Nos #4 - 3/01/2009

  • Uploaded by: Xornal de Galicia
  • 0
  • 0
  • April 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Nos #4 - 3/01/2009 as PDF for free.

More details

  • Words: 10,472
  • Pages: 16
ARQUITECTURA

ornal DE GALICIA

TEATRO

S U PL E M E N TO D E C U LT U R A

3 X A N E I R O D E 2 0 0 9. N Ú M E R O 4

A MÚSICA ANTIGA EN GALICIA Un percorrido pola historia, agrupacións musicais e intérpretes destacados da música antiga no noso país

XORNAL DE GALICIA 3 DE XANEIRO DE 2009

2 nós I música

Actuación do grupo de cámara barroco Gli Incogniti

A música antiga en Galicia A música clásica pescuda nas últimas décadas en repertorios medievais, renacentistas e barrocos, procurando ao mesmo tempo unha maior autenticidade no son e na sensibilidade da época das composicións coa recuperación de instrumentos antigos. por anxos garcía fonte. fOTOS: xdG

Co nome de “música antiga” ou máis modernamente “interpretación historicamente documentada”, coñécese un movemento de renovación da interpretación da música clásica que propugna o emprego dos medios, técnicas e premisas estéticas adecuadas a cada época e a cada compositor. Isto significa que para intrepretar por exemplo a música de J. S. Bach, en lugar de empregar unha moderna frauta metálica ou un piano (instrumentos que non foran inventados na época en que viviu o compositor), se empregaría o traverso de madeira dunha soa chave ou o clavicémbalo, instrumentos para os que a música foi pensada e cos que foi interpretada na época de Bach. A concepción actual do que se entende por interpretación histórica

xurdiu nos anos sesenta do século XX nos Países Baixos, promovida por un grupo de xoves músicos como Gustav Leonhardt, Frank Brüggen ou os irmáns Kuijken, e rapidamente se estendeu por outros países europeos, pasando de ser unha tendencia case marxinal nos seus inicios, a converterse nunha corrente fundamental e incluso dominante grazas ao éxito comercial de moitas gravacións discográficas. A introdución desta nova praxe no estado español foi bastante máis tardía e lenta. Polo que respecta a Galicia poderíase situar o inicio da música antiga na formación do Grupo Universitario de Cámara de Compostela dirixido por Carlos Villanueva a finais dos anos setenta. Formado cunha mestura de músicos afeccionados e

a interpretación actual do que se entende por interpretación histórica xurdiu nos anos 60 do pasado século nos Países Baixos

profesionais, o seu modelo eran os Collegium Musicum das universidades americanas. Durante varios anos gravou un bo número de discos adicados sobre todo ao repertorio galego da idade media. Outra das facetas desta agrupación tivo estivo dirixida ao ámbito instrumental, centrándose na reprodución dos instrumentos do pórtico da gloria da catedral compostelana. Foi nos anos 80 cando Fernando López Pan, Miro Moreira e Francisco Luengo fundan “Capela Compostelana”, dirixida po este último. Integrada por músicos que se tiñan formado no extranxeiro, foi o primeiro grupo en aplicar os criterios da interpretación historicista. Publicou dous discos sobre a música de José de Vaquedano, mestre de capela da

catedral de Santiago a finais do século XVII. Na década seguinte xorden un par de grupos, “Resonet” e “Arte Mínima”, que serán o viveiro dunha xeración de músicos que logo dunha primeira fase autodidacta, continuarán a súa formación nalgúns dos principais conservatorios de Europa, e que na actualidade son requiridos nos máis importantes festivais mundiais de música antiga. Entre eles destacan a soprano Mercedes Hernández, o violagambista Baldomero Barciela, o tiorbista Fernando Reyes e o harpista Manuel Vilas. Especialmente curioso é o caso deste último, xa que é un dos máis reputados especialistas mundiais na interpretación da harpa dobre ibérica, que toca por todo o mundo e que segue a vivir en Santiago

XORNAL DE GALICIA 3 DE XANEIRO DE 2009

música

I NóS 3

Gravación de música barroca

de Compostela (pois habitar na periferia europea adoita ser unha desvantaxe na carreira dun músico profesional). Nos últimos anos, a aparición de novos músicos consolida o fenómeno da música antiga en Galicia. Novas formacións como “Malandança”, “1500” ou “Amar Contra o Silencio” continúan a liña iniciada en décadas anteriores. Asemade aparecen outras iniciativas que intentan formar grupos de máis amplo espectro. A primeira foi a “Orquestra Barroca de Galicia” que fixo a súa presentación oficial cun concerto en 2007 en Ferrol. Baixo este nome ocúltase unha formación integrada case na súa totalide por músicos alemáns sen ningunha relación con Galicia, excepto a soprano Laura Alonso que actuou como solista. Máis interesante polo seu coñecemento da realidade da música antiga en Galicia sería a orquestra barroca de Galiza e Norte do Portugal “Norte do Sul”. Presentada en Vigo e na Casa da Música do Porto en 2006,

o festival anual via stellae convoca nos escenarios galegos as figuras máis relevantes do panorama internacional

Dúas imaxes da violinista francesa afincada en Vigo Amandine Beyer

e dirixida por Amandine Beyer e Pedro Silva, esta agrupación pretende dar unha visión periférica da música barroca europea. Integrada por músicos residentes na rexión o seu proxecto artístico parece bastante sólido, aínda que a falta de financiamento non asegura a súa continuidade. En Galicia, a presenza da música antiga na programación cultural sofre os mesmos problemas que o resto da música clásica (exceptuando a actividade das orquestras): a falla de circuítos estábeis de carácter profesional. Polo contrario, nos festivais de carácter estacional está bastante ben representada, e músicos galegos par-

ticiparon en todas as edicións do festival anual Via Stellae, que convoca nos escenarios galegos as figuras máis relevantes do panorama internacional, no Are-More de Vigo ou no Festival Cidade de Lugo. Mesmo a música antiga tivo un papel moi destacado na primeira edición do festival Espazos Sonoros en 2008. No referente á formación, a situación varía dun a outro conservatorio. En Ourense e na Coruña impártense aulas de clavicémbalo, e recentemente o conservatorio de Pontevedra iniciou a creación dun proxecto de departamento de música antiga onde polo momento hai aulas de clavicémbalo,

viola da gamba, frauta de bisel e a partir deste curso laúde. Nos dous conservatorios superiores non existe ningunha especialidade de música histórica, aínda que no de Vigo hai unha materia optativa de traverso para frautistas, e houbo até este ano outra materia optativa de iniciación á música barroca. De feito, non deixa de ser curioso que o que pode considerarse como centro de referencia para a formación profesional na música antiga en Galicia sexa a Escola de Música e Artes do Espectáculo do Porto en Portugal, onde no seu departamento de música antiga unha boa parte do alumnado é de procedencia galega. n

XORNAL DE GALICIA 3 de xaneiro de 2009

4 nós I música

ENTREVI STA á violinista a m andine beyer

“Necesitaba algo que me fixese reatoparme co pracer da música” Amandine Beyer cóntanos como chegou a especializarse case por casualidade en repertorios de música antiga, da súa traxectoria como concertista de recoñecido prestixio internacional e dos seus proxectos futuros. unha entrevista de anxos garcía fonte. FOTOS: xdg

Entrevistamos a Amandine Beyer, violinista francesa afincada en Vigo, que é considerada unha das intérpretes máis importantes a nivel mundial. Disto dan fe tanto a súa extensa discografía, (máis dunha trintena de discos gravados para Erato, Harmonia Mundi, Alpha, Op. 111, Zig-ZagTerritoires...) recoñecida cos máis prestixiosos galardóns (Diapason d’Or, Choc du Monde de la Musique, 10 de Répertoire, CD der Monat...), como a súa intensa carreira como concertista nos auditorios de todo o mundo. O seu último disco dedicado á obra de Antonio Vivaldi, que inclúe unha extraordinaria versión das Catro Estacións, está a recoller o aplauso unánime da crítica. Vostede rematou a súa carreira de violín moderno co Prémier Prix do Conservatorio de París, un galardón que dalgún xeito lle auguraba un futuro prometedor na música clásica. Mais decidiu centrar a súa carreira na música antiga, especialmente no repertorio barroco. A que se debeu esta decisión?

