PAUSE
1
PAUSE PRIMEIRO CADRO No cumio da escadería piramidal, en pé sobre o último chanzo e no centro dunha luz que o aluma, está Pirse, o máximo gobernador dos destinos, mirando serea e fixamente a audiencia á que se vai dirixir. Pirse-
Compañeiros habitantes, como cada mañá felicítovos o novo día que comeza, e comunícovos que aínda non démos acadado o ideal, pois nin a xustiza, nin a paz, nin a libertade, nin as necesidades básicas de sobrevivencia chegan hoxe a unha boa parte de vós. Aínda non conseguimos o que idealmente perseguimos, sabémolo... pero habémolo facer... e farémolo porque escollémos o camiño axeitado e o obxectivo que anceiamos está cada vez máis e máis perto. Cultivade a paciencia, compañeiros de viaxe, cultivade a paciencia no voso interior para aliviar derrotismos e cultivade a confianza, cultivade a confianza en nós, os vosos servidores, para que entre todos logremos que os que sofren necesidades, guerras e penas sexan cada día menos, que “frustración” e “angustia” cheguen a ser esquecidas palabras do pasado e que un día, unha mañá, poidamos mirarnos uns aos outros e exclamar “¡Por fin! ¡Recuperamos o noso! ¡O noso pequeno e perdido paraíso! ¡O ideal non era un soño!” ...grazas por me escoitar, compañeiros de viaxe, e grazas por me permitir levar o timón da nosa terra. Durante unha nova xornada... ¡Guiarei a nave por vós! A luz que o alumaba apágase, Pirse desce lentamente os chanzos da pirámide e senta nun dos de máis abaixo con actitude reflexiva e ausente. Transcorren uns instantes até que fan entrada dous homes e dúas mulleres, que observan a Pirse sen interromper os seus pensamentos. Ao pouco, Pirse rompe o silencio.
PirseLoide-
“Guiarei a nave por vós...” ¿Non soa heróico demáis? Quizás... pero denota impulso e determinación... e o ton poético enfatiza a intención. 2
Pirse-
Enfatiza a intención... ¿sen pór en dúbida a súa honestidade?
Loide-
Sen pór en dúbida a súa honestidade de ningunha maneira. É cautivador abondo para quen precisan un guía superior no que depositar a súa esperanza e honesto abondo para quen precisan un compañero fiel comprometido coa causa.
Pirse-
Non quero mentir, Loide, sábelo...
Loide-
Non mentes, Pirse, non mentes. Cada comunicado segue escrupulosamente o noso código ético, non has de preocuparte por iso.
Pirse-
Dacordo... Comeza ti, Suger, ¿hai novas?
Suger-
Apenas alguna, Pirse. Mantéñense estábeis os setenta e catro conflitos repartidos por todo o territorio... hai só que engadir unha revolta masiva nas terras do sul...
Pirse-
¿Qué tipo de revolta?
Suger-
Sanguenta en escala oito. Hai centos de vítimas.
Pirse-
¿A qué se debe?
Suger-
Pérdida brusca de poder adquisitivo. Tivemos que actuar con contundencia contra os habitantes para evitar consecuencias maiores.
Pirse-
¿Consecuencias maiores? ¿Qué pode ser maior consecuencia que centos de vítimas?
Suger-
Xa o sabes, Pirse, o caos, o descontrol... e o fin do proxecto do sistema. Temos falado disto moitas veces, ¿non si, Loide?
LoidePirse-
Así é. É que non me é doado asumir ese prezo, non o dou... Suger, tes que continuar na procura de solucións.
Suger-
Cando milleiros de persoas dan en botarse á rúa coa intención de saquear todo canto atopan non hai máis que dúas opcións: a pasividade ou a actuación. E creo sinceramente que a primeira opción sería unha loucura.
PirseSuger-
Conforme, pero entón atallemos as causas. Iso xa non é un asunto da miña incumbencia. Eu non fago máis que apagar os lumes que outros prenden.
NemecoSuger-
É a túa misión. E asúmoa, pero pido respecto para o meu traballo, a min tamén me doen as vítimas, non actúo por pracer. 3
Loide-
Sabémolo, Suger, sabémolo.
Suger-
Pois que procure as solucións quen corresponda.
Nemeco-
A min é a quen corresponde, pero non teño unha variña máxica, e os números son inapelábeis.
Pirse-
¿Qué foi o que pasou no sul, Nemeco?
Nemeco-
Simplesmente un movemento masivo de capital cara o norte.
Pirse-
¿E non se puido evitar?
Nemeco-
Imposíbel sen apelar ao recorte de libertades de movemento. Consultei con Loide esa posibilidade e segundo el di, non procede.
PirseLoide-
Fala, Loide. Téñoo analisado con detemento... a produción agotárase e non había outra solución máis que permitir o traslado do capital. Un recorte da libertade de movemento neste caso crebaría de forma perigosa o equilibrio do sistema. Nemeco e máis eu acordamos enviar recursos de subsistencia até podermos reconvertir a produción da zona.
Suger-
¿E cando chegarán os recursos de subsistencia? Hei de saber se mandar reforzos para o control da seguridade. A situación é insostíbel.
Nemeco-
Están de camiño. Tempo máximo estimado de dúas semanas.
Pirse-
¿Dúas semanas? ¿Cómo pode ser? É unha eternidade.
Loide-
Son centos de milleiros de habitantes. A recadación é lenta e os medios de transporte difíceis de conseguir...
NemecoPirse-
... e custosos. ¿Pero é que non podemos exercer un control máis directo sobre os medios de intervención rápida?
Loide-
Non sen desequilibrar libertades e dereitos.
Pirse-
O equilibrio... o equilibrio... o maldito equilibrio...
Loide-
O bendito equilibrio, Pirse... sen él o sistema racharía...
Pirse-
Pero tamén é o que nos impede actuar con urxencia, impédenos aplicar solucións imediatas...
Loide-
As solucións inmediatas son inviábeis, Pirse, aceptémolo... temos que actuar con paciencia e con cautela. Hai moitos grupos que manter en estado de colaboración, e por iso non podemos actuar impulsivamente e arriscarnos a que algún dos influintes se sinta perxudicado e poña en dúbida o proxecto. Todo o logrado até agora correría o perigo de ser 4
destruído. Levounos moitos anos dar cun ponto de encontro entre o control e o direito. Non podemos desestabilizar agora un dos piares máis sólidos do sistema. Pirse-
Seino, Loide, seino. Seino e acéptoo, pero... ¡Señor! ¡Qué lento vai todo!
Loide-
Habemos de ser fortes e afrontar con enteireza estes pequenos contratempos. O camiño previsto é o axeitado, Pirse, que non che esqueza. Contodo... ti tes a responsabilidade de decidir... faráse o que digas... como sempre.
Pirse-
Eu teño a responsabilidade, eu decido... (Medita a resposta)... debemos
seguir adiante... estamos a facer o que debemos. ¡E
lograrémolo! ¡Sei que o lograremos! Loide-
Es un grande gobernante, Pirse, un home sensato. ¿Qué facemos entonces co incidente do sul?
Pirse-
Facede o establecido. Cadaquén a súa responsabilidade. O sistema funciona correctamente.
Suger-
¿Envío entón reforzos de seguridade, Pirse?
Pirse-
Envía, Suger, é a túa misión.
Nemeco-
Eu seguirei na procura de novas vías de reconversión, Pirse.
Pirse-
Tes o meu apoio, Nemeco, todo o meu apoio.
Loide-
E agora, Pirse, se che parece, redactaremos un comunicado para sosegar ás xentes do sul. Estará feito en cinco minutos.
Pirse-
Conforme, Loide, e non esquezas o código ético.
Loide-
Naturalmente, Pirse, naturalmente. Loide, Nemeco e Suger saen. Pirse, sentado na base da pirámide, fica nas súas reflexións. Mada, a única persoa que non falou na conversa, mírao con admiración e vaise achegando amodiño onde el.
Mada-
Mantén o rumo, piloto... pulso firme.
Pirse-
Mada... ¿Ti que pensas?
Mada-
Penso que es o home máis maravilloso do mundo e probabelmente o mellor esposo.
Pirse-
¿Probabelmente?
Mada-
Non tiven máis esposos. 5
Pirse-
Home maravilloso... bon esposo... ¿e gobernante?
Mada-
Non coñecín un mundo mellor.
Pirse-
Coñecerálo. Xúroche que o has de coñecer.
Mada-
Cariño... hei de pedirche un favor.
Pirse-
¿Un favor de natureza carnal?
Mada-
Sabes que non teño por costume pedir o que podo coller sen permiso... desta volta falo dun favor de tipo económico.
Pirse-
¿Nos estarás incitándome á corrupción?
Mada-
Eu chamaríalle máis ben colaboración.
Pirse-
Se é así como o denominas, non teño máis que oídos para te escoitar.
Mada-
Sabes ben o que me esforzo en cumprir con eficacia os meus cometidos, sexa o de esposa libre no íntimo e comedida no púbico, sexa na misión social que un día me encomendache; e se é certo que no primeiro disfruto de cada día sen máis limitacións que as impostas polo tempo, tamén o é que na miña tarefa dirixida ao ben común por medio das actividades culturais e artísticas atopo amiudo restricións que non me deixan acadar os obxectivos...
PirseMada-
Mada, cariño, sabes que ás veces hai prioridades... Compréndoo, Pirse, e non pretendo plantexar unha queixa xeral sobre a distribución dos recursos. Só che pido un pouco de apoio na miña próxima empresa.
Pirse-
¿De qué se trata?
Mada-
¡Cadros!
Pirse-
¿Cadros?
Mada-
¡Cadros! ¡Cadros por todas partes! Fóra das sás de exposicións, das galerías e de calquera espazo convencional. Cadros esparexidos por todos os territorios, milleiros e milleiros de cadros espallados polo mundo, para que todo habitante poida disfrutálos sen distinción de clase nin de procedencia, cadros nos camiños, nas ladeiras das montañas, nas paraxes alonxadas, nos desertos, nas cidades, nas vilas... a arte sen discriminacións... que ninguén pase sen sentir a beleza que está próxima, accesíbel para todos... alá onde poida haber un habitante, poderá chegar tamén a arte para proporcionarlle a súa emoción e a súa caricia... ¡Cadros sen fronteiras! ¡Arte sen alambradas! ¿Non sería magnífico, Pirse? 6
Pirse-
É una gran idea, Mada, sen dúbida é unha gran idea...
Mada-
¡Claro que sí, cariño! O mundo será un pouquiño máis fermoso, e portanto máis feliz...
Pirse-
Sen embargo...
Mada-
¿Sí?
Pirse-
Quizá o custe dese proxecto sexa elevado demáis e...
Mada-
¿Elevado demáis? Abondaría cuns poucos milleiros de millóns para unha primeira fase... ¿Iso é caro demáis? ¿Cómo se cuantifica o prezo do goce de quen admira unha obra de arte? ¿Cánto vale una emoción estética? ¿A cómo está o kilo de beleza? ¿Por qué sempre esas reticencias a investir en todo aquilo que non ofereza resultados tanxíbeis? Dígocho eu, cariño... porque no fondo non se considera un investimento senon unha pérdida, e ése é o erro. ¡Claro que é un investimnto! E con resultados a longo prazo máis beneficiosos que os doutros investimentos incuestionábeis. Cada vez que colocamos un habitante enfrentado cunha expresión artística prodúcese un cambio. Unha sensación terá penetrado no seu interior através dos sentidos, teráse provocado unha emoción, e esa emoción pasará ineludibelmente a formar parte do seu espectro, do seu sentir, do seu ser. Terase producido a mudanza, unha mudanza apenas perceptíbel, pero que, igual que a pinga de auga do mar que labra as rochas, terá deixado a súa pequena pegada e o habitante, alleo talvez a este inconsciente proceso, terá ampliado un chisco os seus horizontes e o seu coñecemento das realidades... non é máis que unha pinga, xa o sei, pero poida que unha pinga imparábel se lle sabemos dar continuidade... unha pinga , Pirse... a miña pinga... pero... ¿non é iso regar o noso obxectivo? ...se aduces motivos económicos, que así sexa, pois es ti quen decide, pero por favor, Pirse... non menospreces o valor da beleza para a causa... por favor... Pirse mira a Mada, que lle deu as costas lixeiramente conmocionada pola decepción. Pirse pensa e toma unha decisión.
Pirse-
Falarei con Nemeco. Terás recursos, cariño, a idea é merecente deles.
7
Mada vírase, o seu rostro ilumínase e corre a abrazar a Pirse. Mada-
Meu amor... es un home xusto.
Pirse-
Son un aspirante só, e escoitarte achégame un pouco máis. Fúndense nun abrazo tenro no mesmo intre en que entran Loide, Nemeco e Suger.
Loide-
¡Ejem...! Desemula, Pirse, pero o comunicado está listo. Aquí o tes... (Extende un papel que Pirse lé con prontitude mentres Loide continúa a falar) Estamos a piques de recibir os datos oficiais anuais... non querería adiantar nada concreto, Pirse, pero direiche que son espectacularmente positivos.
Pirse-
(Fala sen levantar a vista do escrito) Iso é unha boa nova.
Loide-
Seino, Pirse, seino.
Segur-
Unha boa nova que haberá que celebrar axeitadamente.
Nemeco-
E axeitadamente quere decir proporcionalmente.
Loide-
E proporcionalmente significa neste caso, espectacularmente.
Mada-
O que indica, consecuentemente, que o festexo vai ser por todo o alto.
Loide-
É o único que podemos facer desde as alturas.
Segur-
¡Ja, ja, ja!
Nemeco-
Propoño comezar con viño das terras verdes.
Segur-
¡Apoio a proposta!
Mada-
¡E peixes do norte!
Nemeco-
¡Correcto!
Segur-
¡Carne das chairas e licores tropicais!
Nemeco-
¡Bravo!
Loide-
¡E todo amenizado con música occidental!
Mada-
¡Bravísimo!
Nemeco-
¡Chamemos aos fornecedores! Cada segundo que pasa pódese incrementar o seu valor.
Loide-
Iso é ter unha mente práctica.
Nemeco-
Deformación profisional.
8
Suger-
¡Ja, ja, ja! Se queredes que mobilice as tropas para protexer as viandas non tedes máis que pedirmo.
Mada-
Abondaría con mobilizares unha banda de infantería para amenizarnos a festa.
Suger-
¡Iso está feito!
Pirse-
¡Mesura, señores e señoras! ¡Mesura, por favor! ¡Cada cousa debe ser ao seu tempo!
Loide-
¿E cal ha de ser a orde dos acontecementos, Pirse?
Pirse-
Primeiramente emitirei o comunicado, logo leremos os datos oficiais, e se efectivamente son tan espectaculares como dis, celebraremos esa desexada festa. E mentres eu emito o comunicado...
