dos máis activos culturalmente falando. Polas súas rúas creceu un dos homes ilustres da cultura belga, Pieter

Brueghel o Vello. A súa casa-museo e a cantidade de salas de exposicións presentes no barrio son un bo exemplo desta herdanza cultural. Ademais, tamén se atopa un dos mercadiños máis populares de Bruxelas, o Mercado das Pulgas, no que se poden atopar dende verdadeiras reliquias de dous séculos de antigüidade, ata a última novidade editorial, pasando por televisións en desuso e roupa de segunda man en perfecto estado. A poucos metros de Les Marolles atópase a zona do Sablón, onde se pode atopa r a ma ior colección

O famoso Atomium, situado no parque de Laeken, nas aforas de Bruselas

de antigüidades de Europa, repartida polos comercios da zona. O Sablón é tamén o lugar perfecto para tomar una cervexa a media tarde na praza do Grand Sablón, centro neurálxico do barrio onde tamén se atopan as principais chocolatarías da cidade. Bruxelas e tamén un referente artístico do mundo arquitectónico xa que é considerada como a capital europea, e probablemente mundial, do Art Nouveau, xa que nas súas rúas se poden ver os exemplos máis fermosos de este estilo arquitectónico nado nos anos finais do século XIX. O maior dos seus representante foi Víctor Horta, que naceu e viviu en Bruxelas e a día de hoxe a súa casa converteuse en obrigada visita para observar as delicadas formas que recorren os espazos creados por este belga universal. a importancia da praza Como sucedía na Idade Media, as prazas seguen a ser en Bruxelas importantes puntos de reunión, sobre todo no que se refire a vida musical da cidade. A máis importante delas, a Grand Place, atópase todos os días ateigada de músicos anónimos que ateigan de música a beleza os seus edificos históricos. As prazas veciñas tamén se enchen todas as tardes de curiosos que escoitan embelesados a cantidade de grupos que amosan ao paseante as súas habilidades coa guitarra ou o trombón, tamén se poden atopar familias enteiras que deciden pasar a súa tarde entretendo ao público, e que incluso venden as súas caseiras maquetas a un prezo mínimo. As prazas son tamén centros de reunión para xantar e beber unha cervexa na capital europea. Non hai praza que se prece en Bruxelas que

non conte cunha cervexaría e un posto de frites, as famosas patacas fritidas belgas que se venden nun cornete feito de papel e que xunto cunha cervexa e unha boa banda de música fan as delicias do viaxeiro. A Bruxelas cultural e bohemia é a auténtica. A que está afastada dos focos mediáticos que cada día se apostan nas portas das institucións comunitarias. Ao apagarse as cámaras, Bruxelas volve recobrar a súa normalidade de cidade rica en matices e onde reina a actividade cultural.

próximo destino:

dubai

Viaxaches algunha vez a Dubai? E que tal foi? Envíanos as túas fotografías, os teus consellos, os teus lugares e itinerarios preferidos ou o que queiras a [email protected]

EXIT 11

XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 13 de marzo de 2009

MENOS AVIÓN

IR DE CÁMPING

GAÑA O AVE

DESTINO VALENCIA

O tren de alta velocidade gañoulle a batalla ao avión, xa que no pasado mes de xaneiro converteuse na forma de viaxe maioritaria

A comunidade levantina é a que máis campistas recibiu este inverno. En segundo lugar quedou Cataluña

ELIXIR O PRESUPOSTO

Dúas formas diferentes de viaxar 1

MOCHILA DESTINO

BRUXELAS PRESUPOSTO

400 euros para unha semana

2

1 2 3 4 5 6 7

Bruxelas conta cunha ampla oferta de Young Hostels repartidos por toda a cidade. O Albergue Juvenil Génération Europe, preto da Gran Place, custa só 20 euros por noite. Existen, ademais, voos de baixo custo todos os días dende todas as capitais europeas.

