XORNAL DE GALICIA Suplemento de lecer 13 de febreiro de 2009 Número 10
GUERRA MIÚDA: OFENSIVA WARGAME OS XOGOS BÉLICOS DE MINIATURAS SON UNHA CRECENTE AFECCIÓN EN GALICIA, QUE CONTA CUNHA EMPRESA DE PROXECCIÓN INTERNACIONAL
2 EXIT
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 13 de febreiro de 2009
P PORTADA
Guerra miúda
A PEQUENA ESCALA
MADE IN SPAIN
MORDHEIM
ANIMA TACTICS
Este xogo levou os personaxes de Warhammer de grandes escenarios a enfrontamentos urbanos
Tamén de temática fantástica, este xogo español de marcada estética anime é cada vez máis popular
OS WARGAMES FALAN GALEGO OS XOGOS DE GUERRA CON MINIATURAS, UN HOBBY EN ALZA UNHA EMPRESA DE CANGAS CONSEGUE COLOCAR OS SEUS PRODUTOS NUN SECTOR MONOPOLIZADO POLA BRITÁNICA GAMES WORKSHOP VÍCTOR PAZ MORANDEIRA. A CORUÑA
[email protected]
Cando o tenente Von Reisswitz ideou en 1824 un sistema para o entrenamento militar e a planificación estratéxica do exército prusiano, non podía imaxinar que case dous séculos despois o seu invento derivaría nunha forma de entretemento que xera millóns de euros ao ano. O xogo do xermano incluía figuras que representaban as unidades, mapas, táboas de probabilidade e regras para resolver os conflitos. Nacía o primeiro wargame ou xogo de guerra. Un iniciado na materia advertirá nesta descrición unha definición exacta do célebre xogo Warhammer, que usa miniaturas cunha aleación de chumbo e estaño para librar batallas épicas nun mundo de fantasía heroica con escenografía feita polos propios participantes. Pero o mercado non está copado por este xigante, aínda que teña o monopolio, e son moitas as empresas que se van facendo un oco entre os afeccionados máis esixentes. Entre elas atópase unha galega, que se veu obrigada a traducir o seu manual de regras ao francés e ao inglés por demanda dende o estranxeiro. Neste momento, prepárase a saída de novos libros en polaco, italiano e alemán, xa que os países con estas falas son os que máis interesados están no xogo. A empresa leva
o nome de Corvus Belli e comezou, como todos os proxectos, con moitas ganas e poucos medios. “Empezamos hai sete anos como afeccionados aos xogos de rol e ás miniaturas. Eramos só tres persoas facendo todo, dende o deseño até o empaquetado”, recorda Fernando, un dos fundadores da empresa. Hoxe en día son once para as tres liñas de figuras que fabrican e, aínda que non se van facer millonarios coa iniciativa, poden vivir dela. En 2008, facturaron 300.000 euros. DA HISTORIA Á SCI-FI Entrar nun mercado monopolizado por Games Workshop, fabricante de Warhammer, era ben complicado. “A nosa formación en Empresariais axudou”, comenta Fernando. “Estudamos o mercado e vimos que había unha posibilidade de se introducir con figuras de tipo histórico”. Estas miniaturas teñen un público moito máis especializado que demanda fidelidade á Historia para reconstruír batallas tiradas dos seus libros preferidos, no canto de fantasear con orcos e elfos. Con eles en mente, crearon a liña de Corvus Belli, que dá nome á empresa. Esta inclúe réplicas de celtas, cartaxineses, romanos e até dos soldados que participaron na Guerra dos Cen Anos. O éxito foi tal que non tardaron en sacar adiante figuras alternativas para Warhammer
CORVUS BELLI ENTROU NO MERCADO CON FIGURAS DE TIPO HISTÓRICO E HOXE XA FABRICA TRES LIÑAS DE GRANDE CALIDADE, CON VENDAS EN TODA EUROPA
(Warcrow) e, logo dun proceso de catro anos, lanzaron Infinity. “Pensabamos que os xogos de ciencia-ficción que había no mercado non eran moi realistas. Imaxinamos como evolucionará a humanidade no futuro e inventamos un mundo controlado por corporacións no que varios blocos de poder loitan para controlar os recursos do planeta”, explica Fernando. O resultado parece excelente. Andrés, da tenda Zónula Catro en Santiago de Compostela e organizador de torneos, opina que “é un xogo cunhas regras moi realistas, onde non podes rebentar un tanque cunha pistola. Ademais, resulta máis económico e a escenografía explótase coma en ningún outro”. Amén.