LoidePirse-
¿Si? Mentres eu emito o comunicado... ¡Ide encargar esas viandas dunha maldita vez, que me tedes feito a boca augua, bribóns! ¡E traede esa ditosa banda de música! ¡Ou dúas se queredes! ¡Que un festexo é un festexo! ¡E o mundo tamén precisa alegría! ¿Qué facedes aínda aquí? ¿Acaso estades a agardar que se incrementen os prezos? ¡Ide axiña, que me fixestes acordar o corpo! ¡E o meu animal pide praceres!
Os dous homes e máis as dúas mulleres marchan animosos. Pirse sobe un a un os chanzos da pirámide, chanta os seus pés no último, serea o seu rostro, e cando sente que a luz o aluma, comeza a falar con magnánima rectitude. Pirse-
Compañeiros das terras do sul, compréndovos. Sei que estades nesta hora sumidos no desconsolo e a desesperación, que o incerto presente escureceu as vosas ilusións, que o medo enturbia as vosas mentes, e que o instinto innato de supervivencia domina agora por encima de calquera outro factor as vosas vidas. Seino, padézoo, e sobre todo, laméntoo. Compréndovos, compañeiros, e só me atrevo a pedirvos que fagades un máximo esforzo de lucidez para comprenderme a min. Quixera ser un deus mago para, con un simple xesto dos meus dedos, curar neste intre os vosos males, pero por desgraza non son máis que un home imperfecto que tenta estralar co seu esforzo as fendas da estrutura, 9
e por iso pídovos que comprendades as dificultades da tarefa que me tedes encomendado, pídovos que comprendades tamén que as medidas de control da seguridade tomadas son completamente necesarias para evitar males maiores, pídovos e aínda máis, prégovos que sigades confiando neste noso sistema que, en breve, haberá de facervos chegar os medios precisos para subsistir, e que a curto prazo, vaivos propor un plan de recuperación de recursos, e conmínovos a cruzar con valentía esta densa brétema que hoxe vos arrodea para que mañá podades outravolta albiscar o horizonte. Quérovos, compañeiros das terras do sul... ¡Nunca vos deixarei sós! ¡Nunca! A luz de emisión do comunicado esvaese. Pirse mantense estático no cumio durante uns instantes, sen deixar de mirar o mesmo punto ao que falaba. Rompe o silencio a voz de Loide, que entra acompañado de Suger, Nemeco e Mada. Loide-
¡Soberbio, Pirse! Estiveche soberbio.
Pirse-
Sincero, Loide, estiven sincero.
Loide-
Sincero e soberbio, Pirse, estiveche sincero e soberbio
Pirse-
Vexamos eses datos. Necesito oír resultados positivos.
Loide-
Has de oilos. Adiante, Nemeco.
Nemeco-
Datos económicos anuais: A economía dos territorios medrou este ano un dous coma nove por cento.
Aplausos dos escoitantes. Nemeco-
O índice de habitantes que elevaron a súa capacidade adquisitiva durante o ano aumentou un tres coma cinco por cento.
Aplausos. Nemeco-
O índice de habitantes que superaron a barreira dos recursos básicos esenciais aumentou un un coma oito por cento.
Aplausos. 10
Nemeco-
E o índice de mortandade por falla de recursos básicos esenciais desceu un cero coma seis por cento.
Aplausos. Loide-
Agora ti, Suger.
Suger-
O número de mortes por accións violentas non bélicas desceu un un coma un por cento. Aplausos
Suger-
O número de conflitos armados mantívose estábel durante todo o ano. Aplausos
Suger-
E o número de vítimas debido a estes conflitos desceu un tres coma tres por cento. Aplausos
Loide-
Destes datos dedúcese claramente que os nosos dous obxectivos prioritarios, o incremento da capacidade adquisitiva dos habitantes e a convivencia pacífica entre eles, evoluiron favorabelmente na meirande parte dos casos e alomenos non sufriron receso ningún. Todo isto xunto a uns resultados
globalmente satisfactorios en temas de segundo grao
como a ecoloxía, a educación, a cultura ou a sanidade lévanos a concluir que o ano que agora calificamos é sen dúbida un dos mellores anos do último decenio, o que ao entender dos redactores deste informe, consolida o proxecto, reforza a idea e afianza a estrutura. O veredicto final, non obstante, é teu, Pirse. De ti depende a continuidade, a revisión ou a rotura do proxecto. Escoitamos a túa palabra, Pirse... ¿positivo ou negativo?
11
Pirse colle o informe e analísao absorto mentres os demáis agardan respeitosamente o veredicto. Pirse deambula envolto en internas disquisicións até que, transcorridos uns expectantes momentos, mira á audiencia de redactores e conclúe. Pirse-
Positivo O foro aplaude con vehemencia a decisión de Pirse.
Pirse-
Camiñamos cara o ideal... paso a paso... os datos non minten... estou orgulloso de vós.
Loide-
E nós de ti, Pirse.
Suger-
¡Hurra por Pirse!
Todos-
¡Hurra!
Pirse-
Non nos deixemos levar pola euforia, pero... ¿Onde demo está esa festa?
Suger-
¡Música! Soa un valse interpretado por unha banda militar e todos comezan a executar elegantemente un baile de carácter coral. As mans e os sorrisos entrecrúzanse con profunda satisfacción, e os pés trazan con precisión o ritual da alegría e o sosego. Así están, asolagados no seu benestar, cando algo acontece. A música cesa abruptamente, ao tempo que catro dos cinco bailadores fican subitamente paralizados, conservando cadaquén o movemiento que estaba executando. Os seus rostros e os seus corpos fican felices e estáticos, como formando parte antes dunha fotografía que da realidade vital. Só Pirse continúa a se mover, ao principio pola inercia da danza, agora porque coa súa mirada trata de explicarse velozmente qué significa este extraño instante. Pirse pestanexa e achégase aos inmovilizados danzantes entre extrañado e divertido. Obsérvaos un tras doutro facendo por adiviñar o sentido desta nova e inesperada situación. Tras duns instantes eternos, nos que agarda que todo retorne á normalidade e que o curioso fenómeno pase a formar parte das anécdotas inexplicábeis, Pirse comeza a impacientarse, pois no seu interior vai medrando un misterioso desasosego. Colle ar e rompe o desconcertante silencio.
12
Pirse-
¿Qué facedes? ¿Qué clase de broma é esta? Ninguén responde. Ninguén se move.
Pirse-
Recoñezo o voso inxenio e admiro a vosa perfecta execución da pantomima. De ter sabido estas dotes que amosades posuir para a arte escénica, ben podería ter aforrado orzamento na contrata de profisionais para os actos culturais e teríavos encarregado gostoso a tarefa de executar comedias... aínda que hei de criticar, Segur, que a túa expresión quizas é forzada demáis... sen embargo, Nemeco, recoñezo que a pose que adoptas, tanto no corpo como na faz, é digna das mellores actrices que levo podido admirar... e ti tamén, Mada, non sintas ciumes artísticos, pero a ti xa che sabía os talentos e estás como sempre magnífica... e Loide... correcto,
Loide,
estás
moi
correcto,
sorprendéchesme...
ben,
compañeiros, non sei cánto tempo tedes calculado de duración para o espectáculo, así que se non vos importa, admirarei a vosa representación desde unha cómoda butaca... Pirse encamíñase cara a pirámide e acomódase pracidamente nun dos chanzos a contemplar a estática estampa. O tempo transcorre e nada cambia, quizás só a mente de Pirse, que loita por frear o que o seu corazón acelera. Pirse-
Natureza dotoume de paciencia infinita, compañeiros, non hei de ser eu quen mañá teña os músculos resentidos polo esforzo da quietude... e se o que pretendedes é botar un pulso coa miña capacidade de espera sabede que teño visto medrar árbores diante de min sen pestanexar sequera... A situación continúa sen aparentes visos de cambio.
Pirse-
...aínda que quizás o meu estómago sexa menos paciente do ca min, e él, que escoitou a promesa de suculentos manxares, esixe de min insistentemente a confirmación do compromiso e ¿qué lle digo eu á miña famélica víscera?¿Que os meus compañeiros optaron polo refinamento 13
do xogo antes que polos primitivos praceres básicos do corpo? Eu compréndovos, pero él... poñédevos no su lugar... non é máis que un estómago e como tal quere simplesmente saciarse... e moito me temo que os vosos estómagos estean suxeríndovos o mesmo... facédeo por eles, compañeiros, parade xa este estupendo exercicio mímico e facédeo por eles... polos estómagos valeiros... Pirse non recebe máis resposta que o ecoar da súa voz, e a súa tranquilidade vai minguando aos poucos. Pirse-
¡Abonda! (Pirse ponse de pé) Quixéstelo vos. Non me deixades elección e... a situación esixe un ataque directo. Pirse achégase aos compoñentes do cadro e deambula entre eles.
Pirse-
Vexamos... hei de escoller unha peza ¿por quén comezo?... síntoo, Mada, pero xogarei a tiro fixo... Pirse aproxímase a Mada e, cando está diante dela, extende o seu dedo índice e pouco a pouco vaino achegando ao nariz de Mada. O dedo alcanza lentamente o seu destino, pero entón, ao tocalo, o rostro de Pirse cambia de súbito, contráese a súa boca e agrándanse os seus ollos. Abre a palma da man e toca o rostro de Mada con ansiedade.
Pirse-
¿Qué extraña sensación é esta? Esta non é a pel que toquei infinitas veces... non recoñezo este tacto... Pirse, cada vez máis alarmado, percorre coas súas mans o corpo de Mada.
Pirse-
¿Qué ocorre, Mada? ¿Non me sentes? Esquece xa está broma macabra e respóndeme, e dime que esta sensación que agora percibo é froito da miña mente asustada... pois che toco e... a pesar de que a textura pode resultar idéntica, o certo é que teño a horríbel enaxenación de estar tocando algo que os meus sentidos non recoñecen... algo entre vivo e 14
morto... entre presente e ausente... algo vacío... ¡Mada! ¡Di algo! ¡Respóndeme! Pirse volve a súa cabeza cara as outras tres presenzas, avanza e explora apurada e táctilmente os seus corpos. Pirse-
¡Igual! ¡Dios mío! ¡Decídeme que é unha broma! ¡ Decídeme que é unha broma! ¡ Decídeme que é unha broma inxeniosa e perfecta! ¡Decídemo! ¡É unha orde! ¡Ordeno que rematedes con esta farsa e que me digades que se trata dunha broma! A resposta é nula, e Pirse retrocede uns pasos sen despegar a súa mirada do cadro humano, buscando desesperadamente na súa cabeza unha explicación lóxica.
Pirse-
...un ataque... un ataque... quizás sufrimos un ataque dos inconformistas... talvez teñen inventado sustancias paralizantes que causen estes efectos... pero, ¿qué estou decindo? ¿será posíbel ou estarei delirando? ...sí... é posíbel... é un ataque, é un ataque... sen dúbida... pero, ¿por qué a min non? ¿Qué pretenden? Has de manter a cabeza fría, Pirse, os habitantes confían en ti... ¡Malditos bastardos disidentes! ¿Será posíbel que isto estexa pasando?...non, non é un soño, non... hei de actuar, hei de actuar, hei de actuar... pero... ¿qué podo hacer? ¿Qué hei de hacer? ¿Qué debo hacer? ¡Calma, Pirse, calma! Pirse achégase outravolta onde os seus compañeiros, míraos con atención, aproxímase a Mada, obsérvaa con padecemento e contén a duras penas un salouco.
Pirse-
Mada... (Tenta tranquilizarse) Está ben... ¡Hei de actuar! ¡Hei de actuar! Pirse suspira fondamentee, vira sobre si e, resolutivo, diríxese á pirámide subindo con firmeza os chanzos. Cando chega ao cumio, bota unha última mirada cara o cadro e desaparece detrás del. 15
SEGUNDO CADRO Fronte á escadería piramidall, unha elegante muller loira, ataviada cun longo vestido vermello e cunha boa de pel branca cubríndolle os ombros, semella cantar con altivo deleite detrás dun micrófono de pé. Leva un gran colar de ouro adobiando o seu colo que, en vez de circundalo, se prolonga durante uns metros como unha longa cadea de pezas dourados cara a man que terma do extremo, a man dun home sentado nun dos chanzos superiores da pirámide. O home, de impecábel traxe branco, inexpugnábeis lentes de sol e ostentoso medallón sobre o peito, coa man que non terma da cadea, apreta a asa dun maletín vermello. O destino posíbel da voz da cantante parece ser as tres mesas que povoan a estancia. Sobre unha delas, a da esquerda, repousa unha gran copa de coñac ao lado da botella fornecedora. Pertence ao home gordo e esponxoso que está sentado na cadeira contigua e sostén un enorme puro nos labios; viste un frac do que asoma, polo peto superior, un feixe de billetes no canto do pano, e na súa cabeza descansa un chapeu de alta copa. Fronte del, axeonllada no chan, e coa cabeza entre as súas pernas, exercitando unha recoñecíbel prática sexual, hai unha muller de roupas aristocráticas tocada cunha rexia coroa. Sobre a segunda das mesas hai unha cadeira, e sentada nela, con xesto gozoso, unha muller de chaqueta negra, blusa clara e saia até o xeonllo, conxunto perfectamente cortado e sen dúbida discreto antes de ter sido desabotoados tres botóns que amosan o seu escote, e de ter permitido que a saia deixe ver xa a mair parte dos muslos. Na súa man sostén unha botella de champán e ao seu carón hai dous homes; un deles, novo, traxeado, bronceado e engominado, xeonllo no chan, aguanta cunha das súas mans o pé descalzo da muller e coa outra un zapato de tacón, un de tántos do gran monte que se amorean enrriba da mesa. O outro, case ancián, viste camisa aberta que permite ver as súas alfaias penduradas e gorra de capitán mariño que fai xogo cos seus pantalóns bermudas. Está de pe, enroscando na perna desnuda da muller un vistoso colar de brillantes e mirándoa con desexo e suficiencia. Observando todo desde a última mesa con plácida connivencia hai un home maior de brancos cabelos, vestido cunha túnica púrpura e branca. Sobre a súa mesa mesturánse libros coa súa fotografía na portada, una botella de champán e, cabo dela, un cálice dourado que suxeita suavemente pola base, entre os seus dedos índice e mendiño. Non hai movemento. Os protagonistas do cadro ficaron atrapados nese intre ,e así é como os atopa Pirse cando de pronto aparece no cumio da pirámide. 16
Pirse observa a escena desde a altura uns segundos, e vai descendo, observando a cada habitante e constatando con horror a inmobilidade dos seus corpos. Pirse-
Todos están... están igual... atacáronnos... atacáronnos con extrañas e maléficas armas... ¡Malditos sexan! ¡Éste é pago que recibo por tratar de ser xusto...! Pois ben, se o seu comportamento é o das alimañas, non merecen la xustiza dos homes... e se estes efectos espeluznantes que agora vexo los foron causados polo seu odio, xuro apelar eu ao meu máis profundo para aplastar con saña os seus corazóns vacíos de alma e borrar para sempre da vida as súas velenosas presenzas... haberá un mundo mellor, queirádelo ou non, malditos... pero ninguén de vos chegará a velo... ésa é a miña palabra, iso é o que cumprirei e xurado polo meu sangue está... pero... ¿cómo o hei de fecer? ¿Estarei so? ¿Qué podo facer eu en soedade? Sen apoios... ¿A quen acudir? ¡Oh, Deus! ¡Creo que isto que dou en sentir é... medo! En plena exteriorización das dúbidas e temores de Pirse, chega ao lugar Milord, un home vestido cunha chaqueta de frac sobre unha desproporcionada camisa branca de puños saintes ribeteados, pantalónss vaqueiros e calzado deportivo; na súa man leva un fino e elegante bastón negro e o resultado global do seu atuendo unido á súa rubia e despeiteada cabeleira ronda de perto o grotesco. Nada máis vero, Pirse, tenso, encárase con el.
