O Provisional Xornal de Información Xeral do Instituto de Educación Secundaria "María Sarmiento" Ano X. Número 28 Viveiro 19 decembro de 2003
Trala demanda da maioría dos docentes do Concello, unha vez que o novo goberno municipal tomou posesión, e dando cumprimento ó establecido no Decreto 44/88 de 11 de febreiro polo que se regulan o Consello Escolar de Galicia, os Consellos Escolares Territoriais e Municipais, proximamente
CONSTITUIRASE O CONSELLO ESCOLAR MUNICIP AL MUNICIPAL aniversario da
Constitución Española 1978-2003 Na semana lectiva do 9 ó 15 de decembro desenvolvéronse diferentes actividades para conmemora-lo 25 aniversario da Carta Magna. (Páxina 6)
-VISTA DO ACTUAL EDIFICIO DO CONCELLO DE VIVEIRO-
Na sesión extraordinaria do Pleno do Concello de Viveiro, celebrada o nove de setembro deste ano 2003, aprobouse por unanimidade dos grupos municipais a constitución do Consello Escolar Municipal. Este órgano colexiado está concebido como unha peza básica e fundamental para a eficaz instrumentación da participación da comunidade escolar no que se procurará unha ampla participación social. Así, o Consello estará constituído polos seguintes membros: -O Alcalde ou persoa en quen delegue. -Sete profesores propostos polos sindicatos ou asociacións profesionais en proporÚLTIMA HORA:
ción ós resultados das últimas eleccións sindicais, correspondéndolle tres á CIG, trres a CC.OO. e un a ANPE. -Catro pais propostos polas APAS. -Tres alumnos elexidos polos seus representantes nos consellos escolares dos centros (acordouse que fosen de secundaria, dous do IES María Sarmiento e un do Vilar Ponte). Finalmente, completarase o Consello con sete membros elexidos pola corporación municipal, que obtou por que sexan os directores dos centros educativos (CEIP Pedrosa Latas de Celeiro, CEI San Roque, CEP Lois Tobío, CEIP Landro, CEIP de Covas, IES Vilar Ponte e IES María Sarmiento).
SUMARIO: -Proceso:asignación de recursos -ONE -A costeira do bonito -Rutas: Curro de Candaoso -Formación ocupacional -Os carpinteiros de ribeira -Magosto 2004 -I Xornadas sobre Calidade -Proxecto Voz Natura -Jim Morrison e The Doors -Jessica Lash, estudiante de... -A Lei Orgánica da Calidade
PARTICIPAREMOS NUN PROGRAMA EUROPEO COMENIUS 1 "SHAPING A COMMON FUTURE" XUNTO CON CENTROS ALEMÁNS, RUMENOS, POLACOS E LITUANOS. A VISITA PREPARATORIA SERÁ EN RINTELN (ALEMANIA).
O Provisional
Páxina 2
EDITORIAL
Un novo pulo Mellora-la prestación do servicio educativo é un obxectivo claro, e á vez complexo, que vimos asumindo plenamente no IES "María Sarmiento" dende hai varios anos. No curso pasado recollémolo primeiro froito dese esforzo decidido e continuado en forma de certificación externa de calidade, a ISO 9001/2000, expedida pola empresa certificadora independente AENOR. Pero evidententemente isto non acaba aquí; a mellora continua é iso "continua"; partimos dunha planificación do noso traballo, actuamos con responsabilidade, avaliámo-los resultados e, se estes son satisfactorios, achegámolos ós nosos procesos. Este esquema repítese constantemente, sen tregua. Resulta pois imprescindible seguir apostando pola calidade, entendida, como diciamos no editorial do número anterior, en termos dun enfoque cara ó alumno, intentando satisface-las súas demandas, e as das súas familias. Por tanto, non se trata de quedarse en simplificacións tan preocupantes ás veces, e mesmo obsoletas, como relaciona-la calidade no centro educativo cos resultados acadados en determinadas probas, sacando a relucir a finais de cada curso non sei cantos alumnos que as superaron xunto coa utilización que se fai destas estatísticas, que pode chegar a ser mesmo perversa, pola súa repercusión social. En definitiva, nestes casos parece que o tema da calidade se destina tan só a uns poucos, olvidando as necesidades educativas reais de moitos alumnos, e as desiguais condicións das que parten. A pregunta sería ¿que ocorre cos demais?. Aí é onde se nota o compromiso dun centro educativo: lograr que todos saian adiante, cada un de acordo coas súas capacidades e expectativas. Nós imos continuar na mesma liña de traballo, profundizando na mellora da prestación, atendendo o mellor posible ós nosos "clientes" e apoiándonos neste pequeno chanzo que acabamos de subir. Neste curso 2003-04 foron xa perto de vinte familias as que, podendo elexir outros centros, optaron por manda-los seus fillos ó IES "María Sarmiento" a face-la ESO. Evidentemente será porque atoparon no noso centro algunha potencialidade que lles pareceu interesante dado que todos buscámo-lo mellor para os nosos fillos; pero tamén somos moi conscientes de que temos que responder a esa decisión con esforzo e ilusión no traballo diario. Seguiremos pois esforzándonos en mellorar día a día para non O Director defraudar a ninguén.
19 decembro 2003
ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO 2002-03
Coincidindo coa data de remate das actividades lectivas, programáronse diferentes actividades complementarias para celebra-la fin de curso 2002-03. Na fotografía superior vemo-la partida final do torneo de xadrez que coordinou o profesor de Matemáticas, Jorge Santamariña García; a entrega de premios fíxose no salón de actos. A foto inferior correspóndese coa actuación dun cuarteto formado, dende o departamento de Música que coordina Gema Rena Monteserín, por alumnos do centro que interpretaron diferentes pezas de ámbito galego. Como colofón a estas actividades houbo tamén un "play back" e unha proxección de vídeo adicada á película "Mortadelo e Filemón". O día 28 de outubro realizouse unha doazón no IES "María Sarmiento". En total foron 18 as extraccións, lonxe das 40 que se acadaron noutras ocasións.
O Provisional
19 decembro 2003
Páxina 3
O PROCESO DE ASIGNACIÓN DE RECURSOS OBXECTO Cuantifica-los recursos dispoñibles e determina-lo xeito de realiza-lo reparto dos mesmos de modo que se cubran as necesidades xerais para un bo funcionamento do Centro, así como dotar ós Departamentos para o desenvolvemento dos seus proxectos e accións formativas.
ASIGNACIÓN DE PRESUPOSTO XERAL
ÁMBITO DE APLICACIÓN Tódalas persoas, departamentos, órganos e servicios que estean implicados nas actividades relacionadas ou que afecten ó obxecto proposto.
REDACCIÓN DO PRESUPOSTO ANUAL
APROBACIÓN
CONTROL DO GASTO
DESVIACIÓNS
APROBACIÓN DO GASTO
ASIGNACIÓN DE NOVOS PRESUPOSTOS
MISIÓNS E RESPONSABILIDADES Consello Escolar: - Aproba-las previsións de gastos e ingresos. Equipo directivo: - Da-lo visto e prace á previsión de gastos xerais e ingresos a presentar ante o Consello Escolar. - Aproba-lo reparto para os departamentos. Departamentos: - Preparar e presentar un presuposto ou intención de gasto. Secretario-a: - Preve-la contía de ingresos e a estimación de gastos xerais. - Recolle-las peticións dos diferentes departamentos. - Presentar ó resto do Equipo Directivo a cuantía e as solicitudes xunto cunha valoración do gasto proposto. - Comunica-la resolución ós responsables dos departamentos. - Inspecciona-la evolución dos gastos nos diferentes departamentos. DESENVOLVEMENTO Segundo o diagrama de fluxo que figura na columna esquerda.
