Stevenson

  • October 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Stevenson as PDF for free.

More details

  • Words: 322
  • Pages: 2
"Non existen terras estrañas. É o viaxeiro o único que é estraño"

Robert Louis Stevenson (1850-1894) Stevenson naceu en Edimburgo o 13 de noviembre de 1850. A súa saúde sempre foi fráxil e desde cativo sufriu unha doenza pulmonar, que poría fin á súa vida 40 anos despois. Naceu nunha familia de enxeñeiros, que construíran a maioría dos faros da costa escocesa. A súa mala saúde impediulle acudir á escola con regularidade. Aos 17 anos entrou na Universidade de Edimburgo para estudar Enxeñería. Sen embargo, abandonou estes estudos para comezar os de Dereito. Acabou esta carreira pero nunca chegou a exercerla. Daquela, na década de 1870, xa sabía que quería ser escritor. Nunha viaxe a Francia, Stevenson coñeceu a que foi a muller da súa vida, Fanny Osbourne, unha estudante de pintura. Era 10 anos maior ca el, estaba separada e tiña dous fillos. Logo dun tempo xuntos, Fanny tivo que partir cara aos EE UU. En 1879 Stevenson decidiu ir a Norteamérica para se reunir con ela. Da longa viaxe, que empeorou a súa saúde, deixou constacia na obra: A través das pradeiras. En 1880 a parella casó e pouco despois retornou a Edimburgo. Tralo matrimonio, o éxito dos seus libros permitiulle superar as penurias económicas. Xunta Fanny, recorreu medio mundo ata chegar a Apia, en Samoa, onde compraron unha casa á que llamaron Vailima. Foi o seu derradeiro fogar. Stevenson emplegou boa parte da súa vida en viaxar. Moitas das súas novelas narran estas aventuras. En “Viaxe terra adentro” (1878) conta un percorrido en canoa por Francia e Bélxica, e en “Viaxes en burro polas Cevannes” (1879) a súa viaxe a pé polas montañas do sur de Francia. Tras casarse con Fanny fará un cruceiro polo Pacífico (1889) deica as illas de Samoa, onde o escritor, coñecido polos nativos como Tusitala (o que conta historias) morreu en 1894. Catálogo da biblioteca do IES

As Mariñas

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/ Bitácora da biblioteca http://www.biblioweb.blogspot.com/

Related Documents

Stevenson
October 2019 21
Stevenson
October 2019 10
Limiar Stevenson
June 2020 8
Essays Of Stevenson
October 2019 13