EXIT xornal de galicia Suplemento de lecer 17 de abril de 2009 Número 19
Esta portada pode causar epilepsia (ou non) O polybius era un o xogo que causaba tolemia e pesadelos, e tamén é unha das lendas urbanas do ocio electrónico recompiladas neste número, como a adaptación de ‘et’ para a atari ou o loitador segredo do ‘street fighter II’
2 EXIT
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 17 de abril de 2009
P PORTADA
Ocio binario
O PORNO EN ‘TOMB RAIDER’
FUNERAL NO FINAL FANTASY VII
ESPIR A LARA CROFT
RESUCITAR A AERIS
“Se a metes na auga, queda sen roupa”, dicía o rumor. Mentira, pero podíase facer fedellando nas texturas do xogo
A case-moza do protagonista morría a metade do xogo. Os moitos ‘trucos’ para devolvela á vida son todos falsos
ALL YOUR BASE ARE BELONG TO US! CURIOSIDADES DA HISTORIA DOS VIDEOXOGOS
SALTAR A BANDEIRA O mito do Super Mario Bros.
Todo xogador do clásico da Nintendo tentou algunha vez pasar por riba da bandeira que marcaba o final da fase. Podíase, pero detrás non agardaba ningunha vida extra, senón un escenario infinito do que non se podía saír sen esperar a que se acabara o tempo.
SABÍAN A DA RECREATIVA QUE CAUSA TOLEMIA? E A DOS MILLEIROS DE COPIAS DO XOGO DE ET ENTERRADAS NO DESERTO DE NOVO MÉXICO? O ‘ZERO WING’, O XOGO PEOR TRADUCIDO DA HISTORIA, TENSE CONVERTIDO NUNHA BROMA RECORRENTE PARA OS INTERNAUTAS ban epilepsia, perdas de memoria, pesadelos e tolemia. Logo, pola noite, uns homes de negro pasaban a recoller os datos do experimento. Ao parecer, nunca existiu o tal Polibyus, pero fíxose tan famoso como para aparecer na sala recreativa de The Simspons.
L Y EL L R LR L L OE GL A L O O N N N T A T TO S G E O S S L GG U E O O N U UN E U N N TE EE EE G U SGS T T O S S S E UN U T U U N S T B L EE G E E U N O TS E UN O LSLN S LOLLS E UN T EB O G E E T G G O OT O TO L E U O L L G T S S G G T L S O N O O L NUT T E E ENS E E EENE S L S T S T N U N U E E E U E U U
O O O O O U O O O O O O OG E GE
O O O O O O O O O O GE GE GE G E
E GO E GO
AS ‘PLAYS’ DE IRAQ Máis recentemente, a comezos desta década, Sony tivo problemas para exportar as súas consolas Playstation 2, porque o seu procesador foi cualificado como supercomputador, e podería empregarse, por exemplo, para lanzar mísiles. Despois, Iraq mercou milleiros de exemplares, pero o que lle interesaba a Saddam Hussein, daquela no poder, non eran os mísiles, senón o coltan que contiña o aparello, un mineral supercondutor moi escaso que ten sido o culpable das últimas guerras en África.Non se sabe se esas Plays acabaron no Pentágono despois da invasión de 2003.
