Nos #5 - 10/01/2009

  • Uploaded by: Xornal de Galicia
  • 0
  • 0
  • April 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Nos #5 - 10/01/2009 as PDF for free.

More details

  • Words: 12,968
  • Pages: 16
ornal DE GALICIA

1 0 D E X A N E I R O D E 2 0 0 9. N Ú M E R O 5

S U PL E M E N TO D E C U LT U R A

2 XERAIS

4 A NOSA TERRA

8 ALVARELLOS

11 DO CUMIO

6 GALAXIA

10 ESPIRAL MAIOR

12 POSITIVAS

12 RINOCERONTE 13 IR INDO

14 KALANDRAKA

15 OQO

NAS LIBRERÍAS EN 2009 >> Adiantamos as obras que xa teñen en preparación as editoriais galegas para o ano que comeza

2 nós I xerais

XORNAL DE GALICIA 10 de xaneiro de 2009

O interior das instalacións da editorial Xerais en Vigo, no seu trinta aniversario

Xerais cumpre 30 anos en pé

A editorial ten pensado celebrar o seu aniversario superando, a vindeira primavera, os 3.000 títulos editados, todo un récord para a unha das grandes protagonistas da historia da literatura galega. unha REPORTAxE de manuel bragado FOTO sonia daponte o plan editorial 2009 de Xerais estará marcado polo trinta aniversario de creación do noso proxecto e por superar, a inicios da vindeira primavera, os tres mil títulos editados. Prevemos publicar unhas 120 novidades, cifra moi semellante á dos últimos anos, no abano diversificado das nosas coleccións que abranguen, entre outras, a literatura, a lexicografía, a edición infantil e xuvenil, a edición de libro de texto e materiais curriculares, as guías de viaxe e os libros de agasallo. Dentro das novidades literarias atenderemos con especial dedicación as tres efemérides de 2009: o ‘Ano Cabanillas’, con motivo do cincuenta aniversario do pasamento do poeta da raza; o centenario do nacemento de Aquilino Iglesia Alvariño, coa edición de O po dos días, un estudo de Luciano Rodríguez sobre a peripecia biográfica e

a obra do poeta de Seivane; e o día das letras galegas dedicado a Ramón Piñeiro. Na colección Narrativa, continuaremos coa nosa aposta por autores propios e por traducións da maior actualidade. Así, ademais da novela de François Bégaudeau, A clase, ao longo deste mes de xaneiro aparecerán outras dúas: Riofero de Xelís de Toro e Monbars o Exterminador de Hixinio Puentes, último Premio de Narrativa galego portuguesa ‘Eixo Atlántico’. No mes de marzo publicaremos o libro de relatos Para seguir bailando de Francisco Fernández Naval, O ‘Salto do can, primeira novela do ferrolán Jorge Llorca e A vida do outro de Carlos G. Reigosa, a novela gañadora do Premio Torrente Ballester de Narrativa 2009. Durante o segundo semestre, ademais da publicación do ‘Premio Xerais de Novela

A gran novidade de 2009 producirase en outubro coa edición do gran diccionario xerais da lingua que conta con máis de cen mil entradas

2009’, que será fallado o 6 de xuño, editaremos outras dúas traducións. Na colección de Poesía, as primeiras novidades serán TSC. Diario da noite de Alfonso Armada e o máis recente poemario de Estíbaliz Espinosa. Na Biblitoeca Dramática Galega, que coeditamos con AGADIC, publicaremos Sempre quixen bailar un tango, Premio Álvaro Cunqueiro 2008 e Pingueiras e carteiras, ‘Premio Manuel María de literatura dramática infantil 2008’, as dúas pezas da autoría de Teresa González Costa. Na colección de Ensaio publicaremos en marzo o segundo tomo de O segundo sexo de Simone de Beauvoir e do Tractatus Logico-Philosophicus de L. Wittgenstein. Xa no segundo semestre, e tamén dentro desta colección, publicarase a primeira das obras comprometidas de Georges Steiner, Georges Steiner no The

New Yorker. Os dous primeiros títulos da colección ‘Crónica’ serán Reconquista. Vigo en armas de Eduardo Rolland e Conversas con Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. A edición no mes de outubro do Gran Dicionario Xerais da Lingua, obra de cen mil entradas, será a novidade máis importante do ano. Na edición infantil, no primeiro trimestre destacarán O sombreiro chichiriteiro, o primeiro libro para nenos de Manuel Rivas, ilustrado por Patricia Castelao. Na primeira metade do ano tamén aparecerán, fóra de colección, tres importantes obras: Cabalos de vento, curros de pedra do fotógrafo Xavier Teniente e do pintor Xosé Guillermo, Pedras de Compostela de Aldonza das Pratarías e A semente da nación soñada, o libro de homenaxe a Xosé L. Méndez Ferrín, coeditado con Sotelo Blanco. l

XORNAL DE GALICIA 10 DE XANEIRO DE 2009

XERAIS I NÓS 3

Grandes títulos de onte e de hoxe

Clásicos internacionais coma O segundo sexo de Simone de Beauvoir ou clásicos nacionais como Manuel Rivas conforman gran parte da oferta de Xerais para este 2009, no que, por suposto, tamén haberá espazo para as grandes promesas da literatura galega

Monbars o Exterminador

O sombreiro chichiriteiro

A clase, do libro á pantalla grande

AUTOR: MANNUEL RIVAS ILUSTRACIÓNS: PATRICIA CASTELAO

AUTOR: HIXINIO PUENTES EDITA: XERAIS

  novela de Hixinio Puentes é outra das grandes apostas de Xerais para 2009. Puentes é autor dos seguintes libros: A do vinteún –novela histórica sobre o mundo da armada entre 1800 e 1810– O bandido Casanova –Premio de Novela Pastor Díaz en 1999–. Tamén é autor de investigacións coma Vos náufragos da Galicia Norte –traballo de investigación publicado en 2003–, A Galerna de 1961 –Traballo de Investigación pesqueira– e Matrícula de Bilbao –Investigación sobre grandes buques bilbaínos–.Hixinio Puentes ten publicados ademais diversos artigos en en revistas. 

G. Reigosa relata A vida do outro AUTOR: CARLOS G. REIGOSA EDITA: XERAIS

   , última novela de Carlos G. Reigosa, foi galardoada co Premio Torrente Ballester de 2009. Reigosa é un autor de longo recorrido e unha das firmas máis representativas de Xerais. Licenciado en Ciencias da Información e Ciencias Políticas. Xornalista e membro do Consello Asesor da Fundación do Español Urxente (Fundeu). Como narrador ten publicadas as seguintes obras: Crime en Compostela (Xerais 1984, 2005), Premio Xerais de novela; A guerra do tabaco (Xerais 1996, 2005), novela; Narcos (Xerais 2000), novela, Premio Benito Soto 2001; Intramundi (Xerais 2002), novela e Pepa A Loba (Xerais 2006), novela. Ademais publicou varios libros de ensaio xornalístico. 

  entrou na literatura infantil con Un sombreiro chichiriteiro. Libro que fala da amizade e nt re u n ne no e u n sombreiro co trasfondo dun tema tan actual coma o do cambio climático. Esta é unha das grandes apostas de Xerais para este ano, reivindicar a Rivas como un gran autor de literatura infantil, unha das súas facetas máis descoñecidas. Rivas deuse a coñecer como cof undador do grupo poético Loia, e foi preci sa mente na revista do mesmo nome onde apareceron as súas primeiras composicións alo por 1977. D o u s a no s d e s p oi s , publicou o seu primeiro libro de poemas co que se revelou como unha voz única dentro da lírica galega. Foi o poema Pra escarnho e mal dizer o que lle sirveu para gañar o Premio de Poesía Nova de O Facho, o primeiro dunha longa serie de galardóns que leva xa na súa carreira como escritor, narrador e poeta, resaltando entre todos eles a concesión no ano 1996 do Premio Nacional de Narrativa por ¿Que me queres, amor?, unha obra escrita orixinalmente en lingua galega. Xa fora finalista oito anos antes no mesmo

certame pola novela Un millón de vacas. A lg u n ha s da s súa s obras máis coñecidas foron adaptadas ao cine, entre elas A lingua das bolboretas, dirixida por José Luis Cuerda, ou O lapis do carpinteiro, diri x ida por Antón Reixa. Manuel Rivas dedicou tamén gran parte da súa carreira ao xornalismo. Foi e é colaborador en diversos medios de comunicación galegos e estataiscomo El País, El Ideal Gallego, ou La Voz de Galicia. Tamén colaborou nas revistas Teima e Man Común. D e s envol veu u n h a sección fixa no s em a n a r io A No s a Terra. Foi redactor xefe da sección de cultura do efémero semanario El Globo e chegou a ser o director da revista cultural Luzes de Galiza. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o noso escritor con máis proxección internacional. A súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés. 

A reaparición de O segundo sexo AUTOR: SIMONE DE BEAUVOIR EDITA: XERAIS

  que nos acompañan moito tempo despois de telos lido. Que abren camiños para o pensamento permanecendo vivos anos despois da súa primeira publicación. Este é o caso de O segundo sexo de Simone de Beauvoir, un texto imprescindible para os movementos de mulleres e a primeira reflexión fi losófica de calado sobre a construción da condición feminina. Unha obra, publicada en 1949, que abriu debates sobre temas claves para o avance das mulleres,

nomeadamente, a importancia da súa independencia económica, a redefinición do seu papel nas familias e na sociedade, a deconstrución da mística da maternidade ou a capacidade de decisión das mulleres sobre o seu propio corpo e da súa vida. Deixou claro que a bioloxía non é o destino, e que a evolución é posible e necesaria. Isto deulles azos a moitas xeracións de mulleres para buscar novas formas de participar e transformar a vida social e política. 

AUTOR: FRANÇOIS BÉGAUDEAU EDITA: XERAIS

A CLASE aparecerá nas librarías, coincidindo coa estrea en España, o 16 de xaneiro, da película homónima de Laurent Cantet, premiada coa Palma de Ouro de Cannes 2008 e candidata francesa aos Oscar. Cunha escrita discontinua, case coma se fose unha cámara, François Bégaudeau constrúe en A clase unha crónica persoal do seu labor como profesor. 