"ONE"
Martín Martínez
Páxina 4
O Provisional
19 decembro 2003
A costeira do bonito en Celeiro nos anos 60 ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○
Por José María Leal López
A comenzos dos anos 60, a flota artesanal de Celeiro estaba formada por uns vintecinco barcos de madeira de pequenas dimensións; aínda que xa había algunhas embarcacións novas, a maioría eran vellos buques de madeira que non sobrepasaban os dezasete metros de eslora (lonxitude), dicíase que eran coma "cascas de noz" no medio do mar.
A costeira do bonito, comenzaba no mes de Xuño, unha vez finalizadas as festas da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros. Previamente pintábase e arranxábanse os barcos para a costeira, logo para a procesión marítima adornábanse con bandeiras, e o barco que ía leva-la Virxe do Carme, engalanábase con especial esmero, alí acompañando a Santa ían ir as autoridades eclesiásticas, civís, e militares, xunto cos nenos da primeira comuñón e a banda de música. Procesión, música, foguetes, bendicións dos barcos, sirenas tocando... mar... gaivotas... Logo dos festexos, e co cansanzo aínda no corpo, comenzaba a faena; ó día seguinte, pola mañanciña, había que carretar para o barco tódolos aparellos propios da pesca do bonito. Daquela e aínda hoxe en día facíase dun xeito chamado cacea ou curricán, que consistía en enganchar cebo vivo nos azuemos, e cunhas longas canas ou varandas que ían polo babor, capturaban os bonitos que logo se izaban a bordo por medio de ganchos ou zalabardos. Por iso nos pertrechos ían varas longas de eucalipto, liñas de pesca, azuemos, e todo o necesario para a pesca do bonito, amais tamén se cargaba o xeo nas neveiras para manter fresco o peixe no mar ata a chegada a terra. Os víveres maioritariamente eran en conserva e semiconserva, xa que en alta mar poucas cousas se podían manter frescas, porque non había frigoríficos, levábase dende leite condensada, ata embutidos, latas de conservas variadas, etc. ¡Non se podía pasar fame!, había que estar fortes para aguantar o traballo a bor-
-Vista do porto de Celeiro fai tres ou catro décadas-
do; por iso, o cociñeiro arranxábao todo coidadosamente e planificaba as comidas diarias; tamén se levaba un tanque con auga doce. Por outra banda as condicións en alta mar a bordo do barco, ás veces eran moi penosas e o traballo moi escravo sen ningunha comodidade, e a auga doce só era para as comidas e para beber, en ocasións non había con que lava-la cara, e usábase a auga do mar para a limpeza do barco e servicios, era o chamado «baldeo», e as veces os víveres podían apodrecer pola humidade , e o pan criaba mofo negro, e había que substituido por patacas cocidas o xantar, comida e cea. Non había pratos para servi-los alimentos, senón tarteiras con asa, para evitar que cos bandazos do barco a comida non caese ó chan. As condicións hixiénicas tamén eran malas, había parásitos e ratos, que a pesares de que se tomaban tódalas medidas para eliminalos, as veces son se daban sacado de enriba. Logo, unha vez arranxado o bar-
co, zarpábase para o mar; anos atrás o bonito pescábase a carón da costa, a moi poucas horas de terra, pero a especie foi acabándose nestas zonas, e cada vez houbo que ir máis lonxe chegando ata as illas Azores e outras zonas lonxanas. Pero aqueles barquiños de dezasete metros de eslora tiñan moitos problemas no medio do océano , novas esloras que aínda eran moi curtas, pero como nunca houbera ningún susto grande no recordo seguíase así sen tomar grandes precaucións, ata aquel fatídico día trece de Xullo de 1961, cando unha tremenda galerna con ventos a máis de cen quilómetros por hora, varreu toda a cornixa cantábrica , arrasando todo o que encontrou o seu paso. Aqueles febles barquiños de madeira non poideron aguantar os embites do temporal, de maneira que afundiron a maioría deles, e morrendo en toda a costa oitenta mariñeiros, só en Celeiro afundiron 3 barcos chamados "Mary Loli", "Badiola" e "Todos los Santos",
19 decembro 2003 morrendo afogados 33 mariñeiros, que deixaron á vila de Celeiro de loito, xa que houbo casas que morreron pai e fillo, foi terrible. Daquela había moi poucos medios, e estes barquiños de madeira con dotacións de 10 a 15 homes, que navegaban sempre en parella con outro barco para axudarse, ían «protexidos» con bengalas, arcos é chalecos salvavidas, logo para a navegación contaban con un radiogoniómetro cunha emisora de radio, pero nada máis, non levaban nin unha triste balsa para salvarse, nin estaban preparados para resistir aqueles fortes temporais. Pero seguindo coa narración da pesca do bonito, os barcos, unha vez zarpados de terra, ían facer a carnada para pescar, que era cebo vivo, principalmente parrochilla, chincho, bocarte, etc.. o cal se capturaba nas bocanas das rías; aló pola noite e cuns grandes focos a carón do mar, atraían os peixiños que eran izados a bordo con zalabardos, e botábanse nuns tanques de auga salgada que se estaba renovando continuamente, como eses tanques estaban alumeados, con tanto peixiño movéndose neles, parecían fermosos acuarios, ós que era un grato pracer mirar. Despois os barcos collían rumbo ás Azores e outras zonas por onde abundaban os bancos de bonito, así ían pasandoi os días de navegación ata que chegaban ás zonas de pesca. Unha vez alí, os bancos de bonito localizábanse cando se vían bonitos dando uns grandes saltos no mar, entón avistados polos boniteiros empezaba a pesca do mesmo. Procurábase que o banco de peixe non se espallara, polo cal se botaba un "engado" na auga para que picaran e se quedaran alí comendo, mentras no barco empezaba a faena, collendo o cebo vivo dos tanques con zalabardos e enganchándoos nos azuemos para que os «caneiros» lanzaran ó mar as canas de pescar e ir capturando tódolos que ían picando, entón uns mariñeiros cun gancho
O Provisional izábannos para a cuberta onde se lle daban uns fortes golpes na cabeza que os deixaba en agonía e de paso soltaban o anzol. Logo cunha mangueira con auga salgada lavábanse e limpábase o sangue da cuberta, para despois metelos nas neveiras onde se ían colocando por capas, unha de xeo e outra de bonito, así ata enche-la neveira, todo moi rápido, a cuestión era subir o maior número de pezas á cuberta en pouco tempo. Todo un rebulír: carnada nos azuemos, izado con gancho, golpetazo na cabeza, lavado e logo para a neveira, volver empezar e así seguir, se había sorte podíase enche-la neveira e selala, para ir vender ao porto. Por iso todo era moi rápido, había que aproveitar ben o tempo, ásveces había bancos pequenos, entón tíñanse que ir enchendo por zonas, outras a pesca escaseaba, había que volver a terra, coa metade ou menos da carga, xa que o bonito só aguanta un tempo no xeo. Logo, coa mareira feita, volta á casa, descarga-lo peixe, arranxa-lo barco e volta para a faena, canto máis se pescaba mellor, gañabanse máis cartos; naqueles anos o bonito pagábase a 20 pesetas o quilo. Pódese dicir que a partir da galerna do 61, a flota de Celeiro experimentou un grande cambio, foise modernizando progresivamente, e deixando a un lado os vellos conceptos da pesca, tamén pouco a pouco foise abandonando a pesca do bonito, buscando unha pesca máis rendible e con máis traballo durante todo o ano, empezouse coa campaña da anchoa no País Vasco, as volantas cerca da costa francesa, para logo ir ó pincho ou sexa a captura da pescada no Gran Sol, que foi á mais rendible de todas e onde os barcos de Celeiro se especializaron.De feito, hoxe en día é a flota máis moderna e con mellores instalacións da costa cantábrica, que exporta a pescada a todo o mundo e que ten selo de calidade propia...Pero pódese dicir que a vida do mar segue sendo dura... Viveiro, novembro de 2003
Páxina 5
novas obras de mellora
SALA PARA A RECEPCIÓN DE PAIS En diferentes Comisións Pedagóxicas tiñamos valorado a necesidade de contar cun local específico para recibir ós pais de alumnos, xa que as anteriores salas existentes se foron transformando, por necesidades de acomodar a tanta diversidade formativa, en locais doutros usos. Habilitouse, polo tanto, un local situado no recibidor do edifcio antigo dotándoo dos medios necesarios para a recepción dos pais nun ambiente axeitado.