EG EG A EG G E
O Zero Wing era un xogo de naves do máis normaliño para a Sega Megadrive. Non tiña nada memorable, agás un detalle, está considerado como o peor traducido da historia. Os subtítulos da súa introdución son un perfecto exemplo de engrish, o inglés falado con estruturas xaponesas. Unha das frases do malo quedou para a lembranza: “All your base are belong to us”, algo así como “Toda a túa base perténcenos”. Popularizada en internet, a cita está hoxe en camisetas, chapas e viñetas de humor, trascendendo a súa orixe. Google aporta unha chea de testemuños. Un dos indicadores da popularidade dunha industria cultural é o número de historias apócrifas que circulan en torno a ela. Xa saben, Elvis Presley tiña un irmán xemelgo que morreu ao nacer e o actor do Nosferatu de Murnau era un vampiro de verdade. Os videoxogos, que xa dan máis cartos que o cine, teñen o seu propio viveiro de lendas extravagantes. O videoxogo de ET, o extraterrestre, para a Atari 2600 foi un dos maiores fracasos comerciais da curta historia do ocio electrónico. En 1982, e co fi lme de Steven Spielberg arrasando nas billetei-
ras de todo o mundo, a compañía norteamericana de videoxogos decidiu encargar unha adaptación para a súa consola estrela. Contaban con ter as vendas garantidas, grazas a publicidade da película e, con presa por chegar ao Nadal, fabricaron cinco millóns de unidades do cartucho, máis incluso que consolas Atari había nos fogares das clases medias do mundo. Porén, ET era lento, repetitivo, e con gráficos feos mesmo para a época, así que boa parte dos millóns de copias do xogo quedaron collendo po nos almacéns de Atari. E ata aquí os feitos. Logo, segue a lenda. En 1983, a industria do videoxogo entrou en crise, e Atari non podía pagar o almacenamento das moitísimas copias sen vender do xogo, así que, unha noite varias ducias de camións transportáronas ata a vila de Alamogordo, en Novo México, onde foron soterradas na area do deserto. Como bo mito urbano, ninguén sabe se é certo ou non, aínda que hai recortes de prensa que o confi rman. Un pouco antes, en 1981, existe outra lenda impagable. Presuntamente a mediados dese ano, un xogo chamado Polybius, probouse nalgunhas salas recreativas de Portland. Era un crebacabezas tipo Tetris, pero seica as súas luces e cores repetitivos provoca-
L NO L L N TO L LENS O TOEN UT S O TS OLN S UN E E UTU UTUE S E S
A. LOSADA. A CORUÑA
[email protected]
TODA A TÚA BASE... A frase máis citada dun videoxogo
“All your base are belong to us” era o que dicía, nun inglés fatal traducido do xaponés, o malo do xogo Zero Wing. Hoxe é un fenómeno de internet, atribuida en bromas a Bush fillo ou a Napoleón Bonaparte, entre outros
EXIT 3
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 17 de abril de 2009
A FAME DO COLTÁN
VINGANZA NO ‘DUCK HUNT’
SADDAM E A PLAY 2
MATAR AO CAN
Iraq importou miles de destas consolas, para reaproveitar o mineral de coltán dos seus chips, un raro superconductor
Sempre se dicía “se disparas no intre xusto, cárgaste ao cadelo” que se ría do xogador por fallar. Falso, pero desexado
NON MIRAR MOITO ‘Polybius’, o xogo mortal
A imaxe que serve de fondo a estas letras é unha teórica pantalla do Polybius, unha recreativa dos 80 que causaba pesadelos, tolemia e amnesia. En realidade, nunca existíu, pero houbo quen imaxinou como podería ter sido e colgou o resultado en Youtube. Se queren velo, eviten a exposición prolongada.
DUKE NUKEM
O xogo que é unha lenda urbana en si mesmo
En 1997, e ante o éxito do xogo de tiros Duke Nukem 3D, os estudios Apogee Software comezaron a desenvolver a súa continuación, Duke Nukem Forever. E aínda hoxe seguen niso. É a definición de ‘vaporware’, relativo aos programas que se publicitan, pero que nunca chegan a ver a luz.