Fernández Paz e a Lúa de Senegal AUTOR: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ EDITA: XERAIS

 Fernández Paz e a súa novela Lúa de Senegal será outra das grandes apostas de Xerais para 2009. Fernández Paz é autor dunha longa obra narrativa escrita en lingua galega. O seu labor creativo céntrase no eido da narrativa infantil e xuvenil onde é considerado unha das figuras máis relevantes. Publicou as seguintes obras dirixidas a este tipo de público: Rapazas (Xerais 1993, 2003), contos; Trece anos de Branca (1994), novela, Premio EDEBÉ de literatura Xuvenil 1994; Cartas de inverno (Xerais 1995), novela, Premio Rañolas ao mellor libro xuvenil de 1995; Amor dos quince anos, Marilyn (Xerais 1995, 2001), contos; O centro do labirinto (Xerais 1997), novela; Aire negro (Xerais 2000), novela. Tamén é autor de Noite de voraces sombras (Xerais 2002), novela; Tres pasos polo misterio (Xerais 2004), relatos, Corredores de sombra (Xerais 2006), novela e O único que queda é o amor publicada tamén por Xerais no ano 2007. 

4 nós I a nosa terra

XORNAL DE GALICIA 10 de xaneiro de 2009

Unha imaxe da obra Os pasos pola vida dun comunista galego. Perfecto Lorenzo Calviño que amosa aos presos políticos galegos do penal de Burgo, entre deles Lorenzo, terceiro pola esquerda, arriba

Memoria e compromiso

A editorial A Nosa Terra prepara un catálogo moi centrado nos feitos históricos, con varias obras sobre as loitas napoleónicas en Galicia, en pleno bicentenario, e atenderá ao conflicto da Guerra Civil, sen descoidar a lectura para os máis nenos Texto A nosa terra. FOTO: cedida por Perfecto lorenzo Unha oferta variada de novidades é a escolla que Edicións A Nosa Terra está a punto de lanzar ás librarías. As súas coleccións ofrecerán novos títulos nestes próximos días cubrindo un amplo abano temático tanto na edición para o público xeral como na oferta de libros pensados especialmente para os primeiros lectores. O tempo da loita dos galegos contra a invasión napoleónica vese reflectido en senllas entregas literarias. A primeira delas, pasa pola recuperación do esquecido texto do escritor pontevedrés Xesús Muruais, un xornalista de sona no século XIX que, baixo o título de Xan Loureiro recrea un violento episodio do enfrontamento contra os franceses nas terras da comarca do Lérez. Outra obra sobre a mesma temática, moi axeitada agora que se está a cumprir o bicentenario das guerras de

Napoleón,será ofrecida por man do escritor Adolfo Caamaño. Desde a acreditada colección O Fardel da Memoria tres novos libros complementarán os estudos sobre a nosa máis recente historia contemporánea. represión e franquismo O mundo da represión franquista, a resistencia antifranquista e a guerrilla retornarán con forza e vigor renovado desde tres achegas de enorme interese que agrupan aspectos aínda inéditos da loita dos galegos contra a ditadura de Franco. Unha investigación colectiva sobre a sonada e frustrada fuga do Portiño, a vida e traxectoria resistente do activista comunista galego Perfecto Lorenzo Calviño, ben coñecido na Coruña como rexente do Café Rococó en plena Praza de María Pita. Tamén a definitiva aproximación á

a colección ‘froita do tempo’ achegará unha escolma de relatos do portugués Viale Moutinho, que recrean a guerra do 36 en españa

figura lendaria dun guerrilleiro ao que nunca cazou Franco. Trátase dunha extensa biografía de O Curuxás preparada por Carlos Parrado logo de anos de investigación e documentación con persoas achegadas á súa actividade na guerrilla. da guerra ao exilio Tamén na creación literaria, e dentro da colección Froita do Tempo que no seu día acollera o excepcional libro de Antón Patiño titulado Memoria de Ferro, aparecerá un escollido fato de relatos do escritor portugués José Viale Moutinho, nos que se recrean con mestría historias nas que a guerra do 36 enche cruzadas e sensacións vitais. Agrupados baixo o título de Negra sombra!, Negra sombra!, a narración que precisamente dálle título é un intenso relato no que un falanxista e paseador quere, ao final da súa vida, confesar os

seus crimes. As vidas e os días do exilio galego en América chegan igualmente ao catálogo para 2009 de Edicións A Nosa Terra cunha achega á difusa, tráxica e pouco coñecida vida do lugués José Almoina Mateos que chegará ás librarías unida á testemuña literaria e memorística da súa dona, tamén exiliada, Pilar Fidalgo. Un tomo, profusamente ilustrado, preparado polo investigador especialista na diáspora galega, Xurxo Martínez Crespo. Pola súa parte, os lectores máis novos coñeceran novas historias dos xa míticos Os Bolechas e gozarán coa aparición dunha nova serie de libros creados por Ana Pillado baixo o título de Lila Lilaina que coñecerá tres primeiras entregas. E para o coñecemento do noso corpo e tamén do de animais como o can, o golfiño ou o tiburón, seis libros álbum compostos en tres dimensións. l

XORNAL DE GALICIA 10 DE XANEIRO DE 2009

A NOSA TERRA I NÓS 5

O catálogo de A Nosa Terra

A autobiografía do combatente comunista lalinense Plácido Lorenzo é un dos lanzamentos estrela que a editorial prepara para o vindeiro ano. Tamén lanzará dúas novas coleccións infantís, unha área na que está ben representada polos clásicos ‘Os Bolechas’ , obra de Pepe Carreiro.

Xan Loureiro contra Napoleón

Perfecto Lorenzo. Os pasos pola vida dun comunista galego

Colección Descubre, para ver e aprender

AUTOR: PERFECTO LORENZO AUTOBIOGRAFÍA

AUTOR: XESÚS MURUAIS A GUERRA EN PONTEVEDRA

E  as tropas napoleónicas francesas entran en Galiza e toman varias das súas ciades e vilas. Pontevedra é ocupada e desde o primeiro momento a resistencia comeza a actuar contra os invasores da Terra. En pleno conflicto bélico, o amor ten espazo e lugar entre desencontros e dúbidas de lealtade. Unha moza galega desata á atención dun alto oficial francés nos peores días da invasión. Amores fronteirizos co imposíbel e desenvoltos, en paralelo, ás crueldades propias dunha guerra de guerrillas aberta para loitar por conceptos de liberdade moi afastados entre si.

Tres novos Contos de Lila Lilaina

P L C, (Alemparte, L a l í n , 1918) f o i u n activista do comunismo na maior parte da súa vida. Mobilizado polos m i l ita res golpistas na Ga l i z a de 193 6 , deser tou en ca nto puido e cruzou para a zona republicana, para sumarse ao exército leal ao goberno democrático, de lado a lado das liñas da fronte de batalla. Formado militarmente como of ic i a l, t r a s a derrota da Repúlbica en 1939 viuse internado en diversos campos de concentración no sur de Francia. Tras a invasión na zi deste país participou na resistencia e, logo da liberación, foi dos que se sumou á operación guerrilleira do Val de Arán. En 1945 volve a entrar en España co fin de integrarse na guerrilla. Detido pola garda civil en Asturias é condenado a 30 anos de prisión. Cumpriría catorce deles en distintos penais e cadeas franquistas.

A fuxida do Portiño. Historia, memoria e vítimas AUTORES: VARIOS SINDICALISMO CORUÑÉS

AUTOR: ANA PILLADO VEGA NON TODO FOI SEMPRE COMO É

T  dunha nova colección pola que lendo e gozando dos libros os nenos descobren que non todo foi como sempre é ou non seguirá sempre como sempre foi. Tampouco como nos transmitiron ou como acontecía nos tempos idos. Ana Pillado Vega asina este traballo, que comeza cos títulos Azul e Rosa, Roi quere ser mamá e Carlota e o Príncipe azul. 

F do traballo dun grupo integrado por Carlos Velasco, Dion í sio Perei ra, Emi lio Grandío e E l i s e o Fe r n á nd e z , é esa investigación que circula por dou s c a m i ño s b en di ferenciados: un deles é afondar no feito concreto da tentativa da fuxida dos sindicalistas polo Portiño coruñés e o sanguento proceso represivo desatado. O outro, encamiñado en presentar unha visión xeral do momento histórico no que se produciron os feitos, a forte represión posterior ao golpe militar de 1936 en Galiza, e sobre todo na Coruña, unha das cidades que ofreceron resistencia. 

Per fec to L oren zo redactou dura nte anos a súas memorias de guerra, ex ilio, resistencia, guerrilla e cárcere. Uns escritos, de enorme valor histórico, que recollen a súa activa traxectoria de militancia antifranquista, xusto até o día no que recobra, en 1959, a liberdade condicional. Estes escritos foron agora recompilados en forma de libro por iniciativa de A Nosa Te r r a , q u e b u s c a saldar unha débeda coa memoria histórica. As palabras de Perfecto Lorenzo constrúen un relato en primeira persoa dunha época nunca suficientemente analizada, ademáis dun testemuño da loita dos combatentes galegos no bando republicano, moitos máis dos que deixan entrever as crónicas, aínda que tivesen que comezar no lado contrario da fronte por circunstancias históricas. 

AUTOR: VARIOS PARA OS MÁIS NENOS

U    pensados para unha aprendizaxe visual, baseada na lectura. Veranse animais ou seres humanos en tres dimensións. Métete baixo a súa pel e descubrirás aos seres vivos por dentro. Os primeiros títulos son Descubre o tiranosauro, Descubre o tiburón, Descubre o can, Descubre a ra, Descubre o golfiño e Descubre o corpo humano. 

Negra sombra! Negra sombra!

José Almoina-Pilar Fidalgo. Exilio, Dominicana-México AUTOR: XURXO M. CRESPO EMIGRACIÓN

R, masón e diplomático en Francia cando a guerra do 36, José Almoina Mateos remataría os seus día asasinado polos esbirros do ditador da República Dominicana, Rafael Leónidas Trujillo, cando se atopaba refuxiado en México. A vida dun intelectual galego que uniu o seu destino ao dunha muller que deixou escrita unha testemuña contundente sobre a vida e sufrimentos das reclusas nos cárceres franquistas, recompilado e relat ado pola man do experto na diáspora Xurxo Martínez Crespo. 

AUTOR: JOSÉ VIALE MOUTINHO ESCOLMA DE RELATOS

E    comeza cunha historia que chega setenta e catro anos despois de terse producido. Un asasino tenta, xa enfermo terminal, desfacerse dos seus horríbeis crimes. Xuntárase nos días do 36 cos falanxistas de Tui e con eles participou en mortes e torturas sobre homes e mulleres de esquerdas. Unha confesión que chega por carta para abrir de novo a H istoria. Via le Mout i n ho (Funchal, Illa de Madeira, 1945) narrador, poeta e ensaista, publicadoen Portugal e varios países europeos e Brasil. Destacou cos títulos: No País da Lágrimas e Romanceiro da Terra. 

