Fobias

  • April 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Fobias as PDF for free.

More details

  • Words: 9,583
  • Pages: 54
Fobias

JOSE PRIETO

O escenario representa o salón comedor da casa de Luis Mendía. Os mobles, así como toda a utilería manteñen un estilo antigo de corte barroco. Á dereita está a porta da entrada, no outro extremo outra porta que conduce á cociña, no centro a porta do despacho de Luis Mendía, e entre esta última e a da cociña, unhas escaleiras que conducen ó piso superior, onde presumiblemente se atopan as habitacións. O salón comedor conta con dous espacios diferenciados. Á dereita, a modo de recibidor, un tresillo cunha mesiña central na que se atopa un teléfono, de fondo unha estantería chea de libros, un espello de parede e un percheiro, e á esquerda, unha mesa alargada, cuberta por un elegante mantel, e aparentemente preparada para unha romántica velada de dúas persoas, con velas, flores, cubertería de plata, unha botella de viño a enfriar e unha bandexa cuberta, que contén quen sabe que deliciosos manxares. Así está a estancia, chea de cousas pero valeira de xente, ata que se sinte como alguén abre a pechadura da porta da entrada, empurra a porta e penetra na casa, pechando logo ás súas costas. Trátase de Andrea, de gafas e pelo recollido, traxe de chaqueta-falda serio e discreto e expresión idéntica ó traxe. Camiña polo cuarto prestando coidadosa atención a tódolos detalles. Óllase levemente no espello e corrixe case imperceptiblemente un cabelo que debía ter mal colocado. Segue observando e diríxese á mesa do comedor. Obsérvaa minuciosamente, e por fin, prosigue o camiño e pérdese pola porta que da á cociña. Nada máis perdida de vista Andrea vemos como de novo a porta da entrada semella querer abrirse. Efectivamente faino, e fai a súa entrada vivamente Raquel. Raquel é menuda e urxente, leva duas trenzas e un vestido largo e vaporoso. Mira o interior con avidez e respira profundamente, como collendo folgos para tomar posesión do lugar. Así parece facelo, pois despois da profunda respiración, sorrí complacida como vencedora de non se sabe qué. O sorriso troca de súpeto ó dirixir a mirada cara a porta da cociña, 2

da que lentamente sae Andrea portando con xesto seco, un coitelo na man. Andrea, ó ver a Raquel, detense. As dúas mulleres semellan petrificadas durante un segundo, xusto o que tarda Raquel en reaccionar. Raquel-

¡Aaaaaah! (Busca rápidamente coa vista algo có que defenderse

e non tarda en atopalo. Trátase dun dos bastóns que adornan o paragüeiro da entrada. Lánzase sobre él como unha posesa e empúñao con determinación) ¡Atrás! ¡Non me obrigues a matarte! ¡Fixen un curso de florete! Andrea segue a empuñar o coitelo. Olla a Raquel e logo avanza uns pasos en dirección á mesa. Unha vez alí, coloca o coitelo no lugar que lle corresponde, á dereita do plato. Andrea-

(Severa) ¿Pódese saber quen é vostede e que está a facer nesta

casa? Raquel-

(Aínda empuñando o bastón) ¡Iso é o que debería preguntar eu...

e... e iso é o que pregunto! Andrea-

(Cortante) O meu nome é Andrea Morente Varela, e estou citada

nesta casa para cear co doutor Mendía, que sen dúbida debe de estar a piques de chegar, polo que faga o favor de colocar ese bastón no seu sitio e marchar inmediatamente de aquí. Raquel-

¡Oh! ¡Iso é mentira!

Andrea-

Señorita, eu nunca minto.

Raquel-

Todo o mundo mente algunha vez

Andrea-

Eu non minto.

Raquel-

(Baixa o bastón e sentencia) Pois eu tamén estou aquí para cear

co doutor Mendía. 3

Pausa. Síntese como alguén está tentando abrir a porta da entrada. Escoitase o son da pechadura, pero o que sexa non parece atopar a chave axeitada. Raquel deixa o bastón e diríxese á porta. Andrea recolle o bastón e colócao no paragüeiro. Raquel abre a porta. Entra Inés, madura,

con pelo de

perruquería e conxunto caro con bolso a xogo. Olla un intre a Raquel e a Andrea e rápidamente reacciona. Inés-

(Mentras abre o bolso) ¡Uf! Fágome sempre tremendos líos coas

chaves. Nunca sei de onde é cada unha. (Saca unhas moedas e dallas a Raquel) Thank you, nena. Pecha a porta que hai corrente. (A Andrea) Por favor, dille ó señor Mendía que xa estou aquí. (Ingresa na estancia con seguridade. Diríxese á mesa) ¡Vaia! ¡O romántico de Luis! ¡As miñas flores preferidas! (Ule as flores e inmediatamente estornuda) ¡Merda! ¡O puto polen! (Colle con rabia e tíraas no chan) ¡Por favor, recollede iso e poñédeo fora da miña vista! ¡E avisade dunha vez a Luis! ¡Veña! ¡Veña! ¡Come on! ¡Como está o servicio... ! (Colle un pano e estornuda de novo. Mentras palpa o nariz có pano, observa que Andrea e Raquel a ollan sin movérense. De súpeto, Raquel lánzalle violentamenta as moedas que aínda conservaba na man. Inés esquívaas amosando que aínda conserva uns respetables reflexos) ¡Nena! ¿Non che parece abondo por abrir unha porta? Raquel-

¡Aaaagghhh! (Berra de rabia e comenza un desconsolado pranto

que continúa sentada nun dos sillóns.) Inés-

(Mira cara Andrea con xesto interrogante) ¿Qué é o que lle pasa?

Andrea-

(Dirixíndose con firmeza a Inés e colocándose fronte a fronte) ¡A

señorita non é do servicio! Inés-

¿Ah, non? 4

Andrea-

Nin eu nin a señorita somos do servicio

Inés-

¿Ah...?

Andrea-

A señorita e máis eu, Andrea Morente Varela, estamos citadas

para cear esta noite co doutor Mendía, e polo que observo, sospeito que nin a señorita nin eu somos as únicas convidadas. Inés-

(Tras de unha mínima pausa esboza medio sorriso) ¡Este Luis...!

¡Sempre tan divertido...! (Garda o pano e procede a botar unhas gotas polo nariz) Descúlpame Andrea, pola confusión. (Gota) E descúlpame ti tamén, Raquel. Pausa . Raquel cesa no pranto. Raquel-

¿Cómo sabe o meu nome?

Inés-

Ela acaba de decirmo

Andrea-

Eu ignoraba o seu nome

Inés-

¡Ja! ¡Pois ten gracia! Non é a primeira vez que me ocurre. Unha

vez en Londres deume por chamarlle Peter ó recepcionista dun hotel e efectivamente ese era o seu nome. Puxo a mesma cara que tedes vós agora. Intuición feminina. ¿Nunca vos pasou? Raquel-

Non

Andrea-

Nunca

Inés-

Será que aínda sodes moi novas... ¡Ai! (Bota unha man ó peito)

¡As palpitacións! ¡Necesito sentar! (Senta nun sillón sofocada) ¡Por favor! ¡Un pouco de auga! ¡Arf, arf, arf! Raquel sae rápidamente cara á cociña. Inés segue sofocada e Andrea, pola súa parte, recolle as flores do chan e volve a colocalas no lugar que 5

ocupaban na mesa. Entra Raquel cun vaso de auga na man e achégase a Inés, que extende o brazo para collelo. Inés- Gracias, nena. Raquel tíralle a auga por riba. Raquel-

(Solemne) ¡Endexamais ouses volver a humillarme cunha propina

ou a próxima vez non será auga o que derrame sobre ti! (Volve á cociña co vaso na man camiñando de xeito esaxeradamente digno. Inés saca o pano e tenta secarse) A Andrea, colocando minuciosamente as flores, se lle escapa unha seca ráfaga de risa. Inés a mira, e Andrea volve ó seu rictus severo. Andrea-

Arriba, na segunda porta, hai toallas.

Inés-

(Erguéndose do sillón) ¡Sei perfectamente onde están as toallas!

(Marcha cara arriba) Andrea queda soa por uns momentos, olla o pano que Inés deixou no sillón, achégase lentamente a él e gárdao no peto. Xusto agora alguén chama á porta. Insisten. Raquel sae da cociña. Mirna-

(Dende fora) ¡Luigi! ¡Cariño! ¡Abre, que esquecín as chaves!

(Chama) ¡Luigi! ¡Luigi, tontín! ¡Deixa de xogar e abre a porta! (Chama)

6

Raquel-

¿Outra?

Andrea

Outra

Raquel-

¡Ah!

Mirna-

(Dende fora) ¡Luigi, non me fagas rabiar, capullín! ¡Miau!

¡Ábrelle á túa gatiña! Inés-

(Aparece arranxándose pola escaleira) Sería mellor abrir antes

de que raie a porta coas uñas. Mirna-

¡Miau, miau!

Andrea diríxese á porta e ábrea. No umbral está Mirna, de elegante e seductor vestido largo e un foulard na gorxa. Mirna-

¡Miau...! (Olla a Andrea de arriba a abaixo, descaradamente) ¿E

ti? Andrea-

Andrea Morente Varela

Mirna-

(Indiferente) Ah... (Da uns pasos e ve tamén a Inés e Raquel.