Pirse-
¿Quén es ti? ¿Sabes algo do que está acontecendo?
Milord-
¿Queres que responda as túas preguntas por orde cronolóxica ou por orde de importancia?
Pirse-
¡Responde!
Milord-
(Percatándose de quen é Pirse) ¡Vaia, vaia, vaia, vaia, vaia...! ¡Mira o que acabo de atopar...! ¡Pero se é el mesmiño gobernador supremo!
Milord deixase cair de xeonllos histriónicamente. Milord-
É unha honra... alteza... ou eminencia... ou ilustrísimo señor... ou amo... ou dono... o... ¿cómo debo chamarlle? 17
Pirse achégase a Milord imperativo. Pirse-
¡Responde dunha vez! ¿Qué sabes? Milord, axeonllado, estira o bastón cara a Pirse e coloca a punta na súa gorxa ao tempo que recobra a posición vertical.
Milord-
¡Fillo de puta! ¿Queres que che diga o que sei? (Pirse retrocede paso a paso co bastón ameazante na súa noz) Direiche tres cousas que sei, unha do pasado, unha do presente e outra do futuro. A do pasado: tiñas poder, a do presente: non tes poder, e a do futuro: alguén vai golpear o teu ilustre corpo en repetidas ocasións cun humilde bastón.
Ao mesmo tempo que pronuncia a última frase, tira unha pistola do peto interior do frac coa man libre e sorrí a Pirse socarronamente. Acto seguido, Milord golpea insistentemente co seu bastón o corpo de Pirse que, impotente, se bota ao chan feito un novelo, amparando o rostro coas mans. Milord detense, garda a pistola e mira a Pirse. Milord-
¡Vaia, vaia, vaia...! ¡Que pouca resistencia tes... meu! Nas emisións dabas máis heroico pero... a verdade é que ao natural perdes un pouco de credibilidade... e, por certo, cría que eras máis alto...
Pirse segue no chan. Milord afástase del e curiosea entre os habitantes paralizados. Milord-
En realidade non es pior do ca min, simplesmente tocouche ser pior... igual que aos teus compañeiros de cúpula, igual que a todos estes... tocouvos o papel de fillos de puta, así, en lote, sen individualizar, por suposto...
pero
en
conxunto
é
o
que
sodes,
consciente
ou
inconscientemente, uns fillos de puta... e non vos culpo por iso, pero tampouco volo perdoo... ¡Vaia! (Milord chega xunto ao home do puro e apropiase do seu chapeu de copa, que proba inmediatamente) ¡Xusto o 18
que me faltaba! (Mira a Pirse) ¿Qué tal estou? Sé sincero, por favor, sempre proclamache selo... Pirse, aínda no chan, observa contrariado a Milord sen saber qué facer. Milord-
¿Non contestas? Espero que no me gardes rencor, eu tampouco cho gardo a ti e quizá teño máis razóns... desemula, gobernador, quizá non debería terche golpeado pero has de entender que atoparte así, de repente, despois de terte maldecido tánto... e aoora que as regras mudaron e podo agredirche impunemente... comprende que era un caramelo difícil de rexeitar. Ainda que agora que te vexo ahí, diante de min e comprobo que no es máis que un montón de insignificante materia humana, coma min... coma todos... non podo evitar sentir unha especie de... non diría mágoa, nen lástima, non, pero algo así como... ¡Bah! ¡Que te fodan! ¡Merécelo!
Pirse-
¿Qué pasou? ¿Quén nos atacou? ¿Por qué dis que a regras mudaron?
Milord-
Tres preguntas. E eu, insignificante habitante dun chanzo calquera hei de ofrecer información ao rexidor dos nosos camiños... evidentemente o sistema non funcionou... ¿Así que non sabes o aconteceu?
Pirse nega coa cabeza. Milord mirao e achégase onde el sarcástico, antes de responder. Milord-
Parou.
Pirse-
¿O qué?
Milord-
Todo.
Pirse-
¿Qué... que queres decir?
Milord-
¡Por favor! ¡Crin que estábamos en mans de seres intelixentes! ¡Fillos de puta, pero intelixentes! ¿Non sabes o significado de “todo”, ilustrísimo analfabeto? ¡Todo é todo! Parou o mundo, a xente, os animais, os coches, os reloxos... todo. Parou todo... ou, mellor dito, case todo... ti móveste, eu móvome... cheguei a pensar que só continuábamos a nos mover os guapos, pero ves de estropearme a teoría... por certo, esta cantante... (Referíndose á muller do vestido vermello) ¿Cómo se chama?
Pirse-
(Aturdido) Magdala 19
Milord-
Iso... ¡ese nome horríbel! É unha magoa que ela teña parado... gostaba de ver cómo movía as cadeiras... debera ter ficado muda e máis nada... (Dirixíindose outravolta a Pirse) ¡Isto é o que hai, xefe! Virache nun amo sen servos. ¡Fódete!
Pirse-
(Indignándose) ¡Eu non fun nunca amo de nada! ¡E nunca tratei a a ningúen como de servo!
Milord-
(Achegándose a Pirse cínico e ameazante) ¡Oh, vaia! ¡Desemula, irmán! Quizá me trabuquei contigo. Quizá te confundín con ese hipócrita fillo de puta que nos anuncia cada mañá que as cousas van mellorando...
Pirse-
¡É verdade que melloran! ¡Non minto!
Milord-
(Agresivo e amenazante co bastón na man) ¡Melloran para ti! ¡E para os teus lambecús! ¡E para os lambecús dos teus lambecús! ¡E para os lambecús dos lambecús dos teus lambecús! ¡Melloran para os de sempre! ¡Para os de sempre! Nada novo, imbécil, non fixeche... nada novo.
Pirse-
¡As cifras son positivas!
Milord-
¡As putas cifras! As cifras son números e a xente ten nomes ¿captas a diferencia? E mentres ti celebras as putas cifras hai xentes con nomes que se cagan no cálculo e máis na estatística e de paso na túa puta nai porque eles non teñen nada que celebrar e o único que lles alegraría un pouco a vida sería ver como un día, ti ou calquera déstes, reventades públicamente no meio dunha celebración... Pero agora remataron as festas, amiguiño, agora somos máis iguais do que nunca fomos, ¿non era iso o que proclamabas o teu obxectivo? Pois disfruta, gobernador de nada, disfruta do teu ideal...
Achégase á mesa do home da túnica, logra quitarlle o cálice dourado, serve champán no seu interior e bebe un longo grolo que culmina cun sorriso de satisfacción. Milord-
¡Qué ben vivíades, cabróns! Comprendo a vosa pasividade... eu son coma vos...
Arrinca o puro dos labios do home gordo, préndeo e senta relaxadamente a beber e fumar. Pirse, recompoñéndose lentamente, ponse de pé. 20
Pirse-
¿Por qué pasou isto? ¿Por qué se detivo todo? ¿Sábeo alguén? Milord, entregado ao goce, responde coas pálpebras medio pechadas.
Milord-
¿Qué se alguén o sabe? ¿Acaso algúen soubo algunha vez por qué se movía?
Pirse-
¿Hai moitos... vivos... ou... coma nós?
Milord-
Eu que saiba... algúns.
Pirse-
¿Onde?
Milord-
Por ahí.
Pirse amaga marchar.
Pirse-
Vou procurar... procurar...
Milord-
¿Procurar... vasalos?
Pirse-
Non. Procurar...
Milord-
Vai onde queiras... es libre, bolboreta.
Pirse comeza a subir a escadería, e antes de desaparecer, diríxese a Milord. Pirse-
Sempre tentei que todo fose mellor, no son ningún fillo de puta, ¿por qué pensas iso de min? Non é xusto.
Milord-
(Sen abrir os ollos) ¡Vai á merda!
Pirse-
¿É mellor non facer nada, logo? ¿Fas ti algo máis?
Milord-
Non hai ninguna cláusula da miña existencia que me incite a colaborar cunha especie que desprezo.
Pirse-
Pois a min a conciencia obrígame a iso.
Milord-
A túa conciencia... ou o teu egoísmo... son a mesma cousa... ¡Je! Nunca quixeche mudar nada... só salvar levemente lo que ti llamas conciencia...
Pirse-
Non é certo... non é certo...
Milord-
¡Vai procurar e déixame en paz! Quizá te aches... ou quizá te perdas... dame igual... ¡Vai á merda! 21
Pirse desaparece anoxado por detrás da escadería mentres Milord saborea tranquilamente o presente.
TERCEIRO CADRO Sentado nun banco hai un paisano; na súa man dereita un caxato que o amarra ao chan, na súa man esquerda un pitillo liado e os seus ollos afundidos están fixos e perdidos no horizonte. Ao seu carón, sentado no respaldo do banco del, un rapaz de cidade que mira da mesma maneira ausente cara o mesmo lugar; leva nunha man un gran porro, no canto de boina usa gorra de viseira, e das súas orellas afloran uns auriculares que se conectan ao aparato de música do que terma coa outra man. Pola rúa diante do banco andan tres andantes. Un deles veste un traxe que lle vai notabelmente grande, cunha man agararra como pode tres telefones móbeis através dos que semella falar; no outro
brazo, grazas a que as súas mangas están
remangadass até o cóvado, pódense distinguir cinco reloxos que o individuo observa con fruición, e do seu ombro pendura, con longa correa, unha carteira de coiro que repousa no chan. O segundo andante é un home con roupa de faena azul e casco da mesma cor; o seu rostro está curtido e enfurruñado, leva un pitillo nos labios, sobre un ombro apoia unha grande maza de ferro, e sobre o outro uhna grande fouce. A terceira é unha muller tocada de birrete e ataviada con toga, que empurra cunha man un carriño de bebé e coa outra arrastra un carriño da compra. E nun segundo banco que tamén dá para a rúa, encontrase deitada unha muller, da que non se ve máis que a súa desatendida cabeleira escura, xa que a súa postura é de costas ao tránsito e o resto do seu corpo está cuberto por unha lixada manta. Ésta é a imaxe estática que mira un máis que contrariado Pirse ao chegar, e a que lle fai reflexionar en voz alta.
22
Pirse-
Parou... parou todo por todas partes... é unha loucura... ten que haber explicación lóxica... nada ocorre sen que haxa unha causa que o provoque... e aínda que esta obra pareza elevada demáis para ser froito do ser humano as outras opcións só poderían ser desatinadas como... un fenómeno sen precedentes do ciclo natural, un accidente do cosmos ou... ou un capricho de Deus... non... a razón dime que o inexplicábel é tal só por descoñecemento... ¡Oh! Esta horríbel sensación no ar... nada cambia... nada flúe... a temperatura é constante e este extraño cheiro estancado... cheiro inerte... De súbito, algo atrai a atención de Pirse. A muller deitada no banco parece ter feito algún movemento. Pirse achégase atraído pola subtil circunstancia, e antes de que cegar onde ela, ve á muller movéndose con insistencia, revolvéndose con raiba debaixo da manta, amosando a súa cara e abrindo os seus grandes ollos anoxados.
Marieta-
¡Merda, merda, merda! ¡Non podo, maldita sexa, non podo! ¡Eu así non podo, joder, non podo!
Pirse achégase interesado mentres ella segue revolvéndose. Pirse-
¡Olá!
Marieta-
(Case sen mirrlo) Olá, olá...
Pirse-
¿Estás ben? Marieta segue liada coa súa manta, tratando de dar cunha una postura que a satisfaga, por veces tapando a súa cabeza, por veces tapándose toda...
Marieta-
¡Non estou ben! ¡Non! ¡Non estou ben! ¿Cómo cona vou estar ben se non podo dormir?
Pirse-
Desimula, quizás te espertei coa miña voz. Coidaba que non había ninguén... así... con movemento.
23
Marieta-
Se puidese dormir, xúroche por Deus que nen a túa voz nen douscentos camións tocando o pito me habían espertar. ¡Pero non podo, joder, non podo!
Pirse-
Debes tranquilizarte, entendo que estés afectada por... por isto que está a pasar, pero...
Marieta-
O que pasa é que sempre é de día. ¡Por iso non podo dormir! ¡Eu non podo dormir de día! Nunca puiden dormir de día e agora... agora é sempre de día... ¡É que hai que ter mala sorte! Xa mo dixo o meu pai: “Vas ter mala sorte toda a túa vida”... e botoume un meigallo... ¡Cabrón! Pero eu boteille a el un mal de fígado e morreu de cirrose... ¡Ala! ¡Por cabrón! Pero eu... ¡Eu de día non podo dormir! E aínda por riba agora teño fame... ¿tes de comer?
Pirse-
Non, non teño...
Marieta-
¿Mércasme un anel? (Tira rápidamente do seu maltreito abrigo unha bolsiña da que colle un feixe de aneis) Fágoos eu... con latas, pero están ben, ¿non si?
Pirse-
Si, son moi bonitas... pero o caso é que non levo diñeiro comigo.
Marieta-
¡Pois estámosche ben! Cos poucos clientes que hai agora e por riba non teñen diñeiro. ¡Mala sorte! ¡Teño mala sote! ¡Bah!
Marieta volvese tapar bruscamente coa manta. Pirse pensa un intre, logo mira arredorr e encamíñase cara á muller estática que arrastra o carriño da compra; abre o carro, mete dentro a súa man e saca unha barra de pan e algún outro alimento envolto en papel. Observa de qué se trata regresa ao banco. Marieta-
¡Señorita! (Ao ver que Marieta non responde tócalle levemente o ombro e repite o chamado) ¡Señorita!