6 nós I xerais

XORNAL DE GALICIA 10 de xaneiro de 2009

Anagrama nunha das portas da sede da editorial

O ano Ramón Piñeiro

Galaxia prepara un completo programa para dar a coñecer a figura de quen foi un dos fundadores da editora en 1950. A anualidade comezou en realidade o pasado 19 de decembro coa lectura da tese de doutoramento do profesor Miguel Barros sobre o intelectual galeguista. a real academia galega dedica o próximo Día das Letras Galegas a unha das figuras máis sobranceiras do galeguismo. Acaba o ano dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez e comeza o ano Ramón Piñeiro (Láncara, 1915-Santiago, 1990). Galaxia prepara un programa moi completo para dar a coñecer a figura de quen foi, en 1950, un dos fundadores da editora. En realidade, o Ano Ramón Piñeiro empezou o pasado día 19 de decembro coa lectura da tese de doutoramento do profesor Miguel Barros sobre o intelectual galeguista. Contra a primavera, Galaxia publicará en dous volumes este traballo, que mereceu a máxima calificación dun tribunal presidido por Ramón Villares Paz na facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela.A editorial iniciou hai uns meses a publicación da obra completa de Piñeiro, na

colección literaria Bibliotecas de Autor, onde xa saíron dous títulos: A linguaxe e as linguas, cun limiar de Henrique Monteagudo, e Olladas de futuro (cubertas do pintor Leopoldo Novoa). De seguido apartecerá a Filosofía da saudade, Galicia e un ou dous volumes de textos inéditos, resgatados por Miguel Barros na súa investigación. Son aforismos, apuntes, ensaios breves, que sen dúbida deitarán nova luz sobre o pensamento do escritor homenaxeado. Xesús Alonso Montero prepara tamén un libro sobre Ramón Piñeiro, que sairá no primeiro trimestre deste ano, así como o traballo que realizou a profesora Beatriz García Rurnes para a colección Letras Galegas, dirixida preferentemente ao público escolar. Na colección Memoria publicaremos a correspondencia entre Ramón Piñeiro e Basilio Losada,

a real academia das letras dedica o próximo 17 de maio a xosé maría álvarez blázquez

catedrático de Lingua Galega e Portuguesa da Universidade Central de Barcelona, un dos seus discípulos predilectos. Máis de mil páxinas de correspondencia cruzada, a través da cal poderemos seguir a crónica comentada dun período especialmente importante para a nosa cultura. A edición está a cargo da profesora Helena González, e a edición realizarase en colaboración coa Dirección Xeral de Creacion e Difusión Cultural da Xunta de Galicia. Á par destas publicacións, Merlín Comunicación prepara unha exposición itinerante sobre a figura de Ramón Piñeiro, que titularemos “Olladas de futuro” e que percorrerá as principais cidades de Galicia, como fixemos coa figura de Xosé María Álvarez Blázquez. O evento está previsto que sexa en Compostela contra finais do mes de abril comezos de maio. Os comisarios serán Henrique Monteagudo

e Carlos Fernández. A revista Grial prepara tamén un monográfico dedicado a Piñeiro, con colaboracións de Damián Villalaín, Justo Beramendi, Carlos Fernández, Henrique Monteagudo, Miguel Barros e Ramón Villares, entre outros. Tamén haberá un Caderno Extraordinario especial, con fotografías, biografía e documentos, similar aos que no seu día publicamos sobre Xohán Ledo, Xosé María Álvarez Blázquez ou Álvaro Cunqueiro. No catálogo hai unha ampla mostra da produción do intelectual galeguista e dalgunhas mostras da correspoón Piñeiro ten no prelo a edición das cartas entre o noso autor e Filgueira Valverde. Son algunhas novidades para un ano especialmente interesante e que deberá dar pé á reflexión sobre unha das figuras que máis influiron no discurso da Galicia contemporánea. n

XORNAL DE GALICIA 10 DE XANEIRO DE 2009

XERAIS I NÓS 7

Unha constelación de novidades

A Editorial Galaxia ofrecerá, entre os meses de xaneiro e febreiro,obras de autores tan variados como Doris Lessing, Xosé Manuel G. Trigo, Orhan Pamuk, Haruki Muirakami, Paulino Vázquez, Beatriz García Turnes e Miguel Barros. POR PAULO P. FOTOS: SONIA DAPENA, XdG, CREATIVE COMMONS, GALAXIA.

Unha obra clave da literatura inglesa

Camiño telúrico ao pasado

A modernidade fai o tempo abstracto

AUTOR: XOSÉ MANUEL G. TRIGO EDITA: GALAXIA

AUTOR: DORIS LESSING EDITA: XERAIS

C   máis representativa de Doris Lessing, O caderno dourado narra a historia dunha escritora divorciada e comunista confesa, Anna Woolf, que verque as súas inquedanzas, frustracións e vivencias nuns cadernos que se van convertendo no testemuño das súas experiencias. Esta novela da escritora inglesa está considerado como un dos símbolos do feminismo, á vez que fai de crónica dunha xeración. Con case 800 páxinas, a novela –con numerosas referencias autobiográficas– está considerada como unha das obras clave á hora de entender a literatura inglesa contemporánea. 

Unha historia de amor trepidante

   conflúen nun libro que convoca momentos íntimos do pasado co obxectivo de celebrar o máis inmediato presente. Via xes do corazón desplégase paseniño ata conformar un diario escrito con sutil ironía, sen deixar de sentir moi de preto a respiración da xente, dos que nos consolan de vivir. Xosé manuel Trigo percorre o ano 2007 nun xogo de espellos no que o presente abeira e garda o pasado, onde nada é como debera ser, ou como desexamos que sexa. E ese pasado é o que dá sentido ao presente. Aprender o oficio de vivir é aprender a contar a propia historia, e facelo botando man da levidade, insinuándose, axudándose da complicidade do lector para escanciar deste xeito a esencia da vida. Ronseis autónomos van dando paso a buques espectrais da memoria. E é que estas viaxes, estas inmersións nos recantos alonxados do espírito, son as voltas do tempo, as reviravoltas da experiencia, un diálogo que se estabrece entre o que o escritor é e o que aconteceu entre ese mesmo autor e a terra. Estamos ante un anaco de pracer telúrico, manchamos as nosas unllas

coa terra negra de onde unha vez partimos, a onde voltaremos. Faise realidade unha conversa coas árbores, coa xente, co mundo. Quen escribe fala, e mediante a escrita acada outra dimensión. Xosé manuel G. Trigo consegue que a traveso dasverbasagromenvoces do pasado, perdidas, aboiando en océanos de esquecemento. Foler pa s de terra f re s c a me s t ú r a n s e con cacofonías que sobrecollen os corazóns dos homes puros. As voces que a el lle falaron retornan con forza, ora audibles, ora non. E logo o negror. E os sons mergúllanse nese océano escuro. A lixeireza, un elemento sempre presente, faise abafante, elegantemente abafante. E pesada, ata caer no medio do peito dos homes que unha vez soñaron espertos e miraron a lúa unha noite. Ata caer e facer que todo sentido deixe de importar, ata que a carencia de calquera tipo de sentido se convirta nun remorso silandeiro. Unha entrega total é o que demostra, de novo, o escritor moañés, autor dos libros de relatos Extintos básicos (1988) e Reserva especial (2004). 

Corredor de maratón literario AUTOR: HARUKI MURAKAMI EDITORA: GALAXIA

AUTOR: ORHAN PAMUK EDITA: GALAXIA

             próx imas datas O museo da inocencia, do prem io Nobel de literat ura Ohran Pamu k, considerado o nexo intelectual entre Oriente e Occidente. A novela explora a trepidante historia de amor que nace entre Kemal, un rico estambulí, e Füsun, una parente lonxana sen recursos. 

   do escritor xaponés Haruki Murakami verá a luz gracias a Galaxia en vindeiras datas. De que estou a falar cando falo de correr estará nas rúas en marzo, cadrando coa visita do autor de Kafka na beira a Santiago. Nesta ocasión, Murakami estabrece un símil entre os deportes e a escrita, comparando a súa experiencia como corredor de maratóns co oficio de escribir. Trátase dun dos poucos autores xaponeses que conseguiron dar o gran

salto, converténdose nun autor de prestixio. De autor de culto, Murakami converteuse nun prestixioso literato, tanto dentro como fóra do seu país. Tras acadar un éxito masivo con Tokyo Blues, o autor nipón residiu en Europa e os estados Unidos. A mediados dos anos 90, Haruki Murakami voltou a Xapón.Traduciu ao xaponés a John Irving, Carver ou Salinger. A súa obra, persoal e subxugante, está considerada unha referencia ineludible da literatura mundial. 

AUTOR: PAULINO VÁZQUEZ EDITA: GALAXIA

P  dá conta dunha perda, a terrible escisión provocada pola modernidade ao considerar o tempo abstracto. En Arcaico o tempo de respira, xorde unha queixa relixiosa para reclamar o vencello emocional entre o home e a terra. O poema é así o espazo escollido do elexíaco, como un movemento intraducible, á procura sun sentimento intraducible. 

Dúas olladas sobre Ramón Piñeiro

AUTOR: BEATRIZ GARCÍA TURNES / MIGUEL BARROS EDITA: GALAXIA

D  editoriais sobre o galeguista Ramón Piñeiro verán a luz entre os meses de xaneiro e febreiro. Beatriz García Turnes achega unha biografía cunha escolma de textos do filósofo da saudade en Vida e obra de Ramón Piñeiro, dentro da colección Letras Galegas. Ramón Piñeiro, o Partido Galeguista e a revisión do nacionalismo, de Miguel Barros, ofrece unha reflexión do papel que xogou o político lugués cando fixo mudar a estratexia galeguista, reducíndoa cara a intervención cultural, entre outros aspectos. Esta segunda publicación estará disponible na Colección Ensaio. 

