O Provisional 38

  • December 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View O Provisional 38 as PDF for free.

More details

  • Words: 12,261
  • Pages: 20
O Provisional Xornal de Información Xeral do Instituto de Educación Secundaria "María Sarmiento" Ano XIV - Número 38 Viveiro 30 marzo de 2007

PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04

A primeira referencia ao noso centro data do 1932 cando se autoriza o seu funcionamneto como "Escola de Obreiros de Viveiro" (Gaceta de Madrid de 22-01-32). Polo tanto, neste ano 2007,

CUMPRIMOS O 75 ANIVERSARIO

Letras Galegas 2007

María Mariño:

o misterio das palabras Noiesa de nacemento (1907), María Mariño residiu a maior parte da súa vida no Courel. Fíxose a si mesma e medrou como escritora á marxe dos ambientes culturais da época, polo que ata se chegou a pór en dúbida a súa existencia. Foi o poeta Uxío Novoneyra o que reinvindicou e deu a coñecer a súa obra. (Páxinas 8 e 9) Aspecto exterior das instalacións na década dos 70; así permaneceron dende a súa posta en funcionamento, en xaneiro de 1963, ata as primeiras ampliacións no 1993

Despois da Guerra Civil, xa no ano 1941, continúa funcionando como "Escola Elemental do Traballo", denominación e cometidos que se manteñen ata o curso 1955-56, momento no que, coa publicación da Lei de Formación Profesional, pasa a ser "Escola de Mestría Industrial" de Viveiro. Como consecuencia da Lei Xeral de Educación, no ano 1971, denomínase "Centro de Formación Profesional de 1º e 2º Graos". Posteriormente foi "Instituto de Formación Profesional" ata a publicación, xa no ano 1996, do Regulamento Orgánico de Centros de Educación Secundaria pasando a ser "Instituto de Educación Secundaria de Viveiro". O Consello Escolar, na sesión do 5 de febreiro de 1998, logo dun proceso de suxerencias, por parte dos diferentes desta comunidade educativa, aprobou a actual denominación de Instituto de Educación Secundaria "María Sarmiento". En canto ás instalacións, inicialmente estaban situadas nuns locais cedidos polo polo Concello de Viveiro,

no convento de San Francisco, no andar onde hoxe está os servizos sociais do Concello. Estreouse o novo edificio, o que agora é a parte antiga, cando só existían dous centros máis de Mestría Industrial na provincia: Lugo e Monforte. No curso 1988-89 foron ampliados os talleres e hai doce anos volveuse ampliar cun novo edificio colindante á estrada Viveiro-Ferrol, para solucionar a crecente demanda de matrícula, construíndose o edifcicio que agora serve de módulo principal. No curso 1996-97 contruíuse un pavillón polideportivo cuberto, situado na zona escolar detrás do cuartel, que é compartido co outro Instituto da localidade; novamente, no curso 1998-99 inaugurouse outra ampliación (edificio veremello) destinada a adecuar os espazos ós novos requerimentos dos Ciclos Formativos e das novas ensinanzas. Na actualidade o centro ten uns 760 alumnos nos réximes ordinario e de ensinanzas de adultos, un cadro de persoal de máis de 100 persoas, e dende o 2003, conta coa certificación de calidade ISO9001/2000.

SUMARIO: • Faleceu D. Ramón Barro • Auditorías • Reunión de xubilados • X Semana da Prensa • Imaxes oníricas • O xogo da roma • Carmen Infante: o retorno • Viaxe imaxinaria polo sistema solar • Foto album -75 anos • Mark Spitz • Un soño por realizar • Eric Clapton • Dispor de PC e internet día non lectivo: 18 de maio

Páxina 2

O Provisional

30 marzo 2007

Faleceu D. Ramón Barro

EDITORIAL

Celebramos o 75 aniversario da nosa or ganización organización É moi importante o camiño percorrido, pero a experiencia acumulada débenos axudar a continuar innovando para seguir adaptándonos, os primeiros, ás esixencias do futuro. Ao longo destas décadas formáronse neste centro moitos técnicos, titulacións con saídas directas ao sector produtivo da nosa sociedade, que adquiriron unha alta capacidade profesional. Algúns destes alumnos agora son empresarios e crean emprego. Son moitas as empresas que traballan ao máximo nivel de competencias profesionais con membros dos seus planteles de persoal formados neste centro. Foron moitos os magníficos profesores que pasaron por este centro e conseguiron eses excelentes resultados cos alumnos. Nos primeiros tempos, cando escaseaban os medios mesmo algúns deles poñían recursos persoais ao servizo dese centro co que se identificaban plenamente. Este Instituto de Educación Secundaria incorporouse anticipadamente aos novos sistemas educativos propostos pola administración, coa visión de dar saídas a todo tipo de diversidade do alimnado. Acadamos unha certificación de Calidade, e estamos a incorporar novos sistemas de excelencia na impartición da ensinanza. Aplicamos unha sistemática de dar saídas a todos os alumnos adicando extraordinarios esforzos por parte do profesorado en referencia ao estándar xeral da maioría dos centros educativos. Esta unión, de innovación e esforzo, dos profesionais que aquí traballan fai que sexamos un dos centros de referencia dá Comunidade Autónoma. Os nosos profesores preocúpanse pola actualización constante, este ano asisten a máis de mil horas de formación. O enfoque social que damos ao servizo e a inserción profesional dous titulados que formamos, imprescindibles para o desenvolvemento económico da zona, fai que teñamos recoñecido ese labor social con varios premios. A celebración deste 75 aniversario, pretendemos que sirva para dar conta á sociedade da importancia que temos na formación de todo tipo de alumnos de ensinanzas medias e profesionais, con dinámica de cambio constante para mellorar cada día o servizo e invitar a pais e alumnos a visitar as nosas instalacións e tomar contacto coa nosa realidade. Grazas aos profesores que prestaron aquí servizos ao longo destes anos, e aos alumnos que escolleron este centro para a súa formación, esperamos que a estancia lles servira para a profesión e para a vida. No futuro seguiremos a traballar de maneira innovadora, aplicando os procesos máis adecuados no tratamento de persoas e incorporando as máis avanzadas tecnoloxías no desempeño da excelente función social de ensinar. O Director: Juan J. Pardo

O ex-profesor D. Ramón Barro Gómez faleceu o pasado 3 de febreiro aos 76 anos de idade. No apartado "O noso profesor" de O Provisional de 22 de decembro de 1994, recolliamos parte da súa traxectoria profesional durante más de trinta anos como profesor de Tecnoloxía de Electricidade no noso centro, a cal extractamos a continuación. Por acordo da Xunta Provincial de Formación Profesional de 11 de outubro de 1958 foi nomeado profesor titular interino de Tecnoloxía Eléctrica, na especialidade de Liñas, función que desempeñou tras sucesivos nomeamentos ata o 30 de setembro de 1973. Con data 1 de outubro dese ano pasou a profesor contratado na mesma materia e continuou nesa situación ata ou 30 de setembro de 1977. En outubro dese ano foi nomeado profesor numerario interino ata ou ano seguinte. Participou no concurso oposición restrinxido convocado pola Orde Ministerial de 23 decembro de 1978, obtendo a praza de profesor numerario de Tecnoloxía Eléctrica. Durante a súa carreira profesional ocupou tamén diferentes cargos directivos no que daquela era a Escola de Mestría de Viveiro: -Xefe de Talleres, dende o 2 de xaneiro do 1970 ata ou 30 de setembro do 1980. -Xefe de Estudos, dende ou 1 de outubro do 1980 ata o 30 de xuño do 1986. -Secretario, dende o 1 de xullo do 1986 ata ou 30 de setembro do 1988, despois da dimisión por asuntos persoais. Xubilouse en setembro de 1996 (ver O Provisional nº 7 de 2012-1996) - A foto que insertamos neste recordatorio corresponde ao acto de homenaxe celebrado na sala de profesores-. Moncho Barro, como o coñeciamos os que o tratábamos, tamén tivo responsabilidades como Perito Industrial na última fase de funcionamento de Barro Chavín, S.L.; o seu fundador, D. José Barro González, era seu tío. Todos os que o coñecemos e o tratamos, e toda a comunidade educativa do IES María Sarmiento, queremos trasladarlle á súa familia e amigos a nosa dor polo seu pasamento.

AUDITORÍAS O Plan anual de Auditorías deseñado polo equipo directivo e o responsable de calidade para este ano 2007, contempla tres actividades de autoavaliºación. As dúas primeiras de carácter interno desenvolvéronse os días 7 e 13 de febreiro A Auditoría externa, a cargo de AENOR, tivo lugar os días 11 e 12 de marzo e permitiralle ao o IES María Sarmiento seguir contando coa certificación de calidade ISO9001/2000 que só teñen oito centros públicos de ensino en Galicia.

O Provisional

30 marzo 2007

Páxina 3

Reunión anual dos xubilados Nestas páxinas, cada primaveira, recollemos a boa nova da reunión de confraternidade que, ano a ano, celebran os xubilados do noso Instituto para honrar ao Patrono San Xoan Bosco. Este ano, se cabe, tivo unha maior transcendencia debido á celebración do 75 aniversario da nosa Escola,e tamén a enfermidade que nese momento xa sofría o compañeiro Ramón Barro. Comezaron a xornada cunha misa na capela da Residencia Betania de Viveiro, oficiada polo Rvdo. Amado Aguiar Aguiar e remataron cun xantar nun coñecido restaurante de San Pedro.

