Xogos Tradicionais Maquetado

  • April 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Xogos Tradicionais Maquetado as PDF for free.

More details

  • Words: 331
  • Pages: 2
XOGOS TRADICIONAIS

Mariola: Trátase de debuxar no chan unha serie de casas, lanzar a pedra a unha delas e ir saltando á pata coxa para recollela, sen pisar as liñas. O trazado pode ter ata nove casiñas. Brilé: É un xogo colectivo de pelota. A clase dividida en dous equipos. Cada un dos equipos sitúase nas liñas extremas, sendo a liña central a destinada ao lanzamento da pelota. Colocados cada equipo na liña correspondente, un dos xogadores vai cara á liña central, e tendo a posesión do balón, lanza con forza contra algún dos xogadores do equipo contrario coa intención de facer branco nel. Chapas: É un xogo de habilidade no que é preciso debuxar no chan un camiño en forma de serpe con cordas. Os nenos deberán percorrer todo o camiño coas chapas sen tocar os extremos. Canicas: Trázanse dous círculos, un para determinar a posición do lanzador e outro onde se encontran as canicas-bolas (igual cantidade para cada participante). Cada xogador tira unha canica –bola coa intención de acertar nalgunha das do interior do círculo. Se o consegue para a ser súa. Turra-soga: O grupo-clase divídese en dous equipos. O obxectivo é que un equipo tire pola corda máis que o outro, facendo que este pise a liña central. O pano: Para este xogo precísase un pano. Xoga un número impar de xogadores, xa que participan dous equipos co mesmo número de compoñentes e un xogador que fai de xuíz. Cada equipo terá un capitán que lles asignará a cada un dos seus compoñentes un número, incluíndose el mesmo. O xogo consiste en que cando o xuíz diga un número, aqueles compoñentes de cada equipo que teñan ese número sairán, e un deles intentará coller o pano. O que colle o pano intentará levalo ata o seu equipo sen que sexa atrapado polo compoñente do outro equipo.

Tirar a raia: Consiste en que cada neno/a terá unha chapa e lanzará dita chapa o máis preto á liña de meta.

Related Documents