8 nós I alvarellos editora

XORNAL DE GALICIA 10 de xaneiro de 2009

Na inauguración da Editorial Alvarellos en Lugo, en 1977, o fundador, Enrique Alvarellos Iglesias, deu un discurso que escoitou con atención o seu fillo, Henrique Alvarellos, actual director da firma

Contra a crise, máis lectura

No seu 32 aniversario Alvarellos Editora ampliará a súa moi premiada colección A Lume Lento, recompilará os traballos de Álvaro Cunqueiro en prensa e revistas, así como a figura de Mariano Tudela, e apostará forte polos ensaios. texto de henrique alvarellos. FOTO cedida por alvarellos editora Seica en tempos de crise as empresas culturais resistimos mellor. Non sei. O 2009 dirá. Nós, en calquera caso, temos preparado unha serie de novidades editoriais que agora o suplemento cultural deste Xornal de Galicia nos pide relatar, e que consideramos poden ser unha boa beberaxe para o noso espíritu. Viaxaremos pola gastronomía “secreta” de Galicia, volveremos ao rescate de Cunqueiro, recuperaremos a figura de Mariano Tudela, publicaremos a pecular “crónica de nós” do poeta e xornalista Manuel Vidal Villaverde, e presentaremos a edición facsimilar do histórico ensaio de Alonso Montero Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas. A gastronomía secreta Na colección A Lume Lento, na que viron a luz 45 recetas con ortigas (dobre Premio Gourmand 2006) e 50 recetas

con filloas (Premio Álvaro Cunqueiro 2008)aparecerán, este ano, dous tomos da Guía secreta da gastronomía galega. Os correspondentes a Ourense, a cargo do chef e profesor Martín Álvarez, e Lugo, realizado polo xornalista e gastrónomo Miguel Vila. Trátase de recoller e difundir, antes de que se perdan totalmente, todos eses costumes culinarios, curiosidades gastronómicas locais ou receitas esquecidas que forman parte da historia do noso pobo. Cunqueiro e tudela Álvaro Cunqueiro deixou escritos, e espallados en libros e publicacións periódicas, numerosos textos sobre a cidade de Lugo. A doutora en Filoloxía Galega Chus Nogueira prepara unha edición destes traballos que integrarán un novo tomo da Colección Rescate. 2009 tamén será o ano da recuperación dun

o poeta, novelista e xornalista coruñés mariano tudela terá este ano unha merecida recompilación da súa obra

escritor e xornalista esquecido e brillante, o coruñés Mariano Tudela (1925-2001). A súa filla Olivia Rodríguez ultima unha escolma de textos de seu pai que se acompañarán de material moi descoñecido e varios inéditos. Creación e ensaios Este mes de xaneiro presentaremos a edición facsimilar dun dos libros fundacionais da sociolingüística galega, a Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas que Xesús Alonso Montero publicara orixinalmente en 1974. Agora o autor acompaña esta reedición cun novo e amplo estudo introdutorio. En colaboración co Consorcio de Santiago editamos La vida musical en Santiago a finales del siglo XIX, de María García Caballero, un tema e unha época moi pouco estudados ata hoxe. E no apartado da creación

destaca a persoal “crónica de nós” que desenvolverá Manuel Vidal Villaverde no seu libro Galería de sombras e, por último, a prosa poética que destila Xosé Manuel Lobato a medio camiño entre a denuncia social e a recreación na paisaxe. Estas son, en fin, as nosas receitas contra a crise. Alvarellos Editora cumpre 32 anos este mes de maio. Somos, por esta cronoloxía e teimuda resistencia, unha das editorias más veteranas de Galicia. Agora estamos a piques de inaugurar sede en Santiago. Abriremos nunha nova rúa ao suroeste da cidade, unha rúa que semella ter sido bautizada para acoller nela unha empresa editorial. Chámase a Rúa de Sempre en Galiza, e nós “viviremos” nela, nunha praciña que dá para o número 4, e dende aquí, a partir do verán, compartiremos soños, lectura e optimismo. l

XORNAL DE GALICIA 10 DE XANEIRO DE 2009

ALVARELLOS EDITORA I NÓS 9

O próximo de Alvarellos Editora

Unha das publicacións estrelas deste comezo de ano será a reedición do ensaio de Xesús Alonso Montero, ‘Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas’, unha obra de 1974, fundadora dos estudos de sociolingüística en Galicia, e unha referencia aínda hoxe en día

A gastronomía secreta de Galicia

Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas

Galería de sombras, así eramos entón

AUTOR: XESÚS ALONSO MONTERO O BERCE DA SOCIOLINGÜÍSTICA

AUTOR: MARTÍN ÁLVAREZ E MIGUEL VILA CIDADE A CIDADE

O  L serán as primeiras cidades en desvelar a súa Gastronomía secreta na nova liña da colección A Lume Lento, que Alvarellos Editora lanzou en 2007 para celebrar o seu 30 aniversario e que colleitou unha chea de premios. A forma de comer en Ourense será diseccionada polo chef e profesor Martín Álvarez, –na foto, e xa autor do primeiro libro da colección, 45 receitas con ortigas–, mentres que o gastrónomo Miguel Vila adentrarase nas murallas de Lugo. Os dous buscarán e difundirán os hábitos curiosos e os recetarios enterrados pola modernidade antes de que se perdan totalmente. 

Música en Santiago no século XIX

U   fundamentais de Xesús Alonso Montero goza agora dunha edición facsimilar que inclúe un novo e amplo estudo introdutorio por parte do autor. Na obra, trinta e seis intelectuais extragalegos responden ao profesor sobre a crise das linguas e as culturas minoritarias. Participan Alfonso Sastre, Ricard Salvat, Dámaso Alonso, Gonzalo Anaya, Pedro Altares, Carlos Barral, Antonio Tovar ou Salvador Espriu. Unha obra fundacional para a sociolingüística no noso país, esta Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas foi publicada por vez primeira en 1974 e hai ben anos que desapareceu das librarías. Era preciso recuperala. A edición que presenta Alvarellos procura imitar o aspecto da que veu a luz hai 35 anos, e inclúe un novo e amplo estudo a cargo do seu autor, Xesús Alonso Montero,que pon ao día parte das súas conclusións daqueles tempos axitados. Trinta e seis intelectuais extragalegos (entre os que se atopan Alfonso Sastre, Ricard Salvat, Dámaso

Alonso, Gonzalo Anaya, Pedro Altares, Carlos Barral, Antonio Tovar ou Salvador Espriu) responden ao profesor Alonso Montero, que os “provoca a emitir unha opinión” sobre a crise das linguas e as culturas minoritarias nun mundo no que a globalización exergaba xa os seus primeiros e demoledores trazos. Sorprenderá hoxe a v i xencia de moitos dos argumentos aquí recollidos, nunha época na que os estudos sobre a lingua galega comezaban a saír do letargo no que os sumira a ditadura. O autor abre varios debates: democracia e linguas nacionais, lingua e escola, lingua e medios de comu n icación, uniformidade lingüística e unidade política, lingua como fenómeno de clase. No limiar a esta nova edición, afirma: “Á altura da miña vida non é desaxeitado reeditar páxinas escritas ou suscitadas en momentos politicamente tan difíciles. os lletraferits de hoxe, os letraferidos novos, disporán, cando menos, dun documento histórico”. 

Mariano Tudela, figura esquecida

AUTOR: MANUEL VIDAL VILLAVERDE CRÓNICA DE NÓS

O    Manuel Vidal Villaverde, autor de Contra o tempo, recompila nesta obra varios artigos publicados no xornal Galicia Hoxe, nos que fai un repaso á cultura galega e aos seus persoeiros a través das súas propias vivencias, unha “crónica de nós” que constrúe o relato dunha época a través das palabras e a lucidez de quen está acostumado a contar historias. 

Un novo rescate de Álvaro Cunqueiro

AUTOR: ÁLVARO CUNQUEIRO EDITORA: CHUS NOGUEIRA

AUTOR: MARIANO TUDELA / EDITORA: OLIVIA RODRÍGUEZ

AUTOR: MARÍA GARCÍA CABALLERO ESTUDO SOBRE UN TEMA IGNORADO

U  ao panorama mu sic a l na C ompostela da transición entre o século XIX e o XX, unha época que nunca aparece entre as primeiras á hora de estudar os logros históricos e artísticos de Galicia, pero que deu uns froitos de calidade. María García Caballero fai neste libro un intento por lembrar que a capital de Galicia xa atraía a cultura antes dos nosos días. 

  (A Coruña, 1925 - 2001) é un dos autores galegos contemporáneos máis esquecidos. En 1948 publicou o libro de relatos La linterna mágica, seguido pouco tempo despois por Torerillo de Invierno. En 1954, en colaboración con Urbano Lugrís, González Garcés, Paco Tudela e outros mozos, participa na creación da revista Atlántida. En total foi autor de dez novelas, catro libros de contos e vinte biografías de recreación literaria. Elaborou guións de todo tipo de temáticas para radio, cine e televisión e traballou como

xornalista en varias cabeceiras, comezando por El Progreso. E así a todo, a única lembranza que a sociedade tivo del nos últimos anos foi por ser acusado de traballar como negro de Camilo José Cela, un escritor co que mantivo unha relación persoal. Para paliar esta inxustiza, Alvarellos Editora faille un sitio ao coruñés na súa Colección Rescate, destinada a recuperar textos e autores inmerecidamente olvidados. Nesta escolma, a filla de Tudela, Olivia Rodríguez, reúne varios textos representativos da mellor obra do coruñés. 

C é un autor ben coñecido polos seus relatos curtos e mesmo polas súas incursións teatrais, pero tamén deixou escritos, espallados en libros e publicacións periódicas, numerosos textos sobre a cidade de Lugo,moipróximaaoseuMondoñedo natal. A doutora en Filoloxía Galega Chus Nogueira recompilou boa parte desas referencias lucenses para construír un libro sobre a visión que Cunqueiro tiña da capital provincial. Este traballo encaixa na Colección Rescates, de Alvarellos Editora, adicada precisamente a salvar a textos e autores caídos no esquecemento por algún motivo alleo á súa calidade. 

10 NÓS IXERAIS

XORNAL DE GALICIA 10 DE XANEIRO DE 2009

Espiral Maior, sempre coa poesía

A editorial reafirma a súa infinita confianza no xénero poético. Desta vez, entre as súas novidades non dubida en sacar á luz escollas en mapuche ou destacadas obras na esquecida lingua guaraní. O novo libro de Xavier Seoane achega tamén novas letras da xenial e prolífica Xeración dos 80.