OS MÁIS XOGADOS NA O PIONEIRO Warhammer soubo converter os wargames nun negocio moi lucrativo. As figuras pásanse hoxe de xeración en xeración. Os rapaces que se inician no hobby refírense a todas as figuras como Warhammer. Esta marca é coma o Kleenex dos pañuelos de papel. Existe un campionato galego, aínda que dende algunhas tendas quéixanse de que non hai un terreo neutral no que libralo
EXIT 3
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 13 de febreiro de 2009
CORRE POLA TÚA VIDA
CON CARTAS
BLOOD BOWL
CONFRONTATION
Imaxinas que un orco enorme te seguise por un campo de rugbi? Pois esa tolemia ideaba o desaparecido Blood Bowl
Engade a variante das cartas para os atributos e as miniaturas teñen sona entre os afeccionados pola calidade
AS TENDAS E ASOCIACIÓNS DE GALICIA A HISTORIA PESA
O IMPERIO MEDRA
Flames of War é a máis realista das propostas actuais. A súa popularidade está a medrar a pasos de xigante. No canto de elexir un equipo cunhas características, as batallas elíxense por épocas e teñen en conta as situacións reais nas que se libraron. Ademais, construír un exército para xogar non superará os cen euros de gasto –si, é un hobby caro–, o que o fai moi atractivo
Que ocorre se lle pos a un orco unha metralleta na man? Ou se un elfo constrúe un vehículo que pode voar? Pois atópase un con Warhammer 40.000, que toma as razas do orixinal e engade algunhas novas para crear un xogo de escaramuzas espaciais. O éxito é tal que o mundo fantástico que recrea o xogo xa foi obxecto de varias novelas e videoxogos de estratexia para ordenador
O MICROSOFT DAS FIGURIÑAS DE CHUMBO E ESTAÑO UNHA FIRMA INGLESA MANDA NO INVENTO CON ‘WARHAMMER’ E ‘O SEÑOR DOS ANEIS’ Creada en 1975 en Nottingham, onde Robin Hood fixera emboscadas perfectas no seu bosque, a empresa multinacional Games Workshop domina hoxe o mercado dos wargames. Ian Livingstone e Steve Jackson adquiriron a fábrica de taboleiros que era a compañía e lograron revolucionar o sector. Comezaron creando figuras para o xogo de rol Dragones y mazmorras, para o que crearon miniaturas Citadel en 1979. Esa mesma división encargaríase de deseñar os soldados e regras para Warhammer, xogo de fantasía heroica que despregaría nos fogares de todo o mundo batallas espectaculares entre homes, elfos, ananos, orcos e outras criaturas. O hobby non se limita a facer a guerra con estas miniaturas, que seguen unhas regras que
intentan emular as condicións dun campo de batalla con realismo. Os afeccionados compran as pezas, en plástico ou metal, montan e pintan as figuras e organizan os seus exércitos coas unidades que máis lles conveñan en cada partida. As posibilidades son case infinitas. Só hai que poñerlle un pouco de creatividade. Este sistema fixo tal furor que non tardou en saír unha versión futurista, Warhammer 40.000. Este defínese máis coma un xogo de escaramuzas urbanas, cun pequeno grupos de unidades involucradas, en troques de usar rexementos completos que se moven en grupo. Sistema parecido utiliza o máis moderno de O Señor dos Aneis, baseado na triloxía de Peter Jackson, que emula os diversos conflitos da Terra Media
4 exit
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 13 de febreiro de 2009
P PANTALLAS
Cine
PARA O 2010