SUBSTITUCIÓN DA CALDEIRA PRINCIPAL Aproveitando a época estival realizaouse a substitución da caldeira de calefacción que subministra ó edificio antigo. A anterior databa do ano 1976 cando se puxo en marcha por primeira vez o sistema de calefacción. ABSA, empresa de A Coruña, contratada directamente pola Delegación Provincail de Educación, foi a encargada de levar a cabo a obra que tivo un presuposto próximo ós 18.000 euros
Páxina 6
O Provisional
Rutas: Curro de Candaoso
Partimos das casas do lugar de Castiñeiras, na Parroquia de santo André de Boimente, subindo a pista asfaltada arredor de 100 m. Seguimos entón a baixada do camiño, para volver subir, introducíndonos pouco a pouco na "Fraga do Buio", 60 hectáreas de bosque de variadas especies dos poucos que quedan na Mariña luguesa.. Continuarémo-la pista de subida ata alcanza-lo noso destino: "O Curro de Candaoso", lugar onde se celebra a famosa "Rapa das Bestas", o primeiro domingo do mes de xullo. Este festexo desenvólvese en moitos lugares de Galicia desde xuño ata os primeiros de agosto e nace dun traballo que consiste en corta-las crinas e marca-los cabalos que viven nos montes dos arredores de forma semisalvaxe.
19 decembro 2003
Celebrando o aniversario da Carta Magna Dende a Comisión de Coordinación Pedagóxica programáronse diferentes accións para celebrar que neste ano 2003 se cumpren 25 anos da aprobación da Constitución Española. Para a ESO e PGS foi o Departamento de Xeografía e Historia o que deseñou un programa no que, utilizando internet como recurso didáctico, e a páxina do Congreso en particular, cotexáronse casos cotiás cos contidos constitucionais. No caso de Bacharelato e das ensinanzas de adultos fixeron o propio os departamento de Economía e Filosofía, mentres que para os Ciclos Formativos as accións desenvolvéronse coa coordinación do Departamento de FOL.
FORMACIÓN OCUPACIONAL DURANTE O VERÁN Dende hai case unha década no IES "María Sarmiento" de Viveiro celébrase, durante o verán, un curso de “Deseño en 2 e 3 Dimensións” dirixido a desempregados con alta cualificación profesional, e tamén a estudiantes destas carreiras. O curso, que se fai en colaboración co Centro de Formación Ocupacional de Viveiro dependente da Consellería Asuntos Sociais e Relacións Laborais, ten unha duración de 300 horas lectivas nas cales se desenvolven capacidades tendentes a completa-los currículos ASPECTO DA AULA DE CONSTRUCCIÓN DO dos participantes nas áreas de IES MARÍA SARMIENTO deseño industrial mediante a representación gráfica con ferramentas informáticas tipo CAD. Manuel Fernández Rodríguez, ex-alumno do centro que traballa nun coñecido estudio de arquitectura de Viveiro foi, de novo, o profesor encargado de imparti-lo curso que comezou a principios de xullo e rematou o 25 de agosto. A RELACIÓN DE ASISTENTES É A QUE FIGURA NA COLUMNA DA DEREITA
BALSEIRO FRANCO, ISABEL CICLO CONSTRUCCIÓN BARREIRO MARTÍNEZ, FERNANDO ENX. TÉCNICA CASAL MURAS, MANUEL FP2 DELINEACIÓN CODESIDO FERNÁNDEZ, SUSANA CICLO CONSTRUCCIÓN ESCOURIDO GÓMEZ, INÉS DECORACIÓN E FP2 DELINEACIÓN FRAGA GALDO, SOFÍA ENX. TÉCNICA. INF. XESTIÓN GARCÍA BASANTA, Mª JOSÉ ENX. TÉCNICA. INDUSTRIAL GÓMEZ MÍGUEZ, FELIPE ENX. TÉCNICA NAVAL IGLESIAS BERDEAL, Mª AMPARO CICLO CONSTRUCCIÓN INSUA OTERO, LUÍS ENX. TÉC. INDUSTRIAL MON LÓPEZ, ALBA ENX. CAMIÑOS NÚÑEZ LÓPEZ, SONIA ARQUITECTURA PAZ PARDO, ROCIO FP2 DELINEACIÓN RODRÍGUEZ LÓPEZ, Mª CONCEPCIÓN FP2 DELINEACIÓN SALGUEIRO FANEGO, BRUNO LICENC. MATEMÁTICAS
O Provisional
19 decembro 2003 A NOSA PROFESORA:
MARÍA JESÚS PENABAD ARIAS
A persoa... Destacaría de Mª Jesús, Chus, como a coñecemos nós os alumnos, o comprensiva que é; tamén, ó mesmo tempo, é capaz de mostrarse seria nas clases e esixente á vez. Eu, como alumno, pouco poido engadir, xa que este é o primeiro ano que me dá clase no bacharelato. A funcionaria... Dende que, no ano 1983, comezara a súa carreira docente -Na foto vemos a Mª Jesús Penabad ó comezo dunha claseno Instituto de Bacharelato de Celanova, María Jesús, estivo destinada en varios centros de Galicia. Así, de Lugo e, dende o ano seguinte, ata a no curso 1983-84, deu clase no I.B. incorporación ó IES María Sarmiento, Feminino de Lugo; no 1984-85, no I.B. permaneceu destinada no IFP de Mixto Nº1 de Lugo; no 1985-86, tivo Ribadeo. Foi Xefa do Departamento de Lingua e Literatura Galega e agora é a destino en Vilalba no I.B. Mixto; posteriormente, dende o curso 1986-87 Coordinadora do Equipo de Normaliata o 1992, no I.B. Lucus Augusti de zación Lingüística. Lugo; logo, no 1992-93, foi para o I.P.F.P. Alumno
REVISIÓN DA VISTA Neste curso 2003-04 comezámo-la campaña de revisión anual da vista ós alumnos de 1º de ESO Esta acción, única nun centro educativo público de Galicia, enmárcase dentro do Plan de Mellora da Saúde, no que se inclúe tamén o tentempé, e á súa vez, nun ámbito máis amplo, relaciónase directamente co plan de mellora continua do centro. En total revisouse a vista a sesenta alumnos dos cales catro necesitaron acudir urxentemente a un oftalmólogo ou óptico a unha revisión máis exhaustiva; a outros vinte detectáronselles problemas leves polo cal se emitiu unha circular ós pais lembrándolles que a OMS (Organización Mundial da Saúde) recomenda, nestas idades, visitar a un especialista, como mínimo, unha vez cada ano. Na iniciativa, valorada positivamente polos pais dos alumnos, colaborou o óptico Pedro Casariego Baamonde.
Páxina 7 ACTOS VANDÁLICOS Durante o verán sucedéronse en Viveiro diferentes actos vandálicos que chegaron a afectar ata ás orquestras que actuaron nas festas patronais. O noso centro tamén foi obxecto destas accións con roturas de vidros no edificio vermello correspondente á nova ampliación. Os profesores do equipo directivo presentaron as oportunas denuncias ante a Policía Nacional sen que, ata o de agora, se saiba nada do autor ou autores.
