Memoria De Actuacións De Brinquedia 2004-2009

  • Uploaded by: Brinquedia
  • 0
  • 0
  • May 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Memoria De Actuacións De Brinquedia 2004-2009 as PDF for free.

More details

  • Words: 1,190
  • Pages:
MEMORIA DE ACTUACIONS 2004-2009

AC C I Ó N S D E S E N VO LV I DA S P O R BRINQUEDIA EN ORDE CRONOLÓXICA

2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2004 28 a 30 de maio

2011

Curso de Xogos e Deportes Populares e Tradicionais en Ourense (Acórda-se que é preciso crear unha Coordenadora que agrupe a todas as persoas e colectivos que traballen arredor dos xogos tradicionais. Créase o web www.xogospopulares.com, para este congreso, que vai ser a que empregue Brinquedia até o día de hoxe.

26 de xuño

Reunión en Melide. Redáctase o Documento Fundacional. Decídese unha Coordenadora encargada de redactar os estatutos e tomar contacto institucional.

15 e 16 outubro

Xornadas de Xogos Populares en A Capela. Xornada orientada a profesionais do ensino. Unha parte dos/as participantes adquiren o compromiso de organizar un encontro escolar. Posteriormente, un grupo reúnese en Pontedeume, onde comezará a se argallar este Encontro.

AC C I Ó N S D E S E N VO LV I DA S P O R BRINQUEDIA EN ORDE CRONOLÓXICA

2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010

2011

febreiro

Propostas á Lei do Deporte de Galiza. Envío aos 3 grupos políticos do Parlamento de Galiza.

marzo

Fundación de Brinquedia en Riotorto. Coincidindo coa final da Liga de Birlos ao Canteiro, apróbanse os estatutos fundacionais.

abril

Brinquedia participa na 1ª Mostra de xogos e deportes populares galegos, en Mugardos.

maio

I Encontro Escolar de Xogos Tradicionais en Bonaval, Santiago de Compostela. Participan uns 600 escolares de todo o país.

agosto

Asistencia á Asemblea da AEXDT, da que pasa a formar parte a partir do 2006.

setembro

Reunión coa Comisión Parlamentar de Cultura do BNG, previa solicitude de entrevista aos 3 grupos parlamentares.

novembro

1ª convocatoria do Día do peón (Polo San Martinho, peóns ao camiño), orientada nomeadamente ao ensino e ao terceiro sector. Participan arredor de 1.000 rapaces/as.

decembro

Brinquedia participa na Feira Megaxove. Salón da Xuventude. Ao longo dos 4 días que dura a feira pasan polo stand de Brinquedia máis de 500 rapaces. Diante do 1º partido da selección galega de fútbol, Brinquedia propón que se celebre unha partida de birlos entre galegos e uruguaios.

AC C I Ó N S D E S E N VO LV I DA S P O R BRINQUEDIA EN ORDE CRONOLÓXICA

2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 marzo

2011

Mesa dos Birlos. Brinquedia convoca no Val Minhor a Mesa dos Birlos, onde se xuntan as distintas modalidades deste xogo existentes no país. Créase a imaxe de Brinquedia, realizada polo deseñador ourensán Miguel Anxo Carvalho, do estudio gráfico “O Clube da esquina”.

abril

Mesa da Chave. Brinquedia tenta facer coas modalidades do xogo da Chave o mesmo ca cos xogadores de Birlos. Finalmente non posíbel, malia isto fixo iniciar os contactos entre as distintas asociacións.

maio

II Encontro Escolar de Xogos Tradicionais. Acea da Má, Culleredo. Previsións eran de 900 escolares, máis a climatoloxía fixo que só se puidera realizar con case 500. Boletín de Brinquedia. Aparece o 1º Boletín de Brinquedia, cuxo deseño e maquetación foi obra de Belén Fernández Guzmán e Xosé Díaz Díaz, membros da AGXPT. O 2º sairá en outubro deste mesmo ano.

setembro

Brinquedia participa no Congreso internacional de Santander, que fecha o Proxecto Cultura 2000, levando representación dos nosos xogos por conta da ARCASCO e os Birlos ao canteiro. Coa intermediación de Brinquedia, Adolfo Domínguez adica o catálogo de roupa infantil outono-inverno deste ano aos xogos tradicionais galegos. Brinquedia participa na Feira TOCA-TI, en Verona, levando dúas modalidades do xogo da Chave. As cifras da organización da feira falan de 100.000 visitantes.

novembro

2ª edición do Día do Peón. Créase unha imaxe común para este día e uns autocolantes que se reparten entre todos os participantes. Por primeira vez tamén faise un acto central (en Ourense), ao que se convida aos socios do Fogar do Maior desa localidade. Participan nesta edición 4.000 escolares.