Olla ás tres) Non sabía que houbese unha festa de disfraces. ¿Onde está Luigi? Raquel-

¿Quedaches con el para cear?

Mirna-

Sí, guapa, quedei con el para cear

Raquel-

¡Oh, Deus!

Inés-

Pois penso que vas ter que sacar número

Mirna-

¿Qué parvada é esa? ¿Quen sodes vós?

Andrea-

Todas estamos aquí citadas para cear con Luis Mendía

Mirna-

(Pausa) ¿É unha broma?

Inés-

Para morrer coa risa

Andrea-

¿Acaso teño cara de estar bromeando? 7

Mirna-

¡Merda, merda, merda, merda! (Diríxese ó espello da entrada e

comenza a empolvar compulsivamente as meixelas) ¡Ese cabrón prometeume unha cea de despedida! Inés-

¿Unha divertida, íntima e especial velada de despedida?

Mirna-

(De mal xenio) ¡Sí, iso mesmo!

Raquel-

¡As mesmas palabras que me dixo a min!

Andrea-

Exactamente as mesmas que a min

Mirna-

¡Porco!

Raquel-

¿Haberá máis convidadas?

Inés-

Non creo.

Raquel-

¿Por qué non?

Inés-

Porque somos catro...

Andrea-

¿E iso que significa?

Inés-

Que catro... é o número favorito de Luis

Raquel-

Non o sabía

Andrea-

Nin eu

Mirna-

¿Onde está el?

Pausa. Soa o teléfono. As catro míranse. Raquel decídese a descolgalo. As demais observan con atención. Raquel-

¿Sí...? ... ¿Comezar o que...?... (Mira o teléfono e colga. As

demais a interrogan coa mirada) Xa podemos comezar. Mirna-

¿Eee?

Raquel-

Iso foi o que dixo: “Xa podemos comezar”

Andrea-

¿Era el?

Raquel-

Era 8

Pausa Inés-

Está claro. Quere xogar.

Raquel-

¿A que?

Inés-

Non sei, pero o que é evidente é que o señor doutor quere xogar

unha vez mais. ¿Acaso vos sorprende tanto, nenas? ¿Ou é que eu son a única que coñece os gustos do noso honorable e ilustre psiquiatra? Pausa Mirna-

(En disposición de marchar) ¡Ciao! Odio compartir xogos

Inés-

¿Tamén odias compartir homes?

Mirna-

(Achégase a Inés contoneándose orgullosa) Señora, con isto

(sinalando o seu corpo) pódese elixir, con iso (sinalando o de Inés), a única solución é compartir. Inés-

Pois parece que por unha vez, tanto “isto”, como “iso” durmiron

no mesmo sitio. E tamén “aquilo” (sinalando a Raquel), e “aquiloutro” (Sinalando a Andrea) Raquel-

(Afectadamente) ¡Cuan dificil resulta ser especial!

Andrea-

(A Inés) Señora, non lle permito que faga ningún tipo de

especulación sobre a miña relación co doutor Mendía. Inés-

Primeiro son señorita, non señora, e segundo, non especulo,

simplemente seino. Sei que Luis Mendía ten relacións coas catro... e por algunha razón que descoñezo, quixo xuntarnos aquí esta noite.

9

Pausa Raquel-

¿Para xogar?

Inés-

Probablemente

Mirna-

¡Que estupidez!

Pausa Raquel-

Dixo que se trataba dunha cea de despedida. ¿a onde vai?

Míranse. Ningunha o sabe. Reflexionan. Andrea-

A mesa está disposta para dous

Mirna-

(Decatándose de algo rí altivamente) ¡Ja, ja, ja, ja! ¡Que parvo!

Raquel-

¿Que pasa?

Mirna-

Coñecendo a Luigi como o coñezo, non é dificil saber cal é o

xogo. Esta cea é para dous... ¿Que dous? Andrea-

Loxicamente un deles debe ser él.

Mirna-

¡Ajá!

Inés-

E resta unha praza para catro aspirantes

Mirna-

¡Ajá!

Raquel-

Logo o xogo consistiría en ocupar esa praza

Mirna-

¡Bingo!

Inés-

¡Moi propio de Luis Mendía!

Andrea-

Non penso participar de tal aberración

Mirna-

¡Eu si!

Inés-

¿Non odiabas compartir xogos? 10

Mirna-

Tamén odio compartir homes. Ademais só me gustan os xogos

dos que me sei gañadora. Inés-

Só para mostrarche o contrario xogarei eu tamén

Raquel-

Pode ser emocionante...

Andrea-

¿Cómo vos podedes prestar a semellante idiotez?

Inés-

Pois vaite, somos unha menos

Mirna-

Por min que quede. Total...

Raquel-

¿Tes medo de perder?

Andrea-

Non teño medo de nada. (Pausa) Decidirei se xogo cando saiba

as regras. Non sabemos nada. Só estamos especulando. Soa o teléfono. Raquel abalánzase de novo sobre él. Raquel-

¿Si?... (Tapa e dilles ó resto) ¡Di que Bingo!...

Ines-

Acertamos

Mirna-

Acertei

Andrea-

¡Patético!

Raquel-

... ¿Que?... (Colga o teléfono)

Inés-

¿Que dixo?

Raquel-

“A cea está servida”.

Miranse un segundo, e logo, á vez, como movidas por un resorte conxunto, miran cara á mesa. Sin decir nada, aproxímanse lentamente á bandexa cuberta. Unha vez alí, Andrea toma a decisión e levanta solemnemente a tapa. O berro é practicamente unánime, pois o delicado manxar é simplemente unha calaveira servida sin guarnición. Despois do berro as mulleres amosan o seu parecer. 11

Mirna-

(Con noxo) ¡Porco!

Inés-

(Sofocada) ¡Cabrón!

Raquel-

(Escandalizada) ¡Con estas cousas non se xoga!

Andrea-

(Aínda coa tapa na man) Hai unha tarxeta.

Mirna-

¡Xa! Como no “un, dos, tres”.

Raquel-

¿Que pon?

Inés-

(Aínda sofocada aspira un ventolín) Le, nena, le.

Andrea colle a tarxeta, volve a tapar a bandexa e disponse a ler. As demais agardan con espectación. Mirna arranxa unha uña, Raquel morde unha trenza, Inés respira a duras penas. Andrea-

(Lee) “Cear ou non cear, aí está a cuestión. Rógovos desculpas

polo pequeno susto, pero como ben sabedes todas vós, o medo forma parte da vida e nós non debemos tratar de evitalo, debemos tratar de combatelo. Sodes catro. Sodes as miñas catro pacientes favoritas. Catro pacientes, un xogo e dous premios: O primeiro, insignificante, compartir cea comigo, o segundo, o premio máis perseguido, vencer definitivamente o medo. Hai unha proba específica para cada unha de vós, e unha última proba conxunta. Prometinvos unha divertida, íntima e especial velada de despedida... e así será. Non o evitedes, combatede. E non esquezades, miñas queridas pacientes e amigas, que esta noite sodes rivais. Sorte a todas.” Pausa. Mirna-

¿Xa está? 12

Andrea-

Falta ler as probas.

Inés-

Pois remata, nena, remata.

Andrea-

Primeira proba: “Por vos nací, por vos tengo la vida”

Raquel-

“... por vos he de morir y por vos muero”.

Todas a miran. Raquel-

Garcilaso. É un verso de Garcilaso.

Mirna-

Pois que ben.

Inés-

Así que a primeira proba é para ti, nena.

Raquel-

Eu... eu non quero. Eu non quero xogar. ¡Non quero! (Tírase nun

sillón tapando a cabeza) Mirna-

Isto vai ser mas fácil do que pensaba.

Inés-

Se a rapaza no quere le a seguinte, nena.

Andrea-

(Encarándose dura e fríamente con Inés) ¡Non volvas a

chamarme nena! (Inés non ousa responder) Paréceme que esta é unha situación ridícula, vós mesmas parecédesme ridículas, este xogo paréceme ridículo... pero xogarei porque teño unha boa razón para xogar, competirei con vós e cos vosos ridículos cerebros porque teño unha boa razón para facelo, farei o necesario para derrotarvos e humillarvos, pero o que non penso facer de ningún xeito e baixo ningunha circunstancia é... saltar a orde das probas. ¿Queda meridianamente claro? Mirna-

¡Joder!.

Inés-

Perdoa... Andrea, pero a nena dixo que non quería xogar.

Raquel-

(Erguéndose épicamente do sillón e sinalando amenazadora a

Inés) ¡Aaaah! ¡A min tampouco volvas a chamarme nena! ¡Aaaaah!

13

Mirna-

¡Joder!

Inés-

Vale, vale, tranquila, OK, OK. Non pasa nada. Take it easy, take

it easy... Raquel-

¡Dacordo...! ¡Xogarei! ¿Qué teño que facer?

Andrea-

“Por vos nací, por vos tengo la vida”. Non explica nada máis.

Pausa. Pensan. Mirna-

¿Garcilaso?