co melloriño do seu país
martin scorsese
CHLOë SEVIGNY
Xesuítas no Xapón feudal. Scorsese levaba tempo querendo rodar Silence. No reparto, barállanse Day-Lewis e Benicio del Toro
Logo de traballar con Allen e Fincher, entre outros, actuará ás ordes de Herzog na súa próxima fita, de terror
d
dende melmac
Prison Break
XABI kOSTAN. crítico
Os personaxes de Winslet e Kross, nunha escapada ao campo en El lector
INTERFERENCIAS FÍLMICAS do documental á ficción ou viceversa: as estreas de hoxe atópanse nesa encrucillada VÍCTOR PAZ MORADEIRA. a coruña ví
[email protected]
Parece ser o resumo do ano. É o cinema ficción ou retrato da realidade? Dziga Vertov e Serguei M. Eisenstein xa discutiran isto nos albores do cinematógrafo. Se o tempo parecera darlle a razón ao segundo, coas pantallas saturadas de folletíns de tarde, hoxe cómpre preguntarse sobre a validez do manifesto d’O home da cámara, máis cando o real entra na ficción de forma abrupta. Se as xa comentadas Milk, Gomorra ou La clase eran exercicios sinceros baixo este prisma, os de estrea esta semana, multinominados aos Oscar,
Patel e Kapoor, en Slumdog Millionaire
son enxendros minimamente vistosos que calcan esquemas continuamente repetidos. El lector toma un feito real, un xuízo a colaboradores da Alemaña nazi, para desenvolver unha historia moi intimista carente de alma, tan fría como a criminal de guerra á que dá vida Kate Winslet. Cando menos supón o descubrimento de David Kross, estudante de Dereito na película, que ten unha aventura coa Winslet e se sente atormentado anos despois, ao se decatar de que eraa unha nazi sen remordementos. As discusións co seu profesor (Bruno Ganz) sobre o que é legal e o que é moral son do mellor dun filme que xa nos contaron varias veces. A delicadeza coa que
se achega Daldry á posta en escea non chega para sustentar unha fita que se amosa baleira. conto de fadas Pola súa banda, o británico Danny Boyle firma xunto á india Loveleen Tandan un estereotípico conto de fadas moderno propio de Bollywood. Mellor lles tería sido pasar das súas ínfulas de denuncia social e concentrarse no ritmo, que é o que fai funcionar a película. Nela, un rapaz pobre preséntase ao 50x15 local para gañar cartos e liberar así á súa parella dun mafioso. Ante o seu éxito, é torturado para saber como fixo trampas. Así, o filme vertébrese cun inxenioso xogo de flashbacks e flashforwards que parten desta secuencia. Nesa lóxica, os realizadores meten con calzador intres da vida do rapaz nos suburbios de Mumbai, que recordan a unha Cidade de Deus de baixo nivel. A proposta só se xustifica polo eficaz ritmo que se lle confire a unha historia de dous tipos sentados o un diante do outro. Nese sentido, a película é un san entretemento, pero non se entende a choiva de premios que lle está a caer.
«SLUMDOG MILLIONAIRE» Danny Boyle e Loveleen Tandan DEV PATEL, FREIDA PINTO, MADHUR MITTAL, ANIL KAPOOR, MIA DRAKE
Un rapaz é torturado antes de saír responder a última pregunta do 50x15 para saber como fixo trampas. Logrará gañar para a súa parella?
«EL LECTOR» Stephen Daldry DAVID KROSS, KATE WINSLET, RALPH FIENNES, BRUNO GANZ
Un mozo alemán ten unha aventura cunha muller moito maior ca el. Anos despois, descobre nun xuízo que era unha criminal de guerra nazi.
