Limiar Stevenson

  • June 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Limiar Stevenson as PDF for free.

More details

  • Words: 459
  • Pages: 1
Prólogo a Stevenson, ed. TrisTram, colección Poesía de Peto, 2002 Querido lector: Nestas páxinas que agardan por ti hai un talismán. Ben sei que non están os tempos para crer en andrómenas, pero nunca falei máis en serio. E nin por esas, ti pedirás garantías. Se non me cres a min, non cho vou botar na cara, seguro que Borges ofréceche unha credibilidade acrisolada: o escritor arxentino consideraba que un libro de Stevenson é unha das perdurables felicidades que pode deparar a literatura. Un talismán da felicidade, case nada. Robert Louis Balfour Stevenson naceu en Edimburgo en 1850 e padeceu desde neno a tuberculose e desde neno foi un lector que devoraba contos de aventuras. De mozo, estudiou para enxeñeiro, co aquel de continuar a tradición paterna de constructor de faros, pero gustaba un mundo dos bares de putas e mariñeiros e frecuentadores do lado escuro da vida e aromas de menta e ron. Viaxou coa burra Clementine polos montes franceses das Cevennes, cruzou o Atlántico e un continente polo amor dunha muller, escribiu A illa do tesouro para distraer a un neno nun agosto chuviñoso, atravesou o Pacífico na goleta “Casco” por amor ós mares do sur e construíu coa súa muller, Fanny, unha casa en Vailima, o lugar dos cinco ríos, en Apia, na Samoa. Stevenson gustaba do viño e do tabaco, consideraba que “diante dunha vida sen eles non cabía senón ouvear e dar couces, e saír fuxindo”, como lle escribiu nunha carta a Henry James. As conversas cos amigos completaban o seu triduo de praceres da existencia. Foi o autor de narracións inmorredoiras: A illa do tesouro –xa citada-, O señor de Ballantree, Secuestrado, A frecha negra, O estraño caso do Dr. Jeckyll e Mr. Hyde... Pero tamén escribiu libros de viaxes marabillosos, como Viaxe en burra polas Cevennes, ensaios magníficos, e poemas inesquecibles, como o feixe que podes ler nestas páxinas. Stevenson era un home xeneroso e cun fondo sentido da dignidade humana, en resumidas contas, era un home bo. E falamos del agora porque era un poeta que cantou os sabores da vida, as viaxes, a infancia, os amigos, a aventura e, como ninguén, soubo despedirse de todo e de todos. Anque non fora por outra razón, os poemas de Stevenson cómpre lelos para aprender a dicirlle “ola” á vida, pero, sobre todo, para saber dicirlle “adeus”. O noso autor finou en 1894 en Vailima e foi transportado no taboleiro da mesa familiar, que fixera transportar desde a casa natal, ata un outeiro onde ficou enterrado cara o mar do sur que tanto amara. Pero os seus libros seguen con nós para regalarnos un talismán de voces claras, un fío invisible para orientarnos no labirinto da existencia. Feliz travesía, querido lector. Daniel Domínguez

Related Documents

Limiar Stevenson
June 2020 8
Stevenson
October 2019 21
Stevenson
October 2019 10
Essays Of Stevenson
October 2019 13