Raquel-

Garcilaso.

Mirna achégase á estantería e colle un libro. Mirna-

(Ensinando o libro) ¡Garcilaso! (Abre o libro e do interior das

páxinas extrae unha tarxeta) ¡Voilá! (Olla a tarxeta e logo mira ás demais, intrigante) Raquel-

(Con impacencia) ¿Que?

Mirna-

(Pasea sinuosa mentras le) “Raquel Espinosa. Traballa de

camareira. Baixa autoestima e bruscos cambios de humor. Ansiedade e depresión. Quixera ser artista, pero non se sente capaz de selo. Medo ó fracaso. Recoméndaselle actuar en público... esta noite. Coidado, non tódolos públicos son fáciles de contentar. Arriba o telón.” Tres miradas clávanse en Raquel Espinosa. Pausa. As tres sitúanse estratéxicamente para observar a actuación. Raquel queda soa, de pé. Pausa. Non se decide a comenzar.

14

Andrea-

(Abucheando quedamente) ¡Uuuuuuh! ¡Uuuuuuh!

Inés-

(Imitándoa) ¡Uuuuuuh! ¡Uuuuuuuh!

Mirna-

(O mesmo) ¡Uuuuuuh! ¡Uuuuuuuh!

Raquel, aínda que cun fío de voz, consigue comenzar a recitar entre o molesto e sordo rumor. Raquel-

Dentro de min... dentro de min... dorme a voz, Voz... do silencio... voz do silencio sumisa Escuro mundo... sen son Mudo espacio... mudo espacio que me habita

Andrea-

¡Non sabe recitar!

Mirna-

¡E quere ser artista!

Inés-

¡Marcha á túa casa! ¡Nena!

Aumenta o nivel de rumor. Raquel dubida, pero continúa. Raquel-

Fóra... hai rezos Fóra... hai cantos Fóra... hai versos Fóra... hai voces

Andrea-

¡Estúpida!

Inés-

¡Vaite xa!

Mirna-

¡Non vales unha merda!

Raquel-

E as voces chaman por min E o silencio que me pecha Non pode evitar que a voz 15

Que a miña voz apareza O rumor crecente convértese en berros que se mesturan coa voz de Raquel. Mirna -

¡Fóra, fóra!

Inés -

¡Vai poñer copas!

Andrea-

¡Paleta, ignorante!

Raquel medra en proporción ás críticas. Raquel-

E a voz nace susurro Xa non hai quen a deteña É tan caro despertar Que despois veña o que veña O susurro toma alento Infla as velas, sopra o vento Colle aire, rompe o tempo E convértese en lamento ¡Aaaaaah!

Cesan as voces críticas. O silencio enche o escenario. Raquel-

Nunca muda Nunca eco Nunca pechada Nunca silencio

16

Pausa. Raquel remata a actuación e logo busca reaccións nas caras das súas adversarias. A reacción é nula Raquel-

Fíxeno mal, ¿verdade?

Pausa Andrea-

(Contundente) ¡Sí! Fixéchelo mal.

Inés-

Será Luis quen decida.

Raquel marcha ó sillón desacougada. Mirna achégase a ela. Mirna-

Cariño, eu son artista e sei de que vai o tema. (Raquel a mira con

certa esperanza) Ti nunca serás artista. Preocúpache demasiado o que digan de ti. Raquel-

(Sacando un estrano orgullo) Pode que teñas razón, pero quizais

esta noite consiga matar para sempre esa preocupación. (A Andrea) ¿Cal é a seguinte proba? Andrea volve a ler a tarxeta. Andrea-

“El tamén estaba namorado de Brancaneves”

Pausa Mirna-

¡Ja! ¡Os ananos!

Inés-

Será o anano. Di el, non eles. 17

Mirna-

Pois será un anano. ¿Como se chamaban os ananos?

Andrea-

Os ananos non tiñan nome.

Mirna-

¿Como non ían ter nome os ananos?

Raquel-

Debe de referirse ó príncipe.

Inés-

¿Pero había príncipe en Brancaneves?

Andrea-

Por suposto que había príncipe en Brancaneves.

Inés-

Cría que iso era na Cincenta

Andrea-

Tamén en Brancaneves.

Raquel-

En tódolos contos hai príncipes.

Mirna-

Sí, porque o que é na realidade...

Raquel-

Na realidade tamén hai

Mirna-

Sí, guapa, pero non azuis

Inés-

É máis fácil atopar un pitufo que un príncipe azul

Andrea-

Simbólicamente poden existir os príncipes azuis.

Inés-

Simbólicamente tamén poden existir os pitufos

Andrea-

Iso é unha afirmación sen base algunha.

Mirna-

¡Anda coa señorita Rottenmaier, que aínda cre nos príncipes

azuis! (Vai cara ó espello) Andrea-

Non dixen tal cousa. Tan só afirmo que existen simbólicamente

non interior de algunhas mentes pouco realistas. Raquel-

Eu cría nos príncipes azuis.

Andrea-

O que demostra a miña teoría.

Inés-

¿Agora xa non cres neles?

Raquel-

Agora sigo crendo nos contos, pero sabendo que non son certos.

Andrea-

Iso é unha tremenda contradicción

Inés-

Iso quere decir que estas medrando, rapaza

Mirna-

(Retocando o pelo diante do espello) ¡Iso é unha parvada! ¿Qué? 18

¿Seguimos xogando ou que? Abúrreme a filosofía. Pausa Raquel-

¡O espello!

Mirna-

¿Que?

Inés-

¿Qué pasa co espello?

Raquel-

O espello... o espello tamén estaba namorado de Brancaneves.

Pausa Andrea-

Pode que simbolicamente queira dicir iso.

Inés-

¡Dálle co simbolismo! Comprobemos se hai algo. (Achégase ó

espello, pálpao por detrás e atopa unha tarxeta) ¡Bo acerto, nena! Raquel-

¡Raquel!

Inés-

Perdón. (Mira a tarxeta e le) “Antonia Sánchez Sánchez , faise

chamar Mirna” (Mira a Mirna) Mirna-

Son eu. ¿Que pasa? ¿Que pon?

Inés-

(Lendo) “Artista de variedades, actualmente sen compañía...”

Mirna-

Non é certo. Acabo de firmar un contrato.

Inés-

“... Obsesión pola estética. Egocentrismo. Medo incontrolable a

perder a beleza. Recoméndaselle un cambio de imaxe. Precísanse tres esteticiens sen escrúpulos. Na cociña están os materiais. Bo traballo.” Miran a Mirna. Mirna-

¡Non vos acheguedes a min! ¡Non penso deixar que me toquedes 19

un pelo! Inés-

Logo... a indiscutible gañadora do xogo... ¿renuncia?

Mirna-

¡Renuncio!

Andrea-

¿É definitiva esa resposta?

Mirna dubida. Raquel-

Ti tampouco deberías ser artista. Preocúpache demasiado o que

digan de ti. Mirna-

¡Mentira! ¡Impórtame un pito o que digan de min!

Inés-

¿Entón?

Pausa. Pénsao. Mirna-

...¿Qué me faríades?

Inés-

Marabillas, darling, marabillas.

Andrea-

O que marca a proba: un cambio de imaxe.

Raquel-

O que as musas nos ordenen.

Mirna-

(Dubida un intre) ¡Ese cabrón! (Pensa) Necesito gañar. (Decide)

¡Adiante! Raquel-

¡Siiiiiii!

Andrea-

Os materiais están na cociña

Inés-

Imos divertirnos un cacho

Encamíñanse á cociña. Mirna-

¡Un momento! Só unha cousa... Non me cortedes o pelo... (A 20

miran) ...por favor. (Non reacciónan. Mirna móstrase o máis dócil posible) ...por favor, por favor... ¡Por favor...! Míranse entre elas. Deciden ser compasivas. Inés-

OK. Conservarás o pelo... pero pouco máis.

Ingresan na cociña. Mirna queda soa, vai ata o espello e óllase nel. Mirna-

(Con magoa) ¡Aaaaaai! (De súpeto lémbrase de algo. Asegúrase

de que non a ven, sube o vestido deixando ó descuberto unha perna na que leva atados catro “foulards”. Desátaos con presa, busca onde agachalos e faino no interior do paragüeiro. Palpa o que ten na gorxa, dubida, pero quítao tamén e pono cos demais. Xusto nese intre entran as “esteticiens”. Mirna obsérvaas con preocupación) Raquel-

(Facéndolle ademán para que sente nunha cadeira)

¡Madame...! Inés-

Ven, bonita, ven.

Mirna achégase con reservas. Andrea pon no tocadiscos unha melodía clásica que ameniza o improvisado salón de beleza. Comenza a transformación. Andrea ocúpase principalmente do pelo, Inés do vestiario e Raquel da maquillaxe. O resultado non deixa lugar a dúbidas sobre a importancia da estética na naturaleza humana. Mirna leva posto un vestido hortera con recheo que a fai parecer gorda, calcetíns que non fan xogo co vestido e zapatillas que non fan xogo con nada, a cabeza chea de rulos eficazmente mal 21

postos e a cara un poema, ou mellor, un relato de Poe, con esaxeradas olleiras, cellas superpoboadas, verrugas e o efecto da ausencia de un par de dentes. Rematado o traballo, Andrea detén a música. Mirna está asustada. As tres observan a súa obra e a risa non tarda en facer aparición. Inés-

¡Xa está! ¡A gatiña presumida convertida en sapo!