Prison Break mestura drama, acción, suspense e mesmo aventura. Lincoln Burrows é sentenciado a morte por un crime que non cometeu e enviado ao cárcere de Fox River. O seu irmán Michael Scofield, convencido da súa inocencia, fai que o encarceren a el tamén e argalla un plan de escape. Moitos personaxes, poucos escenarios. A pesar de ter tan concentrada toda a trama, en dúas prisións e algúns exteriores, sempre tende a enganchar. Novas e inxeniosas ideas, sorpresas, persecucións, imprevistos, relacións, traicións, escapadas... e volta á traición. Cada quen coida da súa sombra. Nesta cuarta tempada muda a situación habitual: non hai cárceres nin persecucións e voltan aos EUA, pois a maioría dos aínda protagonistas traballan xuntos, de forma clandestina, para o FBI na procura dunha lista chamada Styla, moi prezada para A Compañía, unha grande organización económica encuberta que inflúe na bolsa e nos gobernos. Deberán conseguila e sobrevivir se non queren voltar ao cárcere e ser, definitivamente, ceibes. Tanto nos EUA como na América Latina estrenaron a serie a finais de 2005. En España, é emitida por La Sexta. Esta última tempada xa ten a milleiros de espectadores e a intriga asegurados. Moi recomendable, non poderás deixar de vela. l
exit 5
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 13 de febreiro de 2009
m música
Ao vivo
rock americano e pop español
En compostela e vigo
Josh Rouse
Bart Davenport
Pasou do folk-rock americano a un son máis pop logo de vir a España. Estará en Vigo, no Teatro Salesianos, o día 17
Palaces é o quinto disco de Bart Davenport. Presentarao na Sala Nasa (mércores 18) e na Casa de Arriba (venres 19)
“O que fago é xogar co ritmo e as letras” Aida alonso presenta, con só 18 anos, o seu primeiro album de estudio xunto ao galego el puto coke Natalia arias. a coruña natalia,
[email protected]
Aid é unha das moitas artistas ás que os festivais e internet lles abriron as portas para poder facer música, aínda que afirma que a súa carreira se foi labrando a golpe de casualidades. Lembra que comezou a interesarse pola música cando vía aos breakers e aos graffiteros no recreo do instituto e que, aínda que empezou escoitando rap, nunca deixou de lado ningunha influencia, sobre todo música negra. “Tiven unha evolución forte no rap, con Eminem, Enrik Sermon, Ice Cube, Bustha Rymes... influíume todo o que escoitei, tamén os grupos de Galicia, a música negra e, por suposto, El Puto Coke”. Con tan só 14 anos algúns dos seus temas acabaron nun coñecido portal de hip hop, gañou o VI Heineken Greenspace, que recorda máis “pola repercusión mediática” que polo premio, e no 2006 comezou a traballar con El Puto Coke logo de que estea a descubrir a través do myspace. Di que a ela internet lle “funcionou ben” e que “ao final é unha ferramenta igualadora para os que empezamos na música, logo a xente decide se te escoita”. Da súa colaboración de dous anos con Coke xurdíu Jugando, un álbum de 16 cortes, que mestura temas máis reflexivos con outros máis
«jugando» Aid
FALCATRUADA, 2009
Jugando é o esperado debut de Aid. Acaba de saír ao mercado e componse de 16 cortes, dous deles en galego. O álbum é un compendio das bases instrumentais de El Puto Coke e un son máis maduro e serio, que bebe do funk, o soul e a música negra, por parte da rapeira de Vigo, que achega tamén unha técnica bastante actual. É un disco variado, tanto na música como na letra, que abrangue o funk o rap e o hip hop e que reflicte unha aposta seria na que se recollen dous anos de colaboración co produtor venres 13
Iguana club 00.00 horas. 6 euros Vigo
bailables e que presenta en La Iguana. O disco non só acolle un tema co mesmo nome, senón que reflicte a forma de traballar de Aida Alonso, a estudante de teleco que se agacha tras Aid. “Xogar é o que fago eu; quizáis pola idade e porque me gusta xogar coas letras e os ritmos; no disco hai temas a dobre tempo, instrumentais máis alternativas e un rap máis experimental”. Espera que o proxecto guste, pero di que o que verdadeiramente lle importa “non é chegar a grandes festivais”, aínda que tamén, senón amosar o que estivo a facer durante este tempo. Estará arroupada polos membros da súa antiga crew, 8990, do colectivo Licor Kafé e por algún dos colaboradores do disco, como Payo Malo. Logo seguirá por outras cidades galegas, Madrid e o festival Heineken, sen deixará nin os seus estudos nin o programa de radio no que colabora en Radio Piratona, un proxecto que lle serve para decatarse de que “en Galicia hai moitos grupos en ebulición no panorama do hip hop, hai variedade e calidade, pero falta apoio”.