MD no IESMASA

Asistentes á celebración: Andrés García Vázquez, José Ramos Fernández, Pedro Álvarez Expósito, Enrique Pérez García, Ángel Rodríguez Vázquez, José Veiga Candia, Humberto de Río Vieira, Emilio Casariego Carballés, José Antonio Chao Batán, Modesto Prieto Chao e Generoso Martínez Míguez; diante destes últimos están Olga Rúa Trigo e Isabel Cruz Chaves

Por Martín Martínez

O Provisional

Páxina 4

"X Edición Semana da Prensa" no IES María Sarmiento Do 12 ao 16 de marzo de 2007, como se prevé no calendario escolar para este curso 2006-07, celebramos a semana da prensa na escola; este ano, no IES María Sarmiento, puñemos en marcha a X Edición; fai dez anos que commemoranos con diferentes actos a importancia que ten a prensa na sociedade e o seu uso como recurso didáctico na aula. Para iso, os alumnos de ESO traballamos, ao menos un día desa semana, coa prensa e visitamos a exposición de xornais escolares de toda Galicia que se organiza no centro dende a redacción de O Provisional. Tamén fixémos unha votación para valorar, os xornais con mellor portada, mellores artigos, cómics, maquetación, etc.

ido o r nt e do

RECEITAS

FOLLAS DE LIMÓN INGREDIENTES: 200 grs. de fariña 1/2 vaso de leite Follas de limón Azúcar moído Manteiga de vaca ou aceite

PREPARACIÓN: Nun recipiente mestúranse a fariña, o leite, e os ovos ata que resulte unha pasta moi fina Limpámos as follas de limón para despois "pingar na pasta" Nunha sartén botamos a manteiga de vaca e as follas de limón xa pingadas, deixándo que se doren Ao final servímoslas en quente espolvoreándolles azúcar por enriba

NOTA: PARA SERVIR AS FOLLAS DE LIMÓN PÓDESELLES SACAR A FOLLA DO MEDIO OU DEIXALAS - AS FOLLAS SÓ SE PODEN UTILIZAR UNHA VEZ

Clara Pardiño Orol 2º ISO-C

FILLOAS RECHEAS DE CREMA PASTELEIRA INGREDIENTES: 1/2 quilo de fariña 1 litro de auga Media ducia de ovos Sal Touciño PREPARACIÓN: Nun recipiente fondo mestúranse todos os ingredientes (menos o touciño) Ponse unha tixola ao lume Úntamos a sartén con touciño Cun cucharon bótase un pouco de mestura movendo a sartén en varias direccións para que se estenda e cando despega polos lados dámoslle a volta. CREMA PASTELERA: INGREDIENTES 1 vaso e medio de leite 2 xemas de ovo 3 cucharadas de azucre ralladura de limón maicena. PREPARACIÓN: Ponse un vaso de leite a ferver ao mínimo con limón rallado e o azucre Noutro vaso dilúense dous culleradas de maicena e o ovo en medio vaso de leite. Cóase sobre o leite que está a ferver e removémolo ata que espese. RECHEO: Esténdese a crema pasteleira encima da filloa e dóbrase. Ana Corujo Carreita 2º ISO-C

30 marzo 2007

EXPOSICIÓN DE XEOMETRÍA

Dende o 12 ao 16 de febreiro estivo aberta, na aula de Bacharelato, unha exposición de xeometría en 2D e 3D organizada polo Departamento de Matemáticas que coordina Jorge Santamariña García. Durante a semana, foron visitando a exposición, un a un, tódos os grupos de ESO e Bacharelato para coñecer as experiencias didácticas propostas polo profesorado e que tiveron como obxectivo un acercamento práctico das matemáticas ao mundo cotiá.

TEATRO Os alumnos do segundo ciclo de ESO, xunto cos de 1ºe 2º Bacharelato que cursan Francés, asistiron o 18 de xaneiro en Lugo á representación da obra teatral "Le tour de France... en Farces". A actividade foi organizada polo departamento de Francés que coordina Mª Luz Poch Villar; acompañaron tamén aos alumnos as profesoras Mª Jesús Pérez Ramos, Marta Coria Blanco e a Orientadora, María Guerriero Muñoz.

Tráxico accidente A mestra Marina Díaz Ferreiro faleceu no accidente de tráfico ocorrido o 25 de febreiro en Area (Viveiro). Durante a súa etapa profesional ocupou diferentes cargos directivos, entre eles o de Directora do Colexio "Vicente Casavella" de Ourol. Marina foi un referente para moitas xeracións de Ourol e para moitos dos nosos alumnos que a tiveron como mestra.

O Provisional

Viaxe a Madrid A Vicedirectora, Gema Rena Monteserín, e Nuria López Álvarez, Profesora de Música, acompañaron aos aos alumnos de 2º ciclo de ESO e Bacharelato a Madrid para visitar o Teatro Real e o Museo Reina Sofía. Tamén asistiron ao musical "Mamma Mia" -con cancións de ABBA-, no Teatro Lope de Vega da capital. A actividade realizouse os días dende o 27 de ferbreiro ao 1 de marzo.

Páxina 5

Ada Infante (4º ESO-C)

Remataron os campionatos de fútbolsala, nas modalidades feminino e masculino, coas vitorias de "Las punuki" e "Pescados Rubén-Tetrabrik", respectivamente. Os partidos xogáronse durante os recreos e foron organizados dende o Departamento de Educación Física. Agora está aberto o prazo para a inscrición no torneo de fútbol senior e baloncesto 3X3 masculino e fiminino.

Imaxes oníricas

Competicións deportivas

P L Á S T I C A

30 marzo 2007

A doazón de sangue de cordón umbilical

paxaros: PEGA RABILONDA

Javier Díaz Gómez - 1º ESO C

O cordón umbilical permite a nutrición e o desenvolvemento do neno durante a xestación; ata hai pouco, tralo nacemento, o cordón desbotábase despois de cumprir a súa importante función. Na actualidade, coñécese que o sangue do cordón umbilical contén unha gran cantidade de células nai, que poden utilizarse no transplante a pacientes cunha medula ósea enferma, como sucede coa leucemia, o cancro... As principais vantaxes que ofrece o sangue de cordón umbilical son: - Pode ser almacenado nun banco de sangue. - Ó dispor da súa tipaxe, pode ser empregado no momento que se precise sen demora ningunha. QUEN PODE DOAR SANGUE DE CORDÓN UMBILICAL Poden ser doadoras de cordón umbilical tódalas mulleres con bo estado de saúde, que non padecesen nin presenten riscos de padecer enfermidades transmisibles polo sangue (hepatite B ou C, sífilis, SIDA…) e que dean a luz un fillo san. CANDO SE EEFCTÚA A RECOLLIDA DESE SANGUE No momento do parto, sen risco ningún nin para a nai nin para o neno. Tras separar o cordón umbilical do bebé e, mentres a placenta está aínda no útero, procédese a extraer o sangue que contén. COMO SE FAI PARA DOAR É imprescindible que a nai dea o seu consentimento informado, polo que a nai ten que ler e comprender as causas que impiden a doa-

O día 1 de marzo realizáronse 41 doazóns no IES "María Sarmiento"; 12 foron de persoas que doaron por primeira vez zón e autorizar por escrito a extracción do sangue de cordón umbilical despois do parto: - Antes da doazón realízase unha historia clínica da nai, para descartar calquera aspecto da súa saúde que impida o emprego do sangue de cordón. - No momento do parto realízase á nai unha análise de sangue para desbotar calquera proceso infeccioso que puidese ser transmisible ó sangue do cordón. COMO SE CONSERVA Unha vez obtidas, as células nai do cordón umbilical conxélanse a temperaturas moi baixas, para asegurar que se conservan en bo estado ata o momento da súa utilización. Ó estar dispoñibles no Centro de Transfusión de Galicia, o tempo de busca de células compatibles para lle transplantar a un paciente é inmediato.

900 100 828 [email protected] O Programa de DOAZÓN DE SANGUE DO CORDÓN UMBILICAL enmárcase dentro do Plan de Voluntariado da Xunta de Galicia

Páxina 6

O Provisional

30 marzo 2007

O xogo da roma Por José María Leal López

Canto cambiamos en pouco tempo: se nos fixamos hai uns cincuenta anos, entre outras cousas, aquí non se vía a televisión, non había a vacina contra a polio ou os alimentos conxelados, nin a fotocopiadora nin as lentes de contacto; tampouco existían os radares, nin as tarxetas de crédito nin o raio láser ou os patíns coas rodas en liña. Non se inventara o aire acondicionado, nin os lavalouzas e as secadoras, de maneira que a roupa se secaba ó aire fresco. O home aínda non chegara á lúa, non existían os avións a propulsión a chorro, tampouco as computadoras, nin ordenadores nin internet, non había carreiras universitarias dobres, nin calculadoras nin terapias de grupo….Non existían as comidas rápidas, os caixeiros automáticos, as máquinas de xelados, os radio reloxes espertadores, nin os fornos microondas, nin os vídeos ou os casetes, nin as filmadoras de vídeo, nin os DVD e mais os MP3…Tampouco había os Pizza Hut, nin Mc Donalds, nin o café instantáneo, non existía o chip nin o sofware e mais o hardware ….Nin moitas cousas máis…Non había os xogos de Nintendo, nin os Game Boys…