Raquel-

Sempre queda a esperanza de que a beleza se atope no interior

Andrea -

Pero cando no interior, como sucede neste caso, non hai nada, a

única realidade é a que se pode contemplar cos ollos. Raquel-

¡Dura realidade sen dúbida! ¡Non somos nada!

Inés-

E moito menos con esa pinta.

Andrea-

¡A min dáme noxo!

Raquel-

¡A min dáme mágoa!

Inés-

¡Pois a min... a min dáme a risa!

Escachan a rir e a mofarse de Mirna. Inés-

¡Miau! ¡Miau! ¡Gatiña! ¿Non maias, gatiña?

Andrea-

¡Que porte!

Raquel-

¡Que glamour!

Rín. Mirna fártase da situación. Mirna-

¡Xa está! ¡Xa superei a proba! ¡Voume cambiar!

Inés-

¡Eh, eh, eh, eh, eh! Eu non creo que a proba remate ata que ti

vexas os resultados do cambio. Andrea-

¡Ahí tes o espello! ¡Está agardándote! 22

Inés-

¡Mírate!

Raquel-

¡Mírate!

Andrea-

¡Mírate!

Mirna diríxese ó espello con precaución, ante as miradas divertidas das outras. Mírase. O que ve parece doerlle. A mofa non cesa. Raquel-

Espelliño, espelliño máxico, ¿quen é a máis fermosa do lugar?

(Risas) Inés-

(Como se fora o espello) Si esta é a “bella”, a máis fermosa debe

ser a “bestia”. (Risas) Andrea-

(Fálalle moi preto e cruelmente) ¡Fea!

Inés-

(O mesmo) ¡Fea!

Raquel-

(Idem) ¡Fea!

Repiten machaconamente o adxetivo ata que Mirna non pode máis. Persíguena sin deixar de repetirllo. Mirna berra, colle como pode as súas cousas e fuxe precipitadamente escaleiras arriba. Cesan as voces. Pausa. Raquel-

¿Pasaríamonos?

Inés-

Teno merecido.

Andrea-

(Recollendo os utensilios de maquillaxe) E ademais somos rivais.

(Sae cara á cociña) Inés e Raquel quedan soas. Inés-

¡Nena! 23

Raquel-

¡Raqueeel!

Inés-

Fixéchelo ben.

Raquel-

¿Qué?

Inés-

O de recitar... fixéchelo ben.

Raquel-

(Sorprendida) Gracias... pero seguimos sendo rivais.

Inés-

¿Quérelo?

Raquel-

(Tras unha pausa) ¿A Luis?

Inés-

Non, a Bruce Springsteen... Claro, a Luis, ¿quérelo?

Raquel-

Necesito cear con el

Inés-

¿Pero quérelo ou non?

Raquel-

¿E ti?

Inés-

Eu... (frota as mans, toca a frente, abre o bolso e busca nel) ¿Tes

un pano? (Raquel nega coa cabeza. Inés seca a suor coa man.) Eu... necesito cear con él. Raquel-

Quérelo. Podo velo na túa mirada.

Inés-

¿Ah, sí? ¿E que máis podes ver na miña mirada?

Raquel-

(Mirando fíxamente os ollos de Inés) Podo ver... podo ver tamén

que... ¡Oh, Deus! Inés-

(Asustada) ¿Que pasa? ¿Que teño?

Raquel-

Tes un lixo nun ollo... parece un bicho...

Inés-

¡Xa notaba algo! ¡Quítamo! ¡Quítamo! ¡Quítamo! ¡Rápido!

¡Come on! Raquel-

Preciso un pano

Inés-

(De novo no bolso) ¡Merda! Non sei onde metín o meu.

Raquel-

¡Agarda!

Entra Andrea da cociña. 24

Raquel-

¿Tes un pano?

Andrea-

(Á defensiva) ¡Non! ¿Por qué?

Inés-

Un pano da mesa. Colle un pano da mesa.

Raquel colle unha servilleta e procede a extraerlle o corpo estrano do ollo de Inés. Inés-

¡Con coidado! ¡Con coidado!

Raquel-

(Executando) Tranquila... ajá... ¡Misión cumprida!

Inés-

(Probando o ollo) Thank you, nena

Raquel-

(Perdoándolle a vida) ¡Grrrrr! (Inés encóllese de hombreiros.

Raquel vai colocar a servilleta ó seu sitio) Andrea-

¡Habería que cambiar ese pano!

Raquel-

(Colocándoa violentamente na mesa) ¡Por Deus que este pano

queda aquí e de aquí ninguén moverá este pano! (Andrea renuncia a insistir) Andrea-

Certamente o veleno ben en frascos pequenos.

Raquel-

¡Certamente así é!

Mirna, xa arranxada, aparece na escaleira. Inés-

¡Vaia! ¡A mona volveuse a vestir de seda!

Mirna baixa digna, sin ollalas. Camiña altiva e altiva senta no sillón. Mirna-

¿Continuamos ou que?

Andrea-

Continuemos. (Colle a tarxeta e le) “4528, 2661, 9899” 25

Pausa Inés-

¡Oh! ¡Non pode ser! (A miran) Son os números secretos das

miñas tarxetas bancarias. Mirna-

¿Dixécheslle os números secretos? ¡Que tonta!

Inés-

¡Eu nunca lle dixen iso!

Mirna-

¡Xa! ¡A ver se tamén vai ser adiviño!

Raquel-

Non pode ser casualidade.

Mirna-

Elemental, señorita Watson.

Inés-

E tampouco os teño apuntados en ningures.

Andrea-

¡Hipnose! (A miran) ¿Acaso o doutor Mendía non vos fixo

sesións de hipnose? Mirna-

A min non

Raquel-

A min tampouco.

Inés-

(Con pesadume) A min sí.

Raquel-

¿Usou a hipnose para saber os números das tarxetas?

Inés-

Na teoría era para falar do meu pasado

Mirna-

Pois segundo parece, interesáballe máis o presente.

Andrea-

(Trascendente) Coa hipnose pode conseguir todo aquilo que

pretende conseguir. Mirna-

¡Ja! Pois xa se ve o que lle interesa desta.

Raquel-

(A Andrea) ¿E contigo? ¿Fixo hipnose contigo?

Andrea-

Fixo

Raquel-

E... ¿Qué pretendía conseguir contigo?

Andrea-

(Cortando) Estamos aquí para xogar. Xoguemos. (A Inés) ¿Tes

aquí as tarxetas? 26

Inés-

Desde logo que si

Andrea-

Míraas, a ver se atopamos algunha pista.

Inés busca no bolso e saca a carteira. Busca as tarxetas e atopa, no medio delas unha nova tarxetiña. Míraa estranada e ensínaa. Inés-

(Con sorna) O simpático e hábil “mago” Mendía deixou entre as

miñas tarxetas unha súa... supoño que sen fondos... pero con letras. Vexamos o que di. (Le) “Espero que saibas desculparme, Inés, esta pequena intromisión na túa intimidade financeira, pero isto só é un xogo, e o xogo continúa. Inés Ayala Domínguez, de profesión... millonaria. (Pausa. Non pode. Ofrécella a tarxeta a Raquel) Sigue ti. Raquel-

(Cóllea e continúa) Inés Ayala Domínguez, de profesión

millonaria. Evidentes carencias afectivas. Hipocondría. Medo angustioso á enfermidade. Recoméndaselle psicodrama clínico de choque. Show must go on.” Raquel-

(Entusiasmada) ¡Psicodrama! ¡Encántame!¡Eu farei de doutora!

Andrea-

(Moderadamente contenta) Eu tamén farei de doutora. É un papel

que se adapta ás miñas cualidades. Mirna-

(Con pose de artista) Pois eu... eu tamén farei de doutora... ¿e

que é o que necesitan tres doutoras...? Miran a Inés, calada e expectante. Raquel-

(Interpretando) ¿Pero que é o que están a ver os meus ollos? Ahí

hai nada máis e nada menos que... ¡Unha paciente! Andrea-

Non hai a menor dúbida. Hai unha paciente agardando polos 27

nosos cuidados e atencións. Mirna-

¡Pobre! ¡Seguro que se atopa tan mal, tan mal, tan mal...!

Raquel-

¿A que estamos agardando? Debemos acudir no seu auxilio.

Andrea-

Somos profesionais e ese é o noso deber.

Mirna-

¡Quizais aínda poidamos salvala!

Sitúanse a carón de Inés. Raquel-

¡Boas noites, señora paciente!

Andrea-

Non lle chames señora, podería ser unha señorita.

Mirna-

Neste caso non importa o estado civil. Esas enrugas só poden

estar na cara dunha... señora. Andrea-

Fagámoslle un exhaustivo recoñecemento.

Inspecciónana moi de preto. Mirna-

¡Ui, ui, ui, ui, ui! Non me gusta nada esta cara.

Raquel-

Ten moi mala cor, ¿non vos parece?