Vista nocturna do Hotel de Ville, o Concello de Bruxelas, situado na Grand Place O pintoresco barrio de Les Marolles visto dende a parte superior da cidade A cervexaría Delirium Tremens conta con máis de 2.000 marcas diferentes de cervexa As rúas de Bruxelas están cheas de murais. Na imaxe, un dos máis famosos: Tin Tin, heroe local O Zinneke Pis, versión canina do arquicoñecido Manneken pis e da Janneken pis Xardíns de Laeken, unha inmensa zona verde ás aforas da cidade onde se atopa o Atomium Recuncho da casa de Víctor Horta, un dos exemplos máis fermosos do Art Nouveau

2

MALETA DESTINO

BRUXELAS PRESUPOSTO

800€ Debido ás curtas distancias que existen en Bélxica, moitas axencias de viaxes ofrecen paquetes de vacacións que inclúen a Bruxelas dentro dunha ruta por Flandres na que se visita tamén Amberes, que é considerada a capital de Flandres, Bruxas e Gante.

Para todos os petos HOTEL SAINT MICHEL 3

É o único hotel da Gran Place. Só conta 75/133 € con 15 habitacións

HOTEL GALIA

Inspirado no mundo do cómic www.hotelgalia.com

PENSIÓNS

Cadea repartida pola cidade www.bnb-brussels.be

50/90 €

ALBERGUES 69 €

Todos os albergues de Bélxica www.laj.be

18/40 €

CON NENOS 1

5

4

DESTINO ALTERNATIVO

ACTIVIDADES NA RÚA PARA OS RAPACES

As principais prazas de Bruxelas convértense nas fins de semana en improvisados centros de xogo para os rapaces, con multitude de actividades e obradoiros didácticos. A maioría dos nenos belgas dedican o tempo libre a saír ao campo en grupos de Boy Scouts.

Actividades lúdicas CAPITAL EUROPEA DO CÓMIC

6

7

No Centro Belga do Cómic organízanse a diario visitas guiadas e actividades para os máis pequenos. Ademais os rapaces poden celebrar alí o seu aniversario. www.cbbd.be

MUSEO DO NENO

Situado nos xardíns de Laeken, está composto polo Atomium e o parque temático Mini Europa que conta con miniaturas de todos os monumentos importantes de Europa, tamén da Catedral de Santiago. www.minieurope.com

12 exit

xornal de galicia. Suplemento de lecer. 13 de marzo de 2009

B barra e mesa

Comer

intoxicación

come chocolate

mal sabor

vivir máis

400 persoas foron intoxicadas tras comer no segundo mellor restaurante do mundo, The Fat Duck.

Noraboa aos amantes do chocolate, a Harvard School of Public Health asegura que alonga a vida

o vermello máis doce lonxe da súa tradicional combinación co doce, a fresa chega aos segundos pratos

Ricas en vitamina C, son famosas pola crenza no seu ana camiño. a coruña Ademais do seu sabor, son moi poder afrodisíaco, [email protected] ricas en vitamina C, case tanto como a laranxa, o icono vitamí- especialmente Poucos se resisten a pasar por dian- nico entre as froitas, e conteñen cando se combinan te das fresas e non mercalas. Cando xilitol. Si, como as gomas de mas- cunha botella comeza a esvaecer o inverno, cos car. Non é máis que un edulcoprimeiros raios de sol, as froiterías rante máis suave e saudable que o dun bo champaña comezan a arrecender a doce, a unha das froitas máis estimadas: a fresa. Máis alá do seu sabor doce, moi aprezado en repostaría para a elaboración de receitas tan recorrentes como a torta de nata con fresas ou as xa célebres fresas con nata, este froito orixinario de América irrompeu con forza na cociña de autor máis vangardista e toma protagonismo en pratos salgados, dende unha ensalada a unha sardiña mariñada. A nova cociña trouxo con ela, alén de desconstrucións, escumas e aires de sabores, a posibilidade de mesturar doce e salgado en combinacións antes impensables. Quizais o mal uso dos termos ou o descoñecemento de diferenzas entre ambos, fixeron que hoxe chamemos fresa ao que realmente é un fresón. De feito, a inmensa maioría do produto que se comercializa é fresón, de maior tamaño e menos doce. A fresa, máis difícil de atopar, de cultivo delicado e prezo elevado, apenas se atopa nos mercados. Trátase dun producto de menor tamaño e cun sabor máis doce e acentuado.