Tras o meu paso polo Conservatorio Superior de París, onde a formación era moi tradicional e moi pouco creativa, necesitaba un cambio total, algo que me fixese reatoparme co pracer de facer música. E isto atopeino case por azar, ao ingresar na Schola Cantorum Basiliensis na clase de violín barroco de Chiara Banchini. Alí pasei horas e horas descubrindo novos repertorios, tocando con músicos fantásticos, e incluso “reinventando” a miña forma de achegarme ao violín. Tiven que aprender unha técnica e unha linguaxe nova, e isto permitiume tamén reencontrarme co repertorio violinístico dos séculos XIX e XX dende un prisma moi diferente. A pesar da súa xuventude ten xa unha dilatada carreira tanto como concertista como na súa discografía. Coméntenos de cal dos seus discos se sente máis orgullosa e se lembra algún concerto

especialmente memorábel.

A verdade é que a implicación emocional que supón a gravación dun disco é tan grande, que unha vez que o disco está finalizado, rara vez volto a escoitalo. Así que non sabería cal escoller, aínda que o último é sempre o que está máis presente, neste caso as Catro Estacións de Vivaldi [Zig-Zag Territoires, 2008]. En canto aos concertos están sempre para min asociados a lugares e situacións especiais. Lémbrome precisamente da primeira vez que toquei as Catro Estacións cunha orquestra barroca en Toulouse, porque a capela onde tocabamos e a iluminación con velas eran moi suxestivas. O mesmo na capela de San Maurizio de Milán, onde a acústica era incribelmente cálida e como en Toulouse os frescos das paredes eran moi evocadores. Ou un concerto nunha pequena igrexa holandesa onde o chan era de area e case se podía sentir o mar arredor. Hai algún proxecto musical que teña pensado desenvolver en Galicia? Que foi da Orquestra Barroca Norte do Sul?

En xeral case sempre toco unha ou dúas veces por ano en Galicia, pero gostaríame efectivamente desenvolver algo máis estábel. Norte do Sul creo que é un proxecto moi interesante e incluso diría que novidoso no panorama europeo, polo seu aspecto de orquestra de “fronteira”, e de demostrar que en moitos aspectos estas xa non existen. Polo momento non avanzou suficientemente, mais espero que poida fructificar nun futuro próximo. Que opinión lle merece o nivel da música clásica que se pode escoitar en Galicia e en particular no que respecta á música antiga?

A verdade é que no que respecta á “clásica”, non coñezo suficientemente a situación como para dar unha opinión fundamentada. En canto á música antiga, vexo que se programan bastantes grupos internacionais e continuamente falo con amigos que veñen facer un concerto por aquí. No que respecta aos músicos galegos, creo que hai xa unha nova xeración moi formada (entre

O último disco de Amandine Beyer é unha extraordinaria versión d´As catro estacións de Vivaldi

Gústanme moito os concertos en Galicia porque o público adoita ser moito máis novo, ás veces mesmo hai nenos

elas varias das miñas alumnas), que van desenvolver seguramente nos próximos anos proxectos moi interesantes. En que proxecto está a traballar neste momento?

Agora estou moi centrada no traballo co meu grupo Gli Incogniti, co que temos previstas varias gravacións nos próximos anos. O próximo proxecto é un disco con música de Nicola Matteis, un violinista italiano que viviu en Londres a finais do XVII. As crónicas defíneno como unha persoa moi particular e a súa música confírmao, porque non se parece a ningún outro compositor da súa época. Despois faremos un disco con música de Rosenmüller e posibelmente no 2010 grave as sonatas e partitas de J. S. Bach. A pesar de estar afincada en Galicia e de impartir docencia na Esco-

la Superior de Música e Artes do Espectáculo do Porto, a súa carreira profesional desenvólvese case exclusivamente fóra da península. Hai algunha razón que poida explicar esta situación?

Supoño que polo meu percurso a maioría das miñas relacións profesionais son con músicos franceses e alemáns, e ademais o mundo da música antiga está máis desenvolvido neses países e por tanto hai máis concertos. Tamén é certo que aquí prográmase máis tarde, e aínda que recibo moitas propostas de grupos españois, a maioría das veces o meu calendario está xa cheo neses momentos. Pero gústanme moito os concertos aquí porque o público adoita ser moito máis novo (ás veces hai moitos nenos ) que por exemplo en Francia, e paréceme que iso terá unha repercusión moi positiva na rexeneración do público nos vindeiros anos. n

XORNAL DE GALICIA 3 DE XANEIRO DE 2009

MÚSICA

I NÓS 5

ENTREVI STA A FR ANC I S CO LUENG O

Os instrumentos do Pórtico da Gloria Francisco Luengo, luthier e músico, explica o que significou o proxecto de reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria. POR ANXOS GARCÍA FONTE. FOTO SANTY LÓPEZ Vostede foi un dos pioneiros galegos na interpretación historicista (abordaxe con criterios estílisticos e estéticos propios do repertorio) da música antiga en Galicia. Como foron eses comezos? Cal era o panorama galego e europeo neses anos, e cal foi a súa evolución? Coido que desde neno me atraía a música antiga, que coñecín moi pronto. Como a música tradicional tanto galega como doutros lugares do mundo. Tiña doce anos cuando comprendín que me dedicaría a tocar a viola da gamba; algo case surrealista na Coruña de 1974, pero moi claro para min. No tiña un instrumento, nin forma de aprender, pero tíñao claro. Unos anos máis tarde, xa estudando en Santiago entrei no Grupo de Cámara da Universidade, un grupo de universitarios onde puiden comezar a tocar música antiga e a coñecer repertorio. Como xa comezara a construír instrumentos, primeiro de forma autodidacta, e despois cunha aprendizaxe da construción de instrumentos tradicionais no Obradoiro da Deputación de Lugo, puiden facerme cunha viola da gamba. Outro tema eran as clases. Afortunadamente case inmediatamente comecei a ter clases con distintos profesores en cursos de música antiga, que daquela comezaban en España para suplir a falta de ensinanza oficial. Os cursos tiñan a vantaxe de que naqueles tempos tiñas un acceso directo, como alumno, aos mellores intérpretes do momento, xa que a música antiga era un mundo incluso máis pequeno que o actual. Aprendíase rápido, e era moi vocacional. Despois, se atopabas un mestre, dedicábaste a seguilo por toda Europa, acudindo aos lugares onde daba clases, xa foran cursos de verán, ou conservatorios. No meu caso acabei na Hochschule de Viena, onde daba clases o que foi o meu mestre, José Vázquez. En canto ao panorama, en Galicia no estaba tan mal,

comparado con outros lugares. A pesar de que non había posibilidades de aprendizaxe, e moi poucos instrumentistas, a nivel afeccionado había varios grupos e coros que estaban interesados na música antiga, o Orfeón “Terra a Nosa” co seu director, o contratenor Miro Moreira abordaba repertorio histórico. Precisamente Miro Moreira, o clavecinista Fernando López-Pan e mais eu mesmo creamos Capela Compostelana, que foi, creo, o primeiro grupo galego que se propuxo a interpretación da música antiga desde plantexamentos profesionais, e cun claro enfoque cara á música histórica española e galega. Vostede formou parte, xunto con outros 5 luthiers, historiadores e musicólogos, do proxecto de reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago, patrocinado pola fundación Barrié. Que supuxo este proxecto para a vida musical de Galicia? Cales foron as súas descubertas? Que camiños se abriron? O proxecto de reconstrución dos instrumentos abriu camiños que aínda non se completaron. Sobre as bases daquel proxecto séguese a traballar en distintos lugares de Europa, e o traballo para os que seguimos investigando xa no é saber como soaban os instrumentos, pois isto xa empeza a estar bastante claro, senón como sacarlles todo o rendemento interpretativo, é dicir, reconstruír a música que con eles se tocou. En realidade este foi sempre para min o obxectivo principal. Neste sentido o grupo Malandança, que eu dirixo, aglutina músicos que se forman e investigan sobre a interpretación con estes instrumentos. O Ordo Prophetarum é una extensión ambiciosa desta investigación. Xa que menciona o Ordo Prophetarum, dende hai 5 anos interpreta o día 30 de decembro, na catedral de Compostela, un drama litúrxico medieval, reconstruído por vostede, que ten como punto

Posta en escena do Ordo Prophetarum, representación dun drama litúrxico a partir das imaxes do Pórtico da Gloria

