Estamos reorganizando E a Biblioteca do centro e adaptándoa a un novo programa que ofrecerá maiores prestacións para ler e para buscar información. Ó mesmo tempo, neste trimestre traballamos, colaborando con diferentes Departamentos, en temas que interesan pola súa actualidade: O 125 aniversario do nacemento de Picasso. O 250 cabodano do nacemento de Mozart. A violencia contra as mulleres. A Declaración Universal dos Dereitos Humáns.
En datas vindeiras temos en proxecto facer unha exposición de libros antigos, para o que precisamos da colaboración de todos os membros da comunidade educativa. Por iso, agradecémoslles que, á volta das vacacións de Nadal, nos traian os libros que consideren de interese, pola súa antigüidade, pola súa rareza, por ser de temas pouco frecuentes, pola forma de estaren escritos, etc. Levarase un rexistro dos libros que se nos vaian entregando e darase un recibo numerado para facilitar a devolución e o control do que aporte cada persoa.
Dende a Biblioteca, desexámoslles un Bo Nadal e un Feliz e lector ano 2007.
Estimadas nais e pais:
1º Ciclo de ESO
Con motivo das Festas de Nadal, queremos poñernos en contacto con vostedes para lembrarlles a importancia que ten a lectura para os seus fillos.
•J.M Barrie, Peter Pan •Michael Ende, Momo •Gerald Durrell, Los secuestradores de burros •Oscar Wilde, A pantasma de Canterville •Roald Dahl, Iago e o pexego xigante •Lewis Carroll, Alicia no país das marabillas •Christine Nöstlinger, Olfato de detective •Gianni Rodari, Contos escritos á máquina •Judith Kerr, Cando Hitler roubou o coelliiño rosa •Sempé Goscinny, O Nicolasiño
Un bo hábito lector aumenta o vocabulario, facilita a comprensión, desenrola a capacidade de concentración, estimula a imaxinación e predispón ós rapaces, e mesmo ós adultos, a realizar con éxito as tarefas de estudio. Por iso queremos propoñerlles que entre os agasallos haxa, polo menos, un libro. A continuación figura unha pequena lista que pode servirlles de axuda:
•2º Ciclo de ESO •Michael Ende, A historia interminable •Suso de Toro, Conta saldada. •Andreu Martín y Jaume Ribera, Tódolos detectives se chaman Flanagan. •J. R. R. Tolkien, O hobbit •Carmen Martín-Gaite, Caperucita en Manhattan.
•Arthur. C. Clarke, Contos da Taberna do Cervo Branco •Arthur Conan Doyle, O can dos Baskerville •Charles Dickens, Oliver Twist •John Steinbeck, A perla
Bacharelato •Manuel Rivas, O lapis do carpinteiro •William Golding, O señor das moscas •Aldous Huxley, Un mundo feliz •Carmen Laforet, Nada •Patrick Süskind, O perfume •Anton Chéjov, La señora del perrito y otros cuentos •Isabel Allende, La casa de los espíritus •Antonio Skármeta, El cartero de Neruda •Umberto Eco, O nome da rosa •Manuel Vicent, Tranvía a la Malvarrosa