a b

vadas tamén no chan; logo, a roma derrubada collíase por un extremo e golpeábase coa propia para lanzala o máis lonxe posible; a seguir calculábanse mentalmente os puntos que se poderían facer, e que se conseguían cravando a roma tantas veces coma os puntos solicitados; unha vez finalizado o reconto destes, dicíase “ un che, piqué, furón” ó tempo que se ía picando o chan coa roma. Mentres tanto, o segundo xogador corría para recoller a súa roma e traela ata o lugar onde fora lanzada, cravándoa á beira das outras; nese intre, o primeiro xogador, se tiña feitos os puntos e dita a frase de “un che, piqué, furón”, conseguía os puntos solicitados A roma era un deses marabillosos xo- que ó final os rapaces acabaran todos e, no caso contrario, ao non lograr o gos de nenos, no cal tiña que haber alo- embarrados. obxectivo sumábanselle ó segundo xomenos dous xogadores. Consistía en O xogo comezaba botando a sortes a gador. Así, seguía o xogo na orde estaalgo tan simple blecida nas sortes, e coma unha estaca gañábao aquel que duns cincuenta cenDaquela os nenos e nenas aínda xogaban nas rúas ó pión, á chegaba antes á cantimartabela, ó caño ou billarda, ó chinquilimpé, ó rebenque, ás bólas, á tímetros, aproximadade establecida ó comargarida, á carga, ó avante portela, ó burro, á roma, e outros máis. Eran damente, a cal ía ben menzar a xogar. xogos de mediados do século pasado a través dos cales se desenvolvían as afiada nun extremo; Cando se lles conaptitudes físicas e se reflectían os valores da sociedade daquela época. cada xogador tiña ta isto a moitos rapaProducíase un intercambio entre os individuos e, no medio natural onde se unha roma que preces, non cren que os desenvolvían, os picariños eran moi felices con todos eses xogos que, polo viamente preparara nenos de entón se puixeral, se realizaban moi facilmente. ben dándolle un toderan divertir con este que persoal e busxogo tan simple e procando sempre a mepio da Idade Media, pero a realidade é llor madeira para que non estelara, a de orde da saída; un primeiro xogador cra- que hai uns poucos anos aínda se xogabuxo era a máis dura. A pesar de ser a vaba a súa roma no chan e, a continua- ba á roma en calquera lugar onde roma un xoguete moi sinxelo, isto non ción, cada un dos outros chantaban as houbera un chan de terra e unhas boas impedía que o xogo fora alegre e di- súas romas no chan tratando de derrubar estacas… vertido, amais de moi entretido, aínda as anteriores, pero tiñan que quedar craViveiro, febreiro de 2007

c

30 marzo 2007

sobre a participación A vicepresindenta do Consello Escolar de Galicia, Milagros Blanco Pardo, partipou na reunión conxunta dos consellos escolares de toda a Mariña, celebrada no salón de actos do noso IES o pasado 6 de marzo. Con estas xuntanzas preténdese dar a coñecer o funcionamento da institución educativa, fomentar a participación nos órganos de goberno dos centros, e lograr un intercambio de experiencias para trasladar ás autoridades educativas. Á presentación do acto tamén asistiu o alcalde, Melchor Roel Rivas.

"I Feira do Emprego" IES MARÍA SARMIENTO

10 e 11 de maio 2007 PROTESTA O Claustro de profesores e o Consello Escolar apoiaron, por unanimidade, o escrito presentado polo profesorado de ciclos, en contra do anuncio do Director Xeral de F.P. de converter ás tres comarcas de A Mariña nunha soa zona educativa.

O Provisional

Páxina 7

Carmen Infante Cal: O RETORNO

Carmen, na fotografía do seu expediente, cando cursaba 4º de ESO

Momento de traballo no Departamento de Orientación- Carmen (á dereita) con María Guerreiro Muñóz, Orientadora do IES María Sarmiento

Outra vez de volta… parece que foi onte cando cheguei por primeira vez aquí; todo era novo, e naquel momento eramos os mais cativos do instituto, xa que fomos os primeiros en incorporarnos coa a implantación da ESO, parecía que pasaría unha eternidade ata rematar, con máis ou menos acerto, os nosos anos neste instituto. Agora volvo ter esa mesma sensación. Xa van aló catro anos dende que me fun de aquí, e a simple vista parece que houbo poucos cambios, pero agora, dende o outro lado, as cousas vense dun xeito un tanto diferente. Daquela, como xa dixen, todo era novo para min, tanto o lugar, chegar a un instituto tan grande coma este, como os profesores, ós que pouco a pouco nos fomos acostumando (e eles a nós), descubrindo os seus puntos fortes e débiles para aproveitalos no noso beneficio, podendo ser nalgún caso un pouco difíciles de levar, aínda que tamén sabendo recoñecer o seu labor. E así pouco a pouco foron pasando os cursos, e case sen decatarme vinme en 2º de Bacharelato, preparándome xa para abandonar o centro e decidíndome polo que ía ser o meu futuro. Agora, catro anos despois a piques de rematar os meus estudos de Pedagoxía, volvo estar aquí, neste mesmo lugar, pero agora dende o outro lado, e tendo como compañeiros provisionais a eses mesmos profesores que me sufriron durante tantos anos, e que a pesar diso me recibiron do mellor xeito que podía imaxinarme, o cal é de agradecer. Teño que recoñecer que a visión dende “dentro” e moi diferente á que eu tiña nos meus anos de alumna do centro. Estando aquí é cando te dás conta, en primeiro lugar, de que os profesores tamén son seres humanos! O respecto cara eles segue existindo,

pero ves que son persoas asequibles como calquera de nós, que teñen vida á parte da do centro e o máis importante, que dende a visión do alumno non se aprecia, é que, na meirande parte dos casos mostran unha enor me preocupación polos seus alumnos. Como xa dixen, o punto de vista dende o outro lado cambia, incluso me atrevería a dicir que experimentei unha sensación “rara”, e digo isto, porque me resulta moi curioso estar na sala de profesores compartindo ese espazo, ao que, cando era alumna, só chegaba ata a porta, ou ir nos recreos tomar o café con eles, ¡cos meus profesores! Eu penso que isto é porque aínda non asumín que xa que case estou máis preto do lado de dentro que do de fóra, do cal non é doado separarse, e que, quen quere deixar a boa vida? E aquí estou, durante catro semanas facendo as miñas prácticas, tratando de aprender de novo, aínda que dun xeito diferente, de todos estes profesores, e especialmente da orientadora do centro, María, que é a que se encarga de ensinarme todos os aspectos do centro, e da que tanto estou aprendendo.

O Provisional

Páxina 8

30 marzo 2007

María Mariño: o misterio das palabras

Xosé Cabana Cabana

Noiesa de nacemento (1907), María Mariño residiu a maior parte da súa vida no Courel. Fíxose a si mesma e medrou como escritora á marxe dos ambientes culturais da época, polo que ata se chegou a pór en dúbida a súa existencia, cando menos como poeta.

“Do mar pola orela mireina pasar, Foi clave na súa vida a chegada a Parada do Courel para curarse de múltiples feridas: a Guerra Civil, a morte dos irmáns, da nai, do seu único fillo…Alí coñece a Uxío Novoneyra, en cuxa obra descobre unha música nova, escoita correr os regatos e ouvear os lobos. Ademais da importancia que ese home puido ter para ela no plano persoal, el vai ser quen reivindique máis tarde o valor da obra de María Mariño e a dea a coñecer a todo o mundo, cando xa unha derradeira “ferida”, imparable e incurable, chamada leucemia a arrastraba cara á morte, no 1967.

na fronte unha estrela no bico un cantar (...)”

Son aquela sempre soia

(…) Son a chuvia, son a neve, son o vento da xeada. Son alba daquel vivir, Hoxe noite daquel vivir

Malia que xa transcorreran uns cincuenta anos dende que Rosalía fora incomprendida; dende logo, unha rapaza distante, que le libros e ama a liberdade e a soidade non podía deixar indiferentes aos seus contemporáneos, vivira na vila de Noia ou nunha pequena aldea do Courel, aínda que fora a muller do mestre.

Se rastrexamos na súa vida e a súa obra, descubriremos aspectos que lembran a Emily Dickinson, como o de ser unha creadora á marxe dos círculos literarios, e sobre todo a nosa Rosalía de Castro: “No seu tempo era vista como rara e diferente porque lle gustaba pasear soa pola ribeira do mar, extasiarse diante da contemplación da paisaxe, intentando, quizais, comprender a mensaxe última da terra.” De feito, o poema co que se abre Palabra no tempo é un autorretrato:

Son aquela!

¿Somos un ou somos dous, ou tantos como en nós temos?

No Courel, esa muller que le (a Rosalía, a Novoneyra...) e pasea soa e libre polos soutos, que está “enferma” de poesía, de repente, coa súa portentosa imaxinación vai vertendo sobre o papel en branco, coa forza dun cadoiro, os seus versos en dous libros, Palabra no tempo (1963) e Verba que comeza (1992). Os que a coñeceron afirman que “logo facía poemas en calquera circunstancia e lugar”. Ao ler os seus poemarios imos descubrindo algúns deses trazos que a achegan a Rosalía: Portada do primeiro libro de María Mariño

- A importancia que lle dá na súa obra á paisaxe galega, coa que se identifica (“ós meus dedos de Terra”):

que paseaba a ribeira a ver se nela atopaba a ver se nela afogaba.

Se non souberamos que Curros fai unha lembranza de Rosalía ata poderiamos pensar que a muller da que fala é María Mariño :

O retrato que dela nos foron deixando os que a coñeceron reflicte unha muller misteriosa, ás veces ata de múltiples facianas: para uns, soberbia, fría, introvertida, hermética...; para outros, emotiva, fráxil, vulnerable; e para Manuel María, falangueira e comunicativa. Ela mesma nos revela a complexidade que encerra nos seus poemas:

Ouh Natureza pequeniña e longa, hoxe Téñote na man, cinguidiña ós meus dedos de Terra, Puño xusto da miña forza, Soio latido. (Verba que comeza)

30 marzo 2007

-A influencia da tradición poética popular, que ambas coñecían moi ben, sobre todo no seu primeiro poemario, e que se manifesta, por exemplo, nas anáforas e no emprego de formas coloquiais e dialectais (“vein”):

O Provisional rra que a acolleu, o Courel; pero ao mesmo tempo, esas verbas que nomean o cotián e o tanxible vanse enriquecendo

O teu nome leva e dá.

Páxina 9

Neste poema podemos aprezar a forza con María Mariño Carou nos vai amosando o seu misterioso mundo interior, no que se pode intuír a súa ousada loita e a súa soidade. Aínda máis intensos e dramáticos son aqueles nos que a morte se presinte, nos que a poeta parece agoirala:

Dá mareas de verbas feitas, dá cantiga que se escoita,

Palpas os tempos.

dá á terra voz e fala,

Lambes as terras.

dá a cada un dos tempos seu dono,

Trillas os días e vas andando,

dá larganza -peito de bríos-,

sin parar andando.

Vein vindo a luz aquela que ti

Coxeas no outono -meu arranque-.

encendiches e non se apaga.