Marieta descóbrese e reincorpórase con cara de extrañeza. Marieta-
¿É por min?
Pirse-
Si... perdóame, pero non sei o teu nome.
Marieta-
(Exclama divertida) ¡Señorita! ¡Ja, ja! ¡Señorita! ¡Dime, dime... señorito! ¡Ja, ja! 24
Pirse-
¿Non tiñas fame? (Amósalle o que conseguiu)
Marieta-
(Outravolta arisca) ¡Eh, eh, eh, eh! ¿De onde sacache iso?
Pirse sinala coa cabeza o carriño da compra. Pirse-
Dalí.
Marieta-
¡Eh, eh, eh, tío! ¡Iso é roubar!
Pirse-
Pero...
Marieta-
Pero ¿qué? ¿É teu? ¿Pagáchelo?
Pirse-
Non, pero...
Marieta-
Pois nen pero nen pera. Iso é roubar, e quen rouba é un ladrón e quen colle o que se rouba é un compinche, que tamén se chama cómplice... e tamén vai ao cárcere, e eu non é por estar moi ben aquí fóra pero prefíroo, porque no cárcere... no cárcere vólveste mala persoa, ¿e sabes por qué? Porque te tes por mala persoa e porque despois ninguén te quere, e aínda que alguén te queira é como se non te quixesen porque ti non cres que te queiran, e entón volves roubar e volves ao cárcere e así sempre... así que, tío, ti verás o que fas, eu avisar, avisei.
Pirse-
Pero estamos nunha circunstancia excepcional... e temos fame. Non estamos facendo ningún mal. Marieta mírao expresión de incredulidade.
Marieta-
Ti es algo corto, tío. Claro, cando chega o xuizo vas ti e dis: “É que roubei por necesidade” e o xuiz diche: “ Ah, moi ben, se foi por necesidade...” ¿Qué pensas? ¿Que se o meu irmán tivese un coche roubaba coches por capricho? “Señor xuiz, señor xuiz, é que non tiña coche nen diñeiro para comprar un...” “Daquela podes marchar, chaval, podes marchar” ¿Pero en que mundo vives ti, tío? O tema non funciona así.
Pirse non replica o argumento e atende con interese a Marieta.
25
Pirse-
Non sabes quen son, ¿verdade?
Marieta-
(Mirao máis de perto) Non, pero si sei que es bastante parvo... iso sábese á primeira.
Entra correndo Milord e fala apremiante a Marieta e a Pirse. Milord-
¡Ficade quietos! ¡Ficade quietos!
Pirse-
¿Eh? ¿Qué pasa?
Milord-
Non fagas preguntas. ¡Ti...! (A Marieta) ¡Quédate así! ¡Así como estás!
Marieta-
¿Por qué?
Milord-
¡Non te movas! ¡Faime caso! ¡Xa acho explicarei ¡E ti...! (A Pirse) ¡Túmbate e tápate con esa manta! ¡Se te recoñecen estás acabado! (Pirse dubida coa mirada. Milord imponlle! ¡Xa!
Marieta e Pirse obedecen sen facer máis perguntas. Milord, pola súa parte, fica tamén estático, de pé, con pose un tanto altiva e vaidosa. Durante uns instantes non sucede nada, pero ao pouco chegan ao lugar tres homes e una muller, vestidos con roupaxes brancas.. Tadeo-¡Aquí hai máis! Lucas-
¡Pobres...!
Sara-
Quixérono eles.
Lucas-
Por iso... ¡Pobres confundidos...!
Pedro-
¡Recoñezámolo! ¡Diagnostiquemos! ¡Adiante, irmáns! O grupo divídese e as catro persoas vanse repartindo arredor dos distintos habitantes estáticos.
Tadeo-
(Apuntando co dedo ao home dos mobéis e os reloxos) ¡Ambición! ¡Codicia! ¡Avaricia!
Lucas-
(No banco onde está o anciano e o rapaz novo e referíndose a eles) ¡Pobreza de espírito! ¡Pérdida de fe! ¡Indolencia! ¡Apatía!
Sara-
(Coa muller da toga e máis o birrete) ¡Ruptura da orde natural! ¡Alteración do divino! 26
Pedro-
(Co obreiro da maza e máis da fouce) ¡Negación da graza de vivir! ¡Posíbel ateísmo!
Tadeo-(Con Milord) ¡Vaidade! ¡Soberbia! ¡Posíbel luxuria! Sara-
(Con Marieta) ¡Descarrío! ¡Ignorancia da virtude!
Lucas-
(Diante da manta que tapa a Pirse) ¡Aquí hai un tapado, Pedro! ¿Destápoo?
Tadeo-¡Destápao! ¡Que podamos ver o seu rostro de confundido! Pedro-
¡Non! ¡Non o fagas! Se o Señor quixo deixalo así, así ha de ficar... diagnostícao pola súa manta e o diagnóstico será igualmente válido. Todos temos o que merecemos ter e as nosas pertenzas falan de nós coa mesma fidelidade que os nosos rostros.
Lucas-
Pois pola súa manta diagnostico... ¡Deixadez! ¡Escaseza de ánimo! ¡E falta de crenzas verdadeiras!
Pedro-
Moi ben. ¿Xa están todos recoñecidos?
Lucas-
Todos
Sara-
Todos levaban claramente visíbeis as súas fallas.
Tadeo-¡Poderíamolos queimar para purificar os territorios! Sara-
Magnífica idea, Tadeo
Lucas-
Pero as súa cinzas irían dar á terra… e impregnaríana negativamente.
Sara-
Podemos barrer as cinzas e despois...
Lucas-
¿E despois?
Sara-
Non sei, pero haberá algún xeito de... encerrálas para que non nos contaminen nunca máis.
Tadeo-
Primeiro deberíamos achar un sitio para o facer e… xa está! ¡construirémolo! ¡Construiremos un lugar para encerrar para sempre as súas cinzas! ¡Un enorme mausoleo!
Sara-
¡O mausoleo dos confundidos! ¡A cadea das súas cinzas!
Lucas-
¡Qué bonito! ¡Que ilusionante proxecto!
Sara-
¿Qué opinas ti, Pedro?
Pedro-
En verdade, Sara, que a vosa idea xa me estaba conmovendo, pero unha reflexión apareceu na miña alma en forma de pregunta... de querer o señor que ardesen os confundidos... ¿Non tería Él enviado as súas chamas para levalo a cabo, en lugar de paralizar as súas vidas como fixo? Se así é como Él quixo facelo, nós debemos ter paciencia para 27
seguir agradando os seus sinais... aínda que o meu corazón me di que axiña a súa mensaxe chegará a nós, e entón poderemos facer unha grande fogueira na que ardan para sempre os corpos e as lembranzas dos que nunca houberon de ser, e coas súas cinzas faremos esa obra que tan doctamente imaxinastes. Sara-
As túas palabras son sabias, Pedro.
Pedro-
Todos somos sabios, Sara, agora xa todos somos sabios, por fin...
Tadeo-(Alzando os brazos ao ceo) ¡Grazas por nos escoller, Señor! Lucas-
¡Grazas por nos preferir!
Sara-
¡Grazas por nos salvar!
Pedro-
¡Non te defraudaremos, señor! Agora, máis que nunca, sabemos o que temos que facer... ¡Vamos, irmáns, temos que facer! Todos marchan seguindo a Pedro. Tras uns intres, parte do cadro que deixan atrás desfaise.
Milord-
(Estirándose mientras fixa a vista no lugar polo que sairon comenta con sarcasmo) ¡Anxiños!
Pirse sae de debaixo da manta mentres Marieta pergunta a Milord. Marieta-
¿Qué é descarrío?
Milord-
Para eles é peste, para min é un camiño máis, e de calquera maneira, é soidade. Saíume francamente bonito, ¿non si?
Marieta-
Si, pero non entendo...
Milord-
¿Qué máis che dá? ¿Para qué queres entender?
Marieta-
Para nada... ¡teño fame e sono!
Milord-
Se é así... comer e dormir é o mellor que podes facer.
Marieta-
¿Ti es gracioso por conta propia ou é que o teu pai é un paiaso?
Milord-
¡Vaites, vaites! ¡Qué carácter!
Marieta-
Éche o que ten ter fame e sono.
Milord-
(Reparando na barra de pan e máis no envolto de embutido que están sobre o banco) Pero se ahí tes comida...
Marieta-
¡Non! É roubada. Roubouna él. (Sinalando a Pirse) 28
Milord-
¡Vaia! ¡Cómo variou o asunto! Pois eu vou comer un pouco.
Marieta-
Pois serás cómplice, irás ao cárcere...
Milord-
(Comezando a partir o pan) ¿Ves todo eu levo posto? Pois...
Pirse-
(Interrumpindo a Milord) ¡Escóitame! ¿Quén eran eses?
Milord-
(Insolente e un tanto agresivo) Estou a falar con esta muller, así que fai o favor de non me interromper, ¿Entendido?¡Teño a impresión de que estás moi mal educado...! (Pirse mírao sen replicar e Milord continúa dirixíndose a Marieta) Pois todo canto levo posto é roubado tamén.
Marieta-
¡Ladrón!
Milord-
A verdade é que nunca vin unhas rebaixas así. Está todo gratis. (Oferece un anaco de pan a Pirse) ¿Queres?
Pirse-
(Colléndoo) Grazas
Milord-
(Oferecéndolle outro a Marieta) ¿E ti?
Marieta-
(Reticente pero evidentemente tentada) Non, non...
Milord-
Mudaron as leis, ¿sabes?
Marieta-
(Escéptica) Si, xa...
Milord-
Até nova orde, todo o que hai na terra é dos terrícolas... e pódese coller sen permiso... (Ofrece outravolta o anaco de pan)
Marieta-
Non cho creo... (Mirando o pan con ansiedade) ¡Pero... trae! (Arrebátallo) Non está ben pero... eche o que hai... pagareino cando poida. (Morde o anaco con avidez)
Milord-
¡Ei, agarda! (Oferécelle unha lonchas de xamón) Comer pan só cando hai tamén xamón é castigado agora con pena de morte.
Marieta-
(Arrebatándolle tamén as lonchas) ¡Bah! ¡Trae! ¡Ladrón mentireiro!
Milord-
(Ofrecendo lonchas a Pirse con ton irónico) Desemule señor, honraríame convidalo... e escoitar agora con pracer as súas perguntas..
Pirse tamén colle xamón. Os tres afánanse en facer os seus bocadillos e comezan a saborealos. Pirse-
¿Quén eran eses? ¿Por qué por qué tivemos que ficar inmóbeis?
Milord-
Por simples prevención.
Pirse-
¿Por qué? ¿Qué nos podería pasar?
Milord-
Nada. 29
Pirse-
¿Nada?
Milord-
Nada... se te unes a eles.
Pirse-
¿E se non o fas?
Milord-
¡Je! Son os elixidos, os supervivintes do xuizo final, e non admiten con bon humor que se lles cuestione a súa versión da Apocalipse... e non son catro nada máis, hai milleiros deles repartidos polos territorios, regodeándose de ter sido salvados e reforzando a súa historia con esas exhaustivas análises pecaminosas dos inmóbeis... e cando atopan alguen que se move... intégrano no grupo se o atopado se ten por elixido, máis cando éste se nega a tal honra... reconvírteno...
Pirse-
¿Reconvírteno?
Milord-
Así é como lle chaman. Alegando pequenas probas do Señor, tratan de reconvertir ao imperfecto nun ser paralizado... pero como eles non teñen o poder de paralizalo como fixo o Todopoderoso, paralízano con métodos menos divinos e, simplesmente, mátano.
Marieta-
¡Ah! ¡Qué xente máis mala!
Milord-
Son xente... algunha é así.
Marieta-
¡Teño sede!
Milord vai onde o carriño da compra e extrae do seu interior unha botella de auga. Pirse-
¿Cómo sabes todo iso?
Milord-
Téñoos oído e téñoos visto actuar. (A Marieta coa botella de auga) ¡Toma!
Marieta-
É roubada.
Milord-
Sí, pero está fresca.
Marieta-
(Mollendo a botella) ¡Bah!
Pirse-
¡Hai que facer algo! ¡Temos que organizarnos! ¡Non podemos deixar que eses dementes sigan cometendo crimes!
Milord-
Síntoo ben, meu sarxento, sabe que adoro as súa ordes, pero non contes comigo, idiota...
Pirse-
¿Vas permitir que eses desquiciados se fagan co control?
30
Milord-
Antes tíñano outros... e ademáis, xefeciño, ¿e se teñen razón? Nunca se sabe...
Pirse-
Iso é unha estupidez.
Milord-
¿Por qué é unha estupidez? ¿Ti que sabes? ¿Ti que sabes de nada, imbécil?
Pirse-
¡Hai que facer algo!
Milord-
Ti xa tiveche a oportunidade de facer algo e desaproveitáchela. Agora é mellor que te relaxes e deixes o mundo en paz. Non te precisa.
Marieta-
¡Teño sono! ¡Moito sono!
Milord-
Eu xa marcho, non che molesto máis, vou seguir... de “compras”.
Marieta-
Non é por ti, é porque sempre é día.
Milord-
Pois vai á noite. Non fica lonxe. Adeus, parelliña, ti que consigas dormir... e ti, a salvar o mundo... como sempre... ¡Je, je! ¡Estúpido inxenuo!
Milord marcha. Pirse deténo coa voz. Pirse-
¡Agarda! Alertáchesme... ¿Por qué, se tan mal conceito tes de min?
Milord-
(Virando e ejecutando o seu cínico sorriso) Non es máis que un fillo de puta inconsciente... máis nada.
Pirse-
¡Non é xusto! ¡Non é xusto nin certo! ¡Non é xusto que me digas iso!
Milord-
E fíxeno por ela, non por ti... o mundo xa non xira ao teu redor... compañeiro habitante...
Milord ceiba unha nova e cínica gargallada e a continuación dá unha esaxerada media volta e marcha altivo. Pirse fica mirando, pensativo. Marieta-
¿Onde está a noite?
Pirse-
¿Qué?
Marieta-
¿Por onde se vai cara a noite? Quero ir a á noite. Morro de sono.
Pirse míraa un intre e logo aparta a vista e busca algunha referencia no horizonte até sinalar un ponto nel.
31
Pirse-
É por alí. ¿Vamos?
Marieta-
¿Ti tamén tes sono?
Pirse-
Creo que teño medo de estar desperto.
Marieta-
¿Medo de estar desperto? Es un tío raro, raro. E o que ti tes é sono, xa o vexo eu... ¡Vamos, anda!
E comeza a encamiñarse na dirección indicada por Pirse, que sae detrás dela.