máis propostas para a fin de semana sábado 14
sábado 14
sábado 14
the muffs
Sala Nasa. 21.30 horas. 18/20 euros Compostela
l’ Avalanche
Fábrica de Chocolate. 22.00 horas. 5 euros Vigo
Aphonic
Os californianos The Muffs achéganse este sábado a Compostela. Kim Shanttuck deu vida a esta formación, que aproveitou a eclosión do punk dos 90 e logrou consolidarse, amosando que non eran un produto de consumo rápido.
O estilo dos franceses L’Avalanche integra ritmos de guitarra evocadores de formacións como Radiohead, melodías vocais dignas de Jeff Buckley, Leonard Cohen ou Joni Mitchell, e un son eléctrico do máis contundente.
6Bajopar (Maldito Records e Maldito Digital) é o terceiro traballo deos vigueses Aphonic, logo de Silennce (Pai Music, 2003) e Foolproof (Autoedición, 2006). Presentarano na sala Karma de Pontevedra este sábado.
Sala Karma. 23.00 horas. 5 euros Pontevedra
6 EXIT
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 13 de febreiro de 2009
L LER OU NON
Cómic
ULTIMATE SPIDERMAN
CONFESIÓNS DE ROCA E GALLARDO
REINICIO NO REINICIO
MAKINGOF DUNHA XIRA
Ultimate Spiderman, a serie creada para modernizar ao arácnido no século XXI, renóvase ela mesma e volve ao número 1
Miguel Gallardo e Paco Roca publicarán un tebeo contando as súas experiencias nas presentacións de Arrugas e María y yo
L
LER CON NENAS
Divertimento
MONTSE PENA PRESAS. CRÍTICA
O protagonista, Dashiel Caballo Terco, non deixa de ser duro nin tras unha malleira ben levada
INDIOS XOGAN A VAQUEIROS ‘SCALPED’, A ÚLTIMA GRAN SERIE DA LIÑA VÉRTIGO, UNHA PROPOSTA ORIXINAL PERO ESAXERADA A. LOSADA. A CORUÑA
[email protected]
Prairie Rose é como calquera outra reserva india. Ten pobreza, delincuencia e unha bestial taxa de alcolismo, e vén de abrir un casino indio para tentar atraer cartos. Quen goberna este “recuncho do terceiro mundo”, como el mesmo di, é Lincoln Cuervo Rojo, un antigo activista da Red Power reconvertido a mafioso. E nas súas terras chántase un bo día Dashiel Ca-
ballo Terco, que se exiliara voluntariamente con 13 anos e que agora volve convertido nun home máis duro que mascar pedras, pero cun negro pasado ás costas. Tal é a premisa de Scalped, a serie da Liña Vértigo de DC que máis eloxios está a colleitar nos últimos tempos e que conta en España con dous tomos publicados por Planeta de Agostini. Baixo o mesmo selo que amparou a Sandman, Predicador, 100 balas ou Y, The Last Man, o guionista Jason Aaron e o debuxante R.M. Guéra reali-
zan esta historia de corrupción nun ambiente afastado no habitual e cunha forte denuncia social. Un punto de partida moi realista que choca co esaxerado da narración. O heroe antiheróico, o malo carismático, a femme fatale, o policía manipulador que é tan malo como o malo... Todos están, e levados ao límite ata que resultan case cómicos, pero sen que o guionista teña intención en ningún momento de facer rir. Só dicir que na súa primeira aparición, o protagonista pelexa con quince tipos á vez, armando só cuns nunchacos, e case lles gaña. Épica digna de Jackie Chan. Pola súa banda, Guera asina un debuxo irregular, impactante cando non directamente sucio, e cunha narrativa espectacular ás veces e outras directamente confusa. Scalped sorprende de primeiras, e entretén ao lector, que non é pouco, pero incumpre a súa propia promesa de achegar algo máis.