O LOITADOR QUE NON EXISTÍU NUNCA SHENG LONG, FILLO DUNHA INOCENTADA E DA MALA TRADUCIÓN DO ‘STREET FIGHTER II’
AR A ET T A C S E s de RAa aRrea s cento R PiaA terrada o s ixo i n se a a o b CAnVs A h s N 6. xico de cop tari 200 ovo Mé ar a a A to de N rismo de E T p o de s er o n g e o u traer tu x q a o a d r Dis s a p ia p rviu s de c o pero se milleiro ou non, to r e c é sabe se
Milló
Lembrarán os veteranos dos salóns recreativos que cando Ryu, o hierático artista marcial xaponés, gañaba un combate no Street Fighter II, dicía algo así como “You must defeat Sheng Long to stand a chance”, ou sexa, “Tes que derrotar a Sheng Long para ter unha oportunidade”. Ninguén sabía quen era o tal Sheng Long, pero houbo quen deducíu que tiña que tratarse do mestre de Ryu, e de Ken, que loitaba igual pero en loiro. O certo é que non era máis que un fallo tremendo de tradución. Onde puña “Sheng Long” debería lerse “Dragon Punch”, ou “Puño do Dragón”, un dos movementos especiais destes dous loitadores. Corrixiuse o texto en versións posteriores, pero xa era tarde para parar a lenda urbana. Estendeuse o rumor de que na recreativa había un personaxe
segredo chamado Sheng Long, e inventáronse algúns métodos para facer que aparecera. O máis imaxinativo foi o que publicou a revista Electronic Gaming Monthly, no April’s Fool de 1992 –equivalente ao Día dos Inocentes–. Incluía unha reportaxe sobre como desbloquear ao tal Sheng, apoiada con fotomontaxes e coa ilustración que hai sobre estas liñas. Dicían que había que chegar ao combate final do xogo con Ryu sen ter recibido dano algún. Logo, fronte a M. Bison, era cuestión de forzar 10 empates seguidos, mantendo as dúas barras de vida ao máximo, e xa aparecía o señor Long para unha loita final. O método era tan complicado que resultaba imposible, pero as falsas pantallas do artigo déronlle vida a lenda. Na –esquecible– versión en cómic de Street Fighter feita nos Estados Uniso, Sheng Long aparecía como o mestre de Ken e máis de Ryu.
4 EXIT
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 17 de abril de 2009
P PANTALLAS
Cine
E VAN TRES
UN SOÑO CUMPRIDO
MEN IN BLACK
AL PACINO
Os homes de negro volverán loitar contra os alieníxenas de mala conducta nunha terceira entrega
Encarnará ao emperador Napoleón Bonaparte nunha cinta biográfica que se está a preparar sobre o lider francés
XORNALISTAS INTRÉPIDOS O DIRECTOR DE ‘EL ÚLTIMO REY DE ESCOCIA’ ADAPTA UNHA NOTÁBEL SERIE DE INVESTIGACIÓNS DA BBC A SERIE BRITÁNICA É UNHA CRÍTICA AO SISTEMA DOS MEDIOS Cando o cinema mercantil está en crise e falto de ideas, parece non lle DE COMUNICACIÓN, quedar máis remedio que atopar un QUE SERVEN MÁIS filón e adaptar até a saciedade. Os PARTIR DA CALIDADE superheroes e os best-sellers non son Na serie británica, este guión dá AO INTERESE DO SEU os únicos que sofren os procedemen- lugar a interesantes reflexións so- GRUPO EMPRESARIAL tos miméticos de Hollywood. Ago- bre as relacións que se establecen ra parece que as series, moito máis entre os medios de comunicación, QUE Á VERDADE VÍCTOR PAZ MORANDEIRA. A CORUÑA
[email protected]
creativas que as súas compañeiras fílmicas nos últimos anos, están a ser obxecto desta apropiación. A Sexo en Nueva York ou Superagente 86, haille que sumar unha futura traslación de Perdidos á pantalla grande. Para calmar a espera, esta fin de semana estréase La sombra del poder, que Kevin MacDonald, responsábel da exitosa El último rey de Inglaterra, traslada de Londres a Washington. Neste escenario, a amante dun congresista é asasinada xunto a un traficante de droga. Os dous crimes non parecen ter nada que ver entre si, pero Cal McAffrey (Russell Crowe) descubre que están relacionados e que todo forma parte dunha conspiración. Axudado pola súa colega Della Frye (Rachel McAdams), e con
acceso directo ás fontes –foi asesor de comunicación na campaña de Collins, o congresista involucrado na trama– os dous xornalistas deciden investigar o caso.