CUARTO CADRO. Lixo. O lugar está cheo de lixo por todas partes, e as bolsa de lixo conforman o cadro. Nunha esquina un home e unha muller, aferrados os dous a unha bolsa de lixo, pelexan con aceno hostil por se facer con ela. Perto deles, outro home sentado sobre un castelo de bolsas do lixo, custodia as súas posesións con rostro fero e unha escopeta de caza nas mans. Ao outro lado hai un home de pé cun látigo na súa man dereita; coa esquerda sostén dominante unha correa de can coa que suxeita un home negro que gatea rebuscando nalgunha das bolsas de lixo que o arrodean. Non moi lonxe dalí hai unha muller deitada no chan, coa súa cabeza metida por completo nunha bolsa de lixo. No centro do cadro está sentada outra muller, que mira con xesto profundamente triste o pequeño habitante dos seus brazos, un bebé envolto nun manto de bolsas de lixo. E, por último un home axeonllado que agarra coas súas mans levantadas por encima da cabeza un coitelo, co que parece a punto de asestar un golpe definitivo, aínda non habendo nada diante del. O silencio do cadro inmóbel rómpese cunhas voces que veñen achegándose ao lugar, e que parecen discutir entre elas antes de facer acto de presenza os seus donos. Marieta-
¿Por qué viñemos por aquí? ¡Eu non quero ir por aquí! ¡Non quero ir por aquí!
Pirse-
É o camiño cara a noite, temos que pasar por aquí. Non tes nada que... (Pirse entra no lugar e acusa impactadola visión do cadro)... temer. ¡Meu deus! ¡Desfavorecidos! Non os vira nunca na realidade... Pirse pasea entre eles, observándoos con atención e con mágoa. 32
Pirse-
Son reais... tan reais... e están aquí... diante de min... pero... ¿Cál é o erro? ¿En qué nos equivocamos? ¿Qué peza da engranaxe deberíamos cambiar para evitar isto? ¡Qué distinto é velos de oir falar deles! ¡Qué distinto ver de oír! Estar de otear, constatar de saber, sentir de elucubrar... si, pero... ¿non é mellor fuxir da empatía para poder dar co remedio dos seus males? Porque a distancia clarifica a mente e obxectiva a razón, mientres que a proximidade empapa de visceralidade o ánimo e enturbia con emocións o discernimento, iso é o que sempre pensei, pero... nunca os tiña visto tan de perto... e non podo evitar que a súa visión me conmova, e aínda pior, sinto en min un aquel de desesperanza e dúbida... e como se algo no meu interior comezase a esnaquizarse... son tan reais... tan reais... ¡Señor! ¡Son tan reis! E de certo foron así sempre... reais... Mentres Pirse falaba, Marieta chegou tamén ao lugar, e está calada e quieta nunha esquina.
Pirse-
(Bruscamente,
tratando
de
desembarazarse
da
súa
consternación) ¡Ven! ¡Vamos! ¡Continuemos avanzando cara a noite! Marieta, sen prestar atención a Pirse comeza a desprazarse lentamente entre habitantes e bolsas de lixo, parando a carón de cada un, rexoubando aquí, tapando a cara coas mans alá, até chegar fronte ao home axeonllado que porta ameazante un coitelo. Marieta-
Eu estaba ahí...
Marieta sinala o chan valeiro que hai fronte ao home. Pirse mira a Marieta consternado. Marieta-
Él é bo... e mao á vez. Eu díxenlle que marchaba porque quería estar nun sitio onde ulise un pouquiño mellor, pero el dixo que cadaquén tenía tiña que estar onde tiña que estar, e que quen naceu entre lixo tería que estar toda a vida no lixo e eu coido que tiña razón pero a min no sei porqué 33
pero o corpo me pedía marchar, e eu cando o corpo me pide algo e non llo dou póñome moi mal, e doeme a cabeza, e me enfado sen motivo e me poño triste e non teño gañas de nada e non sei por qué... e eu coñézome e por iso lle dixen: “Eu é que me teño que ir de daquí porque se non vou enfermar” e el díxome “Non me podes deixar aquí so. ¿Qué vou facer eu so?” E eu respondín: “¡Ven! ¡Ven comigo! ¡Vamos os dous!” e entón el calou e eu vin que estaba pensando, e pensou un pouco e logo se puxo máis serio e díxome: “Eu non vou a lado ningún... e ti tampouco... ti ficas aquí comigo” E eu vino tan serio e tan triste que me deron gañas de abrazalo e de decirlle que ficaba con el para sempre, pero sentín así como un pinchazo no estómago e en vez de facelo díxenlle: “Eu voume” Entón vin cómo lle mudaba a cara e os ollos se lle puxeron grandes como se tivese medo, e apretou os dentes até facerlle ruído, e primeiro se puxo branco, e despois vermello, e despois me colleu polos brazos e me empurrou, e eu caín ao chan, e púxenme a berrar, e tirou o coitelo de cortar as latas púxose así como está agora e... eu pechei os ollos, e... despois os abrín e vin que estaba así parado... e díxenlle: “Non me mates, por favor... eu só me quero ir onde ula ben... máis nada...” Pero el non me respondeu... eu levanteime e vin que todo estaba parado e marchei, marchei, marchei por fin,... ¿Por qué me trouxeche aquí? ¿Por qué viñemos por aquí? ¡Non ves que eu me quería ir ¡Eu quería irme e ti traesme por aquí! ¿Es gilipollas ou qué che pasa? ¡Teño sono ¡Quero dormir! ¡Quero dormir dunha puta vez! ¡Só quero dormir! ¿Oesme, gilipollas? ¿Oesme? ¡Só quero dormir! Marieta Déixase cair no chan entre saloucos. Pirse ahégase con tempo e coidado e ao chegar cabo dela bótalle unha man. Pirse-
Perdóame por traerche por aquí... perdoa... ¿Seguimos? Marieta observa a man que Pirse lle achega, dubida, pero acepta o oferecemento e incorpórase asindo a man de Pirse.
Marieta-
¿Falta moito? 34
Pirse-
Menos que nunca. (Dalle o brazo a Marieta) Señorita... Marieta, ao observar ese requerimento, non pode evitar un pequeno esbozo de sorriso
Marieta-
Señorito... (Colle do brazo a Pirse e comezan a sair pero, de pronto Marieta sóltase). Agarda un un intre.
Marieta vai cara ao home do coitelo, determinada e digna.
Marieta-
¡Eu nunca che tería feito algo así, cabrón! ¡Iso non é querer! (Colle unha pequena blosa pendurada do cinto do home e tira dela unhas cantas moedas) ¡Isto é meu! ¡Gañeino eu! ¡Adeus! ¡Que che den polo cú!
Marieta cóllese outra vez do gancho de Pirse que mira para ela con curiosidade. Marieta-
¿A ti qué che pasa? ¿Teño monos na cara?
Pirse-
Non, non, non era nada…
Marieta-
¡Ah, ben…! ¡Pois vamos!
Pirse-
Agarda, só unha cousa… Toda esa xente… ¿Cómo se pode vivir así?
Marieta-
Non están tan mal... hainos moito pior... ¡pobres! Hainos que como viven lonxe dos ricos non teñen as sobras perto, e entón non teñen nada que comer... eses sí que están mal... pero eu quero irme daquí... quero irme e non quero volver nunca máis... aínda que non haxa sobras perto... aínda que morra...
Marieta marcha do lugar. Pirse bota un último vistazo conmocionado, e sae polo mesmo sitio.
QUINTO CADRO.
35
No interior dun recinto arameado hai catro habitantes. Un deles, unha muller. Move o seu corpo sen cesar con movementos dispares, por veces ondulantes, por veces ríxidos e bruscos; ás veces move tan só un brazo, ou un pé, ou só a cabeza, e ás veces son todas as partes do seu corpo as que se moven ao tempo. Outro dos habitantes, un home que muda constantemente de actitude, de neno a ancián, de ledo a triste, de agresivo a temeroso, de relaxado a excitado ou do silencio ao alarido. O terceiro é un home de gafas escuras que toca intermitentemente o saxofón. Encadea unha serie de notas que acompaña co movemento do seu corpo, logo fica estático e mudo en calquera posición, e despois dun rato retoma a melodía na mesma nota onde a parara. E o cuarto é un home inmóbel, conxelada a súa imaxe en plena acción de andar. Este último habitante é o que está a falar nestes momentos cara aos demáis. Bit-
Agora mirádeme os ollos e deixádeme absorver a vosa vontade... A muller segue a contonearse, o saxofonista executa unhas notas e fica estático. O outro home, Caos, chucha o seu dedo polegar ao tempo que balbucea inintelixibelmente.
Bit-
¡Mirádeme os ollos! ¡Mirádeme os ollos! ¡Mirádeme os ollos! Eu controlareivos antes ou despois, monte de tarados, tarados, tarados, tarados... ¡Teño neuronas! E as neuronas van comigo sempre, porque non queren que estexa só, e eu divírtome canda elas, xogamos, xogamos, xogamos... e somos tan amigos que me ando a plantexar unha relación seria con elas... ¡Vamos casar! E ninguén de vós irá á voda porque a vamos celebrar dentro do meu cerebro, quizás no bulbo raquídeo, quizás si, gosto dobulbo raquídeo porque alí ninguén nos molesta... ¡Mirádeme os ollos! ¡Mirádeme os ollos! O saxofonista comeza outravolta a tocar. A muller contonease eternamente.
36
Caos-
(Falando a alguén inexistente con voz sensual) Agora voute foder, nena... como ninguén te fodeu nunca... (E bótase ao chan executando violentos movementos pélvicos mentres xeme)
Bit-
Sei que vos teño domeados... tédesme invexa, moita invexa, ¿verdade? Porque vós estades tarados, tarados, tarados, e eu teño o máis importante e querédesmo quitar, pero non o ides conseguir porque se eu pecho os ollos e a boca así... (Pecha con forza ollos e boca)... e se me concentro e pecho tamén a entrada dos ouvidos e as fosas nasais así... (Fai un aceno de concentración suprema) ¡E xa está! ...e xa teño todas as entradas tapadas e o meu cerebro está a salvo de vós... ¡Tarados! ¡O meu cerebro nunca será voso! Pero eu rematarei por ter a vosa vontade... xa sodes meus pero aínda non o saabedes... ¡Mirádeme os ollos, tarados! ¡Mirádeme os ollos! ¡Ordénovolo! Cadaquén dos restantes segue ao seu. A muller contonease, o saxofonista, logo dunha breve pausa, retoma a súa canción. Caos remata o seu particular acto sexual e agora comeza a recitar a táboa do oito con xesto sumiso e voz de neno.
Bit-
¡Ordénovolo! Mándovolo!... pídovolo... prégovolo... ¡Facédeme caso! ¡Xogade comigo! ¡Controlareivos, controlareivos, controlareivos, controlareivos...! ¡Mirádeme os ollos, mirádeme os ollos, mirádeme os ollos...! Nese momento chegan ao lugar Pirse e Marieta, que observan con estupefacción o sórdido panorama. Bit percátase en seguida da súa presencia e fálalles desde o seu reduto arameado.
Bit-
¡Son feliz! ¡Son feliz! ¡Son feliz! Son feliz porque non me doen os ósos e non teño medo a un infarto, coma vós, porque o meu corazón está parado, non latexa, non fai pum-pum, por iso non teño nada do que preocuparme, así que non veñades a restregarme a vosa normalidade, sodes vós os doentes, eu estou aquí feliz, e os meus compañeiros xogan comigo.¡Aínda non! Pero pronto van xogar, así que podédesvos meter a
37
vosa normalidade polo cú. ¡Teño neuronas e non teño dores no corpo! ¡Son feliz, feliz, feliz, feliz...! Pirse-
¿Quén sodes? ¿Qué vos pasa? O saxofonista deixa de tocar e fala detrás das súas gafas de sol.
Saxo-
E agora vou tocar un tema que copuxen no oeste e que se titula... E en plena presentación fica estático.
Caos-
¡Lume, lume, lume! (E acúcase entre saloucos dobrándose sobre si, asustado)
Bit-
(Fala a Pirse con ton burlesco e desprezativo) ¿Quén somos? ¿Quén somos somos somos somos? ¿Falas en serio? ¿Queredes xogar comigo?
MarietaBit-
¿A qué? ¿A qué? ¿A qué? ¿A qué? (De repente comenza a saloucar lastimosamente) ¡Quero xogar! ¡Quero xogar! ¡Quero xogar! ¡Quero xogar a correr!
MarietaBit-
Pero... non podes... ¿ Non estás parado? (Furioso) ¡Restrégamo! ¡Restrégamo! ¡Restrégamo! ¡Son feliz! Son feliz porque non me podo facer esguinces e porque teño neuronas... ¡Deixádeme en paz! Voume reunir con elas.
MarietaBit-
¿Con quén? Coas miñas neuronas... temos unha festa... así que... ¡Adeus! (Pecha os ollos).
Saxo-
(Prosegue a súa presentación)... “Mi little town” e é un tema no que podedes facer palmas. Ahí vai... Coloca a súa boca na boca do saxofón e fica novamente estático. A muller segue movéndose sen cesar, e Caos está agora de pé, en posición de firme, saudando
38
militarmente e cantarexando levemente unha canción do exército. Pirse e Marieta míranse confundidos. MarietaPirse-
¡Vamos! ¡Teño sono! Agarda. (Achégase a carón do pechado onde está Bit) ¡Eh! ¿Quén vos pechou aquí?
Bit abre os ollos e ceiba unha gargallada que se conxela e se transforma nunha mueca de desprezo que continúa durante todo o parlamento. Bit-
¡Os normais! ¡Os normais! ¡Os normais!
Os que deciden onde
gardar os xoguetes rotos. Os que deciden que o que quedou en movemento é digno, digno, digno; o que quedou totalente inmóbel, aínda que inmóbel, e digno, digno, digno; pero o que quedou distinto é indigno, indigno, indigno... o que fica envolvido nunha orde caótica do tempo como ese tarado de ahí é indigno, indigno, indigno; o que quedou tatexo temporal como ese tarado do saxo é indigno, indigno, indigno; o que mantén o seu movemento pero perdeu a súa actividade cerebral como esa tarada é indigno, indigno, indigno; e o que mantén o seu cerebro intacto pero non se pode mover, coma min... tamén é indigno... é indigno, é indigno, é indigno ¡ Ahí vos quedades coa vosa puta normalidade! ¡Eu son feliz coas miñas neuronas! O home do saxofón comeza a tocar o tema que anunciara. Marieta-
¿E ti por qué lles chamas tarados?
Bit-
Porque son tarados, tarados, tarados, tarados...
Marieta-
¡Xa! ¿E ti qué?
Bit-
(Con vehemencia) ¡Eu son normal! ¡Normal! ¡Normal! ¿Queredes xogar comigo?
Marieta-
Eu non. A min non me caes ben. E ademáis teño sono.
