XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS ENCARGADOS/AS:..........................................................
INFANTIL 3-4 ANOS
EQUILIBRAMOS UN GLOBO: por parellas e un globo cada parella deberán desprazarse polo espacio indicado (o traxeto marcarémolo con conos) suxeitando o globo coas frontes de ambos sen que caia ao chan. A primeira parella que realice o traxeto sen que caia ou estoupe o globo será a gañadora. O xogo dará comezo despois de escoitar unha sinal (pandeiro). Material: 1 globo por cada parella. Pandeiro. NOTA: OS GLOBOS REPARTIRÉMOLOS E INCHÁREMOLOS NÓS.
INFANTIL 4 – 5 ANOS EQUILIBRAMOS UN GLOBO: por parellas e un globo cada parella deberán desprazarse polo espacio indicado (o traxeto marcarémolo con conos) suxeitando o globo coas frontes de ambos sen que caia ao chan. A primeira parella que realice o traxeto sen que caia ou estoupe o globo será a gañadora. O xogo dará comezo despois de escoitar unha sinal (pandeiro). Material: 1 globo por cada parella. Pandeiro. NOTA: OS GLOBOS REPARTIRÉMOLOS E INCHÁREMOLOS NÓS.
Luns, 22 de xuño de 2009
XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS
ENCARGADOS/AS:..........................................................
1º CURSO “O OVO ESCACHADO”: Individualmente cada neno/a terá unha culler e unha pelota de pimpon que fará de ovo. O xogo consiste en que cada neno/a deberá percorrer o traxeto indicado ( serve o mesmo recorrido que para infantil) co ovo colocado enriba da culler. O xogo comeza despois de escoitar unha sinal (pandeiro). O neno/a que faga antes o percorrido sen que lle caia o ovo ao chan será o gañador/a.
MATERIAL: 1 culler e unha pelota de pimpom por cada neno/a. Pandeiro.
NOTA: se o ovo cae ao longo do traxeto deberán volver a empezar.
Luns, 22 de xuño de 2009
XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS
ENCARGADOS/AS:..........................................................
2º CURSO “CARREIRA DE SACOS”: O grupo clase distribuido en dúas hileras. O primerio de cada hilera terá un saco e meteráse nel para recorrer unha distancia (serve o mesmo recorrido que para infantil e 1º curso), despois de escoitar unha sinal (pandeiro). O percorrido será de ida e volta. Cando rematen os primeiros chegarán e daránlle o relevo aos segundos e así sucesivamente. A hilera que remate antes será a gañadora. MATERIAL: 2 sacos. Pandeiro.
Luns, 22 de xuño de 2009
XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS
ENCARGADOS/AS:..........................................................
3º CURSO AS CADEIRAS MUSICAIS: todo o grupo clase colocado arredor dos aros (colocaránse tantos aros como nenos/as haxa nese grupo menos 1 Exemplo: se hai 15 nenos/as colocaránse 14) deberán bailar arredor deles ao son sa música mentras soe, cando a música pare todos/as deberán meterse dentro dun aro. O neno/a que quede sen aro quedará fóra de xogo. A continuación quitaremos outro aro e así sucesivamente ata que queden dous nenos/as en un só aro. O xogador/a que finalmente se quede dentro do útimo aro será o/a gañador/a.
MATERIAL: 14 aros. Radio CD e música.
Luns, 22 de xuño de 2009
XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS
ENCARGADOS/AS:..........................................................
4º CURSO
“CARREIRAS DE ZANCOS”: cada neno/a con dous zancos deberán percorrer o traxeto indicado (con conos) mantendo o equilibrio neles e sen caerse.
MATERIAL: 2 zancos por xogador/a
NOTA: aquel/a xogador/a que se caia dos zancos deberá voltar a liña de comenzo. O primeiro/a xogador/a que realice o traxeto e chegue a liña de meta será o gañador/a.
Como non hai zancos para poder facer o percorrido todos xuntos dividiremos o grupo clase en dous grupos de máis ou menos os mesmo nº de compoñentes.
Luns, 22 de xuño de 2009
XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS
ENCARGADOS/AS:..........................................................
5º CURSO
“ZORREGADA CO CINTO”: Todo o grupo-clase sentados formando un círculo, agás un/ha que dará voltas ao seu redor, levando un cinto (xornal dobrado) na súa man. Cando queira deixarao detrás dalguén e correrá para dar 3 voltas completas e sentarse no sitio que quedou libre, procurando non levar golpes co “cinto”. Unha vez que se empeza a correr nunha dirección non se pode variar.
MATERIAL: un xornal dobrado. NOTA: aquel que sexa golpeado co cinto antes de rematar as tres voltas completas quedará fóra de xogo.
Luns, 22 de xuño de 2009
XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS
ENCARGADOS/AS:..........................................................
6º CURSO “O BAILE DA VASOIRA”: Todo o grupo-clase distribuido por todo o espazo bailarán ao son da música e ao mesmo tempo pasaránse unha vasoira duns a outros mentras soe a música. Cando pare a música o que teña a vasoira na man quedará fóra de xogo. NOTAS: - A vasoira pasarase a todos/as. - Non vale estar todos/as xuntos senon distribuidos por todo o espazo bailando. - O encargado de poñer a música terá os ollos vendados, contará ata vinte e deterá a música e así sucesivamente ata que só quede un xogador/a sen a vasoira. Éste/a será o/a gañador.
Esperamos que o pasarades ben e desexarvos unha boas vacacións de verán.
Luns, 22 de xuño de 2009