os políticos e os grupos empresariais. Ademais dun bo entretemento, a miniserie de seis horas supón unha crítica ao sistema xornalístico, que serve a intereses corporativos, máis que á verdade. E para aqueles que se queiran deixar levar por unha trama ben construída, con artificios pero elegante, tamén atoparán en La sombra del poder unha boa opción
para acudir ás salas. Cun esquema estilo Todos los hombres del presidente, o thriller funciona na televisión, e debería facelo na súa versión cinematográfica. Os responsábeis da adaptación son Tony Gilroy (Michael Clayton) e Matthew Michael Carnahan (Leones por corderos), afeitos a tramas complicadas. Actores de primeira, como Russell Crowe de protagonista ou Helen Mirren de directora do xornal –“os bos xornalistas non teñen amigos, só fontes”, grande frase–, contribúen a, cando menos, considerar a proposta.
LA SOMBRA DEL PODER Kevin MacDonald RUSSELL CROWE, BEN AFFLECK, RACHEL McADAMS, HELEN MIRREN
Adaptación da exitosa miniserie de TV británica da BBC. O reporteiro Cal McAffrey investiga dous casos de asasinato aparentemente desvinculados, un dun ladrón e outro da amante dun congresista, e comeza a se decatar de que hai en todo o tema unha conspiración. Coa axuda da novata e entusiasta Della Frye, irá detrás da noticia. Xorde unha dúbida: compensa arriscar a vida para coñecer a verdade?
Crowe e McAdams, xornalistas na procura da verdade
NOVIDADES EN DVD
TRILOXÍA XMEN
DIRTY DANCING
GENTE POCO CORRIENTE
LA MONTAÑA EMBRUJADA
PÉREZ 2
Os tres filmes da Patrulla X, en alta resolución e con extras.
Edición do 20 aniversario cunha imaxe remasterizada.
Pillan a Finn mercando cocaína para a nai. Comedia con clase.
Clásico Disney recuperado ao caso do remake de The Rock.
Segunda parte sobre as aventuras do xeneroso rato Pérez.
de Bryan Singer
de Emile Ardolino
de Griffin Dunne
de John Hough
de Andrés G. Schaer
exit 5
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 17 de abril de 2009
camaleónico
‘inception’
baron cohen
reparto completo
Evidenciou os prexuízos dos ianquis na pel de Borat. Volve á carga co modisto gai Bruno
Marion Cotillard, Cillian Murphy e Ellen Page únense a Dicaprio e Caine no filme de ciencia-ficción de Nolan
Alfredson vampiriza as súas imaxes
d
dende melmac
Acusados
o autor sueco aposta por unha mestura de xéneros que funciona polo fóra de campo
miquel lafitte. crítico
Víctor Paz morandeira. a coruña
[email protected]
De adaptacións vai hoxe o tema. Desta volta, trátase dunha interpretación moi visual da novela de John Ajvide Lindqvist, gañadora de diversos premios en festivais internacionais, entre os que se conta o do público en Sitges. Non é de estrañar, pois Déjame entrar sorprende pola súa narrativa en clave fílmica, sen por iso espantar ao espectador medio. A película móvese por xéneros moi diversos. Comeza cun caso de acoso escolar, aproximándose ao cinema social, continúa co espertar dun amor adolescente, o do maltradado Oskar con Eli, e segue cunha contemporánea historia de vampiros. En troques de mostrar, como teñen feito achegas máis convencionais –véxase a recente Crepúsculo ou a televisiva True Blood–, o filme de Alfredson prefire xogar co fóra
Kare Hedebrant sorprende coa súa interpretación
«déjame entrar» Tomas Alfredson KARE HEDEBRANT, PEG RAGNAR, LINA LEANDRESSON, HENRIK DAHL
Oskar faise amigo de Eli, unha misteriosa rapaza da que sospeita é un vampiro. Solitario e maltratado no instituto, decide vencer o seu medo para contar co seu apoio.