azucre. Deste xeito, unha copa de fresas con zume de laranxa supón inxerir unha bomba de vitamina C mellor que calquera complemento vitamínico vía farmacia. Entre as propiedades da fresa atópase tamén a de ser un gran remedio para doenzas como a artrite, o reuma ou a gota, segundo recomendaba Linnaeus,

un gran botánico sueco que investigou as propiedades desta froita con tantas aplicacións. Moito se tan falado tamén da fresa como froita afrodisíaca. Segundo expertos en gastronomía, o mito das fresas con champaña, recorrentes en numerosos filmes é totalmente esaxerado. A combinación do aprezado caldo coa froita potencia o sabor doce das fresas, sen capacidade ningunha –cando menos capacidade comprobada cientificamente– para aumentar o desexo sexual. A súa maridaxe con nata suxire tamén a mesma connotación. De novo, nada científico, pura imaxinación ao servizo de dous alimentos consagrados a protagonizar escenas cinematográficas ao máis puro estilo 9 semanas e media. Como queiran tomalas, con champaña ou soas, é mellor que se dean o capricho agora que comeza a súa tempada.

t

toma nota

Sardiñas mariñadas con fresas o que precisas 2-3 sardiñas por persoa 500 gramos de fresas 2 dentes de allo 5 culleradas de aceite de oliva virxe Sal Pimenta Unha ramiña de romeiro fresco

como facelo

As sardiñas deben estar limpas e cortadas en lombos. Unha vez salpimentadas colócanse nunha fonte e cocíñanse no forno –colocadas coa pel para abaixo– a lume forte durante uns 5 minutos. Quedarán case crúas. Á parte, nunha tixola quéntase o aceite e sofrítese o allo sen que se queime. Unha vez dourado, vértese a mestura, con todo o aceite, sobre as sardiñas. Deste xeito rematarán de facerse. Déixase repousar coa rama de romeiro uns 15 minutos. Sérvense as sardiñas adobiadas cun chisco do aceite no que mariñaron e cubertas de láminas de fresa. A mestura parece arriscada, pero é exquisita. Anímate!l

unha opción

Restaurante La Oca La oca acolle a diario aos incondicionais lucenses, amigos do bo comer, que buscan os pratos de sempre, os que comes sempre que te achegas a un local amplo e coidado. non quedan escusas para quedar na casa e non achegarse a lugo

E para comer, Lugo. Así reza un famoso anuncio da cidade das murallas, e ben certo é. A poucos metros da citada muralla, nunha concorrida rúa da cidade, o restaurante La Oca leva anos ofrecendo aos lucenses e visitantes unha carta inescrutable pola súa amplitude. Elixir menú en La Oca non é tarefa

fácil. As ducias de seccións que compoñen a súa carta complican por momentos a escolla. Pastas, peixe, carne, ensaladas, arroces, marisco, pizzas, sopas e pratos especiais para vexetarianos e platos baixos en calorías. Para rematar, non o dubiden. Xeado de iogur con arándanos quentes, un luxo en copa.