SCALPED: NACIÓN INDIA / CASINO BOOGIE
Unha das últimas tendencias nos álbumes é ilustralos emulando o tipo de debuxos que realizan os cativos. Nese vieiro aséntase Caminando sobre el alambre, unha proposta de Thule Ediciones con texto de Daniel Nesquens e imaxes de Arianne Faber, que ten coma protagonista a unha nena que mira, mentres ao seu redor comezan a suceder cousas increíbles e un chisco surrealistas. A liña humorista de Nesquens, que beirea o absurdo e bebe da fantasía –como xa se amosou en obras coma Diecisiete cuentos y dos pingüinos, tamén moi recomendable– foméntase a través dunhas ilustracións que xogan ás superposicións combinando o binomio branco/negro coa gama de cores. O resultado é un trazo irregular e esaxerado e propiciará unha fusión de espazos e de personaxes que se convertirá para os máis novos –coa axuda dun mediador– nun curioso divertimento.
Guión: Jason Aaron Dibujo: R.M. Guéra
EDITORIAL: PLANETA DE AGOSTINI PÁXINAS: 128/144 COR PREZO: 10,95 € / 11,95 ¤
BREVEMENTE El amor duele Nananan Kiriko
La edad del bronce 7
Amaníaco 7
EDITORIAL
EDITORIAL
EDITORIAL
PONENT MON
AZAKE
AUTOEDITADO
PÁGINAS
PÁGINAS
PÁGINAS
216, B/N
86, B/N
64, COR E B/N
PRECIO
PRECIO
PRECIO
15 ¤
9¤
6¤
Vinte e tres historias desta autora nipona que narran o crueis que poden ser as relacións de parella nalgunhas ocasións.
Tras anos en branco, continúa en España a edición deste relato completo e realista da Guerra de Troia, autoeditado por Shanower.
Manuel Fontevila, Jan, Joan Tharrats, Albert Xiqués, Idígoras y Pachi ou Juan Álvarez, entre outros, están neste novo número
Eric Shanower
Varios autores
EXIT 7
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 13 de febreiro de 2009
V
VIDEOXOGOS
Lecer binario
ADEUS Á BROMA DOADA
XERADOR DE MOZAS MANGA
RETRETE AUTOMÁTICO
PASA DO LAPIS
Un grupo de estudantes da Escola Técnica de Skjen, en Dinamarca, inventou un inodoro que baixa el só a tapa
O debuxante xaponés K. Hmix regala un xerador de personaxes femininos na súa web khmix.sakura.ne.jp
SAFARI CON ZOMBIS
13 ANOS DE T-VIRUS
e
eLIFE
Unos consejos
A QUINTA PARTE DA SAGA ‘RESIDENT EVIL’ VISTE ROUPAS DE EXOTISMO A. LOSADA. A CORUÑA
[email protected]
Chris Redfield, ex policía e agora axente internacional contra o terrorismo biolóxico vai a África seguindo unha pista dese virus zombi que leva anos a perseguir. E acaba metido nunha lea de coidado. Con escenario novo e controis vellos, chega ás tendas en cousa dun mes o Resident Evil 5, a nova entrega dunha saga que enganchou a milleiros de fans en todo o mundo. Os principais cambios que presenta son que sucede a plena luz do día, que permitirá o xogo cooperativo, e que os zombis pasan a ser infectados que corren e berran ao estilo 28 días despois. Son poucos, pero suficientes como para enfadar ao creador da franquicia, Shinji Mikami, que recoñeceu
que “probablemente” non xogará con el. Este Resident Evil 5 –número enganoso, xa que en realidade é a décimo novena entrega– é o primeiro que non está nas mans de Mikami, pero mal que lle pese a este, segue os cambios de estilo que el mesmo fixo na cuarta parte. MÁIS TIROS QUE ANTES Aquelas aventuras que fixeron que se lle puxese nome ao xénero survival horror na Playstation a finais dos 90 –aínda que xa fora inventado polos Alone in the dark–, eran xogos baseados na exploración, nos crebacabezas e nos sustos, con momentos de acción moi puntuais. O Resident Evil 4, ambientado en Latinoamérica, cambiou iso para converterse nun non parar, con ten-
sión constante, ataques indiscriminados e gatillo doado, detalles que recolle Masahika Kawata, o director deste safari gore. Mesmo respectou o detalle de que non é posible disparar e moverse ao tempo, unha débeda das limitacións técnicas da primeira consola de Sony que se converteu en indentificativa da saga. Chris Redfield terá nesta ocasión a unha compañeira sobre o terreo, Sheva Alomar, imprescindible para pasar certas áreas, que pode ser controlada pola máquina ou por outro xogador. Tamén é menos escuro que os seus predecesores, e os monstros van máis frenéticos. Gustará seguro aos seareiros da saga polo que engade a unha historia que xa vendeu 35 millóns de copias. Ao resto, non estou tan seguro.
