Vocabulario Clima

  • November 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Vocabulario Clima as PDF for free.

More details

  • Words: 1,059
  • Pages: 2
El Clima Tema.

O CLIMA DA PENÍNSULA IBÉRICA

Tempo: É o estado da atmosfera (temperatura, precipitacións e presión) nun momento e nun punto determinado da terra. O estudio científico do tempo denomínase meteroloxía. Clima: Estado medio da atmósfera nun lugar concreto e durante un período de tempo non inferior a 30 anos. Presión atmosférica: É a presión exercida polo peso da atmosfera sobre a superficie da terra.A presión media a nivel do mar é de 1.013,25 milibares. Milibar: (mb). É a unidade que se utiliza para medir a presión atmosférica. Barómetro: é o instrumento para medir a presión atmosférica. Foi inventado en 1643 por Torricelli. Isóbara: é a liña que une os puntos de igual presión atmosférica. Utilízanse nos mapas do tempo con intervalos de 4 en 4 mb. Anticiclón: Son centros de altas presións. Nos mapas de isobaras esta é superior aos 1014 mb. E representase cunha A. Son centros emisores de ventos e estes xiran no sentido das agullas do reloxo no hemisferio norte e no sentido contrario no hemisferio sur. Os anticiclóns poden ser térmicos (permanecen un tempo sobre a superficie terrestre) e dinámicos (son centros permanentes e soen localizarse sobre os océanos por norma xeral). As zonas dominadas polos anticiclóns son areas de tempo estable. Borrasca: En metereoloxia identifícase cunha área de baixas presións. Nos mapas de isóbaras esta é inferior a 1.014 mb. e represéntase cunha B. Son centros receptores de ventos e estes xiran no sentido contrario ás agullas do reloxo e no sentido das agullas do reloxo no hemisferio sur. Onde se sitúa unha borrasca prodúcese tempo inestable. Pantano barométrico: É o campo de presión que presenta un gradiante moi baixo e cunha presión moi pouco definida, de tal maneira que apenas aparecen isóbaras nos mapas alí onde se atopan, e no caso de aparecer forman núcleos con valores moi próximos á presión media. No inverno, esta figura orixina un tipo de tempo caracterizado pola presenza de néboas, mentres que no verán da tormentas. Fronte: Separación entre dúas masas de aire con características diferentes. Corrente en chorro: É un “cinto” estreito de ventos do oeste que circula a grande altura (12.000 km) nas latitudes temperadas. A súa velocidade varía, aínda que a súa velocidade media é superior aos 100 km/h e é o causante do tempo na superficie. Por exemplo, a evolución do fronte polar está guiada pola corrente en chorro. Recibe o nome de Jet Stream. Gota fría: Trátase dunha depresión pechada localizada nos niveis altos da atmosfera, consistente nun embolsamento de aire frío rodeado doutro de aire máis cálido. Barlovento: Ladeira ou vertente exposta á acción directa dos ventos dominantes, que normalmente recibe maior cantidade de precipitacións. É o oposta a sotavento. Sotavento: Ladeira o lado protexido do vento. É o oposto a barlovento. Brisa: É un vento de intensidade débil, entre forza 2 (brisa lixeira) e forza 6 (brisa forte). Radiación: Modo de transmisión da enerxía calorífica e luminosa entre dous corpos sen contacto material, mediante ass ondas electromagnéticas que poden atravesar o vacio. Desta maneira chega á Terra a enerxía solar. Tamén a terra emite enerxía cara o espazo, aínda que é absorvida pola atmosfera. Insolación: É a cantidade de radiación solar difusa e directa que alcanza a superficie da Terra. Xoga un papel importante na definición das zonas climáticas. Aínda que a Terra recibe unha cantidade moi pequena do Sol, esta é vital para a posta en marcha dos mecanismos terrestres e atmosféricos. Isoterma: Liña que une los puntos con igual temperatura. Amplitude térmica: É a diferenza entre a temperatura máxima e mínima, poder ser diaria, mensual ou anual. Inversión térmica: Fenómeno meteorolóxico que se produce cando unha capa de aire quente sitúase por encima dunha capa de aire frío. Produce néboas persistentes e nas grandes cidades un aumento dos niveis de contaminación do aire. As inversións máis comúns se producen no fondo dos vales no inverno (néboas no fondo e sol nas alturas).

1

El Clima

Calima: (Bruma) Fenómeno semellante á néboa pero de menor intensidade. Algunhas calimas urbanas ou das zonas industriais son debidas á contaminación e non a núcleos de condensación de humidade. Solaina: Ladeira de colina ou montaña orientada ao sur, favorable ao asentamento das poboacións e á agricultura por la grande cantidade de sol que reciben. Umbría: O contrario de solaina. Ladeira de colina ou montaña orientada ao norte, que non recibe los raios do sol. Réxime térmico: Evolución das temperaturas ao longo do ano. Evaporación: Cambio de estado polo que a materia pasa de líquida a gaseosa. Referido ao auga terrestre, é unha das fases do chamado ciclo hidrolóxico. Humidade atmosférica: Fai referencia á cantidade de vapor de auga na atmosfera proveniente de la evapotranspiración. Seca: Período prolongado no que non se producen precipitacións apreciables. Condensación: Proceso por lo que o vapor de auga contido no aire pasa a estado líquido, formando nubes, néboas e débiles chuvias. Precipitación: Auga que cae en estado sólido ou líquido e se deposita na superficie da terra a consecuencias dos procesos atmosféricos. Existen varios tipos de precipitacións; chuvia, auga neve, neve, granizo, etc. Isoyeta: Liña que nun mapa une todos os puntos con igual precipitación. Réxime pluviométrico: Distribución pluvial de precipitacións caídas durante un ano. Existen varios réxime s pluviométricos: oceánico, continental, mediterráneo, tropical, ecuatorial. Déficit hídrico: Termo que se usa para indicar la escaseza de auga na superficie terrestre. Orixínase cando se supera o límite da aridez, na que o volume de precipitacións e de evaporación se igualan. Aridez: Sequidade, ausencia o escaseza de humidade produto de situacións atmosféricas ou climáticas que ocasionan a ausencia ou o déficit de precipitacións, forte insolación, etc. Microclima: Clima dun área específica, de mo reducidas dimensións, que presenta contrastes co área na que se atopa inserta. Pode ser de orixe natural, como el de unha ribeira, o descampado do bosque, etc., o de orixe humano como o caso dunha cidade o de unha zona ao abrigo de unha ladeira ou cortavento. Clima urbano: Clima local asociado a aquelas extensións construídas nas que se modificou considerablemente o macroclima polas edificacións, é dicir, as temperaturas están influídas polas masas de formigón, polas emisións das calefaccións, ou das industrias, etc.. Rocío: Condensación do vapor de auga do aire en contacto co solo en forma de gotas de auga, que se produce por descenso nocturno da temperatura e saturación de humidade.

2

Related Documents

Vocabulario Clima
November 2019 5
Clima
November 2019 32
Clima
December 2019 23
Clima
April 2020 10
Clima
October 2019 37