de campo, truco que, non por vello, é máis doado de controlar. O sueco demostra que non ten problemas co rexistro, e entrega unha fita cun ritmo impecábel. forma coherente O seu discurso adáptase perfectamente a unha historia intimista, baseada na relación entre os dous mozos, outsiders cada un deles á súa maneira –Oskar como neno incom-
prendido, Eli como vampiro–, que viven nun mundo feito á súa medida, no que só deixan entrar a uns poucos privilexiados –unha tradución máis correcta do orixinal sería Deixa entrar á persoa correcta–. Alfredson vampiriza as imaxes de todo o que ocorre fóra deste universo, para quedar coa esencia do drama, á vez que o non mostrado lle serve para manter unha intriga notábel, do mellorciño da tempada.
crear dende as metáforas hsou hsiao-hsien parte de albert lamorisse para desenvolver unha historia intimista Víctor Paz morandeira. a coruña
[email protected]
En 1956, Albert Lamorisse creou unha das mediometraxes máis emblemáticas da Historia do cinema. El globo rojo seguía a un neno que lograba amestrar o obxecto do título. Esa bolsa de goma inflada seguíao por todo París. Os demais mozos intentaban apoderarse del, algo ao que se opuña o protagonista. O taiwanés Hsou Hsiao-Hsien veu nese globo unha bela metáfora da inocencia da infancia, que todos os nenos acaban por perder para se introducir nun mundo gris, o dos adultos. Con esa premisa en mente,
colleu a Song Fang, que se interpreta a si mesma no filme, e fíxoa gravar por todo París, acción que el segue á súa vez coa súa cámara. A actriz ponse a traballar para Juliette Binoche, coidando o seu fillo, e entre elas xorde unha amizade curiosa, con novas metáforas que reforzan a fita, como os monicreques cos que a francesa traballa. Hsiao-Hsien realiza unha obra persoal, pero que funciona tamén como unha sorte de meta-cine que homenaxea a París e os seus cineastas. A película forma parte dun díptico feito con Arnaud Desplechin, como se explica nunha extensa entrevista en Cahiers-España (abril).
«EL VUELO DEL GLOBO ROJO» Hou Hsiao-Hsien JULIETTE BINOCHE, SIMON ITEANU, HIPPOLYTE GIRARDOT, SONG FANG
Suzzane é unha nai separada que traballa nun espectáculo de monicreques. Sen tempo para o seu fillo, contrata a Song Fang para que coide del e o leve a clases de piano. Entre as dúas mulleres, xorderá unha amizade chea de complicidades, que se desenvolve cun misterioso globo vermello que as segue por todo París.
Se xa están cansos de policías, tomen xuíces. Parece ser a premisa de Acusados, serie española de intrigas políticas que segue todas as instrucións do manual do thriller, pero que, dentro do convencional, sabe xogar ben as súas cartas. Blanca Portillo dá vida a Rosa Ballester, unha xefa con perpetua cara de malos amigos –viríalle ben á madrileña facer un papel no que non pareza un bulldog de cando en vez para que non a encasillen– que dirixe o xulgado que segue o caso Metrópolis, cunha discoteca incendiada na que morreron seis persoas. José Coronado interpreta ao cínico político malo da función, cun rexistro moi curioso que recorda ao actual presidente do Goberno español. Aparece tamén por aí Daniel Grao, ás ordes da arxento Portillo, que terá problemas coa moza pola excesiva dedicación ao caso, e unha Goya Toledo nun papel secundario, de muller de armas tomar. Este reparto de estrelas xoga a favor da serie, que se sitúa moi por enriba da media estatal a nivel interpretativo. Se a isto engadimos unha intriga decente, ben montada e filmada con pulso, e un guión que presenta uns personaxes coas súas motivacións explicadiñas, e que fuxen do retrato castizo que impera nas españolistas series patrias, obtemos un produto que non inventa a pólvora, pero satisface. Aprobado. l