1: A gran mansión 1996. Uns policías investigan unha casa e rematan encerrados cun fato de zombis. Así comezou todo na Play Station
2: Racoon City 1998. E mentres, a cidade era invadida polos mortos viventes. Poucas novidades agás no elenco de protagonistas
3: Némesis 1999. Cambios nos controis e un argumento de persecución, fixeron desta unha das mellores entregas
4: Ambiente latino 2005. Tras moitos anos en desenvolvemento, a saga moveuse a Latinoamérica e cambiou exploración por tiros
AS NOVIDADES DA SEMANA
FALLOUT TRILOGY
WINTER SPORTS 2009
+18 anos, 20 €, PC
+3 anos, 46,95€, Wii
As tres primeiras entregas da saga, Fallout, Fallout 2 e Fallout Tactics a prezo económico
Deportes invernais para sacarlle todo o partido aos periféricos da Wii, como o Balancer Board
DESTROY ALL HUMANS: PATH OF THE FURON +16 anos, 56,90€, PS3
Conquista e escraviza aos humanos nesta gamberrada
ETERNAL SONATA +3 anos, 56,90€, PS3 / 360
Un xogo de rol ambientado no soño que Chopin ten nas súas tres últimas horas de vida. Curioso
ANONYMOUS.
[email protected]
Mantenga actualizado su sistema operativo. Use un antivirus y manténgalo actualizado. Haga varias copias de seguridad, ningún soporte de almacenamiento es fiable. Use formatos estándar para guardar sus archivos. Use software libre siempre que le sea posible. Formatear está sobrevalorado. Si no tiene total necesidad de un programa de correo, use una web tipo gmail. No envíe adjuntos grandes por email. Si quiere enviar un email a varios destinatarios, use los campos “Con Copia” y “Con Copia Oculta”. No continúe emails en cadena. Aprenda a usar Google. Es mejor una contraseña fuerte apuntada en un papel en un sitio seguro, que una contraseña débil memorizada. Invente 3 o 4 buenas contraseñas, memorícelas y asigne la misma entre usos que requieran similar seguridad. En hardware los modelos y las series son lo importante, no la marca. Entre dispositivos similares, escoja lo que produzca menos ruido, menos calor o consuma menos. Evite, en la medida de lo posible, usar dispositivos inalámbricos. Ventilador grande, ande o no ande. Mejor un router que un módem. Consulte la disponibilidad y precios de los consumibles, tanto originales como de terceros, de una impresora antes de comprarla. Escoja un buen monitor y una buena silla. Evite monitores sin conexión DVI.En caso de duda, pulse cancelar.