Alóngaste no estío -miña morte.

¡Sol! (Verba que comeza)

(...)

-Os seus poemas filosóficos nos que se interroga sobre o sentido da vida, o paso do tempo,... e a morte:

(Verba que comeza)

Ti que sabes de onde viñen, Ti que sabes ben quen son, Ti que ves por onde ando. Ouh, raxa o tempo ca túa hora, raxa as cousas,

con novos significados simbólicos ou se unen en novos termos de gran expresividade:

Ti xa morta, viva ou non sei, ti…

Ouh pisada calada,

Pro, quen eres ti?

Non te vaias, deixa teu berro-alento

(Verba que comeza)

Para vela dos meus ósos-cinsa, meus de ti.

Pero tamén comparten as temáticas da saudade e a dor, e relacionados con estas están os tanxidos das campás. Non obstante, esa autora “enferma de poesía”, que bebeu en Rosalía e Uxío Novoneyra, vaise revelando como unha voz orixinal, da que aínda non se descifraron todos os misterios que agochan as súas obras. Rosalía foi o seu referente, pero María Mariño non foi unha simple imitadora; ao “internarnos” nos seus poemas descubrimos a súa paixón pola palabra, que se manifesta xa nos títulos das súas obras e que se chega a identificar coa propia terra, pois a través de ambas os seres humanos imos creando ou modelando o noso mundo. A muller, silandeira de seu no trato cos demais, fálanos nos seus versos empregando as palabras das xentes da te-

Tamén chama a atención da innovadora linguaxe literaria de María Mariño a quebra da estrutura lóxica e sintáctica, como no verso Eu sentía un lonxe triste, onde o adverbio se torna substantivo. Por isto, é considerada unha “dinamitadora” da lingua. A presenza do mar na poesía da autora noiesa é outro motivo recorrente e orixinal: Cando de soia me erguín crucei o mar da Marola. Eran as ondas enteiras, duras e longas, era a súa espuma loita. Non tiña medo do vento. Mar sin marea que trocara a súa ronda.” (Verba que comeza)

Ler a obra de María Mariño Carou é ir descubrindo non unha muller sinxela senón todas as mulleres que nela había e quizais por iso nos seguen resultando tan misteriosas ela e mais a súa poesía. Nestas liñas tentamos achegarvos un algo á María Mariño Carou que foi verba, verso e libro enteiro:

Linme hoxe toda por dentro. ¡Linme!

BIBLIOGRAFÍA: -AGRAFOXO, XERARDO: Biografía de María Mariño Carou, Galaxia, Vigo, 2007. -BLANCO, CARMEN:Literatura galega da muller, Xerais, Vigo, -MARIÑO CAROU, MARÍA: Obra completa, edición e introdución (páxs 7-57) de Victoria Sanjurjo Fernández , Xerais, Vigo, 2007. -VV.AA.: Historia da literatura galega. A Nosa Terra, Vigo, 1996.

O Provisional

Páxina 10

30 marzo 2007

VIAXE IMAXINARIA POLO SISTEMA SOLAR ABORDO DUNHA CALCULADORA -Cándido Dacosta Lago-

Para a nosa viaxe necesitaremos: - Calculadora Científica (por exemplo: Casio fx-82SX Fraction). -Táboa cos datos do Sol, os planetas e seus satélites (lúas ) que conteñan Diámetro (ou radio), distancia ó sol (ou ó planeta se é un satélite), período de translación, período de rotación e se o sentido da rotación é directo ou retrógrado (directo é, poñendo o norte arriba, en sentido antihorario e retrógrado é ó revés).

- Comparar astros.Tamaños relativos Imos comparar dous astros. Para iso calculamos o cociente R/r ou r/R e obtemos así unha relación entre os diámetros, pero non entre os volumes. R r

Exemplo 1: Se R=2u. e r =1 u. Diremos que o primeiro ten un diámetro dobre que o segundo ou que o segundo é a metade do primeiro (en grosor). Pero en volume o primeiro é 8 veces o segundo.

Exemplo 2: O radio do sol é de aproximadamente 696265 km e a distancia media da Terra á Lúa é de 384400 km. Se calculamos o cociente 696265/384400•1,8 é dicir que o Sol colocado no lugar da Terra chegaría máis alá da órbita da Lúa xa que o cociente é de 1,8 (case abarcaría dúas veces a distancia da Terra á Lúa). É importante empregar as mesmas unidades, neste caso km e empregar dous radios ou dous diámetros pero sen mesturar radios e diámetros. PROPOSTA: compara ti agora os tamaños dos seguinte astros: Terra – Lúa, Marte – Lúa, Mercurio – Lúa, Terra – Mercurio, Sol – Xúpiter, Xúpiter- Terra, Plutón – Lúa, etc.

- Períodos sinódicos, duración dos días nos planetas,... Se pensamos nun reloxo de agullas onde: a agulla grande tarda en dar unha volta un tempo T e a pequena un tempo t ¿Cando voltan a estar na mesma posición? ¿e se as agullas van en sentidos contrarios? Exemplo 1: ¿Cada canto tempo está Mercurio na mesma posición respecto da Terra? O período de translación de Mercurio é de 87,96 días e o da Terra é de 365,26 días Tomamos t=87,96 e T=365,26 e van no mesmo sentido, logo o tempo que tardan en estar na mesma posición, botando contas resulta ser 115,86 días. Este tempo chámase período sinódico. Exemplo 2: ¿Canto dura o día en Mercurio? O período de rotación de Mercurio é de 58,646 d e o de translación é de 87.96 d. Teñen o mesmo sentido e tomamos t= 58,646 e T=87,96 d. Botando contas (58.646 SHIFT Min – 87.96 SHIFT Min = SHIFT Min SHIFT °¢² ) saen

175d 23h 22min 35 s é dicir un día mercuriano dura 2 anos de Mercurio (ademais rota 3 veces cada 2 translacións). Descubre ti agora coa calculadora: ·Período sinódico de Venus empregando período de translación de Venus (224,68 d) e da Terra (365,26 d). Anota o resultado ·Duración do día en Venus empregando período de translación (224,68 d) e rotación de Venus (243,01d R) (ollo a rotación é retrógrada, e é como o reloxo de agullas que xiran en sentidos contrarios). Anota o resultado. ·Divide agora o período sinódico entre a duración do día venusiano e verás que cada 5 días venusianos Terra e Venus están na mesma posición relativa. Os científicos aínda non saben explicar o porqué, pero cando Venus pasa preto da Terra sempre nos dá a mesma cara, e iso sucede cada 5 días venusianos. Podes continuar calculando períodos sinódicos e duración de días nos planetas

O Provisional

30 marzo 2007

Tamaños aparentes de astros. Imos responder á pregunta ¿que tamaño teñen no ceo uns astros vistos desde outros?.

Medidas de andar pola casa, chiscando un ollo e estirando o brazo: o grosor do furabolos abarca aproximadamente 1º, o puño pechado co dedo gordo (dedo índice) pechado enriba uns 10º. Calcularemos a metade do ángulo a=arc tan ( r/d) en graos (poñer a calculadora en DEG) e despois multiplicaremos por 7200 ( é o mesmo que multiplicar por 2 para calcular o ángulo e despois por 3600 para pasar a segundos).

O radio da Lúa é aproximadamente 1738 km. Calculando arc tan (1738/356770) e multiplicando por 7200 da 2009,6 segundos de arco (ou 33,5 minutos). Veremos unha Lúa duns 2010” cando en media é duns 1915”

Calcula ti o tamaño aparente de Venus o día 21 de marzo (Venus vese xuntiño coa lúa iluminada un 10% e separados uns 5º á tardiña). Venus ten un radio de 6052 km e estará a unha distancia aproximada de 192183257 km. Ese mesmo día ó poñerse a Lúa estará alto no ceo, mirando para ó sur, Saturno cun radio de 60000 km estará a unha distancia aproximada de 1261400000 km. Calcula o seu tamaño aparente. Exemplo 1: Se es dos que madruga verás ese mesmo día, a O Sol ten un radio aproximado de 696265 km e está iso das 7 da mañá mirando para o sur, a Xúpiter a unha distancia media de 149598770 km (1 U.A.). que estará a 5,065 U.A. Imos calcular o seu tamaño aparente en segundos de arco e dános 1919,99 segundos de arco. Imaxina que estás en Marte. ¿Cada canto tempo Exemplo 2: A lúa máis grande do 2007 será o 26 de outubro.Este día coinciden o perixeo máis próximo á Terra, a só 356770 km, e lúa chea (o apoxeo máis afastado será o 9 de novembro e a Lúa estará a 406672 km).

EFEMÉRIDES Mercurio. O mellor momento para intentar velo a simple vista é a finais de maio e principios de xuño ó oeste despois de poñerse o Sol (2 de xuño estarán en liña de abaixo a arriba e de dereita a esquerda: Mercurio, Venus e Saturno e igualmente espazados uns 22º)

Neste apartado requírense uns coñecementos mínimos de 4º de ESO

O tamaño aparente dos astros mídense en segundos de arco (toda a circunferencia dividida en 360º, cada grao dividido en 60 minutos e cada minuto dividido en 60 segundos).

Páxina 11

pasan Fobos e Deimos? ¿que tamaño aparente teñen? (Axúdate cos tamaños aparentes de astros que coñezas) Podes continuar viaxe a Xúpiter e aterrar nunha das súas lúas ¿Que tamaño aparente ten Xúpiter ? ¿e o Sol?