AC C I Ó N S D E S E N VO LV I DA S P O R BRINQUEDIA EN ORDE CRONOLÓXICA

2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010

2011

febreiro

Brinquedia comeza unha colaboración co COAG, redactando e escollendo os xogos tradicionais a incluir no Proxecto Terra.

marzo

Brinquedia colabora coa Revista Galega de Educación, adicando o número 37 desta publicación ao patrimonio lúdico galego.

maio

Brinquedia asina un convenio de colaboración coa Secretaria Xeral de Igualdade, Carme Adán. Coa colaboración do COAG e da Secretaría Xeral de Igualdade, Brinquedia edita un folleto-libriño con información dos xogos tradicionais que se practican no Encontro escolar e información xenérica de Brinquedia, estatutos e membros. III Encontro Escolar de Xogos Tradicionais. Complexo Monterrei, O Pereiro de Aguiar. Participan 700 escolares.

setembro

O web www.xogospopulares.com recebe o Premio Galicia de xornalismo deportivo ao mellor web do ano pola parte da FGPD (Federación Galega de Xornalismo Deportivo). Estudo diagnóstico do xogo tradicional en Galiza. Comezan as reunións coa FDG, para a realización dun estudo que diagnostique a realidade do xogo tradicional no país. Na actualidade a FDG e o seu persoal está levando adiante este documento.

novembro

III Día do Peón. Por primeiro ano, o acto trascende fóra do país. Un colectivo de emigrantes galegos en Barcelona súmase á iniciativa. Participan máis de 10.000 persoas. O acto central desenvólvese na Mostra da Oralidade en Pontevedra.

AC C I Ó N S D E S E N VO LV I DA S P O R BRINQUEDIA EN ORDE CRONOLÓXICA

2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010

2011

maio

Participación no Intergaliza-Integraliza. Programa de integración con inmigrantes afrcianos en Ourense, através de xogos, música, contos e gastronomía.

novembro

Participación na Mostra do Patrimonio Cultural Inmaterial, organizada polo Equipo Ronsel, das 3 Universidades galegas. IV Día do Peón. Máis de 12.000 persoas participan nunha xornada que se albisca xa consolidada no país. O acto central ten lugar en Noia, onde o ciclista profesional Ezequiel Mosquera lee o manifesto do día.

AC C I Ó N S D E S E N VO LV I DA S P O R BRINQUEDIA EN ORDE CRONOLÓXICA

2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010

2011

xaneiro

Convocatoria do IV encontro escolar de xogos tradicionais dirixida ao centros e ensino non uiniversitario.

febreiro

Plan Estratéxico dos xogos e deportes populares e tradicionais. Brinquedia estivo na presentación oficial do plan a desenvolver entre a administración e as diversasasociacións que traballan neste eido.

maio

Realización do IV Encontro Escolar de Xogos Tradicionais en Silleda coa participación de máis de 800 nenos e nenas

xullo

Participación na Asamblea da AEXDT en Aranda del Duero. Participación no Encontro Europeo de Xogos Tradicionais en Aranda del Duero

AC C I Ó N S D E S E N VO LV I DA S P O R

ENTIDADES ASOCIADAS A BRINQUEDIA

BRINQUEDIA EN ORDE CRONOLÓXICA

Abana eventos, S.L.

CEIP Vite I

Altega, xestión do lecer

CFR de Ferrol

ACP Ponte… nas ondas!

Clube de Amigos da Chave de Ferrolterra

A.C. Terra de Melide

Concello de Ourense

Asociación Enredos

Concello de Vilar de Santos

AGXPT

C.P.I. Antonio Orza Couto

ARC Santa Comba de Órrea

ETNOGA, S.L.

A VV As Eiroás

IES de Melide

Related Documents

20042009 News
April 2020 15
Sistemas De Memoria
November 2019 0
Memoria De Actividades
December 2019 0

More Documents from "saz"