Açougue, unha crónica existencial

Do ventre da cóbrega

Lúa de xemas frías, a escolla mapuche

A FUGACIDADE DA VIDA AUTOR: XAVIER SEOANE

UNHA EXPERIENCIA PROPIA E DE PAÍS AUTOR: AMADEU BAPTISTA

E  foi premiado na XVI edición do Premio de Poesía Espiral Maior. Amadeu Baptista, un dos meirandes poetas portugueses contemporá neos, aborda en Açougue unha crónica existencial do individuo afectado pola súa propia experiencia e polo propio devir histórico de Portugal. A orixinal estrutura do conxunto poético, baseado na vida do propio autor, e a súa capacidade de evocación do pasado, tratándose dunha crónica persoal que ao mesmo tempo elabora unha crónica colectiva histórica do pobo portugués e da cultura portuguesa. Esto foi o que valorou o xurado do premio. 

Libro de Alicia, a vida dunha muller NA LEMBRANZA DUNHA BISAVOA AUTOR: OLALLA COCIÑA

E  recibiu hai ben pouco o VIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. A súa autora, Olalla Cociña, obtivo este recoñecemento cun libro que está inspirado na lembranza da súa bisavoa e que recrea a vida dunha muller da aldea, solteira, que decidiu, nas primeiras décadas do século XX, criar a súa filla en solitario no canto de emigrar para reunirse en América co pai da nena, tal e como facían boa parte das familias da época. O libro, segundo a autora, nace da función que ten a palabra como “poder sanador”. Porque Olalla tiña algo pendente coa súa bisavoa, que morreu hai tan só uns anos. Ademais, e malia partir dunha anécdota biográfica, é unha obra moi fabulada e unha homenaxe ás mulleres daquela xeración. 

   fundamentais da Xeración dos 80, Xavier Seoane, ofrece un novo título que afonda no ton elexíaco. O que fora Premio de Poesía Espiral maior no ano 2006 agasállanos con Do ventre da cóbrega, que somete o poema en todo momento a unha alta esixencia forma e expresiva, servindo este como reflexión radical sobre a condición efémera do ser humano. O autor coruñés saca á rúa unha nova obra dentro do ámbito da creación literaria, deixando por un momento á marxe as súas achegas á arte e á animación cultural. O escritor, nado en 1954 na cidade herculina, pode presumir dunha extensa obra poética que iniciou xa en 1981 con Os bosques escindidos. Logo, obtivo o Premio Cidade da Coruña por Iniciación e regreso (1985) e o Premio Esquío por Umbral da vida, publicado en 1996. Fundador e animador da revista Luzes de Galiza é, xunto a Antón Patiño, autor do manifesto Hai suficiente infinito (Xerais, 1999) e do ensaio Atravesar o espello (Xerais, 1999), vizosa reflexión sobre os libros e a lectura. Como narrador publicou a novela Ábrelle a porta ao mar (2000).

Xavier Seoane é unha das iconas máis importantes da Xeración dos 80, un grupo de literatos, con sobrada experiencia na vida, pero tamén na l i ng ua xe, e que produciron e producen obras tan importantes como ignoradas en moitos casos. Seguen os membros desta xeración a escribir poesías maduras que non fan máis que reafirmar a súa calidade literaria e que axuda a valorar e situar a poesía galega nun lugar no mundo. O que merece. Unha poesía galega ao nivel deste Do ventre da cóbrega, a nova obra de Xavier Seoane, un autor valente que non dubida en cualificar a poesía galega como p o u c o “a r r i s c a d a” e con “ dema siados tópicos”. El, que si arrisca, introdúcenos nesta obra poemas altamente expresivos nos que fai unha reflexión fonda e acentudada arredor da condición do ser humano e a súa condición fuxidía. Unha obra que pretende conmover o lector e convidar a unha reflexión sosegada do público. A elexía, en estado puro, cun tema –a fugacidade da vida– que representa o paradigma dun estilo habitual en Seoane. 

Quero colo, un debut poético O espírito da letra ou a e un refuxio con agarimo análise filosófica da literatura UN BERRO DE CARIÑO AUTOR: CARLOS FONTES

  inicia unha etapa exquisita na poesía de Carlos Fontes (Vilaboa, 1958), un libro inspirado e sutil dun xornalista e poeta que agarra a palabra con determinación. “Fun domesticado na rebeldía”, di un dos poemas, que define claramente as intencións deste home, que publica esta a súa primeira peza de poesía, un debut exemplar. Fontes achéganos en Quero colo un sinxelo berro de cariño e lecer que nos acariña coa sinceridade de alguén que considera a poesía o seu refuxio ante as inxustizas que acontecen no mundo. A violencia que nos desborda fóra das nosas casas é enfrontada polo poeta só co sentimento das súas letras e coa sinceridade dun poemario que só busca tranquilidade ante o caos. 

NOVE ACHEGA FILOSÓFICAS AUTOR: LUÍS G. SOTO

   reúne nove achegas filosóficas ao traballo literario de Henrich Heine, Eduardo Pondal, Ramón Otero Pedrayo, Ricardo Carvalho Calero, Uxío Novoneyra, Luísa Villalta e César Antonio Molina. Desde e coa filosofía como base, examínanse os seus textos, a súa letra mesma aberta ao espírito, así como ao sentido e á acción. Nas súas páxinas, o autor analiza o aspecto filosófico das obras destes autores, a maioría deles galegos, aínda que con matices tan diferenciados que cada unha das súas análises semella independente. Luís G. Soto atrévese cun ensaio que pretende ir máis alá da visión literaria dun textos, da súa época ou do seu contexto. 

UNHA ANTOLOXÍA MAPUCHE EDICIÓN DE: XULIO L. VALCÁRCEL

E  publicada en edición bilingüe (en galego) da poesía mapuche contemporánea resume obras de cinco autores: Elicura Chihuailaf, Graciela Huinao, César Millahueique, María Teresa Panchillo e Paulo Huirimilla. Esta poesía adoita referirse á contorna natural e ás crenzas dunha cultura indígena cun alto valor literario. 

Xestado na palabra, a poesía guaraní PARA UNHA LINGUA ESQUECIDA AUTOR: SUSY DELGADO

A    guaraní presenta unha obra nunha lingua falada por sete millóns de persoas, pero que carecía de calquera prestixio social no Paraguai. Susy Delgado, responsable da Dirección de Promoción das Linguas do novo goberno do país suramericano, pode presumir xa dunha obra que é a primeira traducida do guaraní en España. E será en galego. “Este interese internacional é un importante mecanismo para prestixiar o noso idioma”, dicía hai tan só unhas semanas nunha visita a Galicia. “É un logro importantísimo porque cada vez que me traducen un texto poético, teño unha sensación que me custa explicar, un sentimento moi grande”, di unha autora que coñece de sobra a discriminación dunha lingua que deu importantes escritores que amosaron nas súas obras o mesmo camiño: a busca da palabra, do seu idioma e o amor pola contorna. Susy Delgado non é máis que un exemplo desta procura constante. 

XORNAL DE GALICIA 10 DE XANEIRO DE 2009

EDICIÓNS DO CUMIO I NÓS 11

Cumio opta polo misterio e o cómic

A editorial presenta a primeira tradución ao galego dun cómic manga. Trátase do texto da autora Kazuma KodaKa sobre a historia dun reencontro entre dous amigos. Ademais, reedita o seu clásico atlas de Galicia e do mundo e retoma a súa pescuda das fervenzas galegas con ‘Fervenzas de Lugo e Ourense’. Cerra a escolma unha colección de Allan Poe.

Bícame profe, manga en galego

AUTOR: KAZUMA KODAKA EDITA: EDICIÓNS DO CUMIO

O   traducido ao galego, Bícame profe, da autora xaponesa Kazuma Kodaka, é unha obra do subxenero iaoi. Logo de que no 2008, se editaran os volumes I e II, baixo a traducción de María Pampín, Edicións do Cumio lanza ao mercado este cómic publicado en tomos en

Fervenzas de Lugo e Ourense, unha guía

AUTOR: R. MUÑIZ E M. FONTENLA EDITA: EDICIÓNS DO CUMIO

I ,de flora e fauna é o que recolle o libro Fervenzas de Lugo e Ourense, de Ramón Muñiz de las Cuevas e Margarita Fontenla Cotelo. O texto verá a luz como parte da colección de Guías, que Cumio ven editando dende hai anos e que xa recolle información sobre as fervenzas da Coruña e Pontevedra. Fervenzas de Lugo e Ourense é un libro único e imprescindible

branco e negro, formato de peto e lectura oriental. Bícame profe narra as vivencias de Atsushi Arisawa, un mozo que decide matricularse no instituto Jyogaoka, porque é alí onde traballa como enfermeiro Masami Shibata, o seu amor platónico da infancia. Porén, cando por fi n o atopa, descobre que a súa personalidade xa non é a mesma, cambiou por completo nos anos que leva sen velo. Esta serie de tebeos baséase no humor e o enredo, pero, sobre todo na caracterización e a presentación dos distintos personaxes. Ademais, é apta para todos os públicos, ao contrario que outras obras da mesma autora, onde as relacióna sexuais tempestuosas están moi presentes. Kazuma Kodaka cultiva principalmente o manga yaoi e é coñecida en España pola súa serie, Kizuna, que foi editada por Norma Editorial. 

para poder chegar a eses sitios de Galicia que son únicos. Neste caso, a nova edición fai un percorrido por 32 fervenzas das provincias interiores galegas. Un total de 17 ubicadas na zona de Lugo e 15 na de Ourense. Ademais, inclúe amplos datos xeográficos e información cultural, así como datos de flora e fauna. Os textos están acompañados de fermosas fotografías nas que se pode apreciar as impresionantes fervenzas, tanto pola súa altura como pola forza das augas. Este libro anima a deixarse levar polos sentidos para imaxinarse preto dos surcos que debuxa a auga preto das rochas para dar conta da historia xeolóxica de Galicia. Ademais, o texto ven a incidir na importancia de consevar estes entorno naturais, tan galegos, nunha época na que os cambios nas paisaxes rurais están a alterar aqueles contornos tan tradicionais e propios dunha terra como Galicia na que a auga estivo presente sempre no paisaxe. 