Lei de Bode (ou Titus-Bode) Fíxate na seguinte serie: 0, 3, 6, 12, 24, 48, 96, 192, 384 Súmalle 4 e obterás: 4, 7, 10, 16, 28, 52, 100, 196, 388 Divide todo por 10 e terás, aproximadamente, as distancias planetarias en UA (permite predicir a existencia do cinturón de asteroides a 2,8 UA , pero falla en Neptuno que está a 30 UA de tódolos xeitos na época só se coñecían os planetas ata Saturno). Non hai explicación científica (especúlase que pode ser debido á nube de materia que deu lugar á formación dos planetas). Hai regras semellantes para os satélites dos grandes planetas. Por exemplo se sumas 7 en vez de 4 (á serie: 0, 3, 6, 12, 24 ) e divides por 10 tes as distancias aproximadas dos 5 satélites principais de Urano tomando como patrón a distancia de Ariel Observa agora nesta outra serie: 0.5, 1, 2, 4 Súmalle 0.5 e obterás: 1, 1.5, 2.5, 4.5 Se colles as distancias dos satélites galileanos a Xúpiter e divides as distancias entre a distancia, así obtés:1, 1.6, 2.5 e 4.5.

Venus estará no ceo da tarde ata o verán que deixará de verse e ira pasando ó ceo da mañá. Marte terá o seu mellor momento para o Nadal (está en oposición o 25 de decembro), estará iluminado ó 100% e máis próximo á Terra. Xúpiter está en oposición o 6 de xuño e é visible case todo ano. Está a comezos de ano pola mañá ó nacente, cada vez nace antes ata o 6 de xuño que nace coa posta de sol e deixará de verse á tardiña, ó oes te, despois da posta de sol a come zos de novembro. Saturno empeza nacendo a comezos de ano a iso das 22h, está en oposición o 11 de febreiro e deixa de verse, en conxunción (moi xuntiños) con Venus (o 1 de xullo están a menos dun grao) alá para o verán. Urano está en oposición o 10 de setembro e é unha boa época para intentar velo con prismáticos.

Choivas de estrelas no 2007 Choivas de estrelas nas que non interfirirá a Lúa para velas Nome - Radiante/dirección - Noite do máximo* - Meteoros/hora Líridas - Lyra (e) - 22 Abr -10-20 Perseidas - Perseus (NE) -13 Ago-60 Orionidas - Orion (SE) - 22 Out -10/15 Leónidas - Leo (e) -18 Nov -10 Gemínidas - Géminis (s) -14 Dec - 75

Cada planeta grande ten a súa “Lei “ cos satélites grandes. Podes intentalo ti con Saturno. Tarefa para os de 2ºde Bacharelato en métodos estatísticos, co Excel, facer 4 gráficos de dispersión (un para cada táboa) e agregarlle a líña de tendencia expoñencial para distancias (ó astro central) de: planetas, satélites galileanos, principais satélites de Saturno e Urano

* O día referenciado corresponde á segunda metade da noite, exemplo a noite do 21 ó 22 de abril aparece como 22 abril ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

O Provisional

Páxina 12

30 marzo 2007

FOTOS 75 ANIVERSARIO 7 5 A MS07

Nos tres números de O Provisional que publicaremos ao longo do 2007, incluiremos dúas páxinas de fotos do album do centro como homaxe ás persoas que teñen traballado no mesmo nos 75 anos de historia, porque para nós, o importante son as persoas

220132

PROFESORES DE F.P. DE TODA GALICIA no primeiro curso impartido fóra de Madrid polo Instituto de Ciencias da Educación da Universidade Politécnica. Xullo de 1974

50 47 4644 41 38 36 32 31 28 27 58 56 55 53 25 54 5251 4948 57 34 39 45 43 40 35 33 4 6 42 2 30 29 26 24 7 9 10 1 3

5

8

11

13 14 16 18 15 17 19

20 21 2223

12 1-Padre Basilio, Profesor de Relixión de Monforte 23-Gianonatti, profesor en Lugo 45-Vicente Breijo Rodríguez, profesor de Delinación en Ferrol 6-Antonio López Gato, Profesor de Tecnoloxía do Metal no IES de Someso 7-Vicente Balseiro Castro (Colosía), prof. en Madrid 8-Enrique Fernández Canosa, profesor de Tecnoloxía de Automoción no IES Daviña Rei 9101112-Fina Roca Díaz, profesora de Lingua Castelá e Literatura 1314-Fidel Vizoso Núñez, profesor de Electricidade na Coruña 15-Luís Mel Galocha, profesor de Tecnoloxía 1617-Ramón Isaach Martínez, profesor de Delinación 18-José Manuel Juncal López, Profesor de Matemáticas en Lanzarote 19-Pablo Mariano Mateo Choa, Profesor do Metal 20-Pablo, profesor de Física en Monforte - Inspector xubilado 21-Xosé Manuel Cociña Regal, profesor de Electricidade en activo 22-Ramón Barro Gómez, profesor de Tecnoloxía Eléctrica, falecido

23-Francisco Fernández Murias, profesor de Debuxo 242526-Nemesio Rodríguez Rodríguez, Director do IES O Centiño de Foz 27-José Ramos Fernández, profesor do Metal 2829-José Solla Díaz, profesor de Debuxo no IES Politécnico de Lugo 3031-Jesús Núñez, Director do IES Daviña Rei de Monforte, falecido 32-Manuel Álvarez Otero, profesor do Metal 33-Generoso Martínez Míguez, profesor do Metal 3435363738-Justo Moirón, profesor de Lengua, Director do IES Vilar Ponte 39-Sr. Bernal, Director do ICE da Univ. Complutense 40-Ángel Rodríguez Vázquez, profesor de Tecnoloxía do Metal - Director da Escola de Mestría 414243444546474849-Vila Freijomil 505152-Manuel Emilio Rey Fernández, profesor no Politécnico de Vigo 53-Juan Luís Otero Fernández, profesor do Taller de Madeira, falecido 545556-Francisco Fernández Campo, profesor de Electricidade, falecido 5758-

30 marzo 2007

O Provisional

Páxina 13

Grupo de alumnos de ESO tomando o bocadillo á hora do recreo. O servizo de tentempé foi implantado no curso 98-99 e permite aos alumnos tomar un bric de leite subvencionado

Última promoción de Mestres Industriais (1973-78) con algúns profesores do centro. Foto tomada nunha cena de confraternidade, o 20 de marzo de 1993.

Sesión de traballo durante as "II Xornadas Informativas e de Orientación". Día 26 de maio de 1997 Á esquerda está Félix García Sevillano, Secretario da APA, logo Asunción Juíz Vázquez (orientadora), a continuación Luís Manuel Álvarez Martínez (Inspector) e Xosé Rodríguez Costa, Director do Colexio Santa Rita de Galdo.

7 5 A MS07

220132

A profesora de Francés, Marilúz Poch Villar, acompañando aos alumnos do IES María Sarmiento nun dos intercambios realizados co Lycée Bossuet de Lannion

Páxina 14

O Provisional

OS MEUS HEROES OLÍMPICOS: MARK SPITZ Por Mariluz Fdez. Díaz

¿Cantas medallas fan falla para que te consideren un/unha “superdeportista”? Supoño que con unha ou dúas chega. Pero, ¿cantas farían falla para ser unha “lenda”?. Aquí xa teño dúbidas, Jesse Owens (do que xa falamos) gañou unhas cuantas e dende logo é unha lenda. O deportista do que vos vou falar gañou nunhas olimpíadas unhas poucas máis que Owens.

Mark Spitz (Febreiro, 1950) cáseque aprendeu a nadar antes que a andar. Ós oito anos xa competía, e ós doce adestraba unha media de seis horas ó día (¡seis horas!). O seu pai quería crear un “gañador”, non un nadador (parece que só lle importaban as vitorias), e de feito, cóntase que nunca o felicitou por un segundo posto. Supoño que por iso Mark non foi precisamente un dos rapaces máis “populares”. Algúns o considerabano un tanto arrogante (claro que cun pai así, ata ten un pase...). Pero non imos a falar da persoa, primeiro, porque non teño o pracer de coñecela e segundo porque a súa figura como deportista é absolutamente impresionante e fóra de toda dúbida. Comprobado o seu talento para a natación andou dun lado para outro buscando ós mellores clubs, ou deberíamos dicir, ós mellores adestradores. Así perfeccionou a súa técnica: coa élite dos mestres de natación. As súas especialidades eran o estilo libre e a "mariposa". Deste xeito, con daezasete anos, nos xogos Panamericanos de 1967, gañou cinco medallas de ouro. O ano seguinte, nas olimpíadas de México 1968, gañou dúas de ouro, unha de prata e unha de bronce. Pero iso non ía quedar así. No ano 1972 celebráronse as olimpíadas en Munich (Alemania). Mark Spitz competiu en varias modalidades e tivo que facer, polo tanto, moitas series de clasificación (ata chegar ás finais). De feito tivo que facer “números” para cadrar o horario e participar en todas as que pretendía. En fin, que nunha soa semana Spitz gañou, unha, dúas, tres, … ¡SETE! medallas douro!. Pero é que

cada unha desas medallas supuxo un récord do mundo (¡guau!, dirían os de Microsof). Ningún nadador igualou ese récord, e sinceramente, dubido que o poidan facer. Michael Phelps, un magniífico nadador norteamericano, intentouno pero non puido conseguilo Spitz retirouse pouco despois. En Barcelona 92, reapareceu para intentar gañar outra medalla de ouro. Clasificouse para a final, pero hai cousas que nin as lendas, nin a idade poden superar. Desgraciadamente, o espectacular triunfo de Spitz en Munich foi moi amargo. Esas olimpiadas que deberían pasar á historia como as do rotundo éxito dun nadador inigualable, quedaron traxicamente marcadas polo acto terrorista dun grupo palestino denominado “Septembro negro”. Pouco despois de gañar a última medalla, o grupo de terroristas tomou como reféns a once integrantes do equipo israelita. Xamais algo semellante ocorrera nuns Xogos Olímpicos, e esperamos dende logo, que non se volva repetir. Nun intento fallido de rescate (que daría moito que falar) morreron todos os reféns, cinco dos oito terroristas e un policía. Sorprendentemente, os Xogos só se suspenderon un día e no discurso do presidente do COI non se mencionaron os atletas mortos. As bandeiras dos paises participantes ondearon a media hasta, agás as dos países árabes… Como podedes ver, política e deporte non son unha boa combinación. Así pois, incluso nunha Olimpiada, “non é ouro todo o que reloce”. O que queda claro, e sen dúbida reluce de verdade, é a fazaña extraordinaria dun nadador único:

Mark Spitz

30 marzo 2007

COMPORTAMIENTO EN CLASE Nuestro comportamiento en la clase es, en general, bastante malo; no cumplimos muchas de las normas, faltamos al respeto, muchas veces llevamo loS deberes sin hacer.. la lección sin estudiar, tiramos papeles al suelo, nos levantamos sin permiso.... Esto no sucede porque no nos den educación... muchas veces es por hacernos ver entre el resto de los compañeros. ANA CORUJO CARREIRA -2ºC Últimamente el comportamiento escolar no es bueno. A veces es porque los padres piensan que los profesores son los que tienen que educar a sus hijos y en eso se equivocan. Otra causa del mal comportamiento son las amistades. Si las amistades son problemáticas, nos meteremos en problemas. LARA BALSEIRO CANDIA Con frecuencia estamos viendo en los medios de comunicación el problema que supone el mal comportamiento de algunos alumnos en los centros escolares. Parece que se va extendiendo, pero yo creo que es una minoría la que interfiere en el normal funciaonamiento de las clases. YOLANDA Los padres siempre vienen a quejarse al colegio del comportamiento de sus hijos pero, la verdad, es que la educación y el respeto debe comenzar en la familia.. los profesores son un apoyo más en la educación. Pero hay casos de niños que en casa ya no se comportan bien y en el colegio muestran su rebeldía agrediendo, insultando a compañeros y también a los profesores... ANA ÁLVAREZ BASANTA No sé si es por la edad que tenemos, por llamar la atención, o porque portándonos mal somos más "chulitos"... lo cierto es que cada vez nos portamos peor en clase. Mi madre piensa que la obligación de educar comienza por los padres y siempre me da el mismo consejo: "no hagas a los demás lo que no quieras que te hagan a tí" AGUSTÍN GARCÍA BARES - 2ºb ¿Qué está ocurriendo actualmente en las aulas?. Los profesores se quejan de la indisciplina, de la falta de respeto, de la mala educación y tambien de la agresividad. Por poner un ejemplo, todos sabemos que no podemos llevar teléfono móvil a clase.. o por lo menos tenerlo apagado; pues es raro el día que no suena alguno interrumpiendo y molestando al profesor y a los compañeros. ANDRÉS CASABELLA PERNAS Yo pienso que pasamos más tiempo en la calle del que deberíamos. En cuanto a lo que pasa en las aulas hay mucha gente que no respeta las normas ni a los profesores, aunque pienso que ellos también deberían de respetarnos más. LORENA FERNÁNDEZ LARRAÑAGA

O Provisional

30 marzo 2007

AS NOSAS ÁRBORES:

Páxina 15

o loureiro

Como recoñecelo É unha árbore cunha altura de entre 5 e 10 metros. A súas follas son duras e coreosas, en forma de lanza, sen pelos, de cor verde escuro na face e máis craro no envés. Teñen celulas produtoras de aceite, de aí o seu forte e característico cheiro cando se rompen. A súa cortiza é pardo-verdosa na xuventide e grisácea e lisa cando a árbore se fai vella. O froito é carnoso, similar a unha oliva, de cor verde ao principio e negro na madurez. Florece dende febreiro a abril ou maio. . Nome científico: Laurus nobilis . Nome vulgar (castelán): Laurel . Nome vulgar (galego): Loureiro

Ventá aberta aos libros

Onde atopalo



Necsítase clima suave, sen sequías e sen xeadas. Podemos atopalo en barrancos sombríos e húmidos, nas orillas dos ríos e nas sebes.

curioso - O símbolo da victoria é un loureiro; con el coroábanse aos triunfadores de batallas, aos emperadores romanos e aos grandes poetas; tamén se ten utilizado nos deportes ata fai pouco. Os romanos pensaban que o loureiro non podía ser tocado polos raios; parece que Tiberio César colocábase unha coroa de loureiro cando había tormenta. Nalgunhas casas galegas aínda perdura a crenza e colócase unha póla de lo-

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

ureiro, agora bendito.

aplicacións - As súas follas empréganse como condimento na cociña para guisos e estofados. -Na menciña tradicional úsase como tónico estomacal. -Tamén ten uso ornamental

O Provisional, fai 10 anos Nº 8, publicación: 21-03-97 EDITORIAL: Máis retrasos non, por favor SUMARIO: Solicitada unha nova ampliación O convento de Valdeflores Cultura Celta A artesanía do liño Os presupostos para o ano 1997 O humor nas cantigas medievais A industra de Chavín Desenvolvemento sostido Renovación de ensinanzas

¡Boas vacacións de Semana Santa!

A NEGRURA DO MAR Nestes tempos que corren, cun barco a botar fume a unha milla da nosa ría, os máis novos podedes descubrir a través de tres historias, que se sitúan a finais do século XXI, as consecuencias que poden ter no futuro para todos nós as agresións a que estamos sometendo o noso planeta e os outros seres vivos que o habitan.Se sodes tan novos que o Prestige e o “mal das vacas tolas” non vos soan, lede A negrura do mar.

• LUAR NO INFERNO Miguel Anxo Fernández, crítico de cine e televisión de La Voz de Galicia, aventurouse con éxito na novela policial en galego con Un nicho para Marilyn, protagonizada polo detective californiano de pais galegos Frank Soutelo. Pois ben, esta vez en Luar no inferno Frank Soutelo enfróntase armado coa súa retranca galega a unha trama de tráfico de mulleres e de películas ilegais realizadas con violencia real, as snuff movies. Na compaña de Soutelo, iremos descubrindo como o Hollywood de rutilantes estrelas, limusines, alfombras vermellas e deslumbrantes festas agocha unha cara escura.

• PEDAGOGÍA DE LA CONVIVENCIA de Xesús R. Jares

Este libro xorde da experiencia persoal do autor como profesor, formador de formadores, diseñador e coordinador de programas de convivencia, investigador, mediador e pai. Ë, pois, un libro asentado na experiencia reflexiva, na investigación e na intervención en diferentes contextos educativos. Está destinado fundamentalmente ao profesorado de todos os niveis educativos e a pais e nais. Pedagogía da convivencia é unha invitación ao diálogo, á reflexión crítica e á intervención global sobre un tema esencial para o noso modelo educativo e social, ao mesmo tempo que intenta demostrar que educar para a convivencia desde criterios democráticos é posible e necesario.

O Provisional

UN SOÑO POR REALIZAR José Manuel Casabella Pigueiras

Hai moito tempo, nunha pequena fraga, vivía Lucía, unha orfiña de doce anos criada por unha familia de monxes católicos. A nena case non tiña amigos, porque moitos deles eran vendidos ou morrían de fame e de diversas enfermidades; por iso sempre quería estar soa e non agarimarse con ninguén. Sen embargo, tiña unha pomba, chamada Caramelo, que era a súa única amiga e lograba levantarlle o ánimo cando estaba triste. Un día ían a pomba e mais ela polo monte recollendo amorodos e, cando volvían á casa, encontraron no camiño un penedo xigantesco que tiña un gran burato no medio. A nena mirou por el e non viu nada, así que colleu unha pedra e tirouna dentro. Cando ía coller outra para tirala sentiu que a primeira pedra chegara ó fondo. É auga -dixo para si a nena. Non entendía nada. Como podería chegar aquilo ata alí? Mirou o penedo fixamente e deuse conta de que tiña algo escrito:

1?f??))&?ô? A nena estivo un pouco pensativa e, lentamente, deu descifrado o que poñía, así que o leu do tirón: “O pozo dos desexos”. Pero… que era iso? Ela non o sabía, de modo que non lle fixo moito caso e seguiu o seu camiño pola fraga. Cando chegou á casa preguntoulle ó monxe Abraham: - Abraham, que significa “pozo dos desexos”? El, rindo, contestoulle: -Miña filla, que pregunta é esa? Pozo dos desexos, a mesma palabra che di o que significa. É un pozo no que podes pedir un desexo lanzando unha moeda. E logo, por que o preguntas? -Non, por nada – dixo Lucía sorrinte. Pola noite non puido durmir pensando nas explicacións que lle dera Abraham sobre aquel misterioso pozo. Ó día seguinte Lucía ergueuse cedo, posto que case non durmira. Cando ía darlle de comer a Caramelo atopou á súa amiga morta no pombal. A rapaza colleuna, foi correndo para a cociña e, aproveitando a calor que desprendía a leña da lareira, púxoa a carón dela. Despois colleu un trapo e tapouna, pero a pomba xa levaba moito tempo morta e non reviviu. A nena, moi triste, levouna fóra, colleu unha pa e cavar un burato no que meteu a Caramelo. Despois sentouse ó lado da tumba da súa pequena amiga e non se moveu de alí en toda a mañá. Cando Isaac a viu preguntoulle: -Parrula, que fas aí sentada no chan coa xeada que caeu esta noite? -Morreu Caramelo – respondeu en ton baixo e chorando bágoas coma puños. -Miña parrula, Caramelo estaba moi vella. Decátate de que cha trouxeron cando xa tiñas cinco anos. Iso é lei da natureza: cando uns morren, outros nacen. De súpeto á nena veulle á cabeza a palabra pozo, marchou correndo cara ó monte e, cando estaba a uns tres pasos do pozo dos desexos, mirou se tiña algunha moeda no peto. Había algunhas, así que colleu unha, pediu o desexo, lanzouna ás profundidades do pozo e agardou a escoitar o son da auga. De alí a pouco sentiu na pola dun castiñeiro un chío coñecido. A nena non o podía crer, era ela! A ledicia non lle collía no corpo. Lucía pensou: “Se logrei que Caramelo resucitara, podería facer que as enfermidades e mortes de nenos acabaran”. Así que remexeu nos seus petos e seguiu tirando moedas ó pozo, ó tempo que desexaba salvalos. De súpeto sentiu un forte golpe na cabeza e… atopouse no chan da súa habitación. Aquilo non fora máis ca un soño, pero…quen o puidera realizar!