ACCIDENTES O 22 de outubro ocorreu un fatídico accidente laboral, nunha obra en construcción no Concello de Viveiro, no que faleceu o ex-alumno do IES María Sarmiento, Alberto Cazás López nado o 7 de novembro de 1973. Tamén faleceu Miguel Fernández del Río, xoven que rematara fai pouco o Ciclo de "Carrocería"; a traxedia aconteceu o 9 de decembro despois de que, uns días antes, fose arrollado por un turismo cando circulaba en bicicleta. Dende aquí queremos transmitir, as súas respectivas familias e amigos, o noso pesar por tan lamentables perdas.
DOAZÓN DE MATERIAL A empresa "Supervisión y Control, S.L.", concesionaria da ITV de Viveiro, fixo unha doazón de material para os ciclos formativos de "Electromecánica do Vehículo" e de "Carrocería". Un comprobador de alumeado e un analizador de partículas (opacímetro) constitúen formaron parte desta doazón.
VISITAS A ENDESA E SOTAVENTO O 6 de novembro, os alumnos de 4º de ESO que teñen a materia de Tecnoloxía como troncal, participaron nunha actividade formativa no Parque de Eólico de Sotavento (Xermade) e na central térmica de Endesa (As Pontes). A unidade didáctica a desenvolver nesta sesión tratou sobre "a enerxía convencional e as súas alternativas" e estivo dirixida polos profesores Pedro Rafael Rivera Fernández e Luís Mel Galocha do Departamento de Tecnoloxía do noso centro.
O Provisional
Páxina 8
19 decembro 2003
Os carpinteiros de ribeira
ANTECEDENTES HISTÓRICOS Sabemos que entre as culturas castrexas se usaban embarcacións de coiro que posteriormente se irían mellorando e transformando en naves de madeira, cada vez máis complexas e adaptadas ó seu uso: pesca, militar e máis recentemente para o lecer. Moi probablemente, a aparición do oficio de carpinteiro de ribeira, ten que ver co uso ancestral das embarcacións, principalmente para a pesca no que a Galicia se refire, aínda que, alá polo século XII, o arcebispo Xelmírez mandou vir dende Italia a expertos xenoveses e pisianos para contruír galeiras na desembocadura do Ulla para se defender dos ataques normandos e musulmáns. Mais perto de nós, hai constancia de que Felipe IV mandou contruír, nos asteleiros de Ribadeo, galeóns para trasladar mercadurías e, á vez, defenderse dos piratas. Tamén hai testemuñas de que, en Foz, comezou a esta actividade alá polo século XV, pero foi, ó igual ca no resto da Mariña, nos comezos do século XX cando houbo un maior número de pequenos astaleiros ou carpinterías de ribeira, aínda que os datos deste artigo se basean principalmente no esplendor desta actividade nas décadas de 1950 e 1960.
Embarcación de porte medio que se está contruíndo nunha nave ó pé da ribeira
PROCESO DE CONSTRUCCIÓN ARTESANAL DUNHA PEQUENA EMBARCACIÓN DE MADEIRA Previo o proceso de contrucción, os carpinteiros de ribeira deseñan a embarcación en forma de pequena maqueta, de onde sacan as plantillas, medidas e formas da embarcación a construir; algunhas veces as plantillas obtíanse copiando unha embarcación xa feita que era do gusto do futuro propietario. Elección da madeira Un dos factores determinantes á hora de elexi-la madeira era sen dúbida a forma natural dos troncos tendo en conta a dirección da veta, dado que é a elección axeitada era clave para o resto do proceso. As raiñas eran o carballo para pezas estructurais; codaste, roda de proa, cadernas..., e o eucalipto para a quilla. Incluso se tiña en conta a época do corte e as lúas; en outono e menguante (sabia máis baixa, menos humidades) para o carballo e, xa en maio, o eucalipto buscando unha boa elasticidade da madeira. Tamén se ten utilizado o pino común ou tea para o forrado do casco e cubertas. A quilla Como xa se dixo, o eucalipto era a máis utilizada (lembrar que se necesita contrui-la dunha sola peza longa e dereita) aínda que, as veces, era de carballo. Colocábase sobre uns calzos ensamblando nos seus extremos
a roda de proa (branque) e o codaste que determinan a proa e a popa mediante un ensamble en "cola de milano" ou de "raio de xúpiter", ámbolos dous moi resistentes ós esforzos requeridos durante a navegación; normalmente, esta unión, ía reforzada coas zapatas ou zapatóns de proa e contracodaste. Caderna Maestra Sobre a quilla, á metade da eslora, colocábase a caderna maestra (que determina o ancho máximo da embarcación ou manga) e as de tercios de proa e de popa dividindo á embarcación en catro zonas ó longo da mesma. Noutras ocasións situábanse dúas cadernas centrais, e dende alí partíase cara ós extremos poñendo cadernas cada pé (medida inglesa equivalente a 12 polgadas, ven sendo 30,48 cms.). As cadernas (todas diferentes) construíanse, as veces, de varias pezas dependendo do porte da embarcación; a barenga, peza situada sobre a quilla, continuabase cos xenols ós que ían aparelladas formando no seu conxunto as cadernas; para iso partiase de plantillas tomadas a escala (1:12) dende as maquetas, tendo especial interés a na elección da madeira coa forma axeitada para logra-la máxima resistencia.
19 decembro 2003
O Molde Despois de colocadas as cadernas maestra e as de tercio situabanse uns listóns ó longo da embarcación que o pasar polos extremos das cadernas dterminan a forma. As vágaras, que eran un reforzo interior das cadernas sobre as que posteriormente se apoiaban os bancos ou a cuberta, contribuían a dar unha idea xeral de como sería a embarcación antes de comeza-lo axuste fino das cadernas procedendose ó forrado ou banceado, operación complexa, de traballo meticuloso, xa que da mesma depende a estanqueidade da embarcación; as taboas van achegadas unhas a outras (o que se chama unión a tope) sen ningún tipo de machiembrado ou encaixe. Comezábase por arriba, ata alcanza-la liña de flotación, e logo continuabase dende a quilla ata rematar pechando o casco. Cuberta Cando a embarcación era xa dun porte medio, ou maior, procediase a vota-la cubertta que se sostiña sobre uns puntais lonxitudianais e outros transversais denominados "baos" que se apoian na vágara ó igual ca os bancos. A madeira usada era, normalmente, o pino en listóns estreitos de 6 ou 7 cms. para absorve-los cambios debidos ás condicións de uso: humidades, calor, frio, etc. Tamén se ten utilizado, máis antigamente, a tea. Calafateado Para asegura-la necesaria estanqueidade introduciase nalgunhas zonas estopa a presión mesturada con alquitran ou brea quente usando para iso ferros con formas axeitadas e martelos; a patente (pintura sellante antifouling) completaba esta operación ó tempo que impedía a aparición da broma (molusc lamelibranquio que cava galerías a través das madeiras sumergxdas ou nos cascos dos barcos, desembarcaderos e pilotes, causando grandes danos). Ás veces dábase unha imprimación a base de aceite de liñaza. A denominación do alquitran podía ser en ocasións galipote (probablemente do francés galipot) dado que este nome é más propio das zonas santanderina e vasca. O acabado ou embelecemento ía a cargo do cliente que recurría a un pintor profesional ou pintaba el mesmo a embarcación usando cores chillóns verdes, vermellos, azuis, brancos, evitando os grises e outros que son dificilmente visibles no mar (por iso a Armada usa o gris para camuflaxe da flota).