Bit-
¿E ti... (Observa a Pirse decatándose de algo) ¡Eh! ¡Ti es...!
Caos-
(Con ternura e mirando a alguén imaxinario) Si, quero...
Bit-
¡Es... o culpábel! 39
Pirse-
(Súbitamente anoxado)¿O culpábel de qué?
Bit-
¡O culpábel de todo! ¡ O culpábel de todo o que pasaba antes! ¡Es ti! ¡Culpábel, culpábel, culpábel, culpábel, culpábel, culpábel...!
Caos-
(Chorando desconsoladamente) ¿Por qué? ¿Por qué?
Bit-
¡Culpábel, culpábel, culpábel, culpábel, culpábel, culpábel...!
Pirse-
(Furibundo) ¡Cala! ¡Cala dunha vez! ¡Cala!
Bit-
¡Oh, o culpábel anóxase! ¡Ja, ja, ja, ja...! ¡Culpábel, culpábel, culpábel, culpábel! Pirse, conxestionado, respira violentamente tratando de non perder o control e xira sobre si dándolle as costas a Bit.
Bit-
Oes, culpábel, eu son normal, ¿sabes? Fai algo por min... faime un favor. Dille aos normais que eu son normal, que non teñen porqué encerrarme, non me teñen que pechar porque... porque non podo escapar... non me podo escapar... ¡Son idiotas! ¡Son idiotas, idiotas, idiotas...! Eles son idiotas, ti es o culpábel, eu son normal e éstes son tarados, tarados, tarados... voume coas miñas neuronas, que se lles chego tarde despois non queren foder comigo... e a vós xa vos teño domeada a vontade... ¡Son tan feliz de ter con quen xogar! ¡Adeus! ¡Pechareime con chave! Bit volve a pechar os ollos. O saxofonista segue tocando, a muller segue movéndose sen cesar, Caos gatea agora cos ollos moi abertos.
Caos-
¡Mamá! ¡Mamá! ¡Mamáaaaaaa! Pirse volve a xirarse e Marieta e máis el miran o cadro con grande desasosego.
Marieta-
¡Vámos! ¡Vámonos daquí!
Marieta ve que Pirse non deixa de mirar, afectado, e tenta consolalo. Marieta-
Non lle fagas caso. Ti non es culpábel
40
Pirse-
(Contrariado e visivelmente alterado) ¿Cómo o sabes? Ti non me coñeces.
Marieta-
Vale, tranquilo, tío... non o sei fixo... pero todo o mundo ten asunción de inocencia, aprendeumo o meu irmán.
Pirse-
Presunción.
Marieta-
¿Qué?
Pirse-
Dise presunción de inocencia.
Marieta-
¡Anda éste! ¿Vas saber ti diso máis que o meu irmán?
Pirse-
Non... seguro que non... eu xa non sei nada...
Marieta-
¡Pois entón para que falas! ¡Vámonos, que esta xente ponme mala!
E ambos dous parten de novo cara a noite.
SEXTO CADRO Escuridade. Todo é escuridade, agás unha tenue claro luar, que apenas permite ver con dificultade un montón apiñado de caixas de cartón e trastos usados, como unha lavadora oxidada, unha mesiña de noite desconchada e coxa, os restos feitos anacos do que un día foi un xogo de tres sofás de escai. E nesta escuridade intérnanse Pirse e Marieta. Pirse-
¡Chegamos! ¡Aquí tes a noite!
Marieta-
¡Porfin! ¡Crin que non chegábamos! Mira que ter que andar por ahí na procura da noite... ¡Hai que foderse! ¡Como os fantasmas!
Mentres murmuraba foi achegándose ao montón de trastos e localizando o sofá grande, qu está volcado sobre el mesmo. Marieta trata de endereitalo. Marieta-
¡Axúdame! ¿Non?
Pirse-
¿Qué vas facer?
Marieta-
¡Unha fogueira! ¿A ti qué che parece? ¡Quero dormir! ¿Axúdasme ou qué?
41
Marieta está intentando darlle a volta ao sofá. Pirse-
Agarda, agarda... xa te axudo... (Entre os dous póñeno en pé) ...pero poderíamos buscar outro sitio...
Marieta-
Si... un palacio... pero non pode ser porque deixei as chaves na casa. ¡Arrástrao un pouco para aquí (Pirse faino) Aquí está ben. ¡Perfecto! (Mirá o sofá) A xente está tola. Tiran as cousas case novas. Non, non están tolos, están forrados... Ti tes ahí outros sofás, axúdoche a montar a cama?
Pirse-
Non, deixa... xa o fago eu... pero, ¿sabes? As cousas mudaron... xa non tes que vivir como sempre... a nova situación é tan extraña que... quizá debamos afacernos a ela... haberá moitas casas valeiras, con camas... descansaríamos mellor e...
Marieta-
¿Mudaron as cousas? As cousas non mudaron... ¡As cousas nunca mudan! Dinnos que mudan pero non mudan. ¡Non me fío! E se agora me meto nunha casa que non é miña pensando que as cousas mudaron e logo resulta que non mudaron e o que pasa é que uns seguen tendo casas e tendo todo e outros seguimos sen casa e se nada, como sempre? Non, colega, as cousas non mudan así de fácil... engánannos... dinnos que mudan pero non mudan.
Pirse-
¿Quén nos engana?
Marieta-
Quén vai ser. Os que manexan o cotarro... (confidencial) ...engánannos sempre...
Pirse encaixa o golpe sen replicar. Só os seus labios se enruganan con raiba e a súa mirada se desvía ao chan. Marieta-
E perdoa, tío, non quero ser borde, pero teño sono... e eu de ti botábame neses sofás e non me complicaba a vida... non te fíes, faime caso... ou fai como queiras. Eu vou dormir. (Tómbase no sofá con xesto de fonda satisfacción) ¡Mmmmm! ¡Até mañán! (Pecha os ollos pero ábreos ao momento) Non, até mañá non... Non hai mañá. ¡Non vai sair o sol... non vai ser de día... non? 42
Pirse-
Iso parece...
Marieta-
Pois que agarde o mundo porque aquí, a Marieta, sen luz que a esperte, vaise pegar a gran sobada mundial... (Estírase bocexando e acúcase) ¡Abur!
Marieta pecha os ollos e acomódase buscando a postura axeitada. Pirse obsérvaa uns intres, logo mira arredor e vai onde o montón de trastos, colle un dos sofás pequenos e acomódase nel, apoiando os sus pés sobre unha vella pantalla rota. Pirse fica pensativo e alonxado cos seus ollos abertos ate que a voz de Marieta o fai regresar. Marieta-
(Sen abrir os ollos) ¡Merda! ¡Teño frío! ¡E non trouxen a manta! ¡Serei...! ¿Achégasme uns cartóns?
Pirse érguese do sofá, quita a súa chaqueta e vai onde Marieta, arroupándoa con ela. Marieta-
Grazas. Mmm, que ben ule. Debe ser cara.
Pirse regresa ao sofá e non responde. Marieta fala somnolenta. Marieta-
Ti es rico, ¿verdade?
Pirse-
(Tarda uns segundos en responder) Si, creo que si...
Marieta-
(Cada vez máis somnolenta) Xa o sabía...
Pirse-
¿Por qué?
Marieta-
Pola roupa... e porque non tiñas diñeiro...nada máis que os ricos poden andar tranquilos sen diñeiro...
Marieta está case dormida. Só lle queda un fiíño de voz adormilada. Marieta-
¿Qué es?
Pirse-
¿Eu?
Marieta-
Non, o teu cabalo... este tío é parvo... ¿Qué es? Seguro que es algo importante... xefe ou algo así.. 43
Pirse non responde Marieta-
(Consumindo o último sospiro de vixilia) ¿Verdade?
Pirse-
Si, algo así...
Marieta-
(Entrando no sono) Qué sorte...
Pirse-
Si... tés razón... tés moita razón...
Marieta parece estar completamente dormida. Pirse mantense aínda en vela, pensativo, pero ao pouco vai caendo vencido tamén polo sono. Os dous dormen profundamente, alleos á chegada de catro habitantes. No meio da luz qu desprenden as antorchas que levan nas mans, pódense ver os contornos de Tadeo. Lucas, Sara e Pedro. Tadeo-(Percibindo a presenza de Pirse e Marieta) ¡Aquí hai máis! Pedro-
¡Adiante! Tadeo, Lucas e Sara diríxense cara o montón de trastos e aluman levemente coas súas antorchas a Pirse e a Marieta, que dormen sen se percatar de nada.
SaraLucas-
(Iluminando a Marieta) ¡Ausencia de dotrina! ¡Escaseza moral! (Iluminando a Pirse) ¡Deixadez de espírito! ¡Posíbel carencia de credo e...!
Tadeo-
(Interromiendo o diagnóstico de Lucas) ¡Un momento! (Aluma a Pirse de perto e observa con claridade o seu rostro) Esta cara sóame. ¡Meu deus! ¡É... é...! ¡Achegádevos! Sara e Lucas achéganse.
Tadeo-¡Mirade! ¡É el! ¡É o Gobernador! Lucas-
¡Oh! ¡Qué achádego!¡Que revelación!
Tadeo-Sempre souben que non era limpo, pero o Señor fixo xustiza. Sara-
Calade. Creo que... respira... 44
Lucas-
¡Oh, é certo! ¿Qué facemos?
Tadeo-Sssh. ¡Vinde! Tadeo vai onde Pedro acompañado de Sara e Lucas. Tadeo-¡Pedro! ¡Atopamos algo importante! Pedro-
¿Qué atopastes?
Sara-
Atopamos ao Gobernador Pedro abandona por un instante a súa calma habitual.
Pedro-
¿Está... axusticiado?
Tadeo-(Nega coa cabeza) Non. Pedro pensa velozmente e retoma o control da situación cun enigmático sorriso. Lucas-
¿Qué facemos? Todos agardan escoitar a voz de Pedro.
Pedro-
¿Qué
habemos
de
facer?
Simplesmente
o
habitual.
Comprobaremos se efectivamente forma parte desta nova estirpe que o Señor ten designado para crear o novo mundo ou... se polo contrario é unha desas pequenas probas que, adoptando formas que negan a evidencia, nos ten deixado o Altísismo para reafirmármonos con contundencia na nosa fe. Falemos con el e saberemos se e realmente un elixido ou se se trata dun abominábel residuo de incredulidade. Acompañádeme e estade preparados, pois é posíbel que estexamos diante do derradeiro escollo que precede á Gloria. Pedro vai ao sofá que ocupa Pirse, seguido de perto polos demais e ao chegar obsérvao con atención antes de facelo acordar cun contundente chamado. Pedro-
¡Irmán! 45
Pirse revólvese pero no acorda. Pedro insiste. Pedro-
¡Irmán! Agoara Pirse reacciona. Abre os ollos e tarda un breve lapso de tempo en contactar coa realidade. Tamén Marieta veu interrompido o seu sono e se incorpora asustada.
Marieta-
¡Eh! ¿Qué pasa?
Pedro-
(Fala educadamente con Marieta) Feliz acordar, irmá.
Marieta-
¡Qué irmá nen que ostias! Eu non teño máis que un irmán, e a ti non che imita nada.
Sara-
¡Oh!
Lucas-
¡Que ofensiva!
Pedro-
(Obviandolas palabras de Marieta fala con Pirse) Feliz acordar... irmán.
Pirse-
¿Qué queres?
Pedro-
É normal que non me coñezas. Eu era só un humilde habitante anónimo, sen notoriedade, sen sona, sen poder ningún... un ínfimo ser indigno de ser mirado, e moito menos coñecido, por unha personalidade ilustre e poderosa coma vostede... pero agora a situación é outra, e aínda que eu siga a ser un humilde habitante, ti agora compartes o meu mesmo rango... somos irmáns... irmáns elixidos polo Divino para a reconstrución do noso paraíso perdido. Debemos estar gozosos e felices porque sabemos que o noso espírito está limpo, como limpa está porfín a Terra de pecado e pecadores.
Marieta-
¡Este tío está enfermo!
Tadeo-¡Cala irmá! ¡Cala e escoita a Pedro! Marieta-
¡A min non me manda calar ninguén, gilipollas!
Tadeo fai amago de ir cara a Marieta, pero Pedro deteno cun xesto e continúa a falar.
46
Pedro-
Esta é a realidade e así nos foi revelada. Somos privilexiados beneficiarios da xustiza do Señor... de debemos recoñecelo diante de El, e canto menos podemos facer... por iso teño que facervos unha pergunta para que El saiba a vosa resposta... ¿estades humildemente orgullosos de ter sobrevivido ao xuízo final? O silencio agarda unha resposta.
Marieta-
¡A min déixame en paz! ¡E déixame dormir! ¡Estás tolo da cabeza!
Tadeo-¡Cala e responde! Marieta-
¡Que non calo e non respondo nada, ostia!
Lucas-
¡Meu deus!
Sara-
¡Sacrílega!
Marieta-
¿Qué?
Pedro-
¡Deixadea! Ela, aínda sen querer, xa respondeu. (A Pirse) Faltas ti. (Achégase un paso mási a el e mírao inquisidor) ¿Sénteste humildemente orgulloso de ter sobrevivido ao xuizo final? Pirse parece meditar un momento a resposta.
Pirse-
Non sei o que pasou. Non sei se foi causa humana, causa natural ou causa divina. Non sei case nada... pero sei algo...ti non es o meu xuíz. Pedro mírao cun rictus que evoluciona do sorriso ao odio.
Pedro-
¡Irmáns! ¡Sexamos a man de Deus! Lucas, Tadeo e Sara desenvainan cadanseus coitelos. Pedro, pola súa banda, amosa tamén o seu.
Pedro-
¡Fágase a xustiza!
47
Os autodenominados elixidos erguen ameazadores os seus coitelos e dispóñense a pasar a acción, momento no que aparece repentinamente Milord, que se dirixe a eles clamando en voz alta. Milord-
¡Irmáns! ¡Irmáns! ¡Agardade un momento para oir o que vos veño decir!
Os executores, desconcertados, detéñense. Pedro-
¿Qué é o que queres, irmán? ¡Fala se tes algo importante que decir!
Milord-
Veredes...eu, como elixido que son, son un máis de vós, claro... pero hai uns intres me asaltou unha dúbida, unha dúbida enorme e trascendental que medra no meu interior negándome a paz e por iso preciso que me clarexedes coa vosa sabedoría este tormento.
Pedro-
¿Qué dúbida é esa, irmán?
Milord-
Verás... agora que o Señor ten feita a súa elección e nos ten xulgado separando os bos dos maos, nós, os elixidos, somos inmortais?
Todos miran a Pedro agardando pola súa resposta. Pedro-
(Sentenciando) Somos, irmán, somos.