30 marzo 2007

eduga

O renovado formato da Revista Galega do Ensino, eduga, foi presentado no Museo Pedagóxico de Galicia o pasado 21 de febreiro; ao acto asistiron, a Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, o Delegado Provincial de Educación en Lugo, José Rábade e outras autoridades. A nova directora da revista é Gena Borrajo, que desenvolveu parte da súa carreira profesional en centros de ensino de Viveiro.

RECOÑECE ESTA AVE POLO SEU PERFÍL -solución na páxina 19-

Páxina 16

Corrección de erros No número anterior de O Provisional (publicado o 22-12-2006) aparece unha nova sobre a homemaxe popular a D. Amado Aguiar Aguiar en Viveiro; no pé da foto central sinálanse os nomes das persoas fotografadas, algúns ex-alumnos de D. Amado. Non sucede así para o caso de José Veiga Candia que debería poñer que tamén foi alumno.

iesmariasarmiento.net

¡CONÉCTATE!

30 marzo 2007

O Provisional

Cargos directivos do centro ao longo dos 75 anos(*) DIRECTORES: Eduardo Abril Carnicero Jesús Arosa Fernández José Gueimunde López Francisco Vázquez Ramudo Emilio Casariego Carballés Ángel Rodríguez Vázquez Néstor Timiraos Labaen Juan José Pardo Gato VICEDIRECTORES: Eduardo Lamela Fernández José Solla Díaz Juan Luís Otero Fernández Mª Asunción Juíz Vázquez Ramón José Isaach Martínez Mª Luz Fernández Díaz Francisco José Hermida Trastoy Gema Rena Monteserín

FUTURO IMPERFECTO

SECRETARIOS: José Gueimunde López Eduardo Lamela Amado Aguiar Aguiar Pablo Mateo Chao Ramón Barro Gómez Juán José Pardo Gato Andrés García Vázquez Pedro Rafael Rivera Fernández Luscinda López Álvarez Manuel Rey Fernández Mª José Carballo Carballeda

XEFES DE ESTUDOS (NOCTURNO E RÉXIME DE ADULTOS): Ángeles Dinora Fdez. Alonso Xosé Manuel Cociña Regal Ramón Cajoto Sante

XEFES DE ESTUDOS (DIURNO E RÉXIME ORDINARIO): Emilio Casariego Carballés Amado Aguiar Aguiar Pedro Álvarez Expósito Ramón Barro Gómez Pablo Mateo Chao Francisco Fernández Campo Jorge Santamariña García María José Riveira Villar Pilar Asensio Rodríguez

ADMINISTRADOR: Andrés García Vázquez

(*) Sinálanse só os nomes dos profesores dos que hai evidencias nos arquivos do centro da súa condición de directivos.

CARGÁCHEME SI, SI.. CARGUEIME O SISTEMA OPERATIVO? TODO... ¡ATA A PLACA BASE!

123456789012345678 123456789012345678 123456789012345678 123456789012345678 123456789012345678 123456789012345678 123456789012345678

doa sangue

Páxina 17

O Provisional no Progreso da Mariña O 21 de decembro, dentro da sección adicada aos xornais escolares de "A Mariña", publicouse no Progreso un extenso artigo sobre O Provisional con especial antención aos seus 14 anos de vida. Agradecémoslle á súa redactora, Susana López, a atención prestada e a correcta descrición que fai do noso traballo. Con ese artigo contribúese a dar a coñecer a prensa escolar na comarca e o noso xornal en particular

Premio na Lotaría O número 47.277 que se xogou no IES María Sarmiento para a Lotaría de Nadal resultou agraciado con 11 euros por cada euro xogado. En total o premio chegou aos 77.000 euros repartidos entre máis de 100 persoas que, á súa vez, o repartiron en papeletas de 5 euros.

Gañadora da cesta de Nadal Mª Dolores Leal Fernández resultou gañadora da cesta de Nadal que, cada ano, sortean os alumnos de 4º de ESO para recadar fondos para a viaxe de fin de curso. Coma sempre tamén, a cesta foi un donativo de Alfredo Almoina de "San Román do Val" S.L., concesionario do servizo de comedor escolar.

Misa en lembranza de Anido O seis de xaneiro celebrouse unha misa, na Igrexa de Santa María de Viveiro, en recordo do Profesor Juan Carlos Fernández Anido, falecido o 9 de decembro de 2006 en accidente no mar. Asistiron á mesma ex-alumnos e compañeiros do IES María Sarmiento que acompañaron aos seus familiares e amigos.

Premio para o coro do Colexio "Tobío" A Consellería de Educación premiou ao coro do colexio Lois Tobío de Viveiro, dentro do apartado de innovación educativa, con 3000 euros. O coro vén funcionando inenterrompidamente dende fai 20 anos, coordinado polo Mestre Manuel Rodríguez González. Noraboa.

O Provisional

Páxina 18

30 marzo 2007

A carón do blues

"ERIC CLAPTON" Por Javier Caneda González

A mediados dos anos sesenta, debido á súa habilidade coa guitarra e moi ó seu pesar, comezou a facerse famosa a frase “Clapton is God” (Clapton é Deus). Aínda que dita afirmación nos poida parecer esaxerada o que si é xusto recoñecer é que ó longo dos máis de corenta anos de carreira, a influencia de Eric Clapton na evolución da música rock e da figura do guitarrista foi enorme. Durante todos eses anos, cheos de altibaixos, sempre estivo a carón da música que máis paixón espertou nel dende neno: o blues Eric Patrick Clapton naceu o 30 de marzo de 1945 en Ripley (Inglaterra), fillo ilexítimo de Patricia Clapton e un soldado canadense destinado no seu país, Edward Fryer. Medrou na casa dos seus avós convencido de que eran seus pais. Non sería ata os doce anos cando a súa nai reaparecese e descubrise a verdade. Co paso dos anos amosouse cada vez máis interesado pola arte e comezou a entusiasmarse pola música despois de escoitar a xente como Elvis Presley ou Buddy Holly e sobretodo, a músicos de blues como Muddy Waters, Howlin´ Wolf ou Big Bill Broonzy. Con dezaseis anos xa adicaba a maior parte do tempo a practicar coa guitarra. Deixou os estudos para traballar na construción e cando logrou aforrar unha boa cantidade de cartos, mercou unha nova guitarra e comezou a tocar en clubs de folk polas noites. Aínda que a súa primeira banda foi The Roosters o éxito de verdade chegou cando entrou a formar parte dos Yardbirds a finais de 1963. Pouco despois, no 65, desilusionado polo camiño que estaba tomando a banda aloxándose do blues, entrou a formar parte do grupo de John Mayall, The Blues Breakers. Con eles gravou un álbum que o catapultou á fama e que aínda hoxe segue sendo un dos discos máis importantes do blues británimúsicos como Pete Townsend reapareceu nun co. Foi neste traballo onde cantou por primeira vez concerto celebrado no Rainbow Theatre de un tema en solitario, “Rambling On My Mind”. Londres. Un ano despois, deixa o grupo de John Mayall En 1974 retoma a súa carreira en solitario e forma xunto a Jack Bruce e Ginger Baker o primeicoa publicación de “461 Ocean Boulevard” ro gran grupo da historia do rock: Cream. Durante que o levaría ó máis alto das listas america3 anos e despois de varios discos e multitudinanas. A partir deste intre, a personalidade arrios concertos o grupo separouse debido ás enortística de Clapton comezou a afianzarse e mes tensións existentes entre os seus membros. deste xeito arrancou unha produción propia En 1969 iniciou un novo proxecto baixo o nome con maior ou menor fortuna con discos como de Blind Faith xunto a Steve Winwood, que tivo ”There´s One In Every Crowd”, “EC Was como único froito un disco e unha xira americana. Here”, “No Reason A comezos da década “Durante a maior parte da miña mocidade To Cry” e sobretotocou na banda de Desouben que ía vivir acurralado e que a única do “Slowhand” laney And Bonnie e graforma de sobrevivir era a dignidade, a valentía e que chegou a venvou, por fin, o seu prio orgullo. Iso foi o que descubrín na música, der 3 millóns de comeiro disco en solitario sobretodo no blues, porque no blues sempre fala pias. Eran os temtitulado “Eric Clapton”. un individuo que está só. É un home que se enEn 1970 forma outro fronta ó mundo nada máis que coa súa guitarra. pos nos que precinovo grupo que se cha- É un home que está completamente só. É un home samente o seu almou Derek And The Do- que non ten outra alternativa que cantar e tocar cume máis coñecido, “man lenta”, minos. Con eles publipara aliviar a súa dor”. cobraría maior forcou o mellor disco de za. O seu estilo, metade rock metade blues, toda a súa carreira, “Layla (And Other Assorted enganchou a milleiros de fans que esgotaban Love Songs”, adicado á muller de George Harrison as entradas de calquera cidade onde tocase. coa que casaría máis tarde. A pesar da súa calidaOs seus seguintes traballos ata comezos de musical, no seu día non tivo o éxito que se medos anos oitenta mantiveron firme o seu starecía e pasou case desapercibido. Neste ano, trala tus, pero ó longo da seguinte década foi canmorte do seu pai e do seu amigo Jimi Hendrix, Clapdo, debido en parte os seus novos problemas ton comezou unha adicción a heroína que o tivo de adicción (agora co alcohol), perdeu a refeapartado da escena musical durante dous anos. rencia que o guiara nos anos anteriores e coEn xaneiro de 1973, tras unha exitosa terapia, mezou a ser esquecido polo gran público. superou os problemas coas drogas e animado por