O PROXECTO DE RECONSTRUCIÓN DOS INSTRUMENTOS DO PÓRTICO DA GLORIA ABRIU CAMIÑOS QUE AÍNDA NON SE COMPLETARON

de partida a tese iconográfica proposta polo historiador Serafín Moralejo sobre o significado do Pórtico da Gloria. Podería explicarnos brevemente esa tese e a relación que ten co drama que vostede reconstruíu? No medio do proxecto dos instrumentos do Pórtico, o profesor Moralejo, que era asesor científico do proxecto, explicou a súa tese da presenza do Ordo Prophetarum no Pórtico, baseándose na coincidencia das imágenes do Pórtico coas descricións de aspecto, atributos e vestiduras que se especifican no Ordo de Prophetarum de Laon. Esta explicación proporcionaba un sentido novo, e máis profundo, á presenza dos instrumentos no arco central. Naquel momento comentamos a posibilidade de interpretación do drama, como unha hipótese, talvez imposíbel. Cales foron os materiais, quer musicais, quer litúrxicos, quer iconográficos etc, dos que se valeu para recrear este drama litúrxico? Foron múltiples. A música procede principalmente da versión de Limoges, as indicacións de vestiario e escenografía da versión de Laón e Rouen, e sobre todo do propio Pórti-

co da Gloria, que tamén achegou, naturalmente, a instrumentación. Vostede dirixe dous grupos, Capela Compostelana, dedicado á interpretación de música renacentista e barroca, e Malandança, dedicado á música medieval. Queda aínda música galega por descubrir destas épocas? Estase a facer investigación en Galicia neste sentido? É moito o material que queda por interpretar. Miles de obras agardan ser “reestreadas”. Como valora a situación actual da música antiga en Galicia? Como ve o futuro? A interpretación da música antiga vaise normalizando lentamente, a pesar da excelente acollida que ten no público galego. A formación en conservatorios, a pesar de que comezan a impartirse algunhas clases de instrumentos antigos, está aínda moi lonxe do que sucede noutros lugares de España, e non digamos de Europa. Paradoxalmente, a música antiga é o groso, en cantidade e calidade, da historia da música galega, pero segue sen estar suficientemente representada nos concertos que se fan en Galicia. 

XORNAL DE GALICIA 3 DE XANEIRO DE 2009

6 NÓS I DISCOS/MÚSICA

Unha escolma de música antiga

Este é un percorrido moi persoal polos arquivos sonoros da música antiga, catro propostas que poden servir de antesala par un espazo suntuoso que garda para nós innumerábeis sorpresas . POR PAULO P. FOTOS: XdG

En attendant

D´amor cantando

AUTOR: MALA PUNICA EDITA: ARCA-

AUTOR: MICROLOGUS

NA/MICHEL BERNSTEIN ÉDITEURS

EDITA: OPUS 111

Nantes, 1996

París, 1995

E  foi a terceira amósega no camiño que Mala Punica tiña comezado con Ars Subtilis Ytalica e D’Amor ragionando, camiño que é camiñar, un andar delicado polo Tempo no que estamos instalados, espreitando, de esguello que non pode ser doutro xeito, aquel intre deste Tempo que foi o fin do s. XIV e o inicio do s. XV. Época que na Arte Música coñecemos como Ars Subtilior. Coa idea condutora da citation, xogo oculto entre compo-

D obras do códice do s. XIV dito Codex Rossi, das trinta e sete que chegaron aos días actuais, son apresentadas neste disco do grupo Micrologus. Foron empregados os dous documentos que forman hoxe o manuscrito, a saber, o Rossi 215 da Biblioteca Vaticana e o coñecido como fragmento Greggiati de Ostiglia (Ms. Mus. Rari B35). O seu contido é re-creado por Micrologus apoiándose en ou inferindo a partir de, fontes iconográficas e literarias resultando,

sitores ligados á corte de Pavia neste caso, consistente na referencia máis ou menos literal en obras propias de frases ou elementos —musicais, aquí— tirados dalgunha auctoritas, Mala Punica, con Pedro Memelsdorff á frente, interpreta os textos e as músicas desde a sua orixe —o manuscrito Modena, nomeadamente—, atendendo aos marcos artísticos e estéticos teóricos da altura, que son analisados e criticados para ser, finalmente, interpretados. E é esta interpretación chea de matices (aí estam os contrapontos creados ou improvisados, as virtuosas diminucións instrumentais, os elementos dramáticos nas voces), cun desenvolvemento que resulta nunha forma final totalmente acorde co que nós consideramos subtil. 

ao cabo, a sonoridade sempre propia deste grupo que eles procuran relacionada con elementos de música popular, non ignorando que este é un repertorio criado en ambiente culto. Por isto, no tratamento instrumental observamos, como costuma ser habitual no grupo, a presenza de instrumentos tais que a zampogna (gaita) ou o tamburello, e nas voces preténdese sen complexos unha cor, un timbre, un estilo de ornamentación que poderiamos relacionar sen muita dificuldade coa voz no canto tradicional de certas zonas italianas. Todo coadxuvando para reflectir nesta música erudita “la freschezza dello spirito popolare” (sic.), que Micrologus non dubida existía nas manifestacións artísticas na corte de Verona, nese momento da Historia. 

A música antiga ofrece espectáculos sonoros e visuais de gran sensualide

Cantigas de amor e de amigo AUTOR: PAULINA CERMUZYNSKA EDITA: CLAVE RECORDS Compostela, 2004

P Cermuzynska, polaca de nación ben instalada na Galiza, gravou no ano 2004 este disco sobre a lírica trovadoresca galega dos ss.XII-XIV, os verdadeiros séculos de ouro da nosa literatura. Das 1679 cantigas catalogadas nese marco temporal —o número varía só ampliando ou diminuindo un pouco o intervalo— apenas trece conservamos coa música que sabemos formaba sempre parte da cántiga, seis de Martin Codax no manuscrito Vindel, e sete de D. Denis no manuscrito Sharrer. Por isto, é, en principio, de certo curioso a decisión de ter deixado fora desta gravación Mha yrmana fremosa… e Ay ondas que eu vin veer… de Martin Codax e escollido outras obras de D. Denis das que non temos notación musical. Sexa como for, Paulina Ceremzynska confróntase cun repertorio moito complicado onde ten que decidir sobre bases inicialmente pouco firmes e verdadeiramente re-crear, sobre todo no caso do ms.

Sharrer onde faltan literalmente anacos das follas. Ao incluir cántigas das que so coñecemos o texto Ceremuzynska procede con coñecimento de causa e acode nesta ocasiom á contrafactio, prática moito documentada na altura e que aquí é empregada nunha das suas posíbeis vias, aplicar a melodia dun texto preexistente a un novo texto. No conxunto decídese unha interpretación apoiada totalmente na voz, tendo os instrumentos un papel secundario, heterofónico por veces, com papel de breves tenor noutros momentos, facendo preludios ou interludios, e sempre deixando espazo para o canto se desenvolver. 

O tu cara sciença mie musica AUTOR: TEATRAKTYS EDITA: OLIVE MUSICA Valdarno, 2006

  Tetraktys é liderado por dúas das máis recoñecidas persoas do ámbito da chamada música antiga, Kees Boeke na frauta e fídula e Jill Feldman na voz. Catro son os discos que xa gravaron para a editora Olive Music, sendo este sobre o Codex Squarcialupi o terceiro deles. Sete compositores relacionados coa cultura musical da Florenza do s.XIV dos catorce que foran compilados neste manuscrito no comezo do s.XV aparecen nesta gravación por medio de diferentes obras, todas pertencentes a unha das tres formas poético-musicais esenciais na vida pública e artística nesa época nesa a vila de Dante e Petrarca: madrigal, ballata, e caccia. Sempre ao mergullármonos neste tipo de repertorio aparecen dificuldades varias, relacionadas co propio documento —ausencia de parte do texto, ilexibilidade, follas estragadas, características da notación, etc.—, coa interpretación —función dos instrumentos, execución ou improvisación dalgunha forma de contraponto, aplicación da ficta etc.—, e outras. Neste caso Tetraktys fai unha leitura moito coidada do documento, relacionándoo coa contorna, con outros manuscritos da mesma época, con outras obras dos mesmos compositores, e por suposto, inevitabelmente, tomando decisións. Así, en comezando a oír logo percibimos toda a elegancia, o pormenor, a complexidade e dificultade, deste sempre apaixonante Ars Subtilior. 