Milord-
¡Oh, grazas! ¡Grazas por liberarme desta angustia que me turbaba! ¡Seguide, irmáns! Continuade co que estabades facendo.
Milord dálles as costas e comeza a sair. Os elixidos volven a súa atención a Pirse e Marieta, pero Milord, volvendo sobre si, interrompe de novo. Milord-
¡Perdoádeme outra vez, irmáns! Pero debo estar perdendo a fe, e... aínda que o intento non consigo ter a certeza absoluta. Quizá se... (Tira do interior do seu frac unha pistola) ... se o comprobase por min propio empiricamente (Aponta con ela aos elixidos)
Pedro-
¿Qué fas irmán? Garda iso, é unha orde.
Milord-
(Socarronamente) ¡Oh, vamos! Sei que é certo, sei que somos inmortais ¿Qué che importa que o comprobe? É só para me sentir mellor, con máis
48
fe e iso... (Achégase un pouco máis sen deixar de apontar e fala agresivamente) Veña, fóra daquí, anxiños! Fóra ou comprobo! Sara-
Faino se queres, non temos a menor dúbida.
Pedro-
¡Non! Dacordo, marcharemos... non temos nada que demostrar.
Milord-
Iso está mellor...¡valente!
Lucas-
¿Por qué nos vamos, Pedro?
Pedro-
Non é dos nosos. É un enviado do Demo.
Lucas-
¡Oh!
Sara-
¡Eu non teño medo! ¡Eu non teño medo!
Tadeo-¡Eu tampouco teño medo! ¡Eu rematarei co Demo! ¡O Señor fíxome inmortal! E Tadeo bótase, coitelo en alto, a Milord. Soa un disparo e Tadeo cae ao chan sen vida. Milord quítalle a antorcha de man, xusto antes de que o corpo se desplome totalmente. Milord-
(Observando o corpo de Tadeo) ¡Ui! Definitivamente acabo de perder a fe. (Ao resto de elixidos) ¡Fóra, fóra daquí, se non queredes acabar igual! ¡Fóra! ¡Fóra, fillos de puta!
Sara, Lucas e Pedro marchan levando as súas antorchas e con elas parte da claridade. Milord vai ao montón de trastos, rescata dalí o sofá restante, acomódase nel e respira profundamente. Milord-
¡Uf! Ben... xa temos os sofás... ¿ónde están os cafés?
De momento ninguén responde á frivolidade, pero pronto Marieta fala con Milord. Marieta-
Oes... grazas.
Milord-
Era mellor recompensa dáresme un biquiño... (Frunce os labios lascivo)
Marieta-
¡Vai á merda!
Pirse-
(Envolto nos seus pensamentos) ¡Hai que facer algo! ¡Hai que facer algo!
Marieta-
Eu creo que vou seguir durmindo.
49
Milord-
E eu creo que vou marchar e creo que deberiades facer o mesmo. Non me extrañaría que eses volvesen con outras armas e cheos da ira de Deus.
Pirse-
¿Dormir? ¿Marchar? ¿Ficar? ¿ Non se trata diso! ¿Pero é que non vos decatades da dimensión do que ocorre? ¿Non vos decatades de que isto é... isto é... desquiciante? ¡O mundo toleou! E eu... eu teño que facer algo... teño que asumir a miña responsabilidade... teño que retomar o control... ¡Teño que facer algo! ¡Teño que facer algo...! ...pero non sei qué podo facer... non o sei... non o sei... Pirse afunde a cabeza entr las mans, desesperado.
MarietaPirse-
Eu creo que deberías dormir... o sono non é bo para pensar. Dormir... (Levanta a súa cabeza en dirección a Marieta e Milord) Teño a impresión de que a vós non vos afecta o que está a pasar... ¿de verdade non vos importa? Ti só pensas en dormir, e ti... ti matache unha persoa e te comportas como se non pasase nada... O tempo está parado e non vos preocupa en absoluto... ¿É que non sodes conscientes de que pode que nada volva a ser como antes... nunca máis?
Milord-
¿E qué? ¿E qué se non volve a ser como antes? ¿Non eras ti o que querías cambiar o mundo? Pois xa cambiou... ¿non che gosta? Hai unha orde nova, pero no fondo é a mesma... a uns iralles ben e a outros iralles mal... eu particularmente, que son quen de verdade me interesa, sain favorecido... Agora collo o que quero sen pedir permiso... non hai horarios, non hai reloxos, nunca é tarde nen cedo, nen mañán, nen onte... sempre é agora... o vello anceio: vivir o presente e máis nada que o presente... é a a vida en estado puro... o resto é unha entelequia, só acontece aquí... (sinala a cabeza). Eu sain gañando, amigo. Perdín cousas... xente... que quería... pero ¿qué importa? Antes ou despois terías perdido igual... isto nunca tivo sentido, nin agora nin antes... nengún sentido... só o que cadaquén invente. Si, supoño que ti estarás a pasalo mal. Afeito a exercer control, a planificar, a estruturar, a intervir... ¡Je! Caíronseche os piares, deberas procurar un novo entretemento.
Pirse-
Controlar e planificar non era o meu fin. Era só o medio para coseguir que os habitantes vivisen cada día mellor. 50
Milord-
¡Mentira! Era o teu medio para ser importante e especial... eu tamén teño un, e ése tiña outro... (Sinlando o cadaver de Tadeo)... Máis nada. Ti es a causa, os habitantes non che importan unha merda.
Pirse-
¡Non! ¡Non é certo! ¡Impórtanme!
Milord-
¿Cánto tempo?
Pirse-
¿Qué queres decir?
Milord-
¿Cánto tiempo ao día che importan? ¿Cánto tempo vos afectaban a ti e máis aos teus camaradas as xentes que morren de fame?
Pirse-
Moito tempo.
Milord-
¿Cánto? ¿Cánto é moito tempo? ¿ Cánto é moito tempo para quen di sacrificar a súa vida e o seu tempo polos demáis? ¿Dúas horas? ¿Tres? ¿Cinco? ¿Cántas horas? Cántas horas vos afectaban realmente, fillos de puta? ¿Preocupábanvos os que morren de fame durante as recepcións con viños de reserva? ¿E durante as vacacións no iate tamén vos preocupaban? ¿E durante as campañas de captación de apoios? ¿Estabas moi afectado? ¿E nas reunións cos multimillonarios? ¿E nos aperitivos da ópera? ¿Estabas tan afectado polos mortos de fame que se che atragantaban os canapés de caviar? ¡Vai á merda! ¿Cánto tempo che preocupaban de verdade os que non teñen nada? Direicho eu... o mesmo que a todos... o mesmo que a min... uns minutos, só uns minutos de cara de compaixón despois de ver unha imaxe de neno negro con moscas... uns minutos... só uns minutos... e logo... o resto do tempo dedicado a ti propio... como todos os putos humanos... así somos... e sei o que dirás... ¡O sistema! ¡Paso a paso! ¡Pouco a pouco! ¡Os procesos son lentos! ¡Facemos o que podemos! ...¡Bah! Escóitame... eu son un fillo de puta... pero non me engano a min nin engano aos demáis... non facedes o que podedes... non precisades facelo... non o precidades... non o precisades en absoluto.
Pirse-
(Abatido) ¿Pensas todo iso de verdade?
Milord-
Con fe cega.
Marieta-
¡Aborrecédesme! ¡Sodes o máis pesado que coñecín nunca!
Pirse-
E ti... ¿qué pensas?
Marieta-
Penso que falades demáis e que deberíades deixarme dormir.
Milord-
¡Iso é saber vivir! 51
Marieta-
E penso algo máis... penso que grazas a isto que pasou... estou viva... estou viva e por iso estou contenta... e cando consiga dormir doce horas seguidas vou ser a muller máis feliz do mundo... igual a máis feliz non, porque hai mulleres moi felices, que teñen roupas novas, e sorrín cos dentes moi brancos e moi iguais, e ulen moi ben... e os homes cos que van tamén ulen moi ben... e seguro que as súas casas tamén... ¡Vale! Ao mellor a máis feliz non, pero das segundas...
Milord-
¿Queres casar comigo?
Marieta-
Vai á merda... (sorrí picaramente)... pero cando acorde pergúntamo outra vez... (E déixase caer deitada no sofá, con los ollos pechos)
Pirse e Milord mírana con ternura. Pirse-
¿Y qué pensas... de min? Eu era o Gobernador... ¿Qué pensabas de mí?
Marieta-
(Sen abrir os ollos) Pensaba que non existías de verdade, que eras doutro planeta, da lúa ou así, porque cando era nena o meu irmán decía que había dous mundos, un onde vivían as persoa coma nós e outro onde vivían os gobernadores e os seus amigos... e eses dous mundos estaban tan lonxe que só se podía ir dun a outro nun cohete espacial... e eu perguntáballe se ese mundo voso ulía ben, e el me decía que si, que sepre ulía a roupa limpa... entón eu decíalle que por qué non facíamos un cohete e íamos a ese mundo e el prometíame que o día que atopase no lixo o motor dun cohete arranxaríao e marcharíamos nel... e cada día cando eu chegaba perguntaba... ¿Atopáchelo?... e el decíame; “Non, pero mañá seguro”... pero nunca o daba traído... nunca o trouxo... eu ás veces aínda o busco, pero xa xei que non o vou achar... porque ... ¿quén vai tirar un motor dun cohete ao lixo? Pero eu busco...
Marieta deixa de falar, parece ter quedado dormida porfín. Tampouco ninguén rompe o silencio durante un bon rato. MilordPirse-
É un encanto... É... (Mira a Milord)
...ti tampouco es como dis ser.
Axudáchesnos dúas veces... fixeche algo polos demáis. 52
Milord-
Son como digo ser... un fillo de puta contraditorio e incoherente. E agora vou dormir un pouco... mañá será outro día.
Pirse apaga a antorcha, acomódase no sofá e baixa o chapeu de copa até lle tapar os ollos. Pirse-
¿Qué cres que pasou?
Milord-
Creo que... o xuízo final.
Pirse-
¡Vai á merda!
Milord-
¡Ahá! Xa o vas pillando
Pirse-
En serio... ¿Qué cres?
Milord-
Nunca crin nada. ¿Por qué ía crer agora?
Durante unos instantes fican en silencio. Milord-
...aínda no caso de que tiveses querido mudar algo, xamais cho ían permitir... non poderías... ti tampouco es ninguén.
Pirse-
Quizá teñas razón...
Milord-
Non te preocupes poi iso. Ninguén somos ninguén.
Marieta-
(Sorpresivamente, como entre soños) Eu si son alguén. Son Marieta.
Deixan de falar. Pirse mantense cos ollos abertos e no seu rostro, ao claro luar, aivíñase un aceno de dor. Pirse-
¡Teño medo!
Milord-
¡Vaia!
Marieta-
¿De qué?
Pirse-
De min.
Milord-
Non te preocupes. Non vas armado.
Marieta-
¡Cala, simpático!
Pirse-
É que agora... agora non sei quén son. Eu... eu cría ter o control; o control sobre min, o control sobre as circunstancias... o control da lóxica e da razón. Eu ... eu cría ter claro o que decía, que o que coidaba era froito do que sentía... pero... pero... creo que todo era teoría... teoría... 53
teoría construída sobre piares falsos... admirábanme... sentíame admirado... e... agora creo que só buscaba iso... creo que nunca cheguei a ter de verdade interiorizado todo o que decía... porque no fondo o que decía era... era o que agardaban que dixese... para seguir sendo admirdo por cabal, por intelixente, por xusto, por responsábel... por perfecto. Agora coido que nunca cheguei a tomar decisións desde a miña emoción, pois sempre considerei que a emoción era algo secundario, imperfecto, e que había que liberarse da súa influenza para ser mellor rexedor... nunca chorei polos que padecen, nunca o fixen... nunca me emocionei realmente por eles, nunca... porque sempre defendín que había que ter a mente fría, a mente fría... creo qeu me fixen en falso... construínme de fóra para dentro... antepondo o que supuña que debía ser ao que realmente son... e agora síntome débil, moi débil, porque xa ninguén me admira, porque me chamaron culpábel, porque me dixeron que son un fillo de puta... porque vin de perto aos que padecen, porque me sinto pequeno e inútil, porque vós podédes darme leccións de enteireza e de vida, a min, ao gobernador perfecto... e non sei qué facer, porque xa non sei quén son, porque se derrubaron os meus cimentos, e porque toda a miña puta teoría foi tomar polo cú... porque non era máis que puta teoría...puta teoría... puta teoría... (Pirse comeza a chorar desconsoladamente) ¡e teño medo! ¡Teño moito medo! ¡Moito medo! Marieta e Milord míranse diante do pranto de Pirse. Marieta colle do seu abrigo un enrugado pano. Marieta-
Toma... e chora máis, que che fai ben.
Pirse-
(Entre saloucos) Grazas... grazas... e perdón... pídovos perdón.
Marieta-
Perdón, ¿por qué?
Pirse-
Por todo... por todo... Ninguén di nada máis. E en silencio van quedando dormidos.
SÉTIMO CADRO 54
Unha lene luz de mencer tinxe a escadería. Nela aparecen Pirse, Milord e Marieta, mirando os tres un ponto perdido no horizonte de onde parece sair a luz. Sen afastar a ollada sentan nun dos chanzos, aparentemente abraiados polo que ven. Así transcorre o tempo ate qeu Marieta rompe o silencio coas súas palabras. MarietaPirse-
¡Que bonito...! É o mencer máis extraordinario que vin na miña vida... ese extraño mar estático, esa onda que nunca rompe, esa luz do sol que non avanza...
Milord-
É como un cadro, como un enorme cadro...
Seguen mirando en silencio, atrapados pola beleza, e asolagados nun lento transcorrer, comentan con parsimonia aquilo que ven. Milord-
E as follas das árbores inclinadas por un vento que non sopra.
Marieta-
E as gaivotas que nin voan nin caen.
Pirse-
E a xente... Novo silencio no que non deixan de mirar.
Marieta-
Aquela moza que paseaba descalza estaba chorando.
Milord-
Aqueles estaban facendo o amor.
Pirse-
E aqueles parecían enfadados.
Milord-
Ela odiábao.
Marieta-
E el a ela... mira que ollos tiña.
Pirse-
¿E aqueles anciáns? ¿Qué estarían pensando?
Milord-
Parecen nostálxicos.
Marieta-
En cambio o neno aquel estaba moi ledo co seu castelo de area.
Milord-
Un castelo que non se derrubará...
Volven a calar sen deixar de observar.
55
Pirse-
(Amargamente) Nunca tivera tanto tempo para observar con calma as cousas... e a xente.