O Provisional
Aparello, motor e acabado Dependendo do tipo e porte da embarcación completabase os traballos coa dotación de bancos, toletes (pezas verticais que ían asentadas sobre o carel e talameira) onde se poñía o estrobo para ata-lo remo á embarcación), remos, mamparos, paos, etc. que tamén eran construídos artesanalmente polos propios carpinteros de ribeira. Se a propulsión se ía facer mecanicamente solíase recorrer a unha empresa externa subministradora dos motores, hélices, tanques e instalación electrica, mentres que no acomodo das mesmas dentro da embarcación tamén participaban activamente os carpinteiros (bancadas de motor, calzos de apoio, etc). Os propulsores máis usados nas décadas 60 e 70 foron os Diter (Empresa familiar de D. Manuel Díaz de Terán nacida en e traslada de Badajoz na posguerra), Barreiros (fabricados polo ourensám D. Eduardo Barreiros) e Perkins (motor de procedencia inglesa) que tiñan que sufrir un proceso de "marinización" para adapta-lo sistema de refrixeración ó medio mariño. A botadura Dado que tódalas carpinterías de ribeira estaba situadas perto do mar, nas prais ou peiraos, non era difícil proceder á botadura das embarcacións, sobre todo das de pequeno porte (entre media ducia de homes facíase a operación); sen embargo, cando xa eran de tipo medio ou maiores, auxiliabanse de parellas de bois para arrastra-las pesadas embarcacións ata o mar facéndolles deslizarse sonbre imadas de madeira engraxada. Xa ultimamnete faciase con tractores tipo carroceta con pluma e cabrestante. A DESAPARICIÓN DAS CARPINTERÍAS DE RIBEIRA Dado que, como se dixo anteriormente, todo o proceso era artesanal, o emprego de novos materiais, principalmente os metálicos e sintéticos así como os novos procesos de fabricación industriais, fixeron que a construcción en madeira se tornara pouco rendible. Isto provocou que este oficio, tan arraigado nas nosas costumes, fose desaparecendo irremediablemente. Hoxe en día quedan moi poucos asteleiros deste tipo e case todos incorporaron á súa actividade inicial outras máis industriais relacionadas coa caldereiría, as fibrase coa reparación e aparellado.
Páxina 9
AS FERRAMENTAS En xeral as ferramentas utilizadas por estes artesáns da madeira eran manuais; con raras excepcións se utilizaban ferramentas mecánicas, agás nas últimas décadas; normalmente suplían a falta de medios co gran coñecemento que tiñan do seu oficio e foron quens de construír embarcacións (algúnhas delas transoceánicas) para a pesca e o transporte de mercadorías e persoas, só con aqueles elementos dos que dispoñian. Así para o trazado usaban plantillas, compás, regras, nivel, escuadras e falsas escuadras, plomada, etc. Nas tarefas de corte o tronzon, a azuela, barrenas, gubias, formóns, berbiquí, serróns de man e brosas eran as ferramentas habituais. Duarante a ensamblaxe axudabanse de sarxentas e pernos, e na fase última de calafateado eran os ferros, amodo de conceis, con diferentes formas os que permitían introduci-la estopa nas rendixas.
CURIOSO O Ministerio de Educación ten publicado un Real Decreto (R.D. 1389/1995 do 4 de agosto de 1995 - BOE 19-9-95) que regula un ciclo formativo de grao medio de "Técnico de Artes Plásticas e Deseño en Carpintería de Ribera". Este título, que saibamos, non foi desenvolto; supoñemos que é debido a que non chegou a funcionar en ningún centro do Estado. ¡Lástima!
Páxina 10
O Provisional
19 decembro 2003
carta ó Director Os alumnos de 2º de ESO do grupo E, queremos queixarnos algunhas cousas que cremos non van moi ben na nosa aula. Como sabe a aula B6 é copmpartida polos alumnos de noite, segundo nos dixeron da ESA, e por iso pasa que ás mañáns cheira a tabaco: Xa sabemos que está prohibido fumar en todo o centro, pero esa é a realidade.
Na foto podemos ver a Pepe de Alexos xunto á embarcación "Doce de Julio" contruída en 1982 para a familia Parapar de O Vicedo. A embarcación tiña 7,45 metros de eslora, 2,28 de manga e desprazaba 3,5 toneladas; ía provista dun motor "MWM - Diter" e estaba feita en madeira de carballo, eucalipto e pino do país con clavazóns de ferro galvanizado. Na actualidade xa foi desguazada.
PEPE DE ALEXOS José García López, máis coñeceido como "Pepe de Alexos", veciño da Parroquia de Covas, foi un dos carpinteiros de ribeira máis emblemáticos de Viveiro. A súa historia profesional é semellante á doutros moitos carpinteiros espallados pola nosa Comarca, principalmente na Ría de Viveiro, en San Cibrao, Foz e Ribadeo onde chegou a haber máis dunha ducia de pequenos astaleiros ou carpinterías de ribeira. Pepe comezou como aprendiz nos anos trinta, cando aínda era un rapaz, pero a Guerra Civil apartouno da profesión ata entrada a década dos corenta; daquela pasou de aprendiz a operario cualificado e posteriormente a socio de Francisco Balseiro e Eulogio Bermúdez, donos da carpintería onde comezou; inicialmente tiñan o taller fronte á praia de Covas, perto do campo da Pascua; logo adquiriron un terreo ó outro lado da estrada (perto do actual acceso ó Colexio de Covas). A comezos dos cincuenta cambiaron a actividade de construcción de barcos para adicarse únicamente ó serrado de madeira para Chao, coñecido empresario viveirense da época. Xa entrados os sesenta, Pepe de Alexos, abandonou a sociedade e adicouse durante un tempo ó envasado de gaseosas "La Playa". No 1962, xa na última ubicación que tivo, situado na desembocadura do Rio de Loiba, abreu o seu propio taller que mantivo en activo ata a súa xubilación. Nesta época construíu lanchas, botes(de vinte e pico ou trinta pés) e pequenas tarrafas (o Paquita Pérez, Costa de África, ..., etc.) sempre coa axuda dalgún aprendiz; algún deles coma Francisco García Casas (sobriño) chegaron a defenderse na profesión aínda que, polos motivos que se sinalan ó longo deste artigo abandonárona para adicarse a outros traballos.
Tamén nos aparecen, ás veces, as mesas raiadas e con chiches pegados por debaixo, bueno algúns xa teñen solera-. A nosa queixa é porque cando hai algo mal sempre nos chaman a atención ós máis pequenos, pero sabemos certamente que os de noite tamén raian, aínda que sexan "adultos". Pergámolle pois que se tome isto en consideración porque queremos ter unha aula limpa como teñen todos os nosos compañeiros doutros grupos.
1234567 1234567 1234567 1234567 1234567 1234567
¡Felices Festas de Nadal e Bo Aninovo!