Paulo P., intérprete de frauta barroca escolleu catro discos para nós

XORNAL DE GALICIA 3 de xaneiro de 2009

Opinión I NóS 7

A pena da moura I Anxos García Fonte

Viaxes interiores A semana pasada liamos na última páxina deste suplemento cultural “De libros

e de libres”, unha radical defensa do tempo íntimo e en suspenso da lectura firmado por Ana Bande. Hei de recoñecer que estou en débeda con ese fermoso texto e quero agradecerllo publicamente á súa autora. Tamén eu quixera dicir –acabo de chegar a esta conclusión- que non paga a pena unha vida sen tempo para ler, para pensar con calma, para dialogar co mundo exterior e mailo interior tecendo un a un os nosos días. Ler é pensar e escribir é pensar e o pensamento necesita o seu tempo de fermento e a pedra do forno quente: misturas químicas e impulsos enerxéticos. O contrario son palabras co peso das follas secas e fume, fume, fume... Busquemos refuxio en todo o que nos faga soñar cos ollos abertos e nos ofreza a posibilidade de discorrer por vías alternativas. Fagamos rápidas fuxidas que nos permitan alancar un intre por riba das angueiras da vida cotiá, porque desas viaxes traeremos un cofre fondo cheo de estímulos e a capacidade para interpretar os múltiples sinais que se nos presentan diante dos ollos. Leamos e pensemos e escribamos. No mundo do bule-bule ergo a man sen timidez ningunha para pedir un pouco de calma, e máis libros e música, máis paseos polos blogs favoritos, novos pensamentos arrolando dun sitio a outro, cambiando de forma, estilizándose e facendo xermolar mil sementes. Pensemos no noso xeito de vivir, no xeito de vivir estándar dun home ou muller do noso tempo. Decatarémonos de que implica continuos desprazamentos, de centos ou miles de quilómetros nunha soa semana, nos que é posíbel ir e vir sen falar con ninguén, sen que o tempo e o espazo signifiquen nada porque pasaron por nós sen nos decatar. Damos máis e máis voltas arredor nunha especie de anestesia local e temporal para, finalmente, non avanzar e quedar nas mesmas. Todo foi quedando homoxeneizado na nebulosa da insignificancia que non deixa pouso na nosa existencia; só cansazo. Por iso hoxe devezo por atracarme dos teus poemas e encher os ollos co branco e negro das túas fotografías. Mánchame de cor, brochazos de azul e violeta nos meus peitos, amarelo e laranxa e verde polas pernas abaixo. Regálame a mellor rosa do teu xardín e eu cantareiche unha cantiga cos sons que sei facer vibrar na miña gorxa enferruxada de non cantar. Reparade, por último, en como esvara o lapis na brancura do papel para trazar a precisa liña da súa boca cando vai escachar a rir. Un segundiño antes, e xa os ollos están a anunciar a explosión de ledicia. Apuntade calquera indicio que vaia preparando o gran momento e seredes como unha nena á que lle van contar o seu conto preferido e goza a cada paso sabendo o que vén a continuación, anticipándose á sorpresa, ou ao medo, ou á alegría. Os bos lectores son así, buscan o matiz e a variante e agardan con receo a sorpresa. Sabendo gózase o dobre e advírtese mellor o delicado traballo de destilar miles de anos de tradición. Os nenos sábeno moi ben e os adictos á lectura tamén. l

Ilustración de Xebe d´Afrei

XORNAL DE GALICIA 3 DE XANEIRO DE 2009

8 NOS I LIBROS

Un ensaio atinado e elegante

O escritor irlandés Oscar Wilde e o crítico francés George Poulet apuntan á noción estética do lugar como se a descrición dun espazo fose antes cá presenza dese espazo no mundo. UN TEXTO DE NOEL BLANCO MOURELLE. FOTO: X. B. ARIAS

O  do premio de ensaio Ramón Piñeiro decidíu, na súa convocatoria do ano 2007, distinguir o volume Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio de María López Sández (Lugo, 1973) que vén agora de ser publicado pola colección de ensaio da editorial Galaxia. A decisión aparece como especialmente acertada pola pertinencia e elegancia literaria da obra, sobre todo se pensamos nun campo que aínda precisa de certo desenvolvemento como o do ensaio galego, que tanto se alimenta da urxencia da produción universitaria. A idea rectora é a do estudo da descrición literaria da paisaxe como elemento de configuración da identidade nacional galega. En momentos distintos da historia da literatura e desde lados aparentemente opostos da produción textual o escritor irlandés Oscar Wilde e o crítico francés Georges Poulet apuntan á noción estética de lugar como se a descrición dun espazo fose antes cá presenza dese espazo no mundo. Non se trata dunha negación do real, como se a paisaxe non fóra a existir sen a descrición literaria ou a representación artística. Pero Wilde observaba que a paisaxe londinense podía ser unha invención da pintura impresionista. Poulet sinalaba cómo en Proust certas paisaxes existen nos cadros antes de que o protagonista as experimente na realidade... e entón é o texto o que devén real, a vida a que imita a arte. (A magnífica obra de Poulet, L’Espace proustien, é imposible hoxe de atopar en francés, menos en tradución, supera amplamente en trascendencia a interese doutras achegas idealistas ó problema da

A paisaxe é unha constante na construción nacional desde a literatura

representación literaria do espazo, como a clásica La Poétique de l’espace de Gaston Bachelard.) Non poderiamos dicir que esta paisaxe non exista fóra do texto, pero si que o texto pode constituír un modelo de pensamento da paisaxe e do mundo, un modelo que nos sirve de condición indispensable para aprehender a realidade. Velaí o lugar como categoría literaria. O lugar é relacional en tanto que é un topos, un modelounidade de expresión que se creará unha rede textual con dúas consecuencias: a) o lugar funciona como espello simbólico no que se mirará unha determinada colectividade recoñecéndose como un todo orgánico; b) a construción retórica de tal lugar é un devir histórico, na medida en que a con-

PAISAXE E NACIÓN AUTOR: MARÍA LÓPEZ SANDEZ EDITA: GALAXIA

stitución política do pensamento desa colectividade será paralela e partícipe dese modelo de pensamento do mundo, e dialéctico, na medida en que a evolución da historia literaria se traduce en modelos que pensan e cuestionan a posibilidade de tal constitución política. Paisaxe e nación privilexia esta dialéctica propoñendo tres momentos asociados á análise de tres momentos crucias da historia da literatura galega: a afirmación dun imaxinario da paisaxe (dun imaxinario de lugar) en Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, a consolidación deste mesmo imaxinario en Arredor de si de Ramón Otero Pedrayo e o cuestionamento no ciclo de Tagen Ata de Xosé Luís Méndez Ferrín. Polo que esta obra afirma en ter-

mos cognitivos sobre o estatuto do literario fronte ó real e sobre a importancia da súa aprehensión e polo que ten de síntese sobre o pensamento contemporáneo arredor da literatura e da localización, Paisaxe e nación está chamado a ser un dos futuros clásicos do ensaio galego. O motor de pensamento que o fará ser moito máis ca unha análise puntual de certos textos da tradición é o que inicia un método de explicación do espacial na literatura, do espacial como conditio sine qua non da literatura. Esta explicación éo no sentido que lle dá a crítica anglófona G. C. Spivak, no sentido de desvelamento dunha produtividade política do texto que deberá ser empregada pa ra o noso proveito. 

CRÍTICA LITERARIA

Palabra e lugar

IAGO CASTRO BUERGER

NON SON DE AQUÍ

AUTOR: MARÍA DO CEBREIRO EDITA: XERAIS

Q  lle sexa alleo: velaquí o principal e máis ambicioso compromiso de María do Cebreiro co poema, como volve demostrar co libro de recente publicación de Non son de aquí (Xerais). “A poesía é o gran milagre do mundo!”, escoitoulle un día María a Pimentel, e entón a decidida

exploradora do verso deu en peneirar palabras, discursos, recordos e todo canto lle puidese ser descoñecido ao poema -inxente traballo malia tanta historia-. E tamén procurou xeografías de seu: Santiago de Compostela, Lisboa, Sintra, Madrid, Granada, A Coruña, Biscaia, Amsterdam,

Bangor... porque a única ilusión posible de dominar as palabras é ligalas a un espazo. Mais, que son os lugares senón alí onde situamos a memoria? A casa poética de María do Cebreiro non ten paredes. Tirounas para ir na busca desesperada das palabras que foron súas algunha vez e que sabe perdidas. Pódese pasar sen chamar e estar ben a gusto cos poemas que só caben non seus libros. Pero ollo, a súa poesía non se pode confinar, cómpre levala canda nós. É de vento. Non é de aquí. Lendo os seus versos estamos condenados a ser libres. 

María do Cebreiro

XORNAL DE GALICIA 3 de xaneiro de 2009

publicidade I NOS 9

XORNAL DE GALICIA 3 de Xaneiro de 2009

10 nos I cine

Fotograma de París #1.

Dous cineastas de hoxe

Para Óliver Laxe non hai escusa de ningún tipo para non facer filmes, de feito el asegura que filmar asumindo as dificultades e as pedras no camiño coan teimosía dun personaxe de Werner Herzog. unha REPORTAxE de martin pawley. FOTOS da curtametraxe parís#1 “Quen sinta necesidade de facer filmes pode facelos. Fará todos os sacrificios que precise para iso, para que esa necesidade non se volva na súa contra. Se non os fai é porque pode que non precise facelos, que no lle dea máis voltas. Que se acepte. Non hai escusas para non facer filmes, de ningún tipo”. Con esa resposta pechaba o galego Oliver Laxe (París, 1982) a entrevista que hai uns meses lle fixo Xurxo González; unha frase que vale de autopoética e que exemplifica ben a maneira de pensar e actuar do cineasta que máis alegrías nos ha de dar no futuro. óliver laxe Tiven noticia del cara ao final do verán de 2007 grazas a unha conversa telefónica con Manolo González, o director da Axencia Audiovisual Galega. Preguntoume se o coñecía, supoño que polo feito de eu tamén ser coruñés, e faloume dun filme que o cineasta estivera a rodar nos Ancares con cámaras de 16 mm. Foi nesa altura cando saiu á venta o primeiro pack da serie “Cinema de notre temps” editado por Intermedio; nun dos DVDs, o que recolle o documental de Chris Marker dedicado a Andrei Tarkovski “Un día na

vida de Andrei Arsénevich”, aparecen como extras dúas pezas de Oliver Laxe, “Grrr! Nº 7: e as chemineas decidiron escapar”, co-dirixida con Enrique Aguilar e que chegara a ser seleccionada no Festival Internacional de Cinema de Xixón, e “Grrr! Nº 8: Soa a trompeta, agora vexo outra cara”, xa en solitario. Son dúas curtametraxes ben diferentes. “as chemineas” En “As chemineas...” as feridas e os sacrificios cristalizan en imaxes en branco e negro que nos amosan guindastres e edificios e nas cales a presenza humana fica reducida a uns poucos planos desenfocados, materiais cos que constrúe unha sinfonía torturada de baleiros e ausencias tan fermosa como desacougante. Rodada un ano despois, “Soa unha trompeta...” segue a ser un traballo moi austero, “de destapar máscaras e máis máscaras”, mais o seu autor parece terse reconciliado co mundo e consigo mesmo e grazas a iso pode enfrontarse aos rostros con decisión para tratar de recoñecerse na mirada do outro. Cheo de curiosidade despois de ver os filmes procurei información na rede sobre Oliver e os resultados non fixeron máis que

óliver laxe: cineasta experimental e modelo, unha combinación insólita, case un binomio fantástico

aumentar o misterio: a maior parte das referencias atopadas aludían ao seu traballo como modelo de pasarela. Cineasta experimental e modelo, unha combinación insólita, case un binomio fantástico, como diría Gianni Rodari.

do director aproxímase á dun neno marabillado pola presenza dos animais, que protagonizan escenas cuxa frescura evoca o slapstick, ou polo paso dun helicóptero, que exemplifica a súa fascinación polos obxectos que voan.

parís #1 Non volvín acordarme del até o pasado mes de xullo, coa celebración en Goián e Vila Nova de Cerveira da primeira -e agardo que non única- edición do Filminho. Eu formaba parte do xurado e en competición estaba “París #1”, a nova película do director, presente no festival. Acabou levando o Grande Premio, non sen esforzo: foi cousa de José Manuel Sande e máis miña, que actuamos como valedores dunha obra que non todos parecían aprezar. Foi unha decisión xusta. Oliver asumiu o risco de preguntarse que é Galiza e a súa elocuente resposta foi unha alfaia que sitúa o audiovisual de noso en pé de igualdade co mellor cinema contemporáneo. En “París #1” o hermetismo das súas obras anteriores desaparece para dar paso a unha verdadeira exaltación da imaxe e do pracer de mirar e escoitar. Nun proceso coidado de depuración a ollada

imaxes do noso país A rodaxe dun filme en Ourense, os ritos máxico-relixiosos vencellados coas pedras en Muxía, unha poxa e unha cacería son algunhas das imaxes que recolle nun paseo polo país que quere ser decididamente sentimental antes que etnográfico; a súa suma conforma un abraiante caleidoscopio no que hai sitio para a alegría e para a crueldade, para a vida e para a morte. Despois da proxección de “París #1” en Goián houbo un pequeno coloquio que non funcionou demasiado ben. Oliver intimida pola súa seguridade e rigor reflexivo e de lonxe pode parecer innecesariamente fachendoso. Mellora nas distancias curtas, cando descobres que na súa actitude non hai impostura. Levo falado moito con Oliver tralo Filminho; conversas longas case sempre en bares do barrio que descubrimos ter en común, esa clase de tascas cuxa

XORNAL DE GALICIA 3 de Xaneiro de 2009

cine I NOS 11

Rarezas excepcionais

Unha reivindicación da capacidade creadora dun cineasta que se move nas marxes do sistema audiovisual con aparente desinterese polo recoñecemento. unha crítica de martin pawley. FOTOS da curtametraxe o cazador

Imaxes da última curtametraxe de París#1 de Óliver Laxe

Unha escena de O cazador

antigüidade podemos estimar contando as raias que teñen os vasos. Cervexa a cervexa a admiración derivou en amizade, alimentada logo a forza de correos electrónicos de lonxitude crecente nos que se debullan proxectos de futuro. promesas de futuro Teño a certeza de que está capacitado de sobra para facer o que fan outros, para incorporarse, aquí ou alá, a unha industria na que xente con bastante menos talento ca el está parindo filmes a un ritmo sorprendente, e por iso me sorprende que podendo acceder ao cinema por unha vía máis rápida elixira facer as cousas que lle pareceron necesarias, as que necesitou contar. Que elixise, dalgunha maneira, o traxecto longo e tortuoso. O menos convencional e o máis libre, e quizais tamén o máis satisfactorio por ser simplemente “o seu”, o que lle permite facer o que quere, ou polo menos intentalo. Iso é algo polo que debe sentirse orgulloso. Con naturalidade, sen darlle máis transcendencia da necesaria: simplemen-

te orgulloso. Por facer o que quere facer, asumindo as dificultades e as pedras no camiño. Mesmo vivindo en precario se for preciso, como lle aconteceu ao chegar a Tánxer, a actual residencia deste autor errante cuxa aínda curta vida vai asociada xa a outras catro cidades, París, A Coruña, Barcelona e Londres. Leva dous anos traballando nun obradoiro de creación cinematográfica para nenos en situación de exclusión social que leva por nome Dao byed, “Luz branca”, o nome co que os cativos decidiron bautizar o proxector. A fascinante experiencia váinola contando nun blog, http://daobyed. wordpress.com, e como resultado dela fará en 2009 unha longametraxe documental. Hai outra longametraxe máis que lle ronda a cabeza, un traballo de sofisticada estrutura que explora o relato convencional, a poesía e a representación fuxindo sempre do manierismo inútil para ir na procura desa honestidade humanista que caracteriza aos grandes cineastas actuais, de Bela Tarr a Pedro Costa. El pode. n

No exemplar de xaneiro da revista “Cahiers du Cinema. España” aparece un informe sobre as curtametraxes feitas en España no 2008. Carlos Reviriego ocúpase dos traballos de ficción; o primeiro que cita, e de xeito moi eloxioso, é “O cazador” de Ángel Santos (Marín, 1976), calificada de “rareza excepcional”. “O cazador”, afirma Carlos, “ábrese en canal e pon ao descuberto o entramado dunha adaptación á pantalla do relato homónimo de Chéjov, desde a súa lectura á súa representación, nun sobrio exercicio de invención creativa que baixo a súa aparente simplicidade agacha varias capas de lectura”, para proseguir dicindo que “esta pequena alfaia atrapa as fases de transformación dunha historia desde que é papel até que é imaxe”. Levei unha grande alegría hoxe ao ler estas palabras, tanto por Ángel Santos, a quen hoxe teño por amigo benquerido, coma por min mesmo, polo moito que levo discutido e defendido a

O cazador é a mellor película de ficción xamais feita en Galicia; non pensan o mesmo os responsábeis dos festivais que a rexeitaron

súa maxistral curta diante de xente que non soubo ver os seus méritos, ou que directamente non sabe ver. O bo oficio Ángel xa o demostrara anos atrás cunha curta deliciosa, “Setembro (Os amores novos)”, reveladora do seu gusto polo cinema francés en xeral e por Eric Rohmer en particular; mais os vinte e cinco minutos de “O cazador” supoñen un extraordinario salto adiante pola súa intelixente reflexión sobre o proceso de adaptación literaria, construída en tres bloques ben diferenciados que deslumbran co seu rigoroso formalismo e a súa admirábel contención e sutileza. Dixen nalgures que “O cazador” era a mellor película de ficción xamais feita en Galicia; non pensan o mesmo os responsábeis dos festivais de cinema que a rexeitaron. Infelizmente para eles, non é o talento a única cousa que Ángel e Oliver teñen en común: tamén coinciden no desinterese e nalgún caso mesmo o desprezo expreso que pola súa obra amosan certos festivais cuxa cegueira acabará por ser lendaria. n

XORNAL DE GALICIA 3 de xaneiro de 2009

12 nós I teatro

Teatro, o agasallo co que sorprenderá Recomendacións para todos os públic Proponse unha variadísima escolla de textos teatrais para todas as idades publicados en 2008 que non defraudarán un texto de rubén ruibal. FOTO: teatro cachuzo

Se comprar un libro en galego que un busca fóra das novidades é traballo para xente do “duro bando”, como nos chamaba Camôes ós desta tribo fisterrá, comprar libro de teatro en galego é traballo para émulos de Indiana Jones. Pero, no caso de conseguir convencer a un libreiro, ou atopar unha desas tres ou catro milagrosas librerías galegas nas que a literatura teatral ten o seu espazo (¡existen!), é posible que entre o editado no noso país poIdamos dar con algúns motivos para a inaprazable reconciliación dos lectores en xeral coa literatura teatral en particular. Alá van unhas recomendacións ben pouco obxectivas e a lista da maior parte do publicado no ano que deixamos atrás para que vostedes podan escoller, de entre todos estes títulos, o agasallo co que sorprenderán a case todos. Se a lectura de artigos tendenciosos non é o seu, un repaso ós títulos en negrita pode dar unha idea aproximada do contido máis importante recollido aquí. Tentando citar todo, empezo pola literatura infantil. A publicación máis destacable do 2008 foi o Game Over de Carlos Losada, gañador do premio Manuel María 2007 e editado por Xerais coa colaboración da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC). Levado á escena por Cachuzo, é posible que no 2009, se a lotería das programacións o contempla, teñamos de novo a oportunidade velo nos escenarios galegos. Ó meu modo de ver, o espectáculo ten un gran problema: lonxe do habitual, non trata ós nenos coma parvos. A propia AGADIC cofinanciou tamén a publicación dos textos galardoados cos premios Barriga Verde para títeres: Cucho, Coco e o dilema do 6, de Tino Antelo, e Cataventos e Cía, de Celia Díaz Núñez. Mágoa que a súa editora, Baía Verde, non siga o branquísimo ronsel deixado trala colección de teatro para adultos fechada no 2006. Edicións Embora, pola súa banda, sacou á rúa os textos de Fusa Guillén e Carlos Labraña que levan por título, respectivamente, O segredo do faiado e Esperta principiño na colección “Os textos da Garola” deste

colectivo cedeirán. Volvendo ás pezas para adultos, Edicións Embora segue adiante coa súa xa consolidada oferta de autores galegos de teatro. Desculpen que non utilice a palabra dramaturgo pero é que en canto a escoito éntranme ganas de meterme debaixo da mesa e dende alí non vexo a pantalla do ordenador. Embora, dicía, sacou á rúa Taras, escrito por Gustavo Pernas para a Escola de Teatro do Padroado da Cultura de Narón arredor das miserias da industria textil, e Cóncavo Convexo, de José L. Prieto, no que catro mulleres e un home coinciden nunha sospeitosa e por momentos hilarante cea. A ourensá Ediciones Linteo entregounos o Ciclo de Xúpiter, quinto volume das obras de Millán Picouto, sempre cargadas de asunto mítico e de verso. Nun mundo hostil, volume que reúne 16 pezas breves de Raúl Dans nas que as historias se insiren unhas noutras coma unha boneca rusa, foi publicado por Espiral Maior Teatro. E aínda que non queda nada ben falar dun mesmo, sería inxusto non mencionar Estaleiro Editora, coa súa vocación de independencia e rexeitamento das subvencións. Esta asociación editorial sacou á rúa nun único e económico volume os vellos textos Insomnio, que vén sendo unha versión de Alicia pero do outro lado do espello da arte contemporánea, e Fume, escrito man con man con Carlos Losada e centrado en dous traballadores contratados por un matadoiro industrial ó través dunha ETT; resumindo, a peripecia de dous modernos escravos. O textos de Estaleiro, aínda que polo ben da editora non debera dicilo, poden descargarse de balde na súa páxina web. Por contrastar, entre as edicións financiadas pola AGADIC, o 2008 deixounos, dentro da Biblioteca F. Pillado Maior, a versión de Marica Campo de O divino sainete de Curros, que chegou á escena demostrando que, por desgracia, o texto segue vixente hoxe. Seguindo no terreo AGADIC, no ano que vai alá non se ampliaron as coleccións “Escena Aberta” e “Máscaras”, na que a editorial Tris-Tram corría coa edición dos

Imaxe da posta en escena de Game Over de Carlos Losada

É POSIBLE QUE ENTRE O EDITADO NO NOSO PAÍS POIDAMOS DAR CON ALGÚNS MOTIVOS PARA A RECONCILIACIÓN COA LITERATURA TEATRAL

textos e que conta con volumes de altísimo interese como o Anxeliños! de Roberto Vidal Bolaño ou o Confesións dun Practicante, de Raúl Dans. Neste último volume o autor adéntrase no camiño do artigo, do ensaio ou, como o título di, da confesión, e remexe con momentos de grande lucidez nos miúdos da práctica e a profesión teatral. Nos “Manuais da Biblioteca de Teatro”, coeditados con Galaxia, o último volume publicado foi Dramaturxia: teoría e práctica do docente e tamén recomendable autor teatral Afonso Becerra de Becerreá, do que Laiovento publicou hai pouco Crio-Xénese. Precisamente Laiovento, esa edito-

rial que merece todo o agarimo pola edición constante e rigorosa de textos teatrais naturalmente inseridos no seu magnífico catálogo xeral e polo mantemento dos “Cadernos de Teatro” que nos abren os ollos a novas voces da literatura escénica sacou, un pouco máis alá do estritamente dramático, un pouco máis alá de calquera xénero no que encadrar o que lemos, unha tradución ó galego de Os alimentos terrestres e Os novos alimentos de André Gide: un volume no que se dan auténticas leccións de Literatura (con maiúsculas, si), en especial para aqueles que ás veces temos a insá tentación de escribir: “Tira o meu libro: di que

XORNAL DE GALICIA 3 DE XANEIRO DE 2009

TEATRO I NOS 13

án a case todos. cos

só é unha das mil posturas posibles ante a vida. Busca a túa. Non fagas o que alguén tería feito tan ben coma ti. Non digas o que alguén tería dito tan ben coma ti, e escrito tan ben coma ti, non o escribas...” Para apuntar. Nesa mesma editorial vén de publicar Manuel Lourenzo o seu último libro, As horas baixas. Saíu hai vinte días pero confeso que aínda non tiven a fortuna de lelo e descubrín a súa existencia cando buscaba na Internet as últimas novidades convencido de que non se me escapaba unha; para que vexan o crédito que poden outorgarlle a este columnista novato. A miña intención era facer unha recensión do anterior libro deste mesmo autor, o espléndido Eléctricas, composto por tres pezas: a disparatada e divertidísima “Forzas Eléctricas”, a folletinesca “O maratón sentimental de Elisa Fortes” e a ultrarrealista e esclarecedora “A Comisión”, situada nun corredor dos terroríficos edificios institucionais dos que depende o teatro profesional. Se queren coller cariño á literatura dramática non deixen de ler este libro. E indo aínda máis alá atrás de M. Lourenzo pero xa non só como autor, chegamos a CasaHamlet, a escola teatral coruñesa. No seu papel de editora e coa vocación docente que caracteriza a súa colección, foi publicado Claro Mencer do Tempo, de X. M. Álvarez Blázquez, en edición de Pilar Gª Negro. En formato revista, CasaHamlet chegou no 2008 á súa décima entrega, dedicada esta vez ó teatro fantástico: recolle textos breves de autores do máis variado e rico do noso panorama teatral -Pernas, H. Rabuñal, o propio Lourenzo, Pisón, Isaac Ferreira, Dans, Euloxio R. Ruibal... -pero de entre todos eles, pola sorpresa, quedo co texto dun novo autor, Xosé Manuel García: “Co seu arume harpado”. Merecen salientarse, ademais, os fermosos traballos de ilustración. É xusto lembrar que tanto a colección de libros como a Revista CasaHamlet nº 10 contan co patrocinio da Deputación da Coruña, que durante o 2008 publicou tamén, dentro

HISTORIA DA CHUVIA AUTOR: ROBERTO SALGUEIRO EDITA: XERAIS

NACHTMAHR AUTOR: RAÚL DANS EDITA: XERAIS

GAME OVER AUTOR: CARLOS LOSADA EDITA: XERAIS

da súa “Colección de Teatro” Unha Primavera para Aldara, de Teresa Moure, gañadora da última edición do Premio Rafael Dieste, e financiou a montaxe do espectáculo que merece columna aparte. A encomiable Revista Galega de Teatro, pola súa banda, deixounos no 2008, cos exemplares que nos chegan con cada estación do ano, catro textos de Jesús Díez, O show de Kinsey, Carles Batlle, Oasis, Anxos Sumai, Deus está de vacacións, e Cándido Pazó, Dúas mamás. O primeiro, acredor do Premio Born, o mellor dotado de todo o Estado; o segundo, dun autor relativamente novo pero de interesante e valente traxectoria; o terceiro, dunha das escritoras máis lidas do noso panorama literario; e o último, unha nova entrega dun dos autores que máis veces chega ós nosos escenarios. Falando de autores galegos que chegan ós escenarios, se cadra con menos fortuna da que merecen, Roberto Salgueiro publicou no 2008 dentro da Biblioteca Dramática Galega de Xerais o texto gañador do premio Álvaro Cunqueiro 2007, Historia da chuvia que cae tódolos días, no que un pai, un fillo e a moza deste viven, sofren e reflexionan en torno ás miserias da emigración e da permanencia na terra propia nun espacio fechado arredor do cal todo se afunde na auga da chuvia; un texto ben recomendable. Nesa colección publica Raúl Dans, Nachtmahr, un exercicio de liberdade literaria que non deixa escapar ó lector dende a primeira á última liña e sorprende pola riqueza de imaxes escénicas que provoca. Unha das miñas pezas preferidas deste autor e, probablemente, do 2008. Xerais tamén sacou á rúa o libro-CD do II certame de Teatro Radiofónico do Diario Cultural da Radio Galega, a oportunidade de ler teatro sen o esforzo de pasar páxinas sequera; non teñen excusa. Xerais agasallounos tamén, xa para rematar, coa Obra Dramática de Francisco Taxes; un gran libro que merece, en calquera país teatralmente civilizado, algo máis que esta simple nota nunha sorte de resumen anual. Un volume imprescindible. 

CRÍTICA TEATRAL

Ese bico, ese silencio

R. R.

V  diante que a ovación coa que os moitos espectadores premiaron “Unha Primavera para Aldara” no Salón Teatro de Compostela foi sincera e longa; e que non é doado disfrutar de ningún espectáculo en vivo a noite despois de asistir a un rotundo, limpo, enerxético e divertido concerto dos rockeiros [encuarentena] no

pub Run-rum de Ferrol. Aínda así, as case dúas horas da obra correron a un ritmo no que o malestar da resaca só quixo resucitar nalgúns dos demasiados escuros e nesas pasaxes nas que o texto tende máis á reivindicación discursiva e inxenua do imaxinario nacionalista e feminista que ó literario ou ó teatral.

Vaia por diante tamén que, entre outras favorables, unha das opinións de fiar que escoitara púñame o espectáculo por “vello”. Pero vello tamén empeza a ser o rock, ou nós mesmos dende que nacemos, e poucas experiencias hai tanto ou máis enriquecedoras que asistir a un bo concerto; unha delas, sen dúbida, asistir a unha boa peza de teatro. E se nela hai interpretacións como as de María Bouzas ou Lucía Regueiro e, sobre todo, hai un momento fermoso como ese do longo silencio e o corto bico, un pode dar a entrada por moi ben pagada.

Ese bico, ese silencio ¡canto dariamos algúns por provocar unha vez na vida ese silencio! 

Unha primavera para Aldara

XORNAL DE GALICIA 3 DE XANEIRO DE 2009

14 NÓS I ARQUITECTURA

Unha reflexión sobre as expectativas que temos postas na arquitectura O libro de Alain Botton fai un percorrido pola historia da arquitectura e os seus valores sen deixar de facerse preguntas UN TEXTO DE ÁNGEL JOSÉ FERNÁNDEZ ÁLVAREZ. FOTO: XdG

S   datas propicias para a reflexión acerca da nosa visión da felicidade. Inmersos na voráxine consumista que nos seduce cunha choscadela hedonista e nos obriga a ser felices sen posibilidade de renuncia nin fuxida, é o momento de revisar a idea que temos de nós mesmos co propósito, máis voluntarioso do que real, de intentar casar “o que é” e “o que debería ser”. Nesa orde de cousas, talvez deberiamos preguntarnos seriamente se a arquitectura que nos rodea, ou aquela en que resignadamente habitamos, está contribuíndo a que percorramos de forma tranquila o camiño que conduce á felicidade, reencontrando de paso o mellor de nós mesmos, ou se, pola contra, se converte habitualmente nun obstáculo para a consecución dese ideal. AS PREGUNTAS QUE HAI QUE FACER DE PARTIDA ¿Que fai belo a un edificio? ¿Pode a arquitectura influír no carácter dos seus moradores? ¿Por que valoramos certos edificios que marcaron a historia da arquitectura? Estas e outras cuestións son as que aborda Alain de Botton (Zurich, 1969) no seu último libro que, co suxestivo título de “La arquitectura de la felicidad” (na súa versión ao castelán), centra a súa atención na nosa forma de habitar e realiza unha reflexión onde, ademais dos temas anteriores, tamén formula dúbidas acerca da capacidade das casas belas para garantir a felicidade dos seus habitantes e analiza cuestións como a elegancia, a coherencia, a orde, a memoria ou a simplicidade no deseño arquitectónico. Durante máis de mil anos de cultura occidental, un edificio fermoso foi sinónimo de edificio clásico, é dicir, o resultado de poñer en práctica certos ideais de simetría, proporción e harmonía, seguindo as regras das “ordes” definidas por Vitrubio e recuperadas de novo no Renacemento por Alberti e Palladio. No século XVIII

prodúcese a quebra deste consenso clásico co “revival” do gótico e a curiosidade ecléctica polos estilos arquitectónicos exóticos e propios de épocas pasadas, chegando mesmo á combinación caótica de calquera das opcións dispoñibeis, o que produciu unha reacción irada por parte dos críticos máis sensatos. A resposta veu, en parte, do recoñecemento profesional dos enxeñeiros que dominaron a construción dos novos edificios da Revolución Industrial e que deu lugar á sustitución do debate sobre a beleza por unha procura da verdade tecnolóxi-

O LIBRO FORMULA DÚBIDAS ACERCA DA CAPACIDADE DAS CASAS BELAS PARA GARANTIR A FELICIDADE ca e do principio de funcionalidade nos edificios. Para Botton o movemento moderno gobernado por un espírito concibido por enxeñeiros atribuíuse o ter proporcionado unha resposta definitiva á cuestión da beleza na arquitectura: o importante dunha casa non era que fose bela senón que funcionara ben. Resulta paradoxal que, seis anos despois de rematar a súa construción, a obra mestra da arquitectura doméstica de Le Corbusier, a Ville Saboye, se convertese nun auténtico problema xa que como escribiu a propietaria ao arquitecto: “Chove no recibidor, chove na rampla e a parede do garaxe está completamente empapada. Máis aínda, segue chovendo no meu baño, que se inunda cando vai mal tempo”. Atopámonos ante o desconcertante paradoxo dunha “máquina para vivir” inhabitábel e, porén, extraordinariamente bela. Botton resolve as pro-

O autor de Arquitectura de la felicidad, Alain de Botton

blemáticas relacións do movemento moderno coa ciencia e a tecnoloxía recorrendo aos comentarios de John Ruskin acerca da elocuencia da arquitectura. As obras de deseño e arquitectura “fálannos” do tipo de vida que sería máis apropiado levar con elas e en torno a elas, de certos estados de ánimo, en resumo, fálannos de “imaxes de felicidade”. ATOPAR A BOA VIDA Sentir a beleza é para el un sinal de que atopamos a expresión material dalgunhas das nosas ideas acerca do que é unha “boa vida”. A noción de

“edificios que falan” permite situar no núcleo do debate arquitectónico a cuestión dos valores, sempre complexa e a miúdo contraditoria. Para o autor o noso sentido da beleza e o que entendemos por unha boa vida están entrelazados e cita a Stendhal cando afirmaba: “A beleza é a promesa de felicidade”. Considerar bela unha obra arquitectónica ou de deseño é recoñecela como unha representación dos valores e as calidades que necesitamos para prosperar como auténticos seres humanos. En “A poética do espazo” o filosofo

francés Gaston Bachelard refírese á imaxe da “casa soñada” e suxire que “pedirlle a un neno que debuxe unha casa, é pedirlle que revele o soño máis profundo onde quere albergar a súa felicidade”. O SOÑO DA FELICIDADE Se realmente “somos do mesmo material de que están feitos os soños” debemos ser capaces de esixir sen complexos que a arquitectura, a “boa arquitectura”, contribúa á construción dese soño, ao cumprimento das promesas máis elevadas e intelixentes da auténtica felicidade. 

XORNAL DE GALICIA 3 de xaneiro de 2009

CREACIÓN I NóS 15

Canto de Cloto Creación: María Comesaña Besteiro Escritora (1979), gañou o premio Eusebio Lorenzo Baleirón 2003 con Zoonose Ed. do Castro (2004)

O caso é que sentía a gadoupa dos días a abanear a porta   Cloto a descubrir o seu primeiro sangue menstrual Cloto a imaxinar un mundo sen novelos   Pés e mans presos no fío negro como o mundo Desaparece entre soños e bágoas que sulcan de sal o seu rostro de virxe degolada Non hai espellos que a contemplen sen saias Novelo atragantado na gorxa atrapada Era unhas mans brancas uns dedos áxiles que podían cortar o mesmo vento un solpor no rostro enrubecido e ollos que axexan coa curiosidade da namorada   Cloto evoca un xardín pero a primavera era xa unha lembranza unha sombra aceda ou quizais nunca existira Ela, o que sorrimos cando chega o día   Un fío prende no cabelo espido de Cloto Un fío percorre o seu pequeno corpo morto Un fío a avanzar polo seu corpo introducíndose na gorxa investigando certo corpo ignoto O fío pegado á gorxa seca a saliva dos beizos Cloto ergue a saia O seu pé esmaga a primeira flor da primavera

Ilustración Xebe d´Afrei

NÓS

Xornal de Galicia

S U P L E M E N TO D E C U LT U R A

3 D E X A N EI R O D E 2 0 0 9. N Ú M E R O 4

A cova da Páxina de moura autorI X. I Anxos M. Rivas García Fonte

Biblioteca en lingua propia HAI DÍAS















que os xornais de Galicia daban conta da alegría que tiña o presidente Touriño coa esperanza de compensar o financiamento desta autonomía en razón de dispoñermos dunha «lingua propia». No fondo é unha noticia triste, xa que danés, finés, polaco e tantas linguas europeas que non tiveron imperio xa non necesitan ser compensadas. Mellor sería non ter necesidade dese plus económico que a facenda de tódolos españois pon en mans do presidente Touriño para atención da lingua propia de Galicia. Pero dada a nosa situación de retraso na autoconstrución da Galicia europea, eiva recoñecida nos ámbitos da saúde e da xustiza polos inspectores lingüísticos de Europa, a solución eficaz, neste proceso de desenvolvemento pleno da nosa intimidade, depende en boa parte do uso que faga destes fondos de compensación lingüística o señor presidente. A fermosa e millonaria exposición «As nosas palabras, os nosos mundos», que está recorrendo o mundo desde Bruxelas a Bos Aires pasando por Barcelona, Madrid, Sevilla, Bilbao e todas as capitais galegas, é un exemplo de como se poden usar os máis variados soportes para unha mesma mensaxe: a valoración do propio. Pero non creo que sexa o camiño máis atinado para que médicos e xuíces fagan un mínimo esforzo por cambiar a súa rutina e atendan ós seus clientes na lingua propia deles, que son os que pagan. Hai dous profesores na Universidade de Vigo que desde a Asociación de Tradutores Galegos (ATG) traballan arreo pola nosa «lingua propia». Xosé María Gómez Clemente e Alberte Alvarez Lugrís, presidente e secretario desta asociación, saben que o traballo cultural é sempre a longo prazo e van formando lentamente a biblioteca virtual www. bivir.com de literatura universal en galego. Esta biblioteca que leva oito anos aberta as vinte e catro horas do día a calquera lector que queira entrar, conta con cerca de cento cincuenta títulos. Nada, como quen di, se os comparamos cos dous millóns que están en Europeana, a biblioteca dixital europea. Todos os escritores galegos actuais leron a literatura universal fundamentalmente en traducións castelás. Para que os escritores galegos do futuro poidan desde hoxe ir formándose na intimidade da súa propia lingua, cómpre que o presidente Touriño tome en serio a biblioteca en lingua propia e faga un programa de traducións das cinco mil obras da literatura mundial que deben estar a disposición de tódolos galegos. Poden parecer moitas obras, pero os tradutores son austeros e pouco esixentes, de doce a quince euros por folio. Unha exposición como a que montou Política Lingüística este ano pode dar para mil títulos e coa vantaxe de que as mil obras traducidas quedan para sempre e unha exposición pouco máis dura que un foguete. Para que lectores e responsables políticos da nosa lingua propia poidan ver unha mostra do traballo da Asociación de Tradutores Galego, poden entrar na súa biblioteca virtual e ler o conto“O Destino” (http://www.bivir.com/DOCS/NORM/destino.pdf) do premio Nobel Wladyslaw Reymont. A tradución galega débese a dúas profesoras da Universidade de Varsovia, Maria Boguszewicz e Ana Somoza. Nesta época en que os telexornais case nos fixeron perder a sensibilidade ante as atrocidades da guerra o escritor polaco fáinola recuperar mediante a traxedia dun can. Tamén recobrou tristemente actualidade ante esta crise económica que padecemos “A parábola do depósito de auga” de Edward Bellamy (1850-1898) da que Elena Maure traduciu do inglés a versión reducida (http://www.bivir.com/DOCS/NORM/parabola. html). É mágoa que o traballo produtivo de bens culturais permanentes estea dependendo do entusiasmo e voluntarismo duns poucos e que os medios públicos destinados á normalización da «lingua propia» teñan froitos tan efémeros. Posiblemente os políticos non sexan capaces de ver máis alá das próximas eleccións ou da color das súas siglas. l

Ilustración: Xebe d´Afrei

Related Documents

Pro 4 A Nos
October 2019 7
Nos
October 2019 50
Nos
June 2020 29
Nos #4 - 3/01/2009
April 2020 5
Alum Nos
December 2019 10

More Documents from ""

Parrilla 22.04.2009
April 2020 1
Parrila Tv Martes
May 2020 0
May 2020 0
May 2020 0
June 2020 0
May 2020 0