Brinquedia
[email protected] www.brinquedia.net
ESTATUTOS
ACTA DA ASAMBLEA FUNDACIONAL No concello de Riotorto, nos locais da Casa da Cultura, sitos na rúa Circunvalación, s/n, ás 12 horas do 27 de marzo de 2005, reunen-se as seguintes persoas, todas elas maiores de idade e con nacionalidade española,
Brinquedia
[email protected] www.brinquedia.net
- Juan José Méndez Martínez, con D.O.I. nº 76.506.236-W, con enderezo na R/ Catasol, 36 (15800 – MELIDE- A Coruña), en representación da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, con C.I.F. nº G-15.922.396, con enderezo na R/ Nova, 2 – 1º - 15821 – ARCA - O PINO (A Coruña) - Xosé Lois Vázquez Pardo, con D.O.I. nº 34.986.368 X, con enderezo na R/ Bernardo González (Cachamuiña), 6 – 1º esqdo. (32004 – OURENSE), en representación da Asociación de Viciños e Viciñas d’As Eiroás, con C.I.F. Nº G-32.118.127, con enderezo na R/ dos Chaos, s/n – 32001 - OURENSE - Xosé Lois Vázquez Pardo, con D.O.I. nº 34.986.368 X, con enderezo na R/ Bernardo González (Cachamuiña), 6 – 1º esqdo. (32004 – OURENSE), como Delegado de José Araújo Fernández, en representación do Concello de Ourense, con C.I.F. nº P-3205500-F, con enderezo na Praza maior s/n 32005 OURENSE - Ángel López Eiriz, con D.O.I. nº 33.828.603 L, con enderezo na R/ Iglesia, 40 – 5º B (15009 – A CORUÑA), como Representante da Asociación Recreativa Cultural dos Amigos de Sta. Comba de Órrea (ARCASCO), con C.I.F. nº G-27 310051, con enderezo na Órrea, nº 2 – 27285 – RIOTORTO (Lugo) - Francisco Xavier Paz Garza, con D.O.I. nº 34.949.579 K, con enderezo na R/ das Tendas, nº 1 – 4º (32005 – OURENSE), en Representación da Livraria Torga, de Ourense. con C.I.F. 34.949.579-K, con enderezo na R/ da Paz, 12 – 32005 - OURENSE - Antón Cortizas Amado, con D.O.I nº 32.612.004 M, con enderezo na R/ Pardiñas, 5-7 – 4º D (FERROL) - Uxío Breogán Diéguez Cequiel, con D.O.I. nº 34.267.401 T, con enderezo na Avda. Pontevedra (Edif. Riazor), 6 – 5ºA (NOIA). - Xosé Xabier López García, con D.O.I. nº 32.421.197 Y, con enderezo no Lugar de Cardeita, 5 – 1º (CABANAS) ACTA FUNDACIONAL DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL
- José Baño Fernández, con D.O.I. nº 76.536.514 N, con enderezo na R/ do Río Ouro, 16 (BURELA) - Francisco Manuel Veiga García, con D.O.I. nº 33.251.405 Y, con enderezo na R/ Nova, 2 – 1º (15821 – ARCA-O PINO) - Daniel Pino Couñago, con D.O.I. nº 76.889.813 P, con enderezo no Lugar de Ribeira de Creo – Esteiro, 65 (MUROS) - Secundino García Mera, con D.O.I. nº 32.600.687 G, con enderezo en Vilarón, 5 (A CAPELA) - Javier Rico Díaz, con D.O.I. nº 33.347.023 J, con enderezo no Lugar de Santalla, 16 (A PONTENOVA) Todos/as eles/as con plena capacidade de obrar, libre e voluntariamente acordan constitur a ASOCIACIÓN CULTURAL BRINQUEDIA – REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL, de acordo co establecido na lexislación vixente, cos fins que se expresan nos seus Estatutos. Brinquedia
[email protected] www.brinquedia.net
A tal fin redactan-se e asinan-se os Estatutos da ASOCIACIÓN CULTURAL BRINQUEDIA – REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL segundo o establecido nas leis vixentes, que se elevan coa presente Acta á Autoridade competente para o seu visado e inscripción nos Rexistros Oficiais correspondentes. Fixeron chegar, igualmente, a súa adhesión explícita á iniciativa as seguintes entidades: Asociación Deportiva da Chave de Ourense. Fato Cultural Os Chaos, de Amoeiro. CEIP Mosteiro de Caaveiro, d’A Capela. Colectivo Murguía, Revista Galega de Historia. Asociación Galega de Historiadores/as. IES de Melide. CEIP Ricardo Tobío, de ESTEIRO- MUROS Centro Social Atreu!, d’A Crunha. Asociación de Amigos da Dorna, d’A Illa de Arousa. Associação Sócio-Pedagógica Galaico-Portuguesa. Foula Cultural. Museo Pedagóxico de Galiza (MUPEGA). Centro de Estudos Otero Pedrayo – Xeración Nós. Coordenadora Pro-Natureza Ourensá. Asociación Cultural Orballo, d’O Carballiño. Asociación Cultural Terra de Melide. IES Chamoso Lamas, d’O Carballiño.