Especialidades recomendadas Ensalada de arroz á mariñeira 8.70 euros

Láminas de entrecot en salsa asiática 17,87 euros

EXIT 13

XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 13 de marzo de 2009

M MODA

Tendencias

SEMANA DE LA MODA DE PARÍS

LA MODA DEL FUTURO

CASCOS DE LAGERFELD

DISEÑO ECOLÓGICO

Karl Lagerfeld presentó en París una nueva colección de cascos de lujo para la moto forrados de piel y adornados con pedrería

Las nuevas tecnologías se incorporan al diseño para elaborar complementos con placas solares que aprovechan la energía

BOTAS DE SIETE LEGUAS se Hobb’s unas boLAS TRADICIONALES KATIUSKAS, AHORA CUSTOMIZADAS, VAN CAMINO DE CONVERTIRSE EN EL ACCESORIO ESTRELLA DE LA TEMPORADA DE LLUVIAS tas de piel basadas MARÍA G. VILLALOBOS. A CORUÑA [email protected]

Dice el refrán que “en abril, aguas mil”, así que se acerca el momento de sacar del fondo del armario las olvidadas botas de agua de hace años. Se perfi lan ya como el complemento perfecto y más fashion de esta temporada porque se pueden llevar con cualquier prenda, por dentro o por fuera de los pantalones; con vestido, falda e incluso con shorts. El caso es protegerse de la lluvia y conseguir mantener los pies secos sin perder ni una pizca de glamur. Las empezamos a ver pisando charcos por las calles el pasado otoño y ahora las botas de agua han dado el salto a la pasarela de la mano –más bien del pie– de Miuccia Prada, diseñadora por excelencia de Prada. Sea cual sea el nivel que alcance el agua esta primavera, las botas que propuso Prada en la Semana de la Moda de Milán como base de su colección cubren absolutamente toda la pierna. Con cremalleras o sujetas con ligas al cinturón o a la pierna,

las botas mosqueteras –inspiradas quizá en las que utilizan los pescadores– son de caña muy alta, suben hasta las pantorrillas, y tan anchas que hay que sujetarlas a unas ligas que se llevan por encima del vestido para poder atarlas a la cintura. Además de las versiones de culto que los diseñadores más in del momento hayan hecho de las botas de agua –no aptas para cualquier bolsillo–, lo cierto es que todas las marcas de calzado hacen sus propuestas. ¿Quién iba a decir que las botas de agua se iban a convertir en verdaderos complementos chic? Ya lo son. En tonos flúor para no pasar desapercibido a pesar del cielo gris y en colores más neutros, como el marrón, verde o negro, que van con todo. También las hay customizadas para un look joven más desenfadado. Otromust en calzado para la lluvia que está arrasando esta temporada son

DESDE LAS QUE PROPONE MIUCCIA PRADA SOBRE LA PASARELA HASTA LAS TRADICIONALES, HAY UN AMPLIO Y ORIGINAL ABANICO DE CALZADO PARA LOS DÍAS DE LLUVIA

las botas Hunter. Después de ser lucidas por creadoras de tendencias del mundo entero como Kate Moss, llegan a los armarios de muchos fashionistas. MÁS DE UN SIGLO ATRÁS Las tradicionales botas de goma de color verde, conocidas por sus cualidades impermeables y de camuflaje, se han convertido en un fetiche de la moda cuya historia se remonta a mediados del siglo XIX. Fue el primer duque de Wellington, Arthur Wellesley, el que encargó a su zapatero londinen-

en el modelo que llevaban por aquel entonces los miembros de la caballería alemana. Más tarde ese modelo –que se conocía como Wellington en honor al duque– se empezó a fabricar en goma para caminar con comodidad por las húmedas tierras escocesas y combatir las inclemencias del tiempo. 150 años después, la nueva versión de las botas Hunter es uno de los complemento de moda más cotizados del momento. Ya sea por su comodidad o por el glamur que esconde el que las lleven los famosos, algunos llaman a las katiuscas las nuevas Manolo (Blahnik) de las botas.