Andrea-

Ten a cor dos que non tardarán en morrer

Mirna-

(Exáminándolle os ollos) ¡A ver, a ver...!

Raquel-

(Collédonlle o pulso e concentrándose nel) ¡Hmm, hmm!

Andrea-

(Escoitándolle o peito) ¡Vexamos por aquí!

Mirna-

¡Anemia!

Raquel-

¡Taquicardia!

Andrea-

¡Asma bronquial!

Mirna-

(No nariz) ¡Sinusite!

Raquel-

(Na man) ¡Falta de circulación! 28

Andrea-

(Na gorxa) ¡Amigdalite!

Mirna-

O diagnóstico é claro: Esta paciente está feita unha merda.

Andrea-

Isto require un tratamento de urxencia

Raquel-

O que necesita esta paciente e... ¡Exercicio! ¡Veña, arriba!

(Érguea e móvelle os brazos en exercicio ximnástico) ¡Arriba, abaixo, arriba, abaixo...! Mirna-

¡Hai que coidar a respiración! ¡Inspira! ¡Respira! ¡Inspira!

¡Respira!... (Inés faino) Andrea-

¡Esas pernas! ¡Arriba esas pernas! ¡Quen move as pernas move o

corazón! ¡Paso lixeiro! ¡Un, dous, un, dous, un, dous...! (Inés, acosada, faino) A cadencia do exercicio vai tornándose máis e máis estresante. Inés semella sofocada pero as doctoras incrementan o ritmo freneticamente. Raquel-

¡Arriba, abaixo, arriba, abaixo...!

Mirna-

¡Inspira, respira, inspira, respira...!

Andrea-

¡Un, dous, un, dous...!

Inés estoupa. Inés-

(Asfixiada) ¡Non podo máis, non podo máis...! ¡Ah, ah, ah...!

(Detense e vai caer rendida e axitada nun sillón. O tratamento non cesa.) Andrea-

¡A paciente ten déficit respiratorio! ¡É preciso que actuemos!

Raquel-

¡Hai que aplicarlle osíxeno!

Mirna-

¡De ningún xeito! ¡Demasiada pureza! ¡Mellor aplicarlle un aire

menos... puro! (Saca un paquete de tabaco e reparte) Andrea-

Boa apreciación, doutora 29

Raquel-

¡Que respire o aire do mundo!

Acenden os cigarriños e achéganse a Inés, aínda sofocada. Comeza a botarlle o fume na cara. Inés- ¿Qué facedes? ¡Deixádeme! ¡Querédesme matar! Metidas no papel, suxéitana e prosiguen. Andrea-

Por favor, señora, teña confianza na medicina

Mirna-

¡É unha paciente moi mala, moi mala, moi mala...!

Raquel-

¡Respira, respira! ¡Respirar para vivir!

Inés-

(Forcexeando) ¡Deixádeme! ¡Non podo respirar! ¡Deixádeme!

Mirna-

“Fumando espero, al hombre que yo quiero...”

Tararean a canción mentras siguen a botarlle fume, fume e fume. Inés, desesperada, consigue meter unha man no bolso e ante a sorpresa de todas, sacar un revólver. Inés-

(Apuntándoas) ¡Que me deixedes, hostias!

Recúan asustadas. Pausa tensa. Inés vaise tranquilizando pouco a pouco ata decatarse da situación. Logo intenta suavizar. Inés-

Estábadesvos pasando, nenas. (Seguen en silencio, cautelosas.

Inés mira o revolver e trata de sorrir) Non vos preocupedes. É de fogueo. Lévoa sempre por se os atracos, xa entendedes... foi un regalo do meu defunto 30

esposo... ¿Queredes collela? Seguro que nunca collestes unha pistola... ¿Non vos apetecería?... Raquel achégase con curiosidade, aínda que recelosa. Inés-

¡Cóllea! Non pasa nada. (Raquel cóllea) Pero non apuntes... dá

mal agoiro. Raquel observa o revolver. Tímidamente achéganse Mirna e Raquel e a pistola vai de man en man. Raquel-

Dá unha sensación curiosa. Como de poder...

Mirna-

(Colléndoa e experimentando a sensación) Pois eu síntome como

Mata-Hari Andrea-

Mata-Hari non levaba pistola

Mirna-

Dáme igual. Eu síntome como Mata-Hari

Andrea-

(Coa pistola na man) Din que matar con pistola atenúa o

sentimento de matar. A distancia fai que un se sinta menos responsable, como que é a bala a que mata, non o que aperta o gatillo. (Apunta cara elas. Inés arrebátalla das mans) Inés-

¡Non apuntes, hostias! (Gárdaa no bolso, míraas e repite) Xa vos

dixen que da mal agoiro. Raquel-

¡Ti apuntáchesnos!

Inés-

Síntoo... pero estábadesvos pasando

Andrea-

Só era un psicodrama.

Inés-

Pois estaba chegando a psicotraxedia

Mirna-

¡Ben! Non superarás a proba. 31

Inés-

Luis decidirá iso.

Andrea-

Iso é certo. Luis decidirá.

Raquel-

¿Como?

Mirna-

¿Eh?

Raquel-

¿Como vai decidir? ¿Como sabe o que está a pasar? ¿Onde está?

Pausa Mirna-

Coñecendo o personaxe, terá cámaras.

Andrea-

Eu non vin ningunha.

Inés-

Pois estará aquí.

Raquel-

¿Na casa?

Inés-

¿Onde se non? Onde sempre. No seu sitio. (Sinala a porta do

despacho. Todas ollan cara alí. Pausa) Andrea-

É lóxico.

Raquel-

¡Que cerca!

Mirna-

Moi cerca...

Inés-

Cerquísima... de tódolos xeitos, non creo que tardemos en sabelo

con certeza. Mirna-

Falta unha proba individual, ¿non?.

Andrea-

Exacto.

Mirna-

(A Andrea) Pois le, cariño... que che toca.

Andrea colle a tarxeta un pouco máis tensa que as outras veces. Le. Andrea-

“Da orde xorde beleza, e ás veces a beleza dá voltas”

Mirna-

¿Eh? 32

Inés-

Repite, repite

Andrea-

“Da orde xorde beleza, e ás veces a beleza dá voltas”

Raquel-

(Concentrada) Da orde xorde beleza...

Mirna-

(Sin atoparlle sentido)... e ás veces a beleza dá voltas.

Inés-

Aquí a única beleza que dá voltas é a desta (Por Mirna), que vai e

ben. Mirna-

Tes razón, porque a túa xa non ten volta atrás.

Pausa Raquel-

(Desentrañando) Da orde xorde beleza...

Andrea-

Toda a beleza xorde da orde.

Mirna-

Que eu saiba a beleza das flores xorde da terra.

Andrea-

Hai unha orde universal que rexe tamén iso.

Raquel-

Iso é certo.

Mirna-

¡Bah! ¡Filosofadas!

Inés-

Ten que ser algo concreto, algo próximo...

Pausa Andrea-

A beleza dun cadro, por exemplo, xorde da orde das cores e das

formas. Raquel-

Tamén a beleza da poesía depende da orde das palabras.

Mirna-

Pero que eu saiba nin os cadros nin as poesías dan voltas.

Inés-

A que dá voltas é a vida

Mirna-

E a cabeza.

Raquel-

E as bailarinas 33

Andrea-

Tamén a danza xorde da orde dos movementos

Inés-

¿Hai algunha bailarina entre nós?

Mirna-

¡Ja! Eu triunfei bailando por tódolos escenarios do mundo

Inés-

¡Xa non serían todos!

Raquel-

Eu fixen un curso de free-Jazz

Inés-

Ah...

Andrea-

Tamén a música xorde da orde dos sons.

Mirna-

A música tampouco dá voltas

Pausa Andrea-

¿Cómo que non?

Pausa Raquel-

¡Ajá! Cando vai nun disco si. (Corre ó tocadiscos. Busca. Non

atopa. Busca entre os discos e por fin ensina triunfante a tarxetiña) ¿Leo? Mirna-

¡Claro!

Inés-

Estou impaciente.

Raquel-

(Le) “Andrea Morente Varela, profesora. Obsesión pola orde e a

limpeza. Represión continuada de sentimentos e emocións. Medo ó ridículo e a perder o control. Recoméndaselle gozar dos praceres da vida. Precísanse animadoras. A noite é xoven.” Andrea está seria. As outras sorrín maliciosas e maliciosas avanzan a pola presa.

34

Mirna-

Así que a señorita Rottenmaier está reprimida... (Acarícialle un

ombreiro) Inés-

Don´t worry, baby, nós axudarémosche a liberarte... (Acarícialle

o outro ombreiro) Raquel-

Hai que deixarse levar polos praceres da vida... (Acarícialle o

ventre) Mirna-

¡Ooooh! ¿Non che gusta?

Inés-

¡Oooh! Repite, Andrea. ¡Ooooh!

Raquel-

(Esaxerada) ¡Ooh, oooh, oooooooh!

Acaríciana emitindo sons suxerentes pero Andrea permanece impasible. Mirna-

¡Que sosa!

Raquel-

¿Estará morta?

Inés-

Andrea, así non vas superar a proba. Tes que gozar, Andrea...