Nova colección de Edgar Allan Poe AUTOR: EDGAR ALLAN POE EDITA: EDICIÓNS DO CUMIO

L  e de intriga é a aposta para o 2009 de edicións do Cumio, que reeditará a Biblioteca Poe. Son catro títulos clásicos do escritor norteamericano, coñecidos por sucesivas xeneracións e que, porén, non perden actualidade. Susana Rodríguez Barcia é a tradutora dos textos aos que poñen imaxe as ilustracións do baionés Fino Lorenzo. Un deles é Os crimes da rúa Morgue, o primeiro misterio dos que aparecen en Habitacción Pechada, no que o lector é convidado a explicar un enigma aparentemente sen solución. Logo do brutal asasinato de dúas mulleres, nai e filla, nun apartamento dun-

Atlas de Galicia e do mundo, reedición AUTOR: ARMANDO QUINTERO EDITA: EDICIÓNS DO CUMIO

C  , Cumio editará a versión actualizada do seu Atlas de Galicia e do Mundo, unha peza de consulta esencial para escolares e adultos e un título mítico deta casa. Con novos gráficos, mapas e contidos actualizados, amais de correccións dos datos desfasados, o texto voltará ás librerías do país nesta nova reedición. A singularidade de Galicia como territorio con personalidade propia, obriga a facer unha lectura do mundo visto dende nós, partindo do círculo concéntrico máis inmediato e evoluíndo ata o máis distante, en concordancia co que sinalan os currículos vixentes no ensino obrigatorio para os escolares de todas as idades. Outro dos atractivos do texto é a forma na que todos os territorios

ha populosa rúa parisina, as primeiras pesquisas non dan ningún bo resultado, o que deixa en evidencia a impotencia da policía para esclarecer os feitos ata que o señor Dupin, un detective afeccionado, se fai cargo. O escaravello de ouro, que amosa a destreza de Poe para describir excéntricos personaxes e A verdade sobre o caso do señor

Valdemar, que conta a historia dun home tuberculoso, ingresado nun hospital e a piques de morrer, son outros dos textos. Finalmente, en Sombra , Allan Poe atrapa ao lector dende a primeira l iña g ra zas ao seu prodixioso modo de comunicar o misterio e a intriga do que o mestre de Baltimore facía gala alá polo ano 1835. 

limítrofes de Galicia quedan perfectamente reflectidos A posición xeográfica do país queda perfectamente a vista neste texto no que Portugal e España van da man, sen que ningún dos territorios acade máis peso, dando sobre eles unha información completa. Pechamos a cartografía con gráficas, mapas temáticos, diagramas e unha novidosa presentación da información relativa ao universo e ao mundo, procurando un deseño atractivo e claridade na exposición dos contidos. Do mesmo xeito, O Atlas de Galicia e do mundo é, pola súa condición de Atlas galego unha referencia única para coñecer e consultar a toponimia galega. Do mesmo xeito, os nomes dos lugares do mundo teñen nesta obra un marcado carácter de respecto coa súa propia lingua, sendo introducida a versión en galego, unicamente, cando a foi a propia tradición a que ditou un uso frecuente no noso idioma dos vocablos. 

Once +15, música e poesía AUTOR: VARIOS EDITA: EDICIÓNS DO CUMIO

U     galegos poñen música aos poemas de 11 autores clásicos e contemporáneos. Once + 15, é un disco que Cumio presenta este ano para difundir a cultura musical do país. En total , son 15 grupos que poñen voz a 11 pezas da poesía galega. Son os grupos de Anxo Rei, Ataque Escampe, David Taboada, Elanor, Fanny + Alexander, Fucoxabier, Julián Ross, Meiga do Norte, Miguel Alonso, Miguel A. Suárez, Nao, Roberto Sobrado, Snail, Xurxo Mares, Zimmer 103. Pola contra, entre os poetas figuran nomes como Darío Xohán Cabana, Antón Lopo, Manuel María, Daniel Salgado, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Antón Reixa ou Luís Pimentel. 

12 NÓS I EDICIÓNS POSITIVAS / RINOCERONTE

XORNAL DE GALICIA 10 DE XANEIRO DE 2009

Edicións Positivas aposta polos autores clásicos e pola polémica

A editorial aposta por traducir dúas obras fundamentais da literatura universal, como son o ‘Corazón’ de de Edmondo de Amicis, e a ‘Revolta Animal’ de George Orwell. Tamén sacará ‘A perspectiva dende a porta’, unha obra de Patricia Janeiro sobre o independentismo con problemas para ver a luz

Corazón, unha obra de a cabalo entre o realismo e o romantismo

Contos Xitanos, os mitos dos outros

A perspectiva dende a porta

PRIMEIRA TRADUCIÓN AO GALEGO

RELATOS POPULARES

A POLÉMICA DO INDEPENDENTISMO

AUTOR: EDMONDO DE AMICIS

TRADUCIÓN: XABIER CAMPOS

AUTOR: PATRICIA JANEIRO

C       da literatura mundial. Escrita en 1886 polo italiano Edmondo de Amicis, conta en forma de diario a historia dun neno chamado Enrique e das súas vivencias na escola, cos mestres, cos compañeiros e co mundo en xeral. Imitada mil veces despois, Cuore –no orixinal italiano–, ten unha intención moralizante e está pensada para que os mozos da época aprendan a orientarse cara ao ben, entendido como unha meta absoluta. Corazón tivo numerosas adaptacións, sendo unha das máis destacadas

A   está entre nós dende hai séculos, pero segue a ser ignorada e descoñecida. Nun intento para poñerlle remedio Edicións Positivas publica esta recompilación dos contos deste pobo traducidos por Xabier Campos. Reeditarase en 2009, esgotada a primeira edición. Son uns relatos que podemos ver a cotío, na realidade que se constrúe ao noso redor aínda que non nos decatemos, e constitúe unha proba máis do moito que o imaxinario xitano impregna noso, un mérito que nunca lles será o suficientemente recoñecido. 

U  sobre o activismo político no ámbito do independentismo galego, a miudo relacionado inxustamente co terrorismo e sempre incomprendido socialmente. Esta obra de Patricia Janeiro foi finalista do Premio Xerais 2007, e perdeu por un só voto, pero ata o de agora non lograra que vise a luz en ningunha grande editorial, un problema que a autora non tivo coa súa ópera prima, o libro xuvenil Caixa de Mistos. Edicións Positivas asumea agora o compromiso de sacar á rúa este texto, moi reclamado por algúns novos autores. 

a serie de animación aMarco, baseada no relato a Dos Apeninos aos antes, que aparece nesta obra como un texto accesorio. 

Revolta Animal, análise orwelliana

CONTRA O TOTALITARISMO AUTOR: GEORGE ORWELL

O    comezan unha sublevación contra os seus amos, e véncenos. Pero a revolución fracasará axiña ó asomaren as ansias de poder. Unha novela contra o totalitarismo, pois a “liberdade significa o dereito a dicirlle á xente o que non quere oír”. 

Rinoceronte, coa mellor literatura

‘Poesías do desamor’, ‘As leis fundamentais da estupidez humana’ e ‘O traductor cleptómano’ son os novos libros que a editorial Rinoceronte laza ao mercado apostando por autores de calidade, pouco habituais no noso contexto literario e cultural e autores recoñecidos, recentes ou inéditas en galego

Poesías do desamor, primeiros pasos

As leis fundamentais da estupidez humana

POESÍAS

ENSAIO

AUTOR: DEZSO KOSZTOLÁNYI

AUTOR: CESARE PAVESE

AUTOR: CARLO M. CIPOLLA

TRADUCTOR: JAIRO DORADO

P  desamor que segue a edición italiana de Italo Calvino, recolle todos os poemas de Pavese non comprendidos en Lavorare stanca. Acolle, pois, as quince Poesías do desamor (193438), outros poemas dos anos 1931-1940, A terra e a morte (1945-1946), dous poemas de 1946 e Virá a morte e terá os teus ollos. Deste xeito é posible seguir o desenvolvemento da poesía de Cesare Pavese dende os seus primeiros pasos. Cesare Pavese (1908-1950) foi un dos autores italianos máis importantes do século XX. Nado nunha familia pequenoburguesa de orixe labrega, tivo entre os seus mestres a Augusto Monti. Licenciouse cunha tese sobre Walt Whitman, e traduciu entre outros a Melville, Gertrude Stein, Steinbeck ou Hemingway. 

A  ... neste breve ensa io, o historiadordaeconomíaCarlo M. Cipolla desenvolve unha visión das persoas estúpidas, ás que debuxa como un grupo máis poderoso que a Mafia, o complexo industria lmilitar ou a Internacional Comunista, e que actúa coordinadamente sen precisar de regulamentos, líderes nin manifestos, movido só pola súa propia estupidez. As leis fudamentais... non é o traballo máis serio nin o que lle proporciounou máis prestixio académico ao autor, pero sen dúbida pode servir de utilidade ao lector precavido e contribuír dese xeito ao progreso do conxunto da sociedade. Carlo Maria Cipolla (1922-2000) foi un historiador italiano da economía. Nacido en Pavía, e graduado na Universidade desa mesma cidade . 

O  cleptómano, Dotado dun fino humor negro, dunha curiosa retranca e dunha forte imaxinación, os relatos de Kosztolányi chegan a ser universais partindo do loca l. Describe a vida centroeuropea de entreguerras, de burgueses e soñadores, cun filtro acedo, crítico e cruel pero tamén dun xeito atemporal, facendo das cousas máis cotiás e das historias máis incríbeis unha alegoría dos caracteres de todos os seres humanos. Os seus relatos mostran o lado máis humano pero tamén máis escuro de todos nós, de todo o que devecemos –ou tememos– ser, da deshumanización e da tenrura, dos medos, soños, aspiracións dende unha óptica fortemente surrealista. 