Non obstante, en 1989 grazas a publicación de “Journeyman” (que recibiu varios premios incluíndo o seu primeiro Grammy) e do recopilatorio “Crossroads” (que chegou a ser disco de platino) a figura de Clapton conseguiu voltar á dos mellores tempos. Cando todo semellaba ir ben, de novo cruzaríase a traxedia no seu camiño en 1991, cando o seu fillo de tan só catro anos morre tras caer ó baleiro dende unha fiestra dun rañaceos de Nueva York. Un ano despois, gravou un concerto acústico para a cadea de televisión MTV que se publicou en agosto baixo o título “Unplugged” e que contén éxitos como “Tears In Heaven”, adicada ó seu fillo recentemente falecido. Este álbum gañou 6 Grammy e vendeu máis de 10 millóns de copias en todo o mundo, converténdose no seu traballo de maior éxito comercial. En setembro de 1994 publica “From The Cradle”, o seu primeiro disco completo de blues. Este traballo foi outro éxito rotundo e valeulle para gañar un novo premio Grammy e vender máis de 3 millóns de copias, só nos Estados Unidos, converténdose no disco de blues máis vendido da historia. Despois da publicación doutros dous recopilatorios da súa mellor etapa nos anos setenta (“Crossroads 2” e “Blues”) voltou de novo as súas raíces cando, no 2000, conseguiu cumprir un dos seus soños: gravar xunto a B.B. King. O disco levou por título “Riding With The King”. Recentemente, no 2004, publicou un novo disco de blues esta vez homenaxeando a un dos seus ídolos, Robert Johnson, “Me And Mr. Johnson”, que tería unha secuela posterior en forma de cd e dvd titulado “Sessions For Robert J.”. A carreira de Clapton segue o seu curso. Unha carreira na que o sentimento blues sempre estivo e estará presente como parte da súa personalidade.

DISCOGRAFÍA SELECCIONADA:

-John Mayall´s Blues Breakers With Eric Clapton -Layla (And Other Assorted Love Songs) -Slowhand -Just One Night -Unplugged -From The Cradle -Crossroads 2: Live In The Seventies -Blues -Riding With The King -Sessions For Robert J.

30 marzo 2007

O Provisional

Páxina 19

Berlingo Start

O Provisional Rúa: Misericordia, 58 27850 - VIVEIRO (Lugo) Teléf.: 982.56.04.49 - Fax: 982.56.23.06 ¡novo! Móbil 606.54.11.55 E-mail: [email protected] http://www.iesmariasarmiento.net Impreso, en papel reciclado, nos talleres de PUBLILAR - Magazos - Viveiro Depósito Legal: LU-402-94 Viveiro, 30 de marzo de 2007 ANO XIV, NÚMERO 38 TIRADA 900 EXEMPLARES DISTRIBUCIÓN GRATUÍTA a alumnos e profesores: 820 exemplares, por correo a antigos profesores, institucións, centros e medios de comunicación: 80 SUBVENCIONA: EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO IES MARÍA SARMIENTO

Os alumnos de segundo curso do Ciclo Medio de "Electromecánica do Vehículo" presentaron aos seus compañeiros un vehículo ao que lle fixeron unha instalación completa cos últimos equipamentos en materia de son, no módulo de Sistemas de Seguridade e Confortabilidade. Aproveitando o último día, antes das vacacións de Nadal, expuñeron os detalles técnicos aos asistentes ao acto que tivo lugar no recinto escolar ao pé dos talleres de Automoción. Na foto vemos aos autores materiais di proxecto; de esquerda a dereita están: Marcos Jesús Abad Solloso, Ángel Alemparte Pernas, David Painceira, Carlos Noguerol e, agachado, Adrián Fraga Pérez. No momento de efectuar a fotografía non estaba presente Rubén Fernández Rodríguez que tamén participou no traballo.

Concurso Literario Tralo fallo dos premios correspondentes ao PRIMEIRO CONCURSO LITERARIO organizado dende a Biblioteca do IES María Sarmiento, o xurado proclamou os seguintes gañadores: -Na categoría de poesía, o 1º premio foi para Pablo Escourido Vieites de 4º de ESOA, coa poesía "Esperándote". O segundo e terceiro premios leváronos Daniel Díaz e Almudena Fernández Larrañaga, respectivamente. -No apartado de relato curto, o gañador foi Daniel Díaz Dovale de 4º de ESO-B, co título "Soy el más triste de los condenados". O 2º premio foi para Sandra García Mariña e o 3º para Laura Crego Río.

Os accésit, nas diferentes categorías, foron acadados por Judith Iglesias Dovale, Rosa Marcos Fernández, Néfer Toledano da Silva, Bruno Teixeira López, Leticia González Quelle e Borja Conde Pernas.

comparte saúde

COLABORAN NESTE NÚMERO

ALUMNOS: Ana Corujo Carreira, Noelia Sánchez Berdeal, Lara Balseiro, Ana Álvarez, Agustín García, Andrés Casabella, Lorena Fernández, Javier Díaz Gómez, José Manuel Casabella Pigueiras EX-ALUMNOS: Martín Martínez, Carmen Infante Cal PROFESORES: Xosé Cabana Cabana, Teresa Escudero Martínez, María Guerreiro Muñóz, Montse Seco, Mariluz Fdez. Díaz Ana Rodríguez Ramos, Mariña Gueimunde PROFESORES DOUTROS CENTROS: Cándido Dacosta Lago PERSOAL NON DOCENTE: Javier Caneda COORDINACIÓN E MAQUETACIÓN: Néstor Timiraos Labaen

7 5 A MS07

220132

SOLUCIÓN (vén da páxina 12): Nome científico phalacrocorax carbo Nome galego CORMORÁN MARIÑO GRANDE Nome castelán: CORMORÁN GRANDE

Páxina 20

O Provisional

30 marzo 2007

UN TEMA VITAL

Dispor de PC e conexión a internet no domicilio do alumno Aínda que as T.I.C. (Tecnoloxías de Información e Comunicación), abarcan un conxunto moi amplo de métodos e técnicas asociadas á tecnoloxía informática e ás telecomunicacións, así como á capacidade de xerar información, almacenándoa e distribuíndoa, ímonos referir neste breve artigo soamente á importancia de que os todos os alumnos dispoñan, na súa casa, dun ordenador con conexión a internet. Moitas veces damos por feito que, na sociedade actual, e no contexto económico que nos toca vivir, este obxectivo de acceso xa está logrado. Non obstante, os profesores notamos como aínda hai moitísimos rapaces que non teñen eses recursos nos seus domicilios, impedindo así o desenvolvemento de moitas capacidades, sumamente necesarias, na chamada "sociedade da información"

O bo uso que lle podemos dar ao noso PC Resulta evidente que o ordenador persoal debe ser unha ferramenta máis de traballo á hora de progresar nos coñecementos, descartando a idea do xogo como única visión ou utilidade práctica para estes equipos. Dende unha perspectiva de espírito crítico e partindo dunhas premisas básicas, poderemos realizar moitas tarefas que permiten reforzar os coñecementos nas diferentes áreas de estudo: -Así poderemos acceder á información inmediata e actualizada, partindo eso si, dun bo nivel de lectura, seleccionado o verdadeiramente útil e contando ademais, cuns coñecementos mínimos de manexo deses equipos que se poden adquirir na ESO. -Permite comunicarnos con outros grupos e compartir información, datos, fotos, etc. -Tamén contar co ordenador na casa, pode facilitar á familia multitude de operacións básicas coma pedir vez para o médico, facer compras, ler xornais, acceder á banca electrónica... To isto dunha maneira sinxela ao alcance de todos.

Hoxe en día, os centros educativos dispoñen dos máis modernos medios de acceso ás TIC. No IES María Sarmiento resulta estratéxico este aspecto dende hai anos; así, contamos con más de 200 ordenadores conectados a internet ao servizo do alumnado

O equipo e o software En contra do que se pode pensar, hai equipos usados, ou que non son da última xeración, moi asequibles a nivel económico... dende 300 euros.. -o que sucede é que moitas veces os rapaces propoñen, e queren, o último porque así terán capacidade para desenvolver xogos, baixar películas, música, etc. -Dende o punto de vista técnico, pensado só nunha utilidade educativa, chega con moi poucos recursos. Exemplo: para maquetar este xornal O Provisional, usamos un Pentiun III antigo, disco duro de só 6Gb, e 128 de RAM... o seu valor... 200 euros ou menos; é suficientes para o obxectivo que nos propoñemos. Con todo isto, ó único que pretendemos exemplificar é que, moitas veces podemos poñer como pretexto para a súa compra a carestía do equipo, e non é certo. Ademais nas casas soe haber máis dun televisor. É cuestión de prioridades. Tamén podemos acceder para a súa compra, -se pretendemos un equipo novo-, ás

axudas que promove a Consellería de Educacuión para a súa adquisición. Hai pouco vén de resolverse unha convocatoria que subvencianaba esta acción con 300 euros, pero xa hai outra en marcha; é sinxelo de solicitar, requiírese só unha certificación do Centro e unha certificación bancaria. -No referente aos programas necesarios para traballar, existen iniciativas de software sen propietario (libre) coma a que o Goberno Galego, a través da Consellaría de Innovación e Industria, desexa implantar maioritariamente coa pretensión de achegar a sociedade da información e o coñecemento á sociedade galega, potenciando o uso de aplicacións informáticas na nosa lingua. Moitas veces sucede que no rural non existe, nin a posibilidade de conectarse mediante banda ancha (ADSL). No período preelectoral que vivimos é unha boa ocasión para que reclamamenos dos candidatos a inclusión nos seus programs electorais da instalación de redes inalámbricas con acceso wifi gratuíto.

Para saber máis sobre as axudas para compra de ordenador e software sen propietario ver - http://www.edu.xunta.es/axudasord - Orde do 23 de febreiro de 2007 pola que se establecen as bases que rexen as axudas ao alumnado de niveis non universitarios para a adquisición dun ordenador persoal (D.O.G. do 2 de marzo de 2007) - http://www.mancomun.org

Related Documents

O Provisional 38
December 2019 17
O Provisional 8
December 2019 8
O Provisional 21
December 2019 12
O Provisional 10
December 2019 16
O Provisional 41
December 2019 17
O Provisional 20
December 2019 15