Raquel-

¡Tes que xemer, Andrea!

Mirna-

¡Xime, cariño...! ¡Mmm!

Inés-

¡Mmmm!

Raquel-

¡Ooooh!

Seguen a acariciala e detéñense a mirala. Andrea-

(Escuétamente) ¡Oooh!

Raquel-

¡Síiiiiiiiii! ¡Está gozando! ¡Non estaba morta!

Seguen a acariciala.

35

Andrea-

¡Oooh!

Raquel-

¡Síiiiiiiiiii!

Inés-

¡E incrible! ¡As pedras tamén xemen!

Mirna-

¡Ai, que linda, que linda, que linda! (Faille cóxegas e Andrea

parece sentilas) ¡Non me digas que tes cóxegas! Andrea-

¡Non, non teño cóxegas!

Raquel-

¡Ja! ¡Ten cóxegas!

Inés-

¡As pedras tamén teñen cóxegas!

Andrea-

¡Non teño, non teño!

Raquel-

¡Ten cóxegas, ten cóxegas!

Fanlle cóxegas e Andrea estoupa a rir. Andrea-

¡Aaai! ¡Si que teño! ¡Si que teño! ¡Uuujujuuuju!

Seguen as cóxegas e a risa de Andrea contaxia ás demais. Mirna-

¡Ves, cariño, como gozas!

Andrea-

(Entre risas) ¡Ai, por favor, por favor, por favor!

Inés-

¡Non hai nada como soltarse!

Mentras as outras seguen a esmendrellarse, Raquel deixa as cóxegas e disponse a colocar un disco. Raquel-

¡Isto merece unha celebración!

Pon o disco. Soa con forza un pegadizo ritmo de mambo. 36

Raquel-

¡A bailar!

Comenzan a moverse ó ritmo da música. Andrea, espoleada polas cóxegas e polas demais bailarinas tamén baila. Ó principio semella non soltarse, pero pouco a pouco intégrase no ritmo da música. O ambiente tórnase festivo e as catro bailan divertidas, un pouco soltas, outro pouco en parella e outro pouco en grupo. Festa rachada da casa de Luis Mendía ata o momento no que a música remata e as catro buscan acomodo en sillóns, cadeiras e chan, cansas pero felices. Inés-

¡Aaai! Había tempo que non me divertía tanto.

Raquel-

¡Non hai mellor cousa para o espíritu!

Mirna-

Eu podería dicir algunha máis, pero esta non está mal

Inés-

¿E ti? (A Andrea)

Andrea-

(Recompoñéndose levemente) Eu... eu tamén había moito tempo

que non me divertía tanto. Pausa. Hai sorrisos e reflexións. Soa o teléfono. Míranse. Raquel érguese a collelo. Raquel-

¿Si?... Dacordo (Colga)... temos dez minutos de reflexión antes

da derradeira proba. Mirna-

¿De reflexión?

Raquel-

Iso foi o que dixo. “Tedes dez minutos de reflexión antes da

derradeira proba.” Mirna-

¿E que quere que reflexionemos? 37

Andrea-

Supoño que sobre o que leva acontecido ata agora.

Raquel-

Ou sobre o que acontecerá.

Inés-

Sexa o que sexa temos dez minutos

Raquel-

¡Dez minutos!

Mirna-

Dez minutos.

Andrea-

Dez minutos... e eu penso que deberíamos aproveitalos en...

soedade. Eu vou a unha habitación... a reflexionar. Deberíades facer o mesmo. (Marcha pola escaleira) Inés-

Por unha vez tes razón. Eu tamén preciso... reflexionar. (Marcha

tamén) Raquel-

¡É certo! Eu vou ata a cociña e logo marcho a reflexionar

(Marcha, pero antes de desaparecer pola porta da cociña repara en Mirna) ¿Ti quedas? Mirna-

¿Eh? ¡Non! ¡Non! En canto remate de... (morde unha uña)... de

morder esta uña tamén marcho a... reflexionar, claro. Raquel-

¡Adeus! ¡Que reflexiones ben! (Marcha á cociña)

Mirna-

¡Adeus, adeus...!

Mirna asegúrase de que Raquel xa desapareceu e diríxese con premura ó paragüeiro. Remexe nel e recupera os “foulards” de deixara alí agachados. Sube o vestido e comenza a anudar os “foulards” á perna. Logo coloca o restante o redor da gorxa e diríxese con cautela á porta do despacho. Antes de chegar ó obxetivo, aparece Raquel na porta da cociña, cunha bandexa na man e na bandexa un vasiño. Raquel-

¿Xa remataches coa uña?

Mirna-

¿Eh? Sí, sí, xa rematei coa uña e agora... a reflexionar. (Troca de 38

dirección e encamíñase ás escaleiras. O pasar a carón de Raquel pregúntalle) ¿Tes sede, cariño? Raquel-

Sí, moita sede. Sempre que reflexiono teño que beber moito.

Mirna-

¡Ah...! (Marcha polas escaleiras)

Raquel, unha vez soa, encamíñase coa bandexa á porta do despacho. Unha vez xunto a ela, fai un amago de petar , pero parece trocar de idea e entra sin chamar no despacho de Luis Mendía. Transcurren uns segundos, nos que aparece na escaleira Andrea, controlando cada centímetro da estancia inferior. Da un paso para baixar, pero ten que retroceder xa que Raquel sae do despacho coa bandexa, e o vaso valeiro. Raquel entra na cociña sin reparar en Andrea, que unha vez perde de vista a Raquel, baixa pola escaleira. Unha vez abaixo, sinte outros pasos que descenden e non ten máis remedio que agacharse baixo a mesa. Os pasos son de Mirna, que baixa, cruza a estancia e penetra no despacho de Luis Mendía. Andrea observa a Mirna, e tamén de novo a Raquel que, unha vez depositada a bandexa e o vaso no seu sitio, sube cara ás habitacións e atópase de frente con Inés. Raquel-

¡Ah!

Inés-

¡Oh!

Raquel-

Vou reflexionar

Inés-

Eu vou beber

Raquel-

¡Ah! Bo proveito

Inés-

Thank you. Ciao

Raquel-

Ciao (Sube ás habitacións)

Inés pretende ir cara o despacho pero ve como se abre a porta e recúa á 39

cociña. Sae Mirna, un pouco acalorada e marcha rápidamente escaleiras arriba. Andrea, baixo a mesa ve o seu momento, sae como pode, abre despaciño a porta e despaciño entra no solicitado despacho. A maniobra é vista por Inés, apostada na porta da cociña. Inés agarda con pacencia ata que Andrea volve a saír, pecha a porta e sube ó piso superior. Inés ve o camiño aberto, abre con decisión a porta “privada” de Luis Mendía en entra pechandoa ás súas costas. Entón algo racha o silencio. Non hai dúbida, trátase dun disparo. Non tardan en aparecer pola escaleira Raquel, Andrea e Mirna, que se reúnen abaixo e se miran sen decir nada. Raquel-

¿Qué foi iso?

Mirna-

Eu xuraría que foi un disparo

Andrea-

Foi un disparo, non hai lugar a dúbidas, e procedía de aquí

abaixo. Raquel-

¿Onde está Inés?

Ábrese a porta do despacho e de alí sae Inés, con rostro serio e misteriosa ollada. Inés-

O doutor Mendía está morto.

Pausa. Hai novas que hai que asimilar. Inés-

Estaba na cociña, escoitei o disparo... entrei... e... aí está... morto

cun tiro na cabeza... Inés senta nun sillón. Andrea diríxese á porta do despacho, ábrea e entra, 40

seguida tímidamente por Mirna e Raquel. Non tardan en saír e ocupar en silencio os sillóns restantes. Inés-

O señor psiquiatra debeu sufrir unha crise emocional e puxo fin á

súa vida cun disparo na cabeza... na casa do ferreiro, coitelo de pau. Pausa Andrea-

Aí dentro non hai ningunha pistola.

Raquel-

¡É certo!

Inés-

Si que a hai... está na caixa forte.

Mirna-

¿Na caixa forte?

Raquel-

¿Qué fai na caixa forte?

Inés-

Eu gardeina alí.

Raquel-

¿Por qué?

Inés-

...por razóns de seguridade.

Pausa Andrea-

(A Inés) ¿Onde está a túa pistola?

Inés-

(Pausa. Sorrí enigmática) Na caixa forte.

Pausa Raquel-

¡Oh! ¡Fuches ti...!

Mirna-

¿Que fixeches?

Andrea-

¿Matáchelo? 41

Inés érguese e pasea. Inés-

Digamos que... teoricamente fíxeno eu, pero a versión oficial dirá

que foi un suicidio. Mirna-

¿Así que de fogueo...?

Raquel-

“Non apuntes que da mal agoiro”

Andrea-

¿Por qué gardaches a pistola na caixa forte?

Inés-

Para asegurarme de que efectivamente se trate dun suicidio.

Raquel-

Non entendo

Mirna-

¿Que queres dicir?

Inés-

Veredes, nenas, ninguén agás vós sabe que esa pistola é miña.