6 exit
m música
Ao vivo
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 17 de abril de 2009
nacho vegas
Big Sandy & Straitjackets
cita profunda
tolemia gorda
O imprescindible cantautor asturiano estará en Vigo (Teatro Salesianos) o xoves 23 de abril
Rockabilly e máscaras a cargo dunha vella e enérxica gloria o mércores 22 na Nasa de Santiago
ondas pop para imaxes de suburbio o ciclo ‘espazos sonoros’ achega a ‘the wave pictures’, última sensación británica as súas melodías lembran ecos Son británicos e fan pop. Iso cadra. das que fixeron Tamén son unha das últimas reve- grandes a ‘the lacións do panorama musical malia que levan unha década nos escena- smiths’, só que rios. Iso non cadra tanto. Ou si, nos máis bañadas tempos na abundancia desmedida. en lecturas Pero sexa xusto ou non, o certo é que The Wave Pictures chegaron ao pé deportivas que en do cumio logo da publicación –hai poesía atormentada RODRI SUÁREZ. a coruña
[email protected]
algo máis dun ano– de Just Like a Drummer, o traballo que presentarán na Coruña este sábado, dentro do ciclo “Espazos Sonoros” que organiza a Fundación Caixa Galicia e que xa trouxo por terras galegas en diversas edicións a outras delicias pop como Camera Obscura ou Señor Chinarro, este último hai pouco máis dun mes. No camiño aberto dende unha pequena vila de Leicestershire ata Londres atópanse as pegadas de tres británicos que reivindican as cancións simples pero construídas a base de esquinas. A medio tempo entre a acústica máis potente e a eléctrica máis primitiva, The Wave Pictures poden presumir xa dun universo propio que atopa referencias en boa parte da música de carácter culto que domina certas correntes pop (por exemplo nun Herman Dune que en breve visitará Galicia para encabezar o arousán Festival do
Norte) pero que sobre todo remonta a localizacións doadas como uns rebaixados Suede ou uns pletóricos The Smiths. Hai nas modulacións da voz de David Tattersall algúns ecos dun Morrisey coitado que son máis evidentes no conxunto sonoro só que cun matiz: onde a histórica banda de Manchester reflexaba lecturas poéticas de pouso atormentado os Pictures emiten relaxación de periódicos deportivos. Soan como o farían os compoñentes dunha orquestra maldita mentres botan un ollo á crónica do Chelsea-Sunderland nun pub baleiro. Por iso, no seu imaxinario tamén caben os heroes do suor. Unas das súas cancións máis celebradas leva o nome de Cassius Clay, boxeador rebautizado como Mohammed Ali e considerado o mellor deportista do século XX. Non renuncian os británicos ao cheiro
The Wave Pictures
do suburbio. Engánchanse a el ata facelo agradable. Un menú perfecto para o escenario do coqueto salón de actos da sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña. Un luxo que esgotou a demanda. Pop de auditorio que
tamén funciona noutros ámbitos. Porque I love you like a madman ou We dress up like snowmen piden a berros contorna de festival e alegría, como cando triunfaron no Primavera Sound. Pero non é pouco poder velos baixo teito. Con ondas.
SÁBADO 18
fundación c. galicia 21.00 horas. Entradas esgotadas A Coruña
máis propostas para a semana sábado 18
venres 17
xoves 23
francisco nixon
the homens
guru deva
Karma. 23 horas. 10/12 euros Pontevedra
Liceum. 23.00. Porriño
O Festival do Norte que terá lugar en Vilagarcía de Arousa o 1 e 2 de maio preséntase esta fin de semana cun concerto de Francisco Nixon, proxecto de pop individual do ex compoñente de Australian Blonde e La Buena Vida.
Á banda compostelán non só hai que recoñercerlle a honra de converterse nunha referencia de power-pop senón tamén o seu empeño en facer funcionar un circuito galego de concertos. Están este venres no Porriño.