O Provisional
19 decembro 2003
Páxina 11
O pasado 31 de outubro celebramos, a carón do comedor escolar, o
MAGOSTO 2004 Os alumnos e profesores participaron na festa na que se asaron 75 quilos de castañas; por certo que este ano ían caras (por ser para nós a 1 euro o quilo). No trancurso da actividade, Bea, a cociñeira do noso comedor sufriu un accidente laboral ó caer na escaleira de acceso; por este motivo tivo que ser atendida no Centro de Saúde de Viveiro. Nos pasamolo moi ben facendo cucuruchos, asando e lanzándonos castañas uns a outros e tiñíndono-la cara. o peor é que só durou unha hora; logo... ¡a clase!. ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○
O magosto ou magusto, festa ou reunión de varias persoas para asar e comer castañas, foi, e aínda é moi importante nas tradicións de Galicia. Xeralmente celébrase o día primeiro de novembro, festividade de "Tódolos Santos", aínda que pode celebrarse outro día calquera, pero sempre dentro da segunda quincena de outubro e primeira de novembro como ocorre na provincia de Ourense. No
magosto da mocidade celébrase ó aire libre e os anciáns na cociña. O magosto é a festa da exaltación da castaña que leva asociados moitos elementos presentes en diversos ritos e tradicións da nosa zona. Esta festa hoxe en día celébrase reuníndose os asistentes para asa-las castañas, cocelas, xogar, bailar, etc. As castañas poden asarse no
SOPA DE LETRAS: LOCALIZA O NOME DE DEZ PROFESORES DA ESO
A
N
S
E
D
E
L
T
E
O
N
A
E
R
T
L
E
Y
S
D
E
D
N
A
R
I
S
K
A
C
L
P
R
V
N
S
P
A
N
A
E
E
S
U
T
A
Ñ
S
D
R
B
S
A
R
B
C
U
E
R
M
P
E
V
L
T
E
B
R
A
E
Y
S
R
T
A
N
R
E
X
N
A
C
A
R
P
E
N
T
E
D
U
T
R
A
F
A
E
L
A
R
lume directamente ou meténdoas nun cilindro metálico con furados e que poida xirar sobre o lume. É común tisnarse a cara uns a outros cos restos da fogueira e saltala para que dea boa sorte. A festa do magosto ten ingredientes dos rituais celtas: o lume, a coincidencia co fin do verán. Fátima López Arnejo 2ºc
Propiedades e indicacións dos castiñeiros e o seu froito: A corteza da árbore, e en menor proporción as follas, son moi ricas en tatino, ademais de conter azúcares, pectina, aceite esencial e outros principios activos. As súas dúas propiedades máis destacadas son: Astrinxentes, e decir, que secan e desinflaman mucosas, polo que resultan moi útiles para as diarreas agudas e para facer enxuagues bucales e gárgaras en caso de inflamación da boca ou da gorxa. Antitusíxena: tanto aplicada localmente en gargarismos, como en forma de tisana, calman a tos rebelde debida á irritación das vías respiratorias altas. As castañas son ricas en glúcidos (máis do 40 %), e conteñen pequenas cantidades, aínda que moi aproveitables, de grasa e proteínas, así como vitamias A, B e C e sales minerales. As súas propiedades máis interesantes son: Aportan sustancias alcalinizantes, que neutralizan o exceso de ácidos no sangue e facilitan a súa eliminación pola orina, o que resulta especialmente útil ós que padecen reumatismo por exceso de ácido úrico (atritismo) e ós que consumen carne en abundancia. Moi baixo contido de sodio (1 mg por 100 g de parte comestible), e elevada proporción de potasio (710 mg por cada 100 g); polo que resultan útiles nas dietas dos hipertensos e cardíacos.
Páxina 12
O Provisional
I Xornadas sobre Calidade Durante dúas fins de semana, no mes de outubro, reuníronse en Ribadeo os equipos directivos e responsables de calidade dos centros de ensino integrados na Rede Galega de centros para a Calidade G-1.
19 decembro 2003 PRIMAVERA DE EUROPA O IES María Sarmiento recibiu o diploma de participación, ó longo do curso 2002-03, no programa Primavera de Europa pertencente á Rede de Institucións Educativas "European Schoolnet". As actividades levadas a cabo teñen que ver con intercambio de ideas pedagóxicas, debates, a través de internet, sobre o futuro de Europa, intercambios, etc. A acción estivo coordinada polo Vicedirector, Francisco Hermida Trastoy, contando coa participación dos profesores do grupo de traballo sobre programas europeos.
TITORÍA DA REDE G-4
-A foto corresponde á xornada do sábado, día18 de outubro, no que fixeron unha paréntese no traballo para visitar diferentes paraxes da costa ribadense-
A iniciativa partiu da Asociación de Directores de Centros para a Calidade, "REGALCA", integrada polos equipos directivos e responsables de calidade do IES "Porta da Auga" de Ribadeo -o seu Director, Alvaro Doural Leiras, é o Tesoureiro da Asociación-, IES "Fernando Wirzt" de A Coruña, IES "Monte Alto" de A Coruña, IES "Daviña Rey" de Monforte, IES "Coroso" de Ribeira -Manuel Rendo é Director deste centro e Secretario da Asociación-, e polo IES "María" Sarmiento do cal o Director, Néstor Timiraos Labaen, é tamén Presidente de REGALCA. Durante as sesións de traballo, celebradas no IES Porta da Auga, fixeron un percorrido polos difrentes procesos implantados nestes centros de acordo coas esixencias da norma ISO 9001/ 2000 pola que xa están certificados actualmente o IES Coroso (1º en Galicia en acadar esa certificación) e o IES María Sarmiento (segundo en conseguilo). Proximamente abordarán o proceso de certificación o IES Daviña Rey de Monforte e o Porta da Auga de Ribadeo. Tamén se propuxeron, nestas xornadas técnicas, diferentes accións tendentes á mellora na implantación e algunhas accións correctoras nos procesos, principalmente nos relacionados coa prestación do noso servicio de ensino-aprendizaxe.
Gerardo Manrique Frías é Profesor de Latín e Responsable de Calidade do IES "Daviña Rey" de Monforte. Este centro afrontará, neste curso 2003-04, dúas auditorías, unha interna e outra externa a cargo de AENOR que teñen como obxectivo converte-lo "Daviña Rey" no 3º de Galicia en acada-la ISO9001/2000. Respecto ás "I Xornadas sobre Calidade" celebradas en Ribadeo, Gerardo comenta: - considero que foron unha boa oportunidade para poñer en común as diferentes experiencias desenvolvidas nos centros da G1, e sobre todo, responden á realidade cotiá dos problemas atopados nos centros para a implantación dos procesos -
A recentemente creada Rede Galega de Centros para a calidade G4, estará titorada por profesores do IES María Sarmiento que tentarán, ó longo de dous cursos, transmitir ós responsables deses centros o sistema de mellora continua baseado na norma ISO9001/2000 implantado no noso centro. En total houbo perto de corenta solicitudes que foron seleccionadas na Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, quedando formada a Rede polo CEIP "Virxe do Carme" de Burela, IES "Laxeiro" de Lalín, IES "Compostela" (Escola de Hostalería de Santiago), IES de Celanova, IES "nº 1" de Ordes, IES "Lois Pena Novo" de Vilalba, IES de "Arzúa", IES "Monte de Conxo" de Santiago, IES "Afonso X o Sabio" de Cambre, CEIP "A Fraga" de As Pontes, IES "Paseo de As Pontes" de A Coruña, o Conservatorio Profesional de Música e o Conservatorio Profesional de Música, ámbolos dous da cidade de Vigo.
iesmariasarmiento.net
¡CONÉCTATE! 110.498 VISITAS NOS CATRO ÚLTIMOS ANOS
19 decembro 2003
DEGU
O Provisional
Páxina 13
O DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA ESTÁ A DESENVOLVER UN NOVO PROXECTO DENTRO DO CONCURSO
VOZ NATURA 2003
AIRE
Os alumnos do noso centro recibiron, gratuitamente, por cortesía de "La Voz de Galicia", os tomos I e II do Diccionario Enciclopédico Galego Universal que edita o xornal coruñés. O resto dos tomos poderán adquirilos, ó prezo de 2 euros cada tomo, os martes e xoves xunto co xornal.
AIRE REGULADO
CARBURADOR
ADMISIÓN
SISTEMA
ESCAPE
IES MARÍA SARMIENTO PROXECTO LU/046
LOTERÍA Os profesores en activo, persoal non docente e xubilados do IES "María Sarmiento" xogan este ano, na Lotería de Nadal, perto de 6.000 euros. Se toca no número 0.3456 teremos uns profesores "ricos e con fundamento".... Despois haberá problemas coas substitucións, porque algún xa dixo que se lle tocaba a lotería non volvía. ¡Ogallá lles toque!. (alumno de 2º C).
