OLALLA LOJO
EXIT XORNAL DE GALICIA
Suplemento de lecer 19 de decembro de 2008 Número 2
MAN Á CARTEIRA QUE VÉN O NADAL OS QUE SABEN ESPERAN QUE GASTEMOS 750 EUROS POR CABEZA, ALGO MENOS QUE O ANO PASADO. A CRISE OBRIGA
2 exit
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 19 de decembro de 2008
P PORTADA
A gastar!
tradición e parodia
antigos costumes
o caganer
aguinaldos
Para os cataláns, o “caganer” non debe faltar no belén porque é simbolo de fertilidade e bos augurios
Nos 60 os munipais recibían agasallos a pé de rúa. Unha iniciativa recuperou a tradición
Garda a carteira que vén o nadal: 200 euros só en comer as datas impoñen o gasto: esperan de nós que gastemos 752 euros por barba, algo menos que o ano pasado, pero hai maneiras de aforrar natalia arias. A CORUÑA
[email protected]
Empeza a notarse dende hai uns días e ha de ir a máis. Luces de cores, escaparates que invitan a non saír do centro comercial, restaurantes a rebordar con ceas de empresa, amigos ou compañeiros de universidade; mensaxes de móbil, postais dos parentes que non ves dende hai un ano e o email saturado de felicitacións prefabricadas. Todo forma parte da tradición do Nadal, a única época do ano na que non hai restricións ao consumo –haxa ou non haxa crise–, nin as boas intencións, que ademais son un imperativo. As canles de televisión bombardean con galas que convidan á solidariedade e o optimismo inunda o ambiente. Nesta época todo o mundo espera que lle toque o gordo ou sorteo do neno, e para iso fai investimentos duns 100 euros, e confía en que o novo ano traia tantos bens como din as frases de cortesía. Este ano, os galegos gastaremos unha media de 752 euros con motivo destas datas; menos que o ano pasado, que para iso hai crise, pero coa mesma rutina de sempre: comer ben, facer regalos e mercar lotaría. En comer iranse máis de 200 euros. Marisco, capón para os de Lugo, cabrito e os produtos típicos da cesta de Nadal: mazapán, turrón, froitos confitados e
embutidos, que este ano non serán ibéricos porque as empresas intenttan aforrar de onde poden uns cantos pesos. Amais da comida, os regalos son a maior preocupación das festas. Saber que regalar a pais, mozos amigos e sobriños non é doado. E para saír do paso, non han de faltar un pixama, unha colonia ou un electrodoméstico, pero se o que se quere é estar na moda e facer caso das tendencias, a tecnoloxía é o que manda. Seguindo o exemplo dos iankis, o regalo estrela será a wii. Nos Estados Unidos, o aparello bateu todos os récords nada máis iniciarse a campaña de Nadal. Foi o “venres negro”: 3.000 consolas en 24 horas, existencias esgotadas e especulación inmediata en Ebay. Porén, como o que manda é a tradición, non han faltar a carón dos piñeiros clásicos como a bici e os bonecos de Play Mobil. Para acertar cos máis pequenos, parece que o que fará furor será o Biscuit, un can dos que non dan quebradeiros de cabeza aos pais e que se pode deixar morrer de fame en canto un se aburre del. Pola contra, obedece ordes, senta e dá a pata, e sae moito máis barato que os de pedigrí –pódese ter por uns 100 euros–. Se quere ser máis moderno, o ordenador Wall-E é unha das novedades de Disney, xunto co tradicional Scalextric, con coches tuneados á
En regalos manda a tecnoloxía: para os que teñan que quedar na casa despois do desgaste físico e económico destas festas, a wii é a mellor das opcións
medida dos modelos reais, Ferrari F 2008 e ING Renault F1 R28. E para os solidarios, as ONGs tamén teñen o seu catálogo de agasallos. Onde concentrarse Moitos escapan fóra nestas festas. Viaxes solidarias a países de África ou América central, e de ocio a capitais europeas como Berlín ou Amsterdam son algunhas opcións. Con todo, a maioría dos galegos aproveitará que as tendas están ao 50 por cento para engalanarse en noite vella e ir suar a algún local. A maioría dos do Areal, en Vigo; o Orzán, na Coruña; ou as zonas vellas de Lugo, Ourense e Pontevedra teñen xa os seus packs de música, alcol e chocolate con churros por uns 40 euros, pero ao final todos acabamos no bar de sempre.
exit 3
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 19 de decembro de 2008
unha árbore retro
outros tópicos
pac-man
Nadal en río
Quen dixo que as árbores de Nadal son todas iguais? Madrid conta con unha que recrea o xogo do Pac-Man
Papa Noel ten que adaptarse a cada país, e en Río de Xaneiro a estampa do Nadal non vén con neve
Para todo hai unha alternativa Canto custa unha cesta de Nadal? Hai alternativa?
Cesta do súper vs. Comercio xusto As empresas non son as únicas que regalan cestas polo Nadal. Hai quen opta por quedar ben cun combinado de delicatessen e quen é solidario ata coa comida nestas datas
Escapada á praia vs. Viaxe solidaria Os que queren escapar da voráxine das festas. Póden optar polas capitais europeas ou o trópico –para esquivar ademais o tempo– ou por unha viaxe solidaria a Palestina ou Senegal
cada un ao seu: adiantarse ou disfrazarse Hai quen celebra a fin de ano máis dunha vez e de distintos xeitos
Regalar tecnoloxía vs. Ser prácticos Móbiles, portátiles, consolas, xoguetes de moda ou un deses regalos apañados dos que nunca se esquecen as avoas: calcetíns, pixamas, xerseis... Que queda moito inverno!
Innovar vs. Adornos clásicos Seguro que todos os fogares galegos teñen un abeto, moitos ata natural. Algúns tamén terán un Belén, pero o mundo dos adornos de Nadal é ilimitado...
Por algunha razón o de disfrazarse é inherente ao Nadal. Na maioría de cidades faise de rutina, roupa interior vermella, traxes coloridos, tacóns... e noutras lévase ao extremo. Polo centro de Madrid as perrucas comezan a circular nada máis iniciarse a campaña de Nadal cos postos da praza maior, polo que ver rulos ou peiteados heavys non é infrecuente. Tamén en Pamplona é unha tradición disfrazarse na Noitevella e poboacións máis pequenas como Tordesillas asumiron tamén o costume. Unha das tradicións do Nadal máis pintorescas é a dos estudantes de Salamanca. Onde con 20 días de adianto un total de 50.000 persoas celebraron xa a despedida do ano na Praza Maior. É a cuarta edición des-
ta festividade na que as gominolas substitúen ás uvas e as perrucas laranxa poñen a cor. Ademais de ser un acto lúdico con bebida a esgalla, tamén ten un transfondo solidario. A Noitevella Universitaria está promovida por unha empresa privada e nela participan 33 grupos de estudantes e firmas comerciais. Por cada consumición, dez centimos van parar ao Banco de Alimentos. En Galicia, son os de Vilagarcía os que adiantan as celebracións. Pero outra tradición pintoresca e algo máis escatolóxica ten lugar en Lleida. Os beléns viventes non son algo alleo a estas festas, pero na poboación de Mollerusa fan un casting de cus para elexir a un personaxe vivinte que represente ao caganer. Ten lóxica, ou?
4 exit
m música
Ao vivo
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 19 de decembro de 2008
un clásico
antonio vega Incombustíbel, ofrece hoxe e mañá un dobre concerto no auditorio municipal de Cambados
the jancee pornick casino
cóctel rockabilly Os alemáns presentan mañá no Rock Club de Ourense a súa mestura de rock, surf e rockabilly
mamá, quero ser cindy lauper russian red, unha das revelacións de 2008, encabeza mañá na coruña o alter’08 redacción. A CORUÑA
[email protected]
Poucas veces está tan claro. Hai apenas dous anos, Lourdes Hernández subiu ao escenario de La Iguana, en Vigo, para abrir un concerto de 6pm. Ninguén sentira falar nunca dela nin de Russian Red, o seu proxecto en solitario. Era o debut, ou case, dunha moza miúda e abouxada polos nervios que tocaba a guitarra e cantaba cunha voz singularísima e un alento folk, beireando o mainstream, que só lle víramos por aquí á Lucía Rolle do primeiro disco de Sevigny. Ao acabar, case todos tiñan a seguridade de que aquela moza de apenas 20 anos ía dar que falar. Efectivamente, non demorou. I love your glasses (Eureka, 2008), o seu primeiro disco en serio, producido por Fernando Vacas, é a proba de que a parroquia non se equivocaba. Fenómeno primeiro en myspace, onde as escoitas da súa maqueta se contaban en ducias de miles, en pouco tempo estaba en boca de todo o mundo, paseando as súas cancións por todos os late shows tolerables
pola sensibilidade indie, asomando a media tarde no cartel do imprescindible Primavera Sound barcelonés e, xa máis recentemente, poñendo música a un anuncio de Häagen Dazs e á polémica película de Javier Fesser Camino. non estará soa Russian Red non estará soa mañá en Expocoruña, nin sobre o escenario nin termando do cartel de Alter 08. A nova etapa que iniciou coa publicación do disco e a súa crecente popularidade impoñían un formato distinto. Necesitaba unha banda e conseguiuna. Prestáballe deixar de ser aquela moza que facía versións de Cindy Lauper e así foi. Agora, esta estudante madrileña de Tradución e Interpretación con nome de barra de carmín apunta maneiras como nova diva do pop español. O cartel de Alter 08 está inzado de revelacións, aínda que non todas foron tan rápidas como a de Russian Red. A Catpeople, banda de orixe viguesa que acabou de medrar en Barcelona, onde parte dos seus membros estudan cinema, levoulle
Russian Red é o seudónimo de Lourdes Hernández, unha das revelacións indies do último ano
O cartel de Alter 08 está inzado de revelacións, PERO non todas foron tan rápidas como a de Russian Red
uns cantos anos máis. Entre as súas maquetas e Reel#1, o seu debut para Pupilo Records, á sombra de Interpol, Editors e Chameleons, pasaron uns cantos anos. Agora están de volta cun esperadísimo segundo disco. Con What’s the time, Mr Wolf? (Pias) estrean look e selo.
Os terceiros cabezas de cartel do minifestival coruñés tamén tiveron que armarse de paciencia. Case clásicos do circuíto de salas madrileño, Vetusta Morla tardaron nove anos en dar o salto ás grandes audiencias. A banda formada por Pucho (voz), David García (batería), Álva-
máis propostas para a fin de semana venres 19
sábado 20
venres 19
los punsetes
A Reserva. 23 horas. 5 euros Carballo
jugoplastika
La Iguana Club. 00.00 horas. 6 euros Vigo
Los Casanovas
Ariadna (voz), Jorge (guitarra), Chema (batería), Gonzalo (baixo) e Manu (guitarra), como acontecera con Triángulo de Amor Bizarro, chegan no momento xusto coa actitude axeitada. Volven os oitenta e teñen mala baba. Recomendábel.
Vigueses afincados en Madrid, volven á carga co seu segundo disco, o contundente The 6th is the 7th que gravaron con Paco Loco. Todo un compendio da herdanza musical dos anos 90. Por se non o sabías, volven as camisas de cadros.
Formados a finais de 2003 por músicos procedentes de grupos como Siniestro Total, Killer Barbies ou High Sierras, Los Casanovas son unha banda de rock and roll. Nin máis ni menos. Una banda de rock’n’roll pura e sen aditivos.
Pub Gatos. 1.00 horas. Melide
EXIT 5
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 19 de decembro de 2008
CLÁSICO, CLÁSICO, CLÁSICO
C’MON
VARGAS BLUES BAND
POWER POP CANADIENSE
Para gustos, un dos máis expertos e teimudos músicos de blues. Mañá, ás 22 horas, na sala Breogain de Vigo
O nome e as pintas son abondo elocuentes. Hoxa na Mardi Grass da Coruña e mañá na Fábrica de Chocolate de Vigo
ACABAN DE CHEGAR PERO VAN MOI RÁPIDO O cartel de Alter’08 está inzado de grupos revelación, bandas que de súpeto soan en todas partes. A uns levoulle máis tempo que a outros
CatPeople
Son e non son galegos. Naceron das cinzas de Magic Noise en Vigo pero maduraron en Barcelona. Co seu debut, o británico e escuro Reel#1, entre The Chameleons e o revival new wave de The Editors, deron un paso de xigante e colocáronse nos principais festivais. Logo desapareceron durante case dous anos para preparar a súa segunda entrega, agora no selo Pias.
Vetusta Morla
Estes rapaces non sempre foron tan populares. Até que autoeditaron Un día en el mundo, considerado pola crítica un dos mellores discos do ano pasado, Pucho (voz), David García (batería), Álvaro Benito (baixo), Jorge González (percusión e secuencias), Guillermo Galván e Juan Manuel Latorre (guitarras e teclados) sobrevivían no circuítos de salas de Madrid.
E moito máis
En Alter’08 tamén hai grupos menores. Havalina abre as oito da tarde a rolda de concertos, Solos seguen ás 20.45 e Remake son os encargados de tocar entre Russian Red e Vetusta Morla. Case nada. E se aguantas até o final do directo de CatPeople, aínda hai máis. Até as cinco da madrugada non acaba o conto. Para pechar? Sesión de DJ Kinki a partir das 3.15 horas.
Presentan en Galicia o seu esperadísimo segundo disco
Nove anos para sacar cabeza no segunda división madrileña
Havalina (foto), Remake, Solos e DJ Kinki completan o cartel
ro Benito (baixo), Jorge González (percusión e secuencias), Guillermo Galván e Juan Manuel Latorre (guitarras e teclados) conseguiuno coa autoedición do seu primeiro disco, Un día en el mundo, considerado pola crítica como uno de los mejores disco del año.
FESTIVAL ALTER’08 SÁBADO 20
RUSSIAN RED
A partir das 20 horas. Entradas: 20 euros anticipada, 22 euros na billeteira. Pódense adquirir na web de Caixa Galicia ou nas tendas de discos Portobello, Discos Noni’s, Buddha Bar (A Coruña) e Discos Gond e A Reixa Tenda (Compostela).
VETUSTA MORLA
EXPOCORUÑA
21.45 horas
00.15 horas
CATPEOPLE
1.45 horas DJ KINKI
3.15 horas
MÚSICA ENLATADA NACHO VEGAS El manifiesto desastre
ANATHEMA Hindsight
Os irmáns Cavanagh levan ao acústico as súas cancións
Inconfudíbel Nacho Vegas dende o mesmo título do seu novo traballo (Limbo Starr, 2008), que terá que intentar superar a boa acollida de Lucas 15, o experimento que asinou con Xel Pereda, un dos máis interesantes intentos de recuperar dende o rock o folclore popular.
BURAKA SOM SISTEMA
SR. ZAMBRANA
Portugal, Brasil, Inglaterra e Angola, todo no mesmo cóctel
Unha nota de cor no panorama do rap nacional
Black Diamond
Hechopolvo
6 EXIT
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 19 de decembro de 2008
P PANTALLAS
Cine
A MAQUINARIA NON SE PARA
O QUE FAI A FOLGA DE GUIONISTAS!
TERCEIRA PARTE
RETRÁSASE ‘WOLFMAN’
A Warner vén de anunciar que haberá outro Batman, aínda que non confirma nada sobre o equipo e o argumento
A estrea da nova versión do lobishome, con Benicio del Toro interpretando á bestia, déixase para finais do 2009
EASTWOOD NON FALLA: APUNTA RÁPIDO E ACERTA O NORTEAMERICANO RODA UNHA HISTORIA DE INTRIGA E ESPERANZA SOBRE UNHA NAI ENFRONTADA Á POLICÍA PARA RECUPERAR O SEU FILLO VÍCTOR PAZ MORANDEIRA. A CORUÑA
[email protected]
“Sanitario, necesito un sanitario! Tráiame un, Johnson, que este non aguanta máis”. Non lles fai graza esta frase tan concorrida no xénero bélico? Non é que o sarxento que pide un médico estea que non aguanta máis para ir ao baño, pero é que estas traducións son o que che teñen. Bromas á parte, se Clint Eastwood interpretase a Johnson neste filme iría “cagando leches” e o superior estaría contentísimo. Iso é o que din del os produtores da Warner e Dreamworks, que quedaron sorprendidos cando un home de setenta e cinco anos corría detrás dos soldados do seu díptico Banderas de nuestros padres / Cartas desde Iwo Jima (2006) sen descansar un anaco. Os que teñen traballado co director californiano, din del que filma rápido e ben, cun estilo clásico –é o último gran director clásico vivo– que foi refinando co tempo. Esta afirmación pódese aplicar por partida dobre este ano, pois xunto a El intercambio estrea Gran Torino, na que interpreta ao protagonista. Poderiamos dicir da primeira, nas pantallas españolas dende hoxe, que é un filme feito ás présas e que nada
bo pode saír del, mais as críticas recibidas nos EUA e en Cannes fannos intuír o contrario. O realizador quedou prendado da historia da loita dunha nai por recuperar o seu fillo secuestrado de tal maneira que lle bastou con ler o libreto nunha tarde para confirmar que a facía. Aínda tratándose dunha fita de reconstrución histórica, tívoa lista poucos meses despois desa lectura. DIME CON QUEN ANDAS O responsable dese namoramento repentino co guión é J. Michael Straczynski, máis coñecido por ter traballado para a editorial Marvel e revitalizar Spider-man que pola súa andaina fílmica, que comeza con tino, aínda que a súa experiencia na serie de ciencia-ficción dos noventa Babylon 5 non o pilla a contrapé. Este escritor de banda deseñada ficou obnubilado coa historia verdadeira na que se basea o filme, a do caso Wineville Chicken Murders, até o punto de chegar a investigalo polo miúdo durante un ano. Todos os diálogos da película, excepto os do manicomio, dos que non atopou documentos, están tirados das transcricións do xuízo e doutro material documental que Straczynski logrou compilar en varias fontes.
EL INTERCAMBIO Clint Eastwood ANGELINA JOLIE, JOHN MALKOVICH, JEFFREY DONOVAN, AMY RYAN
Christine Colins (Angelina Jolie) é unha nai traballadora en Los Angeles de 1928 á que lle secuestran o fillo. A policía devólvelle un neno que non é o seu e ela decide recuperalo pola súa conta e destapar unha trama de corrupción coa axuda do reverendo Brieleg (John Malkovich), aínda que iso lle supoña ser internada nun psiquiátrico.
Angelina Jolie interpreta a unha valente nai en El intercambio
Acabada esta pesquisa, verteu no papel o que tiña en mente durante once días e presentou un borrador. Os produtores recibírono entusiasmados e ese libreto chegou sen cambios até o último día de rodaxe. A interpretación de Angelina Jolie é outro dos puntos fortes do filme. Coa máxima do seu personaxe por diante, “nunca comeces unha pelexa, mais termínaa sempre”, a actriz do-
ta de intensidade á nai despoxada do fillo, que fará o que deba para recuperalo e destapar a trama de corrupción que agocha a policía. Nesta batalla acompáñaa o veterano John Malkovich, que dá vida a un reverendo moi cabreado coas inxustizas dos poderosos, disposto a axudar á Jolie. Se ben a súa participación na fita estivo clara dende o principio, Eastwood barallou outras
OUTRAS ESTREAS EL VALIENTE DESPEREAUX
PROTEGIDOS POR SU ENEMIGO
Directores
Director
SAM FELL, GARY ROSS E ROBERT STEVENHAGEN
NEIL LABUTE
Voces en castelán
Actores
JULIA OTERO
SAMUEL L. JACKSON, PATRICK WILSON, KERRY WASHINGTON, JAY HERNANDEZ
Un rato que le libros, en troques de comelos, e está namorado dunha princesa, vivirá emocionantes aventuras até chegar ao castelo da rapaza amada.
Unha parella chega á que, cren, é a súa casa soñada. Un policía do barrio (Sam Jackson) controla a zona autoritariamente e daralles moitos problemas.
DI QUE SÍ Director PEYTON REED
Actores
JIM CARREY, ZOOEY DESCHANEL, TERENCE STAMP, FIONNULA FLANAGAN
Un home apúntase a unha terapia que consiste en dicir que si a todo. A súa vida dá un xiro vista dende esta nova perspectiva, mais pronto descubrirá que este proceder conleva algún risco.
EXIT 7
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 19 de decembro de 2008
CAMBIO DE LIÑA
PARECIDO CONSIDERABLE
EN RACHA
OSCAR 2009
NIXON RESUCITA
DAVID FINCHER
Ante as malas audiencias dos Oscar, fichan a Hugh Jackman para presentar a gala
Os Globos de Oro vólvense fixar nun biopic. Frank Langella está nominado por dar vida a Nixon
RAPIDEZ DE LÓSTREGO O realizador ten sona de rodar rápido e ben. No 2008, presentou en Cannes ‘El intercambio’ con boas críticas e vén de estrear ‘Gran Torino’ no seu país
Clint Eastwood
Encadea unha película boa tras outra dende Mystic River (2003)
Morgan Freeman
Interpretará a Nelson Mandela no seguinte filme do californiano
O GUIONISTA FIXO UN BORRADOR EN ONCE DÍAS QUE ACABARÍA SENDO O LIBRETO QUE SE USARÍA AO LONGO DE TODA A RODAXE
alternativas, como Hillary Swank ou Reese Witherspoon, para o rol de Christine Collins. Ron Howard, o produtor executivo, convenceuno de que escollera á filla de Jon Voight porque o seu físico daba máis coa época. Jolie vén de estrear Wanted e dará vida á emperatriz rusa Catarina a Grande nun filme de Randall Wallace, previsto para o ano próximo.
El intercambio e Gran Torino. Dous filmes no 2008! Nin Woody Allen, tan puntual nas súas citas anuais, nin Steven Spielberg, experto en encadear un filme tras outro até o punto de que chega a producir un mentres remata de montar o anterior, son tan rápidos! A man de El Manco segue a ser a que dispara máis balas, máis rápido e, cada vez, máis certeiras. O actor tamén é protagonista do seu último filme, no que interpreta a un velliño con moi malas pulgas que só parece preocuparse polo seu coche –o Gran Torino do título–, e polo que recibiu o premio ao mellor actor da Asociación de Críticos Norteamericanos. É un tópico que todos os filmes que se fan hoxe en día sexan westerns disfrazados doutra cousa, mais no caso da película de Eastwood, podemos dicir que promete unha sorte de fita do oeste urbana. Cando unha banda de rapaces latinos está a molestar a uns veciños de orixe asiática, o veterano da guerra de Corea Walt Kowalski sae defendelos, escopeta en man. As súas razóns son puramente egoístas, pois o vello só pretendía facer que os pandilleiros marcharan porque lle molestaba o ruído, mais a comunidade asiática vaino acoller coma un heroe no barrio e o pastor da igrexa da zona pretenderá usalo coma modelo de integridade. Eastwood xa está co seu próximo filme, The Human Factor, un biopic sobre Mandela.
NOVIDADES EN DVD
EL CABALLERO OSCURO
LOS CRONOCRÍMENES
SOY UN CYBORG
MAMMA MIA!
Batman tense que enfrontar ao terrorífico Joker.
Un home atópase a si mesmo ao viaxar no tempo.
Dous enfermos mentais namóranse nun psiquiátrico.
Unha rapaza convida á súa voda aos seus tres posibles pais.
de Christopher Nolan
de Nacho Vigalondo
de Park Chan-Wook
de Phyllida Lloyd
A Asociación de Críticos de Norteamérica premia ao director de Zodiac por El curioso caso de Benjamin Button
D
DENDE MELMAC
Mujeres desesperadas
MIQUEL LAFITTE. CRÍTICO
A quinta tempada de Mujeres desesperadas está a resultar moi interesante. A narración desta serie sempre tivo algo de experimental e, neste caso, vólvennos sorprender cun salto temporal de cinco anos. Lynette está a ter problemas cos seus fillos rebeldes, xa crecidiños. Bree converteuse nunha recoñecida cociñeira e Susan intenta conciliar a súa nova vida amorosa co coidado do seu raparigo, que bota en falta ao pai ausente. O mellor cambio é o da parella Gaby-Carlos. Eva Longoria engordou uns quiliños para dar vida a unha nai con dúas criaturas enormes –se iso saiu dela, nin cunha ducia de donuts diaria tería collido o peso adecuado, pero ímoslle valorar o esforzo, que ben se lle nota– e un marido cego. A relación conxugal provoca tenrura sen facerse empalagosa, grazas a un bo guión –os diálogos, excelentes, coma sempre– e a uns actores en estado de graza. A introdución dun novo personaxe, Dave, marido de Edie, fai todo máis enigmático. Neal McDonough interpreta con xeito a un psicópata cun escuro pasado que chega a Fairview con malas intencións que nos son descoñecidas ao inicio da tempada. Porén, o home posúe unha personalidade magnética que enganchará aos máis escépticos. A serie volve co seu humor negro de sempre e a trama máis intrigante de toda a súa andaina televisiva. Chapeau.
8 exit
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 19 de decembro de 2008
a axenda
Fin de semana
jancee pornick casino
jim carrey
punk mestizo
nunca máis
Esta estupenda banda combina surf, rockabilly e garage cun toque latino. No Rock Club de Ourense
Jim Carrey estrea nos cinemas galegos Di que sí, sobre un home que se pon coma reto non volver mentir
instalación
mañá
veNRes 19
Jirí Kovanda
pista de xeo
camiñata
Achégase o Nadal, e con el unha cita habitual en Santiago de Compostela: a pista de xeo no Multiusos Fontes do Sar. Recinto feiral de Amio. Amio, s/n. De 11 a 14h. 5 euros. Santiago de Compostela.
espectáculo de títeres
coidado, non caer de cu
literatura
a última de haruki murakami
A exposición Pink Carpet presenta a obra dun destacado artista checo contemporáneo, Jirí Kovanda, mestre do xesto mínimo. CGAC Até o 8 de marzo Entrada libre Rúa Valle-Inclán, s/n. Compostela
sába
Tras do solpor é a máis recente novela do escritor xaponés, autor da popular Tokio Blues. Unha rapaza entra en contacto cun conxunto de persoas estrambóticas nas noites de neón de Tokio. Non é o seu mellor traballo, mais a capacidade hipnótica que imprime aos seus personaxes segue a estar aí e o seu pretendido estilo cinematográfico resulta curioso. Editorial Galaxia. 216 páxinas. 16 euros
a san simón
Esta cam lóxicas p membr Capela
nova obra de cachi
Espectáculo infantil de títeres baseado n Carlo Collodi, As aventuras de Pinochio, neno feito de madeira. De balde. Biblioteca Pública. Xoán XXIII. 12h. Com teatro infantil
mañá en familia
Berrobambán Teatro preséntanos en Bo historia dunha nena, Xiana, que non par Auditorio municipal. Rúa da Canle, 2. Ourense. musical
Continúan as sesións de animación á lectura que imparte a asociación especializada Andaina na Biblioteca Municipal de Santiago de Compostela Ánxel Casal. Biblioteca Ánxel Casal. Avda. de Xoán XXIII, s/n. 18h. De balde. Santiago de Compostela.
O libro da selva é unha obra de animais q aceptación entre razas. Un espectáculo Auditorio de Galicia. Avda. do Burgo da
fotografía
musical
cinema
Os fotógrafos Santi Barreiros e Jorge Díaz realizan unha exposición conxunta que xoga con esaxerados contrastes en imaxes en branco e negro. Centro Cultural da Deputación Até o 11 de xaneiro Entrada libre Rúa do progreso, 30. Ourense
O filme Flashdance sobe á escena con novas coreografías. Auditorio Municipal. Avenida da Coruña, s/n. Ás 20h. De 30 a 35 euros. Lugo.
Azur e Asmar é un relato inspirado no folc de África. Dous rapaces son criados com CGAI. Durán Loriga, 10. 18h. De balde. A
nadal 08
obradoiro infantil
O parque de ocio, os karts e os obradoiros complementan á pista de xeo no programa Nadal Ocio 08 para as tardes. Pazo da Cultura. Alexandre Bóveda. 6 euros. Pontevedra.
Continúan os obradoiros “A viaxe máx Museo de Arte Contemporánea de Vigo Marco. Rúa Píncipe, 54. 18h. De balde. V
Teatro
música
tarde
obradoiro infantil
animación á lectura
jennifer beals vive!
Aberto e saturado
noite
oferta de ocio variada
quico cadaval volve á carga
Tres obreiros comparten as súas vidas, dentro e fóra do traballo, nun rañaceaos en construción de Manhattan en Obra (No Comment). Teatro Rosalía de Castro. Riego de Agua, 37. 22.30h. 9 euros. A Coruña. música
lingua
As nosas palabras A exposición itinerante As nosas palabras, os nosos mundos estuda o galego como idioma en ebulición. Kiosko Alfonso Até o 4 de xaneiro Entrada libre Xardíns Méndez Núñez. A Coruña
noite de rap e rock
As bandas pontevedresas Mr Magoo e Doble Morgan protagonizan a noite na Karma cun dobre concerto. Sala Karma. Riestra, 34. 23h. 4 euros. Pontevedra. teatro
unha primavera para aldara
A acción sitúase no interior dun mosteiro feminino, na Galicia do século XV. Unha peza moi suxerente. Salón Teatro. Rúa Nova, 34. 20.30h. 6 euros. Compostela.
danzando con mow
innovando na anim
maxia no marco
tres en un
O festival Alter 08 presenta un car Morla e Cat People, tres dos grupo independente, con algúns dos m Vetusta Morla e Russian Red, deb ano, e os vigueses Cat People, o p cotinuación ao seu espléndido debut R e potente What´s the time Mr Wolf? (200 única para coñecer a estas promesas. Expocoruña. Avda. Universidad. 21h. 2 danza
CLAUSURA DE SCQ
En Feminine, de Paulo Ribeiro, após como segredo de vida, polo caos sen Teatro Principal. Rúa Nova, 21. 21h. Compostela.
exit 9
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 19 de decembro de 2008
arte na rúa
manolo valdés A praza de María Pita da Coruña acolle as esculturas deste artista sobre as meninas
irulo
no conto de sobre un
mpostela.
vargas blues band
tardes de cinema
cita múltiple
A fita de acción do ano, xa á venda en DVD e Blu-ray, é perfecta para ver nun día chuvioso
ado 20
amiñada á enseada de San Simón pecha as saídas ornitoprogramadas polo Concello de Pontevedra e guiadas por ros da Sociedade Galega de Ornitoloxía para o 2008. a de San Roque. 9h. De balde. Pontevedra.
batman renovado
domingo 21 regueifas
pallasolandia instala as súas carpas en pontevedra
No espectáculo interveñen acróbatas, pallasos musicais, equilibristas, malabaristas, hulla-hoop, contorsionistas, olímpicos pulsadores e magosilusionistas. Ademais, conta coa participación especial dos coñecidos pallasos internacionais Popey and Family, e con Fery ‘Rivelinos’ como xefe de pista. Teatro Principal. Paio Gómez Chariño, 6. 12 e 17h. 10 euros. Pontevedra. obradoiro gráfico
fai a túa propia foto
Os rapaces poderanse tomar instantáneas cos seus pais nun taller que pretende amosarlles unhas técnicas fotográficas básicas de maneira amena e adaptada a todos os públicos. Fundación Barrié. Policarpo Sanz, 31. Ás 12h. De balde. Vigo.
oas noites a ra de xogar. . 12h. De balde.
wgli e baloo
que reflicte comportamentos humanos como a amizade ou a o con cancións en directo e varios números aéreos. as Nacións, s/n. 17h. 10 euros. Santiago de Compostela.
mación
clore e nas artes decorativas do Norte mo irmáns e separados máis tarde. A Coruña.
xica” no o. Vigo.
A formación de blues toca o sábado xunto con Devon Allman e Jorge Salam na sala Breogain de Vigo
fotografía
Paul Strand
Esta é a primeira retrospectiva que se pode ver en todo o estado español do excelentísimo fotógrafo da vangarda norteamericana Paul Strand. Fundación Barrié Até o 11 de xaneiro Entrada libre Policarpo Sanz, 31. Vigo
arte
implicarse na creación artística
A iniciativa Ponlle Nome pretende abrir á sociedade en xeral un debate arredor do protagonismo dos públicos na arte e a importancia da súa participación nas políticas culturais. Igrexa da Universidade. Praza da Universidade. 19h. De balde. Santiago de Compostela. música
coñece aos mestres do acordeón
A segunda Xuntanza de Acordeonistas Nadal 2008, organizada pola Asociación de Amigos do Acordeón, trae este ano a Oleg Sharov, prestixioso concertista ruso especializado no instrumento que se une aos galegos Manolo Bello e As Dúas, que colaboran xuntos habitualmente. Ofrecerán un concerto todos xuntos, fusionando os seus característicos estilos. Fórum metropolitano. Rúa Río Monelos, s/n. 18h. 3 euros. A Coruña.
moda
François Kollar
Exposición dun dos fotógrafos máis relevantes dos anos trinta no mundo da moda e a publicidade, sobre todo en París. Pazo da Cultura Até o 11 de xaneiro Entrada libre Alexandre Bóveda, s/n. Pontevedra
música
rock alternativo
rtel de luxo con Russian Red, Vetusta pos españois máis en forma da escena mellores discos do 2008. No caso de butaron os primeiros meses deste pasado dez de novembro daban Reel#1 do 2006 co maduro 08). Unha oportunidade . 22 euros. A Coruña.
DANZA
stase pola utopía n ruído. . De 3 a 7 euros.
“Balbuceos psicodélicos, ouveos nanosampleados, atisbos de melodías e incluso harmonías!”. Así definen a súa música Atomizador + Abominable futuro, madrileños influenciados polo cinema de David Lynch, que actúan na Casa das Atochas. Casa das Atochas. Atocha alta, 14. 20.30h. De balde. A Coruña. música
A MÚSICA NORTEAMERICANA ENTRA NO ‘TODO LÍRICA’
A oitava edición do Festival de Zarzuela de Compostela Todo Lírica comeza cun musical americano e canción, no que intervirán a mezzosoprano Manuela Custer, cotizadísima nas óperas italianas, e o pianista Rubén Fernández Aguirre. Organizado pola Concellaría de Cultura a Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza. Teatro Principal. Rúa Nova, 21. 21h. Entradas, de 6 euros. Santiago de Compostela.
fotografía
Gabrielle Basilico
O autor italiano leva trinta anos fotografando a arquitectura ou, máis concretamente, as zonas fronteirizas da paisaxe urbana. Caixa Galicia Até o 1 de febreiro Entrada libre Praza de Santa María. Lugo
10 EXIT
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 19 de decembro de 2008
E EXTERIORES
Viaxes
LONGITRAVEL
MARTE
BÚSQUEDAS IPHONE
AVENTURA ESPACIAL
Longitravel acaba de lanzar un motor de búsqueda de vos e hoteis para os usuarios do iPhone
Seis hombres vivirán durante 105 días en un centro de Moscú simulando las condiciones de vida de Marte
BERLÍN, CIDADE DE MEMORIA E VANGARDA ONDE TODOS OS ESPAZOS E FORMAS ARTÍSTICAS E ARQUITECTÓNICAS TEÑEN CABIDA NATALIA ARIAS. BERLÍN
[email protected]
Berlín é unha cidade chea de contrastes, na que conviven o esplendor da arquitectura prusiana con estilos máis modernos e vangardistas, amais dos vestixios que deixaron máis de 29 anos de illamento entre as zonas este e oeste da cidade. Os edificios planos e funcionais do comunismo ou as figuras dos semáforos serven aínda como referencia ao viaxeiro para saber en que sector estaría; pero son o Check Point Charlie, punto fronteirizo de acceso á parte este hoxe convertido en museo, e o quilómetro de muro que se conserva en Mühlenstrase, as pegadas máis claras da Guerra Fría. A propia Porta de Brandenburgo, o símbolo máis coñecido da cidade, dá conta conta do proceso de reuni-
ficación, xunto co Reichstag, o parlamento de Alemaña dende 1999. Tras a súa destrución durante a Segunda Guerra Mundial, hoxe conta cunha cúpula de cristal accesible aos turistas e dende a que se pode contemplar o interior do edificio. Simboliza os valores democráticos e recorda aos políticos alemáns que a mirada do pobo está constantemente sobre as súas cabezas. No corazón da cidade está a Postdamer Platz, un dos lugares máis populares de Europa nos anos vinte e un enorme proxecto urbanístico no que hoxe se atopan os centros comerciais e rañaceos que marcan a nova imaxe de Berlín, como é o caso do Sony Center. O Unter den Linden é o principal bulevar da cidade. Comeza na Praza de París, ao lado da Porta de Brandenburgo e chega ata a Illa dos
Museos, onde entre outros se atopa o Pergamon, que alberga unha impresionante colección de arte antigo de incalculable valor histórco. OS RESTOS DO PERDÓN No centro do antigo Berlín Este está a Alexanderplatz, sede do antigo goberno comunista da República Democrática Alemana (RDA). Desta época pervive o Rotes Rathaus –o concello vermello– e a torre da televisión, construída en 1960, e na que se ubica un restaurante circular que ofrece unha estupenda vista panorámica da cidade. Non será difícil, á vistados bustos de Engels e Marx, deducir que se atopa no corazón da Alemaña comunista. Na Alexanderplatz está tamén a catedral protestante de Berlín (Berliner Dom), un dos espazos relixiosos que merece a pena visitar, xunto co Memorial Kaiser Wilhem, a coñecida como igrexa rota posto que non foi reconstruída dende os bombardeos da II Guerra Mundial. O Memorial do Holocausto é unha das paradas máis actuais para
1 O Memorial dos Xudeos Asasinados en Europa recorda as atrocidades 2 A Memorial Kaiser Wilhem, coñecida como igrexa rota 3 A Cúpula de cristal do Reichstag simboliza a transparencia democrática dos parlamentarios alemáns 4 Na praza Marx e Engels atópase un dos monumentos emblemáticos da antiga RDA 5 A Porta de Brandenburgo é un dos maiores atractivos da cidade
ELIXIR O PRESUPOSTO
Dúas formas diferentes de viaxar 1
2
MOCHILA
MALETA
DESTINO
DESTINO
BERLÍN
BERLÍN
PRESUPUESTO
PRESUPUESTO
713 euros
1.168 euros
Berlín é unha das capitais europeas máis baratas. Cuns 20 euros por día e aproveitando a ampla oferta de youth hostels, especialmente na zona este, o mochileiro pode subsistir cun presuposto realmente austero. Ademais, poderá aproveitar os tours gratuítos que organizan diferentes grupos de erasmus para coñecer a cidade de xeito económico e no propio idioma. A maior parte do presuposto irá para o vo, que dende A Coruña sae nuns 500 euros.
No Nadal, Berlín ofrece a posibilidade de gozar dos tradicionais mercados de artesanía, chocolate e adornos que se distribúen por toda Alemaña. Ademais, os viaxeiros que conten cun pouco máis de presuposto poderán realizar diversas excursións. A 25 km da capital alemana está a cidade de Postdam, con palacios como o de Sansoucci, que dan conta do espelendor do imperio Prusiano. E a 35 quilómetros atoparán o campo de concentración de Sachsenhausen.
Hoteis e pensións PARK INN BERLÍN Alexanderplatz 7 www.parkinn-berlin.de
104 €
HOTEL AGON OPERA Kurfürstendamm, 180 www.agon-opera.de
55 €
EASTSEVEN BERLÍN Schwedter Str. 7 www.eastseven.de
13/17 €
SUNFLOWER HOSTEL Helsingforser Str. 17 www.sunflower-hostel.de
10/12 €
EXIT 11
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 19 de decembro de 2008
PRIMEIRA OLVIDOTECA
NO NADAL
TURISMO GASTRONÓMICO
HOTEL PARA LER
CARA O ALGARVE
GIJÓN, DESTINO
O Gran Hotel Conde Duque, de Madrid, creou a Olvidoteca, unha biblioteca con libros olvidados
Fogos artificiais clausurarán o fin de ano no Algarve, que se promociona como destino de Nadal
Gijón tratará de ser destino gastronómico cun proxecto público dotado de 60.000 euros
S
SENDERISMO
Rota de montaña
Vista da Ría de Vigo dende A Madroa
SONIA DAPONTE
OS PARQUES FORESTAIS DA RÍA DE VIGO ESTA É UNHA CIDADE DAS QUE HAI QUE COÑECER DE NOITE E DE DÍA E QUE OFRECE MÚLTIPLES POSIBILIDADES CULTURAIS DE VANGARDA A UN PREZO ASEQUIBLE
os viaxeiros. Conmemora as víctimas desta masacre e leva aberto ao público tan só tres anos. Son 2.711 bloques de formigón que simulan un auténtico labirinto. Ademais de actividades turísticas, Berlín é a capital do techno, a cervexa e a contracultura, polo que non será raro terminar nun antigo refuxio de guerra convertido en bar, nunha discoteca de moda ou nun clube do máis elitista, sempre cunha Berliner pilsen na man, a cervexa máis popular por eses lares.
CON NENOS DESTINO ALTERNATIVO
O PAÍS DOS LEGO
UN PERCORRIDO DE CONTRASTES ENTRE ESPAZO VERDE E RESTOS ARQUEOLÓXICOS PRÓXIMO DESTINO:
MÉXICO
Viaxaches algunha vez a México? E que tal foi? Envíanos as túas fotografías, os teus consellos, os teus lugares e itinerarios preferidos ou o que queiras a
[email protected].
Actividades lúdicas TIERPARK BERLIN Tierpark 125 www.tierpark-berlin.de
Berlín é unha das grandes capitais europeas e, como tal, está chea de actividades para os máis cativos. O Tierpark é o maior zoolóxico paisaxístico de Europa, con máis de 10.000 animais de 1.000 especies distintas. Para os fans dos lego, en Legoland Discovery é posible tanto ver filmes en 3D como gozar do castelo medieval de Drachenburg. E, pola tarde, sempre se pode facer unha parada no Grips Theater, o teatro infantil e xuvenil máis famoso do mundo.
GRIPS THEATER Altonaer Str. 22 www.grips-theater.de
LEGOLAND
Potsdamer Str. 4 www.legolanddiscoverycentre.com/ berlin
O sendeiro panorámico GR53 é unha rota que discorre polos montes e parques de Vigo, na parte da cidade máis alonxada do mar. Ten unha lonxitude de 56,4 km, dos que 16 son variantes perfectamente señalizadas no camiño. E pódese percorrer en, aproximadamente, 14 horas. É un percorrido no que abundan os contrastes con mumerosas zonas verdes, restos arqueolóxicos como os petroglifos de Fragoselo ou os dolmes da zona do Mercantil, ou miradoiros que nos amosan unha fantástica panorámica da Ría de Vigo.
TREITO I O percorrido comeza na Pasaxe de Saiáns, xunto á igrexa de San Xurxo de Orxás, e tras unha lixeira ascensión pola estrada de Cal do Outeiro, chega ao parque forestal de Saiáns. Esta é unha das áreas de descanso que atopará o viandante xunto cos parques forestais de Oia, Monte Alba e Alto do Cepudo, dende onde se pode admirar a ría de Vigo.
TREITO II Comeza no encoro da Garrida e finaliza en Puxeiros. Neste percorrido pódese gozar do enclave do parque forestal de Beade e de ruínas como o dolme, en aceptable estado de conservación, que se atopa nas inmediacións do Círculo Mercantil.
TREITO III Dende o Alto de Puxeiros ata o Parque da Madroa, este percorrido pasa polos parques forestais de Cotogrande e O Vixiador, o nacemento do río Lagares e permite aprezar restos arqueolóxicos en Candeán ou A Madroa. TREITO I GR53 Saiáns-A Garrida www.turismodevigo.org TREITO II GR53 A Garrida-Puxeiros www.turismodevigo.org TREITO III GR53 Puxeiros-A Madroa www.turismodevigo.org
12 exit
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 19 de decembro de 2008
m
lévanse os desgastes
reunirá a 500 empresas en 2009
zapatos de crise
o simm xa ten data
A mala situación económica imponse no calzado con cores sobrias e peles envellecidas. Non se leva ostentar
moda
Tendencias
O Salón Internacional da Moda de Madrid celebrarase entre o 12 e o 13 de febreiro, coma sempre, no IFEMA
TECHNO-FASHION, ida e volta os deseños tecnolóxicos inspiran á moda e as firmas máis prestixiosas entran no negocio de ‘vestir’ os ordenadores redacción. A coruña
[email protected]
A tecnoloxía é un elemento esencial da nosa sociedade, está presente en todos os ámbitos e estende a súa influencia máis aló das tendas de trebellos e informática. A moda non queda tampouco fóra dos seus tentáculos, e os deseñadores ven nela tanto unha fonte de inspiración para complementos como unha grande oportunidade de negocio, pois hai moito ordenador espido ao que ‘vestir’ con fundas fashion. Un exemplo de deseño inspirado na informática é o bolso-teclado do brasileiro Joao Sabino, que acompaña a estas liñas.
Máis aló dos bolsos de Hello Kitty, esta creación demostra que a elegancia e o estilo geek non están tan reñidos como se pensa. Ir a unha festa cun periférico do ordenador colgando do brazo para agochar no seu interior os complementos que precisa unha dama pode ser a mestura ideal de formalidade e provocación. Están dispoñibles, como non, para mercarse en internet –www. joaosabino.blogspot.com–. Esta tendencia explótase sobre todo nos complementos.
Existen colgantes con forma de punteiro de rato, pendentes feitos con microcircuítos, auriculares con toda clase de decoración, e moitos outros obxectos similares. No vestir, aínda é difícil de integrar, máis aló de cousas como o vestido feito con consolas Nintendo DS na última Japan Fashion Week de Tokio. Por outra banda, as empresas tecnóloxicas aprenderon de Apple que un produto pode vender máis por ser bonito que por ter as mellores prestacións técnicas. O mercado é moi competitivo e para dominalo hai que dotar dun valor adicional á propia marca, e para iso, moitos están a recorrer a prestixiosos deseñadores
de moda na busca de traballos exclusivos. E así, moitos deles apostan por cubrir os aparellos con fundas que permitan lucilos con orgullo pola rúa. Grandes firmas como Louis Vuitton ou deseñadores como Matthew Williamson, Roland Mouret o Alistair Karr crean roupa e complementos para ordenadores portátiles, reprodutores de DVD ou teléfonos móviles. O curioso é que non buscan unha adaptación funcional, senón alterar o carácter social dos obxectos para manter un estilo diferencial. Stella McCartney uníuse este ano con LeSportsac, unha casa famosa por deseñar bolsos e carteiras de todos os tipos, e lanzou unha liña exclusiva de fundas amplias, decoradas e con petos para facer a dobre función de bolso. E nesta lista non podía faltar Gucci, os reis dos complementos para todo. Se teñen comedoiros para cans coa GC gravada, tamén tiñan que facer fundas para ordenadores.
A tecnoloxía influencia todos os ámbitos da vida, e a moda non é inmune. neste camiño de dobre sentido, os complementos adoptan deseños chegados da informática e as grandes firmas fan negocio vendendo fundas para os últimos trebellos
modelos para o portátil O bolso teclado de Joao Sabino foi un éxito dende a súa aparición
GUCCI
Stella mccartney
louis vuitton
Case Logic
Unha funda clásica dos reis dos complementos para todo
Atrevido estampado e moito espazo para gardar obxectos
‘Vestido’ exclusivo para o telévono Serene de Bang&Olufsen
As marcas informáticas tamén buscan o estilo fashion
Vermello e verde
Bolso e funda
Coiro para o móbil
Neopreno
exit 13
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 19 de decembro de 2008
B barra e mesa
Comer
gastronomía cordobesa
reconocimiento
navidad en los patios
A pescada de celeiro
La Diputación de Córdoba ha vuelto a lanzar una campaña para recuperar la gastronomía y la música navideña
Esta composición del gallego Marcelo Tejedor ha sido elegido entre los 10 mejores platos del año 2008
De primero, sopa de miso según kafka un curioso libro condimenta LO MEJOR de la literatura universal con una pizca de lo más exquisito de la gastronomía de hoy maría sabarís. a coruña
[email protected]
Unas profundas y gruesas lágrimas resbalaban por sus mejillas a modo de gotas de agua en una mañana de rocío. La cebolla picada, mezclada con pimienta recién molida, había conseguido enrojecer sus pálidas mejillas que ahora parecían llenas de vida y de color. La gallina al vino que estaba cocinando resultaba de lo más alegórica y casi sin darse cuenta la había convertido en uno de los protagonistas de Cien Años de Soledad. García Márquez era el compañero ideal para una cena, que de otro modo, habría resultado de lo más insulsa y cotidiana. Su cocina se había convertido en un mundo lleno de magia, olores, sabores y colores que la trasladaban desde su recóndito lugar en el mundo hasta el imaginario Macondo. Por extraño que parezca, de este modo tan sugerente y original el autor Mark Crick ofrece a los amantes de la cocina y la literatura una nueva manera de leer y hacer gastronomía, poniéndola en las manos de autores como el Marques de Sade, Borjes o Proust. Sopa de Kafka no es solo un libro de cocina, es un repaso a la literatura universal a través de 14 recetas escritas tal
SOPA DE KAFKA
Escrito e ilustrado por Mark Crick editorial: EDAF páxinas: 96 prezo: 15 ¤
y como, según el autor, las habrían escrito los grandes de la literatura universal aquí recogidos. De este modo, Crick consigue imitar a la perfección, tanto la prosa de Steinbeck, como una obra dramática de Harold Pinter o un poema de Chaucer, así como convertir la épica de Homero en un excelente modo de preparar Fenkata. Este ventrílocuo literario hace de Kafka, García Márquez, Virgia Woolf o Jean Austen auténticos cocineros capaces de llevar hasta la mesa una sopa de miso, una gallina al vino, una tarta de cerezas de la abuela o unos huevos
al estragón, respectivamente. Raymond Chandler se convierte de este modo en un improvisado ayudante de cocina al explicar cómo es capaz de convertir un estofado de cordero con salsa de eneldo en un manjar dispuesto a ser engullido. Por supuesto, en Sopa de Kafka también hay lugar para los postres.
Crick consigue, a través de Marcel Proust, trasladar al lector hasta un rincón cualquiera de Italia para disfrutar de un delicioso tiramisú: “Mezcla entonces las yemas y las claras -¡oh, bendita unión!- antes de añadir un poco de mascarpone de una sola vez y un último chorro de amaretto”, irresistible.
La cocina de Pepe Solla ha alcanzado en poco tiempo una sólida reputación debido principalmente a la excelente combinación que hace de los ingredientes y a los acabados que presenta en sus platos, que hace que los manjares que cocina resulten todavía más apetitosos. Su restaurante representa el espacio perfecto
para degustar la mezcla de sabores que realiza el chef gallego. La unión de tradición y juventud y su gusto por conjugar espacios íntimos, como el comedor minimalista y elegante, con zonas más generosas, hacen de su restaurante uno de los punteros de la cocina en Galicia.
Además de escribir los textos, Mark Crick es el encargado de realizar las ilustraciones que contextualizan las recetas
unha opción
Restaurante Solla el restaurante familiar de la familia solla en poio (pontevedra) ha dado una vuelta de tuerca y se ha adaptado a los tiempos y a las nuevas tendencias sin perder la tradición y la esencia de su cocina arraigada en galicia
Especialidades recomendadas sardinas
Lomos de sardina sobre una crema de queso San Simón y frutos secos
costilla ibérica confitada
Costilla deshuesada, muy tierna y costrada por fuera, con un toque fresco de verdura y la calidez de unos cachelos
14 EXIT
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 19 de decembro de 2008
L
TRINTA ANOS DE RETRASO
OBITUARIO BRUGUERA
ROBERTO SEGURA
SPAIN RODRÍGUEZ
O autor de Rigoberto Picaporte finou hai poucos días. Marcha un dos mellores narradores da Escola Bruguera
A biografía do Che, publicada por Siglo XXI, será a primeira tradución ao castelán deste xigante do underground
LER OU NON
Cómic
MEDIO DISNEY, MEDIO TOLKIEN
L
LER CON NENAS
Fusionar artes
MONTSE PENA PRESAS. FILÓLOGA
O FINAL DE BONE, A SAGA ÉPICA E HUMORÍSTICA DE JEFF SMITH, A PIQUES DE CHEGAR ÁS TENDAS A. LOSADA. A CORUÑA
[email protected]
As –estúpidas, estúpidas–monstrorratas asedian a cidade de Atheia, buscando o medio de liberar ao Señor das Langostas. Lucius Down lidera aos últimos guerreiros Veni Yan de camiño á cidade como reforzos, e dentro dos muros, a princesa Thorne e Fone Bone, os únicos co poder de ver o mundo de alén, foron capturados polos adoradores da primeira raíña humana. E todo isto sucede nun tebeo de humor. Así é o Bone de Jeff Smith, unha serie que combina toda clase de elementos de xénero para dar lugar a unha obra na que todo soa familiar, pero sen deixar de sorprender e, sobre todo, de entreter. Esta cuadratura do círculo é o que converte a Bone nun clásico só catro anos despois de que o seu autor o rematase . Ata o de agora non se puidera ler a fin da saga en España –houbo unha edición interrompida de Dude–, algo que Astiberri está por corrixir vindeiro día de Reis coa publicación do noveno e derradeiro tomo. Jeff Smith comezou en 1991 a publicar a súa propia serie de xeito independente, seguindo o exemplo do que facía Dave Sim co seu Cerebus. Tivo a sorte de que se recoñecese a súa calidade, e o boca a boca rematou
por convertila nun éxito ata que a deu por pechada en 2004. É a historia de tres curmáns. O valente Fone Bone, o avarento Phoney Bone, e o desquiciante Smiley Bone, que son expulsados da súa vila cando Phoney invita a unha merenda a todos os veciños para que o elixan alcalde e os intoxica con comida barateira. No seu exilio, chegan a un val inzado de criaturas extrañas –humanos entre elas– no que se verán enleados nunha aventura épica que lles vén grande de todo. Con influencias tan dispares como o Pogo de Walt Kelly, o Tío Xilito de Carl Barks, ou o Señor dos Aneis de J.R.R Tolkien, Jeff Smith constrúe unha historia emocionante e humorística a partes iguais, na que os contrastes non contrastan. O guión pasa progresivamente do ton humorístico do comezo ao épico do final, pero nunca chega a inclinarse totalmente
As monstrorratas perseguen a Fone Bone, escena clasica da serie
para un dos dous extremos. A historia descansa ante todo no elenco de personaxes que se vai reunindo en torno aos tres curmáns Bone: unha princesa perdida, un avispado insecto folla, un malhumorado taberneiro de misterioso pasado, un lacónico dragón vermello ou unha parella de feras –e estúpidas– monstrorratas. Velos interactuar a todos é o que mantén a serie a flote. Ben, iso e o debuxo de Smith, sempre económico, sen unha liña de máis, e cunha elegancia narrativa que se desata nas escenas de acción. A saída do último tomo, na edición coloreada por Steve Hamaker, é unha excusa inmellorable para facerse con esta serie, que é para todos os públicos no mellor sentido da expresión.
Bone
Jeff Smith, guión e debuxo. Serie de 9 tomos
Dous anos despois de que Svjetlan Junakovic sorprendera aos fans do álbum ilustrado co magnífico Gran libro dos retratos de animais, OQO Editora volve pór nas nosas mans outra pequena alfaia: Caderno de animalista, un libro en que os agudos textos de Antón Fortes e as sorprendentes ilustracións de Maurizio A. Quarello se funden para homenaxear/parodiar aos máis coñecidos artistas plásticos da contemporaneidade. Picasso, Klimt, Warhol ou Munch son a base dun ludismo interartístico para toda a familia: os seus cadros trocaranse e pasarán a estar protagonizados por animais, aos que coñeceremos a partir de poemas, tratados, cartas ou impresións tocadas pola variña máxica da ironía, nunha prosa con diferentes niveis de lectura. Fusión perfecta de arte e literatura: imaxes increíbeis, palabras con arela de fantasiar.
EDITORIAL: ASTIBERRI PÁXINAS: 144 (CADA UN) PREZO: 15 ¤ (CADA UN)
BREVEMENTE Jazz Maynard III Raule & Roger EDITORIAL
DIÁBOLO PÁXINAS
48 PREZO
15,45 ¤
Remata o primeiro arco argumental desta sagade guerras mafiosas en Barcelona
Dick Tracy
Chester Gould EDITORIAL
NORMA PÁGINAS
364 PRECIO
29,50 ¤
Unha reedición cronolóxica do que talvez sexa o detective fundamental dos primeiros anos na historia do cómic
Booster Gold
Geoff Jones / Jeff Katz / Dan Jurgens EDITORIAL
PLANETA DE AGOSTINI PÁGINAS
98 PRECIO
5,50 ¤
Gold amaña o Universo DC sen que ningúen se fixe. Do mellor que se pode ler no xénero de superheroes
EXIT 15
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 19 de decembro de 2008
V
VIDEOXOGOS
Lecer binario
CALCULADORA DE HOLOCAUSTOS
AMORTIZANDO AS PORTAS
GROUND ZERO
ENERXÍA XIRATORIA
Canto arrasaría unha bomba nuclear que caese na miña rúa? Para estas dúbidas macabras: www.carloslabs.com/node/16
En Holanda, algúns comercios instalan xeradores para aproveitar a enerxía cinética das portas xiratorais
e
eLIFE
La red era ficción
ANONYMOUS.
[email protected]
Violento, emocionante e políticamente incorrecto, GTA4 estivo rodeado de polémica dende o seu lanzamento
DISPARAS OU CONSTRÚES? GRAND THEFT AUTO 4 E WORLD OF GOO, ESCOLLIDOS OS MELLORES XOGOS DO ANO A. LOSADA. A CORUÑA
[email protected]
Grand Theft Auto 4 é unha grande superprodución do mundo do videoxogo, na que encarnamos a un delicuente con poucos escrúpulos que sobrevive e prospera nunha cidade con menos escrúpulos aínda. Ao contrario, World of Goo é fi llo de dous voluntariosos programadores, e consiste en construír estruturas con boliñas de material apegañento. Aínda que en estilos moi distintos, os dous dan para botar horas entretido diante da pantalla e
os dous foron escollidos nos Video Game Awards de Spike TV como o mellor que deu a industria do ocio electrónico no presente ano. O sempre polémico GTA4, de Rockstar Games, foi o xogo do ano na categoría absoluta, agora que está a piques de lanzar a súa primeira expansión. As súas bazas son unha historia peliculeira protagonizada por un mafioso de Europa do Leste, acción constante, centos de cousas por facer e liberdade para sermos tan cafres como queiramos, e precisamente por iso adoita ser o branco de asociacións de pais e colectivos
ben pensantes. Está prohibido en Tailandia dende que un tolo asasinou a un taxista e confesou logo que se inspirara no xogo. Pola súa banda, World of Goo, de 2D Boy, levou o premio ao xogo indie do ano –“indie” nesta industria significa feito sen publicidade e con catro pesos, pero con ganas–. Cuns gráficos estilo debuxo animado deu a sorpresa na rede de descargas da Wii e xa ten versión para PC e Mac. Consiste en coller boliñas apegañentas e combinalas para formar estructuras. Pero non todas encaixan con todas, algunhas estoupan, outras só espertan cando outra se lle achega... e gobernando todos os crebacabezas están as leis da Física.
VIDEO GAMES AWARDS 2008 Mellor xogo indie
World of Goo: Crebacabezas físicos, unha fórmula sinxela con infinitas variacións. O material do que están feitos os clásicos
Mellor estudio do ano
Media Molecule, por Little Big Planet. O Sackboy ten encanto
Mellor actor de dobraxe
Kiefer ‘Jack Bauer’ Sutherland por Call of Duty: World at War
Mellor banda sonora
Metal Gear Solid 4. Os xaponeses son imbatibles neste campo
AS NOVIDADES DA SEMANA
Estratexia en tempo real nas consolas
RED ALERT 3
GTI CLUB+
ANIMAL CROSSING
AOE: MITOLOGIES
+16 años, 66,90€, 360º
+3 anos, 12,90€, PS3
+3 anos, 46,95€, Wii
+12 anos, 36,95€, DS
A saga Command and Conquer nunha consola. E funciona
Posta ao día dun clásico, para descargar na PS Network
Nova versión deste simulador social, con poucos cambios
Terceira entrega de Age of Empires na DS, tras o éxito do Kings
La Wikipedia define LAN Party como un evento que reúne a un grupo de personas con sus ordenadores para jugar, compartir e intercambiar información. En Galicia se celebran numerosos eventos de este tipo, algunos de ellos ya de gran tradición dentro de la comunidad, como la Arroutada en A Coruña o la Xuventude Galicia Net en Compostela. Se demomina LAN Party, puesto que todo se organiza en torno a una red común, interconectando a los asistentes para que puedan realizar cualquier actividad digital sin limitación alguna. Su origen resulta bastante curioso, puesto que originalmente consistían en reuniones de piratas informáticos en las que compartían las últimas novedades, en una época donde nadie tenia una red informática e internet era casi ciencia ficción. Había cierta rivalidad entre los grupos de piratas a la hora de romper las protecciones de los programas, así que algunos empezaron a incluir una pequeña presentación gráfica del grupo en forma de animación, las cuales pronto ganaron popularidad, generando un movimiento independiente de programadores que querían demostrar hasta qué punto se podía exprimir la potencia de un ordenador. Este movimiento, llamado demoscene, fue el que promovió la realización de estos eventos por toda Europa, y finalmente el mundo entero.
SUMARIO PORTADA. A gastar!
PAX.2-3
O Nadal é unha tradición tan apreciada como temida. Comer, vestir, regalar, todo é deixar os cartos, pero hai maneiras de resistirse.
MÚSICA. Ao vivo
PAX.4-5
Russian Red, Vetusta Morla, CatPeople e moito máis, mañá en Expocoruña.
PANTALLAS. Cine
PAX.6-7
Clint Eastwood non falla. Onde pon a ollada vai a bala, e sempre acerta. Angelina Jolie é unha nai na busca do seu fillo en ‘El intercambio’.
AXENDA. Fin de semana
PAX.8-9
Ler a Murakami ou ir aos concertos do Alter’08, vai unha selección de todo o que se pode facer aquí nesta fin de semana que empeza.
EXTERIORES. Viaxes
PAX.10-11
Berlín é un destino de moda. A vella Europa non deixa de reinventarse e o engado da cidade que padeceu a Guerra Mundial segue intacto.
MODA. Tendencias
PAX.12
Da tecnoloxía á moda e viceversa. Fundas fashion para portátiles ou bolsos de teclas.
BARRA E MESA. Comer
PAX.13
Ler e cociñar a un tempo. Benvidos ao universo de Mark Crick: delicias de todo tipo contadas ao xeito dos grandes da literatura.
LER OU NON. Cómic
PAX.14
Os adictos á saga de Bone teñen o seu particular regalo este Nadal. Astiberri publica a última entrega deste curioso personaxe.
VIDEOXOGOS. Lecer binario
PAX.15
GTA4 e World of Goo son os mellores xogos de 2008. Unha de tiros e outra de crebacabezas. Para clásicos ou para indies.