Las botas que propone Miuccia Prada cubren toda la pierna y se sujetan a la cintura con correas

14 EXIT

XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 13 de marzo de 2009

I INTERNET

A voltas na rede

HERMAFRODITE

OUTROS USOS DO TECLADO

TELÉFONO GRIMOSO

CHOCOLATE GEEK

Aínda que non o pareza, isto é un teléfono de sobremesa. Para descolgar, quítaselle a cabeza, e o micro está na boca

Velaquí unha libra de chocolate branco que resulta ideal para picar algo mentres se navega por internet

PARA ATOPAR UN BLOG, PRIMEIRO HAI QUE SABER ONDE MIRAR NON HAI UNHA WEB DE REFERENCIA PARA BUSCAR BITÁCORAS, PERO SI VARIAS MOI ÚTILES ARTURO LOSADA. A CORUÑA [email protected]

Houbo un tempo, entre 2006 e 2007, no que os blogs eran a última moda, e todo o mundo estaba convencido de que o que puidese crear un buscador de bitácoras que se convertese no Buscador ía nadar en billetes de dólar. Pero ninguén o fixo, e xa non se fará, porque as modas en internet pasan aínda máis rapidamente que no mundo real, chegaron Facebook, Twitter e outras ferramentas similares e os blogs pasaron a ser menos chamativos como negocio. Porén, as páxinas de tipo blog non deixaron de ser interesantes, e ofrecen análises políticas ou a crítica da última peli que se estreou cunha rapidez e sinceridade que non se atopa noutros sitios.Para as cousas do país, o mellor é acudir directamente a Blogaliza, que segue a funcionar ben, pero para procuras máis complexas, o mellor é aprender a usar os buscadores segundo as nosas necesidades. Se queremos os primeiros comentarios que suscitou unha

noticia de última hora, deberiamos dirixirnos ao buscador de blogs de Google. É o máis rápido e prioriza a novidade, pero non ten o mellor filtro anti spam do mundo. Se, pola contra, buscamos opinións en páxinas ben consolidadas, o mellor é acudir a Technorati, antano o favorito dos bloggers máis activos, hoxe unha sombra falta de recursos. Aínda así, a súa vantaxe segue a ser a mesma, que discrimina as bitácoras en función da autoridade, é dicir, do número de enlaces que teñen noutras webs. OS MENOS COÑECIDOS Para afinar moito, nada como Icerocket, que ten utilidades divertidas como saber cantos post se produciron no día coa palabra que buscamos, un sistema moi doado para discriminar resultados por datas concretas. Ideal para xogar. E se todo falla, sempre se pode acudir ao buscador de blogs de Ask. com, que non é o mellor en nada, pero é sólido a proba de bomba, e tamén aceptablemente rápido.

e

eLIFE

32 bits

ANONYMOUS. [email protected]

Aínda que pasaran de moda, os blogs manteñen contidos interesantes

OS CATRO XINETES DA BLOGOSFERA technorati.com

Ía para referencia, pero pasou o ‘boom’ dos blogs e os seus creadores abandonárono por unha rede de publicidade contextual. Aínda é útil.

blogsearch.google.com

A opción da todopoderosa Google non ten rival á hora de atopar os textos máis recentes, pero non escolle as bitácoras máis fiables.

icerocket.com

O que máis se actualiza nos últimos tempos, e tamén o que máis permite xogar coas procuras. Tamén permite buscar en Myspace e Twitter.

blogsearch.ask.com

Sólido e rápido. Só un problema, que ordena os resultados segundo o número de suscritores teñan no lector de RSS da mesma casa, Bloglines

OS XOGOS DA SEMANA

I-FLUID +3 anos, 19,95€, PC

Dirixir unha pinga de auga por un escenario cotián. Un tipo distinto de desafío xogable

WATCHMEN: THE END IS NIGH +16 anos, Descarga, PC / PS3 / 360

Un xogo de golpes coa escusa da peli de moda. Para acérrimos

PANZERS COLD WAR +16 anos, 49,95€, PC

A saga de tanques e estratexia en tempo real vai por primeira vez máis aló da Guerra Mundial