SAÍDA ESCAPE
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA DEPARTAMENTO DE MANTEMENTO DE VEHÍCULOS
- Esquema da aplicación do sistema Pantone ó sistema de alimentación dun motor-
Por segundo ano consecutivo o Departamento de Mantemento de Vehículos, neste caso conxuntamente co de Tecnoloxía, participa no consurso "Voz Natura" que patrocina a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre do Grupo Voz.
un pequeno motor co obxecto de ver como diminúe a emisión de elementos contaminantes e o consumo. Preténdese tamén concienciar ó alumnado participante sobre o respecto o medio ambiente. e o aforro enerxético. A Fundación subvencionouno con 823 euros.
O proxecto presentado trata da aplicación dun sistema de alimentación tipo PANTONE a
O día 28 de decembro explicarémolo en Radio-Voz ás 11 da mañá.
O descanso do gatiño CLASES SEN FUME Varios grupos de alumnos do IES María Sarmiento participan nun concurso europeo dirixido ós escolares do 1º ciclo de ESO para manterse sen fumar dende novembro de 2003 ata abril de 2004. A competición baséase no compromiso colectivo de toda a clase e o seu profesor, durante os seis meses, e na responsablidade e confianza mutua de todos eles; os escolares optarán a importantes premios e viaxes. A acción estÁ promovida polas consellerías de Educación en colaboración coa de Sanidade aínda que se enmarca nunha actuación máis ampla de ámbito europeo.
Gema María Fernández García 4º ESO
O Provisional
Páxina 14
19 decembro 2003
A senda rock
"JIM MORRISON e THE DOORS" The Doors formouse en 1965 a raíz dun encontro entre Jim Morrison e Ray Manzarek nunha praia de Los Angeles. Así xurdiu un dos máis lexendarios e revolucionarios grupos de rock dos anos 60. Seguen sendo un importante, e sen dúbida apetecible, atallo cara ao inolvidable entre as múltiples vicisitudes polos que transcorreu a historia do rock & roll ata os nosos días. Seguramente a súa vixencia se deba máis que a outra cousa ao fundamental protagonismo na súa música dun elemento eterno e común: a voz humana. James Douglas Morrisson (estudiante de cine e teatro na universidade de California e amante da literatura e a poesía) e Ray Manzarek (músico moi influído polo blues de Chicago, que xa tiña o seu propio grupo: Rick And The Ravens) dan forma á banda despois de se coñecer. Non será ata o ano seguinte cando se incorporen os outros dous membros definitivos: John Densmore e Robby Krieger. En 1967, época de transición entre o fenómeno hippie e o amargo espertar a unha realidade decepcionante para a xuventude de todo o mundo, a saída do álbum «The Doors» resultou o primeiro impacto para a crítica e o público. O tema «The End», que xa ocasionara problemas ao grupo nalgunhas das súas primeiras actuacións, por ser idóneo para o desenvolvemento da capacidade dramática e sensual que Morrison poñía en escena (a letra narra, nunha atmosfera delirante, por qué un neno quere asasinar os seus pais) catapultounos directamente á fama. Co single «Light My Fire» sitúanse no número 1 das listas de éxito. Os seguintes elepés («Strange Days» e «Waiting For The Sun») afondan na liña inaugural, con grandes temas como «When The Music´s Over», «Strange Days», «Hello, I Love You» ou «The Unknown Soldier», alternando pasaxes de desengano, violencia cotiá e a sentimentalidade frustrada nun contexto opresivo que comprende dende a familia ata a cultura en xeral. Morrison posuía unha grande capacidade para a provocación tanto dentro como fóra dos escenarios. Ao tempo que os escándalos relacionados coa súa vida se sucedían, os medios de comunicación exaltábano como un novo símbolo sexual, quizá na procura dun relevo emblemático entre James Dean e Elvis Presley. Pese ao camiño persoal seguido por Morrison, a historia de The Doors enriquécese sen descanso. Os seguintes álbumes fortalecen o efecto innovador e corrosivo que provoca o traballo conxunto da banda.
Será en 1971 cando completen o seu ciclo creativo ao editar «L.A. Woman», cuxo éxito masivo exaspera a xa maltreita capacidade de resistencia de Morrison, que opta por abandonar o mundo do rock, contra a opinión do seu amigo Mazareck, e establecerse en París, onde faleceu un 3 de xullo de 1971, en estrañas circunstancias, cando o seu corpo é atopado sen vida na bañeira do seu apartamento parisino. Polémicos, xeniais, provocadores e lexendarios… esta é a súa senda: DATAS E LUGARES DE NACEMENTO: James Douglas Morrisson: 8 de decembro de 1943 (Melbourne, Florida) Ray Manzarek: febreiro de 1939 (Chicago) John Desmore: 1945 (Santa Mónica, California) Robbie Krieger: 1946 (Los Angeles) ÁLBUMES PUBLICADOS: "The Doors", 1967 "Strange Days", 1967 "Waiting For The Sun", 1968 "The Soft Parade", 1969 "Absolutely Live", 1970 "Morrison Hotel", 1970 "L.A. Woman", 1971 OUTROS ALBUMES POSTERIORES: "The Best Of The Doors", 1973 "An American Prayer", 1978 "In Concert", 1991
Por Javier Caneda González
FORMACIÓN: Jim Morrison: voz Ray Manzarek: teclados John Desmore: batería Robbie Krieger: guitarra O MELLOR: Os dosu primeiros e os dous últimos álbumes de estudio xunto coa faceta creadora de Morrison, polémica e provocadora pero tremendamente impactante e que non deixou indiferente a ninguén. O PEOR: Os continuos escándalos nos que se viu involucrado o grupo. Os excesos de Morrison sobre todo co alcohol, fixeron que fose detido en varias ocasións por aparecer no escenario bébedo, espido ou por negarse a actuar.
EPÍLOGO: Sabéndose poeta, Morrison, autor mellor que compositor, iniciou o seu camiño onde outros abandonan, violentou a súa propia soidade e multiplicándose seguiu só unha dolorosa viaxe, perfecta e inolvidable. En algo colaborou a súa actividade no proceso xeral da cultura humana: o labor de ampliación e centralización da idea e coñecemento que temos de nós mesmos.