TAMARA DE LA FUENTE
axenda Fin de semana
veNRes 13 cine
teatro
un conto made in india
Un don xoán atípico
A obra de Tirso está dirixida por Emilio Hernández. En Don Juan, el burlador de Sevilla, o personaxe é un ser asocial, máis interesado en probarse a si mesmo que no amor. Teatro Rosalía de Castro. Riego de Agua, 37.Ás 20.30 horas. De 10 a 21 euros. A Coruña
Tres Globos de Ouro e 10 nominacións aos Óscar. En Slumdog Millionaire, Jamal Malik, un mozo orfo dunha barriada de Bombai, presentase á versión india de Quen quere ser millonario? Sorprende coas súas respostas. Consultar carteleira.
escena
Unha obra máis aló dos prexuízos
O novo espectáculo de Chévere, Testosterona aborda conceptos como a identidade e a construción do xénero até chegar á conclusión de que a masculinidade e a feminidade, son o resultado dunha construción socio-cultural. Sala Nasa. Rúa San Lourenzo, 51.Ás 21.30 horas. De 7 a 9 euros. Compostela
concerto
son urbano en galego
Logo de dúas maquetas aos 14 e aos 16 anos, e tras máis de dous anos de evolución musical xunto a El Puto Coke, Aid presenta o seu primeiro álbum, Jugando, unha mestura de hip hop, rap e funk. La Iguana Club. Rúa Churruca, 14. Ás 00.00 horas. 6 euros. Vigo
sábado 14 teatro
concerto
música
Os ilustradores Pasqual Ferr y, Miguel Rocha e Max estarán no Salón do Libro de Pontevedra para dar tres clases maxistrais sobre banda deseñada. Pazo da Cultura. Alexandre Bóveda, s/n. De 11.00 a 19.00 horas. Pontevedra
Cunha traxectoria avalada por seis anos de concertos por España, L‘Avalanche volven como trío coa incorporación d oviolinis t a Nazar Danish e un sonido contundente. Fábrica de Chocolate. Rúa Rogelio Abalde, 22. Ás 22.00 horas. 5 euros. Vigo
Os californianos The Muffs están a piques de sacar novo disco. De momento, presentan un directo moi esperado na Sala Nasa. Esta formación punk xorde nos 90 por iniciativa de Kim Shattuck. Tras varios cambios, o último membro en incorporarse á banda foi o ex batería de Redd Kross, Roy McDonald. Ata a data, o seu derradeiro disco de estudio é Really Really Happy, que saíu ao mercado no verán de 2004 e que o grupo presentou ao longo dunha xira por Estados Unidos e Xapón. Sala Nasa. Rúa San Lourenzo, 51. A partir das 21.30 horas. Entre 18 e 20 euros. Compostela
o mellor da banda deseñada
a nova chanson The muffs, en compostela francesa
directo
The wailers repasa ‘exodus’
The Wailers, o mítico grupo formado por Bob Marley, Bunny Livingston e Peter Tosh, estableceu o reggae xamaicano como xénero internacionalmente. Multiusos Fontes do Sar. Rúa Gaias s/n. Ás 21.30 horas. De 15 a 18 euros. Compostela
domingo 15 dvd
teatro
concerto
Jackie (Pam Grier) incrementa o seu soldo de azafata facendo contrabando de divisas para o traficante Ordell Robbie (Samuel L. Jackson), ata o día no que un axente de aduanas (Michael Keaton) e un policía dos Ánxeles (Michael Bowen) a atrapan. Unha edición de coleccionista do filme de Tarantino. Jackie Brown. Edición Fnac. 19,95 euros
Escrita en 1791, La comedia nueva o el Café condena a grandilocuencia dos dramas que se representaban a fins do dezaoito e aborda unha serie de ideas sobre o teatro que, en ocasións, non parecen tan afastadas. Teatro Principal. Rúa da Paz, 9. Ás 20.30. De 6 a 12 euros. Ourense
“Nada se olvida / todo se guarda en paquetitos de memoria / todo es historia / lo que recuerdas y lo que tienes oculto”, reza un dos temas máis coñecidos da barcelonesa Luciana Carlevaro, Nubla. Sala La Reserva. Rúa Desiderio Varela s/n. Ás 22.00 horas. 8 euros. Carballo
Unha mañá para un clásico revisar ‘jackie brown’ actual
música cun selo persoal
cómic
un tributo aos oitenta
Watchmen editouse por primera vez en formato comic-book, entre 1986 e 1987, e publicouse en doce entregas. Toda unha crítica á sociedade occidental de mediados dos oitenta, e , por extensión, á actual. Watchmen. Edición Absolute. Planeta de Agostini. 35 euros