O tradutor cleptómano, fino humor negro

XORNAL DE GALICIA 10 DE XANEIRO DE 2009

IR INDOI NÓS 13

Ir Indo volve ao verso e afonda na retranca

A editorial viguesa retoma en 2009 a poesía galega despois de varios anos coa obra dunha escritora novel, aposta pola retranca galega cun par de libros de relatos e viñetas e pola literatura de servizos con dous manuais de consulta para a cociña, con ‘Mais alá do padal’, e de xeografía, con ‘Ríos de Galicia e augas interiores’

De vivos e de mortos, contos de galegos RELATOS CURTOS AUTOR: XULIO ALONSO PÉREZ

  enchen as páxinas desta xeitosa novela que deixa un doce cheiro a retranca galega. Algúns son contos que naceron tras observar algunhas das esceas máis cotiás da vida galega, outras das máis rocambolescas e outras son froito de conversas, relatos de trasnadas, que agromaron na rica imaxinación do autor. Entre ringleira e ringleira, o autor vai misturando realidade con fantasía, escenas cotiás con

imaxes de lenda e fantasía, todo adobado co humor de dobre sentido tan propio de Galicia. Cada un dos relatos conduce ó lector por un mar de emocións, dende as anécdotas máis divertidas e alegres, ata os momentos de maior tristeza e saudade. O estilo narrativo anima a adentrarse no mundo máxico creado por Xulio Alonso e a continuar o procedemento creativo, xa que algunhas das súas historias teñen un final aberto que convida a espallar a imaxinación e dar co peche do conto. Son breves relatos ó xeito dos artigos da prensa escrita, na que o autor se move con soltura entre columnas de opinión e repor-

Gatos, viñetas retranqueiras

ALONSO MISTURA NAS SÚAS HISTORIAS AS ESCENAS MÁIS COTIÁS COAS LENDAS DO IMAXINARIO GALEGO, SEMPRE BOTANDO MAN DA RETRANCA taxes con moito sabor literario. Xornalista e profesor numerario de Química no instituto Manuel Antonio de Vigo, Xulio Alonso é un apaixonado, non só da pluma e do papel, senón tamén da fotografía, unha arte á que se afeccionou desde moi novo. 

Pel de muller, os versos da natureza

Ríos de Galicia e augas interiores

Máis alá do padal, as boas receitas

POESÍA GALEGA

MEDIO AMBIENTE

GASTRONOMÍA

AUTOR: ASÚN ESTÉVEZ

AUTOR: ASOCIACIÓN GALEGA

AUTOR: FEDERACIÓN DE EMPRESARIOS

DE ACTIVIDADES NÁUTICAS

DE HOSTELERÍA DE OURENSE

  de consulta ten un marcado enfoque didáctico presente ó longo dos textos e das numerosas ilustracións e fotografías que inclúen as súas páxinas. O obxectivo da obra é difundir o coñecemento da Cultura Acuícola Galega, tanto no ámbito da auga doce como no da salgada. A variedade da temática é moi ampla. Contén capítulos dedicados á xeomorfoloxía dos ríos, ás actividades humanas –como os encoros, a pesca, a fauna ou a ameaza sísmica– e ó manexo da conca hidrográfica, así como á acuicultura, á contaminación e á depuración. 

  autóctono e o respecto pola vella usanza constitúen os principios esenciais desta obra distinta, desigual e dispar, que fai un interesante percorrido pola gastronomía galega. Sen pretensións de recetario de cociña ao uso, senón máis ben de transmisión de sentimentos que logran mergullar ao lector na transformación do xénero unha vez cociñado. Máis alá do padal busca facer unha adaptación fresca de pratos tradicionais. Nas mesturas de cociña, fotografía e literatura reside a beleza da obra, que acada un propósito buscado: non deixar indiferente. 

HUMOR GRÁFICO AUTOR: MONCHO BORRAJO

E    moi persoal do artista ourensán. Recentemente retirado dos escenarios, Moncho Borrajo foi aproveitando tódolos momentos libres da súa última xira teatral para facer un minucioso estudo de cada felino que topou no seu camiño, analizando os seus rasgos, as súas posturas, as actitudes. Ducias de bocetos foron enchendo as maletas e configuraron a base desta obra gráfica que prologa unha das plumas máis recoñecidas da literatura galega: Manuel Rivas. Como se fai evidente no título e na imaxe de portada, o tema central deste traballo son os felinos, protagonistas das viñetas humorísticas. O autor namorouse do minino porque “é o animal que mellor representa o concepto ácrata, de aí que poidan falar deles calquera tipo de persoa”. Este é o décimo oitavo libro publicado polo autor ourensán, o cuarto integramente en galego. De feito, como di o

propio Borrajo, “perdería moito se se traducise” porque “son chistes que foron pensados para a mentalidade galega”. Non falta retranca entre estes gatos paisanos, inspirados no estilo literario de Castelao. Boa parte das ilustracións humorísticas deste libro gardan unha crítica sutil e unha importante carga irónico-costumista. Tralos gatos retranqueiros agóchase unha ollada reprobatoria da clase política e da sociedade en xeral. Esta obra non perde nin unha gota do característico xeito de ver a vida que ten este humorista, acostumado a ver o lado divertido das escenas cotiás. 

  da editorial viguesa por unha escritora novel que presenta uns versos comprometidos e moi sentidos. Asún Estévez superou un cancro de mama e na actualidade é secretaria da asociación de afectados pola enfermidade Adicam. Isto marcou a súa obra que, lonxe de caer na amargura, é todo un canto á loita contra a adversidade e ó amor pola vida. A natureza do mar, a auga, o vento ou a chuvia acompañan o amor personificado no tempo, na noite ou no silencio. Os beneficios das vendas desta obra de superación irán destinados á asociación Adicam. 

14 NÓS I KALANDRAKA/FACTORÍA K

XORNAL DE GALICIA 10 DE XANEIRO DE 2009

Kalandraka, o pracer de ensinar o amor pola literatura dende a nenez

Inculcar a paixón pola lectura aos máis pequenos é un dos grandes desafíos que ten ante si o actual panorama editorial galego. Kalandraka leva volcándose con esta misión dende 1998 mediante a adaptación de textos clásicos e, ao mesmo tempo, facendo unha clara aposta polas obras de nova creación. Todo cun obxectivo claro, espertar a curiosidade e o enxeño dos nenos, ou o que é o mesmo, formar aos donos do futuro

Soños de circo, fuxir a un mundo máxico

Siete llaves de cuento para adultos

Onde está? ou o poder da intuición

AUTOR: ANTONIO RUBIO ILUSTRACIÓNS: VIOLETA LOPIZ

AUTOR: JOXAN ORMAZABAL ILUSTRACIÓNS: IRAIA OKINA

      du n h a dobre viaxe: real e imaxinaria. As protagonistas -avoa e netaemprenden unha gran aventura ilusionante que para a nena acaba converténdose nun soño fantástico. A obra transporta o lector ao mundo máxico do espectáculo circense, tan atractivo para a infancia. Un soño dentro doutro soño, onde se mesturan malabaristas, pallasos e elefantes feitos de nube, con artistas e espectadores de carne e óso. 

O nacemento do dragón

OS CONTOS de fórmula son contos populares, xeralmente de animais, breves, lúdicos e moi líricos. Apóianse en estruturas poéticas, exactas e aseguradoras. A precisión e fixeza estructural destes relatos contribúe á organización do pensamento do neno e á exercitación da súa memoria, e todo iso grazas á seguridade que transmite a súa maquinaria poética perfecta. Estes contos de fórmula serían cronolox ica mente os que suceden aos contos corporais e preceden aos primeiros contos de fadas ou marabillosos. Entre os recursos poéticos presentes nestes textos destacan as rimas, os ecos, estribillos, onomatopeias, diminutivos, anáforas, aliteracións, personificacións ou analoxías.Recursos, todos eles, moi importantes na educación estética e literaria da infancia. Poeta e mestre, bibliófi lo e amante do alfabeto, como el mesmo se define, Antonio Rubio é autor dos libros O pollito da avellaneda, A mierlita, Os oficios de Juan e a colección Do berce á lúa, editados

por Kalandraka. Compaxina a docencia coa súa afección á literatura. É especialista en animación á lectura e imparte numerosos cursos e talleres a mestres, sobre poesía e literatura infantil. Pola súa banda, Violeta Lopiz educou as súas mans de ilustradora na escola de oficios e a súa cabeza nas prácticas que fixo para o xornal El Mundo. Tamén l le apor t a ron na s súa s conv iccións os ta l leres con Javier Zabala, Linda Wolfsgruber e Józef Wilko, ademais doutros ilustradores veciños que lle tenden a súa man nesta obra. A súa vida laboral medrou rápido e circulou por xornais, revistas, libros autoeditados e libros de texto, paralelamente aos proxectos persoais que sempre ten na cabeza. Violeta enche as súas ilustracións de todo aquilo que experimenta, por iso non será raro atopar restos de música, claquet e viaxes no seu traballo. Algo que a caracteriza é que converte cada encargo nun novo reto, onde explora tanto as posibilidades do proxecto como as súas propias. 

P de papá, o estreitamento dos vínculos entre pai e fillo

O tesouro agochado, unha peculiar historia de amor

AUTOR: ISABEL MARTINS

AUTOR: PAUL MAAR

ILUSTRACIÓNS: BERNAR-

ILUSTRACIÓNS: ISABEL PIN

ILUSTRACIÓNS: CATHERINE LOUIS

A, hai xa moito tempo, nos días en que non existían os dragóns, os homes, as mulleres e os nenos da China cazaban, pescaban e vivían en tribos baixo a protección de espíritos benévolos... Esta obra bilingüe galego-chinés mandarín conta a orixe desta criatura mítica, que o contrario que en Europa ten un significado positivo. 

    é q u e n d e t r a n sfor m a rse na s cousas máis incribles: t r a c t o r, c o l c h ó n , espertador, cofre... Un libro que se achega á relación de complicidade entre pai e fillo, e que convida a ambos a descubrirse xuntos e estreitar os lazos que conforman a súa relación familiar ao paso de cada páxina. Texto e imaxe, perfectamente artellados, provocan un marabilloso xogo de afectos e afinidades entre adulto e neno. 

TRADUCIÓN: XOSÉ BALLESTEROS

C V desenvolve nesta obra os conceptos de construcción e deconstrucción. A partir dunha estrutura repetitiva que se apoia en recursos visuais asequibles aos primeiros lectores, presenta unha historia coa que ensina a ver máis aló do aparente. Porque, que se agocha tras un monte de obxectos sen valor? 

Guindastre, unha nova forma de ollar

AUTOR: REINER ZIMNIK TRADUCIÓN: EVA ALMAZÁN

DO CARVALHO AUTOR: MARIE SELLIER

AUTOR: CHRISTIAN VOLTZ

M é o propietario dunha tenda no deserto. A súa axudante Fátima, está namorada del, pero Muhar ignóraa e queda prendado de Yasmina, a filla do home máis rico da cidade. Como é pobre, Muhar non pode compracer as ansias materialistas da rapaza. Un día, soña cun gran tesouro agochado e decide viaxar para atopalo. Convertido nun home rico, vai ver a Yasmina, pero descobre que o seu verdadeiro amor, estaba máis preto do que el pensaba. 

U  un home subiu ao máis alto dun guindastre e non quixo baixar. Era tan marabilloso ser o condutor daquela máquina, oír zumbar o motor e chirriar as poleas... Desde alí arriba podía ver as estrelas polas noites; e polo día, os ríos, os barcos e toda a cidade ao completo. E así pasou moitos anos, coa única compaña dun aguia, mentres no chan acontecían cousas sorprendentes. 

XORNAL DE GALICIA 10 DE XANEIRO DE 2009

OQO EDITORA I NÓS 15

OQO, atenta aos dereitos humanos

OQO editora comeza o ano inaugurando duas novas colección, Quontextos, pensada para abordar a marxinalidade e a miseria na que vive boa parte da poboación mundial, e Nanoqos, para que os máis pequenos se achegen sen medo ao mundo da lectura. Continúa ademais a súa aposta polos libros fermosos, que dea gusto regalar

Fume, nos campos de concentración AUTOR: ANTÓN FORTES ILUSTRADOR: JOANNA CONCEJO

T   de concentración –co que implican de fame, frío, enfermidade, violencia e morte–, interesa aquí un deses mundos persoais e familiares que o nazismo destruíu, e que é do pouco que ten cor fronte ao gris ferinte e o silencio. Isto pódese atopar nas páxinas de Fume, que dá inicio a unha nova colección en OQO Editora: Qontextos. Esta liña de libros apostará por abordar a marxinalidade, a miseria e a dramática situación dos máis desfavorecidos. Cunha óptica esperanzadora, remover a conciencia dos lectores enfrontándoos e implicándoos con realidades que, sen ser directamente as súas, non deixan e non deben

A boneca e a castañeira

AUTOR: ROBERTO ALIAGA ILUSTRADOR: MAJA CELIJA

    , a castañeira, e unha boneca de trapo gastada polo tempo e os abrazos. Polo Nadal, a avoa monta o posto fronte á tenda de xoguetes e, entre o ir e vir de xente que merca agasallos, non pode deixar de mirar no escaparate a boneca de porcelana que querería regalarlle á neta. Un día un home entra na tenda e, ao saír apurado, deixa caer un paquete: a boneca de porcelana. A

nunca deixar de selo. Compre lembrar os datos da UNESCO que advirten de que uns 250.000 nenos morren asasinados en conflitos armados cada ano e que hai 3.5 millóns de cativos refuxiados por este motivo. Nestes contextos bélicos, por cada militar que morre, nove son víctimas civís, a maioría mulleres e nenos. “Se toda violencia está inxustificada, a que remata coa inocencia aínda o está máis”, reproba Antón Fortes (Lugo, 1957), autor do texto do álbum Fume,que nos achega á vida dun cativo nunha das máis infernais realidades creadas polo home no século XX, un campo de concentración e exterminio nazi. Mais neste horror, por incrible que pareza, en Fume hai lugar para a inocencia, cariño, solidariedade e esperanza. E isto é posible grazas a carga afectiva do texto de Antón Fortes e, especialmente, a profunda e intensa emo-

Marcela gústalle, pero non tanto como a avoa esperaba... O Nadal converteuse nunha época de consumo de agasallos, especialmente xoguetes. Ter ou adquirir bens materiais é a chave do benestar para grandes e pequenos. Pero a felicidade consiste en explorar e crear, antes que ter, e hoxe moitos xoguetes –como a boneca de porcelana– non están concibidos para divertirse con eles, mentres que calquera obxecto é un xoguete botándolle imaxinación Nunha época onde nos vemos desbordados pola publicidade e os nenos piden como agasallo aquilo que ven nos anuncios, o texto de Roberto Aliaga é un punto de partida para reflexionar sobre a necesidade dun consumo responsable, ter presente a realidade dos países pobres e ser conscientes das inxustizas que ao noso redor se producen. A esencia da obra é transmitida con forza e sensibilidade por Maja Celija, que crea, dun xeito excepcional, ambientes e espacios a través da cor e as perspectivas. 

UNHA OBRA QUE NARRA O SUFRIMENTO DE TODOS OS NENOS QUE FORON VÍTIMAS DUNHA GUERRA ATÉ O DÍA DE HOXE tividade e sensibilidade das ima xes da i lustradora Joa na Concejo, orixinaria de Polonia país que padeceu o maior campo de exterminio nazi, AuschwitzBirkenau– e que fai a súa primeira colaboración en España, a pesar do seu prestixio en Europa. Do sufrimento dos nenos deportados a campos de exterminio non abunda literatura autobiográfica, pero a documentación sobre a súa peripecia é arrepiante. Resulta moi difícil non ver no feito de que os nenos non-arios

Caracois, lectura para os máis cativos

AUTOR: ARMANDO QUINTERO ILUSTRADOR: ANDRÉ LETRIA

“É   ”, respondeu Caracol a Caracola cando, con ollos fermosos e corniños brillantes, preguntoulle o motivo dos seus tristes suspiros. “Pois a min non mo pareces”, reveloulle para descubrir xuntos a súa fermosura e os valores da amizade. Unha formiga, de patas lixeiras, e un vermiño serán compañeiros desta viaxe iniciática aos misterios que depara a natureza e o mundo. Este libro,

recibisen leite desnatado –en lugar de enteiro– un anticipo da subalimentación que están a sufrir hoxe cativos africanos ou palestinos –o conflicto árabe-israelí cobrouse nesta última década as

vidas de máis de 3 millóns de nenos–. Por estes motivos, Fume vai máis alá da monstruosidade do Holocausto e busca recoller a vivencia común de todos os nenos que foron víctimas da guerra. 

Caracois, abre outra colección, Nanoqos, con especial coidado na selección de contidos, a presentación de imaxes e a construcción literaria, atendendo á importancia que teñen os libros ilustrados para o. A lectura de imaxes proporciona situacións e personaxes cos que o lector se identifica e pode construír a súa perspectiva sobre o mundo e experimentar emocións, sorpresa, sentimentos…, ao tempo que desenvolve o entendemento das relacións cos demais. Asemade, a colección NANOQOS ofrece a posibilidade de familiarizarse coa letra impresa, antes de iniciar formalmente o proceso de lectoescritura, combinando pracer e entretemento. Contos para entreterse, pero tamén para ler, contar e conversar; para establecer diálogo e acción por parte de educadores e familia. Unha orixinal proposta que ofrece experiencias tanto estéticas como educativas para que os máis pequenos se convirtan en lectores no futuro. 

Arte besta: Caderno de animalista

AUTOR: ANTÓN FORTES ILUSTRADOR: MAURICIO A.G. QUARELLO

A   A reconvertidas en mandrís; a sexsymbol Mae West (Dalí), en león; as bailarinas de Degas, en flamengos. Un paseo pola pintura do último século, revisitada con humor e ironía, desde unha perspectiva singular: o reino animal. O obxectivo é ensinar a mirar, espertar curiosidade por unhas obras xeniais, vangardas e persoas relevantes da arte. 

NÓS

Xornal de Galicia

S U P L E M E N TO D E C U LT U R A

Gotas de cristal I Natalia Alonso

10 D E X A N EI R O D E 2 0 0 9. N Ú M E R O 5

Sangremos xuntos

cando chega o momento, sábelo. Non se trata

dunha sensación agradable pero debes someterte. É unha violación, transfórmaste en escravo de ti mesmo. De súpeto, a chuvia, as gotas esvarando no cristal, a música do vento, o nu da gorxa, os ollos húmidos e, por suposto, el, sempre el tatuado na vulva. O hime fende e o sangue comeza a derramarse sobre o papel. Ese é o nacemento da máis auténtica das vidas, a ficción. Ese recuncho no que un vai disfrazando as súas miserias para construír argumentos nos que alguén poda atopar unha raiola de luz. A lectura é un perderse no labirinto da transformación. Pero que máxico resulta atoparse. Descubrir ese autor que che acaricia os ouvidos. Ese personaxe que te comprende. Ese escenario que semella estar deseñado para ti. A cafetería onde coinciden por primeira vez esa parella de descoñecidos. Agora ben, escribir non é, nin debe ser, un mero conduto para canalizar contidos. Escribir é facer música, compoñer melodías. As verbas teñen que petar, deben ferir, son as portadoras do sangue e da identidade. No seu leito de morte, o poeta Eduardo Pondal, unha das figuras máis insignes na historia da literatura galega, fugura emblemática do Rexurdimento decimonónico e, polo tanto, da defensa, e do coid ado do A lectura é un idioma, dixo: “Galicia, perderse no déstesme unha lingua labirinto da de ferro e devólvovos unha lingua de ouro” . transformación (...) Tiña razón. Gozamos descubrir ese autor do máis sofisticado que che acaricia os dos instrumentos para compoñer a mellor ouvidos das sinfonías, somos posuidores dunha lingua guerreira e dócil, loitadora e fráxil, lasciva e inocente, penetrante e volátil. O idioma é a fonte da que emerxerá a manifestación da esencia e, precisamente por iso, non debe ser traizoado. Marxinar a lingua materna por vergoña ou na procura dun éxito comercial, é coma cruzarse na rúa co mellor amigo e torcerlle a cara. As linguas deben aprender a convivir. Por suposto que hai sitio para todas elas e unha cabeceira bilingüe coma Xornal de Galicia é un magnífico exemplo de que iso é posible. O castelán e o galego camiñan xa collidos da man pero non o fan aínda en termos de igualdade, por iso é tan importante o papel que xogan as editoriais e os medios de comunicación na defensa do idioma. Eles son os encargados de deixar patente ante a sociedade que o galego é un vehículo de cultura, digno de ser falado e de ser escrito. Acabámolo de comprobar nas páxinas precedentes con toda esa ringleira de títulos que abastecerán as librarías este ano que comeza, sen embargo, a loita continúa. A lectura en galego segue a ser un hábito minoritario, probablemente porque o idioma debe superar aínda a barreira dos tópicos. Esta non é a lingua dos poetas, tampouco é a lingua do rural, non se trata só do idioma dos nacionalistas, o galego somos todos e todas, pero este concepto asimilarase o día en que as nais de fala galega deixen de educar aos seus fillos en castelán. Chegou o momento de asasinar a vergoña, sangremos xuntos. l

Paulino Vilasoa

Related Documents

Etc 10012009
April 2020 5
Pro 5 A Nos
October 2019 13
Nos
October 2019 50
Nos
June 2020 29

More Documents from "ParaNexus Anomalous Research Association"

Parrilla 22.04.2009
April 2020 1
Parrila Tv Martes
May 2020 0
May 2020 0
May 2020 0
June 2020 0
May 2020 0