PRINCE OF PERSIA: EPÍLOGO +16 anos, para descarga, 360

Unha expansión que prolonga a historia do príncipe sen nome

Microsoft ha anunciado recientemente que, al igual que hizo con Vista, publicará versiones de 32 y 64 bits de su futuro Windows 7. Decir que “esta decisión me ha llenado de gozo” sería quedarse bastante corto, sírvanse a leer entre líneas. Ahora mismo, las ganancias a la hora de pasarse a 64 bits son casi marginales si exceptuamos el poder usar más cantidad de memoria RAM, ya que la mayoría del resto de hándicaps asociados a los 32 bits se han ido sorteando de numerosas formas, como el uso de juegos de instrucciones extra tipo MMX, SSE y derivados. Si Microsoft forzase un cambio brusco a 64 bits, los costes asociados serían enormes. Prácticamente todos los programas que dejen de funcionar requerirían como mínimo una recompilación –una especie de traducción del lenguaje humano al código de la máquina–, necesitando la mayoría modificaciones al código original, ya saben, actualizaciones críticas a precio de tinta de impresora. Pero si el código original no está disponible, la aplicación quedará estancada obligándonos a tener sistemas independientes para ella o bien a adquirir una nueva. El cambio, aunque necesario, no tiene por qué forzarse. Si Windows 7 reemplaza a XP en popularidad, serán las propias actualizaciones las encargadas de realizar el cambio a un ritmo más gradual. 

EXIT 15

XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 13 de marzo de 2009

L LER OU NON

Cómic

CAMALEÓNICO

SNOOPY ESTILO ‘HARD BOILED’

CHARLES BURNS

SCHULZT CITY

Swipe file, un caderno feito con viñetas de Kirby, Gould, Johnny Craig e outros, redebuxadas por Burns

Unha rareza de Timothy Lim e Jean Luc Pham, debuxos dos personaxes de Peanuts ao estilo Frank Miller

ENTREN NO GRAN GUIÑOL ‘ESTAMPAS MALIGNAS’, DE ALFONS FIGUERAS, UN DOS AUTORES MÁIS INTERESANTES DE BRUGUERA A. LOSADA. A CORUÑA [email protected]

Alfons Figueras (Vilanova y la Geltrú, 1922) é o ‘raro’ da chamada Escola Bruguera. O autor de Aspirino y Colodión ou El Profesor Tragacanto, nunca tivo tanto éxito como Ibáñez, Escobar ou Vázquez, pero foi quen de construír un universo propio que resistiu o paso do tempo co seu engado surrealista intacto. Por iso, sempre que algún experto mira atrás, aos tebeos do corazón do franquismo, remata por destacar o nome de Figueras, acompañado pola adxectivación “inxustamente esquecido”. Dende Galicia, El Patito Editorial fai un esforzo para solucionar esa inxustiza, e vén de editar unha recompilación das Estampas Malignas do historietista catalán, que se su-

ma á que xa fixeron de Doctor Mortis, hai cousa dun ano. As Estampas malignas son viñetas de humor negro (moi negro), publicadas orixinalmente na revista Dossier Negro nos anos 70. Como gags baseados nunha soa imaxe, entran dentro do terreo do humor gráfico, non do cómic, pero son unha perfecta destilación do ‘mundo Figueras’. GROTESCA VARIEDADE Pantasmas de sabas e cadeas, monstros dos filmes de terror dos anos 50, enterramentos, hospitais, suicidas e a mesma morte son obxecto de burla nestas estampas. Liberado da necesidade de ter un personaxe fixo, o autor explora a fondo a

ssúas referencias, logrando unha serie variada en situacións, pero un tanto irregular, con algúns momentos xeniais e outros fallidos. O humor oscila entre os gags visuais cun punto inocente, como o da pantasma de neno, que en vez de cadea arrastra un tren de xoguete, ata a crueldade propia do gran guiñol –do que Figueras era confeso admirador–, como cando a audiencia dunha execución escacha co riso porque o verdugo fallou ao decapitar ao condenado e cravoulle o machado nas costas. Unha lectura imprescindible para os que lles guste o humor negro.

