Programa Candidatura Redondas

  • August 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Programa Candidatura Redondas as PDF for free.

More details

  • Words: 1,118
  • Pages: 2
A

NDIDATURA

R

EDONDAS.

OUTRA FORMA DE FACER AS COUSAS

a alternativa Compañeiras e compañeiros: Como candidatura presentámosvos aquí unha proposta de traballo a desenvolver nos vindeiros catro anos dende o noso Colexio. Únenos fortemente unha mesma idea: impulsar a nosa profesión dentro da sociedade, o traballo social como axente de intervención social e de cambio. Somos a figura chave do sistema de servizos sociais e temos igual capacidade e responsabilidade noutras áreas: saúde, educación, emprego, xustiza, etc. A nosa capacidade de análise da realidade e de planificación da intervención en todos aqueles campos e temas, onde as persoas e as comunidades son protagonistas (medio rural, vivenda, medio ambiente...), tense que reflectir nun Colexio dinámico, transparente, coñecedor das diferentes realidades. Temos como obxectivo prioritario a creación dun CODTS que sume esforzos, que apoie e que defenda sen complexos a nosa profesión. Como profesionais, preséntasenos un futuro cheo de retos, neste senso, a nosa proposta reivindica un sistema público e universal de servizos sociais, así coma o protagonismo do Traballo Social nos momentos e procesos sociais que nos afectan: dependencia, inclusión, igualdade, regulación de servizos sociais... Apostando por un Colexio que responda ás nosas necesidades e pola participación activa. Dende unha planificación eficaz e eficiente do traballo a realizar, tendo en conta, e presente sempre, unha análise da realidade dende a perspectiva de xénero para fomentar dende aí o compromiso profesionalsocial. Defenderemos sen dúbidas, os intereses colexiais e de todas as persoas, independentemente do eido no que desenvolvamos a labor profesional: servizos sociais públicos e privados, terceiro sector e o libre exercicio da profesión. Camiñaremos ao carón de outros organismos, entidades e colectivos cos que compartimos tempo, espazo e intereses, aportando a nosa propia análise da realidade.

- Información e suxestións http://candidaturaredondas.blogspot.com/

Estas son as liñas básicas de traballo que vos propoñemos: _DEFENSA DA PROFESIÓN_ Impulsar estratexias que favorezan o recoñecemento profesional nos numerosos ámbitos nos que se desenvolve a nosa profesión: Potenciar a figura das Traballadoras e dos Traballadores Sociais nos ámbitos público e privado dos servizos sociais. Defender as funcións propias da profesión, loitar contra o intrusismo profesional, cos instrumentos legais dos que se dispón. Participar activamente en foros e iniciativas de carácter profesional relacionadas cos ámbitos de desenvolvemento profesional. Manter presenza nos medios de comunicación cando xurdan temas de interese social e para a difusión da actividade colexial. Establecer liñas de negociación e diálogo cos axentes sociais ( Sindicatos, sector empresarial, etc) e institucións públicas que representan aos ámbitos laborais máis significativos da nosa profesión (Consellerías, FEGAMP, Deputacións, Consorcio, etc), co obxecto de participar activamente en: Acadar condicións laborais e salariais dignas e equitativas recoñecidas con garantías nas normas legais e convenios colectivos Promover un sistema de garantías nos procesos de provisión dos postos de traballo, auspiciados no principio de igualdade, mérito e capacidade, participando activamente no control e vixilancia dos mesmos, promovendo a nosa presenza do Colexio en todos os procesos selectivos. Defender os procedementos que supoñan a mellora e calidade da profesión no ámbito da Administración Pública, procesos de funcionarización do persoal laboral e nos de promoción e carreira profesional, así coma no terceiro sector. Promover a presenza de profesionais que desexen participar como relatores ou docentes en eventos relacionados co traballo social, celebrados tanto en Galicia coma no resto do estado e a nivel internacional, apoiando a participación con medios materiais e técnicos.

FORMACIÓN (ÚTIL, especializada, orientada á práctica profesional, ...) _FUNCIONAMENTO DO COLEXIO_

Crear na paxina web do CODTS un espazo que recolla as peticións de formación por parte dos e das TT SS , de xeito que se planifique e coordine a formación segundo os requirimentos e áreas propostas, con contidos e carga lectiva abondosa: igualdade, educación familiar, orientación laboral, dependencia, saúde, educación...

Realizar un estudo da situación do CODTS, co fin de elaborar o plano estratéxico de traballo para os próximos catro anos, previa consulta e consenso coas persoas colexiadas das distintas áreas de traballo (saúde, servizos sociais de atención primaria e especializados, xustiza, educación, terceiro sector, sector privado e profesionais libres)

Incorporar medidas para conciliar a vida familiar e laboral. Empregar as novas tecnoloxías para a formación así coma de medida de descentralización e achegamento da formación, a través das aulas Multimedia de Galicia, proposta que debe aceptar esta entidade.

Crear un foro de participación en cada unha das 4 provincias, con reunións que teñan como eixo a temática que formuledes as persoas colexiadas para a busca de solucións conxuntas e axeitadas.

Buscar validacións da formación que se oferte a través destas canles:

Fornecer e incrementar a capacidade de xestión do colexio, ofrecendo servizos eficaces, eficientes e de calidade, que dean resposta, ás demandas das persoas colexiadas de xeito individual ou colectivo.

Celebrar convenios de colaboración con diferentes organismos públicos (Escolas Universitarias, AA PP) Contactar coas diferentes administracións para que recoñezan a formación do Colexio nos procesos selectivos.

Potenciar e garantir un funcionamento eficaz e transparente das canles de participación activa das persoas colexiadas: asembleas dinámicas e participativas que roten polas diferentes provincias, xuntas de goberno interactivas, etc.

Establecer canle de colaboración permanente coas Universitarias de Traballo Social de Santiago e Ourense.

Escolas

_RELACIÓNS EXTERNAS_

Impulsar activamente o funcionamento de grupos de traballo, nos que as persoas colexiadas deben adquirir un compromiso real e efectivo a hora de recoller as demandas e aportar propostas de solución ás diferentes necesidades da profesión.

Crear e manter liñas abertas de diálogo e de negociación coas diferentes institucións que son un referente nas políticas sociais e/ou no ámbito social (Administracións, Universidades, Asociacións, Entidades Privadas e de Iniciativa Social, outros colexios profesionais…) co fin de fornecer a nosa profesión.

Rendabilizar, canalizar e poñer en valor todo o traballo realizado polos grupos de traballo.

Establecer convenios con institucións públicas e privadas ou de iniciativa social, relacionados cos asuntos profesionais: formación, capacitación, investigación, xestión, organización de congresos e xornadas, etc.

Publicar na web, con anterioridade, a documentación referida aos temas a tratar nas asembleas co fin de que as persoas asistentes teñan a información abondosa para a toma de decisións. Manter continuamente informadas as persoas colexiadas, a través da paxina web do colexio e de outras canles de comunicación, de todas as xestións e actividades que se van desenvolver e os resultados das mesmas.

Somos unha EQUIPA con gañas de traballar pola profesión e a consolidación do sistema público de servizos sociais, cheo de ilusión para afrontar o futuro. Agardamos artellar un Colexio con voz propia con peso no noso país, útil para as persoas colexiadas, útil para o traballo social.

de Desenvolver con dilixencia as funcións propias do Colexio. Axeitar os estatutos á realidade actual.

apoio ao longo dos vindeiros anos, 5 de outubro.

Para conquerir todo elo precisamos do teu comezo,

o

vindeiro

http://candidaturaredondas.blogspot.com/

Related Documents