Milord-
Non se adoita ter tempo para se parar e ver todo como é... volvemos por convertir todo en ideas preconcebidas. No noso cerebro... que nos constrúe a realidade antes de comprobármola... e nós deixámonos arrastrar por el e confiamos... non podemos perder o tempo, dinos, hai que gañarlle tempo ao tempo, non te pares, a vida é unha batalla contra o tempo... ¡je! ¡O cerebro! Fainos crer que o real é o que el elabora e vainos anulando pouco a pouco a capacidade de vivir cada instante ao ritmo que marca o tempo... só de nenos conseguimos facelo, pero chega un día... e o cerebro sempre acaba por gañar.
Marieta-
¡Ao mellor por iso parou! O tempo enfadouse connosco e dixo: ¡Pois se non me facedes caso e non ides ao meu ritmo eu paro e abonda xa! ¡Ala!
Milord-
É posíbel que teña sido así...
Marieta-
E o mencer segue igual de bonito...
Volven a miralo. Milord-
Exactamente igual
Miran en silencio Marieta-
¿Pararían tamén as guerras?
Milord-
Supoño que si.
Marieta-
Qué ben... ¿non si?
Milord asinte coa cabeza. Marieta-
E moitos dos que sufrían xa non sufrirán.
Milord-
Seguro
Marieta sorrí mesturando tristeza e satisfacción. Volven a abandonarse no silencio
56
Marieta-
E se non pasa o tempo ao mellor non envellecemos... ou ao mellor si, porque para nós ao mellor si que pasa... ¡Ui, que lío! Está ben, xa veremos, non?
Milord-
Iso, xa veremos.
Marieta-
Temos sorte... coido que é a primeira vez que teño sorte... e e unha sorte ter sorte, ¿non?
Milord-
Fas moitas perguntas, ¿non?
Marieta-
Porque xa dormín, e agora estou desperta. E ademais ¿qué pasa? ¡Eu pergunto se quero! ¿É unha sorte ou non é unha sorte? Coido que tivemos sorte. ¿Vós non coidades que tivemos sorte?
Milord-
(Insinuante) Eu coido ter sorte de dar contigo, “muñeca”.
Marieta-
(Con medio sorriso) ¡Bah! ¿E ti? (A Pirse) ¿Ti non coidas que tivemos sorte?
Pirse-
(Recuperándose) Si... coido que si... coido que somos moi afortunados... estamos vivos... e iso é ter sorte..., moita sorte. Novo silencio.
Marieta-
Estamos vivos... e temos fame, ¿non?
Milord-
(Divertido) ¡Je! ¡Claro que si, encanto, claro que si! ¡Temos fame!
Marieta-
Pois se temos fame haberá que... digo eu que... haberá que comer.
Pirse-
Eu levareivos a un lugar onde comer.
Marieta-
Pero que no sexa moi caro, eh.
Pirse-
(Esbozando un sorriso) Non te preocupes, non será caro.
Marieta-
Pois vamos, ¿non?
Milord-
Vamos, vamos, que non se impaciente a princesa.
Marieta-
(Coqueta) ¿Princesa?
Milord-
Como mínimo.
Marieta-
Bah, vamos.
Póñense de pé para marchar. Antes de saír Milord achégase a Pirse. Milord-
Escoita, non serve de oita cousa, pero... perdóoche.
Pirse-
Grazas... grazas. 57
E os tres desaparecen do mencer, en dirección á comida.
ÚLTIMO CADRO Fronte á escadería piramidal todo segue igual. Mada, Loide, Suger e Nemeco manteñen os seus sorrisos conxelados e os seus movementos atrapados no meio do valse. Ao lugar chegan Pirse, Milord e Marieta. Os dous últimos quedan un pouco retrasados mentres Pirse avanza lentamente cara os inmóbeis danzantes, logo volve a ollada aos seus acompañantes. Pirse-
Eu estaba aquí. Milord intérnase e observa aos estáticos.
Milord-
Pobres... cómo sufrían polos desamparados...
Marieta-
Carai, ¡Que ben ule esta xente!
Pirse-
(Sinala un lateral da sá)
Ahí dentro hai moita comida... e moitos
vestidos... ¿quérelos? Marieta-
¿Son teus?
Pirse-
Agora xa non... agora son de calquera. Pirse achégase a Mada e míraa con ternura.
Pirse-
Ela é... era... Mada... a miña esposa.
Marieta-
É moi guapa.
Milord-
(Suxerente) Ti es máis, esposa miña...
Marieta-
(Coqueta) Bah, ¿esposa? ¡Bah! ¿túa?
Pirse-
(Segue referíndose a Mada) Ela quería pór cadros por todos os territorios... 58
Marieta-
¿Cadros?
Pirse-
Cadros por todas partes. Milleiros de cadros.
Marieta-
¿Para qué?
Pirse-
Para que todos os habitantes puidesen disfrutar da arte.
Marieta-
Ah...
Milord-
¿Non sería mais acertado pór bocadillos por todas partes...?
Pirse-
Quizá sí... pero desde aquí as cousas víanse doutra maneira. Xa vedes, aquí é onde se tomaban as decisións, e desde alí, (sinala a pirámide) é desde onde eu falaba aos habitates, a vós...
MarietaPirse-
A min non, eu nunca antes te vira. Eu cría que todo o mundo me vía, que todo o mundo me escoitaba e que case todo o mundo confiaba en min.
Milord-
¿Críalo de verdade?
Pirse-
Creo que si...
Milord-
Tiñas parte de razón ... moitos vían, moitos escoitaban e moitos confiaban en ti... pero moitos non son cada un...
Pirse-
¡Se puidese volver a intentalo...!
Milord-
¡E dálle! ¿Qué farías?
Pirse-
(Contundente) Apostar ao todo.
Milord-
Quedarías con nada.
Pirse-
Pero intentaría, xuro que o intentaría...
Marieta-
¡Isto...! Creo que teño fame. ¿Ónde decías que había comida?
Pirse-
(Siñalando o lugar) ¡Por ahí! ¡Por ahí dentro!
Marieta-
¡Pois vou! ¿Queredes algo?
Pirse-
Non, grazas.
Milord-
Acompáñote, guapa.
Marieta-
¡Vale, pesado, vale!
Marieta e Milord aventúranse por un lateral na procura de comida. Pirse-
(Respira fondamente) ¡Está ben! ¡Acepto! ¡Acepto que rematase! Acato sen máis resistencia este misterioso xiro do destino e asumo a miña nova condición de habitante dunha nova orde. Gardarei as lembranzas nalgún lugar próximo ao esquecemento para que a dor non me sepulte e 59
seguirei... táboa rasa e adiante... contra a vertixe que dá o vacío opoñerei a miña vontade... e aínda que agora saiba menos que nunca cál é o meu sitio dentro da existencia, existirei... e xa que non podo cambiar os erros do pasado, cambiarei eu e o meu futuro... teño medo, moito medo... pero seguirei aquí, no que chaman vida, facendo o que chamamos vivir... aprendendo cada día a estar... a estar vivo. Pirse respira de novo fondamente e pecha os ollos nun definitivo intento de recuperación da serenidade perdida. E cos ollos pechados pode ouvir de súbito unha música que llos fai abrir prontamente. A súa mirada atónita pode contemplar como os inmóbeis danzantes volveron a bailar a ritmo do valse que arrincou no mesmo compás no que se tiña detido. As súas mans e pernas van e veñen con harmonía, e os seus rostros, vivos, refliten despreocupado pracer. O corpo de Pirse, ao contrario, debátese desconcertado entre a rixidez e a convulsión. O baile continúa con normalidade até que Pirse intervén. Pirse-
(Berrando) ¡Que pare esa música! (A música continúa) ¡Que pare esa música! ¡Dixen que pare ésa música! ¡Parádea dunha vez! ¡Parádea! A música detense igual que os bailadores, que miran a Pirse con sorpresa.
Loide-
¿Qué ocorre, Pirse? Pirse míraos con ollos desencaixados, eles miran a Pirse, expectantes.
Pirse-
¿Estades ben?
Nemeco-
Estupendamente, Pirse.
Suger-
Eu podo engadir que había moito tempo que non disfrutaba tanto.
Loide-
¿Por qué o perguntas, Pirse? Pirse non responde e encamíñase raudo cara a Mada.
Pirse-
Mada... ¿estás ben,? (Abrázaa)
Mada-
(Extrañada) Claro que si, cariño, claro que si... ¿qué che pasa? 60
Pirse afástase dela e mira a todos deambulado mentres a súa mente parece pensar velozmente. Todos observan sen saber qué facer. Pirse rompe o incómodo silencio. Pirse-
Veredes.. aconteceu algo... vós non o sabedes pero aconteceu algo...
Loide-
¿Cándo? ¿Cándo aconteceu?
Pirse-
Agora, hai un intre... un intre para vós... o tempo, o tempo parou e ... explicaréivolo con calma, claro... (unha idea xorde na súa cabeza) máis tarde... agora... agora vou facer un comunicado.
Loide-
¿Agora?
Suger-
¿Non pode ser despois da festa, Pirse?
Pirse-
(Vehemente) ¡Non! ¡Non pode! ¡Ten que ser agora! ¿Entendido? ¡Agora!
Suger-
Está bien, está ben, perdoa...
Loide-
Pirse, ¿Non sería mellor falar disto con tranquilidade? Éste non é o protocolo habitual...
Pirse-
(Encarándose con Loide) Eu son quen toma as decisións, ¿non si?
Loide-
Si, así é, pero de todos modos...
Pirse-
(Encolerizado) ¡Pois decidín facer un comunicado... e fareino agora! ¿Dacordo?
Loide-
Dacordo, Pirse, como ti decidas... pero éste non é o protocolo. Pirse mira fixamente a Loide, que aguanta con forza a súa mirada até decidir apartala. Entón, Pirse encamíñase á escadería. Sobe decidido chanzo a chanzo e sitúase no último. Alí trata de serenar o seu semblante e de amañar o seu aspecto. A luz dos comunicados aluma a Pirse e el comeza a falar.
Pirse-
Compañeiros habitantes... sei que non todos os habitantes poden ver este comunicado, por iso pido que contedes por todas partes e a todo o mundo o que agora me escoitaredes. Sempre crin ter a vontade de cambiar as cousas, de facer un mundo máis xusto, máis igualitario, máis pacífico... un mundo mellor, un mundo ideal... e e sempre coidei tamén que procuraba facer todo o posíbel para conseguilo... críao de veras, pero agora sei que podo facer máis... por iso a partir deste mesmo instante 61
entrarán en vigor as seguintes decisións que tomei pleno de consciencia e determinación: Ao rematar esta emisión ordearei que todo cambie realmente. Ao rematar esta emisión ordearei enviar de inmediato por terra, mar e ar todas as provisións que sexan precisas para garantir a subsistencia en todos os territorios. Ao rematar esta emisión ordearei enviar por terra, mar e ar médicos e medicamentos suficientes para garantir atención médica en todos os territorios. Ao rematar esta emisión ordearei enviar por terra, mar e ar libros e mestres que garantan a educación en todos os territorios. Ao rematar esta emisión ordearei a todos os meus axudantes que non admitan nen unha traba que dificulte a posta en marcha desta urxente e prioritaria acción. Ordearei que non admitan nen un atranco burocrático, ordearei que non admitan nengún tipo de presión por parte de grupos financeiros, ordearei que non admitan nengún tipo de presión por parte de grupos mercantís e ordearei que non admitan nengún tipo de presión por parte de grupos mediáticos nen por parte de calquera outro tipo de grupos, porque vos dou a miña palabra de que o sistema xamáis volverá a estar por enriba das persoas. Compañeiros habitantes... ao rematar esta emisión éste será o noso primordial e único obxectivo, pois non haberá outro até ser éste cumprido. Compañeiros habitantes, só vos quero decir unha cousa máis... non vos chamarei máis compañeiros até que... A frase foi interrompida polo son dun disparo. Pirse cae de xeonllos sobre a escadería, e os seus ollos ábrense como nunca antes de se pechar para sempre. Pirse cai, rodando de chanzo en chanzo, até ficar tendido no chan o seu corpo inerte. Diante del Loide, que garda con actitude resignada a súa pistola. Ninguén di nada, só Mada emite uns saloucos desde detrás das mans que tapan a súa cara. Loide aghégase a ela frío e sereo. Loide-
Mada... ¿Comprendes? Mada deixa ver o seu rostro para responder enteira e sobria.
Mada-
Comprendo 62
Loide-
Perdera a cabeza. (Volvese cara Suger e Nemeco e repite) Perdera a cabeza.
Suger-
Perdera a cabeza.
Nemeco-
Perdera a cabeza.
Loide aproxímase ao corpo de Pirse. Loide-
Foi un gran home. Tenrá o máis grande homenaxe que se teña feito xamáis.
Entran na sá nese momento tres homes corpulentos vestidos con traxes negros. Un deles agarra con forza a Milord, que sangra pola boca, o outro a Marieta, que sangra polo nariz, e o terceiro é quen fala. Boro-
Atrapamos no interior a dous inconformistas. Un deles ía armado. Estaban manipulando a comida, posibelmente para envelenala. Puxeron resistencia pero puidemos reducilos sen transgredir o código ético.
Loide-
¿Ocúpastes ti, Suger?
Suger-
Desde logo... apodrecerán no cárcere dos incorformistas...
Marieta-
¡Non!¡Ao cárcere non! ¡Non quero ser mala persoa!
Suger-
¡Cala! Xa es mala persoa.
Nemeco-
¿Así nos pagades o que facemos polo mundo?
Marieta-
(Ve o corpo de Pirse) ¡Mira! ¡Está morto!
Milord-
Xa llo dixen...
Mada-
¿Qué lle dixeche?
Milord-
Que non era ninguén.
Mada-
(Abofetéao) ¡Ti si que non es ninguén!
Milord-
Pero eu seino, fillos de puta, eu seino...
Suger-
¡Vamos! ¡Traedeos comigo! ¡Faremos xustiza! Suger marcha cos tres homes de negro, Marieta e Milord.
Nemeco-
Loide... 63
Loide-
¿Si?
Nemeco-
Correspóndeche a ti...
Loide-
Seino...
Nemeco-
Noraboa
Loide-
Grazas Nemeco marcha. Mada achégase a Loide.
Loide-
Síntoo.
Mada-
Tivo que ser así... o importante é o sistema... parabéns, Loide.
Loide-
Grazas, Mada, grazas.
Mada-
Mañá, se é posíbel... hei de consultarche un proxecto.
Loide-
Por suposto. Mada sae. Loide fica só co corpo sen vida de Pirse. Mírao un intre, logo dirixe a súa vista cara a escadería e moi amodo, achégase a ela e comeza a súa ascensión. Unha vez no último chanzo unha luz o aluma.
Loide-
Compañeiros habitantes... (Respira fonda pero pracidamente antes de continuar) ¡Guiarei a nave por vós!
FIN
64