Tampouco tiña pensado que vos a vísedes, pero as circunstancias hai que xogalas a favor. Unha vez que sabíades que eu tiña unha pistola debía asegurarme de que vos... non poderíades dicilo. Mirna-

Eu digo o que me da a gana

Inés-

Non, darling. Dentro desa caixa forte hai unha arma que cometeu

un crime... unha arma coas pegadas dixitais de nós as catro... ¿lembrades a sensación que dá ter unha pistola na man?... polo tanto, queridas, hai dúas opcións, compartir unha acusación de homicidio... ou coller a pistola, limpala, e deixar que Luis Mendía cargue coa súa propia morte... vos elixides. Pausa Andrea-

¿Cómo sabes a combinación da caixa?

Inés-

¡Je! Pola mesma razón pola que sabía os vosos nomes. Son as

vantaxes de ser millonaria, podeslle pagar o que queiras a quen queiras para 42

que averigüe o que queiras onde queiras. É así de fácil. Unha simple visita nocturna feita por xente cualificada e podes saber calquera cousa... guste ou non che guste sabela... Podes saber o número da caixa forte, os historiais dos pacientes... incluso podes ter acceso ás notas privadas sobre algunhas pacientes especiais... e se de verdade queres chegar a saber todo... podes incluso confirmar o que agardabas... podes confirmar que o teu querido e amado psiquiatra comparte o teu corpo e o teu amor con outras tres especiais pacientes... outras tres especiais e máis novas pacientes... outras tres especiais e máis guapas.pacientes... outras tres especiais e moito máis especiais pacientes que unha inxenua e pobre señora madura con falta de cariño... aínda que iso sí, sobrada de millóns... que era a única razón pola que me dedicaba... un pouco do seu tempo... ¡Ese fillo de puta, cabrón!... Tiña pensado matalo mirádoo ós ollos e decíndolle o que pensaba del... pero cando entrei no despacho e o vin durmindo tranquilamente no diván... non tiven valor para despertalo... quizais tiven medo de volverme atrás se me miraba... pero agora xa está... ¡Que o demo o confunda! ¡Agora síntome mellor!... ¿Qué decidides?... Pausa Mirna-

Por min limpamos a pistola

Raquel-

Por min... non sei...

Andrea-

Eu acepto

Raquel-

¡Ooooh! ¡Non sei que facer!

Inés-

Decide, nena.

Raquel-

Está ben... ¡Que sexa o que Deus queira!

Mirna-

Aquí Deus non pinta nada, o único que conta é o que pense a

43

policía. Raquel-

¡Meu Deus!

Inés-

Non vai pasar nada. Nós chegamos aquí, e atopamos o que

atopamos, esa será a nosa única versión As notas privadas nas que se nos menciona “especialmente” podedes dalas por queimadas. Non hai porqué preocuparse...agardade aquí, vou limpar a pistola. (Disponse a entrar) Andrea-

¿Cómo sabes que despois de limpa non imos cambiar de opinión

e delatarte? Inés-

(Detense) Non sei o porqué, pero confío na vosa palabra... e

ademais, non esquezades que son rica, e hai xente que por cartos está disposta a facerlle calquera cousa a calquera... non quixera ter que botarlle man de novo á carteira... e a pesar de todo non me caedes demasiado mal... (Entra non despacho) Mirna, Raquel e Andrea agardan intranquilas. Transcurrido un tempo, Inés regresa. Inés-

Listo, as únicas pegadas que ten agora a pistola son as dos dedos

de Luis Mendía... Só queda chamar á policía... Inés encamíñase ó teléfono, cólleo e disponse a marcar... Andrea-

¡Agarda!

Inés-

(Detense) ¿Qué ocorre?

Andrea-

Non podes chamar á policía...

Inés-

¿Por qué non?

Andrea-

Porque... cando ti disparaches... Luis non estaba durmindo... 44

Inés-

¿Como que non? Durmía placidamente deitado no diván.

Andrea-

Estaba morto.

Inés-

¿Qué?

Mirna-

¡Joder!

Raquel-

¡Meu Deus! ¿Cómo pode ser isto...?

Andrea-

Eu... cando eu entrei no despacho sí estaba durmindo... iso

facilitoume as cousas... eu... eu levaba un pano empapado en éter sulfúrico, un potente anestésico... nin sequera se moveu... e unha vez anestesiado o resto foi fácil... unha simple inxección cun gramo de morfina e asunto rematado... Luis Mendía non volvería a xogar nunca máis. Pausa Inés-

¿Queres dicir que o único que fixen eu foi matar un cadáver?

Andrea-

Exactamente.

Inés-

¡Vaia! Nin siquera tiven o pracer de ser especial niso

Raquel-

¡É tan difícil ser especial!

Mirna-

¿E agora que...?

Inés-

Agora temos un morto cunha bala na cabeza e unha pistola na

man que resulta que morreu antes de suicidarse. Raquel-

Non sei o que pensará a policía.

Mirna-

Calquera cousa menos que un morto se pegou un tiro.

Inés-

Supoño que o que mata primeiro será o asasino... tes un

problema, Andrea. Andrea-

Quizais o problema o sigas tendo ti.

Inés-

Non entendo.

45

Andrea saca do peto un pano e ensínao. Inés-

¡O meu pano!

Andrea-

Podería usarse como proba en contra túa.

Inés-

¡Maldita zorra reprimida! ¡Trae aquí! (Tenta quitarlle o pano e

consígueo sin resistencia. Logo decátase de algo) ¡Un momento! ¿Por qué non deixaches que chamase á policía? Pausa Andrea-

Honor.

Inés-

¿Honor?

Andrea-

Honor

Mirna-

¿Qué honor?

Andrea-

O pouco que me queda. O pouco honor que me queda penso

conservalo... O doutor Mendía quitoume gran parte del... confiei nel... das poucas persoas que mereceron a miña confianza... confiei nel e nas súas bonitas palabras... quizais ninguén me dixera antes bonitas palabras. Raquel-

¡Oooh!

Andrea-

Confiei nel cando me dixo que podía curar as miñas obsesións,

confiei nel cando me dixo que eu lle aportaba a intelixencia e a sensatez que ningunha muller sabía aportarlle, e confiei nel cando me dixo que necesitaría facer sesións de hipnose para comprobar en que punto da infancia estaba a orixe dos meus males... e confiei nel ata que no medio dunha das sesións despertei... Mirna-

¿E...?

Raquel-

¿Que pasou? 46

Andrea-

O ilustre doutor Luis Mendía estaba abusando de min.

Raquel-

¡Oooooh!

Mirna-

¡Que porco!

Inés-

¡Ese cabrón!

Andrea-

Non dixen nada. Finxin que seguía hipnotizada, pero xurei polo

meu honor que me vengaría. Cando recibín a nota da cea de despedida comprendín que tiña que ser hoxe. Non podía deixar que se marchase sen pagar polo que fixo. Raquel-.

¡Ben feito!

Andrea-

Logo foi cando tratei de que alguén cargase coa culpa, pero non...

ninguén máis que el ten a culpa... e ademais eu non minto nunca. Aínda me queda honor abondo para non facelo. Chamade se queredes á policía que eu saberei asumir a miña responsabilidade. Fixen o que debía facer. Raquel-

¡Aaaaai! (Pranto desconsolado) ¡É tan lírico...! ¡É tan... épico!

¡Aaaaai! (De súpeto ponse en pe, digna e trascendente) ¡Fun eu! Mirna-

¿Eh?

Raquel-

¡Eu fun quen matei a Luis Mendía!

Inés-

¡Hala!

Mirna-

¡Joder!

Raquel-

¡Mateino para liberarme das súas invisibles ataduras!

Andrea-

¡Non pode ser!

Raquel-

Non só pode ser... senón que así é.

Mirna-

Non é, cariño, non é...

Raquel-

¡Sí é! ¡Morreu como tiña que morrer! ¡Henchido de veleno!

Mirna-

Morreu asfixiado, guapa.

Raquel-

Asfixiado polo veleno que eu lle levei

Mirna-

Morreu asfixiado polo “foulard” que eu lle apertei... ¡Ja! 47

Inés-

¡Ah!

Andrea-

¡Ah!

Raquel-

¡Diso nada!

Mirna-

¡Diso todo! Vin perfectamente como a súa cara de porco deixaba

de babexar. Andrea-

¿Qué é o que estades a dicir?

Inés-

Eu xa non entendo nada.

Raquel-

¡Nin eu!

Mirna-

A ver se me explico... entrei no despacho de “ese” e propúxenlle

aproveitar os minutos de reflexión cun rápido e morboso polvo ó que por suposto non se puido negar. Díxenlle que se tumbase no diván, que o ía atar, e iso aumentoulle a excitación. Ateille unha man, logo a outra, logo un pé, logo o outro e finalmente coloqueime enriba del... se vísedes a súa cara dicíndome: “¡veña, veña, faino xa!”... e fíxeno, aínda que supoño que el se refería a outra cousa... saquei o “foulard” da gorxa e envolvinllo na del... ¡Ja! El aínda pensaba que iso formaba parte do xogo e excitouse máis... despois empecei a apertar... a verdade e que pensei que sería máis difícil estrangular a alguén... pero non, non durou nada vivo... foi unha mágoa... era a vez que máis me estaba facendo gozar. El sempre pensou que si, que o noso era puramente sexual... ¡o del.!.. o del era puramente sexual, non o meu, e ata tivo o valor de dicirme “Cariño, ti es unicamente sexo, non tes nada máis dentro... só tes iso”... ¡E non é certo! Pode que sexa algo frívola, recoñézoo, pero non é certo... ¡Teño máis! Teño corazón, teño sentimentos... ¡Teño máis! ¡Teño moitas cousas dentro! ¡Teño máis! ¡Teño máis!... Era el o que era incapaz de ver nada máis en min... El era o que non tiña sentimentos, e alguén así non merecía vivir. (Recupera) Debeu ser por iso que foi tan fácil matalo, como quen mata unha pedra. 48

Andrea-

¡Estaba morto cando o matei!