La fábrica de chocolate. 22.00 h. 3 euros. Vigo
O grupo coruñés que encabeza Felix Arias levará o seu pop clásico ao sur de Galicia e tocarán o xoves da semana que entra en Vigo, na Fábrica de Chocolate, onde defenderán a súa gabada calidade.
exit 7
xornal de galicia. Suplemento de lecer.17 de abril de 2009
m moda
Tendencias
lois vuiton
aniversario
colores murakami
Hello kitt con 35
Louis Vuitton volverá a comercializar los diseños hechos por Murakami para su colección de primavera 2003
Hello kitty cumple 35 y los celebra entre pasarelas con especiales para Vogue y looks a lo Karl Lagerfeld
‘vintage’ a precios populares Thango y Naftalina, dos estilos de tienda para los que piensen que décadas pasadas eimpre fueron mejores AMADOR LORENZO
Natalia Arias. a CORUÑA
[email protected]
La actriz Penélope Cruz consiguió que en la gala de los Óscar se hablase tanto del modelo vintage de Balmain que lucía, como de su galardon; pero en los últimos años celebrities de la talla de Julia Roberts, Kate Moss o Chloe Sevigni han venido popularizando un estilo que no está solo al alcance de los más adinerados. En Galicia, pequeños establecimientos como Thango, en A Coruña, o Naftalina, en Santiago, contribuyen de modos muy distintos a implantar esta tendencia. La tienda que desde octubre del año pasado regenta Loló Galiana no se caracteriza por el gusto minimalista que acompaña a otras de este tipo. Empezó con una show room a través de la que comercializaba distintas firmas, pero ahora, rebuscando entre las perchas y estanterías de su local de A Coruña, es posible encontrar tanto bolsos de Carlo o Belle Epoque y bisutería de El Armario de Lulú y Cuentas de Cristal, como prendas que van desde el vintage londinense a vestidos ibicencos. Los artículos de inspiración india, los tocados de Pitussia y los kikois son algunos de los productos estrella. Aunque Loló sigue vendiendo para ocasiones especiales, afirma que cada vez son más las personas que prefieren salirse de la homogeneidad de las grandes cadenas para buscar algo más exclusivo. Y no es de estrañar porque no hace falta invertir mucho dinero para salir de Thango con una bolsa. El presupuesto va desde los cinco euros de una pulsera a los 200 de un modelo. por los mercados Más fiel a al estilo que resucitó prendas que antes interesaban a los coleccionistas enamorados de décadas
Loló Galiana muestra algunas de las prendas de su establecimiento en A Coruña
pasadas, Naftalina cuenta con un amplio abanico de ropa de segunda mano. Lourdes García Benedé abrió este comercio en 2002 y en el se pueden encontrar vestidos de fiesta de los años 60, modelos antiguos de Moschino, cazadoras de cuero de los 70 o los tradicionales vaqueros de talle alto de los 80. Los precios, también accesibles,
“Me gusta que la gente entre a echar un vistazo, sin una idea específica, y que encuentren algo que les guste”, señala la propietaria de Naftalina
van desde los tres euros de un pañuelo a los 300 de un abrigo de astracán, aunque los sombreros franceses de los años 50 y los bolsos de piel de cocodrilo son algunas peculiaridades. Naftalina se alimenta de los modelos que su propie- taria rescata en mercadillos y locales de Francia o San Sebastián y que muchas veces reforma para aprovechar los tejidos, ya que la gente busca “telas como seda y composiciones”, señala. Lourdes afirma que cada vez más público en Galicia se intersa por las cosas de segunda mano, aunque entre sus clientes siguen dominando los erasmus. “Me gusta que la gente entre en la tienda para echar un vistazo, sin una idea específica, y que encuentren algo que les guste, dice.
AXENDA Fin de semana
VENRES 17 TEATRO
DA VIOLENCIA IRREPRIMIBLE
Un Deus Salvaxe amosa a sutil evolución dunha conversa entre dúas parellas adultas nun enfrontamento absolutamente violento. Do drama á verdadeira comedia. Con Maribel Verdú e Aitana Sánchez-Gijón. Teatro Principal. Rúa da Paz, 9. Ás 20.30.Ourense
BOXEO
TEATRO
Animalario e o Centro Dramático Nacional levan ao teatro a vida e suicidio de José Manuel Ibar Aspiazu, coñecido como Urtain, o boxeador vasco que se fixo famoso no tardo franquismo, entre finais dos anos sesenta e principois dos setenta. Teatro Principal. Rúa Nova, 21. Ás 21 horas. De 6 a 12 euros.Santiago
Diego Anido dirixe e protagoniza esta peza teatral que conxuga o teatro co clown e a danza para darlle forma a unha obra orixinal e inquietante. A representación, duns 50 minutos, indaga en dous dos posibles significados da palabra desprezo: a cascuda como ser detestable ou, doutra banda, infravalorado. Teatro Ensalle. Rúa Chile, 15. Ás 22 horas. Vigo
XOGO DE PÉS DE URTAIN
CASCUDA
CONCERTO
MILLENCOLIN
O grupo sueco de punk rock presenta en Compostela o seu sétimo álbum, Machine 15 (Burning Heart Records, 2008), despois de tres anos de silencio. Dezaseis novas cancións en riguroso directo. Sala Capitol. Rúa Concepción Arenal, 5. Ás 22 horas. De 20 a 22 euros. Santiago
SÁBADO 18 MÚSICA
JAZZMEN
A XIV edición do Ciclo de Jazz da Fundación Barrié comeza co proxecto do Gonzalo Rubalcaba Trío e o Joao Bosco Quinteto. Trátase do Especial Brasil-Cuba Jazz Fusión, a unión da música popular brasileira e o jazz cubano. Pazo da Ópera. Glorieta América. Ás 20.30. A Coruña
TEATRO
CONVERSAS NA ESTADA
CÓMIC
VIÑETAS DA GUERRA
Kiko Cadaval orquestra unha moderna torre de Babel a pé de obra, onde un operario vello e outro novo conversan encaramados nunha estada. Centro Cultural Caixanova. Rúa Policarpo Sanz, 13. Ás 20.30. Vigo
36-39: Malos Tiempos é unha serie de catro cómics (acaba de saír do prelo o último volume) nos que Carlos Giménez conta a Guerra Civil española desde o punto de vista das xentes, da súa vida cotiá. Fame, frío, falta de medicamentos e de roupa, a morte de preto e, por suposto, un toque de humor con bo gusto. 36-39: Malos Tiempos IV. Glénat. 15 euros
CONCERTO
LEO I ARREMECÁGHONA!!!
O orixinal e sorprendente cantautor punk galego quenta o ambiente en Tui entre lusco e fusco cos compañeiros Óscar Avendaño, Javier Molina e Samuel Leví. Teatro Municipal. Rúa Colón, 2. A partir das 19 horas. Tui
DOMINGO 19 TEATRO
ECO: MULTIMEDIA UNIPERSOAL
Iván Marcos representa Eco en colaboración co Centro Dramático Galego. Só sobre un escenario no que as cámaras de vídeo reproducen os seus movementos e a súa voz é terxiverxada pola tecnoloxía. Salón Teatro. Rúa Nova, 34. Ás 18 horas. 10 euros. Santiago
MÚSICA
DANZA
Kibitka é unha casa migratoria. A bagaxe e as viaxes das oito persoas que van nesta kibitka trouxeron músicas de Armenia, Bielorrusia, Moldavia, Galicia, Rusia, ritmos e influencias latinas... Sala Nasa. Cabo S am Louren z o, 51-53. Ás 20 horas. Santiago
A Compagnie Catherine Diverrès escolleu Compostela para a estrea española de A quinta do xordo, unha danza que nace do momento creativo no que Goya fixo as súas pinturas negras. Auditorio de Galicia. Avda. Burgo das Nacións. Ás 21 horas. 7 euros. Santiago
FUSIÓN DE EXTREMOS
DE GOYA
MAXIA
BLASS INAUGURA A COMPOSTELA MÁXICA
A III Semana Internacional do Ilusionismo de Compostela comeza cunha gala inaugural dirixida polo televisivo mago Jorge Blass. Ata finais de mes, mestres e mestras da ilusión encherán as rúas de Santiago de maxia e, os días 24 e 25, a Gala Internacional de Compostela Máxica pechará os eventos, co portugués Luis de Matos á cabeza. Teatro Principal. Rúa Nova, 21. Ás 20.30. 5 euros. Santiago