19 decembro 2003
O Provisional
Páxina 15
JESSICA LASH O Provisional "Unha estudiante de Pensilvania no IES María Sarmiento" Jessica é unha rapaza de 17 anos que cursa 1º de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais no IES María Sarmiento. Ata aquí nada especial se non fose porque veu dende o estado de Pensilvania en Estados Unidos, soa, a través dun programa internacional que pretende, á vez que continúa os seus estudios, a aprendizaxe do idioma español. Durante o curso que vai estar con nós vive con Pancho e Pilar, unha familia de acollida, en Viveiro. Tratamos, na seguinte entrevista de saber cómo se atopa de ánimo, se ten boas relacións co resto dos compañeiros e se o que o centro lle ofrece responde ás súas expectativas e da súa familia. ¿Elexiches ti vir a Viveiro? Non, meus pais españois son os que me elexiron a min a través dunha organización con sede en Madrid. ¿É moi dificil para ti entenderte cos compañeiros e cos profesores? As primeiras semanas de colexio foron verdadeiramente complicadas. Agora aínda é moi dificil pero estou empezando a comprende-la lingua mellor e tamén entendo algunhas partes das clases. Os meus compañeiros son xeniais, e pacientes conmigo e co meu "español"; de galego non entendo nada. Cando falan comigo fano despacio e, ás veces, fano en inglés; “resulta simpático”. ¿E os exames, que tal? Cando non sei escribo unha nota ós meus profesores "agora non podo facelo porque non entendo a pregunta". Pero estou tentando comprender mellor. Todos os profesores amósanse moi abertos comigo e cando ven que estou amolada anímame dicindo: "non pasa nada". ¿Tés alguna relación especial con algún profesor? Si, con Elisa, profesora de Inglés que, aínda que non me dá clase quedamos nos recreos para resolver dúbidas; incluso para os trámites
Rúa: Misericordia, 58 27850 - VIVEIRO (Lugo) Teléf.: 982.56.04.49 - Fax: 982.56.23.06 Móbil: 696.25.76.13 E-mail:
[email protected] http://www.iesmariasarmiento.net Impreso, en papel reciclado, nos talleres de PUBLILAR - Magazos - Viveiro Depósito Legal: LU-402-94 Viveiro, 19 de decembro de 2003 ANO X, NÚMERO 28 TIRADA 900 EXEMPLARES DISTRIBUCIÓN GRATUÍTA a alumnos e profesores: 820 exemplares, por correo a antigos profesores, institucións, centros e medios de comunicación: 80 SUBVENCIONA: EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO IES MARÍA SARMIENTO
COLABORAN NESTE NÚMERO
administrativos na secretaría do Instituto. ¿E cos compañeiros, ..., algún/ ha especial? Lévome ben con todos; Olaya Martínez está moi pendente de mín. Todos son magníficos. ¿Como levas o de estar separada da túa familia, estar tan lonxe? A verdade é que iso é o peor; prefiro non falar dese tema. O.M. No IES María Sarmiento é a primeira vez que se acolle, por un curso completo, a un alumno estranxeiro de fala non hispana. En ocasións anteriores estiveron escolarizados alumnos venezolanos, cubanos, colombianos e franceses ou suízos, case todos por teren ascendencia galega. Si tivémo-la experiencia de tratar con alumnos e profesores a través de programas europeos Sócrates, Leonardo, Arion e tamén a través do intercambio lingüístico con Lannion que organiza habitualmente o Departamento de Francés durante períodos de tempo non superiores ós 15 días. En xeral, todo o profesorado está preocupado pola situación de Jessica Lash, sobre todo polo feito de que ó principio de curso practicamente non entendía nada de español (cursouno unicamente un ano antes de vir).
ALUMNOS: Pablo Parapar Alumnos de 2º de ESO Alumnos de 4º de ESO Fátima López Arnejo
Gema Mª Fdez. García Olaya Martínez EX-ALUMNO: Martín Martínez PROFESORES: Xosé Cabana Cabana Néstor Timiraos Labaen José Mª Leal López Francisco J. Hermida Trastoy Marta Crespo Romeo PERSOAL NON DOCENTE: José López Peña, Javier Caneda González http://www.iesmariasarmiento.net/Provisional28.pdf
IES MARÍA SARMIENTO
ER-0680/2003
O Provisional
Páxina 16
19 decembro 2003
UN TEMA VITAL
A Lei Orgánica da Calidade na Educación Trataremos no seguinte artigo, de forma moi breve, de detalla-los aspectos diferenciadores que trae a nova Lei, coñecida como LOCE, respecto ó modelo actual nacido da LOXSE e das reformas que tivo ata a actualidade
OS PROGRAMAS DE INICIACIÓN PROFESIONAL Os actuais Programas de Garantía Social (PGS) pasan a denominarse "Programas de Iniciación Profesional" (PIP), de dous cursos de duración, coa particularidade de que, ó superarse, dan dereito á obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria. CAMBIOS NOS BACHARELATOS As actuais modalidades do Científico e Tecnolóxico refúndense nunha soa, polo que quedan tres: - Artes, Ciencias e Tecnoloxía, e Humanidades e Ciencias Sociais. Outra novidade é a aparición da materia de "Sociedade, Cultura e Relixión" e a súa alternativa, con cualificación para o expediente do alumnos. Pero un dos aspectos máis
SISTEMA ACTUAL
P. G. S.
LEI DE CALIDADE
1º CICLO DE ESO
1º DE ESO 2º DE ESO
3º DE ESO
3º DE ESO: ITINERARIOS Científico Humanístico
4º DE ESO
PROG.INICIAC. PROF.
VARIACIÓN DA ESTRUCTURA E DA PROMOCIÓN NA ESO A actual Educación Secundaria Obrigatoria sofre varios cambios, tanto na súa estructura coma na promoción de curso. En 3º e 4º cursos as ensinanzas organízanse en materias comúns e específicas; estas últimas constituirán itinerarios de idéntico valor académico. En 3º haberá dous: -Tecnolóxico e Científico-Humanístico Posteriormente en 4º, serán xa tres: -Tecnolóxico, Científico e Humanístico Respecto á promoción de curso decidirase cada ano (ata o de agora a promoción de 1º para 2º era automática, xa que formaban conxuntamente un ciclo). Tamén se deduce, do texto publicado na Orde do 25 e agosto (D.O.G. do 15 de setembro), que haberá unha proba "extraordinaria" de avaliación en setembro. Por outra banda, o número de asignaturas coas que se pode promocionar queda fixado en dúas para os cursos 1º, 2º e 3º, tendo que recuperar tódalas áreas pendentes, e en 4ºsuperalas todas para obte-lo Título de Graduado en Educación Secundaria. Resulta ó tempo novedoso que o sistema de cualificación pase do actual modelo literal (insuficiente, suficiente, etc) a literal máis numérico, debendo asociarse unha cualificación numérica a cada unha das literais; exemplo: insuf (3), insuf (4), etc.
Técnico Profesional
4º DE ESO: ITINERARIOS Orientación Científica
GRADUADO EN E.S.
Orientación Humanística
Or. TécnicoProfesional
GRADUADO EN E.S.
1º DE BACHARELATO
1º DE BACHARELATO
2º DE BACHARELATO
2º DE BACHARELATO
Ciencias da Natureza e da Saúde
Tecnoloxía
Humanidades e CC Sociais
Artes
Científico-tecnolóxica
Humanidades
Artes
PGB
TÍTULO DE BACHAREL
TÍTULO DE BACHAREL
PAAU
Cadro comparativo entre o Sistema Educativo actual e o derivado da Lei de Calidade
salientables neste nivel vai se-lo seguinte: -Ata o de agora, superando tódalas materias de de 1º e 2º cursos obtíñase o Título de Bacharel, optando o alumno por ir ou non á selectividade; de feito, para cursar Ciclos Formativos de Grao Superior agora só se esixe te-lo Bacharel. -Coa chamada Lei de "Calidade", tódolos alumnos deberán superar unha Proba Xeral do Bacharelato (a coñecida como reválida) para obte-lo Título que permitirá o acceso á Universidade ou a Formación Profesional Superior. FORMACIÓN PROFESIONAL Nesta Lei non se produce ningún cambio respecto á súa estructura; en cambio si se deixan entrever novas fórmulas para o acceso indirecto mediante proba, principalmente relacionados coa experiencia laboral como requisito para participar nas mesmas.
CALENDARIO DE APLICACIÓN As novidades deste curso 2003-04 son as referentes ós contidos e á maneira de expresalos resultados das cualificacións. Súmanse para o próximo ano, se non hai retrasos ou variacións no calendario de aplicación como ten sucedido tantas veces coa LOXSE, as seguintes: -Nova ordenación en 1º e 2º de ESO. -Implantación dos itinerarios en 3º de ESO. -Comezo da implantación dos Programas de Iniciación Profesional (PIP). -Nova ordenación do 1º de bacharelato. Xa no curso 2005-06, continuarase coa reforma que afectará a: - 2º e 4º de ESO. - 2º de bacharelato coa implantación da proba xeral do bacharelato (PGB). - 2º curso dos programas de iniciación profesional (PIP).