Mirna-

¡De todo!

Inés-

(A Andrea) Non te preocupes, sei o que se sente.

Raquel-

(Reflexionando) ¡Tarda uns minutos! Quizais por iso che foi fácil.

O veleno tarda uns minutos en actuar. Pode que mentres estabas a asfixialo o veleno comenzase a facerlle efecto. Mirna-

Non sei o que lle estaba pasar por dentro pero por fóra o porco

deixou de gruñir. Raquel-

Eu sei o que lle estaba a pasar por dentro. Por dentro estaba xa

sentenciado... o gran mestre non dubidou nin por un instante en beber do vaso que servicialmente lle ofrececía a súa sumisa discípula. ¿Como ía sospeitar que o indefenso paxariño podía facer outra cousa que non fose servilo con devoción? “Gracias, Raqueliña, gracias.” De nada, “maestro.”.. ¡Ja! O mestre non reparou que ata o máis durmido un día pode espertar. Gozaba falando mentras eu o escoitaba con admiración. Falaba da liberdade, do coñecemento, da espiritualidade, da ética, dos soños... ¡Oh! ¡Que sabio en palabras e que necio en actos! Tardei moito. ¡Tardei tanto en decatarme de que en realidade o sabio era amo...! Cada vez que eu pretendía saír do meu medo e enfrontarme de cara cos meus soños el envolvíame cunha nube de palabras e facíame ver que aínda non era o momento, que aínda non estaba preparada, que sen el e os seus consellos eu aínda non era nada... e eu seguía a escoitalo... ata que de tanto escoitar aprendín, aprendín a escoitar por detrás das palabras... e detrás de cada palabra estaba a verdadeira intención... ¡Dominar! ¡Posuír! ¡Ser Deus! E eu era a dominada e a posuída... pero a miña fe nel rompeu cando aprendín a escoitarme a min... e logo só quedaba rematar coas ataduras, e por último, rematar tamén co amo e señor das palabras... ¡Revolución completa! ¡O gran mestre todopoderoso descanse en paz! 49

Inés-

Amén

Raquel-

Debo agradecerlle sen embargo, que me ensinara a existencia de

certo veleno eficaz en poucos minutos... Andrea-

Penso que queda a dúbida sobre a súa eficacia.

Raquel-

Está morto

Inés-

Diso si que non parece haber dúbida... e ben morto.

Mirna-

¡Ja! ¡Nin Supermán se salvaría!

Andrea-

A Supermán só lle afecta a kriptonita

Inés-

Quizais deberíamos ir a por algunha... por se acaso... nunca se

sabe... Raquel-

¿Ti cres?

Inés-

Claro, nena... non é tan dificil sobrevivir a un disparo na cabeza,

unha inxección letal, unha estrangulación e un envelenamento... pasa tódolos días... Pausa. As catro botan a rir cómplices. Logo nova pausa. Raquel-

¿Qué imos facer agora?

Andrea-

Debemos analizar con calma a situación.

Inés-

A situación non variou tanto. Antes compartíamos un home vivo,

agora compartimos un home morto. Mirna-

Eu propoño que antes de poñernos a pensar tomemos un trago

Inés-

¿Sabes? Tiñas razón en que tes algo dentro. Acabas de mostrarme

que es quen de razoar con intelixencia. Mirna-

Moi graciosa, señora madura sen cariño. (Pellizcalle unha

meixela) ¡Cuchi, cuchi, cuchi...! Andrea-

Penso que primeiro deberíamos planificar o que imos facer. 50

Inés-

Veña, non te preocupes. Despois de todo estamos invitadas a cear.

Raquel-

¡É certo! Como dicía Escarlata: “Xa o pensarei mañá...”

Mirna-

(Na mesa, coa botella de viño) Ademais temos viño de marca.

Agardan a resposta de Andrea Andrea-

...dacordo... ¡Que demo!

Raquel-

¡Síii! ¡Isto merece unha celebración!

Andrea-

Debemos de estar tolas

Inés-

Sí, pode que necesitemos un psiquiatra

Raquel-

Non sei... duran tan pouco...

Mirna-

Aínda que ás veces ó final fan que unha se sinta mellor ¿non é

así? Inés-

Neste caso polo menos sí.

Andrea-

Aínda que custándolle moito sacrificio...

Mirna-

¡Ja!

Inés-

Moi aguda, señorita Morente

Andrea-

Gracias

Raquel-

¡Pois celebremos o triunfo da psiquiatria post-mortem!

Mirna-

¡Así se fala!

Sitúanse arredor da mesa. Abren a botella de viño e falan mentras se sirven. Mirna-

Teño a gorxa seca.

Andrea-

Non me botes moito

Inés-

Esta foi unha boa colleita, si señor.

Raquel-

¡Temos que facer un brinde! 51

Mirna-

Empeza ti.

Raquel-

Sí... eee... ¡Brindo pola liberación do espíritu!

Brindan pola liberación do espíritu. Inés-

Ahí dentro tamén hai un espíritu.

Mirna-

O espíritu dese xa debe estar camiño do inferno

Inés-

¡Pois brindo por que se queime no lume eterno!

Brindan por que se queime no lume eterno. Mirna-

¡Brindo pola beleza...! (A miran) ¡A de dentro é a de fóra!

Raquel-

¡Oooh!

Inés-

¿Vedes como tiña algo dentro?

Brindan pola beleza, a de dentro e a de fora. Andrea-

¡Eu brindo por nós! ¡As víctimas que fan xustiza!

Raquel-

¡Síiiiii!

Brindan tamén por iso Inés-

¡Eu tamén quero brindar...!

Raquel-

Ti xa brindaches.

Mirna-

¡Deixaa! A avoa xa non ten memoria.

Inés-

Quería facer outro brinde... ¡Por que venzamos o medo!

52

Eso. Por vencer ó medo. Raquel-

Por certo, ¿Cal sería a derradeira proba?

Andrea-

Era a proba conxunta

Mirna-

Bah. Calquera humillación máis.

Inés-

Eu teño curiosidade, ¿Onde está a tarxeta?

Andrea-

(Busca a tarxeta) Esta aquí, ¿Leo?

Inés-

Le.

Pausa Andrea-

(Le) “No máis profundo está a resposta. Saúde.”

Raquel-

No máis profundo...

Inés-

Saúde...

Mirna-

(Chocando a copa) ¡Saúde!

Pausa. Pensan. Andrea-

¡Claro! No máis profundo... da botella.

Andrea colle a botella, examínaa e por fin dalle a volta vaciando nos vasos o pouco líquido que queda, e extrae do interior un papeliño que desdobla coidadosamente. O silencio é máis que silencioso. Inés -

A ver que pretendía que fixésemos ese cabrón

Mirna -

Agora tanto ten o que pretendese.

Raquel-

¡Pois a min paréceme emocionante! 53

Andrea- Ahí vou. (Le) “Sucedese o que sucedese nas anteriores probas seguides sendo as miñas catro pacientes favoritas. Entre todas aportades á miña humilde persoa todo aquilo que un home pode aspirar a obter dunha muller. A mágoa é que eu tamén son humano, e como tal teño tamén defectos, e un deles é a indecisión. Síntome incapaz de elixir a unha de vós, xa que é o conxunto o que me colma. Polo tanto e ante a incapacidade de escoller, non teño máis remedio que despedirme. Por iso vos reunín ás catro, para vervos por última vez e por última vez tentar curar os vosos medos. Síntoo, non hai cea, era só unha escusa, pero agardo que as probas individuais que propuxen, vos aportaran algo de luz e reflexionarades sobre iso no tempo que vos deixei para facelo. Si non é así non vos preocupedes, porque o que teñen en común todos os medos e que todos proceden dun medo único que os engloba a todos, o medo máis interno e profundo... o medo á morte, e o único xeito de combater e vencer este medo pai de tódolos medos é sinxelamente... morrer. Despídome, pero non son eu o que marcho. As que marchades sodes vos, marchades deste mundo de medos totalmente curadas... definitivamente curadas polo veleno en forma de viño que neste momento corre polo interior dos vosos corpos. Adeus. Xa nunca máis volveredes a ter medo. Palabra de Luis Mendía.

Música. Sobran as palabras. As catro mulleres fican petrificadas mentras sobre elas, lentamente, vai caendo a escuridade.

54

Related Documents

Fobias
April 2020 19
Resumen Fobias
November 2019 4
Obsesiones Y Fobias
June 2020 7
2, Las Fobias-natalia
April 2020 1