Estampas Malignas Alfons Figueras

PÁXINAS: 120 B/N EDITORIAL: EL PATITO PREZO: 15 ¤

L

LER CON NENAS

Cartas

MONTSE PENA PRESAS. CRÍTICA

O humor acadou un oco significativo nos libros para os cativos e cativas, como amosa Sobre os bichiños. Escribe á Doutora Peteiro. Tirado dos obradoiros de Baía Edicións, escrito por Claire Llewellyn e con imaxes de Kate Sheppard, este libro ilustrado forma parte dunha serie protagonizada pola Doutora Peteiro e o seu consultorio, a onde escriben todos os insectos con complexos ou inquedanzas diversas. Alén de conseguir facer sorrir aos seus receptores coas cartas da vagalume tímida, da lombriga deprimida ou do milpés lento, a obra fornece dun atractivo material para que coñezamos a vida diaria deses pequenos seres. E se todo se complementa cunhas ilustracións igualmente divertidas, que crean unha imaxe colorista e profunda a través da mestura de fotografía, debuxo e collage, moito mellor. Ideal para amantes das cartas e do riso.

BREVEMENTE Strontium Dog

Tyrex

Gardel. La voz de Argentina

EDITORIAL

EDITORIAL

EDITORIAL

KRAKEN

DIÁBOLO

PLANETA DE AGOSTINI

PÁGINAS

PÁGINAS

PÁGINAS

128 B/N

60 COR

64 B/N

PREZO

PREZO

PREZO

12 ¤

19,95 ¤

10 ¤

Varios autores

Recompilación da serie publicada na revista británica 2.000 A.D. nos 80. A historia dun mercenario do século XXII, nun mundo posnuclear

Mauro Entrialgo

Historias curtas de Higueras, Demonio Rojo, Átomo e, claro Tyrex. Reedición dun tebeo xa esgotado, co habitual humor filosófico e cirúrxico de Mauro Entrialgo

Muñoz / Sampayo

Os autores de Alack Sinner, arxentinos exiliados en Europa, asinan a biografía de Gardel. Chega o primeiro volume un ano despois que en Francia

sumario portada. O armario de Barbara

pax.2-3

Cincuenta aniversario da Barbie, esa boneca loura adicta ás compras que fixo tolear a nenas (e nenos) de medio mundo.

pantallas. Cine

pax.4-5

Entrevista a Ángel de la Cruz, que estrea filme, e repaso ás novidades, con A ciegas á cabeza.

MÚSICA. Ao vivo

pax.6-7

Os galegos 6pm volven ás tendas de discos con Tape Worms e CatPeople actúa en electroacústico na sala Karma de Pontevedra.

axenda. Fin de semana

pax.8-9

Dende a última novela de Xelís de Toro ou a estrea d’Os mortos van ás présas até os concertos de Vetusta Morla e CatPeople.

exteriores. Viaxes

pax.10-11

A fama de cidade gris e aburrida acábase decontado. É abondo con dar un paseo polos barrios de Bruxelas, cheos de cores e matices.

BARRA E MESA. Comer

pax.12

Lonxe da sua tradicional combinación co doce, a fresa chega aos segundos pratos.

MODA. Tendencias

pax.13

As tradicionais katiuskas, agora customizadas, van camiño de se converter no accesorio estrela da tempada de chuvias.

internet. A voltas na rede

pax.14

O último en internet son os buscadores de blogs. Os máis útiles e actuais son Technorati, Icerocket, Ask e Google.

ler ou non. Cómic

pax.15

A editorial galega El Patito reedita Estampas Malignas, de Alfons Figueras, un dos autores máis interesantes da Escola Bruguera.

Related Documents

Exit #14 - 13/03/09
April 2020 17
Exit
May 2020 22
Exit
November 2019 36
Menu Exit
July 2020 20
Exit Card
November 2019 37
Exit Survey
May 2020 23

More Documents from "ismail"

Parrilla 22.04.2009
April 2020 1
Parrila Tv Martes
May 2020 0
May 2020 0
May 2020 0
June 2020 0
May 2020 0