Hans Christian Andersen

  • October 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Hans Christian Andersen as PDF for free.

More details

  • Words: 252
  • Pages: 1
Hans Christian Andersen (1805-1875) Naceu o 2 de abril de 1805 en Odenses (Dinamarca). De orixe humilde, o seu pai era zapateiro e a nai lavandeira, tivo de moi novo que ir gañar a vida a Copenhague. Iniciouse no mundo do teatro e conseguiu unha bolsa para realizar os seus estudos. Viaxou por toda Europa. Escribiu novelas, contos e libros de viaxes. A súa colección Contos contados aos nenos, publicada en 1835, obtivo un grande éxito. Titulou a súa biografía O conto da miña vida, convencido de que a historia da súa vida fora un tamén un conto. En total, escribiu 164 contos, moitos deles forman parte xa do patrimonio cultural europeo e universal. As súas fontes de inspiración foron moi variadas: o folclore danés, a poesía, lembranzas persoais, soños, vivencias cotiás… Cada 2 de abril, celébrase a instancias do IBBY (Internacional Young People)

Board on Books for

o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, en recoñecemento

da súa obra. Este ano conmemórase ademais o II Centenario do seu nacemento. Algúns temas recorrentes nos contos de Andersen son: •

A confrontación entre a razón e o sentimento: A sereíña ou A raíña das neves.



Presenza dun personaxe que non se adapta ao mundo no que lle tocou vivir: O parruliño feo, A sereíña.



A morte como un aspecto ligado de forma natural á vida: A vendedora de mistos, Baixo o salgueiro, Anne-Lisbeth.



A importancia das mulleres como protagonistas dotadas de poder e forza: A raíña das Neves, Pulgariña.

Related Documents