Guia Nadal 2007-08

  • November 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Guia Nadal 2007-08 as PDF for free.

More details

  • Words: 617
  • Pages: 2
Bacharelato ƒ “El guardián entre

el centeno”

J.D. Salinger Ed. Alianza ƒ Publicada inicialmente en 1945,esta novela convertiuse inmediatamente en libro de culto para os lectores norteamericanos. A impresionante forza con que o adolescente protagonista mira e se mira a si mesmo é dunha brillantez sostida que só moi poucos autores logran conseguir.

ƒ “Como agua para

chocolate”

Laura Esquivel Ed. Mondadori

Tita e Pedro quérernse, pero ela debe permanecer solteira coidando á súa nai ata que morra. E Pedro, para estar cerca de Tita, casará coa irmá dela, Rosaura. As receitas de cociña de Tita marcarán o paso das estacions da súa vida. Un agridulce relato de amores edesencontros, un plato literario delicioso.

ƒ “Cardume” Rexina Vega Ed. Xerais

En Cardume relátasenos, a través dun fío persoal e familiar, a historia dos sobreviventes a un tempo confuso, enfermo e doloroso; a ese tempo aberto pola eclipse da República e dos seus ideais. A novela caracteriza un período moi longo que retrata boa parte do século XX a través de varias xeracións, sorprendéndonos coa fascinante recreación de atmósferas sociais, familiares, políticas, industriais, culturais, e a recreación dos retratos da emigración daquela época convulsa que deixou unha pegada imborrable nas persoas que a viviron. Cardume obtivo o Premio Xerais de novela 2007.

Boletín nº 4.- Nadal 2007

Un agasallo? - Un libro. libro

A biblioteca do IES “Río Miño” deséxalles Bo Nadal e un feliz ano 2008.

Estimadas nais e pais: Poñémonos en contacto con vostedes para facerlles chegar os nosos mellores desexos nestas festas e, ó mesmo tempo, suxerirlles que entre os agasallos de Nadal teñan en conta un libro, para o que nos permitimos recomendarlles os seguintes:

Primeiro Ciclo de ESO ƒ “El fantasma de Canterville y otros cuentos” Óscar Wilde Ed. Vicens-Vives Os contos de Oscar Wilde incluen algunhas das pezas máis extraordinarias da literatura universal. As razóns para lelos son tantas como a temática que os impregna. O fantasma de Canterville. Un fantasma que xa non consegue asustar a Ninguén, pide a uhna nena que lle axude a morrer.

ƒ “A sombra cazadora” Suso de Toro Ed. Xerais Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírteos de que as sombras poden ter vida propia.

ƒ “O ceo dos afogados” Francisco Castro Ed. Xerais Todos os delfíns de todos os mares, todos os delfíns de todos os océanos, todos os delfíns de todo o planeta decidiron xuntarse á mesma hora no mesmo punto de todos os mares, de todos os océanos de todo o planeta para dende alí avanzar cara á costa.

ƒ El secreto de la judía Blanca Álvarez Abel Lindes é un historiador obsesionado coa figura de Huwaal- Baqui, estudioso do século XIII do que non hai escritos, so referencias. Un día recibe unha invitación.

2º Ciclo de ESO: ƒ “EL niño con el pijama de rayas” John Boyne Ed. Salamandra. Bruno, un meniño de nove anos,múdase coa súa familia a unha casa xunto a unha cerca. Cercas coma esa existen en moitos sitios do mundo, sólo desexamos que non atopes nunca unha delas.

ƒ “97 formas de decir te quiero” Jordi Sierra y Fabra. Ed. Bruño. Cristóbal vese envollto nun apaixoante misterio do que,sen pretendelo, é protagonista: é a reencarnación dun rapaz que viviu hai vinte anos unha historia de amor cunha moza que se suicidou ó día seguinte da morte do mozo.

ƒ “Canícula” Mariña Pérez Rei Ed. Sotelo Blanco O cambio climático condiciona a vida na Galicia do futuro. Os exiliados resisten as temperaturas extremas nos desertos áridos do interior.

Related Documents

Guia Nadal 2007-08
November 2019 11
Guia Nadal 2006-07
November 2019 12
Nadal
December 2019 30
Nadal
November 2019 31
Nadal
December 2019 25
Nadal
April 2020 19