ACTA FUNDACIONAL DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL
Asociación Cultural Choupana, de Amoeiro. CEIP San Gregorio, de Carnota. Agrupación Cultural Auriense Museo da Limia. Concello de Vilar de Santos. Centro de Cultura Popular do Limia Asociación Cultural O Varal, de Ribadeo. Ponte ...nas Ondas! Federación Galega pola Cultura Marítima Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega.
Brinquedia
[email protected] www.brinquedia.net
Do mesmo xeito, acordan nomear a seguinte Xunta Directiva: Xosé Lois Vázquez Pardo, como PRESIDENTE Xosé Xabier López García, como VICE-PRESIDENTE Francisco Manuel Veiga García, como SECRETARIO Ángel López Eiriz, como TESOUREIRO Antón Cortizas Amado, como VOGAL 1 Daniel Pino Couñago, como VOGAL 2 Javier Rico Díaz VOGAL 3 José Baño Fernández VOGAL 4
En Riotorto a 27 de marzo de 2005
ACTA FUNDACIONAL DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL
CAPÍTULO I DA ASOCIACIÓN EN XERAL Artigo 1°.- Coa denominación de Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional constitúese, sometida ao réxime asociativo establecido na Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociacións, e demáis lexislación que lle for aplicábel, unha asociación que agrupa a aquelas entidades individuais e colectivas que teñan –entre os seus obxectivos xerais- a formación, a xestión, a promoción e/ou a defensa dos xogos e deportes tradicionais e populares Brinquedia
[email protected] www.brinquedia.net
galegos. Artigo 2°.- Son fins principais da Asociación: Divulgar as actividades e iniciativas derivadas de cada unha das entidades pertencentes á Rede e, en xeral, cualquer iniciativa de recuperación e/ou promoción das prácticas lúdicas tradicionais. Realizar actividades de formación e divulgación. Promover a investigación do patrimonio lúdico tradicional. Canalizar os trámites administrativos dos/as socios/as que o requiran. En xeral, favorecer o desenvolvemento e a práctica dos xogos e deportes tradicionais e populares galegos. Artigo 3°.- Para o cumprimento destes fins, a Asociación promoverá e organizará as actividades que a continuación se relacionan, aténdose á lexislación vixente: Creación dunha rede de información e divulgación sobre as actividades lúdicas populares e tradicionais. Promoción da posta en marcha de asociacións ou entidades de ámbito local ou comarcal. Organización de Encontros, conferencias, congresos e, en xeral, cualquer tipo de actividades que contribúan á consecución dos fins perseguidos polas diferentes entidades. Promoción do inventariado dos xogos e deportes populares e tradicionais galegos. Promoción do estudo científico das prácticas lúdicas tradicionais.
ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL
Difusión plena do catálogo lúdico tradicional a través de diversos soportes. Desenvolvimento de programas educativos. Apoio a constitución de federacións deportivas en cualquer a isciplina deportiva tradicional. Realización dunha proposta lexislativa sobre o Património lúdico tradicional. Promoción do museísmo lúdico. Realización de actividdaes de formación para persoal especializado. Creación de ludotecas especializadas no catálogo lúdico tradicional. En xeral, cualquer actividade que permita o desenvolvemento dos fins perseguidos pola Asociación. Brinquedia
[email protected] www.brinquedia.net
Artigo 4.- Como Asociación sen ánimo de lucro, os benefícios que se obteñan por cualquer conceito destinaranse exclusivamente ao cumprimento destes fins sen que se poidan repartir entre os asociados nen outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo. Artigo 5°.- O domicilio social provisorio da Asociación radicará na localidade de Ourense, na RÚA DOS CHAOS, S/N (ANTIGO LAVADOIRO), Código Postal nº 32001, correo electrónico
[email protected]. Poderanse empregar outros locais asociativos adicionais noutras cidades, mediante acordo da Asemblea Xeral, que terá atribucións para mudar, tanto o domicilio como os locais, dando conta do seu acordo ao Organismo encarregado do Rexistro de Asociacións. Para os efeitos de comunicacións e notificacións sinálase como preferente o enderezo enriba sinalado. Artigo 6°.- A Asociación en funcións dos seus fins e da ubicación do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Galiza. Artigo 7° .1. A duración desta Asociación é de carácter indefinido e só se disolverá, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos/as asociados/as expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria (en adiante A.X.E.) ou polas causas previstas na lexislación vixente. 2. A Asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e do resto do ordenamento xurídico.
ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL
CAPÍTULO 2 DOS/AS SOCIOS/AS Artigo 8°.- Poderán ser membros activos/as da Asociación todas aquelas persoas ou entidades fisÍcas ou xurídicas, con plena capacidade de obrar, que dalgún xeito teñan interese en servir os fins da mesma e sexan admitidas pola Xunta Directiva (en adiante, X.D.). Así mesmo, a Asemblea Xeral (en adiante, A.X.), poderá outorgar o nomeamento honorário ás persoas ou entidades que estime oportuno –polo seu traballo relevante no eido dos xogos tradicionais-, a título Brinquedia
[email protected] www.brinquedia.net
meramente honorífico, sen que isto leve consigo a condición xurídica de sócio/a. Artigo 9º.- En arranxo ao artigo anterior, poderán ser socios/as de BRINQUEDIA: Persoas físicas Asociacións de cualquer índole Centros de ensino Organismos oficiais Empresas Cualquer outra organización que recolla entre os seus fins a defensa e promoción do patrimonio lúdico e da cultura tradicional. Artigo 10°.- Dentro da Asociación poderán existir as seguintes clases de asociados/as: a. Fundadores/as, aquelas persoas ou entidades que subscribiron a Acta Fundacional. b. Numerarios/as, aquelas persoas ou entidades que ingresaron con posterioridade á subscrición da Acta Fundacional. c. Honorarios/as, aquelas persoas ou entidades que, a xuízo da A. X., axuden de xeito notábel ao desenvolvimento dos fins da asociación. Artigo 11°.- Os/as asociados e asociadas ten os seguintes direitos: Asistir e participar con voz e voto, nas Asembleas Xerais. Estar informado da marcha da Asociación e das súas actividades. Participar nas actividades que promova a Asociación e nos actos sociais que organize para todos/as os/as sócios/as.
ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL
Ser eleitor/a e elexíbel para a formación da X.D. da Asociación, de conformidade co artigulado destes Estatutos. Coñecer o contido dos Estatutos, así como os acordos adoitados polos órgaos directivos. Ser apoiados/as pola Asociación nos seus dereitos legais como tales membros. Intervir na decisión dos asuntos da Asociación por meio de mocións e censuras que serán prantexadas por escrito perante a X.D. Que se lle poña de manifesto o estado de contas e ingresos e gastos da Asociación tódolos anos, así como o desenvolvemento da súa actividade. Brinquedia
[email protected] www.brinquedia.net
Artigo 12°.- Son obrigas dos asociados e das asociadas: Acatar os presentes Estatutos e os acordos válidamente adoitados pola A.X. e a X.D. Aboar as cotas que acorde a X.D. Desempeñar fielmente as obrigas inherentes ao cargo que ostenten. Apoiar e promocionar as actividades que organice a Asociación. Absterse de realizar a título persoal, ou no nome da Asociación, acto algún análogo aos exercitados pola Asociación en beneficio común, sen a previa comunicación e autorización da X.D. Aportar os informes que a Asociación lle solicite, en defensa dos direitos dos/as asociados/as, referente a matérias que non sexan reservados legalmente. Apoiar e defender os intereses da Asociación e do Patrimonio lúdico galego, en cualquer tema apresentado pola A.X. ou pela X.D. Artigo 13°.- Os/as asociados e asociadas honorarios non intervirán na dirección da Asociación nen nos órgaos de representación da mesma, aínda que están faculdados para asistir ás Asembleas Xerais con voz, pero sen voto. Artigo 14º.- Os acordos de admisión de asociados e asociadas serán tomados pola X.D., unha vez recebida a petición escrita da persoa ou entidade que desexa ser admitida. No caso de menores de idade e persoas que actúen através de representante a solicitude deberá ser autorizada polo representante, nai/pai ou titor/a do/a solicitante, quen acompañará unha acreditación da identidade do mesmo.
ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL
No caso dunha asociación, centro de ensino, organismo oficial, empresa, etc..., achegarán ao escrito de admisión unha copia selada do acordo expreso do seu órgao competente ou do seu órgao reitor no que manifeste o seu desexo de adhesión a BRINQUEDIA, así como a designación dos seus representantes. Na A.X. as entidades terán dereito a designar até un máximo de 2 representantes. Artigo 15°.- A condición de asociado/a, tanto para entidades como para membros a título individual, pérdese: Por vontade propia. Por falla de pagamento nas cotas. Pola realización de accións que perxudiquen gravemente os Brinquedia
[email protected] www.brinquedia.net
intereses da Asociación. Por expediente disciplinario. Artigo 16°.- A expulsión de asociados e asociadas será acordada pola X. D., previa audiencia do/a interesado/a ou do/a máximo/a responsábel da entidade. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola A.X.E. e contra da súa resolución poderase recurrir ante a xurisdicción ordinaria. Cando a baixa se produza por vontade dun/unha asociado/a, éste/a deberá realizar unha petición escrita e procederá ao aboamento previo de todas as cotas que tiver pendentes. Artigo 17°.- Os/as asociados/as poderán pedir a separación temporal por escrito. A Xunta Directiva poderá acordar a separación temporal dun/ha asociado/a cuando se esté tramitando un expediente sancionador, ou concurran causas xustificadas que o aconsellen, tales como a demora no pagamento dalgunha cota, ou comportamentos que afecten á boa marcha dalgún dos fins da Asociación. O expediente sancionador recollerase no Regulamento de réxime interno, mais en todo caso a Resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria.
ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL
CAPÍTULO III DOS ÓRGAOS DA ASOCIACIÓN Artigo 18°.- A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo/a Presidente/a, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral. Artigo 19°.- O/A Presidente/a da Asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoitados pola X.D. e a A.X., presidindo as sesións que celebre unha e outra. Brinquedia
[email protected] www.brinquedia.net
Artigo 20°.- A Xunta Directiva estará formada por un/ha Presidente/a, un/ha Vicepresidente/a, un/ha Secretário/a, un/ha Tesoureiro/a e un máximo de 4 Vogais. Artigo 21º.- Poderán ser membros da X.D. todos/as aqueles/as socios/as ao corrente no pagamento da cota e con unha antigüidade mínima de UN ANO como membro da Asociación. O disposto no párrafo anterior non será de aplicación á primeira X.D. que se constitúa. Os/as socios/as poderán presentar candidaturas individuais ou colectivas ante a A.X. contabilizando os votos que reciban os seus membros segundo as disposicións legais vixentes e as estipulacións regulamentarias que se acorden. Artigo 22°.- Os cargos que compoñen a X.D. non serán remunerados, sen prexuizo do direito a seren reembolsados dos gastos debidamente xustificados, e deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade por si mesmos ou por persoa interposta. Os cargos serán elexidos pola A.X. e durarán un período de 2 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente. Os cargos da X.D. renovaranse por metade. No primeiro turno serán renovados/as o/a Vicepresidente/a, o/a Tesoureiro/a e un Vogal e no segundo, ao ano seguinte, o/a Presidente/a, o/a Secretário/a e o/a outro/a Vogal. O primeiro mandato dos cargos do segundo turno de renovación durará 1 ano máis. O persoal de administración, se o houber, será nomeado pola X.D., que acordará ademáis a súa retribución.
ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL
Artigo 23º.- Os cargos da X.D. poderán cesar polos seguintes motivos: Por extinción do seu mandato. Por renuncia voluntaria, expresada por escrito ante a A.X. Por incumprimento das tarefas atribuidas no artigo 24 dos presentes Estatutos. Artigo 24°.- É función da X.D. programar e dirixir as actividades asociativas, elevar a xestión administrativa e económica da Asociación, someter á aprobación da A.X. o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior. Así mesmo procederá a convocar e fixar a data da A.X., fixar as cotas ordinarias e extraordinarias que se aproben, designar as Comisións de traballo ou seccións Brinquedia
[email protected] www.brinquedia.net
que se estimen oportunas para o bon funcionamento da Asociación, dictar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á A.X. Corresponderalle tambén todas aquelas outras actividades que lle sexan transferidas pola Asembleia. Artigo 25°.- A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o/a Presidente/a ou o/a Vicepresidente/a, a iniciativa propia ou a petición de cualquer dos/as seus/súas compoñentes. Será presidida polo/a Presidente/a e, na súa ausencia, polo/a Vicepresidente/a ou o/a Secretário/a, -por esta orde e, na falla de ambos, polo/a membro da Xunta que teña máis idade. Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos deberán ser adoitados pola maioría de votos dos asistentes, sendo precisa a concorrencia, polo menos, de catro dos/as seus/súas membros. No caso de empate decidirá o voto do/a Presidente/a. O/a Secretario/a ou, no seu defeito, o/a Vicepresidente/a levantará acta das sesións que se transcribirá ao libro de actas. Artigo 26°.- Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituir, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de recabar das mesmas as informacións precisas. Formarán parte, ademáis, das ditas comisións o número de vogais que acorde a X.D., a proposta dos/as seus/súas respeitivos/as presidentes/as. Cuando as necesidades o aconsellen, a X.D. poderá acordar que as comisións se desdoblen en subcomisións.
ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL
Artigo 27°.- A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgao de expresión da vontade da Asociación e estará formada por todos/as os/as integrantes da mesma. O/a Presidente/a e o/a Secretário/a da Asembleia serán os mesmos que os da Xunta Directiva. Artigo 28°.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ao ano, e con carácter extraordinario cuantas veces acorde a X.D., ou o soliciten o 10% dos/associos/as. Neste último caso realizará-se polo meio de escrito dirixido ao/á Presidente/a, autorizado coas firmas dos/as solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día. Artigo 29°.- A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente dentro dos seis primeiros meses de cada ano. Tanto a Asemblea Ordinaria corno a Extraordinaria Brinquedia
[email protected] www.brinquedia.net
serán convocadas con 15 días de antelación polo/a Presidente/a da Xunta Directiva. A notificación farase nos locais da Asociación para as Asembleas Ordinarias e no domicilio dos/as asociados/as para as Asembleas Extraordinarias. Nos dous casos, a convocatoria tamén se efectuará por correo electrónico e/ou convencional. Artigo 30°.- Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria: Aprobar a Acta da reunión anterior. Aprobar o plan de actividades. Examinar e aprobar a memoria de actividades. Examinar e aprobar as contas e balanzos do exercizo anterior. Aprobar os presupostos de ingresos e gastos para cada exercizo. Exame e aprobación das contas. Artigo 31°.- Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria: Modificar os Estatutos da Asociación. Aprobar a federación con outras Asociacións. Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais. Acordar a disolución da Asociación. Designar os/as liquidadores/as. Ratifícar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva. Elexir e cesar aos integrantes da Xunta Directiva. Aprobar o ingreso de novas entidades ou persoas. Solicitar a declaración de utilidade pública da Asociación.Aprobar o regulamento de réxime interno da Asociación.
ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL
As que sendo de competencia da Asemblea Ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan agardar a súa convocatória, sen grave perxuizo para a Asociación. Todas as non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou á Xunta Directiva. Artigo 32°.- Para que as Asembleas poidan tomar acordos, integraranse polos/as asociados/as asistentes, sempre que concorran a metade máis un do total na primeira convocatoria ou transcorrida meia hora en segunda convocatoria, con cualquer número de asistentes. Artigo 33°.- Os acordos adoitados deberán ser polo voto afirmativo da maioría Brinquedia
[email protected] www.brinquedia.net
simple dos/as asistentes ou representados/as, agás os relativos aos apartados 1 ao 6 do artigo 31, que requerirán maioría de dous tercios. A continuación levaranse os acordos ao livro de Actas e asinará o/a Presidente/a e o/a Secretario/a da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada por maioría. Artigo 34°.- Os acordos adoitados conforme os preceptos anteriores obrigarán a todos/as os/as asociados/as, mesmo aos/ás non asistentes. As sesións abriranse cando así o determine o/a Presidente/a. Seguidamente procederase por parte do/a Secretario/a á leitura da Acta da Asemblea anterior que deberá ser aprobada. Posteriormente o/a Secretario/a procederá a prantexar a orde do día. Cada ponto será informado polo membro da X.D. que lle corresponda, procedendose á aprobación nos termos contidos nestes Estatutos, segundo a materia de que se trate. Unha vez rematados todos os asuntos da orde do día procederase, se a presidencia o considera oportuno ou o solicitan un 10% dos/as asociados/as inscritos no libro de membros a facer un turno de rogos e preguntas e adopción de acordos, concluido o cual erguerase a sesión pola parte do Presidente. Artigo 35°.- Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recurridos en reposición perante a Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, ficará expedita a vía para recurrir perante a xurisdicción ordinária.
ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL
Artigo 36°.- O/A Presidente/a da Xunta Directiva terá, ademáis das faculdades consignadas no artigo 17, as seguintes atribucións: a) Presidir e erguer as sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, dirixir as deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade, en caso de empate. b) Propoñer o plan de actividades da asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas. c) Ordenar os pagamentos acordados validamente. d) Representar á Asociación ante cualquer organismo público ou privado. e) Asinar as actas, certificados, pagamentos e outros documentos Brinquedia
[email protected] www.brinquedia.net
da Asociación xunto co/a Secretario/a ou membro da X.D. a quen lle corresponda a elaboración o documento de que se trate. O/A Presidente/a será asistido nas súas funcións por un/ha Vicepresidente/a, que ademáis, o sustituirá nos casos de vacante; ausencia ou enfermidade. Artigo 37°.- O/A Secretario/a recebirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados/as e terá ao seu cargo a dirección dos traballos administrativos da Entidade. Correspóndelle asi mesmo notificar as convocatorias e custodiar as actas e expedir certificacións das mesmas co visto e praze do/a Presidente/a. Ao/á Secretario/a corresponde-lle tambén levar o inventario dos bens da asociación nun libro establecido ao efeito. Artigo 38°.- O/A Tesoureiro/a recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o/a Presidente/a, dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, participando en todas as operacións de orde económico . O/A Tesoureiro/a ten, a obriga de proceder ao feche do exercizo presupostario antes do 15 de dezembro, coa fin de que as contas estén á disposición dos/as membros da Asociación nos quince días anteriores á celebración da Asemblea Ordinaria. Artigo 39°.- Os/as Vocais no número que determine a Asemblea Xeral terán as seguintes atribucións: Realizar programas e propostas na súa área de actuación. Desempeñar os traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.
ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL
CAPÍTULO IV RÉXIME ECONÓMICO Artigo 40°.- A Asociación no momento de iníciar as súas actividades carece de patrimonio. O feche do exercizo económico coincidirá co do ano natural. Artigo 41°.- A Asociación funcionará en réxime de presuposto anual. O borrador de presuposto será elaborado polo/a Tesoureiro/a da Asociación, que o deberá ter preparado antes do un de xaneiro de cada ano a fin de que poda ser aprobado na Brinquedia
[email protected] www.brinquedia.net
Asemblea Xeral Ordinaria. Artigo 42°.- A Asociación manterase dos seguintes recursos: As cotas periódicas dos/as sociados/as. As cotas extraordinarias que propoña a X.D. e sexan aprobadas pola Asemblea. As doazóns ou subvencións que poidan conceder órgaos públicos, entidades privadas ou particulares. Os ingresos que s poidan recebir polo desenvolvemento das actividades da asociación. Cualquer outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas. Artigo 43°.- As cotas ordinarias serán acordadas pola A.X.O., a proposta da X.D. non sendo reintegrábeis en caso algún e adicándose a atender as necesidades da Asociación. Artigo 44°.- Anualmente con referéncia ao ultimo día do exercizo económico de cada ano, hanse elaborar as contas, que se formalizarán nunha memória, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ao sinalado para a celebración da A.X.O., que o deberá aprobar ou censurar. Artigo 45°.- Anualmente no tempo que establece o artigo 25 será aprobado o orzamento pola Asemblea Xeral Ordinaria.
ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL
Artigo 46°.- Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña depositados os mesmos, terán recoñecidas as sinaturas na entidade bancaria correspondente o/a Presidente/a, o/a Tesoureiro/a, o/a Vicepresidente/a e o/a Secretario/a, empregando sempre dúas das catro sinaturas. Artigo 47°.- Como entidade sen ánimo de lucro, en nengún caso poderán ser distribuidos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola Asociación.
Brinquedia
[email protected] www.brinquedia.net
ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL
CAPÍTULO V DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO Artigo 48°.- O Regulamento de réximo interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes Estatutos, non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado nos mesmos. En todo caso o funcionamento interno da Asociación estará sometido ó ordenamento xurisdiccional civil. Brinquedia
[email protected] www.brinquedia.net
ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL
CAPÍTULO VI MODIFICACION DE ESTATUTOS E DISOLUCION DA ASOCIACION Artigo 49°.- Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou 1/4 dos/as socios/as. A convocatória da Asemblea Xeral Extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas,
Brinquedia
[email protected] www.brinquedia.net
abríndose un prazo de 7 días para cualquer socio/a poida dirixir á Secretaría as propostas e emendas que estime oportunas. Éstas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán entregadas con unha antelación mínima de 3 días á realización da Asemblea. Artigo 50°.- Para ser aprobada a reforma dos Estatutos será preciso o voto favorábel dos 2/3 dos membros da Asemblea Xeral de Socios/as. Artigo 51°.- A Asociación disolverá-se polas seguintes causas: Pola vontade dos/as asociados/as acordada polas 2/3 partes dos mesmos/as. Por outras causas determinadas legalmente. Por sentenza xudicial. Artigo 52°.- Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto ao/á Presidente/a e ao/á Tesoureiro/a, procederán a efectuar a liquidación dos bens, pagando díbidas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante. Artigo 53°.- O haber resultante unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra Asociación non lucrativa e inscrita na Comunidade Autónoma que teña os mesmos ou semellantes fins aos desta Asociación. O xustificante da doazón será apresentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscripción da disolución da Asociación.
ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL