Exit # 28 - 19/06/09

  • Uploaded by: Xornal de Galicia
  • 0
  • 0
  • May 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Exit # 28 - 19/06/09 as PDF for free.

More details

  • Words: 4,918
  • Pages: 8
EXIT XORNAL DE GALICIA Suplemento de lecer 19 de xuño de 2009 Número 28

KEVIN SMITH PROBA NO PORNO O REALIZADOR DE CLERKS ESTREA ‘ZACK AND MIRI MAKE A PORNO’, UNHA COMEDIA ROMÁNTICA CON SETH ROGEN QUE NON SACRIFICA O MARCADO GUSTO DO SEU DIRECTOR POLA CULTURA POPULAR

2 EXIT

XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 19 de xuño de 2009

P PORTADA

Friquicine de autor

‘EJECUTIVA EN APUROS’

‘OBSESIONADA’

ROMÁNTICA RENÉE

CORNUDA BEYONCÉ

Lucy, executiva agresiva, atopa o sentido e o home da súa vida como xefa de fábrica nunha pequena vila

Unha parella que vive feliz comeza a ter problemas cando o marido torna o obxecto de desexo dunha compañeira

A PELÍCULA MÁIS CACHONDA DE KEVIN SMITH OU COMO FACER UN FILME PORNO MOI ROMÁNTICO O REALIZADOR DE ‘CLERKS’ FIRMA UNHA COMEDIA DE XÉNERO CO ACTOR DE MODA SETH ROGEN SEN RENUNCIAR ÁS SÚAS HABITUAIS GAMBERRADAS O MÁIS DIVERTIDO É A VERSIÓN X DE Na escena inicial de Los magna- ‘STAR WARS’, NA QUE tes del sexo, Jeff Bridges berra no HAN E LEIA XOGAN medio dun bar cheo de friquis: “Imos facer unha película porno!” CUNHAS PISTOLAS A brillante idea xorde para probar LÁSER EN FORMA DE á súa muller que é todo un home CONSOLADOR VÍCTOR PAZ MORANDEIRA. A CORUÑA [email protected]

que pode facer algo ben na súa vida. O fi lme promete unha boa dose de histerismo cómico, pero non pasa de aí a promesa. Zack and Miri Make a Porno dá ao espectador unha acollida máis ben morna e vai medrando en intensidade até conseguir algunhas escenas para demendrellarse. Xusto o contrario, cunha historia ben parecida. Nesta, dous colegas deciden converterse en estrelas do mercado erótico global para pagar as facturas no contexto de crise económica no que se atopan. Non é esta a única circunstancia efectista da que se aproveita Kevin Smith, aquel realizador independente que irrompira no mercado cun canto reivindicativo á subcultura popular friqui dos EUA chamado Clerks. Metidísimo na industria, toma a Seth Rogen (Virgen a los 40, Supersalidos, Lío embarazoso) para dar vida a outro alter ego seu, ese tipo de trinta anos que traballa nunha mala copia de Starbucks ou de McDonalds, con reminiscencias adolescentes en moitos sen-

tidos: anda máis saído que o pico dun ferro –habitualmente porque leva sen mollar unha eternidade–, fai descansiños no curro para ir mercar un canuto aos vendedores habituais da esquina –detalle omitido en Zack e Miri, coa ausencia dos xa míticos Jay e Bob o Silencioso–, e cando chega á casa, espérano unhas latas de cervexa e os colegas para facer un maratón d’A guerra das galaxias ou do último videoxogo ao que estean enganchados no momento. XUNTOS E REVOLTOS A Rogen úneselle Elizabeth Banks como compañeira de piso friqui, amiga dende tempos mozos. O desenlace está claro, e Smith non engana a ninguén: estes dous están prendadiños un do outro, pero aínda non o saben. Agradécese que non haxa o empalague de La chica de Jersey e un pouco máis da mala baba de Clerks. O bo come-

za cando Zack e Miri van a unha festa de antigos compañeiros de instituto. Alí entéranse de canto gaña unha estrela porno da clase e parécelles unha boa maneira de salvar o seu piso. Empeza entón unha fase de recrutamento de rariños que non ten desperdicio. Jason Mewes e Jeff Anderson retoman os seus roles de Jay e Randall, só que con outros nomes e pequenas variacións, e todos xuntos se poñen a rodar descabezadas versións porno de grandes éxitos fílmicos. A máis divertida é a de Star Whores –este crítico descoñece a versión dobrada, pero supón que a traducirán como Star Guarras por fonética–, na que uns improvisados Han Solo e Leia Organa xogan cunhas pistolas-consolador láser. É unha magoa que o espectáculo non dure máis que uns minutos a modo de broma, porque estaría ben ter visto a Chewbacca entrar en acción. E aí remata a parte máis ousada dun fi lme que se parece máis a Persiguiendo a Amy ou ao consurso televisivo de Mallrats que á irreverencia de Clerks. Foderán ou non Zack e Miri? Será amor ou só sexo? Estas incógnitas tan complicadas resólvense hoxe nas salas galegas, nunha nova cita cun realizador vido a menos, pero que conserva parte da marca de autor que o fi xera tan atractivo.

Amor e sexo

O SEGUNDO ADOITA LEVAR AO PRIMEIRO NAS PELÍCULAS DO REALIZADOR DE ‘CLERKS’

O acto sexual semella ser en Smith o elemento paixonal que estabiliza ou bota a perder unha relación, un risco que non fixo senón acentuarse co tempo. O caso máis sintomático é o de Dante. Se na primeira Clerks os cornos marcaban a súa evolución, é a súa infidelidade a que vertebra a trama da segunda.

Jay e Bob o Silencioso

CUN EXÉRCITO DE FANS, OS PERSONAXES SON OBXECTO DUN ABONDOSO MERCHANDISING Estes dous porreiros, un parlanchín e descerebrado, o outro mudo e sagaz, tiveron a súa propia película: Jay y Bob el Silencioso contraatacan. Smith tamén escribiu cómics coas súas aventuras, e hai figuras deles e das súas personalidades heroicas, Bluntman e Chronic, inimigos do Rompepollas (Mark Hamill, alias Luke Skywalker no filme).

HACEMOS UNA PORNO? Kevin Smith SETH ROGEN, ELIZABETH BANKS, JASON MEWES, JEFF ANDERSON

Zack e Miri teñen graves problemas económicos e están a piques de perder a súa casa. Vendo unha posíbel salvación na industria do porno, póñense a rodar fitas eróticas cun estrafalario conxunto de personaxes. Amigos dende nenos, cren que poderán separar o sexo dos sentimentos, pero o que sinten o un polo outro é máis forte do que pensaban e a súa relación corre o risco de se desintegrar entre casquete e casquete.

EXIT 3

XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 19 de xuño de 2009

‘CHER AMI’

‘CORAZÓN DE TINTA’

ANIMACIÓN PATRIA

FANTASÍA DESBORDADA

Pombas mensaxeiras na Segunda Guerra Mundial protagonizan esta aventura orientada aos nenos

O mundo dun libro máxico cólase no real con nefastas consecuencias que os heroes da película deberán resolver

Só cremos na Forza

A ESPADA LÁSER É A CRUZ DUN AUTOR MOI CRÍTICO CON TODAS AS RELIXIÓNS

Non por nada dedicou unha película a burlarse das ensinanzas reaccionarias dos predicadores. En Dogma desatábase a Apocalipse, cun Demo de Merda incluído –un curioso elemental, formado pola materia prima do mundo, dicían– e unha seita liberadora que cría no Xesús Cristo Colega –na imaxe–, símbolo da banalización e comercialización do relixioso.

Friqui-marca de autor

SMITH SABE FACER PROPIA A CULTURA POPULAR DO SEU PAÍS PARA OBTER O SEU PARTICULAR HUMOR

Descubrir a dous personaxes discutindo a inxusta morte dos operarios da Estrela da Morte, ou loitando por ver quen viu máis veces O Señor dos Aneis, é algo normal no cinema de Smith. O cómic, os videoxogos e os filmes friquis abondan entre as súas referencias.

RESUCITAR HEROES CUN PÉ NA TUMBA TAMÉN GUIONISTA DE CÓMICS, ARMOU DOUS NOTÁBEIS RESCATES SUPERHEROICOS Realizar Clerks foi o mellor que lle puido pasar a Kevin Smith. Comezou chamando a atención nos ambientes underground e deseguido todo friqui no mundo sabía quen era o barbudo de Nova Jersey, e coñecía a súa predilección polos cómics. Propietario dunha tenda especializada na súa vila natal, Newark, introduciuse na industria da banda deseñada con pequenas historias de Clerks e Jay e Bob o Silencioso que complementaban as peripecias das películas. Pero a súa grande oportunidade chegoulle a finais dos 90, cando comezou a escribir para Daredevil. O personaxe de Marvel, un avogado cego que ten supersentidos e zóupalle aos malos pola noite, estaba agonizando, e os responsábeis pensaron que traer nova savia á franquicia podería revivilo. Non se tra-

bucaron. As entregas de El hijo del diablo foron todo un éxito e volveron poñer o personaxe no punto de mira, até o punto de que se chegaría a realizar un filme protagonizado por Ben Affleck, amigo de Smith, no que el contribuía cun pequeno papel. Resultado parecido esperáballe a Green Arrow, un arqueiro comunista en continua loita contra os capitalistas opresores. Smith soubo xogar co anacronismo propio do personaxe para converter este estúpido secundario nun heroe digno de ler. Cando menos, entretido como o que máis. A súa relación cos superheroes saltou recentemente de novo á pantalla, cando escribiu varios capítulos para a serie Heroes. Ademais, outro resucitado, Batman –neste caso, por obra e gracia do cinema de Nolan–, é o protagonista do seus últimos cómics publicados, pendentes de aparición no Estado español.

4 exit

xornal de galicia. Suplemento de lecer. 19 de xuño de 2009

rockin plaza

m

the chesterfield kings... ...xunto a Roy Loney & Señor No, Samesugas, The Killer Cats e Dj Barracudo, este venres de balde no Rockin Praza de Carballo

música

Ao vivo

silvia penide

distancias curtas A cantautora galega repasa o seu cancioneiro este sábado no escenario da Fnac da Coruña

ladies and gentlemen, konono nº 1 os congoleses superan os problemas diplomáticos que frustraron a súa visita o ano pasado e chegan por fin a sinsal redacción. a coruña [email protected]

O Festival Sinsal 7 redime este sábado a baixa capital que sufrira a súa programación en 2008. Os sons irredentos de Konono No.1, procedentes dunha rexión estremeira entre o Congo e Angola, visitan o Centro Cultural Caixanova de Vigo ás 22 horas, despois dos seus artífices teren que cancelar o ano pasado unha xira europea debido a un incidente cos visados. A actuación vén precedida ademais pola presenza da formación no Sónar de Barcelona. A proposta da banda africana conta na actualidade cos parabéns dos medios especializados (Wire, Mojo) ou xeneralistas (New York Times, The Guardian) e está no foco dos músicos occidentais de vangarda. Coa islandesa Björk, por caso, gravaron un tema e compartiron escenario en varias ocasións. As entradas para o concerto poden adquirirse por anticipado na billeteira electrónica de Caixanova e no teléfono 902 504 500, ou no propio teatro durante día do concerto. Tanto os estudantes como a comunidade universitario de Vigo teñen un desconto do 50% na compra de localidades.

Iniciado hai 25 anos por Mingiedi, un virtuoso do likembé ou piano de polgar, instrumento tradicional do seu país, o proxecto Konono No. 1 deixa de lado os tópicos da música africana –tambores contundentes e delicadas koras– para espallar unha proposta singular: con métodos puramente artesanais, empregando ferralla ou mesmo precaria tecnoloxía colonial,

como os altofalantes que usaban os belgas para difundiren a súa propaganda, electrifican os sons da etnia bazombo para producir un son inverosímil, saturado e distorsionado. O que empezara coma un xeito de combater o infernal ruído das rúas de Kinshasa é hoxe un espectáculo que conta coa beizón da crítica especializada. Os integrantes de Konono No. 1 veñen dunha rexión estremeira entre Congo e Angola. O seu repertorio prende na música ancestral, pero a partir da improvisada amplificación, e case dun xeito involuntario, a súa sonoridade enfía un camiño distin-

sábado 20

c. c. caixanova 22.00 horas. 15/12/10 euros. Vigo

to que a emparenta coas propostas electrónicas e experimentais que se facturan en Europa ou nos EUA. Congotronics, o seu primeiro álbum de estudio, gravouno e produciuno Vincent Kenis, un gran coñecedor da música congolesa e

responsábel do son, entre outros, de Zap Mama, Taraf de Haïdouks e Koçani Orkestar. Publicado en 2005 polo selo Crammed, foi un éxito inmediato e colocou aos Konono No. 1 no foco de moitos músicos de vangarda, entre eles a islandesa Björk, para a que gravaron un tema en 2008. Este sábado, por fin, os congoleses chegan ao Festival Sinsal de Vigo.

máis propostas para a fin de semana venres 19

domingo 21

DOMINGO 21

guru deva Cervo. 22 horas. O Muíño

graham foster trio

Aturuxo. 21 horas. 6 euros Bueu

ENSEMBLE GALANTE

Logo de case cinco anos do seu debut discográfico (After All, Rock Indiana, 2003) Guru Deva presenta o seu disco Vago, sacado polo selo coruñés Wonderland e distribuído a nivel nacional por Locomotive Music.

Con 35 anos de carreira e innumerábeis colaboracións internacionais ás súas costas, o guitarrista, cantante e compositor londiniense fará gozar coa súa particular fusión de rock’n’roll, rhythm & blues e country.

Se estás canso de pop, proba con isto. O Ensemble Galante é a única formación estable existente en Galicia dedicada á interpretación de música dos períodos preclásico, clásico e do primeiro romanticismo.

Catedral de Santa María. 20.30 h. De balde Tui

exit 5

xornal de galicia. Suplemento de lecer. 19 de xuño de 2009

adanowsky

supersandwich

o fillo pródigo

empeza a festa

Adanowsky é Adan Jodorowsky, fillo de Alejandro, vocalista de Hellboys e o último da bohemia parisiense. O venres, na Mondo (Vigo)

Os galegos presentan (e regalan) o seu primeiro disco esta noite na sala Mondo de Santiago de Compostela

de sevigny a lori meyers, cinco horas toda unha tarde de concertos no campus de ourense para gozar co día da música heineken EXIT. A CORUÑA [email protected]

O Día da Música Heineken, que se presentou hai case un mes coas actuacións de Alondra Bentley e Joe Crepúsculo, celébrase este domingo. Aínda que o centro das celebración será o Matadero Madrid, haberá tamén concertos, case simultaneamente, en Barcelona, Valencia e Ourense. O lugar elixido para a sucursal galega do conto, o campus universitario da cidade das Burgas, acollerá unha serie de concertos dende as sete e media da tarde até as catro da madrugada. O cartel combina bandas do país con algunha visita de fóra. Abrirá a programación un clásico da cidade, o DJ Torgal, para dar paso decontado ás cancións, entre a música americana de raíz e o pop mainstream, da coruñesa Lucía Rolle (Sevigny), que subirá ao escenario ás 20.30 horas. A seguir,

outro galego, desta volta de Vigo, Elodio y Los Seres Queridos, unha factoría de cancións que empezará a tocar ás 21.15 horas para deixar logo a un clásico do verán en Galicia. Tachenko, a banda do incombustíbel Sergio Vinadé, empezará o seu concerto ás dez en punto da noite cos temas do seu último disco, Esta vida pide otra. estrañas parellas Ás 22.35, a Tachenko uniranse The Requesters para interpretar “Dreams”, o tema de TV On The Radio gravado especialmente para o Día da Música Heineken nun traballo que xunta a imprevisíbeis compañeiros de viaxe. Máis tarde, case ás once da noite, quenda para Arizona Baby, primeiro, e para L.A. despois, dúas bandas que tamén tocarán xuntas antes de retirarse co tema “Standing In The Way Of Control” de Gossip, na liña weird de Tachenko e compañía.

Tachenko son así e isto é unha foto de promoción

Tras a participación de Elastic Band, que empezará a tocar ás doce e media da noite, chegará o fin de festa con Lori Meyers. Os andaluces, tamén habituais das salas de concertos e festivais galegos, seguen paseando as cancións do seu terceiro traballo, Cronolánea (2008), pola península adiante, e

desta volta farano á unha e vinte da madrugada logo de ofrecer un concerto en Madrid pola tarde. O seu aquel sesenteiro, de feito, aínda funciona en directo. E para acabar, claro, set de DJs, neste caso a cargo de The Requesters, que prolongarán a festa até as catro da madrugada.

DOMINGO 21

campus universitario A partir das 19.30 horas. De balde. Ourense

los suaves están vivos os ourensáns xogan na casa: presentan o seu novo disco no festival fax das burgas redacción. a coruña [email protected]

Los Suaves estrean ‘Adiós, adiós’, e non é un disco de despedida

O Festival Alternativo da Xuventude (FAX), antes coñecido como Festival Alternativo de Xinzo e agora radicado na capital de Ourense, volve un ano máis e desta volta ábrese con sabor local. Los Suaves, un icono do rock español, con doce discos ás súas costas, encabezan o cartel con novo disco no peto. Titúlase Adiós, adiós, non é unha despedida, e dará paso no campus universitario de Ourense a Mitocondrias, Marzella, Derroche, Shantel & Buco-

vina Club Orkestar, Blasted Mechanism, Adanowsky, O Sonoro Maxín, Katembe Project e Lord Sassafras. Dous días de música e festa rachada en Ourense por un prezo módico. Cada día, 10 euros por anticipado e 15 na billeteira. Polo paquete completo, venres e sábado, 15 euros por adiantado e 20 no propio recinto. Só por ver ao fillo de Alejandro Jodorowsky (Adanowsky) ou por asistir ao delirio etnoguitarrero de Blasted Mechanism pode pagar a pena a visita á cidade, sempre a xeito, das Burgas.

venres 19 e sábado 20

campus universitario 15 euros/ día e 20 euros/abono Ourense

só por participar do gran delirio etnoguitarrero de blasted mechanism pode pagar a pena a visita ao campus

6 EXIT

XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 19 de xuño de 2009

L

VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO

AO XEITO DE TINTÍN

NOVAS CONFIRMACIÓNS

OS 4F, ESTILO HERGÉ

Confírmase a presenza do vigués Álex Cal e máis de Vittorio Giardino, un dos grandes maestros do estilo da liña clara

Os 4 Fantásticos adoptarán o estilo de Tintín da man de Dustin Weaver no especial Fantastic Four Giant-Size Adventures#1

LER OU NON

Cómic

RECHAMANTE EPOPEA POP

L

LEI DE PECHE

Soy una matagigantes A. LOSADA. XORNALISTA

MIKE ALLRED BEBE DO ROCK E DA SERIE B PARA CONVERTER Á SÚA OBRA NUN ICONO DO POP PAULINO VILASOA. A CORUÑA [email protected]

‘Zane, Zane, Zane, ouvre le chien’ (‘Zane, Zane, Zane, abre o can’), berraba David Bowie para rematar a perturbadora canción “All the madmen”. Zane é o nome do protagonista de Madman –e Townsend o seu apelido, nunha referencia moito menos rebuscada–, que será rebautizado como Frank Einstein logo de ser devolto á vida por un científico fanático de Frank Sinatra e de Albert Einstein. A referencia a Bowie non é casual para un artista que xa na súa obra máis afastada do mainstream (Red Rocket 7) xa nos manifestaba os seus gustos musicais e a súa preferencia pola clásica etapa glam do camaleónico rockeiro. E foi o rock, xunto co cine e a literatura, o que levou a Mike Allred, creador de Madman, a introducirse no cómic, para el un compendio de todas esas artes tan arredadas entre si.

Madman

Michael Allred EDITORIAL: PLANETA DE AGOSTINI PÁXINAS: 296 COR PREZO: 19,95 €

Non é difícil imaxinar a s´´ua obra, con todo isto, como algo manifestamente dinámico, divertido e tolo no que o autor non se avergoña en mesturar superheroicos tipos en mallas, enfrontamentos entre científicos tolos, robots na era dos dinosaurios, alieníxenas ou viaxes no tempo para conformar unha das epopeas máis enérxicas da cultura pop. No artístico, Madman adopta o estilo deses primeiros cómics superheroicos, románticos e de aventuras americanos que logo o artista plástico Roy Lichtenstein reformularía para penduralos das paredes dos museos de arte contemporánea, un xeito estético que axuda a que o ritmo e a narración sexan claros e limpos.

O recendo pop e kitsch fixeron que Madman se convertese en obra de culto

O guión é un aspecto no que a serie de Madman vai crecendo a medida que pasan os números, aínda que Allred careza da cruel mordacidade do seu compañeiro Peter Milligan, co que colaborara na máis que recomendable X-Statix, coa que Madman comparte o gusto pola cultura pop. Allred presenta uns guións e diálogos sinxelos, compatibles coa

idea xeral da obra como esencia do pop e acordes ao entrañable e inxenuo protagonista, obsesionado coa filosofía do ‘quen somos, de onde vimos, a onde vamos’ e con divertirse coma superheroe armado cun ioió. Madman é unha obra fresca que, polo seu gusto kitsch, non tardou nada en se converter nun auténtico cómic de culto.

A fantasía é un xénero moi marcado por etiquetas. O ben contra o mal. Elfos, ananos e orcos. Escapismo, evasión e levidade. Porén, todos os tópicos non son máis que a roupa que viste unha historia, polo que só fai falla un pouco de maña para deixar o mesmo corpo vestido de xeito moito máis elegante. Maña tiveron abondo Joe Kelly (guión) e Ken Niimura (debuxo) á hora de facer Soy una matagigantes, un álbum publicado en castelán por Norma Editorial, que corre o risco de pasar inxustamente desapercibido entre as moitas novidades que trouxo o Saló de Barcelona. Cunha narrativa suave e uns trazos que suxiren moito máis do que contan, nárranos a vida de Bárbara, unha moza adolescente no planeta Terra do século XXI, que di dedicar os seus ratos libres a cazar e matar xigantes. A psicóloga do colexio está convencida de que é o xeito que ten a rapaza de afrontar os seus problemas familiares, e ten parte de razón, pero quen sabe, talvez haxa neste asunto máis do que se ve a simple vista. En calquera caso, ábrese neste cómic unha pura fantasía que conta moito sobre a nosa realidade. 

BREVEMENTE Julia y la voz de la ballena

Bone

El arte de volar

EDITORIAL

EDITORIAL

EDITORIAL

DE PONENT

ASTIBERRI

EDICIONES DE PONENT

PÁGINAS

PÁGINAS

PÁGINAS

72 COR

560 B/N E COR

208 BITONO

PRECIO

PRECIO

PRECIO

16¤

48¤

22¤

Unha historia tranquila sobre eses veráns mortos da infancia, cheos de cabanas nas árbores, de pantasmas e de cousas imposibles

O último número da edición de luxo desta mítica obra, que se completa ademais cuns cómics que o autor realizara con só sete anos sobre os personaxes

Despois de esgotarse a primeira edición, reedítase a excelente obra de Altarriba e Kim nun formato máis pequeno e máis económico

Álvaro Ortiz

Jeff Smith

Antonio Altarriba e Kim

EXIT 7

XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 19 de xuño de 2009

I INTERNET

Innovación

TELEFONÍA MÓVIL

VIDEOCONSOLAS

NOKIA N97

PSP GO

El candidato de Nokia a competir con el archiconocido iPhone de Apple ha visto la luz

La nueva apuesta de Sony es un intento de hacer frente a la pérdida de público de su antecesora

PERIODISMO 3.0 EN TWITTER

e

eLIFE

RFUD

BIENVENIDOS A UN NUEVO ESCENARIO EN LOS MEDIOS: HA NACIDO EL PERIODISMO COMO CONVERSACIÓN ABEL CASTOSA. A CORUÑA [email protected]

Si la primera de las 95 tesis del Manifiesto Cluetrain proclama que “los mercados son conversaciones”, Dan Gillmor proclamó en su libro We the media que “el periodismo es una conversación”. También fue Gillmor quien acuñó el término Periodismo 3.0 después de ver la reacción de la gente en internet tras el 11-S, acontencimiento que para él marcó el ritmo del periodismo en un futuro.Para Gillmor, la fase 1.0 se resumía así: poco más que

trasladar los contenidos del papel a la red. Poco después, con el periodismo 2.0, se empezó a escribir en y para la red, aprovechando las ventajas que internet ofrece y otorgando ese componente de interactividad con el que no se podía contar anteriormente. Todo esto conducía a un cambio imparable: se estaba pasando del periodismo como lectura al periodismo como conversación, o dicho de otro modo, la conversión de la audiencia en participantes. La evolución al periodismo 3.0 se acercaba. Dichos cambios iban acompañados de la evolución que la red y sus herramientas fueron experimentando, así

como el modo en el que las personas interactuaban con dichas herramientas. Poco a poco la presencia de esas personas en la red y, en consecuencia, su grado de conectividad iban aumentando: comenzaba la web social. EL EJEMPLO DE IRÁN Es en estos días cuando todos estos cambios se están haciendo cada vez más y más notorios, especialmente en Irán. Mientras la población se lanzaba a la calle para protestar por las sospechas de manipulación electoral, el gobierno se cen-

traba en intentar bloquear las comunicaciones. Se ha bloqueado el acceso a Twitter y Facebook de modo intermitente, incluso se ha intentado bloquear el acceso a internet como tal. Con lo que las autoridades no contaban es que la blogosfera Iraní ya estaba más que acostumbrada a lidiar contra la actitud restrictiva del gobierno respecto al uso de internet. Por ello han sabido encontrar algún modo B para seguir siendo escuchados y evitar así que sus voces sean silenciadas. La revolución ha llegado para quedarse.

Twitter también parece haber llegado para quedarse. Aunque los analistas dudan que puede usarse durante mucho tiempo, porque exige una atención inhumana, su integración con otras herramientos como Facebook lo han convertido en un must

O MELLOR DA SEMANA

FUEL

MY SIMS RACING

SINGSTAR POP 2009

+7 años, 56,90€, XBOX360

+3 años, 36,95 €, Wii

+12 años, 36,95 €, PS3

+16 años, 36,95€, PC

Destinado a revolucionar las carreras multiterreno con el entorno más grande creado nunca..

Pon a prueba tus reflejos, estrategia y habilidad en este divertido juego de carreras.

Una colección de renovadas buenas canciones para que no pares de mover el esqueleto.

Forma parte de la 27ª Unidad Expedicionaria del Cuerpo de Marines de EEUU.

ARMA 2

ANONYMOUS. [email protected]

No todo son luces en la tecnología RFID, tanto la identificación remota como la localización en todo momento de todo tipo de objetos ofrece un sin fin de posibilidades a las empresas y gobiernos menos respetuosos con la privacidad de las personas. Las grandes superficies comerciales son un buen ejemplo. Normalmente se limitan a vender a las marcas comerciales todo tipo de estadísticas sobre el consumo de sus productos, que de un tiempo a esta parte se han visto acrecentadas por la cantidad de datos que pueden llegar a ofrecer las famosas tarjetas de fidelización, tan de moda en nuestros días. RFID da una vuelta más de tuerca, no solo saben en qué consistenuestro carro de la compra y nuestros hábitos de consumo, ademáspueden saber cuál es nuestro recorrido favorito por las estanteríasdel centro comercial, por dónde vamos, dónde nos paramos, o en qué orden compramos. Datos que las empresas no dudarán en usar en su propio beneficio, y que rara vez redunda en el nuestro. Fear, Uncertainty and Doubt. FUD: miedo, incertidumbre y duda. Lo que se acuñó como una forma de definir las antiguas técnicas de ventas en IBM, se me antoja la palabra ideal para resumir en lo que podría convertirse una tecnología de identificación remota y potencialmente involuntaria para un gobierno con ideas represivas. 1984 quizá no sea solo el pasado....

AXENDA Fin de semana

VENRES 19 DANZA

CINE

MÚSICA

Luar na Lubre levan a Ferrol os temas do seu último disco, Ao vivo, nun espectáculo que combina a súa música celta coa danza propia deste xénero. Teatro Jofre. Praza da Constitución, s/n. Ás 20.30 horas. 18 euros. Ferrol

En La niña santa, a realizadora arxentina Lucrecia Martel realiza unha coherente fábula naturalista en torno á adolescencia dunha rapaza que se interesa por cuestións como o sexo ou Deus. CGAI. Rúa Durán Loriga, 10. Ás 20.30 h. 1,20 euros (0,60 para estudantes e xubilados). A Coruña

Jozef van Wissem toca os instrumentos máis atípicos na música improvisada contemporánea: o laúde barroco e renacentista. Igrexa de Universidade. Praza da Universidade, s/n. Ás 20.30 horas. De balde ata completar aforo. Santiago

BAILE CELTA ‘AO VIVO’

SEGUE O CICLO JOSEF VAN WISSEN E O SEU ESPAZO SONORO DE MARTEL

CONCERTO

O ÚLTIMO DE SEVIGNY

O dúo coruñés, que tan ben combina o indie pop norteamericano co jazz, estará presentando temas como Breathe, Collapse ou Waiting For This Look. Jazz Vides. Rúa Pérez Cepeda, 23. Ás 23 horas. 5 euros con consumición. A Coruña

SÁBADO 20 DANZA

MÚSICA

CINE

A Companía Nut Teatro continúa coa liña de traballo que viña marcando en Wake Up, dirixida por Carlos Neira e coproducida polo Centro Dramático Galego. Na peza reflexionan sobre a intimidade e as novas redes de relación social. Salón Teatro. Rúa Nova, 34. Ás 20.30 horas. 6 euros. Santiago

Konono N º 1 é un d o s g r upos folk máis experimentais do Congo, con mesturas realmente sofisticadas. Centro Cultural Caixanova. Rúa Marqués de Valladares, s/n. Ás 21 horas. De 10 a 15 euros. Vigo

Mi mejor amigo conta con Dany Boon e Daniel Auteuil, dous dos mellores actores cómicos de Francia. Fórum metropolitano. Rúa Río Monelos, s/n. Ás 17.15 e ás 20.15 horas. 3 euros. A Coruña

O ESPERTAR DAS ARTES ESCÉNICAS

KONONO Nº 1 CHEGA A GALICIA

CÓMICOS DE FRANCIA

TEATRO

HUMOR XESTUAL EN ‘BROKERS’

O humor universal e sen palabras chega con Yllana e a súa historia sobre as altas finanzas. En Brokers, a compañía retrata o mundo do luxo e o diñeiro. Centro Social Caixanova. Rúa Augusto González Besada, 2. De 12 a 10 euros. Ás 21 horas. Pontevedra

DOMINGO 21 LIBRO

TEATRO

DISCO

A terceira e última parte do best-seller de Larsson xa está nas librarías. Os lectores poderán saber que ocorre con Lisbeth Salander, a bizarra detective hacker, neste esperadísimo desenlace. La reina en el palacio de las corrientes de aire. Planeta. 864 páxinas. 22,50 euros

A Sala Santart ofrece a posta en escena da obra teatral O2, de Theodor Smeu Stermin, intepretada polos alumnos e alumnas da escola da sala. Nela, imaxínase que Troia non caeu. Sala Santart. Ruela de Brión, 5. Ás 21 horas. 6 euros, 4 para socios. Santiago

Ataque Escampe publica o seu LP A grande evasión . Segundo eles mesmo, mesturan o rock acústico coa canción popular melodramática. Toda unha revelación. A grande evasión. A regueifa. De balde na súa web (tamén dispoñible por 9 euros en formato CD)

CONCLÚE A TRILOXÍA ‘MILLENNIUM’

EXAMES NA SANTART

PROMESA DO ROCK GALEGO

ESTREA

O KEVIN SMITH MÁIS CACHONDO

O director de Clerks volve con Zack and Miri Make a Porno, un filme no que unha parella de amigos decide rodar fitas eróticas para poder pagar o piso e non verse na rúa. Nos cinemas. Consultar a carteleira.

EXIT Director: Jose Luis Gómez Coordinación: Iago Martínez Maquetación: María Sabarís [email protected] Redacción: Rúa Galileo Galilei, 4B Polígono Industrial A Grela. 15008 A Coruña Teléfono: 981 100 650

Related Documents

Exit # 28 - 19/06/09
May 2020 10
Insights 190609
May 2020 8
Exit
May 2020 22
Exit
November 2019 36
Menu Exit
July 2020 20

More Documents from ""

Parrilla 22.04.2009
April 2020 1
Parrila Tv Martes
May 2020 0
May 2020 0
May 2020 0
June 2020 0
May 2020 0